Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 3 de marzo de 2021 Páx. 12779

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 564/2018).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 564/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alberto Río Fandiño contra Carrocería Castrosúa, S.A. e Axis Specialty Europe, S.E., sobre ordinario, se ditou a resolución cuxa parte dispositiva di:

Acordo: dar por desistida parte demandante da súa demanda e acordar o sobresemento das presentes actuacións e o arquivamento dos autos.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos e déixese certificación deste no procedemento da súa razón.

Notifíqueselles ás partes.

Modo de impugnación: poderá interporse recurso directo de revisión ante quen dita esta resolución mediante escrito que deberá expresar a infracción cometida a xuízo do recorrente, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación (art. 188.2 da LXS).

E para que sirva de notificación en forma legal a Axis Specialty Europe, S.E., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG e no taboleiro de anuncios.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza