Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 258 Xoves, 24 de decembro de 2020 Páx. 50514

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (XVA 264/2018).

Xuízo verbal alimentos 264/2018

Sobre alimentos provisionais

Demandante: Yudit Almeida Vidal

Procuradora: María Paz Feijóo-Montenegro Rodríguez

Avogada: Ildara Losada López

Demandado: Omar Almeida Lahera

Cédula de notificación

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

Sentenza sobre reclamación de alimentos

En Ourense o 13 de outubro de 2020.

Vistos por min, Luis Doval Pérez, maxistrado xuíz de reforzo do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, os presentes autos número 264/2018 sobre petición de alimentos promovidos pola procuradora María Paz Feijóo-Montenegro, actuando en nome e representación de Yudit Almeida Vidal, asistida pola letrada Ildara Losada, fronte a Omar Almeida Lahera, en situación de rebeldía procesual.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito

Dispoño:

Acordo estimar parcialmente a demanda presentada pola procuradora María Paz Feijóo-Montenegro, en nome e representación de Yudit Almeida Vidal, fronte a Omar Almeida Lahera, e condeno o demandado a prestar alimentos á súa filla Y. A. V.

Establécese a obriga do pai de aboar, dentro dos sete primeiros días hábiles de cada mes e na conta que designe a demandante a suma de 150 euros, que serán anualmente actualizados en función das variacións que experimente o IPC ou índice que o substitúa, en data un de xaneiro.

Non se impoñen as custas do presente procedemento a ningunha das partes.

Notifíquese esta resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal. Esta sentenza non é firme. Conforme o disposto no artigo 208.4 LAC, indícase que contra a presente resolución cabe interpoñer, no prazo de 20 días, recurso de apelación (artigos 457 e ss. LAC) ante este tribunal, debendo constituír o depósito legalmente establecido.

Lévese o orixinal ao libro de sentenzas, deixando testemuño suficiente en autos.

Así o acorda, manda e asina a súa señoría. Dou fe.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Omar Almeida Lahera, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Ourense, 30 de novembro de 2020

O letrado da Administración de xustiza