Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Mércores, 4 de maio de 2022 Páx. 26725

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 22 de abril de 2022 pola que se autoriza o cambio de domicilio por traslado de instalacións do CEMU Presto Vivace, da Coruña.

A representación da titularidade do CEMU (Centro Autorizado de Música) Profesional Presto Vivace, solicita o cambio de domicilio por traslado de instalacións da rúa Posse 37 bis, á rúa Benito Blanco Rajoy, 8, baixo, esquerda, da Coruña.

Conforme a Orde do 18 de febreiro de 2019 (DOG do 5 de marzo), o centro quedou configurado para impartir as ensinanzas artísticas profesionais de música (50 postos escolares).

O Real decreto 303/2010, do 15 de marzo, establece os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas artísticas. O Decreto 253/1995, do 29 de setembro, e a Orde do 5 de decembro de 1995, regulan o procedemento para a autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas artísticas; trámites preceptivos iniciados na Xefatura Territorial da Coruña que achega o expediente cos correspondentes informes para a autorización das devanditas modificacións.

Por canto antecede, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da autorización

Modificar a autorización do CEMU Profesional Presto Vivace, código 15033125, e autorizar o cambio de domicilio por traslado de instalacións da rúa Posse 37 bis, á rúa Benito Blanco Rajoy, 8, baixo, esquerda, da Coruña.

Artigo 2. Inscrición no Rexistro de Centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 3. Modificación da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2022

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade