No DOG núm. 147, do 23 de xullo de 2020, publicouse a Orde do 9 de xullo 2020 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego (CEE) co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2020-2021 (códigos de procedemento TR341K, TR341E, TR341N e TR341M).
A dita Orde do 9 de xullo de 2020, de conformidade co estipulado no artigo 30 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, establece a posibilidade de ampliar a contía máxima dos créditos dispoñibles. O incremento do crédito está condicionado á declaración de dispoñibilidade como consecuencia dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.
En consecuencia, como existen outras dotacións que poden ser utilizadas para os mesmos fins, procedentes de créditos incorporados de fondos finalistas do Servizo Público de Emprego estatal, e coa finalidade de facer chegar as axudas ao maior número posible de centros especiais de emprego, é conveniente ampliar os créditos consignados no artigo 50.1 da dita Orde do 9 de xullo de 2020.
As axudas a centros especiais de emprego, reguladas na devandita Orde do 9 de xullo de 2020, estrutúranse en tres programas. Mediante Resolución da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social reasignáronse créditos sobrantes do programa II (anualidade 2020) aos programas I e III. Os créditos que se amplían mediante esta orde teñen en conta as cantidades reasignadas.
Por todo o exposto, logo da aprobación do Consello da Xunta e no uso das facultades que me foron conferidas,
DISPOÑO:
Artigo 1. Ampliación do crédito orzamentario
Amplíase o crédito consignado no artigo 50.1 para os programas I, II e III da Orde do 9 de xullo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego (CEE) co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2020-2021, nas seguintes contías:
Procedementos |
Aplicacións por programas de axudas |
Importe da ampliación |
||
2020 |
2021 |
Total 2020-21 |
||
TR341K |
09.40.324C.470.3 |
75.000,00 |
75.000,00 |
|
09.40.324C.481.3 |
5.000,00 |
5.000,00 |
||
Programa I (axudas ás unidades de apoio á actividade profesional ) |
80.000,00 |
80.000,00 |
||
TR341E TR341N |
09.40.324C.470.3 |
0,00 |
||
09.40.324C.481.3 |
75.000,00 |
75.000,00 |
||
Programa II (axudas á creación de postos estables, adaptación de postos e asistencia técnica) |
75.000,00 |
75.000,00 |
||
TR341M |
09.40.324C.470.4 |
400.000,00 |
1.500.000,00 |
1.900.000,00 |
09.40.324C.481.4 |
10.000,00 |
220.000,00 |
230.000,00 |
|
Programa III (axudas ao custo salarial das persoas con discapacidade) |
410.000,00 |
1.720.000,00 |
2.130.000,00 |
|
Total CEE 2020-2021 |
410.000,00 |
1.875.000,00 |
2.285.000,00 |
Na seguinte táboa reprodúcense os importes dos créditos da convocatoria de axudas a centros especiais de emprego para as anualidades 2020-2021, indicando os importes iniciais, a reasignación de crédito da anualidade 2020, a ampliación das anualidades 2020 e 2021 e os importes finais para cada programa de axudas, pormenorizados por anualidades e aplicacións orzamentarias.
Código de proxecto 2018 00099. Sección: 09. Servicio: 40. Programa de gasto: 324C.
Aplicacións |
Crédito inicial |
Reasignación |
Ampliación |
Importe final |
||||||
2020 |
2021 |
Total 2020-2021 |
2020 |
2020 |
2021 |
2020 |
2021 |
Total 2020-2021 |
||
Progr. I |
470.3 |
324.000 |
569.000 |
893.000 |
|
75.000 |
324.000 |
644.000 |
968.000 |
|
481.3 |
40.000 |
74.000 |
114.000 |
5.000 |
|
5.000 |
45.000 |
79.000 |
124.000 |
|
Total |
364.000 |
643.000 |
1.007.000 |
5.000 |
80.000 |
369.000 |
723.000 |
1.092.000 |
||
Progr. II |
470.3 |
303.000 |
707.700 |
1.010.700 |
-150.000 |
|
|
153.000 |
707.700 |
860.700 |
481.3 |
28.000 |
49.300 |
77.300 |
-15.000 |
|
75.000 |
13.000 |
124.300 |
137.300 |
|
Total |
331.000 |
757.000 |
1.088.000 |
-165.000 |
75.000 |
166.000 |
832.000 |
998.000 |
||
Progr. III |
470.4 |
4.985.000 |
9.100.000 |
14.085.000 |
150.000 |
400.000 |
1.500.000 |
5.535.000 |
10.600.000 |
16.135.000 |
481.4 |
400.000 |
600.000 |
1.000.000 |
10.000 |
10.000 |
220.000 |
420.000 |
820.000 |
1.240.000 |
|
Total |
5.385.000 |
9.700.000 |
15.085.000 |
160.000 |
410.000 |
1.720.000 |
5.955.000 |
11.420.000 |
17.375.000 |
|
Total CEE 2020-2021 |
6.080.000 |
11.100.000 |
17.180.000 |
0 |
410.000 |
1.875.000 |
6.490.000 |
12.975.000 |
19.465.000 |
Artigo 2. Prazo de solicitudes
Esta modificación non afecta o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.
Disposición derradeira única. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2020
María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Emprego e Igualdade