Mediante a Resolución do 29 de decembro de 2020 que foi publicada no DOG número 10, do 18 de xaneiro de 2021, establecéronse as bases reguladoras e se anunciou a convocatoria de subvencións para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industria e servizos.
O artigo 3.1 das bases reguladoras prevé a posibilidade de redistribuír o orzamento se nalgunha das epígrafes non se rexistraron solicitudes suficientes para esgotar os fondos dispoñibles e noutra das epígrafes existe listaxe de espera. O prazo de presentación de solicitudes rematou o día 15 de outubro non rexistrándose solicitudes suficientes para esgotar os fondos dispoñibles nas epígrafes correspondentes a Peme e Grande empresa de proxectos de aforro e eficiencia enerxética do sector servizos (PAES) e con todo non se dispón de dispoñibilidade orzamentaria suficiente nas epígrafes correspondentes a Peme e Grande empresa de proxectos de aforro e eficiencia enerxética do sector industrial (PAEI).
O artigo 31 do Decreto 11/2009, establece que cando a contía Total máxima das subvencións convocadas se distribúa entre distintos créditos orzamentarios, a alteración da dita distribución non precisará de nova convocatoria, pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.
Por todo o anterior, e dado que nas aplicacións orzamentarias correspondentes existe crédito dispoñible e coa finalidade de incrementar a eficacia administrativa e a eficiencia na asignación de recurso públicos, maximizando o impulso de proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industria e servizos.
RESOLVO:
Primeiro. Redistribuír os fondos destinados ás subvencións para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industria e servizos para o ano 2021 en función do volume de solicitudes recibido modificando a táboa do artigo 3.1 da Resolución do 29 de decembro de 2020 do seguinte xeito:
– Dotación orzamentaria inicial:
Distribución por líña de axuda |
Tamaño empresa |
Ano 2021 (€) |
Ano 2022 (€) |
Total (€) |
PAEI-Proxectos de aforro e eficiencia enerxética no sector industrial |
Peme |
2.400.000,00 |
1.200.000,00 |
3.600.000,00 |
Gran empresa |
1.600.000,00 |
800.000,00 |
2.400.000,00 |
|
PAES- Proxectos de aforro e eficiencia enerxética no sector servizos |
Peme |
1.369.200,00 |
1.030.800,00 |
2.400.000,00 |
Gran empresa |
912.800,00 |
687.200,00 |
1.600.000,00 |
|
Total |
6.282.000,00 |
3.718.000,00 |
10.000.000,00 |
– Modificación orzamentaria:
Distribución por líña de axuda |
Tamaño empresa |
Ano 2021 (€) |
Ano 2022 (€) |
Modificación Total (€) |
PAEI-Proxectos de aforro e eficiencia enerxética no sector industrial |
Peme |
800.000,00 |
80.000,00 |
880.000,00 |
Gran empresa |
700.000,00 |
100.000,00 |
800.000,00 |
|
PAES- Proxectos de aforro e eficiencia enerxética no sector servizos |
Peme |
-800.000,00 |
-80.000,00 |
-880.000,00 |
Gran empresa |
-700.000,00 |
-100.000,00 |
-800.000,00 |
|
Total |
0,00 |
0,00 |
0,00 |
– Dotación orzamentaria final:
Distribución por líña de axuda |
Tamaño empresa |
Ano 2021 (€) |
Ano 2022 (€) |
Total (€) |
PAEI-Proxectos de aforro e eficiencia enerxética no sector industrial |
Peme |
3.200.000,00 |
1.280.000,00 |
4.480.000,00 |
Gran empresa |
2.300.000,00 |
900.000,00 |
3.200.000,00 |
|
PAES- Proxectos de aforro e eficiencia enerxética no sector servizos |
Peme |
569.200,00 |
950.800,00 |
1.520.000,00 |
Gran empresa |
212.800,00 |
587.200,00 |
800.000,00 |
|
Total |
6.282.000,00 |
3.718.000,00 |
10.000.000,00 |
Segundo. A presente modificación, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, non implicará a modificación do plazo establecido para presentar solicitudes.
Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2021
Paula María Uría Traba
Directora do Instituto Enerxético de Galicia