Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 5 de xullo de 2021 Páx. 34067

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 2021, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, pola que se publica a Resolución do 24 de xuño de 2021, das axudas convocadas na Orde do 26 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan para os anos 2021, 2022, 2023 e 2024 (código de procedemento BS403C).

No Diario Oficial de Galicia número 48, do 11 de marzo de 2021, publícase a Orde do 26 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño durante os anos 2021, 2022, 2023 e 2024, e se aproba a convocatoria para o ano 2021.

De conformidade co artigo 17 da antedita orde, a resolución dos expedientes de axuda, logo da fiscalización da proposta, corresponde á persoa titular da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, que resolverá por delegación da persoa titular da Conselleira de Política Social.

Así mesmo, o artigo 18 da mesma orde, establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, entre outras, as correspondentes resolucións. Esta publicación producirá os efectos de notificación. De forma complementaria poderá efectuarse a notificación electrónica mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 24 de xuño de 2021, ditada no procedemento BS403C, de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia (2014-2020), que se xunta á presente resolución no anexo.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 24 de xuño de 2021 que finaliza este procedemento esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da dita resolución no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Notificada a resolución polo órgano competente, as persoas propostas como beneficiarias disporán dun prazo de 10 días computado a partir do día seguinte da publicación para a súa aceptación, transcorrido o cal sen que se producise manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada.

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2021

Jacobo Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

Resolución do 24 de xuño de 2021 ditada no procedemento BS403C de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia (2014-2020)

Vista a proposta de resolución da Subdirección Xeral de Demografía e Conciliación de conformidade co disposto no artigo 14.1 da Orde do 26 de febreiro de 2021, pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño e se convocan para o ano 2021 (cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020), e fiscalizada esta, facendo uso do previsto no artigo 7.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder ás persoas que se relacionan no anexo I as axudas convocadas na dita orde de convocatoria con cargo ás aplicacións orzamentarias 13.02.312B.470.0 e 13.02.312B.770.0.

As axudas para gastos de investimento estarán confinaciadas nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, en particular:

Obxectivo temático 10-Investir en educación, formación e formación profesional para a adquisición de capacidades e unha aprendizaxe permanente.

Prioridade de investimento 10.5-Investir en educación, formación e formación profesional para a adquisición de capacidades e aprendizaxe permanente, mediante o desenvolvemento das infraestruturas en educación e formación.

Obxectivo específico 10.5.1-Mellorar as infraestruturas de educación e formación.

Actuación 10.5.1.4b-Axudas ao investimento en centros de atención á primeira infancia de 0-3 anos e casas niño.

Categoría de intervención CEO52-Infraestruturas para a atención e a educación da primeira infancia.

Estas axudas están sometidas ao disposto no Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, e no Regulamento (UE) nº 1301/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, sobre o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e sobre disposicións específicas relativas ao obxectivo de investimento en crecemento e emprego e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1080/2006, así como ao previsto na Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2014-2020. Así mesmo, estas axudas ampáranse no réxime de minimis establecido no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L 352, do 24 de decembro de 2013). Esta circunstancia farase constar expresamente na resolución de concesión. Polo tanto, de recibir a persoa física ou xurídica outras axudas baixo o réxime de minimis deberase garantir que non se supera o límite de 200.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais

O método aplicado para determinar o importe subvencionable e o importe da subvención é o de custos reais.

As axudas concedidas condicionaranse ao cumprimento de todas as obrigas establecidas na Orde do 26 de febreiro de 2021.

A xustificación da subvención realizarase de acordo co establecido no artigo 22 da orde de convocatoria.

O pagamento da subvención realizarase de acordo co establecido no artigo 23 da Orde do 26 de febreiro de 2021.

As persoas beneficiarias disporán dun prazo de 2 meses contados a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para achegar a documentación prevista nas letras m) a p) do artigo 11.1, no caso de que non fose achegada coa solicitude, así como para acreditar o acondicionamento do inmoble de acordo co establecido no artigo 4.1.c) da Orde do 26 de febreiro de 2021.

Segundo. Establecer no anexo II a relación de solicitudes susceptibles de axuda que quedan en reserva para seren atendidas nos supostos establecidos no artigo 15.8.

Terceiro. Inadmitir as persoas relacionadas no anexo III polas causas que se detallan.

Cuarto. Esta resolución, que finaliza o procedemento, esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2021

A conselleira de Política Social
P.D. (Artigo 17 da Orde do 26.2.2021; DOG núm. 48, do 11 de marzo)
Jacobo Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO I

Axudas concedidas

Nº expediente

Solicitante

NIF

Nome da casa niño

Concello

Provincia

Puntuación

Importe investimento (€)

Importe prima anos 2021, 2022, 2023 e 2024 (€)

BS403C/2021-1

Ana Rodríguez Fernández

***7462**

Faragullas

Samos

Lugo

102,50

15.000

65.333,33

BS403C/2021-3

Aurora López Salgado

***7886**

O Principiño

Monterrei

Ourense

97,50

15.000

65.333,33

BS403C/2021-4

Lucía Mosteiro Sigüenza

***7821**

Socaire

Paderne

A Coruña

97,50

15.000

65.333,33

BS403C/2021-6

Sara Álvarez Valle

***3959**

Coidando Tesouros

Castroverde

Lugo

105,00

15.000

65.333,33

BS403C/2021-7

Natalia Sánchez Campello

***7834**

Vagalume

Rábade

Lugo

87,50

15.000

65.333,33

BS403C/2021-8

Silvia Pérez de Miranda

***6196**

Pillabáns

Entrimo

Ourense

97,50

15.000

65.333,33

BS403C/2021-10

Sonia Espino Pérez

***2662**

A Porteliña

A Veiga

Ourense

95,00

15.000

65.333,33

BS403C/2021-11

Jennifer de Sousa Martínez

***3695**

Ananiños

Quintela de Leirado

Ourense

67,50

15.000

65.333,33

BS403C/2021-13

Estefanía Villanueva Martínez

***8854**

Xoaniña

Castrelo de Miño

Ourense

112,50

15.000

65.333,33

BS403C/2021-14

Sara Fontoira Fernández

***2985**

A Casa da loba

Pontedeva

Ourense

77,50

15.000

65.333,33

BS403C/2021-15

Mabel Deza Ferreira

***6092**

Arcos Casa Niño

Cuntis

Pontevedra

97,50

15.000

65.333,33

BS403C/2021-16

Alejandra Varela Gómez

***1187**

Garatuxa

Frades

A Coruña

97,50

11.700

65.333,33

BS403C/2021-17

Patricia Ordóñez Rey

***2353**

Eda Matro

Maside

Ourense

95,00

15.000

65.333,33

BS403C/2021-20

Concepción Fernández López

***2913**

O Castelo

A Mezquita

Ourense

97,50

15.000

65.333,33

BS403C/2021-21

Áurea Camino Barral

***8996**

Brincadeira

Santiso

A Coruña

97,50

15.000

63.333,33

BS403C/2021-22

Nerea López Caldas

***6132**

Bulebule

O Incio

Lugo

105,00

3.684,41

65.333,33

ANEXO II

Solicitudes en reserva

Nº expediente

Solicitante

NIF

Casa Niño

Concello

Puntuación

Axuda investimento

BS403C/2021-2*

Ana Mª López López

***7655**

Vagalume

Samos

102,50

15.000

BS403C/2021-18*

Silvia Sánchez Souto

***4815**

Argalladas

Frades

97,50

15.000

* A solicitante con nº de expediente BS403C/2021-2 acadou a mesma puntuación que a solicitude con nº de expediente BS403C/2021-1. En aplicación do establecido no artigo 15.3 da convocatoria, unha vez esgotados os criterios de desempate aplicados seguindo a orde en que se relacionan, a resolución do empate determinouse pola data e hora de presentación das solicitude. Por tratarse de solicitudes para o mesmo concello e para o mesmo local, este expediente acadaría a axuda no caso de renuncia da solicitude co nº de expediente BS403C/2021-1.

** A solicitante con nº de expediente BS403C/2021-18 acadou a mesma puntuación que a solicitude con nº de expediente BS403C/2021-16. En aplicación do establecido no artigo 15.3 da convocatoria, unha vez esgotados os criterios de desempate aplicados seguindo a orde en que se relacionan, a resolución do empate determinouse pola data e hora de presentación das solicitude. Por tratarse de solicitudes para o mesmo concello, este expediente acadaría a axuda no caso de renuncia da solicitude co nº de expediente BS403C/2021-16.

ANEXO III

Solicitudes inadmitidas

Nº expediente

Solicitante

NIF

Concello

Provincia

Causa

BS403C/2021-5

Noelia Fernández Prieto

***1554**

A Veiga

Ourense

Non contestar o requirimento de emenda de documentación publicado na Resolución do 27 de abril de 2021 (DOG nº 85, do 6.5.2021).

BS403C/2021-9

Estela Moscoso Camoeiras

***3693**

Monfero

A Coruña

Non contestar o requirimento de emenda de documentación publicado na Resolución do 27 de abril de 2021 (DOG nº 85, do 6.5.2021).

BS403C/2021-12

Noelia Prado Barrio

***5097**

Guntín

Lugo

Non contestar o requirimento de emenda de documentación publicado na Resolución do 27 de abril de 2021 (DOG nº 85, do 6.5.2021).

BS403C/2021-19

Paula Arias Espino

***4925**

A Veiga

Ourense

Non contestar o requirimento de emenda de documentación publicado na Resolución do 27 de abril de 2021 (DOG nº 85, do 6.5.2021).