Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Xoves, 25 de novembro de 2021 Páx. 57702

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 25 de outubro de 2021 pola que se regulan as bases e a convocatoria para o ano 2021 das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, pola paralización temporal da actividade de marisqueo a pé como consecuencia do gromo da COVID-19 (cofinanciadas ao 75 % polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca) (código de procedemento PE401I).

Advertidos erros na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 207, do 27 de outubro, cómpre realizar as seguintes correccións:

No artigo 5.b), onde di:

«b) Co recoñecemento da prestación extraordinaria de cesamento de actividade regulada no artigo 17 do Real decreto lei 8/2020, do 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social da COVID-19».

Debe dicir:

«b) Co recoñecemento da prestación extraordinaria de cesamento de actividade regulada no artigo 17 do Real decreto lei 8/2020, do 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social da COVID-19 ou equivalente posterior, sempre respecto do período de referencia subvencionable establecido na presente orde».

A corrección indicada aplicarase do mesmo xeito na epígrafe correspondente do anexo I.

Esta corrección non supón a modificación do prazo de presentación de solicitudes.