Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 15 de febreiro de 2022 Páx. 11203

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

ORDE do 14 de febreiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de apoio ao peche do lecer nocturno, financiado con fondos REACT-UE no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento TR750A).

Os contidos da presente orde están enmarcados no establecido no artigo 40 da Constitución española, nos artigos 29 e 30 do Estatuto de autonomía de Galicia e nos obxectivos de crecemento e emprego da Unión Europea, conforme a Estratexia europea de emprego. Ten por obxecto que a Comunidade Autónoma de Galicia acade uns maiores niveis de desenvolvemento económico, de calidade no emprego, de benestar social e de cohesión do territorio, polo que é preciso adoptar políticas que promovan un modelo de desenvolvemento económico que favoreza a capacidade creativa e emprendedora da sociedade galega e sostemento dos negocios, como fonte de riqueza e como elemento esencial para o crecemento, a mellora da competitividade e a modernización do tecido produtivo galego.

A competencia en materia de políticas activas de emprego correspóndelle á Consellería de Emprego e Igualdade, segundo o disposto no Decreto 110/2020, do 6 de setembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia; no Decreto 130/2020, do 17 de setembro, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia, e no Decreto 215/2020, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Emprego e Igualdade.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 29, atribúelle á Comunidade Autónoma, en concordancia co artigo 149.1º.7 da Constitución española, a competencia para a execución da lexislación do Estado en materia laboral, asumindo as facultades, funcións e servizos correspondentes a este ámbito.

A presente convocatoria estará financiada con fondos REACT-UE, no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19.

A situación xerada pola evolución da COVID-19 obrigou as autoridades públicas a xestionar a crise sanitaria establecendo medidas para protexer a saúde e a seguridade, medidas cuxo alcance, duración temporal e necesidade de axuste constante ocasionaron un forte impacto económico. A nova situación da COVID 19, agravada en decembro de 2021 pola alta taxa de contaxios e a velocidade da súa propagación segundo o sinalado polas autoridades sanitarias, require da adopción de medidas extraordinarias para minimizar o impacto económico e apoiar o mantemento do emprego nunha das actividades máis afectadas, como son os establecementos de lecer nocturno.

Esta orde regula un programa de apoio extraordinario para os negocios de lecer nocturno que se acollesen ao réxime optativo de peche, desde as 0.00 horas do día 31 de decembro de 2021 ata as 3.00 horas do día 3 de xaneiro de 2022, e non adiantasen ou atrasasen a outras datas as festas e eventos previstos, conforme os establecido na Orde da Consellería de Sanidade do 29 de decembro de 2021.

En canto ao procedemento de concesión, establécese un procedemento que non ten a consideración de concorrencia competitiva, de acordo co disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, dado que, de acordo coa finalidade e obxecto do programa, non resulta necesario realizar a comparación das solicitudes presentadas nun único procedemento, senón que a concesión da axuda se realiza pola comprobación da concorrencia na persoa ou entidade solicitante dos requisitos establecidos ata o esgotamento do crédito orzamentario.

Neste marco de actuación, as bases reguladoras axústanse ao disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en especial no relativo aos principios de transparencia, eficacia e eficiencia na xestión; no Decreto 11/2009, do 9 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, e na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e o seu regulamento, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo.

A presente convocatoria, por outra banda, tramítase ao abeiro do disposto no Marco nacional temporal aprobado pola Comisión Europea na súa Decisión SA.56851(2020/N), do 2 de abril, e as súas modificacións.

Consecuentemente con todo o anterior, consultado o Consello Galego de Relacións Laborais, tras o informe da Asesoría Xurídica, da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos, da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa e da Intervención Delegada da Comunidade Autónoma, no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

1. O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras de concesión de subvencións para minimizar o impacto económico e apoiar o mantemento do emprego nos establecementos de lecer nocturno da Comunidade Autónoma de Galicia que permaneceron pechados desde as 0.00 horas do día 31 de decembro de 2021 ata as 3.00 horas do día de 3 xaneiro de 2022, tal e como se establece no punto sétimo da Orde da Consellería de Sanidade do 29 de decembro de 2021 (código de procedemento TR750A).

Artigo 2. Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas e entidades, físicas e xurídicas (persoas autónomas, microempresas e pemes), con domicilio fiscal en Galicia que desenvolvan a actividade económica dun establecemento de lecer nocturno e que se acolleron ao peche opcional desde as 0.00 horas do día 31 de decembro de 2021 ata as 3.00 horas do día de 3 xaneiro de 2022, nos termos establecidos na orde da Conselleria de Sanidade do 29 de decembro de 2021.

Para estes efectos, entenderase por establecementos de lecer nocturno as discotecas, pubs, cafés espectáculo e salas de festas, de conformidade coa definición que destes establecementos se prevé no punto III.2.7 do anexo único do Decreto 124/2019, do 5 de setembro, polo que se aproba o Catálogo de espectáculos públicos, actividades recreativas e establecementos abertos ao público da Comunidade Autónoma de Galicia.

Ademais, incluiranse as salas de concertos que desenvolvan as súas actividades de forma análoga aos anteriores, de conformidade coa definición deste establecemento contida no punto III.2.4.5 do anexo único do Decreto 124/2019, do 5 de setembro, e todos aqueles que non teñan o seu título habilitante adaptado ás tipoloxías anteriores pero que poidan ser asimilables tendo en conta a actividade que desenvolvan conforme o disposto nas definicións especificadas no Decreto 124/2019, do 5 de setembro.

Para estes efectos, os establecementos que aínda teñan a consideración de café concerto, café teatro, café cantante e tablado flamenco entenderanse encadrados no Catálogo aprobado polo Decreto 124/2019, do 5 de setembro, como cafés espectáculo.

Do mesmo xeito, os establecementos que aínda teñan a consideración de cafés de categoría especial e karaokes entenderanse encadrados no Catálogo aprobado polo Decreto 124/2019, do 5 de setembro, como pub.

Os beneficiarios e as beneficiarias das axudas deben reunir os seguintes requisitos:

a) Ter domicilio fiscal en Galicia.

b) Atoparse de alta na actividade económica como mínimo desde o 1 de novembro de 2021 e, no caso de persoas autónomas, estar de alta non RETA desde a mesma data.

c) O establecemento de lecer nocturno debeu permanecer pechado desde as 0.00 horas do día 31 de decembro de 2021 ata as 3.00 horas do día 3 de xaneiro de 2022 e non ter adiantado ou atrasado a outras datas as festas ou eventos, nos termos recollidos na Orde da Consellería de Sanidade do 29 de decembro de 2021.

d) Realizar a comunicación previa conforme o previsto no punto sétimo da Orde da Consellería de Sanidade do 29 de decembro de 2021.

e) Non atoparse en ningunha das circunstancias e prohibicións establecidas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incursa en ningunha delas realizarase mediante declaración responsable da persoa interesada.

f) Non tratarse de empresas ou autónomos que estivesen en crise en 31 de decembro de 2019.

Artigo 3. Exclusións

Para os efectos da presente orde, quedan excluídos os establecementos de lecer nocturno que non realizasen a comunicación previa prevista no punto sétimo da Orde da Consellería de Sanidade do 29 de decembro de 2021.

Tamén estarán excluídos das axudas establecidas nesta orde os establecementos de lecer nocturno que adiantasen ou atrasasen a outras datas as festas e eventos previstos nos días indicados no parágrafo primeiro do artigo 2 da presente orde ou realizasen promocións, anuncios ou publicidade dos indicados eventos a través de redes sociais, mensaxes de difusión ou cartelaría tradicional.

Para estes efectos, de conformidade co establecido na Orde da Consellería de Sanidade do 29 de decembro de 2021, entenderase festas ou eventos as celebracións ou eventos específicos, independentes ou extraordinarios, como cotillóns, festas de fin de ano, festas de reis ou con calquera outra denominación similar ou que produzan un efecto equivalente, en particular con motivo das datas de Nadal ou doutras datas en substitución delas.

Artigo 4. Marco normativo

1. As solicitudes, tramitación e concesión das subvencións axustaranse ao disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; na Lei 9/2007, do 13 xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro; na Lei 17/2021, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para ano 2022; no que resulte de aplicación a Lei 38/2003, do 27 de novembro, xeral de subvencións, e o seu Regulamento de desenvolvemento, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, e ao disposto nesta orde.

2. Así mesmo, por tratarse de axudas financiadas polo FSE como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19, é de aplicación e darase debido cumprimento ao previsto no Regulamento (UE) 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo (FSE), ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e se derroga o Regulamento (CE) 1083/2006 do Consello; no Regulamento (UE) 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo ao Fondo Social Europeo, e polo que se derroga o Regulamento (CE) 1081/2006 do Consello, ambos os dous modificados polo Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo de 2018; no Regulamento (UE) 2020/558 do Parlamento Europeo e do Consello, do 23 de abril de 2020, polo que se modifica o Regulamento (UE) 1303/2013 no que respecta a medidas especificas para ofrecer unha flexibilidade excepcional no uso dos fondos estruturais e de investimentos europeos en resposta ao gromo da COVID-19; no Regulamento (UE) 2020/460 do Parlamento Europeo e do Consello, do 30 de marzo de 2020, polo que se modifica o Regulamento (UE) 1303/2013 no que respecta a medidas especificas para mobilizar investimentos nos sistemas de atención sanitaria nos Estados membros e noutros sectores das súas economías en resposta ao gromo da COVID-19 (iniciativa de investimento en resposta ao coronavirus); no Regulamento (UE) 2020/2221 do Parlamento Europeo e do Consello, do 23 de decembro de 2020, polo que se modifica o Regulamento (UE) 1303/2013 no que respecta aos recursos adicionais e ás disposicións de execución co fin de prestar asistencia para favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais e para preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía (REACT-UE); así como na Orde ESS/1924/2016, do 13 de decembro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo durante o período de programación 2014-2020.

Artigo 5. Subvencións concedidas baixo o Marco nacional temporal

1. As axudas previstas nesta orde ampáranse no disposto no Marco nacional temporal, aprobado pola Comisión Europea na súa Decisión SA.56851(2020/N), de 2 de abril, e as súas modificacións.

2. A axuda global que unha empresa poida percibir ao abeiro do Marco nacional temporal II e, en xeral, ao do resto dos marcos nacionais temporais e ao do Marco temporal relativo ás medidas de axuda estatal destinadas a apoiar a economía no contexto do actual gromo da COVID-19, recollido na Comunicación da Comisión Europea, do 19 de marzo de 2020 (2020/C 91 I/01) (DOUE do 20 de marzo de 2020), e as súas posteriores modificacións, en forma de subvencións directas, vantaxes fiscais e de pagamento ou outras formas, como anticipos reembolsables, garantías, préstamos e capital, todas elas antes de impostos e outras retencións, non poderá superar os 2.300.000 €.

3. As axudas suxeitas a este réxime poderán concederse a empresas e autónomos que non estean en crise e/ou a empresas e autónomos que non estaban en crise (a teor do disposto no artigo 2, punto 18, do Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión (Regulamento xeral de exención por categorías) en 31 de decembro de 2019, o que se acreditará mediante declaración responsable. Todo iso sin prexuízo da posibilidade de conceder axudas ás microempresas e pequenas empresas que estiveran en crise en 31 de decembro de 2019, sempre e cando no se encontren inmersas nun procedemento concursal ni recibisen unha axuda de salvamento ou de reestruturación.

Artigo 6. Principios de xestión

A xestión dos programas de subvencións previstos nesta orde realizarase de acordo cos seguintes principios:

a) Publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación.

b) Eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Consellería de Emprego e Igualdade.

c) Eficiencia na asignación e na utilización dos recursos públicos.

Artigo 7. Orzamento

1. O orzamento para o 2022 é de 3.500.000 € con cargo á aplicación orzamentaria 11.04.322C.470.8 no código de proxecto 2022 00157.

2. Estas axudas, obxecto de financiamento con fondos REACT-UE no marco do PO FSE Galicia 2014-2020 nunha porcentaxe do 100 %, teñen encaixe no obxectivo temático 13. Favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía; prioridade de investimento 13.1. Favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía; obxectivo específico 13.1.1. Apoiar o acceso ao mercado de traballo, a creación de postos de traballo e o emprego de calidade, así como o mantemento do emprego, incluído o emprego xuvenil, e o apoio aos traballadores por conta propia e aos emprendedores, e liña de actuación 500, Programa de rescate das persoas traballadoras autónomas e microempresas afectadas pola crise da COVID-19.

3. A concesión das subvencións previstas nesta orde estará suxeita á existencia de crédito orzamentario adecuado e suficiente para a execución deste programa. De ser o caso, e de acordo co disposto no artigo 31.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, publicarase mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social o esgotamento das partidas orzamentarias asignadas.

4. Os créditos estimados poderán ser obxecto de modificacións como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos entre os programas da orde, nas condicións previstas nos artigos 30 e 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Poderase ampliar a contía máxima dos créditos dispoñibles para esta convocatoria, e o incremento do crédito estará condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou créditos incluídos no mesmo programa orzamentario, de conformidade co establecido no artigo 30 do Decreto 11/2009, do 30 de xaneiro.

Para ampliar a contía máxima dos créditos dispoñibles nesta orde é necesario un informe favorable previo da modificación orzamentaria por parte do organismo intermedio do PO FSE Galicia 2014-2020 (actualmente, a Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos).

Artigo 8. Solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal (anexo I). De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Deberán cubrirse, necesariamente, todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios, e unicamente serán válidas as solicitudes que se presenten no modelo establecido. En caso de máis dun establecemento, deberá formularse solicitude individualizada para cada un deles, con independencia de que sexan dun mesmo titular.

Na solicitude recóllese unha declaración responsable de obrigatorio cumprimento onde se declare:

– Que ten o domicilio fiscal en Galicia.

– Que presentou a comunicación previa conforme o punto sétimo da Orde da Consellería de Sanidade do 29 de decembro de 2021.

– Que o establecemento permaneceu pechado desde as 0.00 horas do día 31 de decembro de 2021 ata as 3.00 horas do día de 3 xaneiro de 2022.

– Que non adiantou nin atrasou a outras datas as festas ou eventos.

– De ser o caso, o número de persoas empregadas polo establecemento en data 30 de novembro de 2021.

– O número de metros cadrados do local de establecemento de lecer polo cal solicita a axuda

– Que cumpre todos os requisitos sinalados para ser beneficiaria da axuda establecida nesta orde no artigo 2.

– Que non está incursa en ningunha das circunstancias que prohiben obter a condición de beneficiaria segundo o establecido nesta orde.

– Declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución, para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou doutros entes públicos.

– Declaración de calquera outra axuda temporal relativa aos mesmos gastos subvencionables que, en aplicación do Marco nacional temporal ou en aplicación da Comunicación da Comisión Marco Temporal relativa ás medidas de axuda estatal destinadas a apoiar a economía no contexto do actual gromo da COVID-19, recibise e que no seu conxunto non superase os límites establecidos no referido marco.

– O cumprimento do requisito de tratarse de empresas ou persoas autónomas que non están en crise e/ou empresas ou persoas autónomas que non estaban en crise en 31 de decembro de 2019, ou que si o estaban con posterioridade e foi como consecuencia do gromo da COVID-19.

– Que son veraces todos os datos reflectidos nesta declaración responsable.

2. A presentación da solicitude supón a aceptación das obrigas reguladas nesta orde para ser beneficiaria da axuda, así como a aceptación da subvención de ser persoa beneficiaria dela.

Artigo 9. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas ou entidades interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 10. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Cando se actúe mediante representación, acreditación por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna. Quedan exceptuadas da devandita presentación as persoas ou entidades rexistradas no Rexistro Electrónico Xeral de Apoderamentos de Galicia que garanta a dita representación para este procedemento.

b) Copia do documento acreditativo de que a persoa ou entidade solicitante exercía a explotación económica do establecemento segundo o establecido no artigo 2.b).

c) Copia da licenza de establecemento que acredite a súa condición como de lecer nocturno e onde figure o seu número de metros cadrados. Se non figurase na licenza o número de metros cadrados deberá presentarse, ademais, copia de calquera outro documento que acredite a superficie do establecemento (recibo do IBI, declaración responsable, comunicación previa, proxecto técnico, memoria técnica, informe técnico, etc.).

2. As solicitudes que non cumpran as exixencias contidas nesta resolución ou na normativa de aplicación, que non conteñan a documentación necesaria ou, de ser o caso, que non a presenten nos modelos normalizados quedarán ao dispor do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución de inadmisión, na cal se indicarán as causas desta. En todo caso, non se admitirán a trámite e realizarase o arquivamento, sen posibilidade de corrección, das solicitudes que se presenten fóra do prazo establecido na correspondente convocatoria.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os devanditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta das plataformas de intermediación de datos ou doutros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderáselle solicitar á persoa interesada a súa achega.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

4. Se algunha das persoas ou entidades interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

5. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

6. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

7. No caso de que algún dos documentos para presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 11. Comprobación de datos

1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas Administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) NIF da entidade solicitante.

c) DNI/NIE da persoa representante, de ser o caso.

d) NIF da entidade representante, de ser o caso.

e) Certificación de estar ao día nas súas obrigas coa Seguridade Social.

f) Certificación de estar ao día nas súas obrigas coa Axencia Tributaria de Galicia.

g) Vida laboral da persoa solicitante dos últimos 12 meses.

h) Consulta do código conta de cotización (número de persoas traballadoras).

i) Certificación de estar ao día nas súas obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

j) Certificado de domicilio fiscal.

k) Consulta do alta no imposto de actividades económicas (IAE).

l) Consulta de inhabilitación para obter subvencións e axudas.

m) Consulta de concesión de subvencións e axudas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas ou entidades interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 12. Emenda das solicitudes

As unidades administrativas receptoras remitirán as solicitudes recibidas á unidade administrativa encargada da instrución do expediente para que comprobe se a solicitude ou documentación presentada reúne os requisitos exixidos nesta orde e, no caso de que se observe algún defecto ou sexa incompleta a documentación, de conformidade co disposto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e no artigo 20.5 da Lei Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, requirirán a persoa interesada para que nun prazo máximo e improrrogable de 10 días hábiles emende a falta ou presente os documentos preceptivos, coa advertencia de que, se así non o fixer, se considerará a persoa ou entidade interesada desistida da súa petición, logo de resolución, que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da mencionada lei.

Artigo 13. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde o día seguinte á data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 14. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a lle subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que estean vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei. O incumprimento desta obriga determinará, de ser o caso, a imposición das multas coercitivas previstas no punto 4 do citado artigo.

Artigo 15. Procedemento de concesión, instrución e tramitación

1. O procedemento de concesión das subvencións contidas nesta orde é non competitivo e axustarase ao disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, dado que polo obxecto e pola finalidade da subvención non resulta necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento. A concesión das axudas realizarase pola comprobación da concorrencia na persoa ou entidade solicitante dos requisitos sinalados nesta orde ata o esgotamento do crédito.

2. En aplicación dos principios de eficacia e eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos establecidos na Lei de subvencións de Galicia e ao ser unha convocatoria de subvencións en concorrencia non competitiva, a orde de prelación para a resolución das solicitudes virá determinada pola data en que se presentase a documentación completa requirida nestas bases reguladoras.

3. O órgano instrutor dos expedientes será a Subdirección Xeral de Emprego da Dirección xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, que realizará as actuacións necesarias para determinar a documentación presentada en virtude da cal se debe formular a proposta de resolución.

4. De conformidade co previsto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitiráselle á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 16. Competencia

A competencia para coñecer, resolver e propor os correspondentes pagamentos da subvención prevista nesta orde corresponderalle á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social por delegación da persoa titular da Consellería de Emprego e Igualdade.

Artigo 17. Importe das axudas

1. O importe da axuda determinarase por establecemento de lecer nocturno e en función dos metros cadrados do local conforme a seguinte escala:

– Establecemento de lecer nocturno de menos de 100 metros cadrados: 2.500 €.

– Establecemento de lecer nocturno de máis de 100 e ata 250 metros cadrados: 5.500 €.

– Establecemento de lecer nocturno de máis de 250 e ata 500 metros cadrados: 9.000 €.

– Establecemento de lecer nocturno de máis de 500 e ata 700 metros cadrados: 14.000 €.

– Establecemento de lecer nocturno de máis de 700 e ata 2.000 metros cadrados: 27.000 €.

– Establecemento de lecer nocturno de máis de 2.000 metros cadrados: 45.000 €.

2. O período de referencia para as axudas reguladas nesta orde será desde o 30 de decembro de 2021 ata o 30 de xuño de 2022.

Artigo 18. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitiralles ás persoas interesadas avisos da posta ao dispor das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e polas entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento por parte das persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, e entenderanse rexeitadas cando transcorran dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 19. Obrigas das persoas ou entidades beneficiarias

1. Son obrigas das persoas ou entidades beneficiarias das subvencións as sinaladas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, en especial as seguintes:

a) Estar ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social, así como non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma, con anterioridade á proposta de pagamento da subvención.

b) Comunicarlle ao órgano concedente calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidos polas persoas beneficiarias e, de ser o caso, a obtención concorrente de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

c) Dispor dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á beneficiaria en cada caso, coa finalidade de garantir o adecuado exercicio das facultades de comprobación e control.

d) Adoptar as medidas adecuadas de difusión para dar publicidade do financiamento público das actuacións subvencionadas pola Consellería de Emprego e Igualdade e polo Fondo Social Europeo como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19, colocando nos espazos de atención ao público nun lugar destacado e visible un cartel dun tamaño mínimo A3 durante o período mínimo dun ano desde o pagamento da subvención. Tamén se informará na páxina web, no caso de dispor dela, sobre o programa e a axuda financeira recibida da Unión Europea. Na páxina web da Dirección xeral Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social (oficina virtual do emprego autónomo: https://oficinadoautonomo.gal/es) estará dispoñible un modelo coas características do cartel, emblemas e contido de obrigada inclusión.

e) Someterse ás actuacións de control, comprobación e inspección que efectuará a Consellería de Emprego e Igualdade, ás verificacións que poidan realizar os organismos implicados na xestión ou seguimento do programa operativo FSE Galicia 2014-2020 que incorporarán as correspondentes visitas sobre o terreo, ás de control financeiro que correspondan, se é o caso, á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, ou a outros órganos da Administración do Estado ou da Unión Europea, e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

f) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e nos casos previstos nesta orde.

g) Notificar as axudas obtidas para a mesma finalidade, e deberase especificar cales foron obtidas dentro do Marco nacional temporal a que se refire o artigo 5 desta orde.

h) Manter o emprego por conta propia e/ou allea ata o 30 de xuño de 2022.

Non se considerará incumprido o dito compromiso cando o contrato de traballo se extinga por despedimento disciplinario declarado como procedente, dimisión, morte, xubilación ou incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez da persoa traballadora, nin pola fin do chamamento das persoas con contrato fixo descontinuo, cando este non supoña un despedimento senón unha interrupción del. En particular, no caso de contratos temporais, o compromiso de mantemento do emprego non se entenderá incumprido cando o contrato se extinga por expiración do tempo convido ou a realización da obra ou servizo que constitúe o seu obxecto ou cando non poida realizarse de forma inmediata a actividade obxecto de contratación.

i) Aqueloutras obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Son obrigas das persoas beneficiarias das subvencións, ademais das recollidas con carácter xeral no punto anterior, as seguintes:

a) Presentar os indicadores de resultado a que se refire o anexo I do Regulamento (UE) 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de setembro de 2013, modificado polo Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046, a través da aplicación Participa 1420 ou segundo o modelo que estará á súa disposición na páxina web da Consellería de Emprego e Igualdade, referidos aos seis meses despois de que finalice o período de mantemento da actividade recollido na letra h) deste artigo, coa finalidade de formalizar os indicadores de resultado a longo prazo descritos no antedito regulamento; para estes efectos, facilitaráselle ás persoas beneficiarias o acceso á aplicación Participa 1420.

b) Facilitar a información necesaria relativa ao desenvolvemento da actividade que permita dar cumprimento aos requisitos de información a través de indicadores de produtividade e resultados enumerados no artigo 5 do Regulamento (UE) 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo ao Fondo Social Europeo.

c) Cumprir coas medidas de comunicación e información establecidas no anexo XII do Regulamento (UE) 1303/2013, do 17 de decembro de 2013, modificado polo Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 e polo Regulamento (UE) 2020/2221. En particular, informarase do apoio dos fondos a través dun cartel dun tamaño mínimo de A3 nun lugar destacado e visible. Tamén se informará na páxina web, no caso de dispor dela, sobre o proxecto e a axuda financeira recibida da Unión Europea e sobre os obxectivos e resultados da operación financiada.

d) Informar a persoa beneficiaria, no caso de ser unha entidade xurídica, de que a aceptación da axuda comunitaria do Fondo Social Europeo implicará a súa aparición na lista pública cos nomes das persoas beneficiarias, as operacións e a cantidade de fondos públicos asignada a cada operación, así como a outra información prevista no anexo XII, modificado polo Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 e polo Regulamento (UE) 2020/2221, en relación co artigo 115.2 do Regulamento (UE) 1303/2013.

e) Manter unha pista de auditoría suficiente, manter de forma separada na contabilidade o ingreso da axuda percibida e conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, durante os dous anos seguintes á certificación dos gastos á Comisión Europea, de conformidade co artigo 140.1 do Regulamento (UE) 1303/2013, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control. O comezo dese prazo será oportunamente comunicado pola Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos.

Artigo 20. Forma de pagamento

A resolución da concesión da totalidade da axuda realizarase en virtude da declaración responsable da persoa beneficiaria emitida, baixo a súa responsabilidade, no momento da solicitude, e acreditativa do cumprimento dos requisitos sinalados nesta orde, sen prexuízo da comprobación do seu cumprimento con posterioridade á devandita resolución de concesión. En función desa declaración responsable procederase ao seu pagamento no número de conta, con inclusión do IBAN, indicado na solicitude.

Artigo 21. Devolución voluntaria das subvencións

1. De acordo co establecido no artigo 64 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, as persoas beneficiarias poderán realizar, sen o requirimento previo da Administración, a devolución total ou parcial da subvención concedida, mediante o seu ingreso na conta ES82 2080 0300 8731 1006 3172, en concepto de devolución voluntaria da subvención.

2. En todo caso, a persoa beneficiaria deberá presentar ante o órgano concedente copia xustificativa da devolución voluntaria realizada, na cal conste a data do ingreso, o seu importe e o número do expediente e denominación da subvención concedida.

Artigo 22. Seguimento e control

1. Sen prexuízo das facultades que teñen atribuídas outros órganos da Administración do Estado ou da Comunidade Autónoma, a Consellería de Emprego e Igualdade levará a cabo funcións de control, así como de avaliación e seguimento dos programas.

2. A Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social poderá comprobar en todo momento a aplicación das subvencións concedidas para os fins programados, e especificamente comprobará ao finalizar o período de mantemento da actividade económica e do emprego, regulado en cada programa, o seu cumprimento por se procedese aplicar algún tipo de reintegro e tamén comprobará a veracidade das declaracións responsables presentadas.

3. Para realizar estas funcións poderanse utilizar cuantos medios estean ao dispor da Consellería de Emprego e Igualdade para comprobar o cumprimento dos requisitos exixidos nesta orde e demais normas vixentes que resulten de aplicación. Para tales efectos, poderá subscribir contratos para realizar programas de auditorías das axudas.

Artigo 23. Modificación da resolución de concesión

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión das subvencións, así como a obtención concorrente de subvencións e axudas outorgadas por outras administracións ou outros entes públicos ou privados, estatais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión e, eventualmente, á súa revogación.

Artigo 24. Perda do dereito ao cobramento da axuda e reintegro

1. Procederá a perda do dereito ao cobramento das axudas, así como o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas e a exixencia do xuro de demora correspondente, desde o momento do pagamento da subvención ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro, nos casos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Procederá a perda do dereito ao cobramento da subvención concedida e o seu reintegro no suposto de non estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social, así como ter pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, con anterioridade a ditarse a proposta de pagamento da subvención.

3. A obtención da axuda falseando as condicións requiridas ou ocultando aquelas que o impedisen dará lugar á perda do dereito á cobranza da totalidade dela e ao seu reintegro. Esta circunstancia é constitutiva dunha infracción moi grave segundo o artigo 53.a) da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia, polo que se poderán impor as sancións, recollidas no artigo 61.1 da mesma lei, de multa pecuniaria proporcional do dobre ao triplo da cantidade indebidamente obtida.

4. Procederá o reintegro do exceso percibido máis os xuros de demora, sen prexuízo das sancións que poidan corresponder, no caso de incumprimento da obriga de comunicar con antelación ao órgano concedente a obtención doutras axudas compatibles.

5. Procederá o reintegro do 5 % da axuda concedida no caso do incumprimento da obriga de comunicar con antelación ao órgano concedente a solicitude doutras axudas compatibles.

6. Procederá o reintegro da totalidade da axuda concedida no caso do incumprimento da obriga de mantemento do emprego prevista na letra h) do artigo 19 desta orde.

7. Procederá o reintegro da totalidade da axuda máis os xuros de demora, sen prexuízo das sancións que poidan corresponder, no caso de que por parte da Administración autonómica se teña coñecemento posterior á concesión da axuda de que o establecemento de lecer nocturno non permaneceu pechado desde as 0.00 horas do día 31 de decembro de 2021 ata as 3.00 horas do día de 3 xaneiro de 2022 e que adiantou ou atrasou a outras datas as festas ou eventos nos termos recollidos na Orde da Consellería de Sanidade do 29 de decembro de 2021.

Artigo 25. Resolución e recursos

1. A resolución de concesión da subvención comprenderá a identificación da persoa beneficiaria, a contía da subvención e as obrigas que correspondan á persoa beneficiaria.

2. A resolución de concesión emitirase atendendo ás manifestacións contidas nas declaracións responsables recollidas no formulario de solicitude, subscrita pola persoa que a realiza, baixo a súa responsabilidade e coas repercusións que ten a súa falsidade, reguladas na Lei 9/2007 de subvencións de Galicia. O cumprimento dos requisitos exixidos será obxecto de comprobación con posterioridade á resolución da concesión.

Tendo en conta que os requisitos para ser persoa beneficiaria desta axuda deben cumprirse antes da presentación da solicitude e que os compromisos asumidos pola persoa beneficiaria se recollen na presente orde no artigo 19, non é necesaria a aceptación expresa ou tácita da resolución regulada no artigo 21.5 da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia, ao se ter aceptada coa presentación da solicitude.

4. O prazo máximo para resolver e notificar é de 1 mes, que se computará desde a data de entrada da solicitude no rexistro do órgano competente para a súa tramitación. Transcorrido o devandito prazo sen que se ditase resolución expresa, entenderase desestimada a solicitude, de acordo co establecido no artigo 23.5 da Lei de subvencións de Galicia.

Na resolución de concesión informarase a persoa beneficiaria de que a axuda está financiada, nunha porcentaxe do 100 %, con fondos REACT-UE no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19, con expresión do obxectivo temático, prioridade de investimento, obxectivo específico e liña de actuación correspondente; ademais, estableceranse as condicións da axuda a que quedan sometidas as persoas beneficiarias derivadas da aceptación da subvención, en especial os requisitos específicos relativos aos produtos ou servizos que deban obterse con ela, o plan financeiro e o prazo de execución.

Así mesmo, na resolución de concesión informarase de que a aceptación da subvención comunitaria implicará a súa aparición na lista pública de operacións cos nomes dos beneficiarios ou beneficiarias, no suposto de seren entidades xurídicas, así como a outra información recollida no anexo XII do Regulamento (UE) 1303/2013, modificado polo Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 e polo Regulamento (UE) 2020/2221, en relación co artigo 115.2 da mesma norma xurídica.

5. As persoas interesadas teñen dereito a que non se fagan públicos os seus datos cando concorra algunha das causas previstas na letra d) do número 2 do artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

6. As resolucións que se diten neste procedemento esgotan a vía administrativa e contra elas cabe formular, con carácter potestativo, recurso de reposición, no prazo dun mes, ante o mesmo órgano que ditou a resolución impugnada, de conformidade coa Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento común das administracións públicas, ou interpor recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa, de acordo co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

7. No suposto de esgotamento do crédito, e de acordo co disposto no artigo 31.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social publicarase o esgotamento das partidas orzamentarias asignadas no Diario Oficial de Galicia co texto íntegro da resolución denegatoria por esgotamento de crédito, con indicación de que a dita resolución esgota a vía administrativa e contra ela cabe interpor recurso contencioso-administrativo, ou poderá formularse, con carácter potestativo, recurso de reposición de acordo co disposto no número 6 deste artigo.

Artigo 26. Incompatibilidades e concorrencia

1. As axudas previstas nesta orde serán compatibles coas demais axudas que poidan outorgar as administracións públicas, sempre e cando se respecten os límites establecidos no Marco temporal.

2. As persoas beneficiarias teñen o deber de comunicar ao órgano concedente a solicitude e concesión doutras axudas para a mesma finalidade.

Artigo 27. Información relativa á orde de convocatoria

Sobre esta orde de axudas poderase obter información a través dos seguintes medios:

a) Páxina web da Consellería de Emprego e Igualdade / empregoeigualdade.xunta.gal

b) Páx web da Oficina do Autónomo da Xunta de Galicia / oficinadoautonomo.gal

c) No teléfono 900 81 56 00.

Artigo 28. Loita contra a fraude

Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco da presente convocatoria poderá pór os ditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través da canle habilitada para o efecto: http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/planificacion-e-fondos/periodo-comunitario-2014-2020/medidas-antifraude/snca-olaf, e nos termos establecidos na Comunicación 1/2017, do 3 de abril, do citado servizo.

Disposición adicional. Delegación de competencias

Apróbase a delegación de atribucións da persoa titular da Consellería de Emprego e Igualdade na persoa titular da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social para resolver a concesión ou denegación das subvencións previstas nesta orde, para autorizar, dispor, recoñecer a obriga e propor os correspondentes pagamentos, así como para resolver os procedementos de reintegro das subvencións indebidamente percibidas polas persoas ou entidades beneficiarias, respecto das resolucións de concesión destas ditadas por delegación da persoa titular da consellería.

Disposición derradeira primeira. Facultade de desenvolvemento

Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións, instrucións, aclaracións ou interpretacións necesarias para o desenvolvemento e cumprimento desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2022

María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Emprego e Igualdade

missing image file
missing image file
missing image file