Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Venres, 6 de agosto de 2021 Páx. 39466

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 26 de xullo de 2021 pola que se autoriza a apertura e o funcionamento do centro de ensinanzas deportivas (CAD) Atletismo Galego, de Oleiros.

A representación legal da titularidade do centro de ensinanzas deportivas (CAD) Atletismo Galego, de Oleiros (A Coruña), solicita autorización para impartir as ensinanzas do ciclo inicial de técnico deportivo en Atletismo, conforme o Real decreto 669/2013, do 6 de setembro (BOE do 2 de outubro), e o Decreto 190/2015, do 10 de decembro (DOG do 18 de xaneiro), polo que se establece o currículo dos ciclos inicial e final de grao medio correspondentes ao título de técnico deportivo en Atletismo.

O Decreto 410/2003, do 6 de novembro, regula os requisitos e o procedemento para a autorización a centros privados e a centros públicos que non sexan de titularidade da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para impartir ensinanzas de técnicos deportivos na Comunidade Autónoma de Galicia; norma desenvolvida polas ordes desta consellería do 12 de abril de 2004 e do 23 de abril de 2004, en que se determina o procedemento de autorización e os requisitos mínimos dos espazos administrativos e docentes xenéricos con que deben contar os centros.

Por canto antecede, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Autorización de ensinanzas

– Autorizar a apertura e o funcionamento do centro que se sinala a seguir:

• Denominación xenérica: centro autorizado de ensinanzas deportivas (CAD).

• Denominación específica: Atletismo Galego.

• Código do centro: 15033241.

• Titular: Federación Galega de Atletismo.

• Domicilio: avenida Che Guevara, nº 121.

• Lugar: Pazos.

• Localidade: Liáns (Santaia).

• Código postal: 15179.

• Concello: Oleiros.

• Provincia: A Coruña.

– Ensinanzas que se autorizan:

• Ciclo inicial de grao medio de técnico deportivo en Atletismo.

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento axeitado.

Artigo 3. Inscrición no rexistro de centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Modificación da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2021

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade