Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 30 de abril de 2021 Páx. 21724

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

EXTRACTO da Orde do 16 de abril de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para as accións formativas do Plan formativo para o emprego (persoas traballadoras desempregadas) da Comunidade Autónoma de Galicia para o período 2021-2023, e se realiza a súa primeira convocatoria para os exercicios 2021 e 2022 (código de procedemento TR301K).

BDNS (Identif.): 559390.

De conformidade co previsto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Obxecto e ámbito de aplicación

Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e as condicións polas que se rexerán, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, tanto as convocatorias públicas como a execución das accións formativas dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas, xestionadas pola Consellería de Emprego e Igualdade, a través das súas xefaturas territoriais (procedemento TR301K).

Tamén poderán participar nas referidas accións formativas aqueles colectivos que para tales efectos se determinan na propia orde.

Segundo. Programación

As accións formativas para as cales se pode solicitar financiamento mediante subvención son as da modalidade de programación da oferta formativa para persoas traballadoras desempregadas.

Poderán ser obxecto de financiamento aquelas especialidades formativas que se determinen no anexo II de cada convocatoria, así como os módulos transversais e complementarios que se impartan asociados a estas.

Terceiro. Financiamento da primeira convocatoria

Ás subvencións obxecto desta primeira convocatoria destínase un crédito por importe total de 44.290.269,00 €, distribuído en dúas anualidades, que se imputarán ás aplicacións orzamentarias seguintes, co código de proxecto 2013 00545:

Aplicación orzamentaria

Anualidade 2021

Anualidade 2022

Importe total

11.05.323A.460.1

2.657.043,00 €

2.013.665,00 €

4.670.708,00 €

11.05.323A.471.0

12.326.555,00 €

13.626.187,00 €

25.952.742,00 €

11.05.323A.481.0

6.316.128,00 €

7.350.691,00 €

13.666.819,00 €

Total

21.299.726,00 €

22.990.543,00 €

44.290.269,00 €

En cada unha das provincias galegas a repartición dos anteditos importes por aplicación orzamentaria e anualidade realizarase en atención ás seguintes porcentaxes:

Provincia

Porcentaxe

A Coruña

33 %

Lugo

17 %

Ourense

17 %

Pontevedra

33 %

Cuarto. Entidades beneficiarias: requisitos e acreditación

Poderán obter a condición de beneficiarias das subvencións a que se refiren estas bases as entidades que, na data de entrada en vigor da correspondente convocatoria, sexan titulares de centros ou entidades de formación acreditados e/ou inscritos para impartir formación profesional para o emprego no ámbito laboral da Comunidade Autónoma de Galicia naquelas especialidades formativas para as cales soliciten subvención, xa sexa na modalidade presencial, de teleformación ou mixta.

As entidades deberán dispor no ámbito territorial de Galicia das instalacións debidamente acreditadas e/ou inscritas que permitan a impartición das acciones formativas solicitadas.

Así mesmo, os centros presenciais vinculados a entidades acreditadas e/ou inscritas para impartir especialidades formativas na modalidade de teleformación deberán estar homologados na correspondente especialidade na data de entrada en vigor da convocatoria e localizados na Comunidade Autónoma de Galicia.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Sexto. Forma e lugar de presentación das solicitudes e documentación complementaria

As solicitudes e a documentación complementaria presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado dispoñible na aplicación informática SIFO, accesible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal ou no enderezo directo https://emprego.xunta.es/sifo-solicitudes.

Sétimo. Execución da primeira convocatoria

As accións formativas correspondentes a esta convocatoria non poderán comezar antes do 1 de setembro de 2021, polo que non se admitirá ningunha solicitude que formule datas anteriores.

A data límite para o remate das accións formativas que se desenvolvan exclusivamente durante a anualidade 2021 será o 20 de decembro de 2021.

Para cursos que se desenvolvan durante as anualidades 2021 e 2022 ou exclusivamente durante a anualidade 2022, a data límite para o remate das accións formativas será o 30 de setembro de 2022.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2021

María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Emprego e Igualdade