Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Mércores, 4 de novembro de 2020 Páx. 43921

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Lugo

EDICTO (827/2018).

ORD procedemento ordinario 827/2018 A

Procedemento orixe: JVB xuízo verbal 827/2018 A

Sobre outras materias

Eu, María José Núñez Abeledo, letrada da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 5 de Lugo, anuncio que no presente procedemento seguido por instancia de Cafés Candelas, S.L., fronte a Francisco Javier Cid Subirats, Rofacid S.L., se ditou sentenza, cuxos antecedentes de feito e parte dispositiva son os seguintes:

«Sentenza 300/2019.

Lugo, 28 de novembro de 2019.

Antecedentes de feito:

Primeiro. O procurador José Carlos Lagüela Andrade en nome e representación da entidade Cafés Candelas, S.L., presentou demanda de xuízo ordinario contra Francisco Javier Cid Subirats e a mercantil Rofacid, S.L.

Segundo. Mediante o decreto do 4 de outubro de 2018, admitiuse a trámite a demanda e emprazouse os demandados a contestala baixo apercibimento de ser declarados en rebeldía en caso contrario.

Terceiro. Non contestada a demanda, mediante a dilixencia de ordenación do 4 de setembro de 2019, a parte demandada foi declarada en situación de rebeldía procesual e citouse as partes a unha audiencia previa que tivo lugar no día 27 de novembro dos correntes, quedando tras iso, e ao abeiro do artigo 429.8 da Lei de axuizamento civil, o preito visto para sentenza.

Cuarto. Na tramitación do presente procedemento observáronse todas as prescricións legais.

Resolvo:

Que debo estimar e estimo a demanda presentada polo procurador José Carlos Lagüela Andrade en nome e representación da entidade Cafés Candelas, S.L. contra Francisco Javier Cid Subirats e a mercantil Rofacif, S.L., e condeno a estes a aboar solidariamente á demandante a cantidade de catorce mil trescentos vinte e dous euros (14.322 €) máis os xuros descritos no fundamento xurídico terceiro desta resolución. Ao pagamento desta cantidade a demandante subministrará aos demandados os quilos de café pendentes de entregar e que ascenden a mil vinte e tres quilos (1.023 kg).

Os demandados deberán restituír a esta parte os bens cedidos en uso e expresados no feito segundo da demanda, excepto a vaixela.

Condénase en custas á parte demandada.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que non é firme e que fronte a ela pode interpoñerse recurso de apelación ante este xulgado no prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da súa notificación.

Así o acorda, manda e asina José Luis Deaño Rodríguez, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Lugo e do seu partido».

E atopándose o dito demandado, Francisco Javier Cid Subirats, Rofacid, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Lugo, 10 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza