Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Mércores, 4 de novembro de 2020 Páx. 43920

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Lugo

EDICTO (1079/2017).

Eu, Nuria Ramudo Rodriguez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Lugo, fago saber que no presente procedemento ordinario 1079/2017 deste xulgado se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución son os seguintes:

«Lugo, 24 de febreiro de 2020.

Vistos por min, Alberto Benéitez Antón, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Lugo, os autos nº 1079/2017, sobre resolución de contrato e reclamación de cantidade, promovidos por Cafés Candelas, S.L., representada polo procurador Sr. Lagüela Andrade e asistida pola letrada Sra. Baños Rico, contra España de Jesús Figueroa Herrera, en rebeldía procesual, en virtude das funcións conferidas pola Constitución e en nome do rei, dito a presente (...).

Resolvo:

Que desestimo a demanda promovida por Cafés Candeas, S.L. contra España de Jesús Figueroa Herrera e:

1º. Absolvo a demandada dos pedimentos dirixidos de contrario no preito.

2º. Condeno a demandante nas custas procesuais causadas na presente instancia, co límite sinalado no fundamento xurídico quinto, alínea B), da sentenza.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás que se fará saber que, conforme o artigo 455.1 da LAC, contra esta cabe recurso de apelación en tempo e forma prevido polos artigos 458 e ss. da mesma lei, sen prexuízo do establecido nos artigos 448 e ss.

Así o acordo, mando e asino».

E ao estar a dita demandada, España de Jesús Figueroa Herrera, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma, mediante a súa publicación o Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 14 de setembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza