Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 2 de maio de 2022 Páx. 26127

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 28 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras de concesión das axudas aos investimentos en sistemas de xestión de estercos en gandaría, á transformación integral e modernización de invernadoiros, aos investimentos en eficiencia enerxética e enerxías renovables e á aplicación de agricultura de precisión e tecnoloxías 4.0 no sector agrícola e gandeiro, e se convocan para o ano 2022 (códigos de procedemento MR406D, MR406E, MR406F e MR406G), no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

A irrupción da epidemia provocada pola COVID-19 supuxo no ámbito mundial unha crise sanitaria, económica e social sen precedentes. En consecuencia, o escenario na economía mundial sufriu un cambio radical, dando lugar a unha recesión de grandes dimensións na maior parte do mundo.

Co fin de paliar na medida do posible os danos económicos e sociais acaecidos pola pandemia na contorna europea, a Comisión Europea, o Parlamento e o Consello Europeo acordaron un plan de recuperación encamiñado a facilitar a resposta e a saída da crise, baseado nun paquete de estímulos financeiros.

O novo fondo de recuperación «Next Generation», cuxo elemento principal é o «Mecanismo de recuperación e resiliencia», concentra o groso dos recursos financeiros e permitirá a España obter máis de 59.000 millóns de euros en transferencias entre 2021-2023 en forma de axuda non reembolsable.

De acordo cos obxectivos do marco normativo desenvolto no Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, que establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, estes fondos destinaranse a apoiar as reformas e investimentos necesarios para unha recuperación duradeira, mellorar a resiliencia económica e social e apoiar a transición verde e dixital nos Estados membros. Para iso, hanse de levar a cabo actuacións dirixidas, entre outras finalidades, á transición ecolóxica, á transformación dixital ou ao crecemento intelixente, sustentable e integrador, que inclúa a cohesión económica, o emprego, a produtividade, a competitividade, a investigación, o desenvolvemento e a innovación.

Estas medidas concretáronse no Plan de recuperación transformación e resiliencia, aprobado polo Consello con data do 13 de xullo de 2021, que foi enviado á Comisión Europea o 30 de abril de 2021 logo da aprobación polo Consello de Ministros o 27 de abril de 2021 (BOE do 30 de abril), incluíndo a actuación que se formaliza xuridicamente a través do Real decreto 948/2021, do 2 de novembro, polo que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas estatais destinadas á execución de proxectos de investimento dentro do Plan de impulso da sustentabilidade e competitividade da agricultura e a gandería (III) no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Este real decreto incardínase en concreto no investimento 4 do compoñente 3 do plan (é dicir, o acrónimo C3.I4): «Plan de Impulso da sustentabilidade e competitividade da agricultura e a gandería (III): Investimentos en agricultura de precisión, eficiencia enerxética e economía circular no sector agrícola e gandeiro».

O devandito plan ten como elemento central catro programas de apoio para o financiamento de plans de investimento destinados á execución de proxectos estratéxicos para a posta en marcha de novos sistemas de xestión dos estercos en gandaría, a transformación integral e modernización nos invernadoiros de produción de hortalizas, flor cortada e planta ornamental, acelerar a modernización dos equipos e a adopción de tecnoloxías de precisión, mellorar a eficiencia enerxética e impulsar o uso e desenvolvemento de sistemas de abastecemento con enerxías renovables en explotacións agrícolas e gandeiras.

O obxectivo é adoptar as reformas estruturais necesarias alcanzando un nivel de investimento que promova o cambio no modelo de produción agrícola e gandeira con resultados beneficiosos para a sociedade, a economía e o ambiente.

Para responder a estes retos prográmanse unha serie de actuacións que contribuirán decisivamente a mellorar a resiliencia do sector e á mellora da súa competitividade, á vez que contribúen á consecución dos obxectivos do clima, á conservación do ambiente e á descarbonización do sector agrícola e gandeiro, apoiando a articulación de medidas recollidas no Plan nacional integrado de enerxía e clima 2021-2030 e noutros plans e programas ambientais.

Con este propósito definíronse un conxunto de investimentos que se recollen no programa de apoio para o establecemento de novos sistemas de xestión de estercos en gandaría. Perséguese así favorecer a redución das emisións de gases contaminantes e de efecto invernadoiro nos sectores gandeiros, ben mediante actuacións relacionadas coa adaptación ou cubrición das balsas exteriores de estercos con ou sen aproveitamento enerxético na propia explotación, ben mediante investimentos orientados á mellora da xestión e aproveitamento dos estercos relacionadas co tratamento ou valorización das dexeccións gandeiras.

As prioridades do marco xeral do Plan de recuperación, transformación e resiliencia permitiron a definición dunha liña de investimentos específica para dar resposta ás necesidades de mellora da competitividade e sustentabilidade dos produtores de cultivo baixo invernadoiro nos sectores de hortalizas, flor cortada e planta ornamental, favorecendo así unha adecuada transición ecolóxica.

Tamén, en atención ás orientacións descritas no marco do Mecanismo de recuperación e resiliencia e, tras avaliar aqueles aspectos cuxa mellora ou cambio facilite unha transformación e impulso da transición enerxética do sector agrario, considerouse conveniente apoiar investimentos, no ámbito das explotacións agropecuarias, encamiñadas a mellorar a eficiencia enerxética, así como a xeración de enerxía a partir de fontes renovables, en particular biogás e biomasa agrícola.

O incremento da eficiencia enerxética das instalacións, edificios e naves auxiliares das explotacións; o fomento da economía circular a través da valorización enerxética das dexeccións na gandaría para obter biogás a partir do esterco que sirva para o autoconsumo enerxético nas granxas e as actuacións en materia de xestión, provisión e acondicionamento de biomasa de orixe agrícola permitirán reducir o consumo final de enerxía fósil nas explotacións agropecuarias.

Desta forma, favorécese a mellora da competitividade das explotacións, á vez que se contribúe ao logro dos obxectivos nacionais que se fixan tanto no Plan nacional integrado de enerxía e clima, como no Programa nacional de control da contaminación atmosférica, en materia de aforro enerxético, redución de emisións e no relativo ao fomento do uso de enerxía procedente de fontes renovables que se establece no 42 % a nivel nacional, e que tamén recolle o obxectivo vinculante de alcanzar un uso do 32 % deste tipo de enerxías na UE en 2030.

Por último, o cuarto programa de apoio vai dirixido á agricultura e gandaría de precisión, que poden contribuír de maneira significativa á seguridade alimentaria, á inocuidade dos alimentos, e a promover unhas prácticas agrarias máis sustentables. A revolución dixital será fundamental na loita contra o cambio climático, polo que se necesita impulsar o desenvolvemento e implantación das devanditas tecnoloxías, a difusión da súa utilidade e a formación de usuarios para aproveitar todo o seu potencial.

Así, o Plan de recuperación, transformación e resiliencia dota unha liña específica para acelerar a modernización dos equipos e o uso destas tecnoloxías que permitan unha utilización máis eficiente dos recursos naturais nos procesos produtivos e a incorporación de equipamento máis eficiente enerxéticamente, aumentando o rendemento ambiental do sector agrario.

A agricultura de precisión é un modelo que se desprega en todos os sistemas de produción agraria, permitindo aos produtores incorporalo ás súas explotacións. As actuacións previstas neste programa inclúen un amplo abano de equipamentos, dispositivos e aplicacións software con alcance tecnolóxico diverso, que poden combinarse en proxectos de investimento dirixidos ao cumprimento dos obxectivos do Pacto Verde neste sector. Abarca distintos niveis de tecnificación, desde sensores, procesadores e controis cuxa misión sexa o guiado da máquina, o traballo variable, o mapeo, o rexistro de datos ou o desencadeamento dunha reacción concreta na máquina, a estes tres obxectivos conxuntamente, ou á interactuación ou comunicación destes elementos en distintas máquinas. Os beneficiarios desta liña poderán presentar solicitudes que vehiculen a escalada tecnolóxica necesaria para alcanzar uns obxectivos concretos de sustentabilidade nas súas explotacións, considerando as condicións das que parten.

Cabe destacar que estas axudas contribuirán ao mantemento da actividade no campo. Un abandono da actividade agraria, en particular en determinadas zonas sen alternativas, aumentando ademais a fenda dixital e o desequilibrio poboacional, é un escenario peor que un agro dotado de ferramentas eficientes para practicar unha agricultura de precisión, máis sustentable, xeradora de ingresos e valor engadido, e creadora de emprego directo e indirecto no medio rural.

Considerando que os potenciais beneficiarios destes programas de apoio presentan unhas características derivadas da súa dedicación profesional e tendo en conta, ademais, que a maioría dos produtores han de empregar medios electrónicos para cumprir coas súas obrigacións de información e contan co equipo habitual que permite as relacións electrónicas, establécese a obrigatoriedade de que a tramitación destas subvencións se leve a cabo por medios electrónicos de conformidade co artigo 14.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1º.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, no uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto e actuacións subvencionables

1. É obxecto desta subvención o establecido no punto 1.a) dos anexos I, II, III e IV (en diante, cadro de especificacións).

2. Terán a consideración de actuacións ou operacións subvencionables os proxectos, actividades ou conceptos en que se cumpran os requisitos sinalados no punto 1 do cadro de especificacións.

3. As presentes axudas enmárcanse no plan nacional, autonómico ou sectorial que se identifica no punto 1.b) do cadro de especificacións, cos obxectivos que se indican e a motivación que os fundamenta.

4. As particularidades relativas á execución do obxecto da subvención regúlanse, se é o caso, no punto 1.c) do cadro de especificacións.

Artigo 2. Réxime xurídico

1. Para o non establecido nestas bases, aplicarase o previsto nas seguintes normas:

a) Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

b) Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

c) Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

d) Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

e) Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

f) Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

g) Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

h) Plan xeral de prevención de riscos de xestión e medidas antifraude da Xunta de Galicia do 10.12.2021.

i) Demais normas sinaladas no punto 2 do cadro de especificacións.

2. En canto ao cómputo de prazos, observarase o disposto no artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

«Artigo 30. Cómputo de prazos.

1. Salvo que por lei ou no dereito da Unión Europea se dispoña outro cómputo, cando os prazos se sinalen por horas, enténdese que estas son hábiles. Son hábiles todas as horas do día que formen parte dun día hábil. Os prazos expresados por horas contaranse de hora en hora e de minuto en minuto desde a hora e minuto en que teña lugar a notificación ou publicación do acto de que se trate e non poderán ter unha duración superior a vinte e catro horas, nese caso expresaranse en días.

2. Sempre que por lei ou no Dereito da Unión Europea non se exprese outro cómputo, cando os prazos se sinalen por días, enténdese que estes son hábiles, excluíndose do cómputo os sábados, os domingos e os declarados festivos. Cando os prazos se sinalasen por días naturais por declaralo así unha lei ou polo dereito da Unión Europea, farase constar esta circunstancia nas correspondentes notificacións.

3. Os prazos expresados en días contaranse a partir do día seguinte a aquel en que teña lugar a notificación ou publicación do acto de que se trate, ou desde o seguinte a aquel en que se produza a estimación ou a desestimación por silencio administrativo.

4. Se o prazo se fixase en meses ou anos, estes computaranse a partir do día seguinte a aquel en que teña lugar a notificación ou publicación do acto de que se trate, ou desde o seguinte a aquel en que se produza a estimación ou desestimación por silencio administrativo. O prazo concluirá o mesmo día en que se produciu a notificación, publicación ou silencio administrativo no mes ou o ano de vencemento. Se no mes de vencemento non houbese día equivalente a aquel en que comeza o cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

5. Cando o último día do prazo sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

6. Cando un día fose hábil no municipio ou comunidade autónoma en que residise o interesado, e inhábil na sede do órgano administrativo, ou á inversa, considerarase inhábil en todo caso.

7. A Administración xeral do Estado e as administracións das comunidades autónomas, con suxeición ao calendario laboral oficial, fixarán, no seu respectivo ámbito, o calendario de días inhábiles para os efectos de cómputos de prazos. O calendario aprobado polas comunidades autónomas comprenderá os días inhábiles das entidades locais correspondentes ao seu ámbito territorial, ás que será de aplicación. O devandito calendario deberá publicarse antes do comezo de cada ano no diario oficial que corresponda, así como noutros medios de difusión que garantan o seu coñecemento xeneralizado.

8. A declaración dun día como hábil ou inhábil para os efectos de cómputo de prazos non determina por si soa o funcionamento dos centros de traballo das administracións públicas, a organización do tempo de traballo ou o réxime de xornada e horarios destas».

3. Todas as especificacións incluídas no cadro de especificacións adáptanse á normativa vixente.

Artigo 3. Financiamento

A convocatoria está financiada conforme se indica no punto 3 do cadro de especificacións.

No suposto de que o expediente se tramite de forma anticipada ao abeiro do disposto no artigo 67 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, a eficacia da convocatoria quedará supeditada á existencia de crédito adecuado e suficiente para financiar as obrigas económicas derivadas dela, e poderase chegar no vixente exercicio como máximo ata o momento inmediatamente anterior á disposición ou compromiso do gasto.

Artigo 4. Requisitos para adquirir a condición de beneficiario

1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas e as persoas traballadoras autónomas que cumpran os requisitos sinalados no punto 4.a) do cadro de especificacións.

2. Non poderán ter a condición de beneficiarias as empresas e persoas traballadoras autónomas en que concorra algunha das seguintes circunstancias:

a) Con carácter xeral, aquelas que entren na categoría de empresa en crise definida no número 18 do artigo 2 do Regulamento 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado, non poderán obter a condición de beneficiarias destas axudas, salvo que se especifique o contrario no punto 4.c) do cadro de especificacións.

«Artigo 2. Definicións

Para efectos do presente regulamento, entenderase por:

(...)

18) «empresa en crise»: unha empresa en que concorra polo menos una das seguintes circunstancias:

a) Se se trata dunha sociedade de responsabilidade limitada (distinta dunha peme con menos de tres anos de antigüidade ou, para os efectos dos criterios para poder optar ás axudas ao financiamento de risco, unha peme no prazo de sete anos desde a súa primeira venda comercial, que cumpra as condicións para recibir investimentos de financiamento de risco tras as comprobacións de dilixencia debida por parte do intermediario financeiro seleccionado), cando desaparecese máis da metade do seu capital social subscrito como consecuencia das perdas acumuladas; é o que sucede cando a dedución das perdas acumuladas das reservas (e de todos os demais elementos que se adoitan considerar fondos propios da sociedade) conduce a un resultado negativo superior á metade do capital social subscrito; para os efectos da presente disposición, «sociedade de responsabilidade limitada» refírese, en particular, aos tipos de sociedades mencionados no anexo I da Directiva 2013/34/UE e «capital social» inclúe, cando proceda, toda prima de emisión;

b) Se se trata dunha sociedade en que polo menos algúns socios teñen unha responsabilidade ilimitada sobre a débeda da sociedade (distinta dunha peme con menos de tres anos de antigüidade ou, para os efectos dos criterios para poder optar ás axudas ao financiamento de risco, unha peme no prazo de sete anos desde a súa primeira venda comercial, que cumpra as condicións para recibir investimentos de financiamento de risco tras as comprobacións de dilixencia debida por parte do intermediario financeiro seleccionado), cando desaparecese polas perdas acumuladas máis da metade dos seus fondos propios que figuran na súa contabilidade; a efectos da presente disposición, «sociedade na que polo menos algúns socios teñen unha responsabilidade ilimitada sobre a débeda da sociedade» refírese, en particular, aos tipos de sociedades mencionados no anexo II da Directiva 2013/34/UE;

c) Cando a empresa se atope inmersa nun procedemento de quebra ou insolvencia ou reúna os criterios establecidos no seu dereito nacional para ser sometida a un procedemento de quebra ou insolvencia a pedimento dos seus acredores;

d) Cando a empresa recibise axuda de salvamento e aínda non reembolsase o préstamo ou posto fin á garantía, ou recibise axuda de reestruturación e estea aínda suxeita a un plan de reestruturación;

e) Se se trata dunha empresa distinta dunha PEME, cando durante os dous exercicios anteriores:

1) O cociente débeda/capital da empresa fose superior a 7,5 e

2) O cociente de cobertura de intereses da empresa, calculada sobre a base do EBITDA, se situase por baixo de 1,0».

b) Que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarada unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

c) Aquelas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, salvo que no punto 4.c) do cadro de especificacións se estableza un requisito ou condición diferente ao respecto.

Artigo 10. Requisitos para obter a condición de beneficiario ou entidade colaboradora

(...)

«2. Non poderán obter a condición de beneficiario ou entidade colaboradora das subvencións reguladas na presente lei as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias seguintes, salvo que pola natureza da subvención se exceptúe pola súa normativa reguladora:

a) Ser condenadas mediante sentenza firme á pena de perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas.

b) Solicitar a declaración de concurso, ser declarados insolventes en calquera procedemento, atoparse declarados en concurso, salvo que neste adquirise a eficacia un convenio, estar suxeitos a intervención xudicial ou ser inhabilitados conforme a Lei concursal, sen que conclúa o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.

c) Dar lugar, por causa da que fosen declarados culpables, á resolución firme de calquera contrato celebrado coa Administración.

d) Estar incursa a persoa física, os administradores das sociedades mercantís ou aqueles que posúan a representación legal doutras persoas xurídicas nalgún dos supostos de incompatibilidades que estableza a normativa vixente.

e) Non acharse ao día no cumprimento das obrigacións tributarias ou fronte á Seguridade Social ou ter pendente de pago algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma nos termos que regulamentariamente se determinen.

f) Ter a residencia fiscal nun país ou territorio cualificado regulamentariamente como paraíso fiscal.

g) Non atoparse ao día de pagamento de obrigacións por reintegro de subvencións nos termos que regulamentariamente se determine.

h) Ser sancionado mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións segundo esta lei ou a Lei xeral tributaria. Non poderán acceder á condición de beneficiarios as agrupacións previstas no segundo parágrafo do punto 3 do artigo 8 da presente lei cando concorra algunha das prohibicións anteriores en calquera dos seus membros.

3. En ningún caso poderán obter a condición de beneficiario ou entidade colaboradora das subvencións reguladas na presente lei as asociacións incursas nas causas de prohibición previstas nos puntos 5 e 6 do artigo 4 da Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación».

d) Aquelas en que concorran as circunstancias que se sinalan no punto 4.b) do cadro de especificacións.

e) As particularidades e excepcións ao réxime previsto neste artigo regúlanse, de ser o caso, no punto 4.c) do cadro de especificacións.

Artigo 5. Gastos subvencionables

1. Terán a consideración de gastos subvencionables os sinalados no punto 5.a) do cadro de especificacións.

As condicións relativas á posibilidade de compensar os gastos subvencionables, así como a inclusión dos custos indirectos como gastos subvencionables, aparecen recollidas nos puntos 5.b) e 5.c) do cadro de especificacións, respectivamente.

2. O prazo temporal de referencia para identificar os gastos subvencionables será o indicado no punto 5.d) do cadro de especificacións. En todo caso, as referencias para o cómputo do prazo atenderán ao establecido polas normas que regulen a xestión dos fondos que financien a subvención e ao principio do límite da anualidade orzamentaria.

Con carácter xeral, a actuación ou o proxecto poderá iniciarse con anterioridade á convocatoria, salvo que no punto 5.d) do cadro de especificacións se indique que a axuda solicitada debe supoñer un efecto incentivador.

Sen prexuízo do anterior, a distribución por anualidades da subvención concedida farase atendendo ao ritmo de execución da acción subvencionada.

Existe efecto incentivador cando a axuda cambia o comportamento empresarial de modo que non se emprendería a actuación obxecto da solicitude sen a axuda, ou que só se emprendería dunha maneira limitada ou diferente. A axuda non debe subvencionar os custos dunha actuación que se realizaría en calquera caso.

Para tal efecto, antes de iniciar o proxecto ou actuación, a persoa solicitante deberá ter presentado a solicitude da axuda. Ningún dos custos alegados sobre os cales se solicita a axuda poderá ser realizado con carácter previo á solicitude; de ser así, a totalidade do proxecto será considerado non subvencionable.

Considérase que o proxecto xa foi iniciado cando existe un primeiro compromiso en firme para a execución das obras ou para a adquisición dalgún dos elementos integrantes do proxecto. Entenderase por proxecto calquera dos investimentos ou gastos da actuación comprendidos na solicitude de axuda. Neste sentido, considérase que existe un compromiso en firme no caso da existencia dun contrato asinado ou oferta aceptada entre as partes, ou da existencia dun pedido, para calquera dos elementos subvencionables.

De ser o caso, no punto 5.h) indicaranse as actuacións que non terán a consideración de inicio dos traballos.

O período durante o que se deben destinar os bens ao fin concreto, así como as regras en materia de amortización aparecen recollidos, respectivamente, nos puntos 5.e) e 5.f) do cadro de especificacións, cando así proceda.

3. Se é o caso, as empresas ou as persoas traballadoras autónomas beneficiarias poderán concertar con terceiras persoas a execución das accións subvencionadas nos termos recollidos no punto 5.g) do cadro de especificacións, agás os gastos necesarios para realizar por si mesmas a actividade subvencionada.

Non poderán subcontratarse actividades que incrementen o custo da acción subvencionada e non acheguen valor engadido ao seu contido.

Cando a actividade concertada con terceiras persoas exceda do 20 % do importe da subvención e o dito importe sexa superior a 60.000 €, o contrato deberá subscribirse por escrito e ser autorizado previamente polo órgano concedente nos termos recollidos no punto 5.g) do cadro de especificacións. Non poderá fraccionarse un contrato co obxecto de diminuír a súa contía e eludir os requisitos anteriores.

Para a elección dos subcontratistas, as empresas ou as persoas traballadoras autónomas beneficiarias da subvención ateranse ao recollido no artigo 27.7 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 27. Subcontratación das actividades subvencionadas polos beneficiarios

(...)

«7. En ningún caso poderá concertar o beneficiario a execución total ou parcial das actividades subvencionadas con:

a) Persoas ou entidades incursas nalgunha das prohibicións do artigo 10 desta lei.

b) Persoas ou entidades que percibisen outras subvencións para a realización da actividade obxecto de contratación.

c) Intermediarios ou asesores en que os pagamentos se definan como unha porcentaxe de custo total da operación, agás que o dito pagamento estea xustificado con referencia ao valor de mercado do traballo realizado ou dos servizos prestados.

d) Persoas ou entidades vinculadas co beneficiario, salvo que concorran as seguintes circunstancias:

1ª) Que a contratación se realice de acordo coas condicións normais de mercado.

2ª) Que se obteña a previa autorización previa do órgano concedente nos termos que se fixen nas bases reguladoras.

e) Persoas ou entidades solicitantes de axuda ou subvención na mesma convocatoria e programa que non obtivesen subvención por non reunir os requisitos ou non alcanzar a valoración suficiente».

Os subcontratistas quedarán obrigados soamente ante as empresas ou as persoas traballadoras autónomas beneficiarias, que asumirán ante a Administración a responsabilidade da execución da actividade subvencionada, así como de que se respecten os límites establecidos nestas bases en canto á natureza e contía dos gastos subvencionables e exixiranlles aos contratistas os documentos acreditativos dos pagamentos correspondentes.

Os subcontratistas están suxeitos ao deber de colaboración para permitir as actuacións de control e quedan obrigados a facilitar aos organismos de auditoría e control autonómicos, nacionais ou europeos canta documentación e información lles sexa requirida relativa ás actividades subcontratadas.

A negativa ao cumprimento desta obriga considerarase resistencia, excusa, obstrución ou negativa para os efectos previstos no artigo 29.c) destas bases, sen prexuízo das sancións que, de ser o caso, puidesen corresponder.

Artigo 6. Contía da subvención

A contía da subvención será a sinalada no punto 6 do cadro de especificacións.

Artigo 7. Criterios de valoración

1. Os criterios que se utilizarán para a puntuación dos proxectos serán os sinalados no punto 7.a) do cadro de especificacións.

2. En caso de coincidir a puntuación de varias solicitudes, utilizarase como criterio de desempate o sinalado no punto 7.b) do cadro de especificacións. De persistir o empate, logo de aplicados estes criterios, prevalecerá a solicitude cuxa data e hora de presentación fose anterior segundo conste no rexistro electrónico xeral e, en último caso, prevalecerá aquela á que o sistema lle asignase automaticamente o número de entrada máis baixo.

Artigo 8. Réxime de compatibilidade das subvencións

1. Estas axudas son compatibles con outras axudas ou subvencións públicas sempre que a contía das axudas acumuladas non supere o 100 % do gasto subvencionable, salvo que se indique o contrario no punto 8.a) do cadro de especificacións.

2. Se é o caso, o réxime de axudas de estado que será de aplicación identificarase no punto 8.b) do cadro de especificacións.

3. A obtención doutras axudas ou subvencións concorrentes deberá comunicárselle ao órgano convocante tan axiña como se coñeza e, en todo caso, no momento en que se presente a solicitude de pagamento. Antes de conceder a axuda, solicitarase da empresa ou da persoa traballadora autónoma unha declaración sobre calquera axuda recibida durante os dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal para esta mesma actuación. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar a un procedemento de reintegro.

Artigo 9. Procedemento

1. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.

2. Non se poderán outorgar subvencións por contía superior á que se determine nesta convocatoria. Porén, poderá ampliarse a contía máxima dos créditos dispoñibles para esta convocatoria, e este incremento quedará condicionado á declaración de dispoñibilidade de crédito como consecuencia dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, ou da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito, a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo, ao abeiro do disposto no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e coas condicións específicas sinaladas, se é o caso, no punto 9.a) do cadro de especificacións.

3. Os mecanismos e as medidas que se van aplicar no procedemento para reducir o risco de fraude e de corrupción e os conflitos de intereses ateranse ao previsto no Plan xeral de prevención de riscos de xestión e medidas antifraude da Xunta de Galicia.

4. As particularidades e excepcións ao réxime previsto neste artigo regúlanse, se é o caso, no punto 9.b) do cadro de especificacións.

Artigo 10. Presentación de solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través dos formularios normalizados (anexos V, VI, VII ou VIII) dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), e na oficina virtual do órgano convocante que, de ser o caso, se indique no punto 10.c) do cadro de especificacións.

De conformidade co previsto no artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación co artigo 14 do Real decreto 203/2021, do 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de actuación e funcionamento do sector público por medios electrónicos, se algunha das empresas ou persoas traballadoras autónomas solicitantes presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda. Se a emenda deste concreto defecto (presentación presencial da solicitude) se realiza unha vez transcorrido o prazo indicado na convocatoria da subvención para a presentación de solicitudes, o órgano competente ditará resolución en que se desestimará a solicitude por presentarse fóra do prazo, de acordo co artigo 23 en relación co artigo 20.2 letra g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. As empresas e as persoas traballadoras autónomas realizarán as seguintes declaracións responsables, empregando para o efecto o formulario dos anexos V, VI, VII e VIII:

a) As axudas concorrentes para a mesma actuación, solicitadas ou concedidas, incluídas as axudas pola regra de minimis.

b) A veracidade de todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se achegan.

c) Non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, agás as establecidas no punto 4.c) do cadro de especificacións.

d) Non estar incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

e) Estar ao día nas obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

f) Asumir a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como a obriga de comunicar ao órgano xestor os casos de sospeita de fraude.

g) Cumprir a normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación, en particular, a normativa en materia de subvencións e contratación pública, cando proceda.

h) Que pode, ou non pode, ser considerada unha empresa en crise conforme o disposto no artigo 2.18 do Regulamento (UE) núm. 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014.

i) Non estar suxeita a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarada unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

j) Ter a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos da actuación para a cal se solicita a axuda.

k) Manter un sistema de contabilidade separada ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría suficiente sobre os gastos financiados con este tipo de fondos de recuperación.

l) Conservar toda a documentación relativa á subvención segundo o establecido nos regulamentos de aplicación aos fondos que financian a axuda concedida durante o período indicado no artigo 26.c).

m) Estar ao día nas súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social.

n) No caso das persoas traballadoras autónomas, estar de alta no réxime da Seguridade Social correspondente (no RETA ou no de traballadores por conta propia do réxime de traballadores do mar).

ñ) A actividade que se vai subvencionar non causa un prexuízo significativo («do no significant harm») aos obxectivos ambientais nos termos do artigo 17 do Regulamento (UE) 2020/852 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xuño de 2020, relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sustentables e polo que se modifica o Regulamento (UE) 2019/2088, e restante normativa de aplicación.

o) As demais que se sinalen no punto 10.a) do cadro de especificacións.

3. O prazo de presentación de solicitudes será o sinalado no punto 10.b) do cadro de especificacións e contarase a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

4. As particularidades e excepcións ao réxime previsto neste artigo regúlanse, se é o caso, no punto 10.c) do cadro de especificacións.

Artigo 11. Documentación complementaria

1. As empresas ou as persoas traballadoras autónomas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Memoria da actuación, conforme os requisitos previstos no punto 11.a) do cadro de especificacións.

b) As empresas que non figuren inscritas no Rexistro Mercantil presentarán a documentación acreditativa da súa válida constitución e do poder de representación das persoas que actúen no seu nome.

c) No caso de persoas traballadoras autónomas societarias, a documentación que acredite a participación en máis do 25 % da persoa solicitante na entidade.

d) A demais documentación indicada no punto 11.b) do cadro de especificacións.

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola empresa ou pola persoa traballadora autónoma interesada ante calquera Administración. Neste caso, esta deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de mediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a súa oposición expresa nos supostos nos que o consentimento sexa un requisito legal.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á empresa ou á persoa traballadora autónoma a súa achega.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das empresas ou persoas traballadoras autónomas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica, de conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación co artigo 14 do Real decreto 203/2021, do 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de actuación e funcionamento do sector público por medios electrónicos. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda. Se a emenda deste defecto (presentación presencial) se realiza unha vez transcorrido o prazo indicado na convocatoria da subvención para a presentación de solicitudes, o órgano competente ditará resolución pola que desestimará a solicitude por presentarse fóra do prazo, de acordo co artigo 23 en relación co artigo 20.2 letra g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

As empresas ou as persoas traballadoras autónomas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa, o que deberá ser especificado no punto 11.c) do cadro de especificacións, ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitarlles de maneira motivada que presenten unha copia autenticada electrónica.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que hai que presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo dos documentos e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

6. As particularidades e excepcións ao réxime previsto neste artigo regúlanse, se é o caso, no punto 11.c) do cadro de especificacións.

Artigo 12. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente, con carácter previo á concesión, os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións pú-blicas:

a) DNI/NIE da persoa traballadora autónoma solicitante.

b) NIF da entidade solicitante.

c) NIF/DNI/NIE da entidade ou persoa representante.

d) Domicilio fiscal da entidade ou persoa traballadora autónoma solicitante

e) Constitución, estatutos e a información sobre as persoas que actúen na súa representación, no caso de solicitantes inscritos no Rexistro Mercantil.

f) Certificado da AEAT de alta no imposto de actividades económicas (IAE) da entidade e da persoa traballadora autónoma solicitante.

g) Se é o caso, vida laboral da persoa traballadora autónoma solicitante.

h) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa AEAT.

i) Certificado de estar ao día do pagamento coa Seguridade Social.

j) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

k) Os indicados no punto 12.a) do cadro de especificacións.

2. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da empresa, da persoa traballadora autónoma ou da persoa representante para realizar a consulta.

As empresas, as persoas traballadoras autónomas ou as persoas representantes que se opoñan á consulta deberán indicalo no recadro correspondente habilitado nos anexos V, VI, VII ou VIII e achegar os documentos pertinentes.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás empresas ou ás persoas traballadoras autónomas a presentación dos documentos correspondentes.

4. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente, con carácter previo ao pagamento, os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas:

a) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa AEAT.

b) Certificado de estar ao día do pagamento coa Seguridade Social.

c) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

5. As particularidades e excepcións ao réxime previsto neste artigo regúlanse, se é o caso, no punto 12.b) do cadro de especificacións.

Artigo 13. Emenda da solicitude

Se a solicitude non reúne os requisitos establecidos na convocatoria, o órgano competente requirirá a empresa ou a persoa traballadora autónoma solicitante para que a emende no prazo máximo e improrrogable de 10 días hábiles, e indicaralle que, se así non o fixer, considerarase que desiste da súa solicitude, logo da resolución ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Artigo 14. Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude

1. Todos os trámites administrativos que as empresas ou as persoas traballadoras autónomas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á súa Carpeta cidadá dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

2. As particularidades e excepcións ao réxime previsto neste artigo regúlanse, se é o caso, no punto 13.a) do cadro de especificacións.

Artigo 15. Órganos competentes

1. O órgano competente para a instrución do procedemento de concesión da subvención é o indicado no punto 14.a) do cadro de especificacións.

En particular, o órgano instrutor recibirá as solicitudes e comprobará os seus requisitos formais. Así mesmo, encargarase de elevar as propostas de resolución, provisionais e definitivas, analizará as alegacións e os documentos presentados, solicitará informe á Comisión de Valoración cando sexa preciso e realizará cantas outras funcións adicionais se lle asignen no punto 14.a) do cadro de especificacións.

2. Corresponde a súa resolución ao órgano indicado no punto 14.b) do cadro de especificacións. Esta resolución porá fin ao procedemento administrativo.

3. Os proxectos serán avaliados por unha comisión avaliadora, cuxas persoas integrantes serán designadas entre o seu persoal polo órgano competente para a resolución da concesión, agás unha delas, que será designada entre o persoal da Administración autonómica de Galicia non dependente do órgano convocante. Non poderán formar parte dela as persoas que posúan a condición de alto cargo nin o persoal eventual. Esta comisión estará composta por un mínimo de tres persoas e contará cun/cunha presidente/a e un/unha secretario/a con voz e voto, segundo se prevé no punto 14.c.1) do cadro de especificacións.

Axustará o seu funcionamento ás disposicións sobre órganos colexiados contidas na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

No momento da constitución da Comisión, as persoas integrantes deixarán constancia da ausencia dun conflito de intereses respecto das empresas ou das persoas traballadoras solicitantes da subvención, feito que poderá ser manifestado mediante unha declaración expresa ou mediante unha manifestación na acta de constitución.

Para o caso de que, con posterioridade á formulación de tales declaracións responsables, se coñecese un posible conflito de intereses, a persoa da comisión na que concorra tal circunstancia absterase de participar no procedemento, comunicarao ao superior xerárquico; e o órgano convocante substituiraa por outra seleccionada entre o seu persoal, ou entre o persoal doutro departamento non dependente, segundo corresponda.

4. A Comisión valorará as solicitudes presentadas e elaborará unha relación coa puntuación que lle corresponde a cada unha, nos termos previstos no artigo 7 destas bases.

Así mesmo, exercerá as funcións adicionais que, de ser o caso, se lle encomenden no punto 14.c.2) do cadro de especificacións.

5. As particularidades e excepcións ao réxime previsto neste artigo regúlanse, se é o caso, no punto 14.e) do cadro de especificacións.

Artigo 16. Instrución

1. A solicitude de axuda e a documentación complementaria serán analizadas polo órgano que se estableza no punto 14.a) do cadro de especificacións, que elaborará un informe no cal se concrete o resultado da devandita análise.

2. Por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos vinculados á fase de instrución publicaranse no medio que se indique no punto 13.b) do cadro de especificacións. A devandita publicación producirá os efectos da notificación, e a súa data será a única válida para o cómputo dos prazos.

Adicionalmente, de forma complementaria, notificaranse os actos por medios electrónicos nos termos indicados no artigo 24.

3. Unha vez rematado o trámite anterior, a comisión avaliará as solicitudes en función dos datos relativos á empresa ou á persoa traballadora autónoma solicitante e a actuación declarada na solicitude de axuda no formulario dos anexos V, VI, VII ou VIII e IX e na documentación presentada. Este órgano elaborará unha relación de solicitudes coa puntuación que lle corresponde a cada unha, nos termos previstos no artigo 7 destas bases.

4. As particularidades e excepcións ao réxime previsto neste artigo regúlanse, se é o caso, no punto 14.e) do cadro de especificacións.

Artigo 17. Proposta de resolución

O órgano competente indicado no punto 14.a) do cadro de especificacións ditará proposta de resolución con base neste procedemento a partir da relación de solicitudes puntuadas.

As particularidades e excepcións ao réxime previsto neste artigo regúlanse, se é o caso, no punto 14.e) do cadro de especificacións.

Artigo 18. Resolución

1. O órgano instrutor indicado no punto 14.a) do cadro de especificacións elevará a proposta de resolución ao órgano competente indicado no punto 14.b) do cadro de especificacións, o cal resolverá a concesión das subvencións.

2. A resolución de outorgamento da subvención comprenderá a identificación da empresa ou da persoa traballadora autónoma, a contía da subvención e as obrigas que lle corresponden como beneficiaria, os requisitos específicos relativos aos produtos ou servizos que deban obterse con ela, o plan financeiro e o prazo de execución, con indicación do método que se aplica para determinar os custos da operación, a comunicación de que a aceptación da axuda implica a aceptación da inclusión das persoas beneficiarias na lista de operacións para publicar, co contido previsto no punto 1 do anexo XII e o artigo 115.2 do Regulamento (UE) núm. 1303/2013, así como os demais requisitos previstos na normativa comunitaria para a selección da operación que debe conter o documento polo que se establecen as condicións de axuda (DECA).

3. O prazo máximo para resolver e publicar a resolución, que non poderá superar os seis meses, será o establecido na epígrafe 15.a) do cadro de especificacións, transcorrido o cal se poderá entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión de axuda.

4. Na resolución da concesión informarase da tipoloxía de fondo que financia a subvención, con expresión do eixe, obxectivo temático, prioridade de investimento, obxectivo específico, porcentaxe de financiamento ou da resposta da UE á pandemia COVID-19, segundo proceda.

5. As particularidades e excepcións ao réxime previsto neste artigo regúlanse, se é o caso, no punto 15.b) do cadro de especificacións.

Artigo 19. Réxime de recursos

1. As resolucións ditadas ao abeiro destas bases porán fin á vía administrativa e contra elas poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as empresas ou as persoas traballadoras autónomas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso contencioso-administrativo, ante os xulgados do contencioso-administrativo ou órganos xudiciais competentes que se indiquen na epígrafe 16.a) do cadro de especificacións, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, ou no prazo de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

b) Potestativamente, recurso previo de reposición, que resolverá o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da súa notificación, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo co establecido nestas bases reguladoras, se produza o acto presunto.

2. As particularidades e excepcións ao réxime previsto neste artigo regúlanse, se é o caso, a epígrafe 16.b) do cadro de especificacións.

Artigo 20. Base de Datos Nacional de Subvencións

1. En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do devandito artigo serán comunicados á Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS).

Artigo 20. Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS)

(...)

8. En aplicación dos principios recollidos na Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, a BDNS operará como sistema nacional de publicidade das subvencións. Para tales efectos, e para garantir o dereito dos cidadáns para coñecer todas as subvencións convocadas en cada momento e para contribuír aos principios de publicidade e transparencia, a Intervención Xeral da Administración do Estado publicará na súa páxina web os seguintes contidos:

a) As convocatorias de subvencións; para tales efectos, en todas as convocatorias suxeitas a esta lei, as administracións concedentes comunicarán á Base de Datos Nacional de Subvencións o texto da convocatoria e a información requirida pola Base de Datos. A BDNS dará traslado ao diario oficial correspondente do extracto da convocatoria, para a súa publicación, que terá carácter gratuíto. A convocatoria dunha subvención sen seguir o procedemento indicado será causa de anulabilidade da convocatoria.

b) As subvencións concedidas; para a súa publicación, as administracións concedentes deberán remitir á Base de Datos Nacional de Subvencións as subvencións concedidas con indicación segundo cada caso, da convocatoria, o programa e crédito orzamentario ao que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e obxectivo ou finalidade da subvención con expresión dos distintos programas ou proxectos subvencionados. Igualmente deberá informarse, cando corresponda, sobre o compromiso asumido polos membros recollidos no punto 2 e no segundo parágrafo do punto 3 do artigo 11 e, en caso de subvencións plurianuais, sobre a distribución por anualidades. Non serán publicadas as subvencións concedidas cando a publicación dos datos do beneficiario en razón do obxecto da subvención poida ser contraria ao respecto e salvagarda da honra, á intimidade persoal ou familiar das persoas físicas en virtude do establecido na Lei orgánica 1/1982, do 5 de maio, de protección civil do dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe, e fose previsto na súa normativa reguladora. O tratamento dos datos de carácter persoal só poderá efectuarse se é necesario para a satisfacción do interese lexítimo perseguido polo responsable do tratamento ou polo terceiro ou terceiros aos que se comuniquen os datos, sempre que non prevaleza o interese ou os dereitos e liberdades fundamentais do interesado que requiran protección con arranxo ao artigo 1.1 da Directiva 95/46/CE.

c) A información que publiquen as entidades sen ánimo de lucro utilizando a BDNS como medio electrónico previsto no segundo parágrafo do artigo 5.4 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno. Os responsables de facilitar a información conforme a epígrafe 4 deste artigo deberán comunicar á BDNS a información necesaria para dar cumprimento ao previsto neste punto.

A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do extracto da convocatoria para a súa publicación.

2. A Base de Datos Nacional de Subvencións cederá información ao Sistema de Fondos Europeos, segundo as previsións contidas na normativa europea e nacional que resulte de aplicación.

Artigo 21. Publicidade

1. De conformidade co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, para o ano 2006, o órgano concedente incluirá as axudas concedidas ao abeiro destas bases e as sancións que como consecuencia delas puidesen impoñerse, nos correspondentes rexistros públicos, polo que coa presentación da solicitude autorízase o tratamento necesario dos datos persoais e a referida publicidade.

2. De acordo co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o órgano convocante publicará as subvencións concedidas ao abeiro destas bases na súa páxina web e no Diario Oficial de Galicia, e expresará a norma reguladora, beneficiario, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos da persoa beneficiaria e da súa publicación nos citados medios. A publicación no Diario Oficial de Galicia realizarase no prazo máximo de tres meses contados desde a data de resolución das concesións.

Non obstante, cando os importes das subvencións concedidas, individualmente consideradas, sexan de contía inferior a 3.000 €, non será necesaria a publicación no Diario Oficial de Galicia, que será substituída pola publicación das subvencións concedidas no medio que se indique na epígrafe 13.b) do cadro de especificacións.

3. De acordo co establecido no artigo 5 do Real decreto 1149/2011, do 29 de xullo, polo que se establece e se regula o Rexistro español de axudas de minimis no sector pesqueiro (BOE núm. 223, do 16 de setembro), no caso de que a empresa ou a persoa traballadora autónoma beneficiaria sexa unha empresa do sector pesqueiro, o órgano convocante publicará a subvención concedida ao abeiro destas bases no citado rexistro, con expresión da información a que se fai referencia no anexo I deste real decreto.

4. De acordo co establecido no artigo 20.4 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, a cesión de datos de carácter persoal que debe efectuarse á Intervención Xeral da Administración do Estado, para os efectos de publicar as subvencións concedidas na BDNS, non requirirá o consentimento da persoa beneficiaria.

5. As particularidades e excepcións ao réxime previsto neste artigo regúlanse, de ser o caso, na epígrafe 13.b) do cadro de especificacións.

Artigo 22. Protección de datos

1. Coa presentación da solicitude, a empresa ou a persoa traballadora autónoma solicitante autoriza o tratamento necesario dos datos persoais para a publicación das axudas percibidas, de conformidade coa normativa vixente en materia de publicidade das subvencións.

2. De acordo co establecido no artigo 14, letra ñ), da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas beneficiarias quedan informadas cos datos consignados no modelo normalizado de solicitude dos aspectos básicos previstos no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos datos persoais e á libre circulación destes datos (RXPD), e na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

Artigo 23. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, á que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 24. Notificacións e publicacións

1. De conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos do procedemento serán obxecto de publicación, que producirá os efectos da notificación, e a súa data será a única válida para o cómputo dos prazos.

De acordo co anterior, a resolución da concesión publicarase no Diario Oficial de Galicia. Así mesmo, será obxecto de publicación adicional a través do medio que, de ser o caso, se indique na epígrafe 13.b) do cadro de especificacións.

O resto dos actos administrativos do procedemento publicaranse no medio que se indique na epígrafe 13.b) do cadro de especificacións.

2. Adicionalmente, de forma complementaria, notificaranse os actos por medios electrónicos mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal) e a través do Sistema de notificacións electrónicas de Galicia-Notifica.gal.

O sistema de notificacións remitirá os avisos ás empresas e ás persoas traballadoras autónomas interesadas á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude, ou os indicados no enderezo electrónico habilitado pola empresa ou pola persoa persoa traballadora autónoma. Estes avisos non terán efecto de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

As notificacións complementarias electrónicas entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e rexeitadas cando transcorresen 10 días naturais sen que se acceda ao seu contido.

Se o envío das notificacións complementarias non fose posible por problemas técnicos, practicaranse polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. Os órganos da Administración xeral e entidades previstas na letra a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, poderán crear de oficio o indicado enderezo, para os efectos de asegurar que as persoas interesadas cumpren coa súa obriga de relacionarse coas administracións públicas por medios electrónicos.

4. As particularidades e excepcións ao réxime previsto neste artigo regúlanse, se é o caso, no punto 13.b) do cadro de especificacións.

Artigo 25. Modificación da resolución de concesión

1. Unha vez ditada a resolución de concesión, observarase o establecido no artigo 35 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e admitiranse, dentro dos límites xerais establecidos nestas bases, modificacións relativas ao gasto subvencionable, á estrutura de custos inicialmente orzada, ás datas de execución da actuación ou aos demais aspectos sinalados no punto 17.b) do cadro de especificacións. Non se admitirán modificacións que dean lugar a unha contía de axuda superior á establecida na resolución de concesión, que desvirtúen a actuación ou que minoren a baremación da axuda de xeito que coa nova puntuación non resultase concedida en réxime de concorrencia competitiva.

2. A solicitude de modificación deberá presentarse no prazo establecido no punto 17.c) do cadro de especificacións, sempre cunha anterioridade superior aos dous meses previos á data de fin do prazo de execución da actuación que se establecese.

3. Se así se prevé na epígrafe 17.a) do cadro de especificacións, a empresa ou a persoa traballadora autónoma beneficiaria deberá solicitar a modificación presentando a súa solicitude dirixida ao órgano convocante.

O acto polo que se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado polo órgano competente para a resolución do procedemento de concesión da subvención, logo da instrución do correspondente expediente, no cal, sempre que se teñan en conta elementos non achegados pola persoa solicitante, se dará audiencia, de ser preciso, ás empresas ou ás persoas traballadoras autónomas interesadas.

4. As particularidades e excepcións ao réxime previsto neste artigo regúlanse, se é o caso, no punto 17.d) do cadro de especificacións.

Artigo 26. Obrigas das empresas e das persoas traballadoras autónomas beneficiarias

Son obrigas das empresas ou das persoas traballadoras autónomas beneficiarias as seguintes:

a) Executar a actuación que fundamenta a concesión da subvención no prazo establecido segundo o disposto nestas bases.

b) Solicitar un mínimo de 3 ofertas diferentes e acreditar que a proposta seleccionada se adecúa aos prezos do mercado, nos supostos en que utilicen fórmulas de subcontratación para importes superiores a 30.000 €.

c) Conservar os documentos xustificativos e demais documentación relacionada co financiamento da actuación en formato electrónico durante un prazo mínimo de 5 anos a partir da recepción do último pagamento. Este período será de tres anos se o financiamento non supera os 60.000 €.

d) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e condicións da subvención, así como a realización da actuación definida no artigo 1 e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou desfrute da subvención.

e) Someterse ás actuacións de control, comprobación e inspección que efectúe o órgano concedente e facilitar toda a información requirida polos órganos verificadores que se establezan en aplicación dos artigos 72, 73 e 74 do Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, ou os órganos/regulamentos que os substitúan. Someterse a calquera outra actuación, sexa de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, en especial a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas e os órganos de control da Comisión Europea, a Fiscalía Europea e a Oficina de Loita contra a Fraude e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores, así como ás verificacións previstas no artigo 125 do Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Consello, modificado polo Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046, que incluirán as correspondentes visitas sobre o terreo ou, se é o caso, ás actuacións de control previstas no Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Para tal fin, deberán dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como a documentación xustificativa da aplicación dos fondos recibidos, coa finalidade de garantir o axeitado exercicio das facultades de comprobación e control, polo menos, durante o período establecido no punto 18.b) do cadro de especificacións. O órgano convocante informará da data de inicio a que se refire esta obriga, tras a oportuna comunicación da Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos.

f) Comunicar ao órgano convocante a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos concorrentes que financien as actuacións, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a dita concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, no momento en que se presente a solicitude de pagamento coa xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos. O incumprimento desta obriga considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar a un procedemento de reintegro.

g) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría suficiente sobre os gastos financiados con este tipo de fondos de recuperación.

h) Cumprir os requisitos de comunicación do financiamento público da actuación por parte do órgano convocante, a Xunta de Galicia e o programa operativo, segundo o establecido no punto 18.a) do cadro de especificacións.

i) Subministrar toda a información necesaria para que o órgano concedente poida dar cumprimento ás obrigas previstas no título I da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. As consecuencias do incumprimento desta obriga serán as establecidas no artigo 4.4 da devandita lei.

Artigo 4. Obriga de subministración de información

(...)

4. Regulamentariamente determinarase o procedemento que cómpre seguir para o cumprimento desta obriga, así como as multas coercitivas aplicables nos supostos en que o requirimento de información non sexa atendido no prazo. A multa de 100 a 1.000 euros será reiterada por períodos mensuais ata o cumprimento. O total da multa non poderá exceder o 5 % do importe do contrato, subvención ou instrumento administrativo que habilite para o exercicio das funcións públicas ou a prestación dos servizos. No suposto de que no devandito instrumento non figure unha contía concreta, a multa non excederá os 3.000 euros. Para a determinación do importe atenderase á gravidade do incumprimento e ao principio de proporcionalidade.

j) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

k) No caso de non ser quen de realizar a actuación para a cal se concedeu a axuda, comunicar a renuncia ao expediente solicitado no momento en que se produza a certeza da non execución.

l) A actividade subvencionada non poderá causar un prexuízo significativo («do no significant harm») aos obxectivos ambientais nos termos do artigo 17 do Regulamento (UE) 2020/852 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xuño de 2020, relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sustentables e polo que se modifica o Regulamento (UE) 2019/2088 e restante normativa de aplicación.

m) Todo o anterior sen prexuízo das demais obrigas que resulten do artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 11. Obrigas dos beneficiarios

Son obrigas do beneficiario:

a) Cumprir o obxectivo, executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión das subvencións.

b) Xustificar ante o órgano concedente ou a entidade colaboradora, se é o caso, o cumprimento dos requisitos e condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou desfrute da subvención.

c) Someterse ás actuacións de comprobación, a efectuar polo órgano concedente ou a entidade colaboradora, se é o caso, así como a calquera outra actuación, sexa de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos como estatais ou comunitarios, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

d) Comunicar ao órgano concedente ou á entidade colaboradora a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

e) Acreditar con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión que se atopa ao día no cumprimento das súas obrigacións tributarias e fronte á Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, na forma que se determine regulamentariamente, e sen prexuízo do establecido na disposición adicional décimo oitava da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

f) Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como cantos estados contables e rexistros específicos sexan exixidos polas bases reguladoras das subvencións, coa finalidade de garantir o adecuado exercicio das facultades de comprobación e control.

g) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en tanto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

h) Adoptar as medidas de difusión contidas na epígrafe 3 do artigo 15 da presente lei.

i) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos previstos no artigo 33 da presente lei.

n) No suposto de que a convocatoria das subvencións se financie con recursos procedentes do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, declarar o seu compromiso de cumprir os principios transversais establecidos no plan e que puidesen afectar ao ámbito obxecto da xestión, empregando para o efecto o modelo do anexo X.

ñ) As demais sinaladas, se é o caso, no punto 18.b) do cadro de especificacións.

Artigo 27. Pagamentos

1. Con carácter xeral, o aboamento das axudas realizarase unha vez que o órgano concedente considere xustificada a execución e o pagamento da actuación que fundamenta a concesión da subvención, e o cumprimento das demais condicións dentro do prazo establecido na resolución de concesión, agás que se prevexa a posibilidade de realizar pagamentos á conta ou pagamentos anticipados.

A modalidade de pagamento, total ou parcial, será a indicada na epígrafe 19.a) do cadro de especificacións.

Aboarase o 100 % da subvención concedida logo de xustificar a realización da actividade, proxecto, obxectivo ou adopción do comportamento exixido.

A modalidade de pagamento parcial instrumentarase mediante os pagamentos á conta, que poderán supoñer a realización de pagamentos fraccionados. Estes pagamentos responderán ao ritmo de execución das accións subvencionadas e aboaranse pola contía equivalente á xustificación presentada, coas garantías previstas no punto 19.a) do cadro de especificacións.

O importe conxunto dos pagamentos á conta e dos pagamentos anticipados que, se é o caso, se concedan non poderá ser superior ao 80 % da porcentaxe subvencionada correspondente aos pagamentos xustificados nin excederá a anualidade prevista en cada exercicio orzamentario.

2. O órgano concedente poderá solicitar as aclaracións ou informes relativos á xustificación da execución da actuación subvencionada que considere convenientes. Transcorrido o prazo concedido para o efecto sen que a empresa ou a persoa traballadora autónoma beneficiaria os presentase, o órgano convocante iniciará o correspondente procedemento de decaemento no dereito de cobramento.

3. As empresas ou as persoas traballadoras autónomas beneficiarias das axudas poderán solicitar un pagamento anticipado, que suporá a entrega de fondos con carácter previo á xustificación como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións inherentes á subvención, co límite máximo previsto no punto 19.b) do cadro de especificacións. Este límite non excederá do 80 % da subvención concedida, sen que supere a anualidade prevista no exercicio orzamentario correspondente e tendo en conta o ritmo de execución da actuación subvencionada, coas garantías sinaladas no punto 19.b) do cadro de especificacións.

A solicitude de anticipo deberá vir acompañada da documentación que se indica no punto 19.b) do cadro de especificacións e será obxecto de resolución motivada polo órgano concedente da subvención.

4. As particularidades e excepcións ao réxime previsto neste artigo regúlanse, se é o caso, no punto 19.c) do cadro de especificacións.

Artigo 28. Xustificación da subvención

1. O prazo para presentar a solicitude de pagamento é o establecido na epígrafe 19.d) do cadro de especificacións.

2. A solicitude de pagamento presentarase mediante a solicitude normalizada que, a título informativo, figura como anexo IX a estas bases.

3. Unha vez xerada a solicitude de pagamento, deberá presentarse obrigatoriamente por vía electrónica, dispoñible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

De conformidade co artigo 28 da Lei 39/2015, non se lles exixirá ás empresas ou ás persoas traballadoras autónomas interesadas que presenten documentos orixinais. A empresa ou a persoa traballadora autónoma solicitante responsabilizarase da veracidade dos documentos que presente.

Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa, o que deberá ser indicado no punto 19.f) do cadro de especificacións, ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, poderáselle requirir á empresa ou á persoa traballadora autónoma interesada que presente unha copia autenticada electrónica. Tal requirimento deberá ser debidamente motivado. A achega de tales copias implica a autorización para que a Administración acceda e trate a información persoal contida en tales documentos.

4. No caso de que a solicitude de pagamento non se presentase no prazo ou a xustificación fose incorrecta, requirirase a empresa ou a persoa traballadora autónoma beneficiaria para que corrixa os erros ou defectos observados no prazo de 10 días hábiles. A falta de presentación da solicitude de pagamento ou da xustificación no prazo improrrogable establecido comportará a perda do dereito ao pagamento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, segundo o disposto no artigo 45.2 do seu regulamento. A presentación da xustificación neste prazo adicional non eximirá a empresa ou a persoa traballadora autónoma beneficiaria das sancións que, conforme a lei, correspondan.

A xustificación cumprirá os requisitos establecidos nos artigos 28 a 30 da devandita Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 28. Xustificación das subvencións

1. A xustificación do cumprimento das condicións impostas e da consecución dos obxectivos previstos no acto de concesión da subvención documentarase da maneira que se determine regulamentariamente, podendo revestir a forma de conta xustificativa do gasto realizado ou acreditarse devandito gasto por módulos ou mediante a presentación de estados contables, segundo se dispoña na normativa reguladora.

2. O rendemento da conta xustificativa constitúe un acto obrigatorio do beneficiario ou da entidade colaboradora, na cal se deben incluír, baixo responsabilidade do declarante, os xustificantes de gasto ou calquera outro documento con validez xurídica que permitan acreditar o cumprimento do obxecto da subvención pública. A forma da conta xustificativa e o prazo de rendemento desta virán determinados polas correspondentes bases reguladoras das subvencións públicas. A falta de previsión das bases reguladoras, a conta haberá de incluír a declaración das actividades realizadas que foron financiadas coa subvención e o seu custo, coa desagregación de cada un dos gastos incorridos, e a súa presentación realizarase, como máximo, no prazo de tres meses desde a finalización do prazo para a realización da actividade.

3. Os gastos acreditaranse mediante facturas e demais documentos de valor probatorio equivalente con validez no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa, nos termos establecidos regulamentariamente. A acreditación dos gastos tamén poderá efectuarse mediante facturas electrónicas, sempre que cumpran os requisitos exixidos para a súa aceptación no ámbito tributario. Regulamentariamente, establecerase un sistema de validación e carimbaxe de xustificantes de gasto que permita o control da concorrencia de subvencións.

4. Cando o beneficiario estea suxeito ao réxime de contabilidade empresarial, a presentación das contas do exercicio onde se reflictan as operacións relacionadas coa subvención concedida, elaboradas segundo normas de contabilidade recollidas nas disposicións aplicables, constituirán un medio de xustificación.

5. Nas subvencións concedidas a outras administracións públicas ou entidades vinculadas ou dependentes daquelas e ás universidades, a xustificación poderá consistir na certificación da intervención ou do órgano que teña atribuídas as facultades de control da toma de razón en contabilidade e do cumprimento da finalidade para a que foi concedida. Con todo, para aquelas axudas e subvencións que se concedan con cargo a créditos financiados con recursos procedentes da Unión Europea, a xustificación dos gastos efectuarase con facturas ou documentos contables de valor probatorio equivalente, e a do pagamento, cos xustificantes das transferencias bancarias ou documentos acreditativos dos pagamentos realizados, de acordo coa normativa aplicable aos fondos europeos. Todo isto sen prexuízo da admisibilidade da xustificación mediante fórmulas de custos simplificados nos supostos admitidos pola dita normativa.

6. Cando as actividades fosen financiadas, ademais de coa subvención, con fondos propios ou outras subvencións ou recursos, deberá acreditarse na xustificación o importe, a procedencia e a aplicación de tales fondos ás actividades subvencionadas.

7. No suposto de adquisición de bens inmobles, ademais dos xustificantes establecidos no punto 3 deste artigo, debe achegarse certificado de taxador independente debidamente acreditado e rexistrado no correspondente rexistro oficial.

8. Os membros das entidades previstas na epígrafe 2 e segundo parágrafo do punto 3 do artigo 8 da presente lei están obrigados a cumprir os requisitos de xustificación respecto das actividades realizadas en nome e por conta do beneficiario, do modo que se determina nos puntos anteriores. Esta documentación formará parte da xustificación que vén obrigado a render o beneficiario que solicitou a subvención.

9. As subvencións que se concedan en atención á concorrencia dunha determinada situación no perceptor non requirirán outra xustificación que a acreditación por calquera medio admisible en dereito da devandita situación previamente á concesión, sen prexuízo dos controis que puidesen establecerse para verificar a súa existencia.

10. O incumprimento da obrigación de xustificación da subvención nos termos establecidos neste capítulo ou a súa xustificación insuficiente comportará o reintegro nas condicións previstas no artigo 33 desta lei.

5. Xunto coa solicitude de pagamento, a empresa ou a persoa traballadora autónoma beneficiaria da axuda presentará:

a) Memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, cos requisitos específicos que, se é o caso, se relacionen no punto 19.f) do cadro de especificacións. A dita memoria presentarase, como documento adxunto, coa solicitude de pagamento (anexo IX).

b) A copia –que permita a súa lectura– do material onde se aprecie que se cumpriu a obrigatoriedade de comunicación do financiamento público citada no artigo 26.h) destas bases.

c) Memoria económica xustificativa cos aspectos recollidos no artigo 48.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, que se presentará, como documento adxunto, coa solicitude de pagamento. Na memoria mencionarase expresamente que as operacións con empresas ou persoas vinculadas se realizan a prezo de mercado e cantos outros requisitos específicos se relacionen no punto 19.f) do cadro de especificacións.

Artigo 48. Conta xustificativa con entrega de xustificantes de gasto

A conta xustificativa conterá, con carácter xeral, a seguinte documentación:

(..)

2. Unha memoria económica xustificativa do custo das actividades realizadas, que conterá:

a) Unha relación clasificada dos gastos e investimentos da actividade, con identificación do acredor e do documento, o seu importe, data de emisión e, se é o caso, data de pagamento. No caso de que a subvención se outorgue conforme un orzamento, indicaranse as desviacións producidas.

b) As facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico-mercantil ou con eficacia administrativa incorporados na relación a que se fai referencia no punto anterior e a documentación acreditativa do pagamento.

c) Certificado de taxador independente debidamente acreditado e rexistrado no correspondente rexistro oficial, no caso de adquisición de bens inmobles.

d) Os documentos acreditativos dos gastos realizados con medios ou recursos propios e a indicación, se é o caso, dos criterios de repartición dos custos xerais e/ou indirectos incorporados na relación a que se fai referencia na letra a), salvo naqueles casos en que as bases reguladoras da subvención previsen a súa compensación mediante un tanto alzado sen necesidade de xustificación.

e) Unha relación detallada doutros ingresos ou subvencións que financiasen a actividade subvencionada con indicación do importe e a súa procedencia.

f) Os tres orzamentos que, en aplicación do artigo 29.3 da Lei de subvencións de Galicia, deba solicitar o beneficiario.

g) Se é o caso, a carta de pagamento de reintegro no suposto de remanentes non aplicados, así como dos xuros derivados destes.

d) Para os supostos en que as opcións de custos simplificados (OCS) resulten de aplicación, deberase achegar a documentación xustificativa que se indica no punto 19.e) do cadro de especificacións.

e) A demais documentación prevista no punto 19.e) do cadro de especificacións. O órgano convocante poderá solicitar as aclaracións pertinentes da documentación presentada.

6. De conformidade co previsto no artigo 73 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e apoio á reactivación económica de Galicia, nos supostos de subvencións por importe de ata 100.000 €, presentarase unha conta xustificativa simplificada, co contido sinalado no artigo 51.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, segundo as indicacións do punto 19.e) do cadro de especificacións.

Artigo 51. Conta xustificativa simplificada

(...)

2. A conta xustificativa simplificada conterá a seguinte información:

a) Unha memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos, así como acreditar, se é o caso, o disposto no artigo 29.3 da Lei de subvencións de Galicia.

b) Unha relación clasificada dos gastos e investimentos da actividade, con identificación do acredor e do documento, o seu importe, a data de emisión e a data de pagamento. No caso de que a subvención se outorgue de acordo cun orzamento estimado, indicaranse as desviacións producidas.

c) Un detalle doutros ingresos ou subvencións que financiasen a actividade subvencionada, con indicación do importe e a súa procedencia.

d) Se é o caso, carta de pagamento de reintegro no suposto de remanentes non aplicados, así como dos xuros derivados destes.

7. En todos os casos, as empresas ou as persoas traballadoras autónomas beneficiarias deberán estar ao día das súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social. No caso de que a empresa ou a persoa traballadora autónoma beneficiaria se opoña ou denegue expresamente o consentimento ao órgano convocante para solicitar as certificacións, estas deberán achegarse xunto co resto da documentación xustificativa.

Porén, de conformidade co previsto no artigo 73 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e apoio á reactivación económica de Galicia, en relación con aquelas subvencións que non superen o importe de 10.000 € individualmente, a acreditación desta circunstancia entenderase cumprida coa declaración responsable da empresa ou da persoa traballadora autónoma beneficiaria.

8. Advírtese de que calquera discrepancia entre a documentación xustificativa e as declaracións da solicitude de axuda poderá ser motivo de inicio de expediente de incumprimento que, se é o caso, poderá supor a modificación ou revogación da concesión e o reintegro, total ou parcial, das cantidades previamente aboadas, sen prexuízo das sancións que puidesen corresponder.

9. Cando a empresa ou a persoa traballadora autónoma beneficiaria da subvención poña de manifesto na xustificación que se produciron alteracións das condicións tidas en conta para a concesión desta que non alteren esencialmente a natureza ou os obxectivos da subvención, e que puidesen dar lugar á modificación da resolución conforme o artigo 25 destas bases, despois de omitirse o trámite de autorización administrativa previa para a súa aprobación, o órgano concedente da subvención poderá aceptar a xustificación presentada, sempre e cando tal aceptación non supoña danar dereitos de terceiras persoas.

A aceptación das alteracións por parte do órgano convocante no acto de comprobación non exime a empresa ou a persoa traballadora autónoma beneficiaria das sancións que poidan corresponderlle conforme a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e/ou da perda parcial da subvención concedida, de acordo co artigo 29.4 destas bases.

10. As particularidades e excepcións ao réxime previsto neste artigo regúlanse, se é o caso, nos puntos 19.c) e 19.f) do cadro de especificacións.

Artigo 29. Perda do dereito á subvención e reintegro das axudas

1. Producirase a perda do dereito ao pagamento total ou parcial da subvención no suposto de falta de xustificación do cumprimento da actuación, das condicións impostas na resolución de concesión, das obrigas contidas nestas bases reguladoras, das obrigas contidas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ou na restante normativa aplicable, o que dará lugar, se é o caso, á obriga de reintegrar total ou parcialmente a subvención percibida, así como os xuros de demora correspondentes.

2. O procedemento para declarar a procedencia da perda do dereito de pagamento da subvención e para facer efectivo o reintegro a que se refire o punto anterior será o establecido no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Procederá a perda total do dereito ao pagamento da axuda concedida, sen prexuízo da incoación do oportuno expediente sancionador, nos seguintes casos:

a) Obter a subvención sen reunir as condicións requiridas.

b) Non xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e condicións da subvención, así como a realización da actuación e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou desfrute da subvención. Tamén será aplicable no caso de que a actuación xustificada minorase a baremación da axuda, de xeito que coa nova puntuación non resultase concedida en réxime de concorrencia competitiva.

c) Non permitir someterse ás actuacións de comprobación que efectúe o órgano concedente, que incluirán as correspondentes visitas sobre o terreo, así como calquera outra actuación, sexa de comprobación ou de control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, en concreto a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas e os órganos de control da Comisión Europea; non achegar canta información sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores e non permitir as verificacións previstas no artigo 125 do Regulamento (UE) núm. 1303/2013, do Consello ou, se é o caso, ás actuacións de control previstas no Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

d) Non acreditar estar ao día nas obrigas fiscais, coa Seguridade Social e coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Non comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións e axudas concorrentes coas percibidas. Este suposto orixinará o reintegro do 100 % do importe da subvención recibida, máis os xuros de demora e sen prexuízo das sancións que puidesen corresponder.

f) Non comunicarlle ao órgano concedente a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención, salvo o establecido no artigo 25.

4. Incumprimento parcial: sempre que se cumpran os requisitos ou condicións esenciais tomados en conta na concesión das axudas, o órgano concedente poderá apreciar un incumprimento parcial, e deberá resolver sobre o seu alcance, aplicando a mesma ponderación que tivese a condición incumprida na resolución de concesión e, se é o caso, establecendo a obriga de reintegro cos seguintes criterios:

a) No caso de condicións referentes á contía ou aos conceptos da base subvencionable, o alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente aos conceptos subvencionables deixados de executar ou aplicados a outros distintos dos considerados subvencionables; de ser o caso, deberanse reintegrar as cantidades percibidas na dita proporción. Con carácter xeral, se o incumprimento supera o 50 % da base subvencionable da actuación, entenderase que o dito incumprimento é total, e deberanse reintegrar todas as cantidades percibidas e os seus xuros de demora.

b) Suporá o reintegro dun 10 % da subvención concedida o incumprimento da obriga de comunicarlle ao órgano concedente a solicitude doutras axudas para os mesmos gastos.

c) Suporá o reintegro dun 10 % da subvención concedida non manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable adecuado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría suficiente sobre os conceptos financiados con fondos de recuperación.

d) Suporá o reintegro dun 5 % da subvención concedida o incumprimento das obrigas de información, comunicación e visibilidade do apoio procedente dos fondos establecidas no anexo XII do Regulamento (UE) núm. 1303/2013, modificado polo Regulamento (UE; Euratom) 2018/1046.

5. As particularidades e excepcións ao réxime previsto neste artigo regúlanse, se é o caso, no punto 20 do cadro de especificacións.

Artigo 30. Réxime sancionador

Ás empresas ou ás persoas traballadoras autónomas beneficiarias das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 31. Fiscalización e control

As empresas ou as persoas traballadoras autónomas beneficiarias destas subvencións someteranse ás actuacións de control, incluída a consulta aos sistemas de información que realice o órgano convocante, con anterioridade ou posterioridade á concesión da subvención, para o seguimento dos proxectos aprobados e do efectivo cumprimento das obrigas e compromisos do beneficiario fixados no artigo 26, e ás de comprobación material e control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, así como ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, así como ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo, da Oficina Europea de Loita contra a Fraude (OLAF) ou da Fiscalía Europea e ás verificacións do artigo 125 do Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Consello, modificado polo Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046, que incluirán as correspondentes visitas sobre o terreo ou, se é o caso, ás actuacións de control previstas no Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Para o financiamento con fondos do PRTR, o órgano concedente da subvención aplicará medidas dirixidas a previr, detectar, comunicar e corrixir a fraude e a corrupción, previr os conflitos de intereses e o dobre financiamento, e serán actuacións obrigatorias para os órganos xestores a avaliación do risco de fraude, a tramitación da declaración de ausencia de conflito de intereses e a dispoñibilidade dun procedemento para abordar conflitos de intereses.

Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que puidesen ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco da presente convocatoria, poderá poñer os ditos feitos en coñecemento da Comunidade Autónoma a través da canle que se determine.

As particularidades e excepcións ao réxime previsto neste artigo regúlanse, se é o caso, na epígrafe 21 do cadro de especificacións.

Artigo 32. Comprobación das subvencións

1. O órgano concedente comprobará a adecuada xustificación da subvención, así como a realización da actuación e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o desfrute da subvención.

2. Será aplicable o disposto no artigo 30 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 30. Comprobación de subvencións

1. O órgano concedente comprobará a adecuada xustificación da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou goce da subvención.

2. Nas subvencións de capital superiores a 60.000 euros, no seu cómputo individual, destinadas a investimentos en activos tanxibles, será requisito imprescindible a comprobación material do investimento polo órgano concedente, quedando constancia no expediente mediante acta de conformidade asinada, tanto polo representante da Administración como polo beneficiario.

A comprobación material definida no parágrafo anterior poderase encomendar a outro órgano distinto do que concedeu a subvención.

3. Excepcionalmente, a comprobación material poderase substituír por unha xustificación documental que constate de forma razoable e suficiente a realización da actividade subvencionada.

4. A entidade colaboradora, se é o caso, realizará, en nome e por conta do órgano concedente, as comprobacións previstas.

5. A Administración concedente poderá comprobar o valor de mercado dos gastos subvencionables por un ou varios dos seguintes medios:

a) Prezos de mercado.

b) Cotizacións de mercados nacionais e estranxeiros.

c) Estimación por referencia aos valores recollidos nos rexistros oficiais de carácter fiscal.

d) Ditame de peritos da Administración.

e) Taxación pericial contraditoria.

f) Calquera outro medio de proba admitido en dereito.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2022

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file