Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 24 de febreiro de 2022 Páx. 13208

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 31 de xaneiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para accións silvícolas de prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e para o incremento da capacidade de adaptación e do valor ambiental dos ecosistemas forestais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento MR605A).

O 26 de febreiro de 2021 publicáronse no Diario Oficial de Galicia as bases reguladoras das axudas para accións silvícolas de prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e para o incremento da capacidade de adaptación e do valor ambiental dos ecosistemas forestais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e convocáronse para o ano 2021. Estas axudas tiñan como finalidade aplicar as medidas 8.3 (axudas para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes) e 8.5 (investimentos para incrementar a capacidade de adaptación e o valor ambiental dos ecosistemas forestais) que figuran no PDR de Galicia 2014-2020.

Estas axudas están recollidas no Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas nos sectores agrícola e forestal e nas zonas rurais compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea, e foron comunicadas por España á Comisión Europea e publicadas na páxina web da Comisión (http://ec.europa.eu/competition/elojade/isef/case_details.cfm?proc_code=3_SA_43021 ) o 20 de outubro de 2015, coa clave SA.43021 (2015/XA).

Por outra banda, estase a tramitar a Orde do 30 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para as accións silvícolas de prevención dos danos causados nas masas de coníferas por enfermidades fúnxicas defoliadoras, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento MR605B). O obxecto desta orde é a concesión de axudas para levar a cabo as actividades preventivas indicadas con inicio na primavera de 2022.

Cos nomes xenéricos da «enfermidade das bandas do piñeiro», «banda das acículas do piñeiro» ou «os vermellos criptogámicos» denomínase un conxunto de especies de fungos foliares que se converteron nunha das pragas reguladas non corentenarias de maior preocupación no sector forestal. Os danos son causados sobre o xénero Pinus, con grande virulencia sobre masas de piñeiro insigne (Pinus radiata) e secundariamente de piñeiro laricio (Pinus nigra) e de piñeiro do país (Pinus pinaster). As enfermidades fúnxicas destes grupos producen o secado e a defoliación das partes inferior e media das árbores. Os síntomas iniciais aparecen durante o outono e o inverno e consisten en manchas cloróticas nas acículas. Posteriormente, estas manchas quedan de cor vermella ou marrón, alternando con zonas verdes. Esta división en bandas vermellas e bandas marróns levou á designación de «banda vermella» da enfermidade producida polos fungos Dothistroma septosporum e Dothistroma pini, e «banda marrón» da enfermidade producida polo fungo Lecanosticta acicola.

O ataque deste tipo de fungos é evidente nas masas de piñeiras da provincia de Lugo, xa que é esta provincia a que posúe unha maioría das masas de piñeiro insigne en Galicia. No entanto, a monitorización da situación levada a cabo pola Consellería do Medio Rural obriga a ampliar as actuacións á provincia da Coruña, incluíndoas nunha orde de axudas específica, que, ante a situación de emerxencia declarada, deberá cubrir os tratamentos preventivos que haberá que levar a cabo antes do verán de 2022. Estas axudas tiñan como finalidade aplicar as medidas 8.3 (axudas para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes).

A presente orde inclúe axudas que teñen por obxecto conceer axudas para levar a cabo as actividades preventivas indicadas no ano 2023.

Por outra banda, a experiencia dos últimos anos aconsella incluír nesta orde de axudas actuacións consistentes no control selectivo do combustible (rozas) en masas de coníferas (piñeirais), coa finalidade de prevención de incendios en masas de piñeiro do país (Pinus pinaster) e de piñeiro insigne (Pinus radiata) en montes ou terreos forestais que conten con instrumento de ordenación ou xestión forestal inscrito no Rexistro de Montes Ordenados cuxos obxectivos a nivel de cuartel inclúan o aproveitamento de resina ou adhesión ao modelo silvícola PMR, que recolle como especies principais as indicadas, consonte o establecido no Decreto 52/2014, do 16 de abril, polo que se regulan as instrucións xerais de ordenación e de xestión de montes de Galicia, e na Orde do 19 de maio de 2014 pola que se establecen os modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos e referentes de boas prácticas forestais para os distritos forestais de Galicia.

A experiencia na xestión desas axudas no ano 2021 supón modificar certos procedementos na súa tramitación que xustifican a elaboración dunhas novas bases reguladoras.

Así mesmo, e respecto da tramitación destas axudas, desde a convocatoria do ano 2018 incluíuse como obrigatoria a tramitación electrónica do procedemento por parte das persoas físicas solicitantes, xa que se considerou acreditado que poden ter acceso e dispoñibilidade dos medios electrónicos necesarios, toda vez que, de acordo coa experiencia de anos anteriores e tamén por razón da súa capacidade económica, na tramitación das axudas as persoas físicas son asesoradas na maioría dos casos por gabinetes técnicos, os cales formalizan practicamente toda a solicitude de axuda (proxecto técnico, memorias xustificativas das actuacións, etc.).

Ademais, a tramitación electrónica do procedemento redunda nunha maior comodidade na presentación e recepción de documentos, así como nunha maior rapidez, seguridade e axilidade na tramitación, cuestións moi valoradas polas persoas físicas.

Por todo o anterior, e polos bos resultados de xestión das convocatorias dos anos 2018, 2019, 2020 e 2021, na convocatoria do ano 2022 a tramitación electrónica é obrigatoria tamén para as persoas físicas e está supeditada aos límites establecidos no artigo 10 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, en uso das facultades que confiren os artigos 7 e 14 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e de acordo co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e demais normativa concorrente,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas para accións silvícolas de prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e para o incremento da capacidade de adaptación e do valor ambiental dos ecosistemas forestais, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento administrativo MR605A), e realizar a convocatoria para o ano 2022, a través de dúas liñas de axuda.

2. As dúas liñas de axuda obxecto de subvención son as seguintes:

a) Liña I (medida Feader 8.3, axudas para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes): axudas para realizar tratamentos silvícolas (prácticas preventivas, de carácter local e a pequena escala, que permitan crear descontinuidades verticais e horizontais da cuberta vexetal e o control selectivo de combustible (como son rozas, desmestas, rareos e podas), coa finalidade de prevención de incendios, e as axudas para accións silvícolas de prevención dos danos causados nas masas de coníferas por enfermidades fúnxicas defoliadoras, e especificamente en piñeirais de piñeiro do país (Pinus pinaster), piñeiro insigne (Pinus radiata) e piñeiro negral (Pinus nigra) nas provincias da Coruña e Lugo.

b) Liña II (medida Feader 8.5): axudas para realizar tratamentos silvícolas (rareos, desmestas, podas, cortas de formación, rozas, etc.) e plantacións puntuais de determinadas árbores, directamente vinculadas ao incremento dos valores ecolóxicos dos bosques que non teñan carácter produtivo.

3. Estas axudas ampáranse nos artigos 21.1.c), 21.1.d), 24 e 25 do Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1698/2005 do Consello (DOUE 20.12.2013, L347), e tramítanse ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, aprobado pola Decisión de execución da Comisión C (2015) 8144, do 18 de novembro de 2015, e modificado, por última vez, mediante a Decisión de execución da Comisión, C (2021) 4527 final, do 17 de xuño de 2021.

Artigo 2. Ámbito de aplicación

1. O disposto nesta orde será de aplicación para todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, salvo para as actuacións incluídas no artigo 5.1.a).3º (axudas para as accións silvícolas de prevención dos danos causados nas masas de coníferas por enfermidades fúnxicas defoliadoras), que serán de aplicación para as provincias da Coruña e Lugo, con exclusión:

a) Dos bosques ou outras superficies forestais que sexan propiedade da Administración central ou autonómica.

b) Os bosques e outras superficies forestais propiedade da Coroa.

c) Os bosques que pertenzan a empresas públicas.

d) Os bosques propiedade de persoas xurídicas, cando polo menos o 50 % do seu capital pertenza a algunha das institucións anteriormente citadas.

e) Os terreos cun proceso iniciado de expropiación forzosa.

f) Os terreos que dentro da Rede Natura 2000 teñan hábitats prioritarios establecidos na Directiva 92/43/CEE, do 21 de maio de 1992, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres.

g) Para as actuacións incluídas no artigo 5.1.a).3º (axudas para as accións silvícolas de prevención dos danos causados nas masas de coníferas por enfermidades fúnxicas defoliadoras), a totalidade dos terreos dentro da Rede Natura 2000, na súa totalidade, zonas de protección lateral do Camiño de Santiago ou se está afectada pola normativa de patrimonio cultural de Galicia, conforme o Decreto 232/2008, do 2 de outubro, sobre o Inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia.

2. No caso de montes propiedade do Estado ou da Comunidade Autónoma de Galicia, a axuda poderá ser concedida se o órgano que xestiona esas terras é un organismo privado.

3. Tamén serán elixibles as actuacións en montes que teñan subscrito un convenio coa Xunta de Galicia ou en montes que teñan solicitado o cambio de consorcio a convenio, nos cales non estea prevista ningunha actuación con cargo ao convenio, e o proxecto de ordenación o permita, logo de informe favorable dos servizos provinciais responsables dos recursos forestais correspondente. Os montes consorciados coa Administración non poden solicitar as axudas dentro da superficie consorciada.

Artigo 3. Beneficiarios

1. Serán beneficiarias as entidades locais e as persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares dos terreos obxecto de axuda, entendendo por titulares tanto propietarios como arrendatarios ou xestores, e non se admitirá a cesión por parte do arrendatario do terreo a un terceiro.

2. Das axudas previstas nesta orde serán persoas beneficiarias as sociedades de fomento forestal (Sofor), os propietarios particulares de forma individual, as asociacións e agrupacións de propietarios particulares formalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia, as cooperativas agrarias, os proindivisos, os proindivisos legalmente constituídos, os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, as comunidades de bens, outras persoas xurídicas, as entidades locais e as comunidades de montes veciñais en man común (en diante, CMVMC), que cumpran o establecido no punto 1. Para as actuacións incluídas no artigo 5.1.a).3º (axudas para as accións silvícolas de prevención dos danos causados nas masas de coníferas por enfermidades fúnxicas defoliadoras), tamén poderán ser beneficiarias as fundacións inscritas no Rexistro de Fundacións de Interese Galego adscrito á Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

3. Os beneficiarios deben cumprir os requisitos establecidos nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. As CMVMC deberán estar legalmente constituídas e regulamentariamente inscritas no Rexistro Provincial de CMVMC, de acordo co disposto no artigo 57 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, para poder acceder a estas subvencións e cumprir co disposto no artigo 125 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e no Decreto 23/2016, do 25 de febreiro, polo que se regula o reinvestimento dos ingresos obtidos polas CMVMC en actuacións de mellora e protección forestal, como moi tarde o día en que remate o prazo de solicitude da axuda.

5. As agrupacións forestais de xestión conxunta deberán ter a inscrición definitiva no Rexistro de Agrupacións Forestais de Xestión Conxunta, como moi tarde o día en que remate o prazo de solicitude da axuda. As fundacións deben ter a inscrición definitiva no Rexistro de Fundacións de Interese Galego adscrito á Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, tamén como moi tarde o día en que remate o prazo de solicitude da axuda.

6. Non poderán ser beneficiarias aquelas empresas que entren dentro da categoría de empresas en crise, de acordo coa definición do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e en zonas rurais compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea. Unha empresa está en crise cando concorre polo menos unha das seguintes circunstancias:

a) Tratándose dunha sociedade de responsabilidade limitada, cando desaparecese máis da metade do seu capital social subscrito como consecuencia das perdas acumuladas, circunstancia que sucede cando a dedución das perdas acumuladas das reservas (e de todos os demais elementos que se adoitan considerar fondos propios da sociedade) conduce a un importe acumulativo negativo superior á metade do capital social subscrito.

b) Tratándose dunha sociedade na cal polo menos algúns socios teñen unha responsabilidade ilimitada sobre a débeda da sociedade, cando desaparecese polas perdas acumuladas máis da metade dos seus fondos propios que figuran na súa contabilidade.

c) Cando a empresa estea inmersa nun procedemento de quebra ou insolvencia ou reúna os criterios establecidos legalmente para ser sometida a un procedemento de quebra ou insolvencia por pedimento dos seus acredores.

As pemes con menos de tres anos de antigüidade non se considerarán empresa en crise, salvo que cumpran a condición establecida na letra c).

Para verificar o cumprimento deste requisito, as empresas solicitantes deberán declarar na solicitude que non se encontran en situación de crise conforme a normativa comunitaria.

7. Non poderán ser beneficiarias aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

Artigo 4. Intensidade da axuda

A intensidade da axuda para estas actuacións será do 100 %, salvo para as actuacións incluídas no artigo 5.1.a).3º (axudas para as accións silvícolas de prevención dos danos causados nas masas de coníferas por enfermidades fúnxicas defoliadoras), que será do 80 %. Calcularase a axuda sobre o custo real subvencionable do investimento determinado no correspondente proxecto técnico ou no documento descritivo das actuacións recollido no anexo IV, segundo o caso e tendo en conta o anexo XII, en que figura o cadro de importes máximos subvencionables por cada tipo de actuación.

Artigo 5. Actuacións obxecto da axuda

1. Os tipos de actuacións subvencionables son as seguintes:

a) Liña I (axudas para realizar tratamentos silvícolas preventivos de incendios forestais):

1º. Desmestas en masas estables de coníferas con diámetro normal medio da masa antes da actuación inferior a 15 cm e cunha densidade inicial de 2.000 pés/ha ou superior, nas cales poderán existir, nun máximo do 20 % da superficie, bosquetes ocupados por especies frondosas do anexo I da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, que se deberán respectar e actuar neles (roza, desmesta e poda).

No caso das desmestas en masas de coníferas con diámetro normal medio da masa antes da actuación inferior a 15 cm, deben acadar unha densidade final entre 800 e 1.200 pés/ha; porén, no caso das masas de piñeiro silvestre (Pinus sylvestris) e de piñeiro negro de montaña (Pinus uncinata), as densidades máximas desta epígrafe poderanse incrementar nun 30 %.

Tamén é elixible a trituración dos restos, picadura ou extracción para o seu aproveitamento como biomasa. Porén, non se poderá solicitar a trituración dos restos, a picadura nin a extracción para o seu aproveitamento como biomasa no caso de que a desmesta se realice totalmente de forma sistemática e mecanizada, salvo que os restos que se obteñan despois do tratamento permitan o seu aproveitamento como biomasa.

No caso de masas estables de coníferas con diámetro normal medio da masa antes da actuación inferior a 15 cm e cunha densidade inicial de 2.000 pés/ha ou superior, en que hai máis de 3 anos se fixo unha desmesta en rúa, será elixible a desmesta de entre rúas, e deberase rozar a rúa e realizar a desmesta ata acadar unha densidade final entre 800 e 1.200 pés/ha e a trituración dos restos, ou extracción para o seu aproveitamento como biomasa.

As superficies que, conforme os puntos c), d), e) e g) do anexo II da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, deberían estar ocupadas por especies frondosas do anexo I da lei e sexan lindeiras coas superficies de desmestas en masas estables de coníferas deberanse rozar na súa totalidade respectando os pés existentes de especies frondosas do anexo I da lei.

2º. Rozas e podas en masas de coníferas, dirixidas á creación de descontinuidade tanto horizontal como vertical en masas de coníferas.

Respecto das rozas, despois do tratamento a totalidade da superficie de actuación deberá estar rozada e a altura do mato despois da roza non pode superar os 10 cm de altura.

Respecto das podas en masas de coníferas, serán ata unha altura mínima de 2 metros e máxima de 4 metros e cunha densidade final máxima da masa despois de realizar os traballos de 1.200 pés/ha e mínima de 500 pés/ha. Esta actuación é compatible con podas naturais e podas realizadas con anterioridade en masas onde se realizase un realce co obxectivo de guiar o desenvolvemento normal da árbore e limitada aos primeiros verticilos. No caso das masas de piñeiro silvestre (Pinus sylvestris) e piñeiro negro de montaña (Pinus uncinata), as densidades máximas desta epígrafe poderanse incrementar nun 30 %.

Tamén é elixible a trituración de restos de poda, picadura ou extracción para o seu aproveitamento como biomasa.

Ademais, dentro desta epígrafe terá que solicitarse obrigatoriamente a poda, e poderanse solicitar sobre a mesma superficie as rozas, sempre que a altura do mato a faga necesaria. Despois do tratamento, e co fin de garantir a creación de descontinuidade horizontal e vertical, a altura do mato existente na totalidade da superficie obxecto de axuda non pode superar os 50 cm de altura, excepto no caso de solicitar a roza, que non poderá superar os 10 cm.

Despois do tratamento, na superficie obxecto de axuda non poderán existir pés puntuais de eucalipto (Eucaliptus sp.) nin de acacia negra (Acacia melanoxylon), mimosa (Acacia dealbata) e/ou falsa acacia (Robinia pseudoacacia).

As superficies que, conforme os puntos c), d), e) e g) do anexo II da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, deberían estar ocupadas por especies frondosas do anexo I da lei e sexan lindeiras coas superficies de podas en masas de coníferas deberan rozarse na súa totalidade respectando os pés existentes de especies frondosas do anexo I da lei.

3º. Accións silvícolas de prevención dos danos causados nas masas de coníferas por enfermidades fúnxicas defoliadoras. Tratamentos preventivos de danos producidos por enfermidades fúnxicas en masas estables de piñeirais de piñeiro do país (Pinus pinaster), piñeiro insigne (Pinus radiata) e piñeiro laricio (Pinus nigra) de idade inferior a 25 anos e con defoliación inferior ao 75 %.

4º. Rozas en masas de coníferas (piñeirais) dirixidas á creación de descontinuidade tanto horizontal como vertical. Serán elixibles as masas de piñeiro do país (Pinus pinaster) e de piñeiro insigne (Pinus radiata) en montes ou terreos forestais que conten con instrumento de ordenación ou xestión forestal inscrito no Rexistro de Montes Ordenados cuxos obxectivos a nivel de cuartel inclúan o aproveitamento de resina ou adhesión ao modelo silvícola PMR, que recolle como especies principais as indicadas, consonte o establecido no Decreto 52/2014, do 16 de abril, polo que se regulan as instrucións xerais de ordenación e de xestión de montes de Galicia, e a Orde do 19 de maio de 2014 pola que se establecen os modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos e referentes de boas prácticas forestais para os distritos forestais de Galicia.

Respecto das rozas, despois do tratamento, a totalidade da superficie de actuación deberá estar rozada e a altura do mato despois da roza non pode superar os 10 cm de altura.

b) Liña II (axudas para tratamentos silvícolas –rareos, desmestas, podas, cortas de formación, rozas, etc.– e plantacións puntuais de determinadas árbores, directamente vinculadas ao incremento dos valores ecolóxicos dos bosques). Ao ser esta liña de axudas unha medida con obxectivos ambientais e non produtivos, as actuacións elixibles que se detallan a continuación non conducirán a un aumento significativo no valor ou rendibilidade da explotación forestal:

1º. Tratamentos silvícolas en masas de frondosas caducifolias, sobreiras e aciñeiras con diámetro normal medio da masa inferior aos 30 cm, considerando como tales aquelas cun mínimo dun 80 % de superficie ocupada por frondosas caducifolias, sobreiras e aciñeiras, e cunha densidade mínima destas de 400 pés/ha e altura media superior a 1,5 m.

Nesta epígrafe son elixibles a roza, a formación de guías en que se manifeste nitidamente a dominancia apical e/ou poda ata 1/3 da altura como mínimo, e selección de abrochos e os rareos.

Despois do tratamento, na superficie obxecto de axuda non existirán pés de eucalipto (Eucaliptus sp.).

Por outra banda, no caso de existencia de pés de acacia negra (Acacia melanoxylon), mimosa (Acacia dealbata) e/ou falsa acacia (Robinia pseudoacacia), estes deberanse eliminar antes de rematar o tratamento.

Así mesmo, dentro desta epígrafe poderanse solicitar e acumular as súas accións sobre unha mesma superficie, sempre que o importe por hectárea non supere os 2.212 € sen incluír os custos de redacción de proxecto e o cartel.

2º. Rexeneración e/ou mellora de soutos cunha densidade mínima de 50 pés/ha.

Nesta epígrafe son elixibles as rozas, as podas, os tratamentos fitosanitarios para a conservación e mellora dos soutos, e o aumento da densidade dos soutos mediante a plantación de castiñeiro resistente á tinta.

Tamén dentro deste epígrafe poderán solicitarse e acumularse diferentes actuacións sobre unha mesma superficie, sempre que o importe por hectárea non supere os 1.544 € sen incluír os custos de redacción de proxecto e o cartel.

2. As actuacións indicadas nas liñas I e II non poderán obter axuda sobre unha mesma superficie.

3. Poderanse subvencionar os honorarios de redacción do proxecto, logo de solicitude, segundo o tope por hectárea indicado no anexo XII dos importes máximos de traballos, e só naqueles casos onde é obrigatoria a súa presentación.

4. Non serán elixibles as actuacións realizadas en superficies sobre as cales se concedeu subvención nos 5 anos anteriores á presente convocatoria, excepto no caso de traballos de control selectivo do combustible (MR651A), que se limitará aos 3 anos anteriores. O cómputo dos anos farase con respecto ao ano de concesión da axuda (concesión de axuda no ano 2017, no caso de 5 anos; e concesión de axuda no ano 2019, no caso de 3 anos). A dita limitación non será de aplicación nas actuacións incluídas no artigo 5.1.a).3º (axudas para as accións silvícolas de prevención dos danos causados nas masas de coníferas por enfermidades fúnxicas defoliadoras).

5. Tampouco serán elixibles as actuacións que por disposicións legais sexan obrigatorias.

6. O IVE non é subvencionable.

Artigo 6. Superficies forestais mínimas e máximas e investimentos mínimos para solicitar axudas, e superficies excluídas

1. Superficie mínima:

a) Para todos os solicitantes, con excepción das Sofor, as agrupacións legalmente constituídas e dos propietarios particulares de xeito individual, a superficie mínima de actuación por solicitude será de 3 hectáreas nun ou varios coutos redondos e sempre e cando a superficie mínima de cada couto sexa de 1 hectárea.

b) Para propietarios particulares de xeito individual, a superficie de actuación mínima por solicitude será de 1 hectárea por couto redondo.

c) No caso das agrupacións legalmente constituídas e Sofor, a superficie mínima de actuación será de 1 hectárea, distribuída en non máis de 3 coutos redondos por solicitude de axuda.

d) Para as actuacións incluídas no artigo 5.1.a).3º (axudas para as accións silvícolas de prevención dos danos causados nas masas de coníferas por enfermidades fúnxicas defoliadoras) a superficie mínima de actuación por solicitude será de 12 hectáreas, independentemente do tipo de solicitante.

2. Superficie máxima:

Agás para as as actuacións incluídas no artigo 5.1.a).3º (axudas para as accións silvícolas de prevención dos danos causados nas masas de coníferas por enfermidades fúnxicas defoliadoras), as superficies máximas para solicitar axudas serán as seguintes:

a) Para todos os solicitantes, a superficie máxima de actuación por solicitude será de 50 hectáreas nun ou varios coutos redondos, e sempre e cando a superficie mínima de cada couto sexa de 1 hectárea, excepto no caso das Sofor e das agrupacións legalmente constituídas, que poderán ter coutos redondos inferiores a 1 hectárea.

3. Investimentos mínimos para as actuacións incluídas no artigo 5.1.a).3º (axudas para as accións silvícolas de prevención dos danos causados nas masas de coníferas por enfermidades fúnxicas defoliadoras):

a) Para todos os solicitantes, o investimento mínimo previsto por solicitude será de 1.000 euros.

4. En todos os casos a continuidade superficial do couto redondo non se verá interrompida pola existencia de barreiras naturais ou artificiais.

5. Superficies excluídas:

a) Excluiranse da superficie de actuación os encravados de extensión igual ou superior a 500 m2, pistas, estradas, etc.

b) En superficies en concentración parcelaria en execución soamente poden ser aprobadas as axudas solicitadas en superficies en que o acordo de concentración parcelaria sexa firme antes do remate do prazo de solicitude destas axudas. Non obstante, poderanse aprobar as axudas nos casos en que, non sendo firme o acordo, o servizo provincial responsable das infraestruturas agrarias emita un certificado en que indique o nome do propietario e a manifestación de que o dito predio non vai cambiar.

c) As superficies incluídas nun proceso iniciado de expropiación forzosa non se poderán beneficiar destas axudas.

d) No caso de existiren valores singulares de tipo xeolóxico, edáfico, botánico, faunístico, histórico, literario e paisaxístico, delimitarase a súa localización e zona de influencia e excluiranse da superficie de actuación.

e) Para as actuacións incluídas no artigo 5.1.a).3º (axudas para as accións silvícolas de prevención dos danos causados nas masas de coníferas por enfermidades fúnxicas defoliadoras) excluiranse da superficie de actuación as zonas de exclusión ou búfer cuxos límites se indican no anexo VIII.

Artigo 7. Condicións técnicas xerais

1. No anexo VIII figuran as instrucións técnicas que deben cumprir as actuacións polas cales se solicita axuda. Para as actuacións incluídas no artigo 5.1.a).3º (axudas para as accións silvícolas de prevención dos danos causados nas masas de coníferas por enfermidades fúnxicas defoliadoras) figuran o número de tratamentos e os intervalos de aplicación, polas cales se solicita axuda.

2. Nos terreos obxecto de solicitude de axuda deberá cumprirse, en todo caso, o disposto na Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e no seu desenvolvemento. Ademais, as actuacións elixibles deberán ter compatibilidade co Plan de protección forestal englobado dentro do Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga).

3. Todos os solicitantes destas axudas, no momento de solicitude da axuda, deberán ter adhesión aos modelos silvícolas, consonte o establecido no Decreto 52/2014, do 16 de abril, polo que se regulan as instrucións xerais de ordenación e de xestión de montes de Galicia, e a Orde do 19 de maio de 2014 pola que se establecen os modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos e referentes de boas prácticas forestais para os distritos forestais de Galicia (procedemento MR627D), que no caso das actuacións incluídas no artigo 5.1.a).3º (axudas para as accións silvícolas de prevención dos danos causados nas masas de coníferas por enfermidades fúnxicas defoliadoras) deberán ser os modelos silvícolas PP1, PP2, PP3, PR1, PR2, PR3, PMR e PN1, e no caso das actuacións incluídas no artigo 5.1.a).4º deberá ser o modelo PMR, coa seguinte excepción:

– Se a persoa solicitante dispón dun instrumento de ordenación ou de xestión forestal inscrito no Rexistro de Montes Ordenados, é suficiente con que na solicitude de axuda faga referencia a esta circunstancia.

4. Características da planta empregada: as partidas de planta empregada deberán cumprir cos seguintes requirimentos:

i) Etiquetaxe e documento provedor expedido polo ente provedor de material forestal de reprodución consonte o Real decreto 289/2003, do 7 de marzo, sobre comercialización dos materiais forestais de reprodución, e a súa modificación recollida no Real decreto 1220/2011, do 5 de setembro.

ii) Os entes provedores de material forestal de reprodución que teñan expedidos os ditos documentos provedores, e con sede social en Galicia, deberán ter presentado correctamente a súa declaración anual de material forestal de reprodución da campaña 2020/2021 mediante o modelo MR621K, establecido para tal efecto na sede electrónica da Xunta de Galicia.

iii) Os entes provedores de material forestal de reprodución que teñan expedidos os ditos documentos provedores deberán xuntar unha declaración responsable en que certifiquen que o dito material forestal de reprodución cumpre cos requirimentos establecidos polo Decreto 220/2007, do 15 de novembro, polo que se crea o sistema oficial para o control da produción e comercialización dos materiais forestais de reprodución, en materia de calidade exterior.

iv) Pasaporte fitosanitario do material forestal de reprodución consonte a lexislación vixente en materia de sanidade vexetal. A produción e a comercialización do material forestal de reprodución poderá proceder de calquera persoa provedora da Unión Europea, salvo que por motivos de sanidade vexetal a consellería competente no medio rural estableza medidas preventivas.

5. En cumprimento do establecido no artigo 45 do Regulamento (UE) nº 1305/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, as operacións de investimento Feader irán precedidas dunha avaliación de impacto ambiental, conforme a lexislación vixente. Neste suposto, no caso de que o investimento requira unha avaliación de impacto ambiental, esta realizarase conforme o establecido na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental. O solicitante deberá acreditar a súa dispoñibilidade en sentido favorable e autorizar a Consellería do Medio Rural para recibir copia do informe para os efectos de tramitación da solicitude, especialmente no caso de terreos en Rede Natura 2000; quedan exceptuadas da dita obriga as superficies que conten cun instrumento de ordenación ou xestión forestal inscrito no Rexistro de Montes Ordenados cuxa actuación estivese incluída no seu plan especial, toda vez que os ditos informes xa foron obtidos, polo que neste caso o solicitante deberá indicar, por escrito, esta circunstancia. Ademais, o solicitante deberá cumprir a normativa en materia de avaliación de impacto ambiental, en aplicación da Directiva 2011/92/UE, do Parlamento Europeo e do Consello, do 13 de decembro de 2011, relativa á avaliación das repercusións de determinados proxectos públicos e privados sobre o ambiente, e conforme o disposto na normativa de axudas de Estado, en concreto, na Lei 21/2013, se for de aplicación.

6. Os terreos obxecto de solicitude de axuda, no momento da solicitude da axuda, deberán ter instrumento de ordenación ou xestión forestal inscrito no Rexistro de Montes Ordenados e as accións solicitadas deben estar previstas nel, ou adhesión aos modelos silvícolas, consonte o establecido no Decreto 52/2014, do 16 de abril, polo que se regulan as instrucións xerais de ordenación e de xestión de montes de Galicia, e a Orde do 19 de maio de 2014 pola que se establecen os modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos e referentes de boas prácticas forestais para os distritos forestais de Galicia (procedemento MR627D), e as actuacións solicitadas deberán ser coherentes co dito modelo.

7. Nos montes ou terreos forestais inscritos no Rexistro de Montes Ordenados, ao abeiro do establecido no artigo 126 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, só poderán ser obxecto de axudas aquelas actuacións recolliadas nos plans especiais en vigor, agás que os ditos montes estean baixo un sistema de certificación forestal internacionalmente recoñecido ou a persoa titular achegue unha declaración responsable onde certifique que foi executado ou, de ser o caso, que se compromete a executar un mínimo do 70 % das actuacións previstas no plan especial. Se tras os posibles controis administrativos nos seguintes 5 anos se demostra que non se acadou a dita porcentaxe, tramitarase o correspondente expediente de reintegro, toda vez que o dito incumprimento será unha das causas xustificadas para tramitar o devandito expediente.

8. Para as actuacións incluídas no artigo 5.1.a).3º (axudas para as accións silvícolas de prevención dos danos causados nas masas de coníferas por enfermidades fúnxicas defoliadoras), o período para a aplicación dos tratamentos preventivos abrangue desde o 1 de abril ata o 29 de xullo (120 días), ambos incluídos, segundo o indicado no artigo 18, punto 2, da presente orde.

Artigo 8. Condicións técnicas para a redacción do proxecto das actuacións

1. No anexo IX figuran as instrucións do formato da información do proxecto en soporte dixital e vectorial, que se debe presentar xunto coa solicitude de axuda e demais documentos.

2. No proxecto, coas actuacións, deberá figurar como mínimo o seguinte:

a) Estado legal do predio obxecto de solicitude de axuda: superficie, localización, estremeiros, accesos...

b) Descrición das actuacións para levar a cabo.

c) Especies, densidade final, quenda da especie...

d) Indicación segundo o visor http://mapas.xunta.gal/visores/aproveitamentos/ se existe algunha afección, de que afección se trata e localización das parcelas afectadas, agás para actuacións xa contidas nos instrumentos de ordenación ou xestión forestal inscritos no Rexistro de Montes Ordenados, para o cal deberá indicar a dita casuística.

e) Orzamento, de acordo coa norma UNE 157001 de xuño 2014, Criterios xerais para a elaboración formal dos documentos que constitúen un proxecto técnico.

f) Cartografía: planos sobre mapas oficiais. A planimetría do proxecto presentarase xeorreferenciada en coordenadas UTM, fuso 29, con referencia ao datum ETRS89, e terá que ser achegada en soporte dixital en formato vectorial, en formato shape (shp), obtido a partir dun plano de escala mínima 1:10.000 e preferentemente 1:5.000. Indicarase claramente o ano do Sixpac respecto do cal se toman os datos. No caso de instrumento de ordenación indicaranse os rodais e cantóns de ordenación.

As agrupacións de propietarios terán que incluír nos planos unha referencia que permita coñecer cal é a superficie con que participa cada membro da agrupación, agás no caso de sociedades de fomento forestal inscritas no Rexistro de Sodor (Rsofor).

Nos planos presentados deberá reflectirse indubidablemente onde se localizan os distintos tratamentos que se van efectuar na mesma parcela, e terán que aparecer na correspondente táboa de atributos os datos de tipo e superficie de actuación de cada recinto, segundo a táboa número 1 do anexo IX.

g) Estudo básico de seguridade e saúde.

h) Prego de condicións técnicas: de acordo coas normas de redacción de proxectos.

3. No caso das actuacións incluídas no artigo 5.1.a).3º (axudas para as accións silvícolas de prevención dos danos causados nas masas de coníferas por enfermidades fúnxicas defoliadoras) non será preciso xuntar a solicitude dun proxecto e deberá cubrirse o documento descritivo das actuacións recollido no anexo IV.

Artigo 9. Compromisos

1. Respecto do mantemento e conservación das masas sobre as cales se realizaron as actuacións:

a) O beneficiario da axuda comprométese a manter a masa, incluído o cartel identificativo, conforme as condicións de aprobación da axuda, e a conservalos durante un mínimo de cinco anos contados desde a data da solicitude de pagamento da axuda, e no caso de ter instrumento de ordenación ou xestión forestal inscrito no Rexistro de Montes Ordenados será a quenda da especie indicada no proxecto, así como a devolver o diñeiro percibido e os seus xuros legais se o bosque é danado ou destruído por descoido, neglixencia, cambio de uso ou falta de coidados silvícolas por parte do solicitante. Tamén se compromete, nos cinco anos contados desde a data da solicitude de pagamento da axuda, a manter as condicións para obter a puntuación aplicada na concorrencia competitiva para a aprobación dos expedientes.

b) No caso de fundacións, sociedades e agrupacións de propietarios legalmente constituídas, comunidades de bens, proindivisos, proindivisos legalmente constituídos, montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, todos os seus membros se comprometen a cumprir todos os compromisos e obrigas establecidos nesta orde, así como na demais normativa concorrente. A responsabilidade do bo fin da actuación será exixible a cada propietario segundo a lexislación aplicable en cada caso. Todos os membros integrantes se comprometen a levar unha xestión conxunta da masa durante un mínimo de cinco anos, contados a partir da data de pagamento da axuda.

2. Se unha vez efectuada a solicitude e antes da aprobación o terreo for obxecto dun incendio forestal ou queima do mato, o beneficiario deberá comunicarllo inmediatamente, por escrito, ao servizo provincial responsable dos recursos forestais, co obxecto de adecuar a memoria descritiva das actuacións á nova realidade física do terreo antes do inicio dos traballos.

3. No caso de abandono ou destrución da masa por calquera causa, agás forza maior allea ao beneficiario, suspenderanse todas as axudas pendentes ata que sexa restaurada a superficie abandonada ou destruída, total ou parcialmente, sen prexuízo dos compromisos adquiridos e das responsabilidades que deriven. O solicitante estará obrigado a comunicar no prazo máximo dun mes os feitos e circunstancias que provocaron a destrución da totalidade ou de parte da masa.

4. O beneficiario comprométese en todo momento a facilitarlle as tarefas de inspección ao persoal adscrito á consellería competente no medio rural nas materias relacionadas nesta orde.

5. Nas superficies de actuación todos os beneficiarios se comprometen a cumprir co establecido no Manual de boas prácticas na xestión forestal sustentable. Este aspecto verificarase na comprobación final e o seu incumprimento pode dar lugar á revogación da axuda concedida segundo se resolva o correspondente acordo de inicio de perda de dereito. Así mesmo, nos montes conveniados que formen parte do Sistema de xestión forestal sustentable da Xunta de Galicia, os beneficiarios das axudas comprométense a cumprir co establecido no Manual de boas prácticas na xestión forestal sustentable.

6. No caso de cesións de pagamento, o titular da conta bancaria debe coincidir co cesionario e comprométese a manter a conta aberta ata o final do proceso de xestión da axuda.

7. En todos os casos, e para calquera tipo de titular, o persoal que executou os traballos deberá estar dado de alta no réxime xeral da Seguridade Social e poderáselle solicitar en calquera momento que verifique que cumpre o devandito requisito. Ademais, as empresas executoras deberán estar inscritas no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor).

Artigo 10. Distribución do crédito e prioridades

1. Distribución do crédito.

a) Resérvanse as seguintes porcentaxes da dispoñibilidade orzamentaria indicada no artigo 22, punto 1.a) e b), segundo o tipo de beneficiario:

a.1. Propietarios particulares de xeito individual: 10 %.

a.2. Fundacións, asociacións e agrupacións de propietarios particulares, cooperativas agrarias, proindivisos, os proindivisos legalmente constituídos, comunidades de bens, montes de varas, Sofor e outras persoas xurídicas: 45 %.

a.3. CMVMC: 45 %.

Para entidades locais resérvase o 100 % da dispoñibilidade orzamentaria indicada no artigo 22, punto 1.c).

b) Dentro de cada tipo de beneficiario, excepto para entidades locais, segundo o tipo de traballo, distribúese o crédito do seguinte xeito:

b.1. Actuacións incluídas no artigo 5.1.a).1º (desmestas en masas estables de coníferas con diámetro normal medio da masa inferior a 15 cm): 3.810.000 €.

b.2. Actuacións incluídas no artigo 5.1.a).2º (rozas e podas en masas de coníferas): 4.500.000 €.

b.3. Actuacións incluídas no artigo 5.1.a).3º (axudas para as accións silvícolas de prevención dos danos causados nas masas de coníferas por enfermidades fúnxicas defoliadoras): 490.000 €.

b.4. Actuacións incluídas no artigo 5.1.a).4º (rozas en masas de coníferas (piñeiros): 200.000 €.

b.5. Actuacións incluídas no artigo 5.1.b).1º (tratamentos silvícolas de masas de frondosas caducifolias, sobreiras e aciñeiras con diámetro normal medio inferior a 30 cm): 2.000.000 €.

b.6. Actuacións incluídas no artigo 5.1.b).2º (rexeneración e/ou mellora de soutos): 2.000.000 €.

c) Para entidades locais o crédito distribúese do seguinte xeito:

– 20.000 € para actuacións incluídas no artigo 5.1.a).1º (desmestas en masas estables de coníferas con diámetro normal medio da masa inferior a 15 cm).

– 32.000 € para actuacións incluídas no artigo 5.1.a).2º (rozas e podas en masas de coníferas).

– 10.000 € para actuacións incluídas no artigo 5.1.a).3º (axudas para as accións silvícolas de prevención dos danos causados nas masas de coníferas por enfermidades fúnxicas defoliadoras).

– 10.000 € para actuacións incluídas no artigo 5.1.a).4º (rozas en masas de coníferas (piñeiros).

– 24.000 € para actuacións incluídas no artigo 5.1.b).1º (tratamentos silvícolas de masas de frondosas caducifolias, sobreiras e aciñeiras con diámetro normal medio inferior a 30 cm).

– 24.000 € para actuacións incluídas no artigo 5.1.b).2º (rexeneración e/ou mellora de soutos).

2. Establecerase unha orde de prioridade segundo a seguinte prelación e liña de axuda (I ou II), tendo en conta que a data de referencia á hora de computar os méritos será a correspondente ao derradeiro día de presentación de solicitudes. As solicitudes presentadas ordenaranse, segundo a liña de axuda, de acordo cos criterios de prioridade indicados na seguinte epígrafe, e aprobaranse os proxectos de maior a menor puntuación ata esgotar o orzamento dispoñible:

a) CMVMC con investimentos de máis dun 40 % dos seus ingresos no último exercicio fiscal pechado anterior á solicitude da axuda: 10 puntos.

b) CMVMC con investimentos dun 50 % a un 60 % dos seus ingresos no último exercicio fiscal pechado anterior á solicitude da axuda: 20 puntos.

c) CMVMC con investimentos de máis do 60 % dos seus ingresos no último exercicio fiscal pechado anterior á solicitude da axuda: 30 puntos.

d) Posta en valor de CMVMC: 10 puntos.

e) Por cada membro de CMVMC, sociedade ou agrupación de propietarios particulares, cooperativa agrícola, proindiviso (copropietarios), de montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, ou de comunidade de bens: 1 punto, ata un máximo de 10 puntos.

f) No caso dunha sociedade ou agrupación de propietarios legalmente constituída con xestión conxunta: 10 puntos.

g) Sociedade de fomento forestal rexistrada (Sofor): 50 puntos.

h) Monte con proxecto de ordenación ou xestión forestal inscrito no Rexistro de Montes Ordenados, ou que solicitasen a súa aprobación: 10 puntos.

i) Montes con certificación forestal co sistema PEFC ou FSC: 20 puntos.

j) Sociedade ou agrupación de propietarios en zonas de concentración parcelaria forestal: 10 puntos.

k) CMVMC sen convenio ou consorcio en toda a superficie clasificada da comunidade de montes: 30 puntos.

l) Zonas desfavorecidas (establecidas na medida 13 do PDR): 10 puntos.

m) Zonas de alto risco de incendio forestal (Orde do 18 de abril de 2007 pola que se zonifica o territorio con base no risco espacial de incendio forestal): 10 puntos.

n) Actuación en zona clasificada como Rede Natura 2000: 10 puntos.

ñ) Actuacións para realizar en montes en que existan masas consolidadas de frondosas autóctonas inscritas, ou en proceso de inscrición, no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas: 20 puntos.

o) Desmestas en masas estables de coníferas (para solicitantes da liña I): 1 punto por hectárea de actuación, ata un máximo de 40 puntos.

p) Rozas previas ás podas e podas en masas de coníferas (para solicitantes da liña I): 1 punto por hectárea de actuación, ata un máximo de 40 puntos.

q) Tratamentos silvícolas en masas de frondosas caducifolias, sobreiras e aciñeiras (para solicitantes da liña II): 6 puntos por hectárea de actuación, ata un máximo de 40 puntos.

r) Rexeneración e/ou mellora de masas de soutos (para solicitantes da liña II): 4 puntos por hectárea de actuación, ata un máximo de 40 puntos.

s) Por solicitude de propietario particular, sociedade ou agrupación de propietarios particulares, de cooperativa agrícola, do proindiviso (copropietarios), dos de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, ou da comunidade de bens: 15 puntos.

t) Por cada parcela para a cal se solicitou axuda que estea dada de alta no Rexistro da Propiedade, no caso de propietario particular, sociedade ou agrupación de propietarios particulares, de cooperativa agrícola, do proindiviso (copropietarios), dos de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, ou de comunidade de bens: 1 punto por cada parcela, ata un máximo de 10 puntos.

u) 40 puntos se as actuacións se encontran nas seguintes superficies incluídas:

– Na área demarcada establecida polo artigo 2 do Decreto 10/2011, do 28 de xaneiro, polo que se declara de utilidade pública a erradicación do organismo de corentena do nemátodo do piñeiro Bursaphelenchus xylophilus (Steiner et Buhrer) Nickle et al., e se ordenan as medidas para evitar a súa propagación (DOG nº 24, do 4 de febreiro).

– No anexo IV da Resolución do 28 de decembro de 2018, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se declara no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia a presenza de cinco novos positivos do organismo de corentena Bursaphelenchus xylophilus e se ordena comezar as medidas para a súa erradicación (DOG nº 8, do 11 de xaneiro de 2019).

– Nos puntos 1.a) e b) da Resolución do 6 de abril de 2017, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se dá publicidade ao inicio da execución de medidas fitosanitarias para a erradicación do organismo de corentena Bursaphelenchus xylophilus na zona demarcada das Neves e na franxa tampón de 20 quilómetros coa fronteira con Portugal (DOG nº 76, do 20 de abril).

3. A puntuación máxima será de 65 puntos, mentres que a mínima será de 20 puntos. En caso de empate, desempatarase polos seguintes criterios, segundo sexa o tipo de beneficiario, e na orde que se establece:

1. Situación da actuación para apoiar medidas de erradicación do organismo de corentena do nematodo do piñeiro Bursaphelenchus xylophilus.

2. Situación da actuación en zonas desfavorecidas.

3. Situación da actuación en Rede Natura 2000.

4. Actuacións para realizar en montes en que existan masas consolidadas de frondosas autóctonas inscritas, ou en proceso de inscrición, no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas.

5. Actuacións para realizar en montes inscritos no Rexistro de Montes Ordenados, ou que fose solicitada a aprobación do instrumento de ordenación ou xestión forestal.

6. Maior superficie de actuación.

7. Maior importe de subvención.

4. No caso de que unha vez priorizados os expedientes solicitados non se consuma a totalidade do importe establecido polas distintas porcentaxes de cada tipo de beneficiario e tipo de traballo na distribución do crédito detallado no punto 1, os importes sobrantes dos distintos puntos poderán pasar aos demais para facer fronte aos expedientes solicitados.

Artigo 11. Solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible (anexo I) na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. A persoa solicitante fará constar na solicitude de axuda (anexo I) se a superficie de actuación comprende zonas incluídas na Rede Natura 2000, zonas de protección lateral do Camiño de Santiago ou se está afectada pola normativa de patrimonio cultural de Galicia, conforme o Decreto 232/2008, do 2 de outubro, sobre o Inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia, e tendo en conta o disposto nas letras h) e i) do punto 1 do terceiro precepto da Instrución do 8 de novembro de 2017 relativa ao trámite de autorizacións en materia de patrimonio cultural nos bens inmobles catalogados e declarados de interese cultural, os seus contornos de protección e as zonas de amortecemento (DOG nº 231, do 5 de decembro), así como calquera outra afección segundo a lexislación sectorial vixente en materias distintas da forestal. As ditas afeccións están reflectidas no visor que figura no enderezo electrónico http://mapas.xunta.gal/visores/aproveitamentos/, agás no caso das superficies que conten cun instrumento de ordenación ou xestión forestal inscrito no Rexistro de Montes Ordenados cuxa actuación estivese incluída no seu plan especial, toda vez que os que ditos informes xa foron obtidos, polo que o solicitante deberá indicar, por escrito, a dita circunstancia.

O solicitante, de acordo coa letra c.5) do artigo 13, deberá presentar, xunto coa solicitude de axuda (anexo I), as ditas autorizacións/informes dos órganos competentes por razón da materia ou, na súa falta, a solicitude dos correspondentes autorizacións/informes presentados perante os órganos competentes, de acordo co que establece o punto 3, letra f), deste artigo. No caso de que a dita autorización/o dito informe xa conste en poder da Administración deberá indicalo no impreso de solicitude da axuda. No caso de que unha vez resolta a concesión da axuda algunha das autorizacións/informes sexa desfavorable ou sexa presentada fóra do prazo de 3 meses, contados desde a resolución de aprobación, de acordo co establecido no punto 6 do artigo 16, tramitarase o correspondente expediente de perda do dereiro ao cobramento da axuda.

3. Deberán presentar a solicitude correctamente cuberta conforme o anexo I, xunto co resto de anexos, se for necesario. Os datos da solicitude que se citan a seguir considéranse o mínimo imprescindible para a súa tramitación, polo que a inexactitude, falsidade ou omisión de calquera dos datos determinará a imposibilidade de continuar coa tramitación da subvención e dará lugar á inadmisión da solicitude, sen prexuízo das responsabilidades penais, civís ou administrativas que procederen. Estes datos son:

a) Datos da persoa solicitante (nome, apelidos, NIF e enderezo completo).

b) En todos os casos, correo electrónico ou teléfono móbil.

c) Datos do tipo de solicitante.

d) Tres ofertas de diferentes provedores, nas cales debe constar, coma mínimo: sinatura, NIF ou número do Resfor, nome e enderezo da empresa ofertante ou da persoa que asine; o nome ou razón social da persoa solicitante da axuda; a data de expedición; os conceptos ofertados e o seu importe. No caso de solicitudes acollidas ás actuacións incluídas no artigo 5.1.a).3º (axudas para as accións silvícolas de prevención dos danos causados nas masas de coníferas por enfermidades fúnxicas defoliadoras), deberán presentarse as solicitudes de tres ofertas de diferentes provedores e deberán achegarse as ofertas recibidas.

e) Número de expediente dixital da adhesión a modelos silvícolas ou de xestión forestal, excepto no caso de instrumentos de ordenación ou xestión forestal inscritos no Rexistro de Montes Ordenados ou solicitada a súa aprobación.

f) Autorizacións/Informes dos órganos competentes indicados no número 2 (incluída a solicitude de avaliación de impacto ambiental, de ser o caso) ou, na súa falta, a solicitude das correspondentes autorizacións/informes perante os órganos competentes, reflectidas no visor que figura no enderezo electrónico http://mapas.xunta.gal/visores/aproveitamentos/. No caso de solicitudes acollidas ás actuacións incluídas no artigo 5.1.a).3º (axudas para as accións silvícolas de prevención dos danos causados nas masas de coníferas por enfermidades fúnxicas defoliadoras), ao estar excluídas as superficies referidas no devandito apartado, non será preciso achegar as devanditas autorizacións/informes.

No caso de que algúns documentos das letras d), e) e f) conteña erros, precise completar algún dato ou algunha aclaración, requirirase para a súa emenda, e non dará lugar á inadmisión da solicitude, sempre en cando os documentos fosen presentados coa solicitude.

4. Para cada liña de axuda acollida ás liñas I e II soamente se poderá presentar unha solicitude por titular, ano e para os terreos que se encontren nun mesmo concello, agás no caso de que un titular teña terreos en dúas ou máis agrupacións forestais, nas cales o 50 % dos seus membros deberá ser distinto. No caso contrario, procederase de oficio a arquivar sen máis trámite as solicitudes presentadas con posterioridade á primeira. Deberase presentar unha solicitude para cada petición realizada sobre diferentes concellos.

5. Toda a información para presentar as solicitudes está dispoñible na Guía de procedementos e servizos, no enderezo https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos. Tamén se poderá acceder a través da Oficina Agraria Virtual (OAV), dispoñible no enderezo https://mediorural.xunta.gal/gl/oficina-virtual-do-medio-rural

6. A presentación da solicitude non implica ningún dereito para o peticionario mentres non exista resolución favorable á petición.

Artigo 12. Prazos

1. O prazo de presentación de solicitudes será de trinta días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

2. Os traballos solicitados na solicitude de axuda non poderán iniciarse antes da inspección previa a que se refire o artigo 17 desta orde e estarán condicionados á aprobación da axuda.

Artigo 13. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Documentación xeral:

a.1) No caso de que actúe por medio de representante, e de acordo co artigo 5.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, deberá acreditarse a representación por un medio válido en dereito que deixe constancia da súa existencia.

Entenderase acreditada a representación nos procedementos administrativos tramitados polo sector público autonómico mediante outorgamento de apoderamentos apud acta efectuados pola comparecencia persoal nas oficinas da rede regulada na dita lei, pola comparecencia electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia ou a través da acreditación da inscrición no Rexistro Electrónico Xeral de Apoderamentos de Galicia, ou no que corresponda, do poder de representación.

a.2) Acreditación da propiedade:

A propiedade acreditarase, no caso das CMVMC, mediante declaración responsable e de acordo cos datos que figuren no Rexistro Xeral de Montes Veciñais en Man Común.

No caso de montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo, mediante declaración responsable e de acordo cos datos que figuren no Rexistro de Montes de Varas, Abertais, de Voces, de Vocerío ou de Fabeo.

No caso de Sofor, mediante declaración responsable e de acordo cos datos que figuren no Rexistro de Sodor (Rsofor).

No caso de propietarios particulares de xeito individual, mediante algún dos seguintes documentos: escritura pública, privada ou documento de compravenda (en que se inclúa a relación catastral das parcelas e permita xustificar a propiedade ou outro dereito adquirido), contrato de xestión, inscrición rexistral dos predios, certificación catastral; fichas catastrais (nominais), xustificante do pagamento do IBI, ou coa inscrición como titular dunha explotación agraria no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, así como dos predios sobre os cales se solicita a axuda.

No caso de proindivisos, proindivisos legalmente constituídos, fundacións, asociacións e agrupacións de propietarios legalmente constituídas, excepto SAT e cooperativas, mediante unha copia do documento que acredite a propiedade dos terreos (só para os efectos desta orde).

No caso de agrupacións de propietarios legalmente constituídas (SAT ou cooperativas), mediante certificado do responsable do Rexistro de SAT e do responsable do Rexistro das Cooperativas de Galicia.

No caso de entidades locais, copia do documento que acredite a propiedade do terreo.

No caso de titulares non propietarios do terreo, copia do contrato de arrendamento ou de xestión cunha duración equivalente, polo menos, ao período de compromiso da axuda.

a.3) As CMVMC, as sociedades e agrupacións de propietarios particulares formalmente constituídas, cooperativas agrícolas, os proindivisos, os proindivisos legalmente constituídos, os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío, de fabeo, comunidades de bens, outras persoas xurídicas e os propietarios particulares de xeito individual que soliciten axuda para unha superficie de actuación igual ou superior a 10 hectáreas deberán presentar un proxecto (en formato PDF ou similar, e coa cartografía en soporte dixital en formato vectorial), de acordo co establecido no artigo 8, asinado con certificado dixital por unha persoa titulada en enxeñaría de Montes ou enxeñería técnica Forestal, ou titulada universitaria de grao ou posgraduado en materia forestal, e co nomeamento do director de obra. Non obstante, no caso das solicitudes acollidas ás actuacións incluídas no artigo 5.1.a).3º (axudas para as accións silvícolas de prevención dos danos causados nas masas de coníferas por enfermidades fúnxicas defoliadoras), non será preciso achegar o devandito proxecto e no seu lugar deberá cubrirse o documento descritivo de actuacións recollido no anexo IV, que irá acompañado dunha declaración responsable e dun anexo fotográfico con fotografías xeorreferenciadas consonte o establecido no artigo 17.

a.4) En todos os casos o solicitante deberá presentar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, nas cales figurarán detalladas as actuacións que se deberán realizar (desagregación de todas as actuacións polas cales se solicita axuda por custos unitarios de unidades de obra, incluído o cartel publicitario, se for o caso). A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía, e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis favorable, e non se admitirán as ofertas que procedan de empresas vinculadas entre elas nin coa persoa solicitante da axuda, nos termos establecidos no artigo 42 do Código de comercio. Estas ofertas deberán estar asinadas e incluír, como mínimo, o NIF, nome e enderezo da empresa ofertante, o nome ou razón social da persoa solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados. Así mesmo, as empresas e persoas individuais que sexan responsables deses orzamentos deberán estar inscritas no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor). Por outra banda, non poderá haber vinculación entre o solicitante da axuda e calquera dos ofertantes e, en referencia ao artigo 27.7.d), da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en ningún caso poderá concertar o beneficiario a execución das actividades subvencionadas con persoas ou entidades vinculadas co dito beneficiario. Para estes efectos, consideraranse persoas ou entidades vinculadas aquelas que se encontren nalgúns dos casos establecidos no artigo 18 da Lei 27/2014, do 27 de novembro, do imposto sobre sociedades. No caso das solicitudes acollidas ás actuacións incluídas no artigo 5.1.a).3º (axudas para as accións silvícolas de prevención dos danos causados nas masas de coníferas por enfermidades fúnxicas defoliadoras), no suposto de solicitar ofertas a un mínimo de tres provedores e que algún deles non conteste a dita solicitude, deberase presentar unha declaración responsable de non ter obtivo contestación á súa solicitude.

a.5) Número de expediente dixital da adhesión aos modelos silvícolas, excepto no caso de instrumentos de ordenación ou xestión forestal inscritos no Rexistro de Montes Ordenados ou en proceso de aprobación.

a.6) Declaración responsable da clasificación urbanística das parcelas para as cales se solicita a axuda e localización nos planos do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) ou nas normas subsidiarias ou no plan básico autonómico de Galicia (PBA, Decreto 83/2018, do 26 de xullo, DOG nº 162, do 27 de agosto) das ditas parcelas. No caso dunha afección distinta da forestal (Camiño de Santiago, patrimonio, dominio público hidráulico, etc.), farase constar tamén nesta declaración responsable, agás para actuacións incluídas en instrumentos de ordenación ou xestión forestal inscritos no Rexistro de Montes Ordenados, e o solicitante deberá facer constar a dita circunstancia.

b) Documentación específica:

b.1) Para fundacións inscritas no Rexistro de Fundacións de Interese Galego adscrito á Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, asociacións ou agrupacións formalmente constituídas inscritas no Rexistro Xeral de Asociacións da Xunta de Galicia, presentarán o anexo II ou acordo de cesión asinado por todos e cada un dos compoñentes da agrupación. A asociación ou agrupación deberá estar inscrita no Rexistro Xeral de Asociacións da Xunta de Galicia na data do remate do prazo de presentación da solicitude de axuda.

b.2) Para os proindivisos, os proindivisos legalmente constituídos, montes de varas, fabeo, de vocerío, de voces, abertais e comunidades de bens, presentarán asinado o anexo III, Acordo de compromisos e obrigas, por todos e cada un dos seus compoñentes, e deberán presentar a acreditación da persoa física que as representa.

b.3) No caso de propietarios particulares de xeito individual que soliciten axuda para unha superficie de actuación inferior a 10 hectáreas, documento descritivo das actuacións ou anexo IV.

c) Documentación complementaria:

c.1) No caso de CMVMC: certificado do acordo tomado en asemblea xeral, asinado polo secretario, co visto e prace do presidente, conforme autorizan que o presidente da CMVMC solicite axudas á Consellería do Medio Rural para a execución das accións obxecto da solicitude.

c.2) No caso de cooperativas agrarias: certificado do responsable do rexistro conforme se encontra inscrita e anexo V debidamente cuberto.

c.3) No caso doutras entidades xurídicas (asociacións, agrupacións, Sofor etc.): certificado do responsable do rexistro conforme se encontra inscrita e anexo V debidamente cuberto.

c.4) No caso de propietarios particulares, sociedade ou agrupación de propietarios particulares, de cooperativa agrícola, do proindiviso (copropietarios), do proindiviso legalmente constituído, de montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, ou de comunidades de bens que teñan parcelas inscritas no rexistro da propiedade, e unicamente para os efectos de desempate na puntuación da orde de prioridade, deberán presentar copia de documento que acredite as parcelas inscritas no Rexistro da Propiedade.

c.5) Autorizacións/Informes dos órganos competentes indicados no artigo 11, número 2 (incluída solicitude de avaliación de impacto ambiental, de ser o caso), agás en superficies que conten cun instrumento de ordenación ou xestión forestal inscrito no Rexistro de Montes Ordenados cuxa actuación estivese incluída no seu plan especial, toda vez que os ditos informes xa foron obtidos:

c.5.1) Autorización/Informe do órgano competente en que se indicaque que os traballos obxecto de solicitude de axuda teñen actuacións en zona clasificada como Rede Natura 2000 ou, na súa falta, a solicitude dos correspondentes autorizacións/informes perante o dito órgano competente.

c.5.2) Autorización/Informe do órgano competente en que se indicaque que a superficie obxecto de solicitude de axuda comprende zona de protección lateral do Camiño de Santiago ou, na súa falta, a solicitude das correspondentes autorizacións/informes perante o devandito órgano competente.

c.5.3) Autorización/Informe do órgano competente en que se indique que a superficie obxecto de solicitude de axuda está afectada pola normativa de patrimonio cultural de Galicia conforme o Decreto 232/2008, do 2 de outubro, e tendo en conta o disposto nas letras h) e i) do punto 1 do terceiro precepto da Instrución do 8 de novembro de 2017, relativa ao trámite de autorizacións en materia de patrimonio cultural nos bens inmobles catalogados e declarados de interese cultural, os seus contornos de protección e as zonas de amortecemento (DOG nº 231, do 5 de decembro), así como calquera outra afección segundo a lexislación sectorial vixente en materias distintas da forestal ou, na súa falta, a solicitude das correspondentes autorizacións/informes perante o devandito órgano competente.

c.5.4) Autorización/Informe do órgano competente en que se indique que os traballos obxecto de solicitude de axuda precisan avaliación de impacto ambiental ou, na súa falta, a solicitude dos correspondentes autorizacións/informes perante o devandito órgano competente.

C.6) No caso das entidades locais: certificado do secretario municipal conforme foi informou a comisión de goberno da solicitude de axuda.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se debe presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

5. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada. De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada a súa achega.

Artigo 14. Comprobación de datos

1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta, excepto no caso de entidades locais:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) NIF da entidade solicitante.

c) DNI/NIE da persoa representante (de ser o caso).

d) DNI/NIE da persoa cesionaria (de ser o caso).

e) NIF da entidade cesionaria (de ser o caso).

f) DNI/NIE da persoa representante da persoa cesionaria (de ser o caso).

g) Estar ao día no pagamento coa Seguridade Social a persoa solicitante e, de ser o caso, a persoa cesionaria.

h) Estar ao día no pagamento de obrigas tributarias (AEAT) a persoa solicitante e, de ser o caso, a persoa cesionaria.

i) Estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda a persoa solicitante e, de ser o caso, da persoa cesionaria.

j) Estar inhabilitada a persoa solicitante para obter subvencións públicas.

k) Ter recibido a persoa solicitante axudas pola regra de minimis.

l) Concesión de subvencións e axudas da persoa solicitante.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado nos anexos I, VI e VII (de ser o caso), e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, deberáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

Artigo 15. Tramitación

1. Os órganos competentes para tramitar esta orde de axudas son a subdirección xeral e os servizos provinciais responsables dos recursos forestais.

2. As solicitudes presentadas enviaranse, revisaranse e codificaranse nos servizos provinciais responsables dos recursos forestais. As solicitudes en que non figuren os datos obrigatorios establecidos no artigo 11.3 desta orde non serán admitidas a trámite.

3. Os servizos provinciais responsables dos recursos forestais examinarán as solicitudes presentadas e requiriranlles aos solicitantes que, no prazo máximo de dez días hábiles, acheguen a documentación non presentada e, no caso de que as solicitudes conteñan defectos ou omisións, as emenden, conforme se establece no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Neste requirimento indicarase ademais que, se non se fixer, se terá por desistido/a da súa petición, logo de notificación nos termos que se recollen no artigo 21 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

4. Os servizos provinciais responsables dos recursos forestais analizarán a documentación presentada coa solicitude. No caso de discrepancia entre a solicitude/declaración xurada e a documentación acreditativa dos criterios obxecto da priorización na axuda, dado que se trata dun procedemento por concorrencia competitiva que afecta terceiros, a solicitude declararase decaída no seu dereito a trámite.

En caso de que o proxecto sexa de cantidade económica superior ao estimado na solicitude, prevalecerá a contía reflectida na solicitude.

5. Unha vez tramitadas as solicitudes, a persoa responsable da xefatura territorial de cada provincia proporá a relación de solicitudes que cumpren os requisitos da convocatoria e as que non os cumpren ou non se axustan, indicará a súa causa de incumprimento e remitiralla á subdirección xeral responsable dos recursos forestais.

6. Posteriormente, a persoa titular da subdirección xeral de recursos forestais emitirá un informe onde se reflictan os criterios de priorización, as solicitudes que, de acordo coa clasificación realizada atendendo a estes criterios, cubrisen a dispoñibilidade orzamentaria, e formulará a proposta de resolución que, de acordo co artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, resolverá a persoa titular da dirección xeral responsable da planificación e ordenación forestal por delegación da persoa titular da consellería do Medio Rural.

7. A aprobación das axudas solicitadas en réxime de concorrencia competitiva axustarase aos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non-discriminación.

8. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución ao interesado será de cinco meses, contados a partir do día seguinte da finalización do prazo para a presentación de solicitudes. Este prazo poderase ampliar segundo o indicado no artigo 23 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

No caso de non se ditar resolución expresa no prazo indicado, o interesado poderá entender desestimada a súa solicitude, sen prexuízo da obriga legal de resolver expresamente conforme o disposto nos artigos 21 e 25 da mesma lei.

9. As resolucións de subvención ditadas ao abeiro da correspondente orde, así como a desestimación presunta de solicitudes, porán fin á vía administrativa e contra elas poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante o conselleiro do Medio Rural, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que venza o prazo para resolver previsto no presente artigo.

b) Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou no prazo de seis meses a partir do día seguinte ao que se produza o acto presunto.

10. Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 16. Notificación

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos, agás as que se refiren no punto 6, practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitiralles ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento por parte das persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e entenderanse rexeitadas cando transcorran dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, a Administración xeral e do sector público autonómico practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

6. Sen prexuízo do establecido nos números anteriores, as notificacións das resolucións de aprobación e denegación destas axudas realizaranse mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 45, punto 1, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

7. Na notificación de concesión da axuda serán informados os beneficiarios de que a operación se financia en virtude dun programa cofinanciado polo Feader, así como da medida e da prioridade do PDR de que se trata.

Artigo 17. Inspeccións previas

1. Inspeccións previas relativas ás solicitudes acollidas ás liñas I e II, agás ás actuacións incluídas no artigo 5.1.a).3º (axudas para as accións silvícolas de prevención dos danos causados nas masas de coníferas por enfermidades fúnxicas defoliadoras):

Funcionarios da Consellería do Medio Rural realizarán unha inspección no campo para verificar as superficies polas cales se solicita axuda, para comprobar os datos da solicitude, a viabilidade dos traballos e súa compatibilidade co Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga). Esta inspección realizarase antes da resolución de aprobación. Unha diferenza superior ao 30 % entre os datos achegados coa solicitude/documentación acreditativa e as comprobacións que resulten na inspección de campo implicará a denegación da axuda. Será remitida, só no caso de minoración ou denegación, desde os servizos provinciais responsables dos recursos forestais copia da inspección aos solicitantes das axudas.

2. Inspeccións previas relativas ás solicitudes acollidas ás actuacións incluídas no artigo 5.1.a).3º (axudas para as accións silvícolas de prevención dos danos causados nas masas de coníferas por enfermidades fúnxicas defoliadoras):

As inspeccións previas serán realizadas en gabinete por persoas funcionarias da Consellería do Medio Rural sobre a seguinte documentación achegada polas persoas solicitantes:

1) Declaración responsable (anexo IV) da persoa solicitante que indique:

a) Que na data de presentación da declaración non se iniciaron os investimentos solicitados.

b) Que as actuacións solicitadas e as súas unidades orzadas son viables e cumpren coas condicións para a aprobación das axudas recollida nas bases da orde convocada.

c) Que as superficies, mediante relación de parcelas Sixpac, en que se realizarán as actuacións son as que figuran no anexo IV ou no soporte dixital en formato vectorial presentado na solicitude de axuda.

d) Que as fotografías achegadas amosan, na data de presentación da declaración, a situación e localización das superficies en que se realizarán as actuacións.

2) Anexo fotográfico: coas fotografías xeorreferenciadas que xustifiquen a non realización dos investimentos (un mínimo de dúas fotos e con extensión *.jpg). Serán válidas as fotografías que teñan incluídas nos seus metadatos as coordenadas xeográficas (latitude e lonxitude) dos puntos onde se tomaron, de maneira que sexa posible a implantación deles mesmos sobre o terreo.

Esta inspección realizarase antes da resolución de aprobación. Unha diferenza superior ao 30 % entre os datos achegados coa solicitude/documentación acreditativa e as comprobacións que resulten na inspección previa implicará a denegación da axuda. Será remitida, só no caso de minoración ou denegación, desde os servizos provinciais responsables dos recursos forestais copia da inspección aos solicitantes das axudas.

De ser preciso, as persoas funcionarias da Consellería do Medio Rural responsables das inspeccións previas poderán realizar a correspondente visita ao campo.

Artigo 18. Execución dos traballos

1. O prazo para executar e xustificar as axudas concedidas ao abeiro das liñas I e II desta orde remata o 31 de maio de 2023, para propietarios particulares de xeito individual, fundacións, sociedades e agrupacións de propietarios particulares, cooperativas agrícolas, proindivisos, comunidades de bens, entidades locais e outras persoas xurídicas (S.A., S.L., etc..) e o 30 de xuño de 2023 para as CMVMC.

2. O período para a execución dos traballos recollidos nas solicitudes acollidas ás actuacións incluídas no artigo 5.1.a).3º (axudas para as accións silvícolas de prevención dos danos causados nas masas de coníferas por enfermidades fúnxicas defoliadoras) abrangue desde o 1 de abril ata o 29 de xullo de 2023 (120 días), ambos incluídos. Este período poderá variar en función da Resolución da Dirección Xeral de Sanidade da Produción Agraria do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación que autorice, excepcionalmente, para o ano 2023 a comercialización e o uso en aplicación terrestre dos produtos fitosanitarios formulados a base de óxido cuproso 75 % [WG] p/p contra enfermidades criptogámicas defoliadoras en coníferas de montes, nas condicións e prazo que se indiquen na dita resolución, consonte a autorización expedida polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. En aplicación do artigo 53 do Regulamento (CE) nº 1107/2009 do Parlamento Europeo e do Consello, do 20 de outubro de 2009, relativo á comercialización de produtos fitosanitarios e polo que se derrogan as directivas 79/117/CEE e 91/414/CEE do Consello, o dito prazo de 120 días non pode ser prorrogado. O prazo para xustificar as axudas concedidas ao abeiro do recollido no artigo 5.1.a).3º (axudas para as accións silvícolas de prevención dos danos causados nas masas de coníferas por enfermidades fúnxicas defoliadoras) rematará o 31 de agosto de 2023.

3. O custo de execución dos traballos subvencionados non pode ser superior ao valor de mercado.

4. A axuda definitiva será a resultante da comprobación final realizada por dúas persoas funcionarias da consellería competente en medio rural, unha delas distinta das que realizaron a inspección previa.

Coa comprobación final poderase modificar á baixa a cantidade aprobada inicialmente no caso de que se realizase un menor número de unidades de obra das aprobadas, sempre que se acade o mínimo de actuación exixible para obter a axuda. Tamén nesa comprobación final se verificará que as actuacións realizadas son compatibles co Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga).

5. De acordo co artigo 63 do Regulamento de execución 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1306/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, no que se refire ao sistema integrado de xestión e control, as medidas de desenvolvemento rural e a condicionalidade, os pagamentos calcularanse sobre a base dos importes que se consideren admisibles durante os controis administrativos realizados por persoal da consellería competente no medio rural, que examinará a solicitude de pagamento presentada polo beneficiario e determinará os importes admisibles. Ademais, fixará:

a) O importe que deberá pagar ao beneficiario en función da solicitude de pagamento e a decisión de concesión.

b) O importe que deberá pagar ao beneficiario tras o exame da admisibilidade do gasto que figure na solicitude de pagamento.

Se o importe fixado segundo a letra a) supera o importe fixado segundo a letra b) en máis dun 10 %, aplicarase unha sanción administrativa ao importe fixado segundo a letra b). O importe da sanción será igual á diferenza entre eses dous importes, pero non irá máis alá da retirada total da axuda.

Porén, non se aplicarán sancións cando o beneficiario poida demostrar, á satisfacción da autoridade competente, que non é responsable da inclusión do importe non admisible, ou cando a autoridade competente adquira doutro modo a convicción de que o beneficiario non é responsable diso.

6. Atendendo ao artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, poderase conceder a ampliación do prazo de execución establecido, que non exceda a metade del, se as circunstancias o aconsellan e con isto non se prexudican dereitos dun terceiro. Esta ampliación deberá solicitarse, como mínimo, dous meses antes de que acabe o prazo de execución. Os acordos sobre ampliación dos prazos ou sobre a súa denegación non serán susceptibles de recurso. Os servizos provinciais responsables dos recursos forestais proporanlle as ditas ampliacións á persoa titular da subdirección xeral responsable do recursos forestais, quen elevará a proposta á persoa titular da dirección xeral responsable da planificación e ordenación forestal para a súa aprobación con base nas funcións delegadas pola persoa titular da consellería responsable do medio rural para resolver.

7. Transcorrido o prazo establecido de execución sen ter presentado a xustificación dos traballos subvencionados a que se fai referencia no artigo 19, requirirase o beneficiario para que a presente no prazo improrrogable de dez días. A falta de presentación da solicitude no prazo establecido neste parágrafo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro das cantidades percibidas e poderá supor a apertura dun expediente sancionador, segundo se establece na Lei de subvencións de Galicia. A presentación da xustificación no prazo adicional establecido neste parágrafo non eximirá o beneficiario das sancións que, conforme a lei, correspondan.

8. Así mesmo, no caso de ter presentada a xustificación dos traballos subvencionados, se a persoa beneficiaria for requirida para presentar documentación adicional, e non a achegase no prazo establecido no requirimento, perderá o dereito ao cobramento total ou parcial da subvención.

9. Ata dous meses antes da data de remate dos traballos, poderase solicitar unha modificación da resolución de aprobación para reducir a superficie e/ou traballos obxecto de axuda pola aparición de circunstancias técnicas non detectadas, nin na redacción do proxecto. Esta modificación, que poderá aprobarse logo de informe favorable do Servizo Provincial de Montes, non poderá superar en ningún caso a superficie de actuación inicialmente aprobada. Para tramitar a solicitude de modificación da resolución de aprobación, deberá estar asinada polo beneficiario da axuda, explicar os motivos da dita solicitude e deberá entregar un ficheiro shapefile coa nova superficie proposta, que poderá incluír parcelas Sixpac novas. No caso de non contestación á solicitude de modificación, entenderase aprobada.

Artigo 19. Xustificación dos traballos subvencionables

1. A data límite de xustificación dos traballos é a establecida no artigo 18.1, e só serán subvencionables os investimentos que se realicen e dos cales se xustifique o seu gasto (factura) e pagamento (xustificante de pagamento) con posterioridade á data da inspección previa, a que se refire o artigo 17, e como límite na data de comunicación do remate dos traballos. Polo tanto, as facturas e os xustificantes de pagamento deberán ter datas entre o día seguinte ao da inspección previa e como límite o da data de notificación de remate dos traballos, sempre que se presentasen en prazo.

2. Malia o anterior, no caso de que a persoa beneficiaria da axuda se acolla á cesión do dereito de cobramento, establecido no número 3 do artigo 42 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considerarase efectivamente pagado o gasto coa cesión do dereito de cobramento da subvención a favor das persoas cesionarias; débese ter en conta tanto a porcentaxe de intensidade da axuda como o resto de conceptos non subvencionables, presentada de acordo coa letra h) do punto 3 deste artigo.

3. Xunto coa notificación de remate dos traballos (solicitude de pagamento que figura no anexo VI), achegarase a seguinte documentación:

a) Xustificantes de gasto (facturas) e pagamento. As instrucións para presentar os xustificantes de gasto e de pagamento indícanse no anexo X. Nos xustificantes de gasto deberá figurar o número de rexistro do Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor).

b) Unha memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos coas unidades desagregadas por parcelas e traballos coma na resolución de aprobación.

c) Unha memoria económica xustificativa que conterá, como mínimo, os seguintes aspectos:

i) Acreditación sobre o número de unidades físicas executadas por código de parcela, de acordo coa desagregación dos traballos aprobados na resolución de concesión vixente. No caso dos propietarios particulares de xeito individual cuxa superficie de actuación sexa igual ou superior a 10 hectáreas, das CMVMC, das sociedades e agrupacións de propietarios particulares formalmente constituídas, das cooperativas agrícolas, dos proindivisos, dos proindivisos legalmente constituídos, dos de montes de varas, abertais, de voces, de vocerío, de fabeo, das comunidades de bens e doutras persoas xurídicas, a acreditación deberá estar asinada por un enxeñeiro de Montes ou enxeñeiro técnico Forestal.

ii) Contía da subvención calculada sobre a base das actividades cuantificadas na memoria de actuación e os prezos das unidades de obra previstos no anexo XII.

iii) Un detalle doutros ingresos ou axudas que financiasen a actividade subvencionada, con indicación do importe e da súa procedencia e co balance final do proxecto (ingresos e gastos). No caso de non telos, declaración expresa do beneficiario de non telos.

d) Arquivo gráfico (medición con GPS) en formato dixital SHP ou similar coa superficie afectada polos traballos subvencionados, coas mesmas características que o ficheiro que figura no anexo IX.

e) Respecto do material forestal de reprodución empregado:

i) Etiquetaxe e documento provedor expedido polo ente provedor de material forestal de reprodución consonte o Real decreto 289/2003, do 7 de marzo, sobre comercialización dos materiais forestais de reprodución, e a súa modificación recollida no Real decreto 1220/2011, do 5 de setembro.

ii) Declaración responsable dos entes provedores de material forestal de reprodución que teñan expedidos os ditos documentos provedores, en que certifiquen que dito material forestal de reprodución cumpre cos requirimentos establecidos polo Decreto 220/2007, do 15 de novembro, polo que se crea o sistema oficial para o control da produción e comercialización dos materiais forestais de reprodución, en materia de calidade exterior.

iii) Pasaporte fitosanitario do material forestal de reprodución consonte a lexislación vixente en materia de sanidade vexetal.

f) Certificado final de obra emitido polo director de obra, excepto no caso de propietarios particulares de xeito individual con superficie de actuación inferior a 10 hectáreas, en que figure unha relación valorada dos traballos executados.

g) Só no caso de CMVMC, xustificación do cumprimento da obriga de comunicación establecida no artigo 125.7 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, tendo en conta que as cotas mínimas de reinvestimento das CMVMC serán do 40 % de todos os ingresos xerados.

h) No caso de cesión do dereito de cobramento da axuda cun terceiro:

i) Comunicación da cesión do dereito de cobramento, conforme o modelo que figura no anexo VII desta orde. No caso de que o cedente do dereito de cobramento sexa unha CMVMC, o dito anexo asinarao o presidente da CMVMC en nome da comunidade, pero deberá constar o certificado do secretario da comunidade en que indique que a asemblea xeral autorizou, expresamente, o presidente para asinar a dita cesión de cobramento.

ii) Copia do documento público ou privado no cal se formalizou a cesión. No caso de documento privado, este deberá estar asinado electronicamente. No caso de documento público, xustificación da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais de actos xurídicos documentados (ITPAXD).

iii) Copia do DNI/NIF/NIE en vigor da persoa cesionaria, só no caso de que se opoña á súa consulta ou non preste o consentimento expreso.

iiii) Copia do NIF da entidade cesionaria, só no caso de que non preste o consentimento expreso para a súa consulta.

Artigo 20. Revogacións e reintegros

1. A axuda reintegrarase, se for o caso, total ou parcialmente, se se dá algún dos seguintes supostos:

a) Se se dá algunha das causas de reintegro sinaladas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

b) Incumprimento da finalidade para a cal foi concedida a subvención.

c) Incumprimento total ou parcial do obxectivo, da actividade ou do proxecto ou non adopción do comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

d) Execución de menos do 60 % do importe aprobado, unha vez realizada a certificación final, sen autorización ou causa xustificada excepcional ou de forza maior. Para estes efectos, considéranse causas excepcionais ou de forza maior o falecemento da persoa beneficiaria, a incapacidade laboral de longa duración da persoa beneficiaria, unha catástrofe grave que afectase gravemente a explotación forestal, unha enfermidade vexetal que afectase unha parte ou a totalidade da masa arbórea da persoa beneficiaria, ou a expropiación da totalidade ou dunha parte importante da explotación forestal, se esta expropiación non era previsible o día en que se presentou a solicitude.

e) Incumprimento dos prazos para realizar os traballos subvencionados fixados na notificación de aprobación do expediente ou, se é o caso, da prórroga concedida.

f) Modificacións graves das accións previstas, de forma que desvirtúen os obxectivos descritos nesta orde.

g) Incumprimento do ditado en calquera dos artigos desta orde que implique obrigas por parte do beneficiario.

Nestes supostos, a consellería competente en medio rural reclamará directamente a devolución das cantidades aboadas en concepto de axudas e os xuros de demora, que se calcularán conforme a normativa vixente, en función do tempo transcorrido entre a finalización do prazo de pagamento para o beneficiario indicado na orde de recuperación, que non se poderá fixar en máis de 60 días, e a data de reembolso ou dedución, sen prexuízo das responsabilidades que procedesen.

Se se descobre que un beneficiario efectuou deliberadamente unha declaración falsa, o expediente de axuda de que se trate quedará excluído da axuda do Feader e recupéranse todos os importes que fosen aboados polo dito expediente. Ademais, o beneficiario quedará excluído destas axudas durante o ano natural en que se detectou a irregularidade e durante o ano natural seguinte.

Os beneficiarios desta convocatoria de axudas que non executen as accións previstas, salvo renuncia do beneficiario por forza maior, quedaran excluídos das próximas dúas convocatorias de axuda.

h) Así mesmo, se no caso de que nos controis administrativos sobre a solicitude de pagamento, controis sobre o terreo e a posteriori nos cinco anos posteriores ao pagamento da axuda se verifica que non se cumpren as condicións para obter a puntuación aplicada na concorrencia competitiva para a aprobación dos expedientes e non se acada a puntuación mínima exixida para esa aprobación, suporá un incumprimento dos compromisos da aprobación e igualmente levará como consecuencia a perda do dereito ou o reintegro da axuda.

2. Naqueles supostos en que o importe das subvencións recibidas polo beneficiario exceda os custos da actividade, solicitarase a devolución da cantidade percibida que exceda o custo real da actividade.

3. No caso de pagamento indebido, o beneficiario quedará obrigado a reembolsar o importe en cuestión, ao cal se engadirán, de ser o caso, os xuros conforme o disposto no artigo 7 do Regulamento (UE) nº 809/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014. Os xuros calcularanse en función do tempo transcorrido entre a finalización do prazo de pagamento para o beneficiario, indicado na orde de recuperación, que non poderá superar os 60 días, e a data de reembolso ou dedución.

Artigo 21. Controis

1. A consellería competente en medio rural realizará os controis sobre o terreo, así como as comprobacións e inspeccións que considere oportunas co fin de comprobar a veracidade dos datos e da documentación presentada, así como o lóxico seguimento e control das axudas concedidas.

2. O beneficiario e a persoa cesionaria do dereito de cobramento, se for o caso, comprométense a someterse ás actuacións de control que deba efectuar a consellería competente en medio rural, ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coas subvenciones e axudas concedidas e ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, de acordo co disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e ás instancias comunitarias de control derivadas da aplicación dos regulamentos de execución (UE) nº 808/2014 e 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, e 1242/2017 da Comisión, do 10 de xullo de 2017, que modifica o Regulamento de execución (UE) nº 809/2014.

3. Seralles de aplicación ás axudas recollidas nesta orde e non se poderá efectuar ningún pagamento sen que antes se realizasen os controis establecidos no punto 4 deste artigo, así como o réxime de controis, reducións e exclusión regulados nos regulamentos de execución (UE) nº 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, e 1242/2017 da Comisión, do 10 de xullo de 2017.

4. A consellería competente en medio rural, ao abeiro do establecido nos anteriores regulamentos e demais normativa, realizará controis administrativos a todas as solicitudes de axuda e de pagamento con respecto a todos os aspectos que sexa posible controlar en relación coa admisibilidade da solicitude. Respecto dos controis sobre o terreo, realizaranse antes do pagamento final, e seleccionaranse sobre unha mostra que representará como mínimo o 5 % dos gastos, mencionados no artigo 46 do Regulamento de execución (UE) nº 809/2014, cofinanciados polo Feader e que se reclaman ao organismo pagador cada ano natural. Ademais, tamén se realizarán, de ser o caso, controis a posteriori, dada a posibilidade de realizar actividades de investimento.

5. Respecto das ofertas presentadas a que se fai referencia no artigo 13, e de acordo co artigo 45 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os provedores desas ofertas estarán obrigados a prestar colaboración e facilitar canta documentación lles sexa requirida, e sobre todo a necesaria para verificar a posible vinculación entre eses provedores.

Artigo 22. Financiamento

1. As accións previstas nesta orde financiaranse, nos exercicios 2022 e 2023, con cargo aos seguintes códigos de proxecto:

a) 14.03.713B.770.0.2016 00209, por un importe de 9.000.000 €, distribuídos do seguinte xeito:

– 900.000 € no ano 2022.

– 8.100.000 € no ano 2023.

Dentro de cada tipo de beneficiario, excepto entidades locais, segundo o tipo de traballo, distribúese o crédito do seguinte xeito:

– Actuacións incluídas no artigo 5.1.a).1º (desmestas en masas estables de coníferas con diámetro normal medio da masa inferior a 15 cm): 381.000 € para o ano 2022, 3.429.000 € para o ano 2023.

– Actuacións incluídas no artigo 5.1.a).2º (rozas e podas en masas de coníferas): 450.000 € para o ano 2022, 4.050.000 € para o ano 2023.

– Actuacións incluídas no artigo 5.1.a).3º (axudas para as accións silvícolas de prevención dos danos causados nas masas de coníferas por enfermidades fúnxicas defoliadoras): 49.000 € para o ano 2022, 441.000 € para o ano 2023. A dotación orzamentaria correspondente ao ano 2022 resérvase exclusivamente no caso en que a Resolución da Dirección Xeral de Sanidade da Produción Agraria do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación autorice o adianto do período de aplicación correspondente á campaña do 2023 a finais do ano 2022.

– Actuacións incluídas no artigo 5.1.a).4º (rozas en masas de coníferas (piñeiros): 20.000 € para o ano 2022, 180.000 € para o ano 2023.

b) 14.03.713B.770.0.2016 00210, por un importe de 4.000.000 €, distribuídos do seguinte xeito:

– 400.000 € no ano 2022.

– 3.600.000 € no ano 2023.

Dentro de cada tipo de beneficiario, excepto entidades locais, segundo o tipo de traballo, distribúese o crédito do seguinte xeito:

– Actuacións incluídas no artigo 5.1.b).1º (tratamentos silvícolas de masas de frondosas caducifolias, sobreiras e aciñeiras con diámetro normal medio inferior a 30 cm): 200.000 € para o ano 2022, 1.800.000 € para o ano 2023.

– Actuacións incluídas no artigo 5.1.b).2º (rexeneración e/ou mellora de soutos): 200.000 € para o ano 2022, 1.800.000 € para o ano 2023.

c) 14.03.713B.760.0.2016 00209, só para entidades locais por un importe de 72.000 €, distribuídos do seguinte xeito:

– 10.000 € no ano 2022.

– 62.000 € no ano 2023.

Segundo o tipo de traballo, distribúese o crédito do seguinte xeito:

– Actuacións incluídas no artigo 5.1.a).1º (desmestas en masas estables de coníferas con diámetro normal medio da masa inferior a 15 cm): 2.778 € para o ano 2022, 17.222 € para o ano 2023.

– Actuacións incluídas no artigo 5.1.a).2º (rozas e podas en masas de coníferas): 4.444 € para o ano 2022, 27.556 € para o ano 2023.

– Actuacións incluídas no artigo 5.1.a).3º (axudas para as accións silvícolas de prevención dos danos causados nas masas de coníferas por enfermidades fúnxicas defoliadoras): 1.389 € para o ano 2022, 8.611 € para o ano 2023.

– Actuacións incluídas no artigo 5.1.a).4º (rozas en masas de coníferas (piñeiros): 1.389 € para o ano 2022, 8.611 € para o ano 2023.

d) 14.03.760.0.2016 00210, só para entidades locais, por un importe de 48.000 €, distribuídos do seguinte xeito:

– 20.000 € no ano 2022.

– 28.000 € no ano 2023.

Segundo o tipo de traballo, distribúese o crédito do seguinte xeito:

– Actuacións incluídas no artigo 5.1.b).1º (tratamentos silvícolas de masas de frondosas caducifolias, sobreiras e aciñeiras con diámetro normal medio inferior a 30 cm): 10.000 € para o ano 2022, 14.000 € para o ano 2023.

– Actuacións incluídas no artigo 5.1.b).2º (rexeneración e/ou mellora de soutos): 10.000 € para o ano 2022, 14.000 € para o ano 2023.

2. Esta orde tramítase mediante tramitación anticipada de gasto, conforme o establecido na letra a) do artigo 25 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como o establecido na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, modificada polas ordes do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001, polo que queda condicionada a súa eficacia a que exista crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022.

3. Este orzamento pode verse incrementado con remanentes adicionais de acordo coas dispoñibilidades de crédito. En todo caso, as concesións limitaranse ás dispoñibilidades orzamentarias. A consellería competente en medio rural poderá aumentar o orzamento dispoñible para o financiamento desta orde, cando o incremento derive:

a) Dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito.

b) Da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

O incremento do crédito queda condicionado á declaración de dispoñibilidade de crédito como consecuencia das circunstancias antes sinaladas e, se é o caso, unha vez aprobada a modificación orzamentaria que proceda.

4. Estas axudas financiaranse con cargo ao Programa de desenvolvemento rural de Galicia, cunha achega do Feader do 75 %, do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación do 7,5 % e da Xunta de Galicia do 17,5 %.

Artigo 23. Infraccións e sancións

En materia de infraccións e sancións será de aplicación o disposto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Regulamento (UE) nº 640/2014 da Comisión, do 11 de marzo de 2014, polo que se completa o Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no que respecta ao sistema integrado de xestión e control e ás condicións sobre a denegación ou retirada dos pagamentos e sobre as sancións administrativas aplicables aos pagamentos directos, á axuda ao desenvolvemento rural e á condicionalidade; no Regulamento (UE) nº 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no que se refire ao sistema integrado de xestión e control, as medidas de desenvolvemento rural e a condicionalidade, e no Regulamento de execución (UE) nº 2017/1242 da Comisión, do 10 de xullo de 2017, que modifica o Regulamento de execución (UE) nº 809/2014.

Artigo 24. Alteración de condicións

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, para a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Artigo 25. Obrigas

1. O beneficiario da axuda e o solicitante están obrigados a facilitar toda a información que lles sexa requirida polos órganos de control da consellería competente en medio rural, a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, e as instancias de control comunitarias no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas, e a levar un sistema de contabilidade separado, ben un código contable adecuado para todas as transaccións relativas ás axudas solicitadas ao abeiro desta orde, onde se constatará o investimento efectivamente pagado antes do remate do prazo de execución.

2. O beneficiario está obrigado a someterse a calquera actuación que a Administración concedente poida realizar para comprobar a aplicación das axudas á finalidade que determinou a súa concesión, o cumprimento dos requisitos exixidos para a concesión e o pagamento da axuda e o mantemento das condicións establecidas nas bases reguladoras, a convocatoria e a resolución de concesión.

3. No caso de achado casual de obxectos e restos materiais que posúan valores que son propios do patrimonio cultural galego, o descubridor deberá comunicarllo inmediatamente á consellería competente en materia de cultura, de conformidade coa Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.

4. As actuacións na zona lateral de protección do Camiño de Santiago serán comunicadas polo solicitante á consellería competente en materia de cultura, co obxecto de contar coa súa autorización previa de conformidade coa Lei 5/2016, do 4 de maio.

5. A presentación da solicitude de concesión da subvención por parte do interesado comportará a autorización á autoridade de xestión do PDR para consultar a información necesaria para poder realizar o seguimento e avaliación do programa, en particular en relación co cumprimento dos obxectivos e prioridades.

6. No caso de entidades locais, estas deberán realizar o proceso de tramitación e adxudicación da contratación conforme coas prescricións contidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014.

Artigo 26. Medidas informativas e publicitarias

1. Nos instrumentos de información e difusión que utilice a consellería competente en medio rural farase constar que estas axudas están cofinanciadas nun 7,50 % pola Administración xeral do Estado, nun 17,50 % pola Xunta de Galicia e nun 75 % polo fondo Feader.

2. Conforme o establecido no Regulamento de execución (UE) 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo, pola que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e a súa posterior modificación mediante o Regulamento de execución (UE) nº 669/2016 da Comisión, do 28 de abril, o beneficiario das axudas deberá cumprir coa normativa sobre información e publicidade das axudas do Feader indicadas no anexo III do referido regulamento.

Así, en todas as actividades de información e comunicación que se desenvolvan o beneficiario deberá recoñecer o apoio do Feader mostrando:

a) O emblema da Unión.

b) Unha referencia á axuda do Feader.

Durante a realización da operación, o beneficiario informará o público da axuda obtida do Feader, da seguinte forma:

a) Presentando no sitio web do beneficiario para uso profesional, no caso de que exista tal sitio, unha breve descrición da operación cando se poida establecer un vínculo entre o obxecto do sitio web e a axuda prestada pola operación, en proporción ao nivel de axuda cos seus obxectivos e resultados e destacando a axuda financeira da Unión.

b) No caso de operacións que reciban unha axuda pública total superior a 50.000 euros, colocando polo menos un panel ou unha placa con información sobre o proxecto e cos requisitos especificados no anexo XI, onde se destaque a axuda financeira recibida da Unión, nun lugar ben visible para o público, así como a bandeira europea e o lema Feader: Europa inviste no rural.

c) No caso de que a persoa solicitante se beneficie dunha axuda pública total superior a 500.000 euros, deberá colocar, nun lugar visible para o público, un cartel temporal de tamaño significativo relativo ás operacións financiadas, cos requisitos especificados no anexoXI. Posteriormente, o beneficiario colocará, nun lugar ben visible para o público, un cartel ou placa permanente, cos requisitos especificados no anexo XI, de tamaño significativo, no prazo de tres meses a partir da conclusión da operación financiada. Os carteis, paneis, placas e sitios web levarán unha descrición do proxecto ou da operación, e os elementos (bandeira europea e lema Feader) ocuparán como mínimo o 25 % do cartel, placa ou páxina web.

Artigo 27. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016,do 18 de xaneiro, a que estean vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Disposición adicional primeira

As axudas concedidas nesta orde son incompatibles coas axudas para o cesamento anticipado da actividade agraria e con calquera outra axuda sobre a mesma superficie, coa excepción dos investimentos para incremento da capacidade de adaptación e valor ambiental dos ecosistemas forestais ou para restaurar o potencial forestal danado por pragas, enfermidades, desastres naturais, catástrofes ou sucesos derivados do cambio climático.

Disposición adicional segunda

No non previsto nesta orde observarase o disposto no Regulamento (UE) nº 1305/2013; no Regulamento de execución (UE) nº 808/2014; no Regulamento de execución (UE) nº 809/2014; no Regulamento de execución (UE) 1242/20017; no Regulamento (UE) nº 2020/2220; no Regulamento delegado (UE) nº 640/2014; na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; no Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Así mesmo, teranse en conta as circulares de coordinación ditadas polo Fondo Español de Garantía Agraria 18/2019, relativas ao Plan nacional de controis das medidas de desenvolvemento rural non establecidas no sistema integrado de xestión e control https://www.fega.es/es/ayudas-directas-y-desarrollo-rural/control-de-medidas-desarrollo-rural/circulares-de-coordinacion-de-desarrollo-rural/node-50759#, e 33/2020, que establece os criterios xerais para a aplicación de reducións, sancións e exclusións nas medidas de desenvolvemento rural non establecidas no sistema integrado de xestión e control do período 2014-2020 (https://www.fega.es/sites/default/files/CIRCULAR_33-2020_PENALIZACIONES_NO_SIGC.pdf ).

Disposición adicional terceira

De conformidade co establecido nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira primeira

Facúltase a dirección xeral responsable da ordenación forestal para que dite, no ámbito das súas competencias, as instrucións necesarias para a aplicación ou o cumprimento do establecido nesta orde.

Disposición derradeira segunda

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2022

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO VIII

Instrucións técnicas nas actuacións polas cales se solicita axuda

A título informativo, de cara a fixar con claridade os criterios de viabilidade das actuacións polas cales se solicita e á hora de preparar as solicitudes de axuda e redactar os proxectos, teranse en conta os seguintes aspectos, que serán verificados na inspección previa a que se refire o artigo 17 da orde:

1. Aqueles traballos que non se consideren necesarios ou que non se poidan facer non deberán figurar no proxecto técnico. Por exemplo, nos tratamentos das masas de frondosas poden non ser necesarias as rozas ou a formación das guías se xa están claramente formadas ou a selección de abrochos ou a desmesta dos pés. Non é necesario realizar todas as actuacións conxuntamente se non son necesarias para a masa sobre a cal se actuará.

2. En relación coas podas en masas de coníferas, consideraranse como tales as podas dirixidas para previr incendios forestais mediante a creación de descontinuidade horizontal e vertical, e non de podas destinadas á mellora do valor económico dos bosques. Polo tanto, non terán a consideración de podas para estes efectos as chamadas podas de realce en idades temperás da planta, cun máximo de 3 verticilos e sen valor preventivo para os efectos desta orde. No caso das masas de piñeiro silvestre (Pinus sylvestris), piñeiro negro de montaña (Pinus uncinata) e piñeiro laricio (Pinus nigra), non será de aplicación o dito máximo de 3 verticilos.

3. Co fin de garantir a descontinuidade horizontal e vertical nas podas en masas de coníferas, despois de executar a poda a altura máxima do mato en toda a superficie non pode superar os 50 cm, excepto no caso das rozas nas podas en masas de coníferas, que soamente se poderán solicitar naqueles terreos onde a altura do mato o faga necesario; a altura do mato despois de executala será inferior aos 10 cm. En ningún caso a altura das podas poderá superar a metade da altura da árbore (a altura da poda medirase ata o último verticilo podado). No caso de que na comprobación dos traballos executados o mato existente supere os 50 cm de altura, non se dará por elexible a dita superficie.

4. Os restos que se obteñan como consecuencia da realización dos coidados culturais do voo con diámetro en punta delgada superior a 6 cm serán triturados in situ, picados cunha lonxitude inferior a 50 cm e con distribución homoxénea, ou ben extraídos do predio obxecto de axuda para o seu aproveitamento como biomasa, e deberase xustificar documentalmente o dito aproveitamento xunto coa notificación de remate dos traballos.

5. Na inspección previa verificarase que as parcelas e recintos Sixpac incluídos na solicitude da axuda se corresponden coas mouteiras de traballo. No caso de non coincidencia co proxectado ou que os traballos previstos non fosen viables na súa totalidade, funcionarios da consellería competente no medio rural realizarán unha medición dos elementos ou zonas para descontar da superficie aprobada ou pendente de aprobación, cuxo resultado se cruzará co Sixpac para coñecer a superficie de cada parcela e recinto que se desconta, reflectíndoo na epígrafe correspondente do informe de inspección xunto co motivo ou causa.

6. Comprobación de condicións técnicas na inspección previa. Hai que ter en conta que as actuacións para ser obxecto de axuda necesitan cumprir unha serie de requisitos técnicos establecidos na orde (diámetro medio da masa, densidades da masa, altura da poda, etc.). Para a súa comprobación os funcionarios da consellería competente no medio rural realizarán un inventario cuxos resultados poderán dar lugar a exclusións da superficie de actuación.

7. Método para a selección da mostraxe.

7.1. O método que empregarán os funcionarios será aleatorio simple, no cal a localización das «unidades ou parcelas de mostraxe» se fai de forma independente e ao chou. As unidades da mostraxe deberán representar toda a masa que se vai inventariar, e non poderán concentrarse as parcelas da mostraxe só nunha parte da superficie de actuación.

No caso de existiren dúas ou máis mouteiras claramente diferenciados porque os traballos sexan distintos neles ou a masa sexa heteroxénea, estratificarase a mostraxe para realizar parcelas de mostraxe en todas as zonas onde se aprecien diferenzas na masa.

A distancia mínima entre parcelas da mostraxe (centro) recoméndase que sexa polo menos de 100 m, para representar o máximo posible da superficie de actuación. Se pola súa forma ou por ser a superficie menor de 10 hectáreas non for posible facelo así, a distancia será a máxima posible que permita a superficie.

7.2. Forma e superficie da parcela da mostraxe. A forma da parcela será circular cun raio determinado en función do tipo de actuación: nas desmestas e poda de coníferas será de 10 m; nos tratamentos de frondosas caducifolias será de 15 m; e na rexeneración e/ou mellora de soutos, de 25 m. No caso de atopar densidades moi altas de frondosas poderase utilizar un raio de 10 m.

7.3. Localización e delimitación da parcela da mostraxe. O centro da parcela de mostraxe coincidirá cunha árbore, desde a cal se tomarán as distancias.

Os datos do centro da parcela da mostraxe (segundo o datum ETRS89 e coordenadas UTM do fuso 29 N) anotaranse na folla de campo correspondente para permitir a súa posterior comprobación e a árbore situada nel marcarase de maneira que sexa facilmente identificable.

7.4. Número de parcelas da mostraxe. Na táboa seguinte pode verse o número de parcelas da mostraxe que se vai realizar en cada estrato segundo a súa superficie. Poderanse realizar máis parcelas da mostraxe das indicadas se por criterio técnico están xustificadas.

Táboa nº 1: nº de parcelas mínimo para cada estrato da mostraxe.

Superficie de actuación (ha)

Nº de parcelas da mostraxe

0-5

2

> 5-10

3

> 10-20

4

> 20-30

5

> 30-40

6

> 40-50

7

7.5. Comprobación da densidade por tipo de traballo nas parcelas da mostraxe. A densidade comprobarase contando o número de pés incluídos na parcela, cuxo resultado deberá posibilitar cumprir as condicións recollidas na orde, tal como se indica na táboa seguinte:

Táboa nº 2: densidades en función do tipo de actuación e do radio da unidade da mostraxe.

Tipo de actuación

Nº de pés/parcela

Densidade N (pés/ha) segundo a orde

r = 10 m

(314,16 m2)

r = 15 m

(706,86 m2)

r = 30 m (2.827,35 m2)

Tratamentos coníferas

Desmestas (1)

N ≥ 2000

N ≥ 63

Podas (2)

500 ≤ N ≤ 1200

16≤N≤38

Tratamento frondosas caducifolias

N ≥ 400

N ≥ 13

N ≥ 28

Rexeneración de soutos

N ≥ 50

N ≥ 15

(1) No sentido da densidade inicial, de partida.

(2) A densidade final máxima deberá ser menor ou igual a 1.200 pés/ha e superior a 500 pés/ha. Cómpre ter en conta que, no caso das CMVMC con convenio ou consorcio coa Administración, a autorización da corta para acadar a densidade final máxima non é algo inmediato, polo que deberá ser informado o representante da comunidade se é posible realizala antes da finalización da comunicación de remate dos traballos. No caso de non ser posible, tramitarase a correspondente perda de dereito ao cobramento.

7.6. Comprobación do diámetro normal medio e da altura media. O diámetro normal da árbore medirase cun calibrador forestal, tomando dúas medidas en cruz da árbore á altura de 1,3 m sobre o nivel do solo. O seu valor será a media das medidas realizadas. A altura medirase cun hipsómetro u outros dispositivos adecuados para iso (regra Christen, pértega…), o cal se indicará nas observacións da folla de campo. Ambas as dúas variables se medirán nunha mostra de 5 árbores da parcela, que serán a seleccionada como centro desta máis outros catro pés próximos a ela. Computarase a media das 5 medicións.

Táboa nº 3: diámetros en función do tipo de actuación.

Tipo de actuación

Diámetro normal medio (cm) segundo a orde

Altura media (m)

Tratamentos coníferas

Desmestas

Dm ≤ 15

-

Podas

-

Hm ≥ 4

Tratamento frondosas caducifolias

Dm < 30

Hm > 1,5

7.7. Altura da poda. A altura da poda requirida medirase no momento da certificación final, pero na inspección previa verificarase que os traballos non están xa realizados e que é posible facelos segundo o establece a orde: poda en coníferas (entre 2 e 4 m) e en frondosas (poda ata un 1/3 da altura como mínimo). Nunca se poderá superar a metade da altura da árbore.

8. Criterios para realizar a mostraxe no campo. Serán de aplicación os seguintes criterios:

a) Realizarase o número de parcelas da mostraxe que se recolle na táboa nº 1, en función da superficie de actuación, e poderá ser incrementado por criterio técnico. Se hai dous ou máis coutos redondos, cada un deles tratarase de maneira independente.

b) Aquelas parcelas cuxos valores cumpran co establecido na orde de axudas (véxase a táboa nº 2) chamaranse «parcelas válidas».

c) Se o resultado dalgunha parcela non cumpre co establecido para cada caso na orde, deberase delimitar a superficie (definir as mouteiras) que non cumpre e eliminala ao considerarse «Non elixible». Estas parcelas chamaranse «parcelas non elixibles».

d) Para «definir as mouteiras» utilizarase toda a información dispoñible (parcelario Sixpac, ortofoto, datos de campo…), tratando de utilizar os elementos facilmente recoñecibles no campo: pistas, devasas, valgadas, outras masas, etc. Para precisar a súa delimitación tamén se poderán realizar máis parcelas aplicando os criterios xa vistos, tendo en conta que o que se persegue é determinar outro estrato na masa distinto ao inicial (ou en cada couto redondo da masa no caso de existiren dous ou máis).

e) O cálculo da densidade media da masa farase sen incluír os valores das «parcelas non elixibles», xa que se eliminarán da superficie de actuación, e terase en conta que:

– Se para un mesmo tipo de traballo silvícola existe máis dun couto redondo, calcularase a media de cada un dos coutos de xeito independente e logo farase a media final tendo en conta ambas as dúas.

– Se existen distintos tipos de traballo silvícola nun mesmo couto redondo, calcularase a media para cada tipo de actuación de xeito independente.

– Cando nalgún dos tipos de traballo do mesmo couto redondo se producise un desconto de superficie por ser «non elixible», a superficie de actuación conxunta restante deberá cumprir coa superficie mínima establecida na orde de axuda (artigo 6.1); se non cumpre, ese couto non se poderá considerar. O mesmo pasaría no caso dun só tipo de traballo.

f) Nas follas de campo correspondentes separaranse as parcelas por couto redondo e mouteira. Se for necesario definir unha/s mouteira/s nova/s de acordo cos datos obtidos tamén se incluirán as parcelas realizadas nel/neles de maneira separada (noutra/s folla/s), independentemente de que finalmente se eliminen da superficie de actuación ou non. Polo tanto, as follas recollerán todas as parcelas feitas.

g) Dada a dificultade que pode existir nalgúns expedientes pola súa inaccesibilidade para realizar as inspecciones de campo, na epígrafe de observacións recollerase esta circunstancia e a forma en que se realizou a inspección, e informaráselle ao beneficiario que deberá extremar o coidado na execución dos traballos de cara a cumprir as condicións da axuda.

9. Instrucións técnicas nas actuacións polas cales se solicita axuda e zonas de exclusión ou búfer no caso das actuacións incluídas no artigo 5.1.a).3º (axudas para as accións silvícolas de prevención dos danos causados nas masas de coníferas por enfermidades fúnxicas defoliadoras):

A título informativo, de cara a fixar con claridade os criterios de viabilidade das actuacións polas cales se solicita e á hora de preparar as solicitudes de axuda e redactar os proxectos, teranse en conta os seguintes aspectos, que serán verificados na inspección previa a que se refire o artigo 17 da orde:

Poderán executarse os tratamentos sinalados no artigo anterior coa condición de que se axusten aos requisitos establecidos na correspondente Resolución da Dirección Xeral de Sanidade da Produción Agraria, do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, pola que se autorice excepcionalmente a comercialización e o uso en aplicación terrestre dos produtos fitosanitarios formulados a base de óxido cuproso 75 % [WG] p/p contra enfermidades criptogámicas defoliadoras en coníferas de montes:

a) Produtos fitosanitarios e condicións de uso destes:

1º. Produtos fitosanitarios formulados a base de óxido cuproso 75 % (WG) P/P.

2º. Dose por aplicación: 0,1-0,2 % (1-1,6 kg Cu inorgánico/ ha).

3º. Ata dúas aplicacións terrestres cun intervalo entre aplicacións terrestres de 14-21 días.

4º. Uso: tratamento funxicida contra fungos defoliadores que causan as bandas marróns e vermellas.

5.º O período hábil para realizar os tratamentos finalizará o 29 de xullo de 2023.

b) Superficie para tratar: unicamente se tratará en piñeirais de idade inferior a 25 anos e con defoliación inferior ao 75 %. A esa superficie réstanselle as zonas de exclusión ou búfer:

1º. 100 metros ao redor de todos os núcleos habitados e edificacións.

2º. 100 metros ao redor de todos os encoros, lagoas e zonas húmidas.

3º. 100 metros ao redor das captacións de auga, tanto subterráneas como superficiais.

4º. 100 metros ao redor das zonas clasificadas como de vulnerabilidade do acuífero tipo alta e moi alta.

5º. 100 metros a cada lado ao redor de todos os cursos de auga permanentes.

Os tratamentos fitosanitarios realizaranse seguindo as disposicións do Real decreto 1311/2012, do 14 de setembro, polo que se establece o marco de actuación para conseguir un uso sustentable dos produtos fitosanitarios (aplicadores con cualificación e rexistrados no Rexistro Oficial de Produtores e Operadores, regulado no devandito real decreto) e noutra normativa aplicable na materia.

ANEXO IX

Instrucións de remisión da información do proxecto en soporte
dixital e vectorial

1. Consonte o artigo 13.1.a.3), os solicitantes, agás os propietarios particulares de xeito individual cunha superficie de actuación menor a 10 hectáreas, deberán achegar, entre outra documentación, o proxecto, no cal, ademais dos planos, en que se incluirá a cartografía de acordo co establecido no artigo 8.2.f), terán que aparecer na correspondente táboa de atributos os datos de tipo e superficie de actuación de cada recinto.

2. E co fin de asegurar unha homoxeneidade na información vectorial subministrada, detállase a continuación o modelo de datos e codificación alfanumérica das entidades vectoriais (polígonos) que deberán figurar nos arquivos que se van entregar:

Formato: Shapefile (a información subministrarase nun arquivo zip comprimido co conxunto dos arquivos que compoñen o formato shapefile). É obrigatorio que o zip conteña o arquivo coa extensión prj. O arquivo con extensión prj, coa información do sistema de referencia, comprobarase para ver que se corresponde co ETRS89 en coordenadas UTM sobre o fuso 29N (EPSG 25829).

Nome do arquivo: coincidente co código completo do expediente de axudas coa separación do ano mediante guión baixo (tanto arquivos do shapefile como nome do arquivo de compresión). No caso de non ter o número de expediente de axudas porase o NIF do solicitante, sen letra, e o ano. Exemplo: 14150001_2022.zip/99999999_2022.

Datum e proxección: ETRS89 en coordenadas UTM sobre o fuso 29N (EPSG 25829).

Sixpac: no proxecto técnico indicarase o ano do Sixpac respecto do cal se toman os datos que figuran no proxecto: 2021, 2022.

Información alfanumérica asociada ás entidades vectoriais:

Táboa 1: descrición detallada da información alfanumérica asociada ás entidades vectoriais.

Nome do campo

Características

Observacións

Cod

Numérico enteiro (curto) de tres caracteres

Serán números correlativos comezando polo 1.

Sub_Cod

Numérico enteiro (curto) de tres caracteres

Segundo os sub-recintos en que se divida un recinto ao ter diferentes tipos de traballos. Serán: 0→ningún, 1→un, 2→dous, ...

Cod_exp

Alfanumérico (texto/cadea de caracteres/string) de 13 caracteres

Código completo do expediente de axudas. Exemplo: 14150001_2022 (co guión baixo)

Prov

Numérico enteiro (curto) de dous caracteres

Segundo o Sixpac vixente. Exemplo: provincia A Coruña→15

Conc

Numérico enteiro (longo) de cinco caracteres

Segundo o Sixpac vixente. Lémbrase que deberá ser «prov+conc». Exemplo: provincia A Coruña (15), concello Carballo (19)→15019

Agreg

Numérico enteiro (curto) de tres caracteres

Segundo o Sixpac vixente

Zona

Numérico enteiro (curto) de tres caracteres

Segundo o Sixpac vixente

Polig

Numérico enteiro (longo) de seis caracteres

Segundo o Sixpac vixente

Parc

Numérico enteiro (longo) de seis caracteres

Segundo o Sixpac vixente

Recin

Numérico enteiro (longo) de seis caracteres

Segundo o Sixpac vixente

REFCAT

Alfanumérico (texto/cadea caracteres/string) de 14 caracteres

Código da referencia catastral obtida da sede electrónica do Catastro.

Sup_Tot

Numérico (dobre) de dez caracteres con 2 decimais

Superficie total do recinto segundo o Sixpac vixente, en hectáreas arredondadas a dous decimais

Uso

Alfanumérico (texto/cadea de caracteres/string) de 3 caracteres

Segundo o Sixpac vixente, en maiúsculas (FO, PR, PA...)

Sup_Act

Numérico (dobre) de dez caracteres con 2 decimais

Superficie de actuación no recinto, que deberá coincidir coa súa intersección co Sixpac vixente, en hectáreas arredondadas a dous decimais

Act

Alfanumérico (texto/cadea de caracteres/string) de 40 caracteres

Código segundo cadro adxunto.

Incluiranse todas as actuacións que se van a facer no recinto. No caso de seren varias, separaranse os códigos mediante un guión medio (-) sen espazos e a serie comezará co código menor de forma ascendente ata o código maior

Mouteira

Alfanumérico (texto/cadea de caracteres/string) de 3 caracteres

Identificación da mouteira a que pertence o recinto: 1, 2... (posibilidade de incluír letras, nunca acentuadas)

Nos casos en que non exista valor para o campo porase «0» ou «---», sempre que o admita.

No caso de proxecto de ordenación autorizado e inscrito en Xorfor, deberán engadirse os seguintes campos:

– Campo [GeoUA] (formato texto, 20)→código resultante da concatenación dos campos [IDXF] , código do instrumento de Xorfor co formato PO00000111X, [Cuartel], [UO] unidade de ordenación, e [UA] unidade de actuación; da capa do Plan especial cargado en Xorfor.

– Campo [SupGeoUA] (formato numérico, 10,6)→superficie da unidade de actuación da capa do plan especial cargado en Xorfor en hectáreas.

Codificación campo actuación:

Táboa nº 2: codificación do campo Act (actuación).

Código

Descrición actuación

Uds.

M00

Cartel identificativo

Número

M15

Rozas das superficies que, conforme os puntos c), d), e) e g) do anexo II da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, que deberían estar ocupadas por especies frondosas do anexo I da lei e sexan lindeiras coas superficies de desmestas en masas de coníferas, deban rozarse na súa totalidade respectando os pés existentes de especies frondosas do anexo I da lei

En hectáreas arredondadas a dous decimais

M14

Rareos en masas de coníferas con diámetro normal medio inferior a 15 cm, acadando unha densidade final entre 800 e 1.200 pés/ha, en masas onde xa se executou unha desmesta en rúa. Deberase rozar a rúa, rarear a entrerrúa e picar e extraer os restos

En hectáreas arredondadas a dous decimais

M11

Desmestas en masas de coníferas con diámetro normal medio da masa antes da actuación inferior a 15 cm acadando unha densidade final entre 800 e 1.200 pés/ha

En hectáreas arredondadas a dous decimais

M12

Trituración dos restos, picadura ou extracción para o aproveitamento como biomasa

En hectáreas arredondadas a dous decimais

M13

Tope €/ha por proxecto en rareos de coníferas

En hectáreas arredondadas a dous decimais

M21

Rozas en masas de coníferas (poda)

En hectáreas arredondadas a dous decimais

M22

Podas en masas de coníferas, ata unha altura mínima de 2 m e máxima de 4 m

En hectáreas arredondadas a dous decimais

M24

Trituración dos restos, picadura ou extracción para o aproveitamento como biomasa

En hectáreas arredondadas a dous decimais

M25

Tope en euros/ha. Proxecto en podas de conífera

En hectáreas arredondadas a dous decimais

M26

Rozas das superficies que conforme os puntos c), d), e) e g) do anexo II da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, que deberían estar ocupadas por especies frondosas do anexo I da lei e sexan lindeiras coas superficies de podas en masas de coníferas, deban rozarse na súa totalidade respectando os pés existentes de especies frondosas do anexo I da lei

En hectáreas arredondadas a dous decimais

M31

Rozas (frondosas)

En hectáreas arredondadas a dous decimais

M32

Formación de guías en que se manifeste nitidamente a dominancia apical e a poda ata 1/3 da altura como mínimo

En hectáreas arredondadas a dous decimais

M33

Selección abrochos (frondosas)

En hectáreas arredondadas a dous decimais

M34

Desmestas (frondosas)

En hectáreas arredondadas a dous decimais

M35

Tope €/ha proxecto en frondosas

En hectáreas arredondadas a dous decimais

M41

Rozas (castiñeiros)

En hectáreas arredondadas a dous decimais

M42

Podas con funxicida (castiñeiros)

En hectáreas arredondadas a dous decimais

M43

Tratamento fitosanitario (castiñeiros)

En hectáreas arredondadas a dous decimais

M44

Aumento da densidade dos soutos mediante a plantación de castiñeiro híbrido resistente á tinta

En hectáreas arredondadas a dous decimais

M45

Tope €/ha por proxecto en castiñeiros

En hectáreas arredondadas a dous decimais

M51

Tratamento fitosanitario (piñeiros)

En hectáreas arredondadas a dous decimais

M61

Rozas en masas de coníferas (piñeiros) en resinación

En hectáreas arredondadas a dous decimais

Exemplo ilustrativo da información alfanumérica asociada ás entidades vectoriais (polígonos):

Cód.

Sub_Cod

Cod_exp

Prov.

Conc.

Agreg.

Zona

Políg

Parc.

Recin.

Sup_tot

Uso

Sup_Act

Act

Mouteira

1

1

14150150/2022

15

15026

0

0

25

125

2

7,78

FO

0,36

M21

M22

M24

M25

1

1

2

14150150/2022

15

15026

0

0

25

125

2

7,78

FO

1,88

M22

M24

M25

1

2

0

14150150/2022

15

15026

0

0

25

302

2

5,22

FO

2,08

M21

M22

M24

M25

M00

1

Nota: a información do campo «Sup_Act», resultante do cruzamento co Sixpac que debe facer o solicitante, deberá ser plenamente coincidente cos datos da solicitude. No campo Act deberán pórse todas as actuacións que se leven a cabo nesa superficie (incluída a elaboración do proxecto correspondente). Aquela en que a súa unidade non sexa superficial, como o cartel, adxudicarase ao mesmo recinto que no proxecto.

g) A maiores do anterior, deberase presentar tamén un arquivo en formato csv (campos separados por punto e coma), cuxo nome sexa o código completo do expediente coa separación do ano mediante guión baixo. No caso de non ter o número de expediente de axudas porase o NIF do solicitante e o nome (14150001_2022.csv, da mesma maneira que os outros arquivos xa vistos), coa seguinte estrutura:

Cód.

Cod_Act

Uds.

Coste/ud. (sen IVE)

Imp. total (sen IVE)

1

M21

0,36

515,16

185,46

1

M22

2,24

1

M24

2,24

1

M25

2,24

2

M21

2,08

515,16

1.071,53

2

M22

2,08

2

M24

2,08

2

M25

2,08

2

M00

1

255

255

Indíquese que:

– O custo/ud. non poderá superar o recollido no anexo XII da orde para cada tipo de actuación.

– O código da actuación será o recollido na táboa xa vista.

– As unidades superficiais figurarán en hectáreas arredondadas a dous decimais, separados usando (,), non punto (.), e corresponderanse coas que se van facer no recinto do arquivo shapefile presentado (el campo Cod é o mesmo). En cada liña da táboa para un mesmo Cod só pode ir unha actuación.

– O resto de datos numéricos (importes) arredondaranse tamén a dous decimais, separados usando (,), non punto (.) e non deberán ter separador de millares. Deberán ser valores, non fórmulas. É dicir, se son produto dun cálculo mediante unha fórmula, deberán copiarse e pegarse (pegado especial...) sobre a mesma cela como «valores».

– A orde das columnas na táboa é moi importante para o tratamento dos datos, polo que non se poderá variar. As liñas deberán vir ordenadas polo seu Cod de menor a maior. No caso de non axustarse ao pedido, non se poderán cargar os datos de maneira automática no programa informático e, polo tanto, tampouco poderá continuarse coa tramitación do expediente.

ANEXO X

Instrucións para a presentación dos xustificantes de gasto e de pagamento
das actuacións elixibles

1. Xustificantes de gasto. Consistirán en: facturas electrónicas ou copia das facturas orixinais en que se indicará se o importe se lle imputa total ou parcialmente á subvención. Neste ultimo caso indicarase a contía exacta que resulte afectada pola subvención.

a) As facturas deberán cumprir, como mínimo, os seguintes requisitos:

– Número e, se é o caso, serie.

– A data da súa expedición.

– Nome e apelidos, razón ou denominación social completa, tanto do obrigado a expedir factura como do destinatario das operacións.

– Número de identificación fiscal atribuído pola Administración española ou, se é o caso, pola doutro Estado membro da Comunidade Europea, con que realizase a operación o obrigado a expedir a factura.

– Domicilio, tanto do obrigado a expedir factura como do destinatario das operacións.

– Descrición das operacións. Consignaranse todos os datos necesarios para determinar a base impoñible do imposto, correspondente a aquelas, e o seu importe, incluíndo o prezo unitario sen imposto das ditas operacións, así como calquera desconto ou rebaixa que non estea incluído no dito prezo unitario.

– O tipo impositivo ou tipos impositivos, se é o caso, aplicados ás operacións.

– A cota tributaria que, se é o caso, lle repercuta, deberá consignarse por separado.

– A data en que se efectuasen as operacións que se documentan, sempre que se trate dunha data distinta á de expedición da factura.

–No caso de que unha operación estea exenta ou non suxeita ao IVE, especificarase o artigo da normativa referida ao IVE que así o recoñece.

– Só se considerará elixible a base impoñible que figure na factura.

– Non se admitirán como xustificantes de gasto albarás, notas de entrega, facturas pro forma, tíckets, xustificantes de recepción nin as facturas que non conteñan todos os requisitos citados para a súa consideración como tal ou cuxa data non se axuste aos prazos citados.

– A factura da planta utilizada ten que estar expedida por un viveiro autorizado e tamén se admitirán as facturas emitidas por comercializadores que veñan acompañadas da copia da factura do viveiro autorizado ao comercializador. No caso de enxertado, na factura figurará a procedencia da variedade empregada para o enxertado.

2. Xustificantes do pagamento efectivo. A xustificación do pagamento realizarase mediante a presentación de copia dalgún dos documentos que se relacionan a seguir:

a) Presentaranse o xustificante bancario do pagamento polo beneficiario (xustificante de transferencia bancaria, xustificante bancario de ingreso de efectivo na entidade, certificación bancaria, etc.), en que conste o número da factura obxecto de pagamento, a identificación do beneficiario que paga e do destinatario do pagamento, que deberá coincidir coa persoa, empresa ou entidade que emitiu a factura. No caso de que o xustificante bancario sexa transferencia bancaria, deberá ser unha copia que estará selada pola entidade bancaria.

b) Se o pagamento se instrumenta mediante efectos mercantís que permitan o pagamento aprazado (cheque, nota promisoria, letra de cambio, etc.), achegarase a copia da factura acompañada da copia do efecto mercantil, xunto coa documentación bancaria (extracto da conta do beneficiario, documento bancario acreditativo do pagamento do efecto, etc.) en que conste claramente que o dito efecto foi efectivamente pagado dentro do prazo de xustificación.

c) No caso de que un xustificante de pagamento inclúa varias facturas imputadas ao proxecto, deberán identificarse no documento do pagamento as facturas obxecto del.

d) No caso dunha factura cuxo pagamento se xustifique mediante varios documentos de pagamento, cada un destes deberá facer referencia á factura a que se imputa o pagamento, e irá xunto cunha relación de todos os documentos de pagamento e importes acreditativos do pagamento desa factura.

e) No caso de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas ao proxecto, deberá identificarse claramente no documento de pagamento a factura ou facturas cuxo pagamento se imputa ao proxecto.

f) No caso de facturas en moeda estranxeira, deben xuntarse os documentos bancarios de cargo en que conste o cambio utilizado.

missing image file

ANEXO XI

Carteis e placas

Os modelos de carteis e placas que os beneficiarios de axudas Feader deben utilizar para cumprir coas obrigas recollidas no artigo 26 adaptaranse ao seguinte formato estándar en que o emblema da Unión Europea e a denominación do fondo, conxuntamente co lema, ademais da descrición do proxecto ou operación, deberán ocupar como mínimo o 25 % do deseño.

Carteis e placas

A marca principal ocupará o largo do soporte cunha marxe ao seu arredor da metade do largo do escudo.

O título da obra que se vai executar terá unha altura de texto non superior a 2/3 da altura que teña o texto do logotipo.

Os datos da obra terán unha altura de texto non superior a 1/2 da altura do título.

O resto de logos deberán situarse ao final do cartel cunha marxe ao seu arredor da metade do largo do escudo.

Cores e tipo de letra.

Cor de fondo 1

RGB 0 123 196

Pantone 7461 C

Cor de fondo 2

RGB: 0/51/153

Pantone Reflex Blue

Tipo de letra

Xunta Sans

Tipo de letra Feader e lema

News Gothic

Dimensións

Axuda pública total

Cartel temporal

Placa permanente

>500.000 €

Dimensión mínima (A)

140 cm

30 cm

Altura mínima chan (h)

150 cm

-

No caso de encontrarse en óptimas condicións de mantemento, o cartel temporal poderá ser utilizado como placa permanente.

Axuda pública total

Cartel

Placa

>50.000 €

Dimensión mínima (A)

100 cm

30 cm

Altura mínima

130 cm

-

No caso de investimentos en infraestruturas, tales como camiños, operación de reestruturación parcelaria ou, en xeral, actuacións que abranguen unha grande área territorial, empregaranse preferentemente carteis. Cando o investimento financiado afecte un edificio, maquinaria ou similar, utilizaranse preferentemente placas.

Tanto os carteis como as placas serán de material resistente (ríxido ou semirríxido), e non será admisible a simple impresión en papel. Colocaranse sempre nun lugar visible ao público.

O elemento publicitario debe manterse, polo menos, durante un prazo idéntico ao do compromiso que adquire o beneficiario ao recibir a subvención.

ANEXO XII

Cadro de importes máximos subvencionables

Actuación

Investimento total

Importe máximo subvencionable (sen IVE)

1.1. Desmestas en masas de coníferas con diámetro normal medio inferior a 15 cm, acadando unha densidade final entre 800 e 1.200 pés/ha

1.031,41

1.031,41

1.2. Trituración dos restos, picadura ou extracción para o aproveitamento como biomasa

682,68

682,68

1.3. Tope €/ha proxecto en desmestas coníferas

47,85

47,85

1.4. Desmestas en masas de coníferas con diámetro normal medio inferior a 15 cm, acadando unha densidade final entre 800 e 1.200 pés/ha, en masas onde xa se executou unha desmesta en rúa. Deberase rozar a rúa, desmestar a entrerrúa e picar e extraer os restos

1.031,41

1.031,41

1.5. Rozas das superficies que conforme os puntos c), d), e) e g) do anexo II da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, que deberían estar ocupadas por especies frondosas do anexo I da lei e sexan lindeiras coas superficies de desmestas en masas de coníferas, deben rozarse na súa totalidade respectando os pés existentes de especies frondosas do anexo I da lei

515,16

515,16

2.1. Rozas en masas de coníferas (poda)

515,16

515,16

2.2. Podas en masas de coníferas, ata unha altura mínima de 2 m e máxima de 4 m e cunha densidade final máxima de 1.200 pés/ha e mínima de 500 pés/ha

605,70

605,70

2.4. Trituración dos restos, picadura ou extracción para o aproveitamento como biomasa

682,68

682,68

2.5. Tope €/ha proxecto en podas coníferas

47,85

47,85

2.6. Rozas das superficies que conforme os puntos c), d), e) e g) do anexo II da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, que deberían estar ocupadas por especies frondosas do anexo I da lei e sexan lindeiras coas superficies obxecto de poda en masas de coníferas, deban rozarse na súa totalidade respectando os pés existentes de especies frondosas do anexo I da lei

515,16

515,16

3.1. Rozas

696,73

696,73

3.2. Formación de guías en que se manifeste nitidamente a dominancia apical e a poda ata 1/3 da altura como mínimo

508,40

508,40

3.3. Selección de abrochos

694,87

694,87

3.4. Desmestas

837,09

837,09

3.5. Tope €/ha proxecto en frondosas

47,85

47,85

4.1. Rozas

696,73

696,73

4.2. Podas con funxicida

661,40

661,40

4.3. Tratamento fitosanitario

131,87

131,87

4.4. Aumento da densidade dos soutos mediante a plantación de castiñeiro híbrido resistente á tinta

194,77

194,77

4.5. Tope €/ha proxecto en castiñeiros

47,85

47,85

5.1. Aplicación de óxido cuproso 75 % [WG] p/p

80.00

80,00

6.1 Rozas en masas de coníferas (piñeiros) en resinación

515,16

515,16

7. Cartel identificativo (só elixible aos solicitantes que estean obrigados á súa colocación segundo o artigo 26)

255,00

255,00