Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Xoves, 17 de xuño de 2021 Páx. 30240

III. Outras disposicións

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ORDE do 8 de xuño de 2021 pola que se publica a ampliación do crédito da Orde do 29 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas urxentes de tipo social (AUXS) para evitar os cortes de subministración eléctrica aos consumidores vulnerables severos en risco de exclusión social, en réxime de concorrencia non competitiva, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento IN414D).

O 20 de xaneiro de 2021 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 29 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas urxentes de tipo social (AUXS) para evitar os cortes de subministración eléctrica aos consumidores vulnerables severos en risco de exclusión social, en réxime de concorrencia non competitiva, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento IN414D).

No artigo 4 da orde mencionada prevese un crédito de 1.300.000 € para o financiamento destas axudas, con cargo á aplicación orzamentaria 06.02.733A.480.10 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021.

No mesmo artigo prevese que se poderá ampliar o crédito máximo destinado a esta convocatoria cando o aumento veña derivado:

a) Dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito.

b) Da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

Dado que o importe inicial establecido na Orde do 29 de decembro de 2020 non é suficiente para o pagamento de todas as solicitudes e que o prazo de solicitudes non remata ata o 31 de outubro de 2021, cómpre ampliar o importe do crédito destinado ás axudas que poderán ser concedidas ao abeiro da referida orde, coa finalidade de conceder a subvención ao maior número de beneficiarios posibles.

Segundo o establecido no artigo 30 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, a ampliación de crédito publicarase nos mesmos medios que a convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver.

Por todo o exposto, en uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único

Ampliar o importe total do crédito das axudas establecidas na Orde do 29 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas urxentes de tipo social (AUXS) para evitar os cortes de subministración eléctrica aos consumidores vulnerables severos en risco de exclusión social, en réxime de concorrencia non competitiva, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento IN414D), por un importe de 300.000 €, con cargo á partida orzamentaria 06.02.733A.480.10. Unha vez efectuada esta ampliación, o importe total destas axudas ascende a un millón seiscentos mil euros (1.600.000 €).

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2021

Francisco José Conde López
Vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación