Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Mércores, 4 de novembro de 2020 Páx. 43918

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Lugo

EDICTO (724/2016).

Eu, Nuria Ramudo Rodríguez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Lugo, polo presente,

Anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Cafés Candelas fronte a María Vilanova Hernández ditouse sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva é o seguinte:

«Lugo, 11 de febreiro de 2020.

Vistos por min, Alberto Benéitez Antón, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Lugo, os autos 724/2016, sobre resolución de contrato e reclamación de cantidade, promovidos por Cafés Candelas, S.L., representada polo procurador Sr. Lagüela Andrade e asistida polas letradas Sra. López Peña e Benavides de Prado, contra María Vilanova Hernández, en rebeldía procesual (…).

Resolvo:

Que debendo estimar e estimando a demanda promovida por Cafés Candelas, S.L. contra María Vilanova Hernández:

1º. Declaro resolto, por vontade da demandante fundada en incumprimento da adversa, o contrato de subministración concertado por esas dúas partes o día 8.9.2011 en documento privado achegado como número 1 dos da demanda, sen efecto retroactivo sobre os actos de subministración xa consumados.

2º. Condeno a demandada a que pague á demandante a cantidade de trinta e catro mil trescentos vinte e oito euros con oito céntimos (34.328,08 €), nos conceptos e conforme a desagregación establecida no fundamento xurídico quinto, letra A) desta sentenza, con entrega pola demandante á demandada, ao completo pagamento, voluntario ou forzoso, da cantidade indicada ao ordinal 2º desa epígrafe, de 2.075 kg de café “Natural etiqueta negra”.

3º. Condeno tamén os demandados a que paguen á demandante a cantidade de tres mil cincocentos vinte e oito euros con sesenta e cinco céntimos (3.525,65 €) en concepto de xuros moratorios vencidos ata a data desta sentenza sen prexuízo do que devindique a partir deste momento a cantidade establecida no precedente ordinal 2º desta parte dispositiva.

4º. Condeno igualmente os demandados nas custas procesuais causadas na presente instancia, co límite sinalado no fundamento xurídico sexto.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que conforme o art. 455.1 da Lei de axuizamento civil contra ela cabe recurso de apelación no tempo e forma previdos polos arts. 458 e ss. da mesma lei, sen prexuízo do establecido nos arts. 448 e ss.

Así o acordo, mando e asino».

E encontrándose a dita demandada, María Vilanova Hernández, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma á dita parte, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 24 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza