Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 25 de febreiro de 2021 Páx. 11833

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 5769/2019 CBO).

Tipo e nº de recurso: RSU. Recurso de suplicación 5769/2019-CBO

Xulgado de orixe/autos: PO. Procedemento ordinario 132/2018. Xulgado do Social número 4 de Ourense

Eu, Carmen Iglesias Fungueiro, letrada da Administración de xustiza e da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no recurso de suplicación 5769/2019, seguido por instancia de Antonio Sández Udaondo contra Industrias de Rocas Ornamentales, S.A. e outros, sobre outros dereitos da Seguridade Social, con data do pasado 20 de novembro ditouse auto cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«1º. Desestímase o incidente de nulidade de actuacións promovido polo letrado da empresa Irosa fronte á Sentenza do 30 de setembro de 2020 ditada nestes autos de suplicación, por non proceder tal incidente en canto que a sentenza é susceptible de recurso de casación para a unificación de doutrina.

Notifíqueselles ás partes.

Modo de impugnación. Contra esta resolución non cabe interpoñer ningún recurso.

Así o acordan, mandan e asinan, por este auto, os/as maxistrados/as apuntados na marxe. Dou fe. A letrada da Administración de xustiza M. Asunción Barrio Calle».

Con data de hoxe ditouse resolución do seguinte teor literal:

«Dilixencia de ordenación da letrada da Administración de xustiza Sra. Iglesias Fungueiro.

A Coruña, 4 de febreiro de 2021.

Os anteriores escritos presentados polo letrado Luis Freire Sáenz de la Calzada, en nome e representación da empresa Irosa, únense ao recurso da súa razón.

Tense por interposto o recurso de casación para unificación de doutrina. Fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala, á cal se unirán as ditadas polo Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña na súa RSU nº 2172/2016, que foi achegada pola recorrente, así como a ditada pola sala no RSU nº 565/2017, ao invocarse como contraditorias.

Emprázanse as demais partes para que comparezan mediante escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo, dentro do prazo de dez días. Trasladarase o correspondente edicto ao DOG co fin de emprazar a empresa Saneamientos, Demolición y Mantenimiento, actualmente en ignorado paradoiro, e incluirase no mesmo edicto a parte dispositiva do Auto do 20 de novembro que resolvía o incidente de nulidade de actuacións, ao non constar notificado.

Verificado, remítanse as actuacións ao dito tribunal.

Enténdese que a parte recorrente compareceu de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 4 de Ourense que a resolución desta sala foi impugnada en casación para unificación de doutrina.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que contra esta resolución non cabe ningún recurso.

Acórdoo e asínoo. Dou fe».

Para que sirva de notificación e emprazamento en legal forma á empresa Saneamiento, Demolición y Mantenimiento, actualmente en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexa de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza