Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Venres, 12 de novembro de 2021 Páx. 55821

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

EXTRACTO da Orde do 4 de novembro de 2021 pola que se modifica a Orde do 30 de decembro de 2020 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o funcionamento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social, e se procede á súa convocatoria para os anos 2021 e 2022 (código de procedemento BS420A).

BDNS (Identif.): 543550.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primero. Obxecto

Esta orde ten por obxecto incrementar a contía dos módulos establecidos no número 2 do artigo 4 da Orde do 30 de decembro de 2020 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o funcionamento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social, e se procede á súa convocatoria para os anos 2021 e 2022 (código de procedemento BS420A).

Segundo. Persoas beneficiarias

Ao abeiro desta modificación, as persoas beneficiarias son as entidades previstas na Orde do 30 de decembro de 2020 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o funcionamento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social, e se procede á súa convocatoria para os anos 2021 e 2022 (código de procedemento BS420A).

Tercero. Bases reguladoras

Orde do 4 de novembro de 2021 pola que se modifica a Orde do 30 de decembro de 2020 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o funcionamento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social, e se procede á súa convocatoria para os anos 2021 e 2022 (código de procedemento BS420A).

Cuarto. Contía da axuda

Ao abeiro da modificación, a contía da axuda para gastos de mantemento establecerase en función do número de unidades da escola infantil 0-3 autorizadas que estean en funcionamento na data en que remata o prazo de presentación de solicitudes e da prestación do servizo de comedor, segundo os seguintes módulos para os efectos do previsto no artigo 28 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e mais nos artigos 44 e 52 e seguintes do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro:

Centros con servizo de comedor

Centros sen servizo de comedor

De 1 a 3 unidades

De 4 a 6 unidades

Con 7 ou máis unidades

Contía total por unidade en funcionamento

23.147 €

22.100 €

21.040 €

18.686 €

De non estaren en funcionamento todas as unidades o ano completo, aplicarase unha redución proporcional ao tempo durante o cal non se prestou o servizo.

As contías previstas para os centros con servizo de comedor incrementaranse un 2,25 % no suposto de que se acredite o uso cotián de alimentos de proximidade, producidos ou elaborados na contorna local na prestación do dito servizo, entendendo que cumpren esta condición os que proceden de cadeas de distribución curtas e de mercados locais.

Para os efectos desta orde, enténdese por servizo de comedor o prestado ben por persoal do propio centro, ben por persoal alleo a el contratado con tal fin (servizo de catering), e que inclúe os alimentos. Este servizo comprenderá, en todo caso, o xantar e opcionalmente o almorzo e merenda e/ou cea.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Ábrese un novo prazo de presentación de solicitudes, que será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

As novas solicitudes presentadas tramitaranse de acordo coas bases establecidas na Orde do 30 de decembro de 2020 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o funcionamento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social, e se procede á súa convocatoria para os anos 2021 e 2022 (código de procedemento BS420A).

As entidades que presentasen solicitude ao abeiro da Orde do 30 de decembro de 2020 non terán que presentar unha nova solicitude para percibiren a axuda que lle corresponda de acordo cos módulos recollidos no artigo 4.2.c) na súa nova redacción.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2021

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social