Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Mércores, 18 de maio de 2022 Páx. 29098

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

ORDE do 6 de maio de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para o período 2022-2024 e se procede á primeira convocatoria das subvencións para o financiamento das accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas, para o exercicio 2022-2023 (código de procedemento TR301P).

A presente orde, pola que se establecen as bases reguladoras do procedemento TR301P para o período 2022-2024, ten por obxecto concretar os principios xerais contidos na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no relativo aos criterios que rexerán a concesión de axudas para impartir accións formativas de formación para o emprego que impliquen compromiso de contratación para as empresas e entidades beneficiarias destas.

Ao abeiro das bases reguladoras establecidas na presente orde aprobaranse, de ser o caso, as sucesivas convocatorias para o período 2022-2024.

A Lei 30/2015, do 9 de setembro, pola que se regula o Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral, regula a planificación e o financiamento do Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral, a programación e execución das accións formativas, o control, o seguimento e o réxime sancionador, así como o sistema de información, a avaliación, a calidade e a gobernanza do sistema.

A Lei 30/2015 estableceu un marco normativo que trata de consolidar no sistema produtivo unha cultura de formación profesional favorecedora da formación de emprego estable e de calidade garantindo o exercicio do dereito á formación das persoas traballadoras.

Entre as iniciativas de formación para o emprego que regula a Lei 30/2015 considérase, no seu artigo 8, a oferta formativa das administracións competentes para persoas traballadoras desempregadas, que inclúe, entre outros, os programas formativos con compromiso de contratación.

Neste senso, cando se trate de programas formativos con compromisos de contratación, a concorrencia estará aberta ás empresas e entidades que comprometan a realización dos correspondentes contratos nos termos que regulamentariamente se establezan.

O Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado mediante a Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, no seu artigo 29 atribúelle á Comunidade Autónoma galega a execución da lexislación do Estado en materia laboral e de fondos de ámbito nacional e de emprego.

A Comunidade Autónoma de Galicia, en aplicación do Decreto 69/1993, do 10 de marzo, asume as funcións e servizos transferidos pola Administración do Estado en materia de formación profesional ocupacional.

O Decreto 215/2020, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Emprego e Igualdade, atribúe á Dirección Xeral de Formación e Colocación as competencias relativas á formación profesional para o emprego.

As bases reguladoras e a primeira convocatoria que se regulan nesta norma adaptan os seus contidos ao actual marco regulador da formación para o emprego establecido pola Lei 30/2015 ao Real decreto 694/2017, do 3 de xullo, polo que se desenvolve a Lei 30/2015, do 9 de setembro, pola que se regula o Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral e á Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo, pola que se desenvolve o Real decreto 694/2017, do 3 de xullo, polo que se desenvolve a Lei 30/2015, do 9 de setembro, pola que se regula o Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral, en relación coa oferta formativa das administracións competentes e o seu financiamento, e se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas destinadas ao seu financiamento.

A Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo, establece as bases que rexerán a concesión de subvencións públicas destinadas ao financiamento da oferta formativa das administracións públicas competentes, incluídos os programas formativos con compromiso de contratación.

A Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, dispón no seu artigo 5.2 que a concesión de axudas e subvencións se axustará aos principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación, aos cales se axusta esta disposición. Tamén será de aplicación o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

A Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, regula os requisitos de concesión e xustificación das subvencións concedidas na Administración do Estado, incluíndo aqueles de carácter básico que son de aplicación na normativa desta comunidade autónoma e, en consecuencia, a esta orde.

A presente norma vencella de xeito directo formación e emprego, asociando a necesidade da empresa de contar con persoas traballadoras cualificadas e adaptadas ás súas formas de produción, coa procura activa de emprego por parte das persoas traballadoras desempregadas. Deste xeito, a empresa dá resposta ás súas necesidades máis inmediatas de demanda de persoal formando persoas traballadoras especializadas para a cobertura dos postos de traballo.

Son, por tanto, obxectivos desta orde os de potenciar modelos integrais de crecemento que liguen formación e emprego permitindo crear postos de traballo especializados e sustentables.

No relativo ao compromiso de contratación que deben asumir polas empresas, aplicáronse as modificacións do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, incluídas no Real decreto lei 32/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a reforma laboral, a garantía de estabilidade no emprego e a transformación do mercado de traballo.

A orde incorpora e prioriza unha nova liña formativa de actuación, para a que dispón unha reserva de crédito que se concretará en cada convocatoria, dirixida a incorporar as mulleres ao mercado laboral naqueles sectores e ocupacións profesionais en que a súa presenza estea infrarrepresentada.

A concesión e xustificación da subvención realizarase a través do réxime de módulos previsto nos artigos 3 e 4 da Orde TMS/368/2019. Para os efectos de aplicar o dito réxime, os módulos económicos determinaranse aplicando criterios obxectivos en atención aos valores medios de mercado dos distintos compoñentes dos custos directos e indirectos da actividade formativa e en función da familia ou área profesional, e/ou a especialidade formativa.

Así mesmo, o novo texto legal simplifica o procedemento respecto a textos anteriores e inclúe como novidade a opción de uso de aula virtual como medio complementario de impartición da formación.

Consecuentemente con todo o anterior, logo de consultar o Consello Galego de Formación Profesional e o Consello Galego de Relacións Laborais, no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

CAPÍTULO I

Disposicións xerais

Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e as condicións polas que se rexerán, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, as convocatorias públicas de subvención das accións formativas para o emprego en unidades formativas nas empresas e con compromiso de contratación (código de procedemento TR301P).

Enténdese por unidade formativa da empresa, a formación con compromiso de contratación impartida con medios propios da beneficiaria, ou a través dunha entidade contratada nos termos desta orde, que teña por obxecto a realización das accións formativas solicitadas e relacionadas coa súa actividade empresarial.

Poderán participar nas referidas accións formativas reguladas por esta orde aqueles colectivos que para tales efectos se determinan no artigo 28.

2. As bases reguladoras terán vixencia temporal para o período 2022-2024.

Así mesmo, coa publicación desta orde realízase a súa primeira convocatoria para o período 2022-2023.

Artigo 2. Finalidade e principios que rexen a concesión das subvencións

1. As subvenciones que se concedan ao abeiro do disposto nesta orde de bases reguladoras e primeira convocatoria terán como finalidade o financiamento de programas de formación con compromiso de contratación destinados á cualificación profesional das persoas traballadoras desempregadas, e estarán dirixidos á adquisición e mellora das competencias profesionais necesarias para o desempeño dos postos de traballo obxecto da contratación.

2. A concesión das subvencións realizarase en réxime de concorrencia competitiva nos termos establecidos no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, respectando os principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación, e de acordo co establecido no artigo 4 da Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo, pola que se desenvolve o Real decreto 694/2017, do 3 de xullo.

Artigo 3. Financiamento

1. Cada convocatoria determinará o importe total do crédito que se destinará á subvención das actividades de formación, con indicación das anualidades en que se distribuirá, as aplicacións orzamentarias a que se imputará, así como o financiamento e as reservas de crédito que, se for o caso, se establezan para determinadas accións formativas.

2. Así mesmo, cada convocatoria poderá establecer, de ser o caso, reservas de crédito dirixidas a desenvolver aquelas liñas formativas que, en función da caracterización dos contidos da acción formativa ou do perfil do alumnado, requiran de especial apoio.

Artigo 4. Accións formativas subvencionables

1. Serán subvencionables ao abeiro do disposto nesta orde, e nos termos establecidos no artigo 28 do Real decreto 694/2017, do 3 de xullo, polo que se desenvolve a Lei 30/2015, do 9 de setembro, pola que se regula o Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral, as accións formativas para o emprego con compromiso de contratación na Comunidade Autónoma de Galicia, que garden relación coa actividade empresarial das entidades solicitantes e estean incluídas no Catálogo de especialidades formativas no marco do Sistema de formación para o emprego no ámbito laboral.

2. Para estes efectos, poderán solicitarse especialidades formativas non conducentes á obtención de certificados de profesionalidade incluídas no Catálogo de especialidades formativas no marco do Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral.

Así mesmo, poderán solicitarse especialidades formativas non dirixidas á obtención de certificados de profesionalidade que non estean incluídas no Catálogo de especialidades formativas. Neste caso, as entidades solicitantes deberán proceder e presentar a documentación que para tales efectos se referencia no artigo 9 desta orde.

3. Co obxectivo de garantir a igualdade de oportunidades no emprego entre mulleres e homes, en todas as convocatorias reguladas por esta orde de bases, e nos termos que nelas se determine, incluirase unha liña de formación específica dirixida a formar, cualificar e impulsar a contratación da muller naqueles sectores produtivos en que exista infrarrepresentación laboral feminina.

Para os efectos desta orde entenderase que existe infrarrepresentación feminina cando na empresa en que se vaia realizar a contratación comprometida, a porcentaxe de mulleres traballadoras sexa inferior ao 40 % sobre o total do cadro de persoal.

Artigo 5. Compromiso de contratación

1. Cada acción formativa incluirá o compromiso de contratación, nun centro de traballo localizado na Comunidade Autónoma de Galicia, dun mínimo do 40 % do alumnado aprobado e/ou formado, atendendo á definición que de ambos os perfís se recolle no artigo 38.4.II desta orde, arredondado ao enteiro superior.

2. O contrato de traballo concertarase por tempo indefinido.

No suposto de contrato por tempo indefinido a tempo parcial, o mínimo da xornada será do 50 % da correspondente a unha persoa traballadora a tempo completo comparable.

Para os efectos desta orde entenderanse como non realizados aqueles contratos finalizados cunha duración inferior a 12 meses.

3. A contratación deberá efectuarse no prazo máximo de dous meses desde o remate da acción formativa e deberá realizarse nunha ocupación e categoría relacionada coa especialidade formativa impartida. Neste senso, entenderase como colocación adecuada aquela que teña por obxecto a realización de traballos vencellados aos coñecementos teórico-prácticos adquiridos durante a formación previa.

A superación do período de dous meses para a formalización do contrato dará lugar á minoración recollida no artigo 40 desta orde. En ningún caso se admitirán contratos formalizados con posterioridade ao prazo de seis meses desde o remate da acción formativa.

4. Nos compromisos de contratación deberá figurar a seguinte información:

• Descrición das necesidades laborais e as accións formativas que se impartirán dirixidas a capacitar o alumnado para desempeñar os postos de traballo que se pretenden cubrir.

• Descrición dos perfís profesionais das persoas traballadoras que se pretende contratar, así como do proceso selección do alumnado previo á formación.

• Tipo e número de contratos laborais comprometidos, con indicación detallada das ocupacións, as categorías profesionais e as localidades e centros de traballo destes.

• Número de persoas empregadas no cadro laboral da empresa ou entidade contratante na data de publicación da convocatoria.

Para estes efectos, no compromiso de contratación deberá priorizarse o alumnado aprobado sobre o alumnado formado, definida cada unha destas categorías de acordo co criterio establecido no artigo 38.4 desta orde.

5. Os contratos laborais en que se plasme o compromiso de contratación, de conformidade co último parágrafo do número 4 do artigo 28 do Real decreto 694/2017, poderanse beneficiar dos incentivos ou beneficios na cotización á Seguridade Social ou doutro tipo de axudas que puidesen corresponder polo mesmo contrato, de conformidade coa normativa que regule tales incentivos ou beneficios, entre as que se inclúen as correspondentes ao programa de incentivos á actividade laboral vencelladas á accións formativas con compromiso de contratación da Xunta de Galicia (procedemento TR349X).

6. Para os efectos do cumprimento do compromiso de contratación será considerada como contratación a incorporación do alumnado como socia ou socio traballador, ou de traballo, dunha sociedade cooperativa ou dunha sociedade laboral, para o que deberá achegarse a documentación que acredite a dita incorporación.

Para os efectos da valoración técnica a que se refire o artigo 16.1.b), esta incorporación terá a consideración de contrato indefinido a xornada completa.

7. As empresas beneficiarias están obrigadas, ao comezo da acción formativa, a informar o alumnado das condicións básicas da contratación proposta e, con carácter previo ao seu inicio, pór en coñecemento das persoas representantes legais das persoas traballadoras na empresa a aprobación do programa con compromiso de contratación que se vai executar, así como as condicións básicas da contratación proposta e unha relación do alumnado participante na acción formativa.

Artigo 6. Entidades beneficiarias

1. Poderán ser entidades beneficiarias as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, e as agrupacións temporais de empresas que presenten solicitude conxunta, mediante un convenio que acredite a correspondente agrupación.

No caso das agrupacións temporais de empresas que presenten solicitude conxunta, deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude coma na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, o período de vixencia da agrupación que, como mínimo, deberá ser o do tempo de duración da acción ou accións formativas, así como o importe de subvención que se vai aplicar para cada un deles, que terán igualmente a consideración de persoas beneficiarias. En calquera caso, deberán nomear unha persoa representante ou apoderada única da agrupación, con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle correspondan á agrupación. Cada empresa que forme parte desta agrupación temporal deberá reunir os requisitos exixidos para acceder ás axudas.

Calquera modificación dos compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación deberá ser previamente solicitada, mediante documento asinado por todos os seus membros, á Dirección Xeral de Formación e Colocación para a súa autorización, e estará suxeita ao disposto neste artigo e no número 7 do artigo 18 desta orde. Os ditos cambios non poderán en ningún caso minorar o compromiso de contratación adquirido pola agrupación.

2. Poderán obter a condición de beneficiarias das subvencións a que se refiren estas bases as empresas que sexan entidades de formación e que sexan titulares de centros ou entidades de formación inscritos para impartir formación profesional para o emprego no ámbito laboral da Comunidade Autónoma de Galicia naquelas especialidades formativas para as cales soliciten subvención.

Neste caso será a entidade de formación beneficiaria a que se faga cargo da responsabilidade da execución da actividade formativa subvencionada e do cumprimento do compromiso de contratación, podendo asumir o dito compromiso mediante acordos ou convenios con outras empresas que efectuarán a contratación laboral.

3. Non poderán ser entidades beneficiarias destas axudas as entidades e institucións sen ánimo de lucro, as administracións públicas, as sociedades públicas, as empresas públicas nin as entidades vinculadas ou dependentes de calquera delas.

Tampouco poderán ser beneficiarias das subvencións reguladas nesta orde de bases as empresas e entidades que, nos seis meses anteriores á solicitude, reducisen o seu cadro de persoal nunha porcentaxe igual ou superior ao 15 %. Para estes efectos, só se terán en conta as persoas con contrato indefinido, non sendo computables as extincións de contrato por causas obxectivas ou despedimentos disciplinarios declarados ou recoñecidos como procedentes, nin as baixas producidas por dimisión, morte, xubilación, incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez.

4. Non poderán obter a condición de entidades beneficiarias das subvencións previstas nesta orde aquelas nas cales concorra algunha das circunstancias establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 6.7 da Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo.

A xustificación por parte das entidades solicitantes de non estar incursas en ningunha das anteditas circunstancias realizarase mediante unha declaración responsable incluída no modelo de solicitude definido no anexo II de cada convocatoria, cuxo contido deberá respectar o que establece o artigo 69 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Coa finalidade de garantir o cumprimento das exixencias deste punto o persoal técnico da Consellería de Emprego e Igualdade poderá realizar comprobacións por mostra estatística durante calquera das fases do procedemento por parte, das cales poderán derivar, de ser o caso, as consecuencias sinaladas no artigo 8.2 desta orde para os supostos de falseamento do contido das declaracións responsables.

De ser o caso, estas actuacións de comprobación poderá efectualas por outra entidade, pública ou privada, se así se lle encomenda a través do instrumento xurídico correspondente.

5. As empresas beneficiarias desenvolverán as accións formativas utilizando os medios de execución propios ou contratados establecidos no artigo 21 e disporán dun prazo máximo de dez días hábiles desde a data de entrada en vigor da orde de convocatoria para, caso de non estaren dadas de alta, inscribirse no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Comunidade Autónoma de Galicia para impartir as especialidades formativas solicitadas.

Cando, atendendo ao disposto no artigo 9.1.g) desta orde, se soliciten especialidades formativas ou itinerarios formativos non incluídos no Catálogo de especialidades formativas, a inscrición deberá formalizarse, caso de que se autorice a solicitude, con anterioridade ao comezo da acción formativa.

CAPÍTULO II

Inicio do procedemento. Presentación e tramitación das solicitudes de subvención

Artigo 7. Forma e lugar de presentación das solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado dispoñible na aplicación SIFO, anexo II, accesible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal ou no enderezo directo https://emprego.xunta.es/sifo-solicitudes

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude ou a documentación presencialmente, será requirida para que a emende mediante a súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

No suposto de que a solicitude non cumpra os requisitos sinalados nas bases reguladoras e/ou na correspondente convocatoria, ou a documentación presentada conteña erros ou sexa insuficiente, requirirase a persoa solicitante para que, nun prazo de 10 días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se considerará desistida da súa solicitude, logo de resolución que así o declare.

Caso de que o requirimento afecte só algunha das accións formativas incluídas na solicitude, excluiranse del unicamente tales accións e continuará a tramitación da solicitude.

Non se admitirán a trámite e, por conseguinte, non existirá a posibilidade de emenda, as solicitudes presentadas fóra de prazo.

2. As solicitudes dirixiranse á Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Emprego e Igualdade.

As empresas ou entidades de formación poderán formular solicitudes de subvención para cada unha das liñas formativas que se establezan en cada convocatoria, e incluirán nelas, dentro da súa capacidade real de execución con respecto aos límites e requisitos que se determinan nas bases reguladoras e na correspondente convocatoria, e de acordo co compromiso de contratación a que se obriga, todas e cada unha das accións formativas incluídas nesa liña para as cales solicita subvención.

Para os posibles efectos de superación, de ser o caso, do límite máximo do importe de subvención que se concederá establecido no artigo 17 desta orde, as accións formativas para as cales se solicita subvención deberán ir ordenadas en función da prioridade de impartición que lles outorgue a entidade solicitante, de xeito que as accións formativas que se soliciten figuren ordenadas segundo criterio de maior a menor preferencia.

Non poderán formularse solicitudes de subvencións para impartir accións formativas que teñan previsto comezar nunha data anterior ao prazo ou data que para cada convocatoria se estableza.

3. A solicitude deberá presentarse acompañada da documentación complementaria relacionada no artigo 9 desta orde.

Artigo 8. Declaración responsable que forma parte da solicitude

1. Forma parte da solicitude a declaración responsable que se contén nela e na cal se farán constar os aspectos seguintes:

a) Que, en relación con outras axudas concedidas ou solicitadas:

• Non se solicitou nin se concedeu ningunha outra axuda para este mesmo proxecto e conceptos para os cales se solicita esta subvención.

• De se solicitaren e/ou concederen outras axudas para este mesmo proxecto e conceptos para os cales se solicita esta subvención, deberán relacionarse estas.

b) Que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se xuntan son certos.

c) Que non está incursa en ningunha das circunstancias previstas no número 2 do artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

d) Que non está incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 6.7 da orde TMS/368/2019, do 28 de marzo.

e) Que está ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2º.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

f) Que os lugares de impartición das accións formativas serán aqueles que están inscritos para tal fin, nos termos do artigo 15 da Lei 30/2015, do 9 de setembro, e do artigo 6 da Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo, pola que se regula o Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral, e que son aptos e cumpren e manterán as condicións e requisitos que exixe a normativa aplicable á correspondente especialidade formativa, nomeadamente, a obriga de impartir a formación nos espazos e cos medios formativos inscritos para tal fin, así como a de manter as exixencias técnico-pedagóxicas, de instalacións, equipamento e medios humanos e tecnolóxicos tidos en conta para a inscrición da especialidade.

g) Que coñece as estipulacións da presente orde, que cumpre cos requisitos sinalados nela e que se compromete a destinar o importe da axuda ao obxecto da subvención indicada.

h) Que, no caso de ser a empresa unha entidade de formación, conta con capacidade suficiente, en termos económicos, técnicos, de recursos humanos, materiais e organizativos, así como, de ser o caso, de aulas, talleres e instalacións en xeral, para asumir na súa totalidade a execución completa das accións formativas que solicita.

i) Que a entidade dispón da documentación que acredita o cumprimento dos anteriores aspectos e que a porá á disposición da Administración cando lle sexa requirida, ademais de que se compromete a manter os ditos requisitos durante todo o período de tempo inherente ao recoñecemento de tal dereito.

j) Que, de ser o caso e de acordo co disposto no artigo 23.9 da presente orde, as pegadas dixitais do alumnado e persoal docente rexistradas pola propia entidade formadora para o seguimento e control das actividades formativas presenciais se corresponden coas das persoas que din ser.

2. A presentación dunha declaración responsable que falsee ou oculte circunstancias que impidan ou limiten a concesión da subvención ou o seu pagamento, así como que alteren a puntuación obtida na baremación, terá a consideración dunha infracción moi grave nos termos do artigo 56 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, coas posibles consecuencias sancionadoras que se recollen na dita norma e no texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Artigo 9. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Acreditación da capacidade legal suficiente para asinar a solicitude (escritura notarial de poderes ou calquera outro medio válido en dereito).

b) Acreditación da capacidade legal suficiente para asinar a solicitude no nome e representación da agrupación, no caso de agrupacións temporais de empresas.

c) Ficha das accións formativas, anexo III.

d) Copia da documentación de constitución da entidade solicitante ou dos estatutos sociais debidamente legalizados.

e) Compromiso de contratación do alumnado asinado pola persoa ou persoas representantes da empresa ou empresas vencelladas ao proxecto presentado, que deberá incluír a información detallada no artigo 5 desta orde, con indicación das ocupacións, as categorías profesionais e as localidades e centros de traballo en que se efectuarán as contratacións laborais comprometidas nas accións formativas que se van impartir.

Este compromiso, de conformidade co artigo 28.1 do Real decreto 694/2017, do 3 de xullo, deberano adquirir a/s empresa/s beneficiarias con respecto a si, salvo que se trate de entidades de formación, suposto en que serán estas as que asumirán a responsabilidade do cumprimento do compromiso da contratación, así como da execución da actividade formativa subvencionada.

f) Agás no caso de que a formación se desenvolva en centros xa inscritos para impartir a especialidade formativa, relación detallada de dotacións, equipamentos e medios materiais que se van utilizar no seu desenvolvemento, así como unha descrición das aulas e talleres, indicando os seus metros cadrados e xuntando planos oficiais das instalacións onde estea previsto impartir a formación.

g) Cando se soliciten especialidades formativas ou itinerarios formativos non incluídos no Catálogo de especialidades formativas a que se refire o artigo 20.3 da Lei 30/2015, do 9 de setembro, as entidades solicitantes deberán achegar a documentación que a seguir se relaciona, nos termos recollidos na Orde TMS/283/2019, do 12 de marzo, pola que se regula o Catálogo de especialidades formativas no marco do Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral.

Para estes efectos, e de acordo co disposto na disposición transitoria única da Orde TMS/283/2019, ata que o Servizo Público de Emprego Estatal habilite o sistema informático de xestión do Catálogo de especialidades formativas previsto nesa orde, e sexa posto ao dispor das comunidades autónomas, a actualización do citado catálogo e as correspondentes altas e baixas de especialidades continuaraas realizando o Servizo Público de Emprego Estatal, utilizando o procedemento establecido na Resolución do 12 de marzo de 2010, do Servizo Público de Emprego Estatal, pola que se establece o procedemento para a inclusión de novas especialidades no ficheiro de especialidades formativas:

• Proposta de alta ou modificación de especialidade formativa, consonte o anexo 2 da Orde TMS/283/2019, de ser o caso.

• Proposta de alta de itinerario formativo, consonte o anexo 3 da Orde TMS/283/2019, de ser o caso.

• Proposta de reactivación de especialidade ou itinerario formativo, consonte o anexo 4 da Orde TMS/283/2019, de ser o caso.

• Programa formativo elaborado pola propia entidade consonte o anexo 5 da Orde TMS/283/2019.

• Informe motivado da necesidade de impartición da especialidade formativa solicitada. Este informe deberá remitirse inescusablemente en soporte informático e virá redactado en lingua galega e castelá, para o seu posterior envío ao Servizo Público de Emprego Estatal.

Os programas deberán ser remitidos en soporte informático editable e virán redactados en lingua galega e castelá para os efectos, nos termos do artigo 6 da Orde TMS/283/2019, da correspondente xestión e tramitación dos procesos de alta, modificación e reactivación, segundo proceda, da especialidade ou itinerario formativo.

Na páxina web https://empregoeigualdade.xunta.gal/formacion/especialidades-formativas está dispoñible para a súa consulta unha guía informativa coas actuacións que hai que realizar para dar de alta especialidades formativas no Catálogo de especialidades formativas no marco do Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral.

As accións formativas obxecto de financiamento non poderán en ningún caso iniciarse con carácter previo á finalización favorable do proceso de alta, modificación ou reactivación que corresponda.

h) Acreditación documental de dispor dun sistema de calidade vixente e certificado por entidades acreditadas, Norma ISO 9001 ou certificado de calidade e excelencia EFQM, nos correspondentes centros de formación na data límite de presentación das solicitudes que, para as entidades de formación homologadas no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego, deberá ser relativa á súa actividade de formación profesional para o emprego, de ser o caso.

i) Acreditación documental de dispor dun plan de igualdade, de ser o caso:

• Para as empresas que teñan contratado persoal na Comunidade Autónoma de Galicia nun número inferior a 50 persoas traballadoras de media nos seis meses anteriores ao da data de entrada en vigor desta orde, acreditación documental de que a empresa solicitante dispón, de ser o caso, dun plan de igualdade de xénero en vigor e inscrito no correspondente rexistro, ou acreditación de telo presentado, estando pendente de resolución, para a súa inscrición no rexistro na data límite de presentación da solicitude.

• Para as empresas que teñan contratado persoal na Comunidade Autónoma de Galicia nun número igual ou superior a 50 persoas traballadoras de media nos seis meses anteriores ao da data de entrada en vigor desta orde, acreditación de dispor dun plan de igualdade negociado, de acordo co previsto no artigo 5 do Real decreto 901/2020, do 13 de outubro, polo que se regulan os plans de igualdade e o seu rexistro e se modifica o Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo, e ter implantadas, cando menos, o 25 % das medidas previstas nel.

j) Naquelas accións formativas en que estea previsto o uso de aula virtual como medio complementario e adicional para desenvolver o proceso formativo, memoria explicativa detallada que acredite, de acordo co disposto no artigo 27 da presente orde, a viabilidade de impartir mediante aula virtual aqueles contidos do programa formativo que estea previsto realizar utilizando este medio.

A memoria deberá indicar expresamente que contidos se impartirán mediante aula virtual, a súa duración e datas de realización, así como o calendario de sesións presenciais e de exames que se vai realizar.

k) No caso de solicitudes conxuntas de agrupacións temporais de empresas deberá achegarse:

• Convenio entre as partes que fan a solicitude conxunta, que incluirá os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, o período de vixencia da agrupación que, como mínimo, deberá ser o do tempo de duración da acción ou accións formativas, así como o importe de subvención que se vai aplicar para cada un deles, que terán igualmente a consideración de persoas beneficiarias.

• Comprobación de datos para pluralidade de solicitantes (anexo V).

• Documentación acreditativa da capacidade legal suficiente para asinar o convenio, en nome e representación da entidade, para cada unha das entidades que formen parte da agrupación.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

A documentación complementaria, tanto a presentada na solicitude como noutras fases do procedemento, achegarase electronicamente mediante a presentación do documento orixinal, de se tratar dun documento dixital, ou da imaxe electrónica do documento orixinal, de se tratar dun documento en papel. Neste último caso, a imaxe electrónica adaptarase ao previsto no Real decreto 4/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema nacional de interoperabilidade no ámbito da Administración electrónica, e na Resolución do 19 de xullo de 2011, da Secretaría de Estado para a Función Pública, pola que se aproba a Norma técnica de interoperabilidade de dixitalización de documentos.

As imaxes electrónicas aplicarán os formatos establecidos para ficheiros de imaxe na Norma técnica de interoperabilidade do catálogo de estándares; o nivel de resolución mínimo para imaxes electrónicas será de 200 píxeles por polgada, tanto para as imaxes obtidas en branco e negro, cor ou gradación de grises; a imaxe electrónica será fiel ao documento orixe (respectará a xeometría do documento orixe en tamaños e proporcións, non conterá caracteres ou gráficos que non figurasen no documento de orixe e a súa xeración realizarase por un medio fotoeléctrico).

As imaxes electrónicas que acheguen as entidades interesadas ao procedemento administrativo terán eficacia, exclusivamente, no ámbito da actividade das administracións públicas.

As imaxes electrónicas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para estes efectos, a entidade interesada deberá conservar o documento orixinal por un prazo de 4 anos desde a presentación da imaxe electrónica.

No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada neste artigo.

A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se podan obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

5. De existir discrepancia entre a información contida na solicitude (anexo II) e/ou na ficha da acción formativa (anexo III), en relación coa información achegada no resto de documentación que hai que presentar, será considerada como correcta, para os efectos de tramitar e revisar a solicitude, a alegada nos citados anexos II e III, con independencia, de ser o caso, de que para ter validez esta deba acreditarse documentalmente.

Artigo 10. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa representante.

b) NIF da entidade solicitante.

c) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.

d) Certificado de estar ao día no pagamento á Seguridade Social.

e) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Atriga.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os correspondentes documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 11. Trámites posteriores á presentación da solicitude e documentación complementaria

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban efectuar tras a a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente a través da aplicación informática SIFO, deberá adecuarse a presentación de documentación derivada das notificacións practicadas pola Administración deberá adecuarse ao disposto no artigo 13 da presente orde.

Artigo 12. Prazo de presentación de solicitudes

Cada convocatoria determinará o prazo de presentación de solicitudes, que non poderá ser inferior a un mes.

Se o último día do prazo for inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Artigo 13. Réxime das notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal

Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude.

Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico.

En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e rexeitadas cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, a Administración xeral e do sector público autonómico practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

6. A presentación de documentación derivada das notificacións practicadas será realizada exclusivamente mediante o programa informático SIFO ou, de ser o caso, a través do programa de notificación xenérico da aplicación FORMAN, https://emprego.xunta.es/forman, que disporá dun punto único para efectuar todos os envíos de documentación á Administración.

Unicamente no caso de que non fose posible, por problemas técnicos acreditados que imposibilitasen a presentación de documentación polos medios establecidos no parágrafo anterior, o interesado podería realizar a súa presentación por medio dos trámites comúns da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), a través do procedemento PR004A.

Artigo 14. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

CAPÍTULO III

Instrución e resolución do procedemento

Artigo 15. Procedemento

1. O órgano instrutor do procedemento é a Subdirección Xeral de Formación para o Emprego.

2. O procedemento que se seguirá na tramitación e instrución dos expedientes será o establecido no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, coas concrecións que se establecen na presente orde.

O procedemento de concesión das subvencións reguladas neste capítulo será o de concorrencia competitiva, nos termos establecidos no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 6.5.b) da Lei 30/2015, do 9 de setembro, pola que se regula o Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral.

3. Rematado o prazo de presentación, procederase ao estudo e revisión das solicitudes recibidas.

Serán obxecto de desestimación aquelas solicitudes que non reúnan os requisitos exixidos para a súa concesión.

Unha vez analizada a documentación achegada polas entidades solicitantes, os expedientes que cumpran os requisitos para a obtención da subvención serán remitidos polo órgano instrutor, xunto cun informe sobre o proceso de instrución das solicitudes, á comisión de valoración, coa finalidade de que poida proceder ao seu estudo e cualificación aplicando os criterios de avaliación técnica establecidos no artigo 16 desta orde.

A Comisión de Avaliación, atendendo aos criterios de valoración técnica, emitirá unha acta en que se concrete a prelación, como resultado da puntuación obtida no proceso de avaliación, das accións formativas solicitadas, así como a proposta de entidades beneficiarias da subvención.

Esta proposta incluirá a contía da axuda que lles corresponde e os anexos coas puntuación obtidas polas accións formativas que cumprisen cos requisitos para ser avaliadas.

4. A Comisión de Avaliación estará composta pola persoa titular da Subdirección Xeral de Formación para o Emprego, que a presidirá, e serán vogais a persoa titular do Servizo de Planificación da Formación para o Emprego, que actuará como secretario/a, e a persoa titular do Servizo de Xestión Administrativa da Formación para o Emprego.

A Comisión poderá incorporar persoas asesoras e técnicas expertas na materia que se trate, que non terán a condición de membros da comisión.

Se, por calquera causa, no momento en que a comisión de valoración teña que reunirse algunha das persoas que a compoñen non puidese asistir, será substituída pola persoa que para tales efectos designe a persoa titular da Dirección Xeral de Formación e Colocación.

5. No suposto de opoñerse á consulta ou, se é o caso, de non prestar o consentimento expreso a que se refire o artigo 10 desta orde, as entidades deberán acreditar, tanto antes de ditarse a resolución de concesión como de proceder ao cobramento das subvencións, que están ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e que non teñen pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

No caso das entidades recollidas no artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, esta obriga poderá ser substituída pola declaración responsable da persoa solicitante de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

6. Á vista dos expedientes, logo da súa baremación e cualificación pola comisión de valoración e dos informes preceptivos que se emitan, o órgano instrutor formulará un informe coa proposta de resolución.

7. A proposta xerarase en función da puntuación obtida como consecuencia do proceso de avaliación.

Esta proposta de resolución irá acompañada de anexo en que figurarán as anualidades, totais ou parciais, de ser o caso, con indicación do orzamento imputado a cada anualidade, para a realización das actividades formativas, e segundo información achegada pola persoa solicitante.

8. Á vista da proposta de resolución, o órgano competente, de acordo co disposto no artigo 18 da presente orde, ditará a resolución correspondente.

9. De se produciren dispoñibilidades de crédito como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento dos programas de formación para o emprego, nos supostos e nas condicións previstas nos artigos 30 e 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de subvencións de Galicia, ou como consecuencia de posibles minoracións, renuncias ou modificacións nas subvencións concedidas, o órgano instrutor poderá realizar novas propostas de concesión de proxectos continuando coa orde de prelación fixada pola Comisión de Valoración ata esgotar o novo crédito.

10. Nos supostos en que no referido procedemento de selección das accións formativas se esgote o crédito dalgunha anualidade orzamentaria da correspondente convocatoria, entenderase que se poderán seleccionar as accións formativas para seren impartidas noutro exercicio orzamentario diferente do solicitado, salvo que na súa solicitude a entidade manifeste expresamente que non se acepta cambio de anualidade, caso en que se entenderá que desisten da súa solicitude de axuda para a acción formativa afectada, polo que quedará excluída da selección con independencia da puntuación obtida.

11. Así mesmo, de incluír a convocatoria diferentes liñas de formación e caso de que non se esgotase o crédito reservado para algunha delas, o crédito sobrante agregarase ás outras liñas formativas segundo un criterio de repartición proporcional entre elas.

Artigo 16. Criterios de avaliación

1. A avaliación das accións formativas solicitadas realizarase de acordo cos seguintes criterios:

a) Polo incremento da porcentaxe do compromiso de contratación do alumnado aprobado e/ou formado na acción formativa por encima do 40 %.

• Superior ao 40 % e cun mínimo de 7 contratos formalizados: 4 puntos.

• Superior ao 40 % e cun mínimo de 8 contratos formalizados: 8 puntos.

• Superior ao 40 % e cun mínimo de 9 contratos formalizados: 12 puntos.

• Superior ao 40 % e cun mínimo de 10 contratos formalizados: 16 puntos.

• Superior ao 40 % e cun número de contratos formalizados superior a 10: 20 puntos.

Para os efectos de aplicación desta epígrafe do baremo, os contratos formalizados deberán cumprir os requisitos establecidos no artigo 5 desta orde, sobre compromiso de contratación.

b) Polo tipo de contratos comprometidos:

• Por cada contrato a formalizar por tempo indefinido e a xornada completa: 1 punto.

Para os efectos de aplicación desta epígrafe do baremo teranse en conta os criterios establecidos no artigo 5 desta orde, no relativo á consideración de xornada a tempo completo ou parcial.

c) Por impartir unha especialidade formativa incluída nalgunha das familias e/ou áreas profesionais relacionadas con sectores estratéxicos, emerxentes ou con maior potencial de creación de emprego (anexo IV): 10 puntos.

d) Polo grao de ruralidade da zona onde se localicen as instalacións do centro en que se realizará a execución da acción formativa: ata 10 puntos.

O grao de ruralidade das zonas de Galicia será o definido polo Instituto Galego de Estatística en atención á densidade de poboación segundo a clasificación en ZPP, ZIP ou ZDP do grao de urbanización atendendo ao GU 2016.

A puntuación distribuirase segundo a urbanización, do seguinte xeito:

• Se a formación se imparte nunha zona densamente poboada (ZDP), definida esta como conxunto contiguo de áreas locais (AL) de densidade de poboación superior 500 hab./km2 e unha poboación total para a zona de, polo menos, 50.000 habitantes: 0 puntos.

• Se a formación se imparte nunha zona intermedia (ZIP), definida esta como o conxunto de áreas locais (AL) que non pertencen a unha zona densamente poboada onde cada unha conta cunha densidade de poboación superior a 100 hab./km2 e/ou ben a poboación total da zona é superior a 50.000 habitantes ou ben é adxacente a unha zona densamente poboada: 5 puntos.

• Se a formación se imparte nunha zona pouco poboada (ZPP), definida esta como grupos de áreas locais (AL) que non pertencen a zonas densamente poboadas ou zonas intermedias: 10 puntos.

Esta información pode ser consultada na seguinte páxina web do Instituto Galego de Estatística: http://www.ige.eu/web/mostrar_paxina.jsp?paxina=003003001&idioma=gl

e) Pola capacidade acreditada da empresa ou entidade para desenvolver a formación que solicita valorarase a situación do centro de formación en que se impartirá a acción formativa, na data límite de presentación da solicitude, con respecto á implantación dun sistema ou modelo de calidade, vixente e certificado por entidades certificadoras acreditadas, Norma ISO 9001 ou certificado de calidade e excelencia EFQM, que, para as entidades de formación homologadas no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego, deberá ser relativa á súa actividade de formación profesional para o emprego: 5 puntos.

f) Por dispor a empresa solicitante dun plan de igualdade: 3 puntos.

Para a obtención desta puntuación deberá acreditarse o cumprimento dalgún dos seguintes requisitos:

• Para as empresas que teñan contratado persoal na Comunidade Autónoma de Galicia, nun número inferior de 50 persoas traballadoras de media nos seis meses anteriores ao da data de entrada en vigor da orde, dispor dun plan de igualdade de xénero en vigor e inscrito no correspondente rexistro, ou acreditación de telo presentado, estando pendente de resolución, para a súa inscrición no rexistro na data límite de presentación da solicitude.

• Para as empresas que teñan contratado persoal na Comunidade Autónoma de Galicia, nun número igual ou superior a 50 persoas traballadoras de media nos seis meses anteriores ao da data de entrada en vigor da orde, dispor dun plan de igualdade negociado, de acordo co previsto no artigo 5 do Real decreto 901/2020, do 13 de outubro, polo que se regulan os plans de igualdade e o seu rexistro e se modifica o Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo, e ter implantadas, cando menos, o 25 % das medidas previstas nel.

g) Polo compromiso adquirido de que o 100 % dos participantes na acción formativa sexan persoas con discapacidade física, psíquica ou sensorial, recoñecida por organismo competente: 10 puntos.

h) Polo compromiso de que un mínimo do 30 % das persoas que se contrate, arredondado, de ser o caso, ao enteiro superior, sexan persoas emigrantes retornadas: 16 puntos.

Para estes efectos, terán a condición de persoa emigrante retornada as persoas demandantes de emprego con nacionalidade española e inscritas no Servizo Público de Emprego que teñan acreditado ante o dito servizo a estadía no estranxeiro para residir ou traballar por un período mínimo de 3 anos. Esta condición manterase durante os 5 anos seguintes á data do retorno a España.

i) Polo compromiso de que un mínimo do 20 % das persoas que se contrate, arredondado de ser o caso, ao enteiro superior, sexan menores de 30 anos, vítimas de violencia de xénero, persoas paradas de longa duración ou persoas en risco de exclusión social: 5 puntos.

Para estes efectos entenderanse por vítimas de violencia de xénero aquelas que teñan tal consideración de acordo co disposto no artigo 1 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero. Inclúense dentro do concepto de violencia de xénero, en aplicación da Lei 14/2021, do 20 de xullo, e da Lei 15/2021, do 3 de decembro, modificadoras ambas da Lei 11/2007, a violencia vicaria e a violencia dixital.

A acreditación da situación de violencia de xénero, ademais das formas previstas no Real decreto 1917/2008, do 21 de novembro, polo que se aproba o programa de inserción sociolaboral para mulleres vítimas de violencia de xénero, poderá acreditarse polas previstas no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo.

Terán a consideración de persoas en risco de exclusión social aquelas n que concorra algún dos factores ou situacións enumerados no artigo 2 do Decreto 156/2007, do 19 de xullo, e sempre que a dita situación estea certificada polo servizos sociais públicos correspondentes.

j) Polo compromiso de colaborar na xestión das subvencións en concepto de bolsas e axudas a que ten dereito o alumnado desempregado que participe nas accións formativas (procedemento TR301V): 3 puntos.

Este compromiso concrétase nas seguintes epígrafes:

• Informar adecuadamente o alumnado, en tempo e forma, dos dereitos que ten en canto á percepción de bolsas e axudas por asistir á actividade formativa, así como dos prazos para presentar a solicitude e da documentación necesaria.

• Formular a solicitude de subvención en concepto de bolsa e axuda en representación da persoa interesada, e remitir a documentación complementaria necesaria por medios electrónicos.

• Elixir a opción de notificación por vía electrónica, así como colaborar coa Administración na contestación aos requirimentos de corrección das solicitudes e, de ser o caso, actualizar dilixentemente e antes dos límites establecidos, a información para a tramitación e xestión das bolsas e axudas na aplicación informática SIFO.

O compromiso de colaboración da xestión de bolsas e axudas deberá presentarse segundo o modelo que figura no anexo II, modelo de solicitude, de cada convocatoria, e estará referido a todas as accións formativas incluídas na solicitude.

Esta colaboración non substitúe as obrigas que nesta materia, segundo a normativa estatal e a correspondente convocatoria de bolsas e axudas de aplicación, teñen os centros e entidades de formación.

k) Polo compromiso do uso do idioma galego na impartición das accións formativas: ata 3 puntos.

Este compromiso concrétase nas seguintes subepígrafes:

• Emprego da lingua galega polo persoal docente nun mínimo do 80 % das horas lectivas de formación: 1,5 puntos.

• Subministración ao alumnado da totalidade dos contidos didácticos, sexa en soporte de papel ou electrónico, en lingua galega: 1,5 puntos.

Para estes efectos, non se entenderán como material de contidos didácticos os folletos informativos ou manuais de instrucións redactados polos fabricantes ou subministradores de equipamento dos cales non exista versión en galego.

2. En caso de empate na puntuación obtida por diferentes solicitudes, terán preferencia aquelas que teñan mellor puntuación de entre os criterios de avaliación técnica descritos no número 1 deste artigo e segundo a ordenación en que se relacionan.

De continuar o empate aplicarase, como criterio de selección definitiva, a data e a hora de presentación da solicitude.

3. As sucesivas convocatorias publicadas ao abeiro do disposto nesta orde de bases reguladoras poderán establecer puntuacións negativas, ata un máximo de -15 puntos, como consecuencia de renuncias expresas ou tácitas, fóra dos supostos entendidos como xustificados relacionados no artigo 18, para impartir accións formativas concedidas no marco da convocatoria previa.

A propia convocatoria poderá graduar a penalización en función de se a renuncia é expresa ou tácita, e do número de accións formativas a que se renuncia en relación co total de accións formativas concedidas.

4. O incumprimento do compromiso de contratación poderá dar lugar a penalizacións en futuras convocatorias de ata un máximo de -15 puntos, aplicable mediante un criterio que gradúe o nivel de incumprimento en relación co compromiso adquirido sobre o total de accións formativas subvencionadas.

5. As circunstancias avaliables acreditadas mediante compromisos adquiridos polas solicitantes a que se fai mención neste artigo serán obxecto de especial seguimento e control por parte do persoal técnico da Consellería de Emprego e Igualdade.

De ser o caso, estas actuacións de seguimento e control poderán se realizadas por outra entidade, pública ou privada, se así se lle encomenda a través do instrumento xurídico correspondente.

Artigo 17. Determinación da subvención

1. O anexo I de cada convocatoria incluirá os módulos económicos específicos establecidos como límite máximo que se solicitará para cada familia profesional ou especialidade formativa, de acordo co disposto no artigo 3.1 da Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo.

Para os efectos do previsto nesta orde enténdese por módulo económico o custo por participante e hora de formación que poderá ser obxecto de financiamento público.

2. A contía da subvención que se concederá por cada acción formativa calcularase en función do número de participantes previstos, do número de horas da acción formativa e dos módulos económicos específicos solicitados por participante e hora de formación recollidos, para cada familia ou área profesional, ou especialidade formativa, no anexo I de cada convocatoria.

O importe económico do módulo que se aplicará na impartición dos módulos transversais será o mesmo que o correspondente aos módulos económicos correspondentes á especialidade formativa que se imparta.

Os módulos transversais poderán impartirse na modalidade de teleformación. Neste caso o módulo económico que se aplicará será o 70 % da contía do dito módulo para a modalidade presencial.

3. Unha mesma empresa ou entidade de formación non poderá ser beneficiaria dunha subvención que supere o 25 % do crédito orzamentario global destinado á liña de formación para a que presenta a solicitude.

Este límite porcentual non será de aplicación cando a subvención concedida ás solicitudes presentadas non esgote o orzamento previsto na convocatoria para esa liña de formación.

4. Así mesmo, cando a subvención concedida ás solicitudes presentadas para impartir accións formativas dunha liña formativa concreta a que fai referencia o artigo 15.11 desta orde non esgote o orzamento dispoñible para esa liña, o dito crédito sobrante poderá destinarse a incrementar o orzamento existente noutras liñas de formación.

5. Realizada a acción formativa, a liquidación da subvención realizarase en función das persoas participantes que rematasen a formación, nos termos recollidos no capítulo VI desta orde.

En ningún caso a liquidación poderá superar a contía da subvención inicialmente concedida.

Artigo 18. Resolución

1. A resolución dos expedientes de axudas corresponderalle, unha vez fiscalizada a proposta pola Intervención competente, á persoa titular da Dirección Xeral de Formación e Colocación, por delegación da persoa titular da consellería.

2. As resolucións dos expedientes comunicarase ao Consello Galego de Formación Profesional.

3. O prazo para resolver e notificar será de tres meses. O dito prazo computarase desde a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes de subvencións indicado na convocatoria.

Transcorrido o devandito prazo sen que se notifique resolución expresa, entenderase desestimada a solicitude, de acordo co establecido no artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e co disposto no artigo 25 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

4. A resolución da concesión de subvención fixará expresamente a contía total concedida e a puntuación técnica obtida, con indicación das accións formativas subvencionadas e o importe do orzamento aprobado para cada unha delas. Así mesmo, incorporará, de ser o caso, as obrigas e determinacións accesorias a que deba estar suxeita a empresa beneficiaria.

5. Notificada a resolución definitiva polo órgano competente, a empresa ou entidade proposta como beneficiaria disporá dun prazo de dez días hábiles para a súa aceptación, a través da aplicación informática SIFO; transcorrido este sen que se producise manifestación expresa, entenderase, de acordo co disposto no artigo 21.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, tacitamente aceptada.

A aceptación da concesión da subvención implica que a empresa beneficiaria recoñece que conta con capacidade suficiente, en termos económicos, técnicos, de recursos humanos, materiais e organizativos, para asumir na súa totalidade a execución completa dos accións formativas concedidas, así como que se compromete a dispor deles ao longo de todo o período de execución da actividade subvencionable.

No suposto de que as empresas beneficiarias decidan renunciar, parcial ou totalmente, de xeito sobrevido con posterioridade á súa aceptación a través da aplicación SIFO, só se considerarán causas xustificadas as seguintes:

• Imposibilidade acreditada de atopar alumnado suficiente para comezar a acción formativa. Esta imposibilidade xustificarase mediante unha memoria explicativa das actuacións realizadas e medios aplicados para a cobertura das prazas.

• Imposibilidade acreditada de contratar persoal docente que cumpra os requisitos exixidos para impartir a especialidade formativa. Esta imposibilidade xustificarase mediante unha memoria explicativa das actuacións realizadas e medios aplicados para a contratación do persoal docente.

• Por circunstancias de gravidade e excepcionalidade debidamente acreditada.

A empresa estará obrigada a comunicar a súa renuncia motivada no prazo de cinco días hábiles desde que se produza a circunstancia causante. A dita renuncia deberá presentarse a través da aplicación informático notificación xenérica FORMAN, https://emprego.xunta.es/forman, accedendo ao menú «Documentación -> Remitir documentación», para, tras indicar o expediente e acción formativa correspondente, seleccionar no campo «Tipo de anexo» a epígrafe «Solicitude de renuncia a curso».

No caso de non producirse unha renuncia expresa, se a acción formativa non dá comezo na data de inicio prevista, ben inicialmente ou ben nas sucesivas solicitudes de cambio aceptadas pola Administración, unha vez transcorridos cinco días hábiles desde que a data en que esta debería terse iniciado o órgano xestor poderá iniciar a tramitación da dita renuncia.

As renuncias por causas non xustificadas, especialmente naqueles casos en que se produzan por ter solicitado accións formativas por riba da capacidade formativa, ou as comunicadas fóra de prazo poderán dar lugar, de acordo co disposto no artigo 16 desta orde, a unha minoración da puntuación en sucesivas convocatorias.

A Dirección Xeral de Formación e Colocación deberá ditar resolución expresa sobre a renuncia, nos termos preceptuados pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Tanto nos supostos de rexeitamento expreso como no de renuncias sobrevidas, poderán ditarse novas resolucións nos termos da disposición adicional primeira, coa finalidade de seleccionar outras accións formativas segundo a puntuación obtida. As accións formativas da entidade renunciante serán excluídas na súa totalidade do novo proceso de selección.

6. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión das axudas ou subvencións, así como a obtención concorrente de subvencións e axudas outorgadas por outras administracións ou outros entes públicos ou privados, estatais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión e, eventualmente, á súa revogación.

7. En aplicación da Orde TES/26/2022, do 20 de xaneiro, pola que se modifica a Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo, unha vez recaída a resolución de concesión, a persoa beneficiaria poderá solicitar a súa modificación ou modificacións. Calquera modificación, incluída a ampliación do prazo de execución do programa formativo, poderá solicitarse cando concorran circunstancias de toda índole, excepcionais e alleas á beneficiaria, especialmente por razóns sanitarias, catástrofes naturais ou calquera outra de natureza análoga que se poidan incluír na resolución da convocatoria, que imposibiliten a realización da formación nas condicións establecidas na resolución de concesión.

A petición deberá fundamentarse, mediante memoria xustificativa, en circunstancias sobrevidas tras a resolución e durante o prazo de execución da actividade subvencionada para cada empresa ou entidade beneficiaria e deberá formalizarse con carácter inmediato ao seu acaecemento e, en todo caso, antes do remate do citado prazo de execución.

No caso de modificación das porcentaxes de execución nas entidades agrupadas, as ditas modificacións non deberán supor minoración na valoración técnica obtida na solicitude de subvención.

Ás modificacións que afecten exclusivamente o número de participantes nas accións formativas non lles será de aplicación o disposto nesta, sempre que non supoña minoración da valoración técnica obtida na solicitude de subvención.

As solicitudes de modificación serán resoltas polo órgano concedente da subvención. En todo caso a modificación só poderá autorizarse se non dana dereitos de terceiros e non afecta a valoración técnica obtida pola solicitude presentada pola persoa beneficiaria.

O órgano competente ditará resolución motivada no prazo de dous meses desde a data en que a solicitude tivese entrada no rexistro do órgano competente para a súa tramitación. Transcorrido este prazo sen notificarse resolución expresa, a solicitude entenderase como desestimada. As resolucións poderán retrotraer os seus efectos, como máximo, ao momento de presentación da solicitude de modificación.

Artigo 19. Recursos

As resolucións ditadas poñen fin á vía administrativa, e contra elas poderá interpoñerse, potestativamente, recurso de reposición ante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes desde a súa notificación, se o acto for expreso, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, se o acto non for expreso, de conformidade co que preceptúan os artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou, directamente, recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional competente, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Artigo 20. Publicidade das subvencións

1. De acordo co establecido no artigo 14, letra ñ), da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as empresas e entidades beneficiarias quedan informadas da existencia do Rexistro Público de Subvencións e dos aspectos previstos na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

2. Así mesmo, e tal como se recolle no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas, indicando a convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputan, a persoa beneficiaria, a cantidade concedida e a finalidade ou as finalidades da subvención.

3. Igualmente, publicaranse na páxina web oficial da Consellería de Emprego e Igualdade nos termos previstos no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e da súa publicación na citada páxina web.

CAPÍTULO IV

Medios de execución, documentación, dereitos e obrigas

Artigo 21. Medios de execución das accións formativas

1. As empresas beneficiarias desenvolverán as accións formativas a través de medios propios ou poderán recorrer á súa contratación, por unha soa vez, sempre que resulten adecuados para tal fin, nos termos da letra a) do número 2 do artigo 14 da Lei 30/2015, do 9 de setembro, pola que se regula o Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral.

No caso de que as empresas beneficiarias opten pola contratación para impartir a formación, que poderá ser do 100 % da actividade formativa subvencionada, deberán comunicarllo á Dirección Xeral de Formación e Colocación con anterioridade ao comezo da acción formativa e subscribir un contrato por escrito cunha entidade ou centro de formación debidamente inscrita para impartir a formación.

Para os efectos do disposto no parágrafo anterior, o lugar de impartición onde se desenvolva a acción formativa deberá cumprir, para os efectos de non alterar a puntuación asignada ao expediente en aplicación do criterio de avaliación establecido no artigo 16.1.d), relativo á localización das instalacións de formación, o declarado na solicitude de subvención, non admitíndose localizacións que supoñan unha diminución da valoración técnica asignada por este criterio.

2. No suposto de que a empresa beneficiaria sexa unha entidade de formación, non poderá subcontratar con terceiros a execución da actividade formativa.

3. A contratación de persoal docente para a impartición da formación subvencionada por parte da empresa beneficiaria non se considerará subcontratación, entendéndose para estes efectos por contratación de persoal docente a contratación de persoas físicas.

4. A empresa beneficiaria deberá contar con medios propios que lle permitan desenvolver as funcións de planificación e coordinación do proxecto, e asumirá, en todo caso, a responsabilidade da execución da actividade subvencionada fronte á Consellería de Emprego e Igualdade, debendo garantir, tanto esta como, de ser o caso, o subcontratista, o desenvolvemento e realización das funcións dos organismos de seguimento e control.

5. As entidades beneficiarias desenvolverán as accións formativas nas súas instalacións.

No caso de que as beneficiarias carezan de instalacións axeitadas para a impartición do proxecto formativo, poderase autorizar a súa impartición nas instalacións dun centro inscrito en Galicia no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego, ou en calquera outro centro, que se deberá inscribir previamente con carácter provisional, de acordo cos requisitos e procedemento de tramitación regulados no Decreto 106/2011, do 19 de maio.

Os centros e entidades onde se imparta a formación deberán estar en posesión da licenza municipal de apertura da actividade de que se trate. Na súa falta, este documento poderá ser substituído por unha declaración responsable da súa representación legal en que se faga constar a idoneidade dos locais de impartición.

Se as accións formativas teñen lugar en espazos cedidos por outras entidades, a licenza de apertura só poderá ser substituída, nos seguintes supostos, por algún destes documentos:

a) Centros de titularidade municipal: certificación da persoa titular da secretaría municipal en que se acredite que os lugares de impartición das accións formativas son aptos para esta finalidade.

b) Entidades públicas (centros de formación, centros sanitarios, etc.): calquera outro documento que acredite suficientemente a súa idoneidade para impartir formación.

En calquera dos casos, esta circunstancia deberá acreditarse tanto nos locais onde se imparta a parte teórica como a práctica.

6. Para o caso de que as empresas beneficiarias comunicasen que a impartición da formación se efectuará a través da contratación con centros ou entidades de formación, cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas para os contratos menores no artigo 118 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, as entidades beneficiarias deberán solicitar, como mínimo, tres ofertas, de diferentes provedores non vinculados entre si, con carácter previo á contratación do servizo, salvo que, polas súas especiais características, non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren, nos termos do artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

As ofertas presentadas deberán conter os mesmos conceptos ofertados.

7. No caso de que a subcontratación sexa con entidades vencelladas, deberán concorrer as seguintes circunstancias:

• Que a contratación se realice de acordo coas condicións normais de mercado.

• Que se obteña a autorización previa da Dirección Xeral de Formación e Colocación emitida no prazo de 15 días contados desde o día seguinte ao da solicitude de autorización.

Entenderanse por empresas vinculadas aquelas que se atopen nalgunha das situacións previstas no artigo 43 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

8. As empresas beneficiarias non poderán exceder os límites na imputación de custos relativos á subcontratación da docencia a través dun servizo externo. Para estes efectos será de aplicación o disposto na normativa vixente en materia de contratación pública, no senso de fixar como límites máximos as porcentaxes recollidas no artigo 131.1, letras a) e b), gastos xerais de estrutura, do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

Artigo 22. Información e documentación para a xestión da execución das accións formativas

1. Os datos correspondentes á xestión das accións formativas deberán introducirse en liña a través da aplicación informática SIFO que a Dirección Xeral de Formación e Colocación pon á disposición das entidades e centros de formación.

2. Como mínimo sete días hábiles antes do inicio de cada acción formativa deberá incorporarse a SIFO a seguinte información:

a) Programa completo da acción formativa.

b) Enderezo completo do centro.

c) A relación nominal do alumnado seleccionado, con indicación do seu DNI.

d) Os instrumentos de avaliación válidos e fiables que se aplicarán, cun sistema de puntuación e corrección obxectivo

e) A relación de persoal docente, con especificación dos seus DNI, que vai impartir a acción formativa coa relación dos contidos que impartirá cada un deles, facendo constar a súa formación metodolóxica e a documentación acreditativa da súa formación e experiencia cando esta non estea en poder da Consellería de Emprego e Igualdade.

f) A identificación, con especificación do DNI, do persoal de preparación de clases e titorías para o reforzo formativo e a impartición da docencia.

g) A identificación do persoal, con especificación dos seus DNI, que asuma as tarefas de administración e dirección estritamente necesarias para a preparación, xestión e execución da acción formativa.

h) As datas de inicio e remate da acción formativa, así como o horario de impartición.

i) A planificación temporal da acción formativa, incluídos os módulos transversais, indicando, así mesmo, a previsión de visitas didácticas que se vaian realizar ao longo do curso.

j) O compromiso verificable de calidade na xestión, transparencia e eficiencia na utilización de recursos públicos. Este compromiso estará referido ao seguimento da impartición e asistencia de todas as persoas que participan na acción, á súa satisfacción co desenvolvemento da acción formativa, aos seus contidos, aos seus resultados, á calidade do profesorado e ás modalidades de impartición.

k) O seguro de accidentes das persoas participantes.

l) Indicación expresa sobre cales contidos que compoñen a acción formativa se van impartir, de ser o caso, a través de aula virtual, con información da súa duración, datas de realización e calendario de sesións.

3. O día de inicio de cada acción formativa introducirase no sistema informático SIFO a seguinte información:

a) Certificación xustificativa do seu comezo e, de ser o caso, das modificacións producidas respecto dos datos relacionados no número 2 deste artigo.

b) Certificación acreditativa do cumprimento do deber de informar o alumnado das condicións básicas da contratación proposta descritas no artigo 5 da presente orde.

De acordo co establecido no artigo 23.1 desta orde, non poderá comezar ningunha acción formativa que non conte coa validación previa do persoal técnico da unidade administrativa competente, a través da aplicación informática SIFO.

4. No momento da incorporación do alumnado á acción formativa requiriráselle a seguinte documentación, que se incorporará ao expediente existente na aplicación informática SIFO.

a) DNI.

b) Ficha individual.

Para os efectos de posibles notificacións, envío de diplomas ou remisión de certificados emitidos ápor solicitude da persoa interesada, a ficha individual deberá incluír o enderezo de correo electrónico das persoas participantes na actividade formativa.

c) Documento de autorización de captura da pegada dixital do alumnado e persoal docente debidamente asinado.

d) Documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos de acceso para realizar a formación correspondente.

e) Documentación acreditativa necesaria para a exención dun módulo transversal, de ser o caso.

f) Documento informativo sobre dereitos e obrigas da empresa e o alumnado, debidamente asinado polas persoas participantes na acción formativa.

Así mesmo, de acordo co disposto no artigo 30 desta orde, no prazo de tres días hábiles desde que sexan efectivas, deberán comunicarse á oficina de emprego correspondente e actualizarse no sistema informático SIFO as baixas de persoas alumnas e as datas en que estas se produzan.

5. Mensualmente achegarase a seguinte información:

a) Nas actividades de carácter presencial, e de terse producido incidencias no sistema de control biométrico de asistencia debidamente acreditadas perante o equipo de soporte informático, partes diarios e mensuais de asistencia no modelo xerado pola aplicación informática SIFO asinados polo alumnado participante e polo persoal formador ao inicio e ao final de cada xornada, así como da persoa responsable da entidade beneficiaria.

Nos ditos partes deberanse identificar as persoas participantes e expresar as horas realizadas diariamente por cada unha delas, reflectindo expresamente o número de horas e minutos de ausencia.

b) Comunicación das incidencias producidas, de ser o caso.

6. No prazo de dous meses desde a finalización da acción formativa, deberase:

a) Completar calquera información relativa ao remate da acción formativa na aplicación informática SIFO.

b) Proceder á xustificación da realización da acción formativa para efectos de liquidación nos termos recollidos no artigo 38 desta orde.

7. A non comunicación da información ou achega da documentación requirida nos prazos establecidos implicará a aplicación, de ser o caso, das minoracións recollidas no artigo 40 desta orde.

8. Toda persoa que fose validada como formadora por unha unidade administrativa dunha Administración pública competente en materia de formación profesional para o emprego para impartir unha determinada especialidade formativa entenderase que cumpre cos requisitos para impartila, na modalidade para a cal foi validada, en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e durante o período que se determine en cada unha das convocatorias.

9. As persoas docentes encargadas da impartición do módulo de formación sobre igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e corresponsabilidade familiar e doméstica establecido no artigo 31 da orde deberán acreditar 150 horas de formación en materia de xénero ou de experiencia profesional ou docente en materia de xénero e seranlles de aplicación os mesmos criterios de equiparación da acreditación que se establecen no punto anterior.

Artigo 23. Obrigas das empresas na execución das accións formativas

As entidades poderán executar as accións formativas no período comprendido entre a data de aceptación da resolución de concesión da subvención e a data límite que para cada convocatoria se determine.

Ademais das obrigas establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e das establecidas con carácter xeral para todos os centros e entidades de formación no artigo 7 do Decreto 106/2011, do 19 de maio, e sen prexuízo das determinadas na Lei 30/2015, do 9 de setembro, no Real decreto 694/2017, do 3 de xullo, e no artigo 9 da Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo, as entidades beneficiarias estarán obrigadas a cumprir as seguintes condicións:

1. Realizar a execución do expediente subvencionado de acordo coas condicións e requisitos formais e materiais que se establezan na orde de bases e na correspondente convocatoria, así como coas condicións de aprobación que serviron de base para determinar a avaliación técnica e a subvención concedida, e tendo en conta que a subvención outorgada terá o carácter de importe máximo e se destinará á realización das accións formativas autorizadas.

Non poderá comezar ningunha acción formativa que non conte coa validación previa do persoal técnico da unidade administrativa competente, a través da aplicación informática SIFO.

2. Comunicar á Dirección Xeral de Formación e Colocación a obtención de subvencións ou axudas para esta mesma finalidade procedentes de calquera outra Administración ou ente público.

3. Expor no taboleiro de anuncios do centro en que se imparta a formación e, de ser o caso, na súa páxina web, o programa completo da acción formativa, a porcentaxe do compromiso de contratación en relación co alumnado que teña a consideración de formado, os dereitos e obrigas do alumnado, así como a relación do persoal docente, as datas de impartición e o horario da acción formativa.

No anuncio deberá facerse constar necesariamente o carácter público do financiamento da acción subvencionada, incluíndose nel o emblema da Xunta de Galicia e o dos organismos que a financian.

Esta información deberá estar redactada en lingua galega, sen prexuízo de que, así mesmo, se publique noutros idiomas.

4. Informar ao alumnado do alcance e obxectivos da formación, así como de que esta non é conducente á obtención dun certificado de profesionalidade.

Deberá informarse as persoas participantes dos requisitos necesarios para poder participar na actividade formativa e, naqueles casos en que determinados contidos da formación se desenvolvan a través de aula virtual, dos medios técnicos necesarios e adecuados para poder asistir con aproveitamento á actividade. Así mesmo, deberá informarse o alumnado cando os módulos transversais se impartan na modalidade de teleformación.

Da comunicación ás persoas asistentes da dita información deberá quedar constancia mediante escrito asinado polo alumnado que se incorporará ao expediente electrónico recollido en SIFO.

5. Respectar o carácter gratuíto da formación para o alumnado.

6. Informar as persoas participantes en situación de desemprego das axudas e bolsas que poden solicitar aos servizos de Formación e Colocación das xefaturas territoriais da Consellería de Emprego e Igualdade localizados naquelas provincias en que teña lugar a formación, e facilitarlles apoio para a cobertura telemática da solicitude normalizada a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

Colaborar, nos termos establecidos no artigo 16.1.j) desta orde, na xestión das subvencións en concepto de bolsas e axudas do alumnado que participe nas accións formativas correspondentes.

7. Aboar mensualmente a remuneración do persoal formador a través de transferencia bancaria.

Non exime desta obriga o feito de que a empresa beneficiaria non percibise os anticipos previstos nesta orde.

8. Someterse ás actuacións de supervisión, seguimento e control que, en calquera momento, poidan acordar os servizos competentes da Consellería de Emprego e Igualdade, tanto no relativo ao desenvolvemento das accións formativas como á súa xestión e tramitación administrativa.

9. Dispor dun sistema de control biométrico para o seguimento e control de asistencia do alumnado e do persoal docente compatible co sistema establecido polo Servizo Público de Emprego de Galicia.

Para estes efectos, o control de asistencia realizarase mediante control biométrico e controis de asistencia que deberán asinar diariamente a través de pegada dixital que deberá realizarse ao iniciar e ao finalizar a actividade (de ser a acción formativa en horario de mañá ou de tarde), e catro veces ao día, de impartirse a acción formativa en xornada partida: ao inicio e ao remate da xornada de mañá e ao inicio e ao remate da xornada de tarde.

Tanto o conxunto do alumnado como o persoal docente estarán obrigados a efectuar o referido control de presenza, de entrada e saída diaria, mediante o control biométrico e, simultaneamente e con carácter subsidiario, mediante partes de asistencia.

Para os efectos de poder efectuar o devandito control de asistencia, o alumnado participante e o persoal docente poderán rexistrar a súa pegada dixital na propia entidade formadora con carácter previo á data de inicio ou de incorporación á acción formativa. Neste caso, tanto o alumnado coma o persoal docente deberá ser informado da necesidade de captar a súa pegada para poder realizar o seguimento e control de asistencia á actividade formativa, así como a finalidade e destino da impresión dixital recollida, e outros aspectos básicos relativos á protección de datos persoais, debendo asinar o modelo informativo e de autorización de captura da impresión dixital que está dispoñible para a súa descarga no sistema informático SIFO.

A correspondencia entre as impresións dixitais e a persoa a que identifican acreditarase mediante declaración responsable da entidade, cuxo contido deberá respectar o disposto no artigo 69 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Tanto a declaración responsable como o documento de autorización de captura da pegada dixital debidamente asinado se deberán engadir ao expediente da acción formativa a través da aplicación informática SIFO. A presentación dunha declaración responsable que falsee as condicións requiridas para a concesión da subvención ou oculte as circunstancias que a impedisen ou limitasen terá os efectos recollidos no artigo 8.2 da presente orde.

10. De ser o caso, na formación presencial desenvolvida mediante aula virtual, esta deberá impartirse obrigatoriamente a través do campus virtual que, para estes efectos, a Consellería de Emprego e Igualdade porá á disposición das entidades de formación.

Os datos de asistencia do alumnado na formación presencial desenvolvida mediante aula virtual deberán ser mecanizados pola entidade beneficiaria na aplicación COBIPE, no prazo improrrogable de 3 días hábiles desde a impartición da sesión a que se refiran. O incumprimento desta obriga de mecanización en prazo suporá a perda do dereito a percibir a liquidación correspondente á sesión non mecanizada.

Así mesmo, a través do sistema informático SIFO e no momento de solicitar a liquidación, deberán incluír os xustificantes e/ou partes de asistencia para os efectos do oportuno control por parte da unidade administrativa competente.

11. Contratar un seguro de accidentes para o alumnado, para o caso das accións formativas a que se impartan na modalidade presencial, que cubra tanto os riscos que poida ter durante o desenvolvemento da acción formativa, como os do traxecto en concepto de desprazamento ao lugar de impartición das clases teóricas, prácticas, visitas didácticas, titorías e probas presenciais.

A súa duración abranguerá o período da acción formativa, incluíndo expresamente as prácticas en empresas cando estas se realicen, sen que poida admitirse restrición nin exclusión ningunha por razón do medio de transporte utilizado. Non se admitirán pólizas con franquías.

O seguro deberá ter a seguinte cobertura mínima:

a) No caso de morte: 60.000 €.

b) No caso de invalidez permanente: 60.000 €.

c) Asistencia médico-farmacéutica: durante un ano a partir do sinistro.

12. Contratar unha póliza de responsabilidade civil para facer fronte aos riscos que poidan derivar para os bens e as persoas cando se realicen prácticas en empresas ou outras actividades relacionadas coa acción formativa.

Non se admitirán pólizas con franquías.

13. Poñer á disposición do alumnado os materiais didácticos que se precisen para a axeitada realización da formación, así como os equipos necesarios tanto para a realización das prácticas como para a súa protección e seguridade, do que deberá quedar constancia documental, que se incorporará ao expediente electrónico de SIFO, asinada por cada un dos alumnos e alumnas.

Naquelas accións formativas para as que se asumise este compromiso, os contidos didácticos, sexan en soporte de papel ou electrónico, deberán estar redactados no idioma galego.

14. Comunicar á Dirección Xeral de Formación e Colocación calquera circunstancia ou eventualidade que poida afectar substancialmente a execución das accións formativas programadas. Esta comunicación deberá realizarse no prazo de dous días hábiles desde que se teña coñecemento de que se vai producir ou, caso de non ter coñecemento previo, dun día hábil desde que se produza.

15. Comunicar aos servizos de Formación e Colocación das xefaturas territoriais da provincia en que teña lugar a acción formativa, con cinco días hábiles de antelación ao día en que vaia ter lugar, a realización de viaxes ou visitas de carácter didáctico.

Estas actividades só poderán denegarse mediante resolución motivada cando o seu contido non supoña unha achega formativa para o alumnado ou reitere actividades xa realizadas.

16. Facilitar toda a información que lles sexa requirida polo órgano competente da Consellería de Emprego e Igualdade, pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas ou polo Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas, así como someterse a todas as actuacións de comprobación e control previstas no artigo 11.c) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

17. Dispor de libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á entidade beneficiaria en cada caso, coa identificación en conta separada ou epígrafe específica da súa contabilidade de todos os ingresos e gastos de execución das accións formativas, coa referencia común en todos eles á formación para o emprego, de maneira que exista pista de auditoría adecuada.

18. Para o caso do persoal interno vencellado á impartición da docencia, a entidade deberá crear, documentar e custodiar un sistema con valor probatorio suficiente, para acreditar as horas diarias dedicadas por cada persoa a estes labores de preparación e titoría, e as tarefas realizadas con indicación do seu custo.

19. Dispor de follas de reclamación á disposición de todos os usuarios e usuarias, en aplicación do disposto na Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias.

20. Efectuar cando menos dous cuestionarios sobre a valoración da acción formativa por parte do alumnado para realizar durante o primeiro cuarto da acción formativa e ao remate desta.

Para esta finalidade, a Dirección Xeral de Formación e Colocación poderá implementar un sistema telemático para a realización das enquisas de avaliación e captura de resultados.

21. Verificar que no momento do comezo da acción formativa a especialidade segue en alta no Catálogo de especialidades formativas no marco do Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral e que o programa de alta non difire do programa autorizado.

Non serán subvencionadas as accións formativas que no momento do seu inicio non estivesen de alta no Catálogo de especialidades formativas.

22. Verificar o cumprimento dos requisitos de acceso que ten que cumprir o alumnado.

No proceso de liquidación da subvención, non serán obxecto de cómputo na determinación do importe para liquidar aqueles alumnos ou alumnas que non cumpran os requisitos exixidos para o acceso á acción formativa.

En ningún caso, nin a Dirección Xeral de Formación e Colocación nin a Consellería de Emprego e Igualdade adquirirán ningunha responsabilidade respecto daquelas persoas que puidesen participar na formación sen reuniren os requisitos de acceso exixidos para as especialidades formativas de que se trate, ou se a formación se impartise sen cumprir os requisitos exixibles de conformidade coa normativa aplicable e o Catálogo de especialidades formativas no marco do sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral.

Neste sentido, non se expedirán diplomas nin certificados de ningún tipo ás persoas alumnas que participen na formación sen reuniren os referidos requisitos, nin se asumirá ningún tipo de responsabilidade económica derivada da súa participación, o que inclúe que non terán dereito a percibir ningún tipo de bolsas e axudas e que non estarán cubertos polos seguros financiados con cargo a esta orde.

As entidades beneficiarias deberán comunicar por escrito os termos desta epígrafe, coas especificidades aplicables á correspondente especialidade formativa, a todas as persoas que participen no proceso de selección do alumnado, con constancia asinada que acredite a recepción e comprensión deste comunicado.

Artigo 24. Especificacións de control de asistencia por razóns de saúde

1. As empresas beneficiarias que impartan accións formativas subvencionadas no marco desta orde de bases poderán aplicar, por razóns de saúde e para os efectos de cumprir, de darse o caso, coas disposicións ditadas polas autoridades competentes que limiten o aforo das accións formativas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria ocasionada pola COVID-19, o establecido neste artigo en materia de controis de asistencia e de horarios.

2. Nas actividades formativas poderase seguir empregando o control biométrico de asistencia para persoal docente e alumnado mediante impresión dixital sempre que se garanta a seguridade e hixiene suficiente a través do uso de xeles ou composicións hidroalcohólicas e a limpeza dos dispositivos de control conforme as disposicións sanitarias vixentes, pero tamén se poderá substituír total ou parcialmente, para todos os efectos e logo de comunicación á Dirección Xeral de Formación e Colocación, a través de tarxeta de fichaxe (banda magnética, RFID), DNI electrónico ou sinatura electrónica mediante a captura de sinatura dixitalizada con datos biométricos e por outros métodos que permitan reflectir e salvagardar, para os efectos de posibles comprobacións posteriores, a hora e os minutos da entrada e saída diaria de cada participante.

Se a entidade acredita suficientemente que non pode pór en funcionamento algún dos ditos sistemas de control de asistencia con anterioridade ao comezo ou continuación da acción formativa (por desabastecemento do mercado da tecnoloxía necesaria, acreditado documentalmente mediante a certificación de, cando menos, 3 empresas provedoras; ou por imposibilidade de que a Administración competente verifique os datos biométricos), poderá solicitar á Dirección Xeral de Formación e Colocación autorización para que o control de asistencia se limite á sinatura manual do parte de asistencias, con indicación exacta de hora e minutos de entrada e saída.

Cando a Dirección Xeral de Formación e Colocación autorice este método de control, a entidade beneficiaria deberá presentar, a través da aplicación SIFO e no momento da solicitude de liquidación, as declaracións responsables individualizadas, asinadas por cada unha das persoas participantes, en que ratifiquen a súa asistencia a todas e cada unha das sesións e nos horarios reflectidos nos partes de asistencia, que deberán anexarse á dita declaración.

Os datos de calquera dos métodos de control de asistencia a que se refire este artigo deberán ser mecanizados pola empresa ou entidade beneficiaria na aplicación COBIPE, no prazo improrrogable de 3 días hábiles desde a impartición da sesión a que se refiran. Así mesmo, a través do sistema informático SIFO, e no momento de solicitar a liquidación, deberán incluír os partes de asistencia e as declaracións responsables escaneadas ou facilitar os medios de acceso ás aplicacións correspondentes, para o correspondente control por parte da unidade administrativa.

O incumprimento dalgunha destas obrigas de mecanización en prazo e inclusión de documentación na aplicación suporá que se perderá o dereito a percibir a liquidación correspondente á sesión non mecanizada.

Artigo 25. Dereitos e deberes do alumnado

1. A formación será gratuíta para todo o alumnado participante nas accións formativas realizadas ao abeiro desta orde.

2. O alumnado desempregado que cumpra os requisitos establecidos pola correspondente normativa reguladora terá dereito a percibir as axudas ou bolsas que estableza a Consellería de Emprego e Igualdade para as persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego (procedemento TR301V).

3. Dentro da programación de formación profesional para o emprego financiada con fondos públicos, o alumnado que resulte seleccionado para unha acción formativa non poderá asistir en ningún caso a outra simultaneamente.

Tampouco poderá causar baixa nunha acción formativa financiada dentro desta programación para acceder a outra diferente financiada con fondos públicos, salvo autorización expresa previa da persoa titular da Dirección Xeral de Formación e Colocación e por causas excepcionais debidamente xustificadas.

As entidades beneficiarias informarán a todo o alumnado desta incompatibilidade antes do comezo de cada acción formativa a través dun medio que permita acreditar e deixar constancia de tal comunicación.

4. O alumnado participante terá a obriga de:

• Asistir e seguir con aproveitamento a acción formativa.

• Rexistrar a súa asistencia e seguimento da acción formativa mediante o uso daqueles sistemas de control autorizados relacionados nos artigos 23 e 24 desta orde e que, para tales efectos, aplique a entidade formadora.

• Facilitar, segundo o disposto nos artigos 22 e 23 desta orde, e nos prazos que nela se establecen, a documentación que lle ten que ser requirida pola entidade de formación.

• Responder ao formulario da enquisa de avaliación da calidade da acción formativa que se lle remitirá por vía telemática ao remate da actividade formativa ou, de ser o caso, se lle entregará en soporte de papel para a súa cobertura.

5. Serán causa de exclusión:

a) Incumprimentos de asistencia:

I. Incorrer nun número de faltas de asistencia superior ao 25 % das horas lectivas, sexa xustificada ou non. Para estes efectos computaranse como faltas de asistencia tanto as ausencias a unha xornada como os incumprimentos horarios.

Entenderase por incumprimento horario cando, sen causa xustificada, a suma dos minutos de atraso na hora de entrada e dos de antelación na saída en relación co horario oficial establecido, así como das ausencias durante parte das horas lectivas, sexa superior a 15 minutos por cada día lectivo.

II. Incorrer en sete incumprimentos horarios nun mes, sen xustificación.

A xustificación dos incumprimentos horarios deberá facerse mediante documentos ou calquera outro medio que acredite de modo fidedigno o motivo. As persoas alumnas disporán dun prazo de tres días hábiles para presentar os xustificantes na entidade de formación. Unha vez transcorrido este prazo sen que os presentasen, a falta será considerada como sen xustificar.

III. A impartición da formación mediante aula virtual entenderase como formación presencial e seranlle de aplicación os criterios recollidos nos puntos I e II.

b) Causas disciplinarias:

I. Atentar contra os dereitos das persoas alumnas, do persoal docente ou da entidade formadora.

II. A falta de aproveitamento da acción formativa ou mostrar un comportamento indebido que dificulte ou obstaculice o seu normal desenvolvemento.

III. Negarse a efectuar os controis biométricos de asistencia ou os que, de ser o caso, procedan

IV. Non entregar a documentación necesaria requirida pola entidade formadora ou a unidade administrativa correspondente para dar cumprimento á normativa aplicable.

V. Non cumprir nin respectar as medidas de seguridade e saúde establecidas polas autoridades competentes para facer fronte á COVID-19, así como as debidas normas de hixiene e salubridade.

VI. Simultanear accións formativas de formación profesional para o emprego. Neste caso, a exclusión aplicarase ás accións formativas a que se incorporase máis recentemente.

O procedemento que se seguirá para dilucidar se procede a exclusión será o seguinte:

• O proceso iniciarase mediante solicitude debidamente motivada presentada pola persoa beneficiaria.

• No prazo de 5 días hábiles desde a presentación da solicitude, a persoa proposta para exclusión será obxecto de audiencia polo órgano instrutor, o Servizo de Formación e Colocación da provincia en que teña lugar a acción formativa, logo da cal esta unidade formulará a súa proposta de resolución.

• A resolución corresponderá á persoa titular da xefatura territorial.

• Durante a tramitación do procedemento a persoa alumna que o motiva poderá ser suspendida de asistencia á acción formativa ata a notificación da resolución definitiva, contra a cal, que non pon fin á vía administrativa, poderán interpoñer recurso de alzada as persoas interesadas.

CAPÍTULO V

Execución das accións formativas

Artigo 26. Accións formativas

1. Para os efectos desta norma enténdese por acción formativa a dirixida á adquisición e mellora das competencias e cualificacións profesionais das persoas traballadoras.

A acción formativa está constituída polo contido específico das especialidades formativas incluídas no Catálogo de especialidades formativas no marco do Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral e polos módulos transversais a que se refire esta orde.

2. Todas as especialidades formativas que se impartan dentro da programación de formación para o emprego deberán estar incluídas no Catálogo de especialidades formativas no marco do Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral, regulado pola Orde TMS/283/2019, do 12 de marzo, e o seu programa, duración, contidos e requisitos serán os establecidos nel, e comprenderán as especificacións técnico-docentes e o contido formativo establecido de acordo co seu nivel e grao de dificultade.

As especialidades formativas programaranse completas.

No suposto de que a especialidade que se imparta non estea dada de alta no Catálogo de especialidades formativas, a empresa solicitante deberá, de acordo co disposto no artigo 9.1.g), elaborar un programa formativo que presentará xunto coa solicitude de subvención para os efectos de que desde a Subdirección Xeral de Formación para o Emprego se realice a tramitación necesaria para a súa alta no Catálogo de especialidades formativas.

3. As accións formativas impartiranse en modalidade presencial e de acordo cos criterios establecidos no artigo 27 desta orde.

4. As accións formativas poderán impartirse en xornadas de mañá, tarde ou mañá e tarde, non está permitida a súa realización en horario nocturno. Para estes efectos, enténdese como horario nocturno o período de tempo comprendido entre as 22.00 e as 6.00 horas.

Esta restrición horaria tamén será de aplicación a aqueles contidos da acción formativa que se impartan mediante aula virtual.

As sesións de formación non poderán superar as 8 horas por día e as 40 horas semanais. En todo caso, deberá cumprirse o descanso mínimo de 12 horas contado desde o remate dunha sesión formativa e o comezo da seguinte.

Salvo autorización da Subdirección Xeral de Formación para o Emprego outorgada a través da aplicación informática SIFO e logo de solicitude da empresa beneficiaria, presentada cunha antelación mínima de 5 días hábiles en relación coa data en que serán de aplicación os cambios solicitados, as datas e horarios das accións formativas non poderán ser obxecto de modificación respecto do indicado no anexo III ou, de ser o caso, do autorizado posteriormente como consecuencia doutras solicitudes de cambio presentadas.

5. Con carácter excepcional e logo de solicitude da empresa beneficiaria debidamente xustificada mediante memoria explicativa, a Dirección Xeral de Formación e Colocación poderá autorizar a realización de accións formativas que, total ou parcialmente, se impartan dentro do horario nocturno establecido no número 4 deste artigo.

6. As convocatorias que se realicen ao abeiro das presentes bases reguladoras establecerán o intervalo de datas autorizado para o comezo e remate das accións formativas.

Artigo 27. Modalidades de impartición

1. As accións formativas obxecto de financiamento por esta orde deberán impartirse na modalidade presencial.

2. As entidades beneficiarias poderá facer uso da aula virtual como medio complementario e adicional para desenvolver o proceso formativo utilizando o campus virtual que, para estes efectos, a Consellería de Emprego e Igualdade porá á disposición das empresas beneficiarias.

De acordo co establecido na disposición adicional cuarta da Orde TMS/369/2019, do 28 de marzo, considérase aula virtual a contorna de aprendizaxe onde a persoa titora-formadora e o alumnado interactúan, de forma concorrente e en tempo real, a través dun sistema de comunicación telemático de carácter síncrono.

Non poderá utilizarse unha aula virtual para realizar aquelas sesións que precisen presenza física do alumnado e/ou requiran a utilización de espazos, instalacións ou equipamentos para a adquisición de destrezas prácticas. Tampouco poderán realizarse a través de aula virtual os exames finais e as probas de aptitude de carácter oficial.

Para a autorización do uso da aula virtual serán de aplicación os seguintes criterios:

• Naquelas especialidades formativas para as cales o deseño e contido do seu programa formativo permite que se impartan tanto na modalidade presencial como na de teleformación poderá utilizarse a aula virtual para realizar aquelas sesións que, na modalidade de teleformación, non precisen presenza física do alumnado.

• Naquelas especialidades formativas para as cales o deseño e contido do seu programa formativo soamente admita a presencial como modalidade de impartición, permitirase o uso da aula virtual para aqueles contidos en que resulte acreditado que non requiren o uso de espazos, instalacións e/ou equipamentos para a adquisición de habilidades ou destrezas prácticas, e cun límite máximo de horas de formación mediante aula virtual que non poderá superar o 50 % do total de horas do programa formativo.

Para os efectos de garantir o cumprimento do disposto nesta epígrafe, a Dirección Xeral de Formación e Colocación poderá, na fase de instrución da solicitude, requirir toda aquela información e/ou documentación acreditativa da viabilidade de impartir mediante aula virtual a totalidade ou parte dos contidos solicitados. No caso de que a información e/ou documentación solicitada non se achegue ou se achegue parcialmente, se presente fóra de prazo ou non se acredite a viabilidade de impartir a formación mediante aula virtual, esta deberá efectuarse presencialmente.

3. Se unha vez concedida e aceptada unha solicitude de subvención, a entidade desexa modificar a impartición presencial de determinados contidos da acción formativa para realizalos a través de aula virtual, deberá solicitalo á Dirección Xeral de Formación e Colocación para a súa autorización cun mínimo de dez días hábiles de antelación en relación coa data proposta para o comezo da impartición da formación por este medio virtual, e necesitará, en todo caso, a autorización previado persoal técnico da dita unidade.

A solicitude deberá incluír unha memoria detallada da petición, con indicación expresa dos contidos que se impartirán mediante aula virtual, a súa duración e datas de realización, e o calendario de sesións presenciais e de exames que se realizarán.

Caso de que a acción formativa estivese iniciada no momento de realizar a solicitude, ou xa se realizase a selección do alumnado que vai participar nela, deberá presentarse a documentación acreditativa de que todas e cada unha das persoas alumnas da acción formativa foron debidamente informadas das consecuencias de participar mediante aula virtual, incluída, de ser o caso, a perda do dereito para beneficiarse de determinadas bolsas e axudas, e que mostran o seu acordo expreso ao cambio.

4. Logo de comunicación á Dirección Xeral de Formación e Colocación, as empresas beneficiarias poderán excepcionalmente facer uso da aula virtual para posibilitar o seguimento da acción formativa por parte do alumnado que non poida asistir á actividade por causas sobrevidas consecuencia da COVID-19.

O uso da aula virtual será individual para cada persoa alumna, abranguerá o tempo indispensable necesario para garantir o respecto ás medidas de seguridade e saúde establecidas polas autoridades competentes e estará suxeita ao cumprimento dos requisitos establecidos nos números 2 e 3 deste artigo e nas instrucións que para tal efecto estableza e publique a Dirección Xeral de Formación e Colocación.

Para os efectos exclusivos do disposto nesta epígrafe, as empresas poderán facer uso de medios virtuais propios sen necesidade de utilizar o campus virtual.

Artigo 28. Persoas destinatarias da formación e definición de persoa alumna

1. As accións formativas obxecto de financiamento dirixiranse ás persoas traballadoras desempregadas. Para tal efecto, a consideración de persoa desempregada virá determinada pola súa inscrición como demandante no Servizo Público de Emprego de Galicia e a súa situación laboral como non ocupada, na data da súa incorporación á acción formativa.

Non será precisa a inscrición como demandante de emprego cando unha norma específica así o determine e, en particular, no suposto de persoas mozas inscritas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil.

2. Se durante o desenvolvemento da acción formativa algunha persoa alumna é contratada, poderá continuar asistindo á acción formativa sempre que haxa total compatibilidade entre o horario formativo e o laboral, de maneira que lle permita cumprir os requisitos de asistencia rematar con aproveitamento o curso.

3. Así mesmo, logo de conformidade da beneficiaria da subvención, poderán participar nas accións formativas as persoas demandantes de servizos previos ao emprego, nos termos que establezan os instrumentos de coordinación do Sistema nacional de emprego.

A participación na acción formativa de persoas incluídas neste colectivo non suporá ningunha minoración do compromiso de contratación asumido.

4. Terán a condición de persoas alumnas as que cumpran os requisitos de acceso á acción formativa correspondente e fosen seleccionadas a través dun procedemento realizado de conformidade co establecido na presente orde.

Artigo 29. Selección do alumnado

1. Con anterioridade á solicitude de persoas candidatas á oficina de emprego, as entidades beneficiarias que así o elixan poderán efectuar a selección directa do alumnado, sempre que se trate de persoas destinatarias da formación a que se refire o artigo 28 desta orde e cumpran os requisitos de participación exixibles na especialidade formativa en cuestión.

2. As entidades priorizarán nos correspondentes procesos de selección que realicen as persoas traballadoras desempregadas que exerzan o seu dereito de elección de centro a través da páxina web do portal de emprego https://emprego.xunta.gal/portal/index.php/gl/buscador-formacion.html, con preinscrición directa ante a entidade ou centro de formación correspondente, a través da rede de oficinas do Servizo Público de Emprego de Galicia, ou por outros medios que determine a Dirección Xeral de Formación e Colocación a través da correspondente instrución ou circular.

3. Se as entidades beneficiarias non elixen o procedemento de selección directa do alumnado, ou ben escolléndoo non acadan o número mínimo de participantes, deberán efectuar os seguintes trámites:

a) Con 15 días hábiles de antelación á realización da proba de selección, as entidades beneficiarias solicitarán directamente á oficina de emprego que corresponda e mediante o impreso normalizado establecido para o efecto, unha listaxe de persoas que, cumprindo o disposto nesta orde para ser destinatarias da formación, se adecúen ao perfil requirido para a realización da acción formativa, en función dos requisitos de acceso do alumnado á actividade formativa especificados no programa da acción formativa.

Para estes efectos a solicitude non debe predeterminar o colectivo a que vai dirixida a acción formativa, limitándose a identificar os requisitos de acceso do alumnado, agás no suposto de que o colectivo destinatario da formación sexa, tal como se establece no artigo 4.3, o correspondente á liña formativa de infrarrepresentación feminina, caso en que se deberá especificar que a acción formativa estará dirixida a mulleres.

A empresa beneficiaria, ao ter adquirido un compromiso de contratación ligado á impartición da acción formativa, poderá solicitar especificamente á oficina de emprego que non se inclúan na listaxe persoas demandantes de servizos previos ao emprego.

b) A oficina de emprego, mediante sondaxe entre as persoas demandantes inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia, seleccionará dúas persoas por praza vacante en cada acción formativa e convocará, mediante calquera medio que acredite a súa recepción de conformidade coa Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas demandantes preseleccionadas para que asistan á proba de selección que deberá realizar a entidade de formación.

Os órganos competentes da Consellería de Emprego e Igualdade poderán acceder ás bases de datos das administracións públicas para comprobar a situación laboral das persoas traballadoras para efectos da súa selección para asistir á acción formativa.

c) Remitida a listaxe das persoas preseleccionadas á entidade solicitante, esta procederá a selección do alumnado mediante a realización das probas que considere pertinentes e de conformidade cos criterios predeterminados na solicitude, que deberán poñerse en coñecemento das persoas candidatas antes da súa realización.

Do proceso de selección e do seu resultado redactarase a correspondente acta no modelo normalizado establecido para tal efecto.

Na realización das probas de selección poderá estar presente unha persoa representante da Consellería de Emprego e Igualdade.

d) As persoas demandantes propostas pola oficina de emprego só poderán ser rexeitadas para a realización da acción formativa cando concorran causas xustificadas que así o determinen e sexan perfectamente acreditadas pola entidade beneficiaria e, en todo caso, cando incumpran os requisitos para participar na correspondente especialidade formativa.

e) No caso de que ningunha persoa demandante proposta pola oficina de emprego supere as anteditas probas ou que transcorresen 15 días naturais desde que se realizou a petición de persoas candidatas por parte da entidade beneficiaria sen que a oficina de emprego remitise persoas demandantes de emprego, ou que as persoas demandantes enviadas, xunto con aqueloutras pertencentes a outros colectivos cuxa participación se permite nesta orde de bases, sexan insuficientes, a oficina de emprego deberá tentar novas sondaxes entre persoas demandantes de emprego inscritas no Servizo Público de Emprego, que non respondan aos criterios que empregou na sondaxe inicial e entre os que poderán incluírse:

• Sondar por estudos cursados, ocupación ou experiencia profesional afíns, relacionados coa especialidade que se vai impartir.

• Aumentar o ámbito xeográfico da sondaxe.

4. Se, a pesar do anterior, non se cobren as prazas, a entidade beneficiaria poderá realizar a correspondente convocatoria pública a través daqueles medios de comunicación e canles que considere convenientes ou optar pola selección directa, logo de comunicación á oficina de emprego.

Nos anuncios necesariamente deberá facerse constar o financiamento público da acción formativa, debendo figurar neles aqueles logos que para tales efectos estableza a Dirección Xeral de Formación e Colocación, entre os que figurarán o logotipo da Xunta de Galicia e da Administración pública que cofinancie.

No anuncio, que deberá estar redactado en lingua galega, sen prexuízo de que, así mesmo, se publique noutros idiomas, deberá especificarse como mínimo:

• A institución ou centro ofertante e o lugar de impartición da acción formativa.

• As vacantes existentes.

• O código e denominación da especialidade formativa, as súas datas de comezo e fin, e a súa duración total en horas.

• O compromiso de contratación o que está obrigada a empresa beneficiaria da subvención.

• O perfil requirido ao alumnado.

• O enderezo e teléfono do lugar de realización das probas de selección, así como a data e a hora en que estas terán lugar.

5. Do resultado do proceso de selección darase conta á oficina de emprego encargada da preselección do alumnado, con independencia do tipo de metodoloxía de selección empregado, coa finalidade de que o persoal técnico desa oficina ou do servizo territorial de que dependa poida validar a acta de selección no prazo máximo de 5 días naturais desde a recepción do documento.

A validación da acta de selección supón un requisito previo e imprescindible para que poida comezar a acción formativa.

6. Cando se seleccionen ou inicien unha acción formativa persoas que non cumpren os requisitos exixibles para participar na dita actividade de formación, deberá procederse á súa inmediata baixa como alumnas.

7. As persoas que realizasen unha acción formativa e teñan dereito a diploma non poderán volver realizar outra acción formativa en que se imparta a mesma especialidade. No caso de detectarse esta circunstancia, deberán ser dadas inmediatamente de baixa.

Ademais, neste suposto o alumnado correspondente non terá dereito a percibir ningunha das bolsas e axudas que se financian no marco do procedemento TR301V.

Exceptúanse do anterior aqueles supostos en que exista normativa específica que obrigue á reciclaxe formativa dun determinado colectivo e así o acredite a entidade ou centro de formación.

As persoas candidatas a asistir á formación deberán ser informadas do disposto nesta epígrafe no momento de realización do proceso de selección, debendo quedar constancia documental de que recibiron esta información.

Artigo 30. Cabida, incorporacións e suspensións

1. Sen prexuízo do que determinen as autoridades en materia sanitaria e de prevención de riscos laborais, nos casos en que as instalacións cumpran os requisitos que posibiliten esta capacidade, o número máximo de participantes será de 15 persoas por acción formativa. De ser o caso, o número mínimo de participantes estará determinado polo que para cada caso determine o programa formativo da especialidade que se vai impartir.

No suposto de que a acción formativa se inicie cun número inferior de participantes en relación cos indicados no formulario da solicitude de subvención, poderá completarse o dito número dentro do primeiro cuarto da acción formativa ata acadar a cifra de persoas alumnas solicitadas.

2. En ningún caso o número de alumnas e alumnos participantes nunha acción formativa poderá ser superior ao do alumnado orzado.

3. As entidades beneficiarias poderán incorporar alumnado dentro do primeiro cuarto de duración da acción formativa. Para estes efectos, poderase incluír como suplentes na relación de persoas participantes ata un 20 % máis dos previstos, que poderán cubrir posibles baixas ao inicio da acción formativa e estarán identificados na comunicación de maneira diferenciada.

Cada nova alta ou baixa de alumnado que se produza na acción formativa deberá ser comunicada á oficina de emprego para a súa validación e actualizada no sistema informático SIFO no prazo de tres días hábiles desde que esta teña lugar.

Artigo 31. Módulo formativo transversal

1. En todas as accións formativas subvencionadas ao abeiro da presente orde será obrigatoria a impartición do módulo transversal denominado Inserción laboral, sensibilización ambiental e na igualdade de xénero (FCOO03), de dez horas de duración, das cales cando menos dúas horas deberán referirse á igualdade de xénero, vinculada coa igualdade de oportunidades entre homes e mulleres e corresponsabilidade familiar e doméstica, coa finalidade de dar cumprimento ao que preceptúa a disposición a que se refire o seguinte parágrafo.

Ademais, de conformidade co establecido no artigo 26 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma en materia de igualdade, impartirase un módulo formativo sobre igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e sobre corresponsabilidade familiar e doméstica, cunha duración de tres horas nas especialidades formativas de duración menor ou igual a cincuenta horas (FCOXXX23), e de oito horas nas especialidades de duración superior a cincuenta horas (FCOXXX24).

En calquera circunstancia, tal como se describe nesta epígrafe 1, a formación en materia de igualdade incluirá un mínimo de cinco horas naquelas accións formativas en que se impartan especialidades formativas de duración menor ou igual a cincuenta horas, e un mínimo de 10 horas para aquelas especialidades que superen a dita duración.

2. A documentación de referencia dos devanditos módulos poderase consultar na epígrafe de módulos transversais da páxina web:

https://empregoeigualdade.xunta.gal/formacion/modulos-transversais

3. O alumnado que estea en posesión dun diploma oficial que acredite ter realizado unha formación en materia de igualdade de duración igual ou superior ás horas destes módulos, ou que xa teña cursado o módulo que correspondese á duración da acción formativa en que estea participando, non poderá realizalo de novo.

Informarase todo o alumnado desta circunstancia de xeito que quede constancia, ademais de que, nestes supostos, non terá dereito a percibir bolsas e axudas por este concepto. As entidades e centros de formación tampouco terán dereito seren financiadas na parte proporcional ao alumnado en que concorran estas circunstancias.

4. Os módulos transversais poderán impartirse na modalidade de teleformación. Neste caso seralles de aplicación para a determinación do importe da subvención o módulo económico establecido no artigo 39 desta orde.

5. A impartición dos módulos formativos transversais relacionados no número 1 deste artigo poderá realizarse en calquera momento dentro do intervalo de datas da acción formativa.

6. A posibilidade de contratación do alumnado para os efectos de que a entidade beneficiaria cumpra co seu compromiso de contratación non estará supeditada a que o alumnado realice ou supere os módulos a que se refire este artigo.

Artigo 32. Seguimento e control das accións formativas

1. Para verificar o cumprimento do disposto nesta orde, as xefaturas territoriais da Consellería de Emprego e Igualdade aplicarán un sistema de seguimento e control, que incluirá, entre outras actuacións, visitas presenciais.

As citadas actuacións de seguimento e control poderán ser realizadas por outra unidade administrativa ou por unha entidade, pública ou privada, se así llo encomenda a Dirección Xeral de Formación e Colocación a través do instrumento xurídico correspondente.

2. Cando a acción formativa se desenvolva a través de aula virtual, efectuaranse conexións durante o tempo de impartición da formación por parte dos órganos de control para os efectos de realizar aquelas actuacións de seguimento que procedan.

3. As entidades impartidoras deberán pór á disposición das xefaturas territoriais ou, de ser o caso, da unidade administrativa ou da entidade pública ou privada que corresponda, xunto co resto da documentación exixida nesta orde e utilizando para tales efectos a aplicación informática SIFO, a folla de control de asistencia debidamente asinada polas persoas técnicas de seguimento que visiten a acción formativa.

No caso de que non coincida a folla de control de asistencia que conste en poder das persoas técnicas coa remitida posteriormente polas entidades, presumirase a veracidade da primeira.

4. As persoas encargadas do seguimento e control verificarán a realización da actividade e realizarán as comprobacións encamiñadas a garantir a correcta realización do proxecto ou acción obxecto da axuda, de maneira que a entidade beneficiaria deberá colaborar con estas actuacións de xeito dilixente e achegando, para tal efecto, canta documentación sexa requirida.

5. Posibilitarase á entidade beneficiaria a posibilidade de asinar o informe ou acta durante a visita de control, para acreditar a súa presenza, así como de engadir as observacións que considere oportunas.

6. Cando nunha acción formativa se detecte a existencia de irregularidades ou deficiencias que non poidan ser emendadas no prazo concedido para o efecto e que impidan o normal desenvolvemento da actividade ou incidan negativamente na súa calidade docente, poderá procederse á súa cancelación logo de resolución motivada do órgano competente para a súa concesión.

Artigo 33. Prácticas non laborais

1. As prácticas incluídas no programa formativo poderán desenvolverse en empresas, consonte o artigo 19 da Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo, de acordo cos requisitos do programa, respectando a súa duración e logo de subscrición dun acordo ente a empresa e a entidade de formación que deberá ser posto en coñecemento da persoa que realiza as prácticas.

Poderanse realizar en calquera especialidade e a súa externalización terá carácter voluntario para as entidades impartidoras e obrigatorio para o alumnado no caso de que a entidade opte pola súa realización.

2. Con dez días hábiles de antelación á data prevista para a realización das prácticas, o centro impartidor presentará a correspondente comunicación á Dirección Xeral de Formación e Colocación, a través da aplicación SIFO, á que deberá xuntar a seguinte documentación:

a) Convenio ou acordo subscrito coa empresa ou empresas en que realizará o módulo de prácticas profesionais non laborais en empresas.

b) Sistema de titorías para o seu seguimento e avaliación.

c) Datas, lugar de realización, horario e duración.

d) Documento que acredite a vixencia do seguro de accidentes do alumnado que cubra os riscos da acción formativa. Deberá incluír os riscos do traxecto ao lugar de realización das prácticas e contraerase estritamente durante o período de duración das prácticas.

e) Documento que acredite a contratación por parte da entidade impartidora dunha póliza de responsabilidade civil para facer fronte aos riscos que para os bens e as persoas poidan derivar da realización das prácticas en empresas. Non se admitirán pólizas con franquías.

f) Declaración responsable da persoa representante legal en que se indique:

• Que se dispón de comunicación previa ou licenza municipal de apertura da actividade de que se trate ou, na súa falta, que faga constar a idoneidade dos locais de impartición onde se van desenvolver as prácticas no caso de empresas, ou calquera outro documento acreditativo da idoneidade dos locais para a realización das prácticas.

• Que a empresa en que se realizarán as prácticas cumpre coa normativa de prevención de riscos laborais.

3. A entidade beneficiaria deberá introducir no sistema informático SIFO os datos relativos ao alumnado que desenvolva o módulo de prácticas.

4. As empresas onde teñan lugar as prácticas deberán reunir os requisitos que, ao respecto, se establezan no programa da especialidade.

5. O módulo de formación práctica non implica relación laboral coa empresa nin supón compensación económica ás persoas participantes pola súa formación práctica, salvo no previsto sobre bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego.

6. Antes do comezo das prácticas a entidade beneficiaria da subvención porá en coñecemento da Inspección de traballo unha relación do alumnado que vai realizar as prácticas, e os nome/s da/das empresa/s en que realizará/n as prácticas, localidades, datas e horario de realización.

7. As empresas en que se realicen as prácticas comunicarán aos representantes legais das persoas traballadoras na empresa unha relación do alumnado que vai realizar as prácticas, as datas e o horario de realización.

8. Unha vez comunicadas as prácticas, os centros e entidades deberán comunicar ao órgano competente calquera incidencia que se produza no seu desenvolvemento.

Artigo 34. Diplomas

1. Rematada a acción formativa, dados de alta en SIFO os resultados individuais obtidos polo alumnado nos diferentes controis e probas de avaliación da acción formativa, e log de solicitude da beneficiaria, a Dirección Xeral de Formación e Colocación procederá a emitir os correspondentes diplomas de acordo cos criterios establecidos nesta orde.

A solicitude dos diplomas, que se realizará a través do sistema informático SIFO, incluirá unha declaración da solicitante de que requiriu a cada persoa alumna a acreditación do cumprimento dos requisitos de acceso establecidos no programa formativo.

2. Para ter dereito a diploma o alumnado deberán cumprir os requisitos de acceso exixidos para asistir á acción formativa, finalizándoa con aproveitamento e asistindo ao 75 % da especialidade formativa incluída na acción formativa.

Para os efectos do dereito a diploma, as porcentaxes do aproveitamento non precisarán computar, para o seu cálculo, as horas dos módulos transversais e/ou complementarios.

3. A Dirección Xeral de Formación e Colocación determinará o modelo do diploma que se entregará no cal, en todo caso, deberá constar:

a) Nome, apelidos e DNI da alumna ou alumno.

b) A denominación da acción formativa.

c) As horas de impartición.

d) O lugar e as datas de realización.

e) O programa e contidos da acción formativa.

f) Os logotipos da Consellería da Xunta de Galicia e dos organismos que financien as accións formativas.

g) Os módulos de formación transversal impartidos, con indicación da súa duración en horas, no caso de terse realizado.

4. O alumnado que non teña dereito a diploma recibirá, se a solicita, unha certificación polas horas e módulos que superase.

5. Tanto a emisión dos diplomas como, de ser o caso, a expedición de certificados polas horas e módulos realizados efectuarase en soporte electrónico.

Artigo 35. Avaliación da calidade das accións formativas

1. En cumprimento do establecido na Lei 30/2015, do 9 de setembro, o Real decreto 694/2017, do 3 de xullo, a Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo, as empresas beneficiarias responsables da execución das accións formativas realizarán e presentarán coa xustificación da subvención, e a través da aplicación SIFO, un informe final de avaliación da formación que executen.

2. Así mesmo, deberán facer un seguimento continuo que permita a identificación de áreas de mellora e a elaboración de plans de mellora, detectando debilidades que poidan ser emendadas dentro do período de realización da acción formativa, e as actuacións levadas a cabo para tal fin quedarán reflectidas na memoria final.

En todas estas intervencións deberá quedar constancia, de ser o caso, da mostra representativa sobre a que se realizaron as actuacións.

3. As empresas beneficiarias deberán realizar o seguimento da participación do alumnado, da súa aprendizaxe e avaliación. Da dita actividade darán conta na memoria final de avaliación que incluirá obrigatoriamente información dos seguintes criterios e indicadores básicos:

• Número total de cuestionarios de avaliación de satisfacción de calidade cubertos polo alumnado en cada acción formativa, e porcentaxe respecto do total de persoas participantes formadas en cada acción.

• Resultados da avaliación da aprendizaxe do alumnado de cada acción formativa que incluirá o número e porcentaxe de aptos e non aptos sobre o total de persoas participantes formadas.

• Resultados doutras actuacións de avaliación desenvolvidas no programa de formación

4. De conformidade co establecido nos artigos 24 e 25 da Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo, a Consellería de Emprego e Igualdade velará pola calidade da formación profesional para o emprego e as entidades e centros de formación colaborarán na avaliación da formación que executen, seguindo as instrucións que para tal fin poderá ditar a Dirección Xeral de Formación e Colocación, nas cales concretarán os criterios e posibles indicadores da avaliación e o tamaño da mostra representativa para avaliar os grupos de formación.

Artigo 36. Contratación do alumnado

1. A contratación comprometida, efectuada de acordo co establecido no artigo 5 da presente orde, realizarase no prazo de dous meses desde o remate da acción formativa e, en todo caso, dentro do prazo límite que se determine para cada convocatoria.

2. Non se aboará a liquidación final mentres a empresa non remita as copias dos contratos de traballo que avalen o cumprimento do compromiso de contratación.

3. De non poderse efectuar a contratación comprometida por non existir o suficiente número de persoas alumnas aprobadas ou formadas ao remate da acción formativa, ou por renunciar estas expresamente ao posto de traballo ofertado, a beneficiaria deberá, para os efectos da cobertura dos postos de traballo comprometidos, solicitar á oficina de emprego, mediante a presentación dunha oferta de emprego, unha listaxe de persoas que acrediten unha formación igual ou equivalente á requirida para o correcto desenvolvemento do posto de traballo.

A necesidade da cobertura dun ou máis postos de traballo mediante persoas candidatas solicitadas ás oficinas de emprego deberá acreditarse documentalmente no momento de xustificación da subvención.

4. No caso de extinción do contrato de traballo do persoal obxecto do compromiso de contratación con anterioridade á finalización do período exixido nesta orde e polas causas previstas na normativa laboral vixente, a empresa beneficiaria deberá comunicar esta circunstancia á Dirección Xeral de Formación e Colocación no prazo de 3 días desde que esta se produza, con indicación e acreditación documental das causas que orixinaron a extinción, e proceder á súa substitución no prazo de 15 días naturais.

Para estes efectos, atenderase ao seguinte criterio de priorización e actuación:

1) Deberase ofertar a cobertura do posto de traballo vacante ao alumnado aprobado que non foi contratado inicialmente.

2) No caso de non ser posible a contratación anterior, deberá ofertar a cobertura do posto ao alumnado formado non contratado inicialmente.

3) De non se poder realizar a cobertura do posto vacante aplicando os criterios recollidos nos números 1) e 2), a entidade beneficiaria deberá solicitar da oficina de emprego, mediante a presentación dunha oferta de emprego, unha listaxe de persoas candidatas que posúa e acredite unha formación igual ou equivalente á que se require para o correcto desenvolvemento do posto de traballo.

5. De ser o caso, a imposibilidade de facer efectiva a contratación mediante o alumnado aprobado ou o alumnado formado, deberá acreditarse documentalmente ante a Dirección Xeral de Formación e Colocación.

6. Excepcionalmente, de non poderse efectuar a contratación comprometida aplicando o criterio establecido nos números 3 e 4 deste artigo, a empresa beneficiaria poderá solicitar á Subdirección Xeral de Formación para o Emprego autorización para a selección directa de persoas candidatas, sempre e cando estas acrediten unha formación igual ou equivalente á que se require para o correcto desenvolvemento do posto de traballo.

7. A Dirección Xeral de Formación e Colocación, a través do persoal que ten adscrito nos servizos centrais e territoriais da Consellería de Emprego e Igualdade, efectuará as comprobacións que considere necesarias coa finalidade de verificar o efectivo cumprimento do período de duración da contratación realizada.

CAPÍTULO VI

Pagamento, xustificación e reintegros

Artigo 37. Pagamento da subvención

1. Ditada e notificada a resolución de concesión, e unha vez comprobado que a empresa beneficiaria se atopa ao día das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e que non é debedora por resolución de procedencia de reintegro, as entidades, unha vez conste a aceptación tácita ou expresa da subvención, poderán solicitar o pagamento dun anticipo con carácter previo ao inicio da actividade por un importe máximo do 25 % da subvención concedida.

2. De igual xeito, as empresas beneficiarias poderán solicitar, unha vez acreditado o inicio da acción formativa, o pagamento dun segundo anticipo de ata o 35 % adicional. Este 35 % adicional calcularase sobre o importe global concedido para a acción formativa concreta a que se refira.

3. No caso de non existir a solicitude de anticipo do 25 % previa ao comezo da actividade e unha vez acreditado o inicio da acción formativa, poderase solicitar de maneira conxunta un anticipo de ata o máximo do 60 % do importe concedido sempre que a dita cantidade non supere o importe da correspondente anualidade.

4. Os anticipos deberán solicitarse a través da aplicación informática SIFO.

5. En aplicación do artigo 12.2 da Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo, pola que se desenvolve o Real decreto 694/2017, do 3 de xullo, polo que se desenvolve a Lei 30/2015, do 9 de setembro, a contía do importe dos referidos anticipos poderá calcularse sobre a base do importe concedido para o total do proxecto formativo, entendido este como o conxunto das accións formativas obxecto da subvención, se así o solicita a entidade beneficiaria.

Para estes efectos entenderase por inicio da actividade formativa o comezo da execución da primeira acción formativa subvencionada

6. Nos termos do artigo 63 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, os anticipos non poderán superar a anualidade prevista en cada exercicio orzamentario e, polo tanto, o pagamento poderá ser dividido en dúas anualidades para respectar este límite, para o cal se adoptarán as correspondentes medidas de xestión orzamentaria que permitan a percepción do importe total do anticipo ou suma de anticipos a que se teña dereito.

O importe aboado no ano inicial poderá ser inferior cando se estime, en función da data de inicio efectiva e, se for o caso, das previsións achegadas polas entidades beneficiarias, que o gasto realizado nese ano vai ser inferior ao importe do pagamento máximo do anticipo. Neste caso, a cantidade non aboada poderá ser aboada no exercicio seguinte tamén en concepto de anticipo.

No caso de que o gasto realizado sexa superior ao importe concedido na primeira anualidade, o exceso de gasto realizado pola entidade beneficiaria entre o 1 de outubro e o 31 de decembro da primeira anualidade poderá ser xustificado e aboado con cargo ao orzamento da segunda anualidade da subvención concedida

7. Os pagamentos dos anticipos faranse efectivos, en atención ao disposto no artigo 12.2 da Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo, no prazo máximo de tres meses contados desde a presentación pola empresa beneficiaria da documentación requirida para formular a solicitude de anticipo.

8. En aplicación do artigo 67.4 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 xuño, de subvencións de Galicia, as entidades con ánimo de lucro quedan eximidas da obriga de constituír garantías para a realización e cobramento dos anticipos.

9. Os gastos realizados con cargo aos anticipos deberán referirse á anualidade orzamentaria para a cal foron concedidos e deberán xustificarse dentro do prazo que se sinale na correspondente convocatoria que, en calquera caso, non poderán sinalar para tal efecto unha data posterior ao 31 de marzo do ano natural seguinte á anualidade orzamentaria con cargo á cal foron outorgados.

10. O resto do importe concedido farase efectivo, unha vez finalizada a acción formativa ou o proxecto formativo subvencionado e xustificada a realización da actividade.

Para o cálculo do importe que se aboará terase en consideración a xustificación presentada.

O prazo para realizar o pagamento a que se refire este punto será de seis meses, computable desde a data de presentación da correspondente solicitude, acompañada da documentación acreditativa requirida.

Artigo 38. Xustificación da subvención

1. As persoas beneficiarias quedarán obrigadas a xustificar a realización da actividade formativa subvencionada, o destino dos fondos recibidos e o cumprimento das condicións establecidas na resolución de concesión da subvención.

A xustificación da subvención axustarase ao disposto nas leis 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Así mesmo deberá respectarse o disposto no artigo 13 da Orde TMS/368/2019, relativo a gastos subvencionables, con independencia de que a xustificación da subvención e o seu pagamento teña lugar mediante módulos económicos.

2. A xustificación da subvención tramitarase de conformidade co disposto no artigo 14 da Orde TMS/368/2019 e deberá realizarse dentro do prazo de dous meses desde o remate da acción formativa a través da aplicación informática SIFO.

3. O órgano competente para a tramitación da documentación xustificativa das subvencións e a súa comprobación técnico-económica será o Servizo de Xestión Administrativa da Formación para o Emprego.

4. Para os efectos desta comprobación a beneficiaria da subvención deberá presentar a seguinte documentación:

I. Memoria de actuación xustificativa, asinada pola persoa responsable da entidade beneficiaria, do cumprimento de todas as obrigas establecidas na concesión da subvención, nas bases reguladoras e na convocatoria, con indicación das actividades realizadas, o programa completo da formación impartida con detalle da planificación temporal e do profesorado que o impartiu, os resultados obtidos e as competencias adquiridas polo alumnado ao remate da formación.

A memoria incluirá a certificación de execución e finalización da acción formativa, con indicación das persoas participantes e da súa condición de desempregadas no momento do seu inicio, así como das persoas contratadas en cumprimento do compromiso adquirido para tal efecto e do tipo de contratado formalizado con cada unha delas.
De ser o caso, deberá incluírse a acreditación do cumprimento do compromiso adquirido na solicitude relativo o perfil das persoas desempregadas participantes e/ou contratadas ao que se refiren as alíneas g), h) e i) do artigo 16.1 desta orde.

Así mesmo, deberá incluír a relación das actuacións de avaliación e seguimento do alumnado desenvolvidas, con indicación das probas e cuestionarios realizados, e a acta asinada das avaliacións efectuadas cos resultados obtidos.

Ademais, da achega documental da acta, os resultados das probas e controis de aprendizaxe deberán estar mecanizados na aplicación SIFO.

Igualmente formará parte desta memoria o informe de avaliación e control de calidade da acción formativa, que detallará todas aquelas actuacións levadas a cabo en cumprimento do disposto no artigo 35 desta orde.

II. Memoria económica xustificativa do custo das actividades formativas con expresión da contía global da subvención xustificada, asinada pola persoa responsable da entidade beneficiaria, que incluirá, como mínimo, as seguintes epígrafes:

a) Cadro resumo por cada persoa alumna que inclúa o número de horas lectivas efectivamente realizadas, o número de horas relativas ás faltas de asistencia debidamente xustificadas e o número de horas relativas ás faltas de asistencia sen xustificar e dentro dos límites establecidos no artigo 25, co cálculo do importe que corresponda en aplicación dos módulos económicos establecidos e os criterios previstos nesta orde.

Na información deberá identificarse o alumnado segundo a categoría de participante, formado e aprobado, definida de acordo co seguinte criterio:

• Alumnado participante: persoas alumnas que inician a acción formativa. Incluiranse nesta epígrafe aquelas persoas que se incorporen á acción formativa con posterioridade ao seu inicio e de conformidade co disposto no artigo 30 desta orde.

• Alumnado formado: persoas participantes que cumpriron co requisito de asistencia ao 75 % da duración total da acción formativa.

• Alumnado aprobado: persoas participantes que remataron con aproveitamento a acción formativa e asistiron ao 75 % da especialidade formativa incluída na acción formativa.

Documentación explicativa dos abandonos producidos. No caso de abandono por colocación deberá achegarse a documentación xustificativa da colocación.

No caso de que fose concedida unha subvención complementaria para custos derivados da adaptación da acción formativa para a participación de persoas con discapacidade, deberá engadirse o cálculo correspondente ao financiamento adicional recoñecido.

b) No caso de opoñerse á consulta por parte da Consellería de Emprego e Igualdade ou no suposto de non prestar o consentimento o que se refire o artigo 10 desta orde, deberán presentar certificado de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social, e que non teñen pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, e de que están ao día no pagamento de obrigas por reintegro de acordo co disposto no artigo 9 do Decreto 11/2009, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

c) Declaración complementaria do conxunto de todas as axudas solicitadas (aprobadas, concedidas ou pendentes de resolución) para a mesma acción formativa ás distintas administracións públicas competentes ou a calquera dos seus organismos, entes ou sociedades, así como doutros ingresos que financiasen a actividade subvencionada, con indicación do seu importe e procedencia.

d) Declaración responsable de que todos os gastos realizados con cargo á subvención se atopan debidamente contabilizados e foron efectivamente pagados con anterioridade á presentación da xustificación, incluíndo a totalidade dos salarios e/ou facturas do persoal vencellado á docencia, con indicación expresa de que os importes aboados cumpren coa normativa vixente, así como, de ser o caso, cos convenios colectivos que sexan de aplicación.

e) Caso de terse producido incidencias no sistema de control biométrico de asistencia debidamente acreditadas perante o equipo de soporte do sistema de control de presenza, partes diarios de asistencia no modelo xerado pola aplicación SIFO asinados polo alumnado participante e o persoal formador ao inicio e ao final de cada xornada, así como da persoa responsable da entidade beneficiaria. Nos ditos partes deberanse identificar de maneira veraz as persoas participantes e expresar as horas realizadas diariamente por cada unha delas, reflectindo expresamente o número de horas e minutos de ausencia.

f) Relación nominal do cadro de persoal vinculado á docencia que participou na acción formativa, con indicación expresa de se se trata de persoal asalariado mediante contrato mercantil, persoa socia da beneficiaria, persoa autónoma ou persoal interno da entidade formadora contratado para a formación.

Incluiranse nesta relación as persoas formadoras, persoas titoras-formadoras internas e externas, así como o persoal que, non tendo o carácter de persoa formadora ou titora-formadora da acción formativa, realizou tarefas relacionadas directamente co seguimento do proceso de aprendizaxe, asesoramento e orientación ao alumnado.

g) Inventario do material entregado ao alumnado que inclúa a sinatura de recepción individualizada.

h) De ser o caso, se as empresas beneficiarias imparten a formación mediante a contratación con centros ou entidades de formación, cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas para os contratos menores no artigo 118 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, relación de ofertas solicitadas nos termos establecidos no artigo 21.6 desta orde.

i) Indicación expresa de se se concertou, total ou parcialmente, a prestación ou adquisición de servizos ou subministracións necesarias para a impartición da acción formativa subvencionada cunha persoa ou entidade vinculada coa beneficiaria.

j) Declaración responsable de non exceder os límites na imputación de custos relativos á subcontratación da docencia a través dun servizo externo. Aplicarase para tal fin o disposto na normativa vixente en materia de contratación pública, no senso de fixar como límites máximos as porcentaxes recollidas no artigo 131.1, letras a) e b), gastos xerais de estrutura, do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

III. Xustificación do cumprimento do compromiso de contratación que se realizará mediante a presentación dos correspondentes contratos laborais rexistrados no Servizo Público de Emprego. As empresas beneficiarias deberán acreditar a situación de alta da persoa traballadora na Seguridad Social polo tempo estipulado no contrato, para o que deberán presentar a relación nominal de persoas traballadoras (RNT) no tempo durante o cal permanezan contratadas.

De ser o caso, de ter solicitado á oficina de emprego, mediante a presentación dunha oferta de emprego, persoas candidatas para efectuar a contratación comprometida, acreditación documental de que non existía o suficiente número de persoas alumnas aprobadas ou formadas ao remate da acción formativa para cumprir o compromiso de contratación asumido, ou que se produciron renuncias ao posto de traballo por parte do alumnado que cumpría cos requisitos para ser contratado.

No suposto de renuncias deberá achegarse, debidamente asinada, a oferta de traballo efectuada ás persoas alumnas que rexeitaron a proposta de contratación.

5. Se, como resultado da comprobación técnico-económica da documentación, a unidade administrativa competente comproba que o importe liquidable da acción formativa foi inferior á subvención concedida, aboarase unicamente o importe efectivamente xustificado.

6. Transcorrido o prazo establecido para a xustificación sen que esta se presentase, requirirase a beneficiaria para que a presente no prazo improrrogable de quince días hábiles. A falla de presentación da xustificación, transcorrido este novo prazo, dará lugar á perda do dereito ao cobramento da subvención e/ou ao inicio do procedemento de reintegro

A Dirección Xeral de Formación e Colocación, logo de solicitude da entidade beneficiaria, poderá autorizar unha ampliación do prazo establecido para a presentación da xustificación, que non poderán exceder da metade deste e sempre que non se prexudiquen dereitos de terceiros.

Se a documentación presentada é insuficiente para considerar correctamente xustificada a subvención concedida, porase en coñecemento da persoa beneficiaria as insuficiencias observadas para que no prazo de dez días sexan emendadas.

Os órganos competentes da Consellería de Emprego e Igualdade poderán acceder ás bases de datos das administracións públicas para comprobar a situación laboral das persoas traballadoras contratadas e verificar o cumprimento do compromiso de contratación asumido pola persoa beneficiaria.

7. No caso de concesión de anticipos, os gastos realizados con cargo a estes estarán suxeitos ao disposto no artigo 37 desta orde.

8. Unha vez examinada e comprobada a documentación presentada ditarase a resolución de liquidación final, que será notificada ás entidades beneficiarias.

Caso de que a liquidación practicada fose inferior á cantidade anticipada, tramitarase o correspondente expediente de reintegro.

9. As empresas beneficiarias estarán obrigadas a conservar, durante un prazo de 4 anos, considerando, se é o caso, a interrupción do prazo de prescrición do dereito da Administración a recoñecer ou liquidar o reintegro da subvención concedida, contado desde a liquidación final da subvención, os xustificantes da realización da actividade que fundamenta a súa concesión e a aplicación dos fondos recibidos, para os efectos das actuacións de comprobación e control, así como de calquera outra obriga legal que así o exixa.

10. A aplicación da xustificación a través dos módulos económicos non exime as entidades beneficiarias do deber de cumprir a lexislación vixente en materia financeira, fiscal, contable e laboral, especialmente no referente á contabilidade dos gastos, aboamento de salarios ao persoal, ingresos das cotizacións á Seguridade Social, facturación e subcontratación.

Artigo 39. Liquidación da subvención

1. A liquidación das axudas realizarase en función das persoas participantes que realizasen as accións formativas, atendendo ás horas lectivas realizadas e segundo os módulos económicos establecidos.

En ningún caso a liquidación resultante poderá superar a contía da subvención inicialmente concedida.

Para determinar o número de horas computables, unicamente se terán en conta as efectivamente realizadas polo alumnado e que consten debidamente acreditadas a través dos diferentes medios de control de asistencia admitidos establecidos nesta orde. No caso de existir discrepancia entre as acreditacións achegadas, utilizarase para a determinación do custo o número de horas que resulte inferior.

Á suma das horas computables indicadas no parágrafo anterior, sumaranse ás faltas de asistencia xustificadas ata un máximo do 25 % do total de horas da acción formativa non conducente á obtención de certificado de profesionalidade.

Para estes efectos, consideraranse xustificadas as seguintes causas:

• Enfermidade ou accidente acreditados.

• Consulta médica propia ou de familiares ata o primeiro grao ou persoas ao seu cargo.

• Nacemento de fillo ou filla.

• Falecemento, accidente ou enfermidade grave dun familiar ata o segundo grao. Ata 2 días hábiles na mesma localidade e 3 días hábiles en distinta localidade.

• Asistencia a exames finais e outras probas de aptitude, de carácter oficial.

• Citación administrativa ou xudicial.

• Permiso por violencia de xénero.

• As actividades vinculadas coa conciliación familiar por coidado de filllos/as e/ou persoas acollidas menores de 12 anos ou de familiares dependentes ata o segundo grao ao cargo da persoa alumna, sempre que resulte acreditada debidamente tanto a causa como o vínculo familiar nos termos da normativa aplicable.

• Entrevista de traballo, polo tempo indispensable para a súa realización.

A xustificación das ausencias deberá facerse mediante documentos ou calquera outro medio que acredite de modo fidedigno o motivo.

Para os efectos de cómputo do referido 25 % do total de horas da acción formativa teranse en conta para o cálculo da subvención as faltas de asistencia sen xustificar que se produzan dentro dos límites establecidos no artigo 25.

2. Considerarase que unha persoa rematou a formación cando asistise, ao menos, ao 75 % da impartición da acción formativa, incluídas, de ser o caso, as prácticas non laborais.

Para acadar a dita porcentaxe non se terán en conta as horas relativas aos módulos transversais, ben que serán computables para o cálculo do custo subvencionable.

Considerarase que rematou a acción formativa quen tivesen que abandonala por atopar emprego. Así mesmo, terán esta consideración aquelas persoas participantes que causaran baixa por enfermidade ou accidente acreditado, sempre que en calquera dos supostos relacionados realizasen un mínimo do 10 % das horas lectivas da actividade formativa.

3. Para os efectos da determinación do módulo económico que se aplicará, a impartición da formación que se realice mediante aula virtual terá a consideración de presencial.

4. Os módulos transversais poderán impartirse na modalidade de teleformación. Neste caso o módulo económico que se aplicará será o 70 % da contía do dito módulo para a modalidade presencial e non poderá ser superior a 7,5 €.

5. No caso de accións formativas que teñan un mínimo dunha persoa alumna con certificación de discapacidade e logo de solicitude expresa da entidade beneficiaria, poderase incrementar o importe da subvención inicialmente aprobado, sempre que se xustifique axeitadamente e que se destine exclusivamente a contratación do apoio necesario para a axeitada participación na acción formativa das persoas con discapacidade.

A memoria explicativa das necesidades que hai que cubrir deberá presentarse unha vez realizada a selección do alumnado e no prazo máximo de 15 días naturais desde a incorporación á acción formativa da persoa con discapacidade.

Para o financiamento destes custos adicionais ditarase unha resolución complementaria co importe total dos gastos autorizados polos conceptos de persoal de apoio e adaptación curricular ou do material didáctico. O importe adicional calcularase en función do custo unitario por cada hora lectiva da acción formativa en que deba participar a persoa ou persoas con discapacidade, independentemente do número de persoas alumnas con discapacidade.

Para os custos adicionais de adaptación da acción formativa á participación do alumnado con discapacidade, cada convocatoria establecerá un custo unitario por hora lectiva.

6. De se produciren abandonos que dean lugar a baixas non computables nin xustificadas, con posterioridade á impartición do 25 % das horas de formación, poderase admitir unha desviación do 15 % con respecto ao número de participantes que tivesen comezado as accións formativas, excluídos aqueles que incumprisen os requisitos e condicións da convocatoria, nos termos sinalados polo artigo 10.3 da Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo, de maneira que eses abandonos se teñan en conta para o cálculo do custo subvencionable, co límite desa desviación e co mesmo criterio que se se tratase dun abandono por colocación.

7. Para os efectos do cálculo da liquidación non se terán en conta aquelas persoas participantes que tivesen que abandonar a formación por incumprimento das condicións da convocatoria ou por non cumpriren os requisitos exixidos para poder participar na acción formativa.

8. O cálculo da liquidación realizarase multiplicando o módulo económico da especialidade, área ou familia profesional, segundo se determine na convocatoria, polo número de persoas alumnas que remataron a formación e polas horas de formación computables de cada persoa alumna.

9. Consonte o previsto no artigo 17 da Lei de subvencións de Galicia, o importe das subvencións en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, supere o custo da actividade subvencionada.

Segundo o previsto no artigo 29 da devandita lei e no artigo 42 do seu regulamento, na xestión da subvención deberase ter en conta que se consideran gastos subvencionables os realizados no prazo establecido polas convocatorias e considerarase gasto realizado o que foi efectivamente pagado con anterioridade á finalización do período de xustificación.

As subvencións previstas nesta orde son incompatibles coa percepción doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma acción formativa procedentes de calquera persoa, Administración ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

10. No momento da liquidación garantirase a percepción dun mínimo do 70 % do importe inicialmente concedido por cada acción formativa executada, se esta remata cun número de persoas alumnas equivalente, cando menos, ao 50 % do número de prazas inicialmente programadas, e se cumpre o compromiso de contratación asumido.

Para os efectos de aplicar este criterio, do número de prazas inicialmente programadas restarase o número de persoas que abandonaron a acción formativa durante a súa impartición por acceder a un emprego.

Artigo 40. Incumprimento de obrigas e reintegro

1. O incumprimento das obrigas establecidas na presente orde e demais normas aplicables, así como das condicións que se establecesen na correspondente resolución de concesión dará lugar á perda total ou parcial do dereito ao cobramento da subvención ou, logo do oportuno procedemento de reintegro, á obriga de devolver total ou parcialmente a subvención percibida e os xuros de demora correspondentes.

2. De conformidade co artigo 14.1.n) da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e co artigo 15 da Orde TMS/368/2019, o importe da perda do dereito ao cobramento da subvención ou do reintegro determinarase de acordo cos seguintes criterios de gradación dos posibles incumprimentos das condicións impostas con motivo da concesión das subvencións:

I. Supostos de incumprimento total:

a) Polo incumprimento das condicións exixidas á entidade beneficiaria para a concesión da subvención, entre as que se inclúe o incumprimento do compromiso de contratación asumido: perda ou reintegro do 100 % sobre o gasto subvencionado.

b) Polo feito de non realizar a actividade obxecto de subvención ou incumprir os fins que a fundamentan: perda ou reintegro do 100 % sobre o gasto subvencionado.

c) Polo Incumprimento das obrigas de presentación de documentación exixida no prazo establecido para a xustificación da acción formativa: no caso de que non se presente ningunha documentación procederase á perda ou ao reintegro do 100 % da subvención.

d) Polo incumprimento da obriga de comunicar a obtención doutras axudas ou subvencións para a mesma finalidade: reintegro total da axuda percibida, máis os xuros de demora, sen prexuízo da incoación de expediente sancionador e demais responsabilidades en que poida incorrer a beneficiaria.

e) Igualmente, considerarase que concorre o incumprimento total se a realización da actividade subvencionada non acada o 25 % dos seus obxectivos, medidos co indicador do número de horas de formación multiplicado polo número de alumnas e alumnos finalizados.

Para estes efectos incluiranse tamén as horas de ausencia que resulten computables por falta xustificada ou por colocación.

II. Supostos de incumprimento parcial:

a) O incumprimento da obriga de comunicar ao órgano que concede a subvención a solicitude doutras axudas ou subvencións para a mesma finalidade dará lugar á perda ou reintegro do 2 % da axuda total xustificada aceptada.

b) O incumprimento das obrigas en materia de publicidade, información e comunicación establecidas nesta orde dará lugar á perda ou reintegro do 2 % sobre a subvención xustificada aceptada para a acción formativa en que se incumpriu a obriga.

c) No caso de impartir formación a alumnos ou alumnas que non cumpren os requisitos necesarios para o acceso á formación, minorarase a subvención da acción formativa na parte correspondente aos ditos alumnos e alumnas en relación coa subvención xustificada aceptada.

d) No suposto de demoras ou falta de presentación en prazo da documentación exixida no artigo 22 desta orde, aplicarase unha minoración gradual en virtude do grao de incumprimento que non poderá superar o 5 % sobre o gasto subvencionado xustificado aceptado para a acción formativa en que se produciron as demoras ou faltas de presentación.

e) O incumprimento da obriga establecida no artigo 5, de realizar a contratación comprometida no período máximo de dous meses desde o remate da acción formativa nunha ocupación e categoría relacionada coa especialidade formativa impartida, dará lugar a unha minoración do 2 % da axuda xustificada aceptada para a realización da acción formativa por cada un dos contratos comprometidos en que se incumpra o dito prazo.

Caso de que o contrato se formalice nun prazo superior aos seis meses desde o remate da acción formativa, entenderase, para os efectos desta orde, como non realizado.

f) O incumprimento dos criterios recollidos no artigo 5 sobre priorización na contratación do alumnado participante nunha acción formativa, dará lugar a unha minoración do 2 % da subvención xustificada aceptada para a realización da acción formativa por cada persoa participante en que estes se incumpran.

g) De ser o caso, o incumprimento do compromiso de incremento da porcentaxe de contratación exixida a que se refire o artigo 16.1.a) da orde dará lugar a unha minoración do 2 % da subvención xustificada aceptada para a realización da acción formativa por cada contrato non formalizado en relación co número de contratos comprometidos.

h) De ser o caso, o incumprimento do compromiso asumido en relación coa tipoloxía dos contratos o que se refire o artigo 16.1.b) desta orde dará lugar a unha minoración do 2 % da subvención xustificada aceptada para a realización da acción formativa por cada contrato formalizado en que se incumpra o dito compromiso.

i) De ser o caso, o incumprimento do compromiso adquirido de participación nas accións formativas do programa de formación, de persoas con discapacidade física, psíquica ou sensorial recoñecida por organismo competente o que se refire o artigo 16.1.g) desta orde, dará lugar á perda ou reintegro do 2 % sobre o total do gasto subvencionado xustificado e aceptado para a acción formativa en que non se respecte o dito compromiso e por cada persoa participante que non cumpra co requisito de discapacidade.

j) De ser o caso, o incumprimento do compromiso establecido no artigo 16.1.h) desta orde, de que un mínimo do 30 % das persoas que contrataren, arredondado de ser o caso, ao enteiro superior, sexan persoas emigrantes retornadas, dará lugar á perda ou reintegro do 2 % sobre o total do gasto subvencionado xustificado e aceptado para a acción formativa en que non se respecte o dito compromiso e por cada persoa participante que non cumpra con dito requisito até acadar a porcentaxe comprometida do 30 %.

k) De ser o caso, o incumprimento do compromiso establecido no artigo 16.1.i) desta orde, de que un mínimo do 20 % das persoas que se contrate, arredondado, de ser o caso ao enteiro superior, sexan menores de 30 anos, vítimas de violencia de xénero, persoas paradas de longa duración ou persoas en risco de exclusión social, dará lugar á perda ou reintegro do 2 % sobre o total do gasto subvencionado xustificado e aceptado para a acción formativa na que non se respecte o dito compromiso e por cada persoa participante que non cumpra co dito requisito ata acadar a porcentaxe comprometida do 20 %.

l) De ser o caso, o incumprimento do compromiso do emprego do idioma galego ou da subministración ao alumnado dos contidos didácticos en lingua galega, a que se refire o artigo 16.1.k) desta orde, dará lugar ao reintegro do 2 % da subvención xustificada e aceptada para a acción formativa en que non se respecte o dito compromiso.

m) No suposto de incumprimento das obrigas establecidas no artigo 22 aplicarase, naqueles supostos non regulados expresamente nas anteriores epígrafes deste artigo, unha minoración gradual en virtude do grao de incumprimento que non poderá superar o 10 % sobre o total do gasto subvencionado xustificado e aceptado para a acción formativa en que se incumpre.

Artigo 41. Infraccións e sancións

1. Conforme o previsto no artigo 19 da Lei 30/2015, do 9 de setembro, polo que se regula o Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral, o réxime de infraccións e sancións aplicables no ámbito da formación profesional para o emprego será o regulado polo texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

No non previsto no réxime de infraccións e sancións establecido no parágrafo anterior, observarase o contido da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. As infraccións poderán ser cualificadas como leves, graves ou moi graves e comportarán as sancións que en cada caso corresponda de acordo coa normativa vixente.

3. As sancións impostas polas infraccións graves e moi graves en materia de formación profesional para o emprego que dean lugar a que a subvención sexa declarada indebida polo órgano concedente, unha vez firmes, incluíranse na Base de datos nacional de subvencións (BDNS).

4. A obriga de reintegro establecida no artigo 40 desta orde entenderase sen prexuízo do previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, se concorresen as accións e omisións tipificadas na antedita lei.

Artigo 42. Devolución voluntaria das subvencións

1. A acreditación de ter ingresado o importe correspondente á diferenza entre a cantidade xustificada e a recibida en concepto de anticipo, de ser o caso, terá a consideración de devolución voluntaria, de acordo co establecido no artigo 90 do Regulamento da Lei xeral de subvencións.

2. De acordo co establecido no artigo 64 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, as persoas ou entidades beneficiarias poderán realizar, sen o requirimento previo da Administración, a devolución total ou parcial da subvención concedida, mediante o seu ingreso na conta IBAN ES82 2080 0300 8731 1006 3172, en concepto de devolución voluntaria da subvención.

O importe da devolución incluirá os xuros de demora, de acordo co previsto no artigo 34 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ata o momento en que se produciu a devolución efectiva por parte da beneficiaria.

O ingreso realizarase segundo o disposto na normativa reguladora do procedemento de recadación.

3. En todo caso, a persoa ou entidade beneficiaria deberá presentar ante o órgano concedente copia xustificativa da devolución voluntaria realizada, en que conste a data do ingreso, o seu importe e o número do expediente e denominación da subvención concedida.

CAPÍTULO VI

Primeira convocatoria

Artigo 43. Liñas de formación subvencionables

1. Establécese unha dobre tipoloxía de accións formativas subvencionables en función das seguintes características:

Liña formativa I, de carácter xeral: destinada a impartir accións formativas para o emprego con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas dirixidas a persoas traballadoras desempregadas.

Liña formativa II, de infrarrepresentación feminina: destinada a impartir accións formativas para o emprego con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas, dirixidas a mulleres traballadoras desempregadas, correspondentes a aquelas ocupacións laborais e profesionais en que exista infrarrepresentación feminina.

2. As empresas poderán solicitar impartir accións formativas de ambas as liñas, pero deberán presentar solicitudes diferenciadas para cada unha das liñas descritas nas cales incluirán todas as accións formativas desa liña para as cales solicita subvención.

Artigo 44. Financiamento

1. Destínase a esta primeira convocatoria un crédito por importe total de catorce millóns de euros (14.000.000 €), distribuído en dúas anualidades, que se imputarán con cargo á aplicación orzamentaria 11.05.323A.471.0, ou aquelas que as substitúan de conformidade coa normativa orzamentaria aplicable, con código de proxecto 2013 00545.

O crédito dispoñible distribuírase ao 50 % entre as liñas formativas I e II, descritas no artigo 43.

Aplicación orzamentaria

Liña formativa

Anualidade 2022

Anualidade 2023

Importe total

11.05.323A.471.0

I

3.500.000 €

3.500.000 €

7.000.000 €

11.05.323A.471.0

II

3.500.000 €

3.500.000 €

7.000.000 €

Total

7.000.000 €

7.000.000 €

14.000.000 €

2. Os créditos orzamentarios a que se refire este artigo poderán ser obxecto de modificacións como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento dos programas de formación para o emprego.

Poderá ampliarse a contía máxima dos créditos dispoñibles para esta convocatoria. O incremento de crédito estará condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia dunha xeración, ampliación, incorporación de crédito ou da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

Calquera modificación ou ampliación dos créditos dispoñibles estará condicionada ao cumprimento dos supostos e as condicións previstas nos artigos 30 e 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de subvencións de Galicia.

3. O módulo económico aplicable a esta convocatoria de subvencións é o que figura, para cada área profesional, no anexo I.

4. Para os custos adicionais de adaptación da acción formativa á participación do alumnado con discapacidade establécese un custo unitario de 16 € por hora lectiva.

Artigo 45. Solicitudes e prazos de presentación da primeira convocatoria

1. A presentación das solicitudes deberá axustarse ao disposto nos artigos 7, 8 e 9 da presente orde.

2. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, a contar desde o día da entrada en vigor da orde.

Se o último día do prazo for inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Artigo 46. Prazos de realización das accións formativas da primeira convocatoria

As accións formativas correspondentes á presente convocatoria non poderán comezar ata transcorrido un mínimo de cinco días hábiles desde a aceptación da resolución de concesión.

A data límite para o remate das accións formativas que se desenvolvan exclusivamente durante a anualidade 2022 será o 20 de decembro de 2022.

Para accións formativas que se desenvolvan durante as anualidades 2022 e 2023, ou exclusivamente durante a anualidade 2023, a data límite para o remate das accións formativas será o 30 de setembro de 2023.

Artigo 47. Prazos de xustificación das accións formativas da primeira convocatoria

1. Consonte o disposto no artigo 39 desta orde, a xustificación das accións formativas deberá realizarse dentro do prazo de dous meses desde o remate de cada unha delas e de acordo cos seguinte límites:

a) Nas accións formativas que rematen ata o 20 de decembro de 2022, a data límite para a presentación da xustificación será o 30 de decembro de 2022.

b) Nas accións formativas que rematen despois do 20 de decembro de 2022, a data límite para a presentación da xustificación final das accións formativas será o 31 de outubro de 2023.

No caso das accións formativas que rematen despois do 20 de decembro de 2022 deberá facerse unha xustificación parcial da actividade realizada ata o 31 de decembro de 2022.

A data límite para a presentación desta xustificación parcial das accións formativas será o 31 de marzo de 2023.

2. Se a documentación presentada é insuficiente para considerar correctamente xustificada a subvención concedida, a Dirección Xeral de Formación e Colocación porá en coñecemento da entidade beneficiaria afectada as insuficiencias detectadas para a súa emenda no prazo de 10 días hábiles.

3. No caso de concesión de anticipos, os gastos realizados con cargo a eles deberán xustificarse antes do 1 de abril de 2023, para o caso de anticipos concedidos con cargo a 2022, e antes do 31 de outubro de 2023, para o caso de anticipos concedidos con cargo a 2023.

Artigo 48. Anexos

Son anexos desta orde os seguintes:

• Anexo I: importe dos módulos económicos por hora e alumno/a correspondentes a cada área profesional.

• Anexo II: modelo de solicitude.

• Anexo III: ficha das accións formativas.

• Anexo IV: familias e/ou áreas profesionais relacionadas con sectores estratéxicos, emerxentes ou con maior potencial de creación de emprego.

• Anexo V: comprobación de datos para pluralidade de empresas solicitantes.

Disposición adicional primeira. Resolucións adicionais

Poderán ditarse resolucións adicionais cando existan fondos provenientes de renuncias de subvencións inicialmente concedidas, da asignación ou redistribución de fondos ou de incrementos das cantidades asignadas á comunidade autónoma pola Administración do Estado.

Neste caso, agás que se acuda a unha convocatoria complementaria, non poderán terse en conta outras solicitudes nin outras inscricións distintas ás tidas en conta para a resolución inicial e as novas concesións de subvencións outorgaranse de acordo coa prelación determinada pola puntuación obtida.

Disposición adicional segunda. Modificación da resolución en caso de alteración das condicións

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea, ou internacionais, poderá dar lugar á modificación ou revogación da resolución de concesión e o reintegro da subvención percibida.

Disposición adicional terceira. Delegación de atribucións

Apróbase a delegación de atribucións da persoa titular da Consellería de Emprego e Igualdade na persoa titular da Dirección Xeral de Formación e Colocación, para tramitar e resolver os expedientes de redistribución dos créditos necesarios para o financiamento desta orde, para resolver a concesión, denegación, modificación e reintegro das subvencións, así como para a autorización, disposición, recoñecemento da obriga e proposta de pagamento ou outras incidencias das subvencións reguladas nesta orde.

Disposición adicional cuarta. Normativa de aplicación supletoria

En todo o non disposto nesta orde será de aplicación o establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007; na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, no que sexa de aplicación, e no Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, que a desenvolve.

Será, igualmente, de aplicación o establecido na Lei 30/2015, do 9 de setembro, pola que se regula o Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral, e no Real decreto 694/2017, do 3 de xullo, que a desenvolve. Ademais, resultarán de aplicación a Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo, pola que se desenvolve o Real decreto 694/2017, do 3 de xullo, polo que se desenvolve a Lei 30/2015, do 9 de setembro, pola que se regula o Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral, en relación coa oferta formativa das administracións competentes e o seu financiamento, e se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas destinadas ao seu financiamento, así como o resto da normativa regulamentaria que desenvolve as ditas normas.

Disposición adicional quinta. Información sobre a xestión de subvencións

1. En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto de cada convocatoria pública efectuada no marco destas bases e a información requirida no ordinal oitavo do devandito artigo será comunicado á Base de datos nacional de subvencións (BDNS), nos termos do Real decreto 130/2019, do 8 de marzo, polo que se regula a Base de datos nacional de subvencións e a publicidade das subvencións e demais axudas públicas.

A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do extracto da correspondente convocatoria para a súa publicación.

2. De acordo co establecido no artigo 14, letra ñ), da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as entidades beneficiarias quedan informadas da existencia do Rexistro Público de Subvencións e dos aspectos previstos na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

Disposición derradeira primeira. Autorización para ditar resolucións e instrucións

Autorízase a persoa titular da Dirección Xeral de Formación e Colocación para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións e instrucións necesarias para o desenvolvemento e execución desta disposición.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día hábil seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2022

María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Emprego e Igualdade

ANEXO I

Importe dos módulos económicos por área profesional, hora e alumno

Familia profesional: Actividades físicas e deportivas.

Área profesional

Módulo (€)

Actividades físico-deportivas recreativas (AFDA)

6,40

Prevención e recuperación (AFDP)

6,32

Familia profesional: Administración e xestión.

Área profesional

Módulo (€)

Administración e auditoría (ADGD)

8,85

Finanzas (ADGF)

7,82

Xestión da información e comunicación (ADGG)

9,55

Finanzas e seguros (ADGN)

9,04

Especialidades sen área definida-administración e oficinas (ADGX)

9,01

Familia profesional: Agraria.

Área profesional

Módulo (€)

Cultivos extensivos (AGAC)

6,83

Fruticultura (AGAF)

7,65

Gandarías menores (AGAG)

7,65

Horticultura (AGAH)

7,45

Xardinaría (AGAJ)

8,42

Gandaría (AGAN)

7,65

Ornamentais e xardinaría (AGAO)

7,13

Explotación do gando porcino (AGAP)

7,65

Forestal (AGAR)

7,65

Agricultura (AGAU)

8,42

Especialidades sen área definida-agraria (AGAX)

7,65

Familia profesional: Artes gráficas.

Área profesional

Módulo (€)

Actividades e técnicas gráficas artísticas (ARGA)

10,34

Deseño gráfico e multimedia (ARGG)

11,39

Deseño (ARGD)

7,01

Edición (ARGN)

9,09

Encadernación industrial (ARGC)

10,34

Impresión (ARGI)

12,10

Pre-impresión (ARGP)

12,10

Transformación e conversión en industrias gráficas (ARGT)

10,34

Familia profesional: Artes e artesanía.

Área profesional

Módulo (€)

Artesanía tradicional (ARTA)

9,08

Artes escénicas (ARTU)

9,53

Fabricación e mantemento de instrumentos musicais (ARTG)

9,08

Recuperación, reparación e mantemento artístico (ARTR)

9,53

Vidro e cerámica artesanal (ARTN)

9,08

Xoiería e ourivaría (ARTB)

9,08

Familia profesional: Comercio e márketing.

Área profesional

Módulo (€)

Compravenda (COMT)

13,00

Loxística comercial e xestión do transporte (COML)

13,00

Márketing e relacións públicas (COMM)

9,35

Publicidade/imaxe (COMP)

9,67

Venda (COMV )

9,35

Familia profesional: Edificación e obra civil.

Área profesional

Módulo (€)

Albanelaría e acabamentos (EOCB)

9,53

Colocación e montaxe (EOCJ)

8,73

Estruturas (EOCE)

9,97

Formigón (EOCH)

9,97

Maquinaria (EOCM)

11,91

Maquinaria de construción (EOCQ)

11,95

Proxectos e seguimento de obras (EOCO)

9,07

Familia profesional: Electricidade e electrónica.

Área profesional

Módulo (€)

Elel_electricidade (ELEL)

12,52

Eler_electricidade (ELER)

8,05

Equipos electrónicos (ELEQ)

10,69

Instalacións de telecomunicación (ELES)

10,77

Instalacións eléctricas (ELEE)

8,69

Máquinas electromecánicas (ELEM)

13,00

Familia profesional: Enerxía e auga.

Área profesional

Módulo (€)

Agua (ENAA)

8,38

Captación, tratamento e distribución de auga (ENAT)

8,38

Eficiencia enerxética (ENAC)

9,53

Enerxía eléctrica (ENAL)

8,38

Enerxías renovables (ENAE)

7,64

Gas (ENAS)

7,99

Familia profesional: Fabricación mecánica.

Área profesional

Módulo (€)

Construcións aeronáuticas (FMEA)

10,44

Construcións metálicas (FMEC)

10,08

Fabricación electromecánica (FMEE)

9,15

Fmel_construcións metálicas (FMEL)

12,96

Fundición (FMEF)

10,44

Operacións mecánicas (FMEH)

9,36

Produción mecánica (FMEM)

8,79

Familia profesional: Hostalaría e turismo.

Área profesional

Módulo (€)

Agroturismo (HOTU)

9,92

Aloxamento (HOTA)

9,92

Axencias de viaxe (HOTG)

9,92

Información, promoción e desenvolvemento turístico (HOTI)

9,92

Restauración (HOTR)

9,92

Turismo (HOTT)

9,92

Xogos de azar (HOTJ)

9,92

Familia profesional: Industrias extractivas.

Área profesional

Módulo (€)

Pedra natural (IEXD)

8,48

Minaría (IEXM)

8,48

Familia profesional: Informática e comunicacións.

Área profesional

Módulo (€)

Comunicacións (IFCM)

9,15

Desenvolvemento (IFCD)

9,15

Informática (IFCI)

7,05

Sistemas e telemática (IFCT)

8,76

Familia profesional: Instalacións e mantemento.

Área profesional

Módulo (€)

Frío e climatización (IMAR)

7,83

Maquinaria e equipamento industrial (IMAQ)

9,82

Mecánica (IMAM)

10,21

Montaxe e mantemento de instalacións (IMAI)

10,21

Familia profesional: Imaxe persoal.

Área profesional

Módulo (€)

Estética (IMPE)

8,78

Salón de peiteado (IMPQ)

8,78

Salón de peiteado e tratamentos de beleza (IMPP)

8,12

Familia profesional: Imaxe e son.

Área profesional

Módulo (€)

Dirección, realización (IMSD)

7,08

Espectáculos en vivo (IMSE)

6,82

Produción audiovisual (IMSV)

10,43

Producións fotográficas (IMST)

4,83

Familia profesional: Industrias alimentarias.

Área profesional

Módulo (€)

Aceites e graxas (INAK)

7,82

Actividades auxiliares na industria alimentaria (INAQ)

7,82

Alimentos diversos (INAD)

7,21

Bebidas (INAH)

7,82

Cárnicas (INAI)

7,82

Conservas vexetais (INAV)

7,82

Lácteos (INAE)

7,82

Panadaría, pastelaría, confeitaría e muiñeiría (INAF)

10,37

Produtos da pesca (INAJ)

7,82

Familia profesional: Madeira, moble e cortiza.

Área profesional

Módulo (€)

Transformación madeira e cortiza (MAMA)

8,32

Instalación e amoblamento (MAMB)

10,72

Produción carpintaría e moble (MAMD)

8,32

Carpintaría e moble (MAMR)

7,14

Fabricación semiindustrializada de carpintaría e moble (MAMS)

12,95

Familia profesional: Marítimo-pesqueira.

Área profesional

Módulo (€)

Acuicultura (MAPU)

9,53

Mergullo (MAPB)

9,53

Pesca e navegación (MAPN)

9,53

Familia profesional: Química.

Área profesional

Módulo (€)

Análise e control (QUIA)

9,53

Farmaquímica (QUIM)

9,53

Laboratorio químico (QUIL)

10,95

Pasta, papel e cartón (QUIO)

8,06

Proceso químico (QUIE)

9,53

Química básica (QUIB)

9,52

Transformación de polímeros (QUIT)

9,53

Familia profesional: Sanidade.

Área profesional

Módulo (€)

Atención sanitaria (SANT)

8,87

Servizos e produtos sanitarios (SANP)

9,36

Soporte e axuda ao diagnóstico (SANS)

6,02

Familia profesional: Seguridade e ambiente.

Área profesional

Módulo (€)

Seguridade e prevención (SEAD)

8,40

Xestión ambiental (SEAG)

7,81

Familia profesional: Servizos socioculturais e á comunidade.

Área profesional

Módulo (€)

Actividades culturais e recreativas (SSCB)

10,23

Asistencia social (SSCS)

7,16

Asistencia social e servizos ao consumidor (SSCM)

11,55

Atención social (SSCG)

9,06

Formación e educación (SSCE)

7,61

Servizos ao consumidor (SSCI)

8,28

Familia profesional: Téxtil, confección e pel.

Área profesional

Módulo (€)

Calzado (TCPC)

7,18

Confección en téxtil e pel (TCPF)

8,10

Ennobrecemento de materias téxtiles e peles (TCPN)

6,26

Produción de fíos e tecidos (TCPP)

7,18

Familia profesional: Transporte e mantemento de vehículos.

Área profesional

Módulo (€)

Aeronáutica (TMVO)

5,69

Carrozaría de vehículos (TMVL)

12,93

Condución de vehículos por estrada (TMVI)

9,58

Electromecánica de vehículos (TMVG)

12,25

Ferrocarril e cable (TMVB)

10,95

Náutica (TMVU)

10,95

Transporte por estrada (TMVC)

10,05

Familia profesional: Vidro e cerámica.

Área profesional

Módulo (€)

Fabricación cerámica (VICF)

9,53

Vidro industrial (VICI)

9,53

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO IV

Familias e/ou áreas profesionais relacionadas con sectores estratéxicos, emerxentes ou con maior potencial de creación de emprego.

• Familia profesional de Administración e xestión, área profesional de finanzas e seguros (ADGN).

• Familia profesional Agraria, área profesional forestal (AGAR).

• Familia profesional de Artes gráficas, área profesional de deseño gráfico e multimedia (ARGG).

• Familia profesional de Comercio e márketing, área profesional de loxística comercial e xestión do transporte (COML).

• Familia profesional de Comercio e márketing, área profesional de márketing e relacións públicas (COMM).

• Familia profesional de Comercio e márketing, área profesional de venda (COMV).

• Familia profesional de Electricidade e electrónica (ELE).

• Familia profesional de Enerxía e auga, área profesional de eficiencia enerxética (ENAC).

• Familia profesional de Enerxía e auga, área profesional de enerxías renovables (ENAE).

• Familia de Edificación e obra civil (EOC).

• Familia profesional de Fabricación mecánica (FME).

• Familia profesional de Instalación e mantemento (IMA).

• Familia profesional de Industrias alimentarias, área profesional de cárnicas (INAI).

• Familia profesional de Informática e comunicacións, área profesional de desenvolvemento (IFCD).

• Familia profesional de Informática e comunicacións, área profesional de sistemas e telemática (IFCT).

• Familia profesional de Madeira, moble e cortiza (MAM).

• Familia profesional Química, área profesional de análise e control (QUIA).

• Familia profesional Química, área profesional de proceso químico (QUIE).

• Familia profesional de Sanidade, área profesional de atención sanitaria (SANT).

• Familia dos Servizos socioculturais e á comunidade, área profesional de asistencia social (SSCS).

• Familia profesional Téxtil, confección e pel, área profesional de confección en téxtil e pel (TCPF).

• Familia do Transporte e mantemento de vehículos, área profesional de electromecánica de vehículos (TMVG).

• Familia do Transporte e mantemento de vehículos, área profesional de condución de vehículos por estrada (TMVI).

• Familia do Transporte e mantemento de vehículos, área profesional de carrozaría de vehículos (TMVL).

missing image file
missing image file