Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Mércores, 4 de novembro de 2020 Páx. 43923

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Lugo

EDICTO de notificación de sentenza (824/2017).

María José Núñez Abeledo, letrada da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia de Lugo número 5 de Lugo, polo presente,

Anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Cafés Candelas, S.L. fronte a Restauración Vidriales, S.L. e Adolfo Fernando Prada Iglesias, se ditou sentenza, cuxos antecedentes de feito e parte dispositiva son os seguintes:

Sentenza: 211/2019.

Lugo, 18 de xullo de 2019.

Antecedentes de feito:

Primeiro. O procurador José Carlos Lagüela Andrade en nome e representación da entidade Cafés Candelas, S.L. presentou demanda de xuízo ordinario contra a entidade Restauración Vidriales, S.L. e Adolfo Fernando Prada Iglesias.

Segundo. Mediante o decreto do 9 de outubro de 2017, admitiuse a trámite a demanda e emprazouse o demandado a contestala baixo apercibimento de ser declarado en rebeldía en caso contrario.

Terceiro. Non contestada a demanda, mediante a dilixencia de ordenación do 10 de xuño de 2019, o demandado foi declarado en situación de rebeldía procesual e citouse as partes a unha audiencia previa que tivo lugar o día 11 de xullo dos correntes, quedando tras iso, e ao abeiro do artigo 429.8 da Lei de axuizamento civil, o preito visto para sentenza.

Cuarto. Na tramitación do presente procedemento observáronse todas as prescricións legais.

Resolvoque que debo estimar e estimo a demanda presentada polo procurador José Carlos Lagüela Andrade en nome e representación da entidade Cafés Candelas, S.L. contra Restauración Vidriales, S.L. e Adolfo Fernando Prada Iglesias. Así mesmo, condeno a estes a que solidariamente aboen á demandante a cantidade de noventa e catro mil douscentos noventa e seis euros con noventa e tres céntimos (94.296,93 €) máis os xuros legais desde a reclamación xudicial.

Unha vez aboado o debido, esta parte entregará ao demandado o café pendente de subministrar, sete mil novecentos setenta e un euros (7.971 €).

Condénase en custas a parte demandada.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que non é firme e que fronte a ela pode interpoñerse recurso de apelación ante este xulgado no prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da súa notificación.

Así o acorda, manda e asina José Luís Deaño Rodríguez maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Lugo e do seu partido.

E atopándose o dito demandado, Adolfo Fernando Prada Iglesias en nome propio e en representación de Restauración Vidriales, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Lugo, 10 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza