Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Mércores, 18 de novembro de 2020 Páx. 45583

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Primeira)

EDICTO recurso de apelación (472/2018).

Na presente peza de apelación civil 472/2018, dimanante do procedemento ordinario 365/2016 do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Lalín, seguido por instancia de Juan Carlos Tato Souto fronte a Caixabank, S.A. e Susana García Iglesias, ditouse sentenza, con data do 3 de decembro de 2018, cuxo teor literal é o seguinte:

«A Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, composta polos maxistrados Francisco Javier Menéndez Estébanez, Manuel Almenar Belenguer e María Begoña Rodríguez González, ditou, en nome do rei, a seguinte sentenza número 448/2018:

Pontevedra, 3 de decembro de 2018.

Vistos en grao de apelación, ante esta Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos de procedemento ordinario 365/2016, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Lalín, aos cales correspondeu a peza recurso de apelación (LACN) 472/2018, en que aparece como parte apelante Juan Carlos Tato Souto, representado pola procuradora dos tribunais Cristina Alaejos Guinea, asistido pola avogada María del Carmen González Gómez, e como partes apeladas, Caixabank, S.A., representada polo procurador dos tribunais José Portela Leirós, asistida polo avogado José Luis Fraga Calviño, e Susana García Iglesias, en rebeldía; foi maxistrado relator Francisco Javier Menéndez Estébanez.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos.

Resolvemos:

Que debemos desestimar e desestimamos o recurso de apelación interposto pola representación procesual de Juan Carlos Tato Souto contra a Sentenza do 30 xaneiro de 2018, do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Lalín, no xuízo ordinario nº 365/2016, e confirmámola, con imposición das costas desta alzada á parte apelante.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Seguen as rúbricas. Certifico».

E ao estar a demandada Susana García Iglesias en paradoiro descoñecido, e para que así conste e se remita ao Diario Oficial de Galicia, expídese o presente edicto, co fin que lle sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 10 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza