Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 18 de marzo de 2022 Páx. 18378

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, á creación escénica e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento CT403B).

A Axencia Galega das Industrias Culturais é unha entidade de dereito público con personalidade xurídica propia, patrimonio propio e autonomía na súa xestión, que ten por obxecto o impulso e a consolidación do tecido empresarial no sector cultural galego, segundo o previsto nos artigos 3, 4 e 5 da Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais. A Axencia Galega das Industrias Culturais é o organismo en que a Xunta de Galicia, coa participación necesaria dos sectores culturais implicados, centraliza os programas de apoio destinados a reforzar o papel dos creadores individuais, empresas e industrias culturais privadas, dentro do obxectivo xenérico de promoción e fomento da cultura galega impulsado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade. O obxectivo da Axencia é consolidar o tecido industrial no sector cultural galego para promover un tecido empresarial capitalizado, competitivo e innovador, fomentar a creación e potenciar a comercialización de bens e servizos culturais de calidade, favorecendo a difusión da lingua e da cultura galegas como elementos singularizadores.

A Axencia pretende fomentar a demanda de produtos culturais na sociedade galega e, pola súa vez, aumentar a exportación. Os destinatarios da Axencia son as empresas culturais privadas dedicadas principalmente á produción, distribución ou comercialización de produtos culturais incorporados en calquera clase de soporte, así como de espectáculos ao vivo.

Con esta convocatoria de axudas, a Axencia Galega das Industrias Culturais quere seguir impulsando o marco de actuación baseado nas premisas:

1. Favorecer a produción escénica en todas as súas disciplinas artísticas.

2. O incremento de espectadores en artes escénicas.

3. A consolidación de industrias culturais competitivas que xeren un retorno.

4. A busca da excelencia nos produtos culturais galegos.

Por todo isto, en consonancia cos seus obxectivos inmediatos, e no uso das atribucións que me foron conferidas, resolvo aprobar a convocatoria de subvencións á creación escénica para o ano 2022, de acordo cos seguintes artigos:

Artigo 1. Obxecto, finalidade e principios de xestión

1. Esta resolución, no desenvolvemento das funcións e obxectivos encomendados e previstos na Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, ten por obxecto fixar as bases que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para contribuír á promoción da creatividade escénica, no marco das competencias deste organismo, e proceder á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento CT403B).

A finalidade das subvencións é o fomento da produción escénica en calquera disciplina artística.

2. As axudas deberán cumprir as condicións de exención e os límites do artigo 3 do Regulamento (UE) nº 1407/2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis. O importe total das axudas de minimis concedidas por un estado membro a unha única empresa non excederá os 200.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais.

3. Estas subvencións son incompatibles con outras axudas polo mesmo proxecto da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e dos seus organismos dependentes. No caso da modalidade 4, ademais, é incompatible con calquera das axudas convocadas pola Agadic.

4. Estas subvencións son compatibles con outras axudas polo mesmo proxecto do resto da Administración da Xunta de Galicia e organismos dependentes, así como doutras administracións públicas e entidades públicas ou privadas, e con outros ingresos ou recursos para a mesma finalidade. A suma das distintas axudas públicas para a mesma finalidade non pode superar o 100 % do custo do proxecto obxecto de subvención.

5. A normativa aplicable a estas subvencións axustarase ao disposto nesta resolución aprobatoria das bases de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, á creación escénica; na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia; na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como nos preceptos básicos do Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei xeral de subvencións; na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais; na Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, e demais normativa de xeral aplicación.

6. A xestión e a concesión destas axudas realizaranse mediante o procedemento de concorrencia competitiva, e de acordo cos seguintes principios:

a) Publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación.

b) Eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Administración outorgante.

c) Eficiencia na asignación de efectivos e na utilización de recursos públicos.

7. De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

8. De acordo co establecido no artigo 14, letra ñ) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas e entidades beneficiarias quedan informadas da existencia do Rexistro Público de Subvencións.

9. Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Axencia Galega das Industrias Culturais, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web oficial da Axencia Galega das Industrias Culturais: http://agadic.gal

b) Os teléfonos 881 99 60 77/881 99 60 78.

c) No enderezo electrónico agadic@xunta.gal

d) Persoalmente.

e) Na guía de procedementos e servizos administrativos no enderezo http://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos

Así mesmo, para cuestións xerais sobre este procedemento, poderá facerse uso do teléfono de información xeral da Xunta de Galicia 012.

Artigo 2. Persoas beneficiarias

1. Dentro dos límites orzamentarios e de acordo coas condicións e criterios que se establecen nestas bases, poderán acceder a estas axudas as persoas físicas (autónomas) ou xurídicas privadas, e as súas asociacións, así como as sociedades civís e comunidades de bens –ou calquera outra agrupación de persoas sen personalidade xurídica propia–, así como as unións temporais de empresas, dedicadas profesionalmente á produción de actividade escénica, que desenvolvan maioritariamente a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Non poderán ser beneficiarias desta convocatoria de subvencións en ningunha das súas modalidades:

a) As asociacións e restantes entidades sen fins de lucro.

b) As persoas beneficiarias da modalidade 4 (subvencións á actividade escénica de carácter plurianual) da convocatoria de subvencións á creación escénica do ano 2021.

c) As persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En todo caso, as persoas solicitantes declararán non estar incursas en tales circunstancias, consonte o establecido no anexo I desta convocatoria.

Artigo 3. Modalidades e requisitos da subvención

1. Esta liña de axudas comprende diferentes modalidades que se relacionan deseguido:

a) Modalidade 1: subvencións á creación de espectáculos de empresas de nova creación.

b) Modalidade 2: subvencións á creación escénica no ámbito do teatro, novo circo e maxia.

c) Modalidade 3: subvencións á creación escénica no ámbito da danza e artes do movemento.

d) Modalidade 4: subvencións á actividade escénica.

2. Todas as modalidades teñen carácter plurianual, afectando os exercicios orzamentarios de 2022 e 2023, agás a modalidade 4, que estende a súa vixencia ata o ano 2024.

3. Os requisitos xerais de todas as modalidades son:

a) A produción do proxecto subvencionado deberá iniciarse no exercicio 2022.

b) Nos supostos de coproducións, unicamente se terá en conta, para valorar os criterios relativos á empresa, a entidade que figure como persoa solicitante.

c) Sen prexuízo da posible presentación de máis dun proxecto distinto por unha mesma persoa solicitante nas distintas modalidades, só poderá ser obxecto de subvención un proxecto por persoa física, xurídica ou sociedade civil o comunidade de bens ou calquera outra agrupación de persoas sen personalidade xurídica propia. Para estes efectos, a persoa solicitante deberá establecer unha orde de prelación sobre os proxectos presentados, que a comisión de valoración terá en conta no caso de que varios proxectos se consideren subvencionables. Non poderán presentar o mesmo proxecto distintas persoas solicitantes. Non poderá presentarse un mesmo proxecto a distintas modalidades.

4. Ademais dos requisitos xerais, existen requisitos específicos, que se expresan a seguir:

a) Modalidade 1 (subvencións á creación de espectáculos de empresas de nova creación):

– O equipo artístico debe estar integrado, como mínimo nun 50 %, por persoas nacidas a partir do ano 1987, inclusive. Para os efectos desta convocatoria, enténdese por equipo artístico: elenco, dirección, persoa ou persoas responsables do deseño do espazo escénico, do deseño de luz, do deseño do espazo sonoro e do deseño do vestiario.

– Antigüidade da compañía non superior aos cinco anos. Para estes efectos, a constitución e antigüidade da compañía contabilizaranse desde a primeira data da alta no IAE na actividade de produción ou distribución de espectáculos de artes escénicas.

b) Modalidade 4 (subvencións á actividade escénica de carácter plurianual):

– Contar cunha actividade empresarial no ámbito das artes escénicas sen interrupción nos últimos 10 anos. Para estes efectos, a constitución e antigüidade da compañía contabilizaranse desde a primeira data da alta no IAE na actividade de produción ou distribución de espectáculos de artes escénicas.

– Facturación media dos tres últimos anos de 100.000 euros como mínimo.

– Os proxectos deberán conter, como mínimo, unha produción e un plan de xira de 70 funcións que recollan tanto o mercado galego como o exterior. Deste plan de xira, polo menos 15 funcións corresponderán a unha das producións do proxecto subvencionado.

– As producións que formen parte do proxecto subvencionado desta modalidade poderán presentarse individualizadamente ás outras modalidades desta convocatoria. Neste caso, a persoa solicitante deberá establecer, como no resto dos casos, a orde de prelación.

– Nesta modalidade 4 só serán elixidas dúas entidades beneficiarias con proxectos escénicos para desenvolver durante os anos 2022-2024.

5. Estrea dos proxectos subvencionados.

A estrea da produción ou producións que conformen o proxecto deberá realizarse:

– Para as modalidades 1, 2 e 3, a estrea será entre o 1 de abril de 2022 e o 31 de marzo de 2023.

– Para a modalidade 4, a estrea será entre o 1 de abril de 2022 e o 31 de marzo de 2024.

Artigo 4. Orzamento, imputación de créditos, contía de subvención e límites máximos

1. O importe global máximo das subvencións anteriormente detalladas será de 800.000 euros, suma que irá con cargo á aplicación orzamentaria 10.A1.432B.770.0 do orzamento de gastos da Agadic, código de proxecto 2010-00005, distribuído entre as anualidades 2022, 2023 e 2024 segundo o cadro que segue:

Anualidade

Importe

2022

200.000,00 €

2023

500.000,00 €

2024

100.000,00 €

2. Os importes previstos poderán ser incrementados ao longo do exercicio, nos supostos establecidos no artigo 31.2 da Lei de subvencións de Galicia e tras declaración previa de dispoñibilidade de crédito, logo da modificación orzamentaria que proceda e sempre antes da resolución de concesión. Se é o caso, a ampliación de crédito deberase publicar nos mesmos medios que esta convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver.

3. Contías das subvencións e límites máximos:

Modalidade

Orzamento máximo por proxecto e modalidade

Límite da subvención sobre orzamento

Contía máxima da subvención

Modalidade 1: nova creación

20.000,00

90 %

18.000,00 euros

Modalidade 2: creación escénica teatro, novo circo e maxia

80.000,00

75 %

60.000,00 euros

Modalidade 3: danza e artes do movemento

50.000,00

75 %

37.500,00 euros

Modalidade 4: actividade escénica plurianual

150.000,00

80 %

100.000,00 euros

4. Sen prexuízo das dotacións indicadas en cada modalidade, cando por razón de falta de solicitudes, incumprimento de requisitos ou de falta de calidade dos proxectos presentados non se esgotase a contía establecida nunha ou varias modalidades, a Comisión de Valoración proporalle á Dirección da Agadic o incremento da cantidade establecida en calquera das outras modalidades. No caso deste traspaso, terá prioridade a modalidade en que o desequilibrio entre a cantidade solicitada e a dotación inicial sexa maior.

Artigo 5. Gastos subvencionables

1. Os gastos subvencionables serán aqueles que respondan indubidablemente á natureza da actividade subvencionada, se realicen dentro do período de execución establecido na presente convocatoria e se xustifiquen e acrediten o seu pagamento con antelación á data de xustificación da subvención.

2. Para os efectos desta convocatoria, son gastos subvencionables:

a) Gastos de persoal incluídos na ficha de produción. Para a modalidade 4, tamén serán subvencionables os gastos de persoal incluído na xira realizada (máximo, 70 % do total do proxecto).

b) Gastos de produción (escenografía, vestiario, música, luz, son, etc.). Os gastos deberán corresponder co proxecto presentado (máximo, 30 % do proxecto).

c) Gastos de promoción e publicidade, de acordo co orzamento presentado (máximo, 10 % do proxecto).

d) Dereitos de autor.

e) Axudas de custo, transporte e/ou outras indemnizacións, conforme as tarifas máximas establecidas no convenio colectivo de actores e actrices de Galicia.

f) Gastos xerais de mantemento e xestión, ata un máximo do 7 % sobre os custos totais.

g) Gastos financeiros, se están directamente relacionados coa actividade subvencionable e son indispensables para a adecuada preparación ou execución desta, de conformidade co artigo 29.7 da Lei de subvencións de Galicia.

h) Alugueiro de locais de ensaio, cun máximo tres meses, agás para a modalidade 4 que será un máximo de seis meses.

Admitiranse desviacións ata un máximo do 20 %, debidamente motivadas, entre as diferentes partidas de gasto, a excepción dos gastos xerais.

3. Non serán subvencionables os gastos relativos a:

a) Xuros debedores das contas bancarias.

b) Imposto sobre o valor engadido, así como os impostos de natureza similar que sexan recuperables pola entidade.

c) Gastos de subcontratación de servizos con empresas vinculadas ou con aquelas que non teñan como obxecto social e actividade social a prestación dos servizos obxecto da subcontratación.

d) Gastos de contratación de servizos artísticos por parte das persoas titulares da empresa, cando excedan os seguintes límites: 20 % do total do proxecto, por cada persoa titular, co límite máximo do 50 %.

e) Calquera outro non vinculado directamente coa actividade obxecto de subvención.

4. Consideraranse gastos subvencionables os relativos á produción escénica comprendidos entre o 1 de xaneiro de 2022 e a data da estrea para as modalidades 1, 2 e 3. No caso da modalidade 4, consideraranse tamén subvencionables os gastos orixinados pola xira para a execución de todas as funcións comprometidas.

Para aquelas persoas beneficiarias dunha subvención ao abeiro da Resolución do 12 de marzo de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, á creación escénica de 2021 que non estrearan o proxecto subvencionado no ano 2021, o período subvencionable abrangue desde a estrea do devandito proxecto en 2022 ata a estrea do novo proxecto subvencionado ao abeiro desta convocatoria.

Artigo 6. Inicio do procedemento: presentación de solicitudes

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Artigo 7. Prazo de presentación das solicitudes e emenda

1. O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

2. Se a solicitude non está debidamente cuberta, non se achega a documentación exixida ou non se reúnen os requisitos sinalados na normativa da convocatoria ou os que, con carácter xeral, se indican na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a persoa interesada será requirida para que no prazo de 10 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da notificación do requirimento, emende o defecto advertido, a falta detectada ou presente os documentos preceptivos, e indícase ademais que, de non o facer, se considerará que desiste na súa petición, logo de resolución que declarará esta circunstancia e que deberá ser ditada nos termos previstos na lei.

Artigo 8. Documentación complementaria

1. Ademais da solicitude (anexo I), as persoas interesadas presentarán, con carácter xeral, a seguinte documentación:

1.1. Se a persoa solicitante é unha persoa xurídica:

a) Certificado do acordo social de solicitude da axuda.

b) Estatutos rexistrados e escrituras de constitución inscritos no rexistro que corresponda.

c) Documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude.

1.2. Se a persoa solicitante é unha sociedade civil e comunidades de bens ou calquera outra agrupación de persoas sen personalidade xurídica propia deberá facer constar:

a) Nomeamento do representante ou apoderado legal único da agrupación (con poder bastante para cumprir as obrigas que, como persoa beneficiaria, lle corresponden á agrupación; debendo facer constar tal circunstancia tanto na solicitude como na aceptación da concesión da axuda).

b) Os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación e o importe de subvención que se lle aplicará a cada un.

c) O compromiso de non disolución destas ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

1.3. Memoria do proxecto que inclúa separadamente o tratamento, por parte das persoas solicitantes, dos seguintes puntos:

a) Interese cultural e artístico, relevancia e singularidade do proxecto e obxectivos.

b) Estratexias de difusión e promoción do proxecto.

c) Repercusión do proxecto na creación e fomento de públicos para as artes escénicas.

d) Viabilidade técnica e económica do proxecto proposto tendo en conta especialmente o orzamento, os recursos empresariais implicados e a adecuación do proxecto e do orzamento aos obxectivos que se perseguen.

e) Descrición que recolla todos os recursos relativos á posta en escena do espectáculo e que inclúa o currículo de actores e actrices e traballo actoral e coreográfico, escenografía, vestiario ou outros aspectos plásticos, iluminación, música, así como calquera outro aspecto creativo que se considere.

1.4. Certificación acreditativa da titularidade dos dereitos de autor. Nun primeiro momento (e durante o trámite de presentación da solicitude da subvención), poderase achegar unicamente a acreditación da súa solicitude. Non obstante, a dita titularidade deberase acreditar con anterioridade ao aboamento da subvención.

1.5. Memoria da empresa (anexo II).

1.6. Memoria das actividades realizadas pola compañía (anexo III).

1.7. Declaración responsable de que os datos dos espectáculos producidos e distribuídos nos anos 2019, 2020 e 2021, así como a relación de funcións, recollidos no anexo I, son certos.

1.8. Ficha de produción (anexo IV).

1.9. Historial da directora ou director (anexo V).

1.10. Declaración responsable de que os datos da directora ou director correspondentes ás titulacións, espectáculos dirixidos e premios á dirección, recollidos no anexo I, son certos.

1.11. Plan económico financeiro (anexo VI).

1.12. Compromiso de contratación das persoas integrantes do equipo artístico, asinado tanto pola empresa como pola persoa traballadora, coa declaración expresa de non participación en máis de tres proxectos escénicos e cos salarios referidos ao convenio en vigor (anexo VII).

1.13. As solicitudes á modalidade 1 deberán presentar, ademais, unha declaración responsable de que o equipo artístico (elenco, dirección, persoa ou persoas responsables do deseño do espazo escénico, do deseño de luz, do deseño do espazo sonoro e do deseño do vestiario) está integrado, como mínimo nun 50 %, por persoas nacidas a partir do ano 1987, inclusive.

1.14. As solicitudes á modalidade 4 deberán presentar, ademais, unha declaración responsable do compromiso de realización de, como mínimo, 70 funcións, con polo menos 15 delas correspondentes a unha das producións do proxecto. As persoas solicitantes da modalidade 4, cando o proxecto estea integrado por máis dunha produción, poderán presentar os anexos IV (ficha de producción), V (historial da persoa directora), VI (plan económico financeiro), adaptados ao proxecto, respectando en todo caso as epígrafes de cada un deles.

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

4. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

6. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 9. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

– DNI ou NIE da persoa solicitante.

– DNI ou NIE da persoa representante.

– NIF da entidade solicitante.

– Certificado de estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na epígrafe/subepígrafe que corresponda, no exercicio actual.

– Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

– Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

– Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas coa Comunidade Autónoma.

– Consulta de concesións de subvencións e axudas.

– Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

– Consulta de concesións pola regra de minimis.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 10. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 11. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 12. Instrución do procedemento e competencia para a avaliación de solicitudes

1. A Dirección da Agadic, directamente ou a través dos seus servizos administrativos, actuará como órgano instrutor do procedemento, nos termos previstos no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e correspóndelle realizar de oficio cantas actuacións considere necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales se debe pronunciar a resolución. En particular, terá atribuídas especificamente as seguintes funcións:

1.1. Examinar as solicitudes e documentación presentadas.

1.2. Requirir das persoas solicitantes a emenda ou achega da documentación que resulte de obrigado cumprimento.

1.3. Formular a proposta de resolución, debidamente motivada.

2. Co fin de facilitar unha mellor avaliación das solicitudes, poderáselles pedir información complementaria ás persoas interesadas, a persoas profesionais e expertas, así como a outros servizos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

En todo caso, a Dirección da Agadic poderá requirir ás persoas solicitantes para que proporcionen calquera información aclaratoria que resulte necesaria para a xestión da súa solicitude.

Sen prexuízo das facultades que teñan atribuídas outros órganos da Administración do Estado ou da Comunidade Autónoma, a Dirección da Agadic e as unidades administrativas encargadas da tramitación e seguimento do expediente respectivo poderán comprobar en todo momento a aplicación das subvencións concedidas para os fins programados, e levará a cabo as funcións de control, así como de avaliación e seguimento dos labores e demais actuacións que deriven da presente resolución.

Para estes efectos, as persoas beneficiarias deberán cumprir coas obrigas de comprobación que se establezan nesta resolución e na de adxudicación da subvención.

Artigo 13. Comisións de Valoración

1. O director da Agadic nomeará as persoas que formarán parte das dúas comisións de Valoración que se constituirán para a avaliación das solicitudes, que non poderán estar directa ou indirectamente relacionadas cos expedientes obxecto de valoración.

A presidencia das dúas comisións recaerá na persoa responsable da Dirección da Agadic e a Secretaría, que será común para as dúas comisións, será desempeñada por unha persoa do cadro de persoal da Agadic, que non terá dereito a voto.

2. As comisións estarán integradas polos seguintes vogais:

Para a avaliación dos criterios automáticos, dúas persoas do cadro de persoal da Agadic.

Para a avaliación dos criterios artísticos, tres profesionais externos de entre persoas vinculadas ao mundo das artes escénicas en Galicia.

3. A condición de vogal da comisión ten carácter persoal e non pode actuar por delegación nin ser substituído en ningún caso. Os membros da comisión declararán por escrito non ter relación coas persoas solicitantes ou, se é o caso, cos partícipes das persoas xurídicas solicitantes na correspondente convocatoria anual.

4. Tanto estas comisións como o órgano instrutor especificado no artigo anterior poderán solicitar das persoas beneficiarias cantos datos e acreditacións xulguen necesarios para unha máis correcta avaliación dos proxectos.

5. A comisión de valoración artística, previamente á cualificación das solicitudes, elaborará unha acta concretando os criterios definidos no artigo 14.b) para aplicalos de xeito obxectivo. Así mesmo, tras a súa avaliación deixarase constancia documental cun informe da motivación das puntuacións.

6. A avaliación das solicitudes presentadas farase en dúas fases. A primeira será a avaliación dos criterios automáticos establecidos no artigo 14 e será levada a cabo por unha comisión formada por persoal da Agadic. A segunda fase será a avaliación dos criterios artísticos e será realizada por unha comisión formada por profesionais do ámbito escénico.

A puntuación final dos proxectos propostos para ser subvencionados consistirá na suma de ambas as valoracións.

As dúas comisións reuniranse para poñer en común o resultado de cada unha das fases e emitirán un informe conxunto relacionando os proxectos examinados por orde de prelación, indicarán a puntuación asignada a cada un deles e farán unha proposta dos que se consideran subvencionables.

Artigo 14. Criterios de valoración e avaliación

1. A valoración das solicitudes presentadas realizarase de acordo cos seguintes criterios, excepto para a modalidade 1, na cal non se terán en conta os puntos 1 (valoración da empresa) e 2 (capacidade de produción e distribución) dos criterios automáticos:

A. Criterios automáticos. Máximo 62 puntos.

1. Valoración da empresa: 12 puntos.

1.1. Porcentaxe mínima da subvención solicitada sobre o orzamento do proxecto: 4 puntos.

– Máis do 65 % ata o 70 %: 1 punto.

– Entre o 55 % e o 65 %: 2 puntos.

– Menos do 55 %: 4 puntos.

1.2. Facturación media da empresa dos últimos tres anos: 4 puntos.

– Entre 50.000 e 100.000 euros: 1 punto.

– Máis de 100.000 ata 200.000 euros: 2 puntos.

– Máis de 200.000 euros: 4 puntos.

Para a modalidade 3, a avaliación deste punto 1.2 será:

– Entre 15.000 e 25.000 euros: 1 punto.

– Máis de 25.000 ata 40.000 euros: 2 puntos.

– Máis de 40.000 euros: 4 puntos.

1.3. Nivel de contratación de persoal: 4 puntos (cálculo realizado sobre a media do importe das cotizacións á Seguridade Social da empresa –socios traballadores e contratados laborais– nos últimos tres anos naturais na rama de actividade de empresas de espectáculos).

– Entre de 5.000 e 12.000 euros: 1 punto.

– Máis de 12.000 ata 18.000 euros: 2 puntos.

– Máis de 18.000 euros: 4 puntos.

Para a modalidade 3, a avaliación deste punto 1.3 será:

– Entre de 1.500 e 3.000 euros: 1 punto.

– Máis de 3.000 ata 6.000 euros: 2 puntos.

– Máis de 6.000 euros: 4 puntos.

2. Capacidade de produción e distribución: 16 puntos.

2.1. Nivel de produción: 3 puntos.

– 0,5 por espectáculo producido pola entidade solicitante durante os últimos tres anos naturais, dun mínimo de 35 minutos de duración (excepto para espectáculos de danza), con dez ou máis representacións realizadas (cinco, para os espectáculos de danza).

2.2. Nivel de distribución: 13 puntos.

Media anual de funcións distribuídas nos últimos tres anos dos espectáculos producidos pola entidade solicitante. Terán a consideración de funcións aquelas que supoñan unha contraprestación económica e unha duración mínima de 35 minutos. Non se exixirá duración mínima para espectáculos de danza. Para a contabilización das funcións realizadas de cada espectáculo aplicarase a seguinte dobre ponderación:

– Ponderación 1: funcións realizadas fóra de Galicia: 1,5; funcións realizadas en Galicia, incluídas as da RGTA, RGS (salvo a propia ou xestionada) e RGMV: 1.

– Ponderación 2: caché ata 1.500 euros×0,65; caché entre 1.501 e 2.500 euros×1; caché entre 2.501 e 4.500 euros×1,5; caché superior a 4.500 euros×2.

– Entre 10 e 20 funcións: 2 puntos.

– Entre 21 e 50 funcións: 6 puntos.

– Entre 51 e 70 funcións: 9 puntos.

– Entre 71 e 90 funcións: 12 puntos.

– Máis de 90 funcións: 15 puntos.

3. Características da produción: máximo 34 puntos.

3.1. Autoría do texto: 3 puntos.

– Obra orixinal de autor ou autores galegos vivos: 3 puntos.

– Outros autores galegos: 2 puntos.

– Outros: 1 punto.

Nesta epígrafe a autoría do texto é equiparable á autoría da coreografía.

A consideración de obra orixinal estará suxeita ao rexistro dos dereitos de autor. O rexistro deberá ser efectivo con anterioridade ao cobramento da subvención.

3.2. Dirección artística: máximo 12 puntos.

3.2.1. Fomento da dirección feminina: 2 puntos.

3.2.2. Traxectoria profesional:

– 0,5 puntos pola titulación oficial no ámbito das artes escénicas e/ou musicais.

– 0,25 puntos por outras titulacións oficiais relacionadas coas artes escénicas e musicais.

– 0,25 puntos por cada premio á dirección de espectáculos escénicos profesionais, cun máximo de 2 puntos.

– 0,5 puntos por cada dirección de montaxes profesionais de artes escénicas, ata un máximo de 8 puntos.

Cando a dirección do espectáculo sexa compartida, terase en conta a puntuación do director ou directora con máis puntuación global.

3.3. Elenco (actores, manipuladores, bailaríns e músicos en escena): máximo 7 puntos.

– 1 punto por intérprete.

3.4. Investimento en promoción e publicidade: 3 puntos.

Investimento en medios de comunicación, cartelaría, páxina web específica do proxecto, folletos, vídeos e aquelas accións promocionais que fagan máis visible a produción.

– Entre o 10 % e o 15 % do orzamento do proxecto: 1 punto.

– Máis do 15 % do orzamento do proxecto: 3 puntos.

3.5. Premios ao texto: 9 puntos.

– Premios da Agadic: 9 puntos.

– Outros premios: 2 puntos.

As compañías que presenten para a súa produción textos premiados pola Agadic, non estreados con anterioridade, recibirán 9 puntos. En caso de que o texto percibise outro premio, recibirán dous puntos.

3.6. Para a modalidade 4 terase en conta o sumatorio global das producións presentadas no proxecto en cada epígrafe, dentro dos límites máximos establecidos.

Cando unha compañía estea formada pola fusión, escisión ou cambio de forma xurídica ou razón social dunha ou de varias compañías preexistentes, recoñeceráselle a traxectoria anterior destas para os efectos de avaliación. No suposto de escisión, o recoñecemento será pola parte proporcional que corresponda á parte escindida integrada na nova sociedade. No caso de que unha das partes escindidas non exerza actividade empresarial demostrada, a outra parte acumulará toda a traxectoria.

2. Os proxectos que se consideren subvencionables recibirán unha puntuación adicional por número de intérpretes (actores, manipuladores, bailaríns e músicos en escena) para os efectos da asignación das contías que se lles adxudiquen, tendo en conta os límites de cada modalidade. Esta puntuación será de catro puntos por cada intérprete ata un máximo de 25 puntos.

B. Criterios artísticos da memoria do proxecto. Máximo 38 puntos.

1. Interese cultural e artístico, relevancia e singularidade do proxecto presentado e dos obxectivos expostos: ata 4 puntos.

2. Estratexias de difusión e promoción do proxecto: ata 2 puntos.

3. Repercusión na creación e fomento de públicos para as artes escénicas: ata 2 puntos.

4. Viabilidade técnica e económica do proxecto proposto tendo en conta especialmente o orzamento, os recursos empresariais implicados e a adecuación do proxecto e do orzamento aos obxectivos que se perseguen: ata 2 puntos.

5. Memoria do proxecto que recolla todos os recursos relativos á posta en escena do espectáculo e inclúa o currículo de actores e actrices e traballo actoral e coreográfico, escenografía, vestiario ou outros aspectos plásticos, iluminación, música, así como calquera outro aspecto creativo que se considere: ata 28 puntos.

Artigo 15. Resolución da convocatoria

1. Instruído o procedemento, o órgano instrutor, á vista do expediente, da documentación requirida, e unha vez entregado o informe preceptivo conxunto por parte das comisións de Valoración, ditará a proposta de resolución en que indicarán o número de solicitudes subvencionadas e o importe económico da subvención correspondente a cada unha delas. O importe económico determinarase en función das dispoñibilidades orzamentarias, do orzamento do proxecto, do importe solicitado e da puntuación derivada da aplicación dos criterios de valoración. Esta proposta de resolución será elevada á presidencia do Consello Reitor da Agadic.

2. A presidencia do Consello Reitor da Agadic, por delegación do Consello Reitor (disposición adicional do Acordo do 24 de xullo de 2012, DOG núm. 164, do 29 de agosto), deberá ditar resolución expresa, no prazo de 15 días desde a data de elevación da proposta de resolución. A citada resolución deberase ditar e notificar no prazo máximo de cinco meses, contados desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria pública, será motivada e fará mención expresa das persoas beneficiarias, da contía da axuda e dunha desestimación xeneralizada do resto dos proxectos solicitantes.

3. O vencemento do prazo máximo indicado sen que se notifique a resolución posibilitará que as persoas interesadas poidan entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo.

4. A resolución da convocatoria porá fin á vía administrativa e contra ela poderanse interpor os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante a presidencia do Consello Reitor da Agadic, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa.

b) Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa.

Artigo 16. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 17. Aceptación da subvención

1. Unha vez notificada a resolución, as persoas beneficiarias comunicarán á Agadic a aceptación por escrito da subvención concedida no prazo máximo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da notificación da resolución de concesión. Transcorrido este prazo sen comunicarse esta aceptación ou sen producirse manifestación expresa, entenderase como tacitamente aceptada.

2. A entidade beneficiaria deberalle remitir á Agadic o plan económico-financeiro (anexo VI) adaptado á subvención concedida (só no suposto de que a subvención recibida sexa inferior á solicitada e, como máximo, pola diferenza entre ambas as cantidades). Esta documentación deberase remitir no prazo máximo de 10 días hábiles, contados desde a notificación da resolución de concesión.

Artigo 18. Obrigas das persoas beneficiarias

1. As persoas beneficiarias destas axudas adquiren os seguintes compromisos e obrigas, de conformidade co establecido no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, sen prexuízo das demais obrigas que resulten da presente convocatoria:

a) Cumprir o obxectivo e realizar a actuación subvencionada de conformidade co proxecto presentado ou, se é o caso, o modificado coa autorización da Agadic.

b) As persoas beneficiarias das modalidades 1, 2 e 3 estarán obrigadas a realizar, no prazo de seis meses desde a data da estrea do espectáculo, un mínimo de oito representacións do espectáculo subvencionado (3 representacións, se o espectáculo é de danza ou novo circo) co límite do 30 de setembro de 2023, e para a modalidade 4 a data límite para presentar a xustificación da xira das funcións subvencionadas será o 30 de abril de 2024. Non se procederá ao pagamento de máis do 80 % da subvención concedida mentres non se xustifique o cumprimento da realización das funcións incluídas na subvención.

c) Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas no texto refundido da Lei de contratos do sector público, para o contrato menor, a persoa beneficiaria deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, prestación do servizo ou entrega do ben, salvo que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren, ou salvo que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude da subvención.

d) Someterse ás actuacións de comprobación, control e inspección que efectúe o órgano concedente e ás de control financeiro que lle corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas ou a outros órganos da Administración estatal ou da Unión Europea, aos cales se facilitará canta información lles sexa requirida para este efecto, todo isto de conformidade co disposto na Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e demais normativa regulamentaria de desenvolvemento, e conservar os documentos xustificativos de aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control e de conformidade co procedemento recollido nos artigos 23 e concordantes da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

e) Comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, ingresos, axudas ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera das administracións públicas ou entes públicos autonómicos, nacionais ou internacionais, así como calquera outra modificación das circunstancias que no seu día foron tidas en conta para a súa concesión, e dos compromisos e obrigas asumidos polas persoas beneficiarias. Esta comunicación deberase efectuar no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

f) Dar a axeitada publicidade do carácter público do financiamento dos programas, actividades, investimentos ou actuacións de calquera tipo que sexan obxecto de subvención. Tanto nos actos públicos como no material de difusión que se elabore debe facerse mención expresa da colaboración da Xunta de Galicia no desenvolvemento das actividades subvencionadas. A persoa beneficiaria comprométese a utilizar en todo o material de difusión que realice a imaxe corporativa do Xacobeo 2021-2022 e a da Xunta de Galicia, seguindo as normas respectivas en materia de identidade corporativa, dispoñibles na web da Xunta de Galicia.

2. O incumprimento das anteriores obrigas por parte dos adxudicatarios dará lugar á exixencia das responsabilidades ou sancións previstas no título IV da Lei 9/2007, sen prexuízo do disposto no artigo 24 destas bases.

Artigo 19. Xustificación da subvención

1. Os gastos xustificados deberán responder, de maneira indubidable, á natureza da actividade subvencionada e ter correspondencia clara coas partidas do orzamento aceptadas pola Axencia Galega das Industrias Culturais na resolución de concesión da subvención ou coas modificacións ou reasignacións, de ser o caso, autorizadas.

2. Solo se considerará gasto realizado o que foi efectivamente pagado con anterioridade á finalización do período de xustificación determinado na normativa reguladora da subvención.

3. A falta de presentación da xustificación no prazo establecido ou a concorrencia dalgunha das causas de reintegro previstas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia. Neste caso, ditarase a oportuna resolución nos termos do artigo 21.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

4. Para a xustificación da subvención, a entidade beneficiaria deberá entregar a documentación que se indica a seguir:

a) Memoria de actividade subvencionada (anexo IX).

b) Balance dos ingresos e gastos xerados na totalidade do proxecto (anexo X).

c) Relación clasificada e ordenada de todos os gastos imputados á actividade obxecto da subvención, polo importe total do gasto. Os documentos que non estean identificados non serán tidos en conta. A relación de gastos deberá reflectir as contías con IVE e sen IVE (anexo XI).

d) Facturas e outros documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa, entendendo por calquera documento presentado para xustificar que a contabilidade reflicte a imaxe fiel da realidade.

e) Certificación bancaria acreditativa da realización dos pagamentos correspondentes a todos os gastos imputados á subvención concedida.

f) Relación de subvencións, achegas ou outros recursos concedidos para o mesmo obxecto por outras administracións públicas, así como declaración das axudas concedida en réxime de minimis durante os tres últimos exercicios (anexo VIII).

g) Xustificantes do ingreso na Facenda pública das cantidades retidas á conta do imposto sobre a renda das persoas físicas correspondentes aos contratos de alugueiro de locais de ensaio, o correspondente aos contratos laborais formalizados, de acordo coas porcentaxes de retención legalmente establecidas, así como, se é o caso, os xustificantes de pagamento das cotas da Seguridade Social correspondentes aos ditos contratos.

h) Unha copia en formato CD, DVD, enlace web ou outro sistema analóxico ou dixital, dos soportes visuais, gráficos ou sonoros (catálogos, programas, carteis, vídeos, etc.) empregados para a difusión e promoción da produción; a dita documentación poderase achegar, do mesmo xeito, por vía electrónica ou telemática e para os únicos efectos de comprobar a realización da actividade. Cando se trate de creación teatral, copia do texto da obra que se pretende producir, polas mesmas vías e formatos anteriormente enumerados.

i) Gravación do espectáculo, en calquera formato dixital.

Ademais, deberase presentar (en relación cos dous últimos puntos) unha autorización expresa e asinada polo adxudicatario da axuda en que se faga constar que a entrega tanto da gravación do espectáculo como da copia do texto se realiza para os meros efectos de arquivamento e documentación da Agadic.

As persoas solicitantes da modalidade 4, cando o proxecto estea integrado por máis dunha produción, poderán presentar os anexos IX (memoria da actividade subvencionada), X (balance de ingresos e gastos), XI (documentación xustificativa dos gastos), adaptados ao proxecto, respectando en todo caso as epígrafes de cada un deles.

5. Os prazos para a xustificación da subvención son os seguintes:

a) A anualidade correspondente ao exercicio de 2022, o período de xustificación remata o 30 de outubro de 2022.

b) A anualidade correspondente ao exercicio de 2023, o período de xustificación remata o 30 de maio para as modalidades 1, 2 e 3. Para a modalidade 4, a data máxima de xustificación da anualidade de 2023 será o 30 de outubro de 2023.

c) No caso da modalidade 4, a anualidade correspondente ao exercicio de 2024, o período de xustificación remata o 30 outubro de 2024.

6. As persoas beneficiarias que non xustifiquen a anualidade correspondente nas datas sinaladas nin soliciten a reasignación da subvención, perderán o dereito ao cobramento do importe non xustificado en tempo e forma.

7. O órgano concedente da subvención terá a obriga de comprobar o cumprimento pola persoa beneficiaria dos requisitos establecidos na presente resolución para proceder ao pagamento das subvencións incluíndo no expediente un certificado acreditativo da verificación realizada e o alcance das comprobacións practicadas de conformidade co artigo 58 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Igualmente, será requisito necesario para o pagamento da subvención outorgada a xustificación e o debido cumprimento da totalidade das obrigas económicas e de actividades correspondentes ás subvencións que sexan concedidas pola Agadic durante o exercicio 2022.

8. No suposto de que o importe correctamente xustificado sexa inferior ao orzamento presentado coa solicitude, a contía da subvención reducirase proporcionalmente.

9. Do mesmo xeito, e segundo as previsións contidas no artigo 27 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e no artigo 43 do Decreto 11/2009, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, a persoa beneficiaria dunha subvención da Agadic unicamente poderá subcontratar total ou parcialmente a actividade subvencionada ata o 50 % do seu importe, e en ningún caso poderá subcontratar unha única persoa física ou xurídica por máis do 25 % do importe total da subvención outorgada, nin tampouco se poderán subcontratar as actividades que, aumentando o custo do proxecto subvencionado, non acheguen valor engadido ao seu contido.

10. Deberá entregarse a documentación acreditativa do número de funcións realizadas mediante certificados de actuación, certificación expedida pola entidade de xestión de dereitos que corresponda, contratos de actuacións ou por calquera outro medio ou documento que acredite, de forma fidedigna, a realización do número mínimo de funcións exixidas para cada unha das modalidades.

Artigo 20. Pagamento

1. O pagamento de cada anualidade realizarase unha vez recibida a documentación xustificativa da subvención e realizadas as actuacións de comprobación oportunas para verificar o cumprimento da actividade subvencionada polos órganos competentes da Axencia.

2. Procederá a minoración da subvención concedida cando o investimento realizado teña un custo inferior ao inicialmente previsto e sempre que esta minoración, debidamente xustificada pola entidade beneficiaria, non supoña unha realización deficiente da actuación subvencionada.

3. Previamente ao pagamento as entidades beneficiarias acreditarán que se atopan ao día nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e que non teñen pendente de pagamento ningunha débeda por ningún concepto coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia e non son debedores por resolución de procedencia de reintegro.

4. Para estes efectos, se a persoa beneficiaria se opón á consulta ou denega expresamente a autorización para que sexa o órgano xestor quen solicite esta información, deberá achegar as ditas certificacións, de conformidade co disposto no artigo 9.2.

Conforme o artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, se as actuacións de oficio realizadas polo órgano instrutor desen como resultado que a persoa beneficiaria ten débedas ou obrigas con algunha destas administracións, requiriráselle que regularice a súa situación e presente por si mesma os correspondentes certificados.

Artigo 21. Pagamentos anticipados

1. As persoas ou entidades beneficiarias, unha vez ditada a resolución de concesión da subvención, poderán solicitar un anticipo de ata o 50 % da subvención concedida, ao abeiro do disposto no artigo 63 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, sen que se supere a anualidade prevista en cada exercicio orzamentario. A concesión do anticipo realizarase mediante resolución motivada.

2. As persoas ou entidades beneficiarias que reciban pagamentos anticipados, cando estes excedan a cantidade de 18.000 euros, deberán constituír unha garantía, mediante seguro de caución prestado por entidade aseguradora ou mediante aval solidario de entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca, que deberá cubrir o 110 % do importe do anticipo, e deberá alcanzar, como mínimo, ata os dous meses seguintes á finalización do prazo de xustificación.

Artigo 22. Pagamentos á conta

1. As persoas ou entidades beneficiarias, unha vez ditada a resolución de concesión da subvención, poderán solicitar pagamentos á conta, tal e como se recolle no artigo 62 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, o que poderá supoñer a realización de pagamentos fraccionados que responderán ao ritmo de execución das accións subvencionadas. A porcentaxe máxima dos pagamentos á conta non excederá do 50 % do importe da subvención concedida nin excederá a anualidade prevista en cada exercicio orzamentario.

2. As persoas ou entidades beneficiarias que reciban pagamentos á conta, cando estes excedan a cantidade de 18.000 euros, deberán constituír unha garantía, mediante seguro de caución prestado por entidade aseguradora ou mediante aval solidario de entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca, que deberá cubrir o 110 % do importe do anticipo, e deberá alcanzar, como mínimo, ata os dous meses seguintes á finalización do prazo de xustificación.

Artigo 23. Modificación da resolución

1. A Axencia Galega das Industrias Culturais ten a facultade de revisar as axudas concedidas e modificar a resolución de concesión no caso de alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención.

2. A persoa beneficiaria ten a obriga de solicitar á Agadic a aceptación de calquera modificación ou alteración relevante ou significativa sobre o proxecto subvencionado. Para que tales modificacións poidan ser tidas en conta na xustificación deberán ser previamente aceptadas pola Agadic. As alteracións non autorizadas, ou non solicitadas, poderán dar lugar á minoración da subvención concedida ou á súa revogación.

3. Non se aceptarán modificacións que afecten os requisitos para poder optar ás subvencións exixidos no artigo 3.3 e 3.4 da presente resolución.

4. En canto ao resto das modificacións solicitadas, a Agadic poderá acordar, de xeito motivado, a modificación da resolución de concesión, coa minoración proporcional derivada das alteracións.

5. A distribución de anualidades adxudicadas poderá modificarse, logo de solicitude da persoa beneficiaria na cal motive suficientemente a alteración, atendendo ás dispoñibilidades orzamentarias, e mediante resolución motivada do director da Agadic. A modificación da repartición entre anualidades exixirá a tramitación da correspondente modificación do expediente de gasto, de acordo co establecido no artigo 35 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia.

6. A reasignación de anualidades debe solicitarse, como mínimo, cun mes de antelación á data de xustificación da anualidade en que se pretende facer efectiva a reasignación e terá en conta o seguinte:

a) Cando a reasignación implique diferir o importe da anualidade corrente para a anualidade seguinte, a cantidade que se vai reasignar non poderá supor máis do 80 % do importe da anualidade que se xustifique.

b) Cando a reasignación implique adiantar a xustificación de anualidades futuras á anualidade que se xustifique, o importe que se vaia reasignar poderá acadar o 80 % dos importes das anualidades futuras.

Artigo 24. Incumprimento, reintegro e sancións

1. O incumprimento das obrigas contidas nestes artigos, na convocatoria ou na demais normativa aplicable, así como das condicións que, de ser o caso, se establezan na resolución de concesión, dará lugar á obriga de devolver total ou parcialmente as subvencións percibidas, así como os xuros de demora desde o momento do pagamento da subvención ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro, nos casos e termos establecidos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como polo título V do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e en particular polo incumprimento de calquera dos requisitos e obrigas estipuladas nesta convocatoria pública.

2. Para facer efectiva a devolución a que se refire o punto anterior, tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Cando o cumprimento pola persoa beneficiaria se aproxime de modo significativo ao cumprimento total e se acredite unha actuación inequivocamente tendente á satisfacción dos compromisos adquiridos, a cantidade que hai que reintegrar responderá ao principio de proporcionalidade e determinarase aplicando os mesmos criterios de avaliación que se empregaron para a concesión referidos á realidade finalmente comprobada.

4. Ás persoas beneficiarias das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

5. Sen prexuízo do establecido no punto anterior, procederá unha perda parcial do dereito ao total da subvención nos seguintes casos:

1. Perda dun 2 % da subvención concedida por non dar publicidade ao financiamento do proxecto obxecto da subvención segundo o establecido nestas bases.

2. Perda dun 2 % da subvención concedida por non comunicar a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentaron a concesión das subvencións, unha vez recalculada e descontado o exceso obtido sobre os topes máximos legalmente establecidos.

3. Perda dun 2 % da subvención por non comunicar a data de estrea do espectáculo subvencionado segundo o establecido nestas bases.

Artigo 25. Réxime de recursos

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante o presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais, no prazo dun mes, contado a partir do seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

b) Recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o seguinte ao de publicación da resolución, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Disposición derradeira. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2022

Román Rodríguez González
Presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file