Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Mércores, 4 de maio de 2022 Páx. 26719

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 22 de abril de 2022 pola que se modifica a autorización do centro privado plurilingüe Santo Ángel, de Ourense.

A persoa representante da titularidade do centro privado (CPR) plurilingüe Santo Ángel, de Ourense solicita a autorización de 1 unidade de educación especial.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da autorización

Modificar a autorización e autorizar 1 unidade de educación especial no centro que se sinala a seguir:

Denominación xenérica: centro privado (CPR) plurilingüe.

Denominación específica: Santo Ángel.

Código do centro: 32008410.

Domicilio: Vila Real, 6.

Código postal: 32002.

Localidade: Ourense.

Concello: Ourense.

Provincia: Ourense.

Titular: Hijas de la Divina Pastora Calasancias.

Composición resultante:

• 6 unidades de educación infantil.

• 12 unidades de educación primaria.

• 8 unidades de educación secundaria obrigatoria.

• 1 unidade de educación especial.

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade de Ourense, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia.

Artigo 3. Inscrición no Rexistro de Centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Modificación da autorización

O centro queda obrigado a cumprir a normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2022

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade