Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 27 de decembro de 2021 Páx. 63969

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2021 pola que se publica a oferta de emprego público (OEP) do persoal de administración e servizos para o ano 2021.

O artigo 70 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público (TREBEP), e o artigo 48 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia (LEPG), establecen a oferta anual de emprego público como mecanismo de planificación das necesidades de selección de persoal nas administracións públicas.

Este mesmo é o instrumento previsto para tal efecto no artigo 92 dos estatutos da Universidade de Vigo, aprobados polo Decreto 13/2019, do 24 de xaneiro (DOG do 22 de febreiro), da Xunta de Galicia.

A oferta anual de emprego público constitúese así, na Universidade de Vigo, como un instrumento de planificación e publicidade das necesidades en materia de recursos humanos no ámbito da administración e os servizos que, non podendo satisfacerse mediante procedementos de provisión de postos, se deberán cubrir a través de sistemas de selección de persoal de novo ingreso.

Na confección da oferta de emprego téñense en conta as previsións do artigo 19 da Lei 11/2020, do 30 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2021 (BOE do 31 de decembro), e dos artigos 12 e 36 da Lei 3/2021, do 28 de xaneiro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021 (DOG do 29 de xaneiro), polo que se inclúen prazas libres que non superan a taxa de reposición de efectivos do cento dez por cento prevista na Lei 11/2020, do 30 de decembro, para sectores prioritarios e tamén unha praza correspondente ao persoal declarado indefinido non fixo mediante sentenza xudicial. Así mesmo, figuran prazas para cubrir en procesos de promoción interna que non computan para os efectos do límite máximo de prazas derivado da taxa de reposición de efectivos e que se levarán a efecto en convocatorias independentes das de ingreso.

Por último, ao abeiro do artigo 2 do Real decreto lei 14/2021, do 6 de xullo (BOE do 7 de xullo), de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, inclúense prazas de natureza estrutural comprendidas na taxa adicional para a estabilización de emprego temporal que están dotadas orzamentariamente e que levan ocupadas de forma temporal e ininterrompidamente polo menos nos tres anos anteriores ao 31 de decembro de 2020.

Do mesmo xeito, nas condicións e nos termos previstos no artigo 48.2 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, faise unha reserva dunha cota non inferior ao sete por cento das vacantes ofertadas para seren cubertas por persoas con discapacidade.

De acordo con todo o exposto, e logo de negociación cos órganos de representación do persoal de administración e servizos, emitida a preceptiva autorización pola Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos da Consellería de Facenda e Administración Pública, e conforme o acordo do Consello de Goberno, do 30 de novembro de 2021, polo que se aproba a oferta de emprego público do persoal de administración e servizos para o ano 2021, a Reitoría da Universidade de Vigo, en uso das atribucións conferidas no artigo 29 dos estatutos desta universidade,

RESOLVE:

Primeiro. Publicación da oferta de emprego público

Publicar a oferta de emprego público das prazas detalladas nos anexos I e II de persoal de administración e servizos da Universidade de Vigo para o ano 2021.

Segundo. Reserva de prazas para persoas con discapacidade

En aplicación das previsións contidas no artigo 59 do TREBEP, así como as condicións e termos estipulados no artigo 48.2 da LEGP, resérvanse seis (6) prazas para seren cubertas por persoas con discapacidade, sempre que superen as probas selectivas e acrediten a súa discapacidade e a compatibilidade desta co desempeño das tarefas e funcións.

Nas probas selectivas estableceranse, para as persoas con discapacidade que o soliciten, as adaptacións e os axustes razoables necesarios de tempo e medios para a súa realización, de acordo co disposto na Orde PRE/1822/2006, do 9 de xuño, pola que se establecen criterios xerais para a adaptación de tempos adicionais nos procesos selectivos para o acceso ao emprego público de persoas con discapacidade.

Terceiro. Acumulación de prazas correspondentes á oferta de emprego público dos anos 2019 e 2020

Poderanse convocar nun único proceso selectivo as prazas ofertadas de persoal funcionario correspondentes ás escalas e subescalas de persoal funcionario relacionadas nos anexos desta oferta, xunto coas derivadas das ofertas de emprego público correspondentes aos anos 2019 e 2020 que aínda estean pendentes de convocar. No caso de seren acumuladas, aplicarase a normativa correspondente á oferta de 2021.

Todas as prazas publicadas tanto en ofertas anteriores como as relativas a esta oferta, que aínda están sen convocar, de categorías de persoal laboral e que, polo disposto no Acordo de funcionarización subscrito o 5 de xullo de 2021 cos órganos de representación do persoal de administración e servizos e ratificado polo Consello de Goberno na sesión do 27 de outubro de 2021, teñen unha equivalencia nas escalas e subescalas de carácter funcionarial, convocaranse nun proceso selectivo único acumuladas á escala ou subescala que lles corresponda de persoal funcionario.

Cuarto. Execución da oferta

Esta oferta executarase dentro do prazo máximo previsto no artigo 70 do EBEP e no 48 da LEPG. Non obstante, no relativo á taxa adicional de estabilización establecida no Real decreto lei 14/2021, do 6 de xullo, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, a execución axustarase aos prazos dispostos no artigo 2.2 desta norma.

Quinto. Publicidade das convocatorias

As convocatorias dos procesos selectivos de acceso libre derivadas desta oferta publicaranse no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado, para garantir a publicidade exixida no artigo 75.2 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, perante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpor o dito recurso contencioso-administrativo mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 10 de decembro de 2021

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO I

Oferta de emprego público do persoal de administración e servizos da Universidade de Vigo para o ano 2021

Subgrupo/ grupo

Escala

Subescala

Acceso libre 

Cota xeral

Cota de reserva para persoas con discapacidade

Taxa de reposición

C1

Técnica especialista de apoio á docencia e investigación

Química

1

 

C1

Técnica especialista de bibliotecas

Biblioteca

1

 

C2

Auxiliar administrativa

Administración

4

1

C2

Auxiliar técnica de servizos xerais

Conserxaría

4

1

Taxa adicional de estabilización

A1

Letrados

1

A1

Técnica superior de servizos xerais

Innovación educativa

1

A1

Técnica superior de apoio á docencia e investigación

Análise de superficies

2

A1

Técnica superior de apoio á docencia e investigación

Veterinaria

1

A1

Técnica superior de apoio á docencia e investigación

Actividades do medio mariño

1

A1

Técnica superior de apoio á docencia e investigación

Cultivos mariños

1

A1

Técnica superior de apoio á docencia e investigación

I+D

3

A1

Técnica superior de tecnoloxías da información e comunicacións

Informática

1

A2

Axudante de arquivos, bibliotecas e museos

Biblioteca

3

A2

Técnica media de servizos xerais

Innovación educativa

1

C1

Técnica especialista de apoio á docencia e investigación

Electrónica e instrumentación científica e de calibración

1

C1

Técnica especialista de apoio á docencia e investigación

Animalario

2

C1

Técnica especialista de apoio á docencia e investigación

Actividades do medio mariño

1

C1

Técnica especialista de apoio á docencia e investigación

Calidade ambiental e histoloxía

1

C1

Técnica especialista de apoio á docencia e investigación

Cultivos mariños

1

C1

Técnica especialista de tecnoloxías da información e comunicacións

Informática

3

C1

Técnica especialista de apoio á docencia e investigación

Electrónica

1

C1

Técnica especialista de apoio á docencia e investigación

Medios audiovisuais

1

C2

Auxiliar administrativa

Administración

19

3

C2

Auxiliar técnica de servizos xerais

Deportes

1

C2

Auxiliar técnica de servizos xerais

Conserxaría

8

1

Persoal declarado indefinido non fixo por sentenza xudicial

C2

Auxiliar administrativa

Administración

1

Total prazas convocadas

65

6

ANEXO II

Promoción interna independente

Subgrupo/grupo

Escala

Subescala

Cota xeral

A1

Facultativa de arquivos, bibliotecas e museos

Biblioteca

2

A2

Axudante de arquivos, bibliotecas e museos

Biblioteca

5

A2

Xestión

Administración

3

C1

Técnica administrativa

Administración

1

Total prazas convocadas

11