Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 24 de febreiro de 2022 Páx. 13202

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2022, da Dirección Xeral de Inclusión Social, pola que se publica a Resolución do 18 de novembro de 2021 de concesión de subvencións convocadas pola Orde do 4 de maio de 2020 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social, e se convocan para os anos 2020, 2021 e 2022, cofinanciadas parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco dos programas operativos FSE Galicia 2014-2020 e Feder Galicia 2014-2020 (código de procedemento BS631A).

Tras a súa aprobación, no Diario Oficial de Galicia número 90, do 11 de maio de 2020, publícase a Orde do 4 de maio de 2020 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social, e se convocan para os anos 2020, 2021 e 2022, cofinanciadas parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco dos programas operativos FSE Galicia 2014-2020 e Feder Galicia 2014-2020 (código de procedemento BS631A). Posteriormente, publícase unha corrección de erros no Diario Oficial de Galicia número 98, do 22 de maio de 2020.

Con data do 29 de setembro de 2020, o director xeral de Inclusión Social resolveu a concesión e denegación das axudas solicitadas ao abeiro da Orde do 4 de maio de 2020 e sometidas ao réxime de concorrencia competitiva. A dita resolución foi notificada mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia número 223, do 4 de novembro, en virtude da Resolución do director xeral do 8 de outubro.

Segundo o artigo 11.3 da dita Orde do 4 de maio de 2020, no caso de existiren solicitudes susceptibles de axuda pero que se desestiman por terse esgotado o crédito dispoñible, quedarán en reserva para seren atendidas, ben co crédito que quedase libre por producirse algunha renuncia ou por modificación dos proxectos inicialmente subvencionados. Para estes efectos, poderanse realizar sucesivas propostas, as cales respectarán a orde de prelación previamente realizada.

Na anualidade 2021 produciuse un remanente procedente de renuncias ás actuacións subvencionadas, por un importe de 12.547,00 euros, na aplicación orzamentaria 13.03.312A.481.3. Este crédito destínase a aquelas actuacións singularizadas encadradas na tipoloxía do artigo 4.1.b).1º que non obtiveron financiamento por esgotamento do crédito.

Dado que o procedemento para a concesión de subvencións para realizar actuacións singularizadas, previstas no referido artigo 4.1.b).1º está sometido ao réxime de concorrencia competitiva, de conformidade co disposto no artigo 10.4 ao abeiro do artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento publicaranse no Diario Oficial de Galicia. Estas publicacións producirán os efectos de notificación. Así mesmo, de xeito complementario, efectuarase a notificación das resolucións da concesión mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Polo exposto, emitida a nova resolución ao abeiro do disposto no artigo 14 pola que se conceden subvencións para realizar actuacións singularizadas que constitúan a totalidade ou parte dun proxecto de carácter innovador e/ou complementario dos servizos sociais comunitarios básicos-artigo 4.1.b).1º,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido da Resolución do 18 de novembro de 2021, ditada no procedemento BS631A de concesión de axudas a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social que se xunta no anexo, no que se refire ás tipoloxías de axudas previstas no artigo 4.1.b)1º.

Segundo. Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse, de ser o caso, recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a orde xurisdicional competente, de conformidade co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á publicación, e sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que coiden oportuno.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2022

Arturo Parrado Puente
Director xeral de Inclusión Social

ANEXO

Resolución do 18 de novembro de 2021, da Dirección Xeral de Inclusión Social, de concesión de subvencións para a anualidade 2021 correspondentes ás actuacións singularizadas que constitúan a totalidade ou parte dun proxecto de carácter innovador e/ou complementario dos servizos sociais comunitarios básicos-artigo 4.1.b).1º

Antecedentes:

1. Con data do 29 de setembro de 2020 o director xeral de Inclusión Social resolveu a concesión e denegación das axudas solicitadas ao abeiro da Orde do 4 de maio de 2020 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social, e se convocan para os anos 2020, 2021 e 2022, cofinanciadas parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco dos programas operativos FSE Galicia 2014-2020 e Feder Galicia 2014-2020 (código de procedemento BS631A).

2. No punto 5 da Resolución do 29 de setembro de 2020 relaciónanse as actuacións da tipoloxía do artigo 4.1.b).1º que quedaron sen financiamento por esgotamento de crédito.

3. A Comisión de Valoración de Subvencións, reunida en data 16 de novembro de 2021, emite informe no cal propón a concesión para a anualidade 2021 correspondente ás actuacións singularizadas que constitúan a totalidade ou parte dun proxecto de carácter innovador e/ou complementario dos servizos sociais comunitarios básicos-artigo 4.1.b).1º, empezando a asignar o novo crédito na primeira actuación que quedou sen financiamento completo e segue a distribuírse o crédito ata o seu esgotamento total.

Unha vez fiscalizado o gasto en conformidade pola Intervención Delegada, e en virtude do artigo 14.1 e da disposición derradeira primeira da Orde do 4 de maio de 2020, como director xeral de Inclusión Social,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder as subvencións para a anualidade 2021 correspondentes ás actuacións singularizadas que constitúan a totalidade ou parte dun proxecto de carácter innovador e/ou complementario dos servizos sociais comunitarios básicos (artigo 4.1.b).1º, coa seguinte desagregación (relación no anexo).

Segundo. As entidades beneficiarias disporán de 10 días para comunicar a súa aceptación. No caso de non comunicación entenderase tacitamente aceptada en todas as súas condicións.

As axudas concedidas condicionaranse ao cumprimento das obrigas establecidas na Orde do 4 de maio de 2020, polo que deberá:

a) Executar e acreditar a realización da actuación que fundamenta a concesión da subvención e o cumprimento dos requisitos e das condicións desta ante o órgano concedente.

b) Comunicar as variacións das datas de inicio e remate das actuacións previstas na solicitude, así como os informes e demais documentación que reclamen os órganos competentes da Consellería de Política Social, en especial, os relativos á subministración de información nos termos establecidos no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno; toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei, e un certificado no que se indique o número estimado da poboación beneficiada para a actuación no período subvencionado pola orde de convocatoria.

c) Remitir no prazo de 10 días os informes e demais documentación que reclamen os órganos competentes da Consellería de Política Social.

d) Someterse ás actuacións de comprobación e control e facilitar toda a información requirida pola Dirección Xeral de Inclusión Social, así como pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Consello de Contas, o Tribunal de Contas, e outros órganos de control no exercicio das súas funcións de fiscalización e control.

e) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

f) Todas aquelas obrigas e requisitos que se desprendan do articulado desta orde e dos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e da súa normativa de desenvolvemento.

Terceiro. As actuacións obxecto desta resolución comprenden as realizadas entre o 1 de decembro de 2020 e o 30 de novembro de 2021, ambos os dous incluídos, e a xustificación presentarase con data límite do 5 de decembro de 2021. Unha vez xustificadas nos prazos e forma previstos no artigo 18 da orde de convocatoria, o pagamento das axudas farase de acordo co establecido no artigo 21.

Cuarto. A presente resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse, se é o caso, recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir da notificación da resolución expresa, ante o mesmo órgano que a ditou, de acordo co previsto no artigo 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a orde xurisdicional competente, de conformidade co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, no prazo de dous meses, contados desde a súa notificación, e sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que coiden oportuno.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2021. A conselleira de Política Social. P.D. (Artigo 14.1 da Orde do 4 de maio de 2020). Arturo Parrado Puente, director xeral de Inclusión Social.

ANEXO

Expediente

NIF

Entidade

Tipo

actuación

Subtipo actuación

Actuación

Prioridade

Baremo

Importe 2021

Distribución remanente

BS631A 2020/115

G15675960

Asociación de Celíacos de Galicia-Acega

4.1.b).1º

Prevención e primeira atención

Revista Mazorca, información actualizada, a enfermidade celíaca e dieta sen glute

Prioritaria

51

6.273,50

BS631A 2020/115

G15675960

Asociación de Celíacos de Galicia-Acega

4.1.b).1º

Prevención e primeira atención

Lista de alimentos aptos para celíacos, elaboración, edición, envío

Prioritaria

51

6.273,50