Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Mércores, 4 de maio de 2022 Páx. 26722

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 22 de abril de 2022 pola que se modifica a autorización do centro privado Padres Escolapios, de Monforte de Lemos (Lugo).

A persoa representante da titularidade do centro privado (CPR) Padres Escolapios, de Monforte de Lemos, solicita a ampliación dunha (1) unidade de educación especial, e a autorización do ciclo formativo de grao medio (CM) Atención a persoas en situación de dependencia, CM Guía do medio natural e de tempo de lecer, do ciclo formativo de grao superior (CS) Animación sociocultural e turística, CS Educación infantil, CS Ensinanza e animación sociodeportiva e do CS Integración social.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da autorización

Modificar a autorización para ampliar unha unidade de educación especial, e autorizar o CM Atención a persoas en situación de dependencia, CM Guía no medio natural e de tempo de lecer, CS Animación sociocultural e turística, CS Educación infantil, CS Ensinanza e animación sociodeportiva, e o CS Integración social, no centro que se sinala a seguir:

Denominación xenérica: centro privado (CPR).

Denominación específica: Padres Escolapios.

Código do centro: 27007223.

Domicilio: Campo da Compañía, 50.

Código postal: 27400.

Localidade: Monforte de Lemos.

Concello: Monforte de Lemos.

Provincia: Lugo.

Titular: Orde Relixiosos Escolapios.

Composición resultante:

a) Educación infantil: 6 unidades do segundo ciclo.

b) Educación primaria: 12 unidades.

c) Educación secundaria obrigatoria: 8 unidades.

d) Educación especial: 2 unidades.

e) Formación profesional, modalidade presencial, réxime ordinario:

– CM Atención a persoas en situación de dependencia (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

– CM Guía no medio natural e de tempo de lecer (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

– CS Animación sociocultural e turística (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

– CS Educación infantil (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

– CS Ensinanza e animación sociodeportiva (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

– CS Integración social (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade de Lugo, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia.

Artigo 3. Inscrición no rexistro de centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Modificación da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2022

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade