Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 7 de xuño de 2021 Páx. 28225

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (596/2020).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 596/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Anabel Freiría Pérez contra o Fogasa, Restauración Terracotta Grill, S.L. e Ramón López López, sobre despedimento, se ditou sentenza en cuxa resolución consta:

«Resolvo:

Admitir parcialmente a demanda formulada por Ramón López López fronte á empresa Restauración Terracota Grill, S.L. e Ramón López López, con intervención do Ministerio Fiscal e, en consecuencia:

– Extinguir con data da presente resolución a relación laboral existente entre a traballadora e a empresa Restauración Terracota Grill, S.L.

– Condenar a empresa Restauración Terracota Grill, S.L. a lle aboar á traballadora as seguintes indemnizacións:

• Tres mil setecentos setenta e sete euros con corenta e tres céntimos de euro (3.777,43 euros) en concepto de indemnización por resolución da relación contractual.

• Doce mil euros (12.000 euros) en concepto de indemnización de danos morais.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignada a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Publicación. O xuíz que a ditou no mesmo día da súa data leu e publicou a presente sentenza, mentres celebraba audiencia pública. Dou fe».

E para que sirva de notificación na forma legal a Restauración Terracotta Grill, S.L. e Ramón López López, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de maio de 2021

A letrada da Administración de xustiza