Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Mércores, 11 de maio de 2022 Páx. 28093

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 25 de abril de 2022, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses o acordo adoptado por este xurado, relativo ao deslindamento parcial do monte Foxo e Vilar, no concello de Negueira de Muñiz (expediente 6DES/2020).

Na sesión celebrada polo xurado provincial o día 31.3.2022, figura o seguinte acordo:

Monte Foxo e Vilar (expediente 135/75), pertencente aos veciños dos lugares de Foxo e Vilar, parroquia de Barcela, concello de Negueira de Muñiz.

– O 24.9.2020 tivo entrada unha proposta, aprobada pola comunidade de Foxo e Vilar, de deslindamento dunha liña do monte con propiedades particulares.

– O 14.12.2020, o Servizo de Montes emite un informe favorable da proposta.

– O 15.3.2021 envíase un anuncio ao portal web da Consellería do Medio Rural, así como ao Concello de Negueira de Muñiz, para os efectos de darlle publicidade.

– O 31.3.2021 publícase no DOG o anuncio polo que se fai pública a proposta de deslindamento e se abre o prazo para alegacións. Expediente 6DES/2020.

– O 7.9.2021, a comunidade presenta un escrito mediante o que acredita que non foron presentadas alegacións e polo tanto se ratifican na proposta inicial, que é informada favorablemente polo Servizo de Montes o 25.10.2021.

– O 22.12.2021, a comunidade Foxo e Vilar presenta a proposta da liña de deslindamento definitiva e achega a documentación requirida no artigo 54 da Lei 7/2012, de montes de Galicia.

– O 14.1.2022, o Servizo de Montes emite un informe en que se especifican as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento. Segundo a nova cartografía, o monte de Foxo e Vilar pasa a ter una superficie de 349,7 hectáreas.

De conformidade co disposto no artigo 54.3 da Lei 7/2012, no caso de informe favorable, unha vez ratificado o deslindamento provisional pola asemblea xeral, darase traslado ao xurado provincial dos acordos alcanzados, o xurado provincial de montes veciñais en man común ditará resolución aprobatoria do deslindamento.

En vista do anterior, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento e proceder a realizar as oportunas correccións no expediente, de conformidade co informe elaborado polo Servizo de Montes.

O plano que figura no anexo, ao final deste anuncio, corresponde ao monte veciñal traso deslindamento aprobado.

Contra este acordo, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 25 de abril de 2022

Mª Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo

ANEXO

missing image file