Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Luns, 30 de maio de 2022 Páx. 31588

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

DECRETO 81/2022, do 25 de maio, polo que se aproba a oferta de emprego público extraordinaria para a estabilización do emprego temporal do persoal do Sistema Público de Saúde de Galicia, en desenvolvemento da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.

A Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, e o Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, prevén a convocatoria periódica de procedementos de selección de persoal estatutario fixo que garantan os principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade no seu acceso.

As necesidades de recursos humanos, con asignación orzamentaria, que se deban prover mediante a incorporación de persoal con condición de fixeza serán obxecto de oferta de emprego público, que aprobarán os órganos de goberno das administracións públicas, tal como dispón o artigo 70 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, e o artigo 48 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Constitúe un dos obxectivos e compromisos do Servizo Galego de Saúde continuar apostando pola estabilidade no emprego coa convocatoria periódica de procedementos selectivos para a adquisición da condición de persoal fixo, nos cales se garantan os principios que rexen o acceso ao emprego público, como veu desenvolvendo de forma ininterrompida este organismo nos últimos dez anos.

Non obstante, as limitacións á reposición de efectivos nas administracións públicas impostas pola lexislación básica orzamentaria, no marco das directrices de contención do gasto público unido, en particular, no ámbito da sanidade, a un incremento claro das necesidades asistenciais da poboación, que se fixo especialmente patente nos dous últimos anos por mor da situación sanitaria derivada da pandemia, están a dificultar a consecución de tal obxectivo co consecuente incremento das taxas de emprego temporal, como recurso para dar resposta á crecente demanda de atención nun servizo público, como o sanitario, caracterizado pola súa esencialidade.

Neste contexto, co fin de paliar a situación existente no conxunto das administracións públicas e co obxectivo de situar a taxa de cobertura temporal por debaixo do oito por cento das prazas estruturais, apróbase a Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, que, entre outras medidas, no seu artigo 2.1, autoriza un terceiro proceso de estabilización do emprego público.

Así, adicionalmente aos procesos de estabilización previstos nos artigos 19.Un.6 da Lei 3/2017, do 27 de xuño, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2017, e 19.Un.9 da Lei 6/2018, do 3 de xullo, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2018, autorízase unha taxa adicional para a estabilización do emprego temporal que incluirá as prazas de natureza estrutural que, estando ou non dentro das relacións de postos de traballo, dos cadros de persoal ou noutra forma de organización dos recursos humanos das previstas nas distintas administracións públicas, se encontren dotadas orzamentariamente e estivesen ocupadas de forma temporal e ininterrompidamente como mínimo nos tres anos anteriores ao 31 de decembro de 2020.

En particular, no Servizo Galego de Saúde, en execución da taxa de estabilización prevista na Lei 3/2017, do 27 de xuño, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2017, ofertáronse un total de 1.279 prazas, das cales 836 xa foron obxecto de estabilización ao ter concluído o pertinente proceso de selección, 438 encóntranse na actualidade con proceso selectivo convocado que continúa o seu desenvolvemento en cumprimento do preceptuado na disposición transitoria primeira da Lei 20/2021, do 28 de decembro, e un total de 5 pendentes de convocar.

Así mesmo, e como segunda medida de estabilización, a disposición adicional sexta desta última lei prevé, con carácter excepcional e por unha única vez, a convocatoria polo sistema de concurso daquelas prazas que, reunindo os requisitos establecidos no seu artigo 2.1, estivesen ocupadas con carácter temporal de forma ininterrompida con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2016.

Na súa disposición adicional oitava establece que, adicionalmente, os procesos de estabilización contidos na disposición adicional sexta incluirán nas súas convocatorias as prazas vacantes de natureza estrutural ocupadas de forma temporal por persoal cunha relación desta natureza anterior ao 1 de xaneiro de 2016.

A lei prevé, así mesmo, na súa disposición adicional quinta, que o sistema de concurso previsto no artigo 26.4 da Lei 14/2011, do 1 de xuño, da ciencia, da tecnoloxía e da innovación, será o sistema de selección para aplicar nos procesos de estabilización de emprego temporal do persoal investigador.

Da resolución dos procesos de estabilización previstos na Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público non poderá derivar, en ningún caso, un incremento do gasto nin dos efectivos, como así se indica no seu artigo 2.

En consecuencia, para determinar o número de prazas que se van ofertar, deberán detraerse aquelas que estean incluídas nas convocatorias publicadas con anterioridade á súa entrada en vigor, que se encontren en desenvolvemento.

Así mesmo, pola propia natureza dos procesos de estabilización, destinados a reducir a temporalidade no emprego público, non procede efectuar na presente oferta unha reserva de prazas por promoción interna, dado que cada cobertura de prazas por este sistema de acceso supón a simultánea xeración dunha praza vacante doutra categoría e non reúnen as condicións para a súa estabilización, xa que cada un dos/das profesionais que as ocupan xa son titulares dunha praza fixa doutra categoría no Sistema Público de Saúde de Galicia, coa mesma condición de estatutario.

Tales prazas, excluídas na lexislación orzamentaria do cómputo da taxa de reposición de efectivos, serán obxecto dunha convocatoria específica e diferenciada, de conformidade coa habilitación conferida polo artigo 25 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde.

Todas as disposicións contidas na Lei 20/2021, do 28 de decembro, relativas aos procesos de estabilización resultan de aplicación tamén ás sociedades mercantís públicas, entidades públicas empresariais, fundacións do sector público e consorcios do sector público, nos termos que se indican na súa disposición adicional sétima.

Finalmente, este decreto inclúe unha disposición adicional cunha peculiaridade do proceso de estabilización. Trátase, en concreto, de postos que veñen sendo ocupados temporalmente, nas condicións precisas para a súa estabilización, pero que non están incluídos actualmente no réxime estatutario. Esa disposición, atendendo aos mandatos de homoxeneización e integración no réxime estatutario que conteñen os artigos 109 e 112 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, prevé que o proceso de estabilización se execute dentro dese réxime estatutario, coa conseguinte extinción dos vínculos orixinarios.

Neste marco legal de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego, cómpre iniciar un novo procedemento de selección de persoal estatutario fixo, coa aprobación do preceptivo decreto previo da oferta de emprego público.

Para o cómputo de prazas tivéronse en conta os criterios para a súa determinación previstos no artigo 2 e nas disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, así como as orientacións que no exercicio das súas competencias e, en prol da unidade de criterio nas distintas administracións públicas e servizos de saúde, foron acordadas no ámbito da Comisión Técnica Delegada de Recursos Humanos do Sistema Nacional de Saúde e pola Secretaría de Estado de Función Pública.

Na súa virtude, por proposta da persoa titular da Consellería de Sanidade, despois da negociación na Mesa Sectorial de Sanidade, en reunións dos días 5 e 13 de maio de 2022, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e cinco de maio de dous mil vinte e dous,

DISPOÑO:

Artigo 1. Aprobación da oferta de emprego público

Por medio do presente decreto apróbase a oferta de emprego público extraordinaria para a estabilización do emprego temporal do persoal do Sistema Público de Saúde de Galicia, en desenvolvemento do artigo 2 e das disposicións adicionais quinta, sexta e oitava da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público (BOE núm. 312, do 29 de decembro).

Para os efectos deste decreto, integran o Sistema Público de Saúde de Galicia as prazas de persoal estatutario, así como os postos ocupados por persoal funcionario interino, persoal laboral temporal e persoal laboral indefinido por sentenza xudicial firme do Servizo Galego de Saúde e das entidades adscritas á Consellería de Sanidade e ao dito organismo, que reúnen as condicións de estabilización que se indican na citada lei.

Dentro das entidades adscritas á Consellería de Sanidade e ao Servizo Galego de Saúde enténdense comprendidas a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, a Fundación Pública de Urxencias Sanitarias-061 e Galaria-Empresa Pública de Servizos Sanitarios.

Artigo 2. Cuantificación da oferta de emprego público

1. O número de prazas que integran esta oferta ascende a un total de 2.568.

2. Do total das prazas ofertadas, 760 corresponden á taxa adicional para a estabilización do emprego temporal prevista no artigo 2 da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público (BOE núm. 312, do 29 de decembro), e inclúe as prazas de natureza estrutural, dotadas orzamentariamente, ocupadas de forma temporal e ininterrompidamente como mínimo nos tres anos anteriores ao 31 de decembro de 2020, sempre que tales prazas continuasen a estar ocupadas na data de entrada en vigor desta lei.

3. As 1.808 prazas restantes corresponden á convocatoria excepcional de estabilización do emprego temporal de longa duración, prevista nas disposicións adicionais sexta e oitava da mesma lei, así como as relativas á disposición adicional quinta, e inclúen aquelas prazas que, reunindo os requisitos establecidos no seu artigo 2.1, estivesen ocupadas con carácter temporal de forma ininterrompida con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2016.

4. Para os efectos deste decreto, teñen a consideración de prazas de natureza estrutural aquelas relativas a funcións recorrentes que se integran na actividade ordinaria e de normal funcionamento da Administración, incluídas, por tanto, as prazas ligadas a programas ou actuacións que non gocen de substantivade propia e diferenciada da actividade ordinaria.

5. A distribución do número de prazas por categorías/especialidades detállase nos anexos I, II e III deste decreto.

Artigo 3. Sistema de selección

3.1. Procesos acollidos ao artigo 2 da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.

1. O sistema de selección para a cobertura das prazas que se detallan no anexo I deste decreto, correspondentes á taxa adicional para a estabilización do emprego temporal prevista no artigo 2 da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, será o de concurso oposición.

2. A fase de oposición terá unha valoración do sesenta por cento da puntuación total do proceso.

No marco da negociación colectiva establecida no artigo 37.1.c) do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público e no artigo 80 da Lei 55/2003, do 16 de decembro, do Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde, as convocatorias deberán establecer as puntuacións mínimas para superar a proba ou as probas que deben realizar e poderán prever o carácter non eliminatorio de todos ou dalgún dos seus exercicios.

Así mesmo, poderán prever a acumulación de probas nun mesmo exercicio e sesión.

3. A fase de concurso, cunha valoración do corenta por cento da puntuación total do proceso, terá en conta maioritariamente a experiencia profesional na categoría/especialidade de que se trate.

O baremo de méritos para valorar en cada unha das categorías/especialidades detallarase nas respectivas convocatorias.

4. Os procesos selectivos que se convoquen en desenvolvemento desta taxa adicional garantirán o cumprimento dos principios de libre concorrencia, igualdade, mérito, capacidade e publicidade.

3.2. Procesos acollidos ás disposicións adicionais quinta, sexta e oitava da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.

1. O sistema de selección para a cobertura das prazas que se detallan no anexo II deste decreto, correspondentes á convocatoria excepcional de estabilización do emprego temporal de longa duración prevista nas disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, así como as previstas na súa disposición adicional quinta, será o de concurso.

2. O baremo de méritos para aplicar nestes procesos, que se realizarán unha única vez, concretarase nas respectivas convocatorias, logo de negociación no ámbito da Mesa Sectorial de Sanidade, nos termos do artigo 37.1.c) do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público e do artigo 80 da Lei 55/2003, do 16 de decembro, do Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde.

3. A articulación destes procesos selectivos garantirá o cumprimento dos principios de libre concorrencia, igualdade, mérito, capacidade e publicidade.

Artigo 4. Órganos de selección

1. A composición dos órganos de selección será paritaria para o conxunto da oferta de emprego público, de acordo co disposto no artigo 48 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade.

2. De conformidade co establecido no artigo 60 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, a pertenza aos órganos de selección será sempre a título individual e non se poderá ter esta en representación ou por conta de ninguén.

3. O persoal de elección ou designación política, as/os funcionarias/os interinas/os e o persoal eventual non poderán formar parte dos órganos de selección.

4. A composición destes órganos responderá aos principios de profesionalidade e especialización dos seus membros e o seu funcionamento axustarase aos principios de imparcialidade e obxectividade.

No desenvolvemento das súas actuacións, os órganos de selección deberán respectar os demais principios de actuación establecidos pola normativa de selección e as instrucións sobre o funcionamento e a actuación dos tribunais que dite para o efecto o órgano competente.

5. Nos procesos selectivos que se convoquen mediante o sistema de concurso, en execución das disposicións adicionais quinta, sexta e oitava da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, e da disposición adicional deste decreto, poderá designarse un mesmo órgano de selección para varias categorías, respectando na súa composición os criterios sobre designación de tribunais establecidos pola lexislación de emprego público e demais normativa de selección.

Artigo 5. Persoas con discapacidade

1. Nos procesos selectivos que se convoquen en desenvolvemento desta oferta serán admitidas as persoas con discapacidade nos termos previstos neste artigo e na demais normativa de aplicación.

As convocatorias non establecerán exclusións por limitacións psíquicas e/ou físicas sen prexuízo das incompatibilidades co desempeño das tarefas ou funcións correspondentes.

2. De conformidade co establecido no artigo 59 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, e no artigo 48 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, do total de prazas que se ofertan reservarase unha porcentaxe non inferior ao sete por cento para seren cubertas entre persoas con discapacidade, considerando como tales as definidas no artigo 4 do Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, sempre que acrediten a súa discapacidade e a compatibilidade co desempeño das tarefas e funcións correspondentes.

3. A reserva efectuarase sobre o cómputo total de prazas da oferta de emprego público e farase efectiva, en cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, naquelas convocatorias que oferten un mínimo de dez prazas da correspondente categoría ou especialidade.

Cando da aplicación da porcentaxe resulten fraccións decimais, arredondarase por exceso para o seu cómputo.

4. O número de prazas reservadas para persoas con discapacidade en cada categoría/especialidade indicarase nas respectivas convocatorias.

5. A opción a prazas reservadas á discapacidade terá que formularse na solicitude de participación no proceso selectivo con declaración expresa das persoas interesadas de reunir a condición exixida ao respecto, que se acreditará mediante certificación dos órganos competentes na forma e nos prazos que se determinen en cada convocatoria.

6. No desenvolvemento das probas selectivas que inclúan fase de oposición estableceranse, para as persoas con discapacidade que o soliciten, as adaptacións e os axustes razoables necesarios de tempo e de medios para a realización dos exercicios, de acordo co disposto na Orde PRE/1822/2006, do 9 de xuño, pola que se establecen criterios xerais para a adaptación de tempos adicionais nos procesos selectivos para o acceso ao emprego público de persoas con discapacidade, para asegurar que estas persoas participen en condicións de igualdade. Nas convocatorias indicarase expresamente esta posibilidade, así como que as persoas interesadas deberán formular a correspondente petición concreta na solicitude de participación.

Para tal efecto, os tribunais de selección poderán requirir informe e, se é o caso, colaboración dos órganos técnicos da Administración laboral, sanitaria ou dos órganos competentes.

7. Unha vez superado o proceso selectivo, o Servizo Galego de Saúde requirirá, respecto das persoas que acceden por esta cota de reserva, ditame do órgano competente sobre a compatibilidade da/do candidata/o para o posto de traballo ou sobre as adaptacións deste.

8. No suposto de que algunha das persoas aspirantes con discapacidade que se tivese presentado pola cota de reserva superase o proceso selectivo e non obtivese praza na citada cota, sendo a súa puntuación superior á obtida por outras/os aspirantes do sistema de acceso xeral, esta será incluída pola súa orde de puntuación no sistema de acceso xeral.

9. As persoas aspirantes que superasen o proceso selectivo pola cota de prazas reservadas a persoas con discapacidade poderán solicitar ao órgano convocante a alteración da orde de prelación para a elección das prazas dentro do ámbito territorial que se determine na convocatoria, por motivos de dependencia persoal, dificultades de desprazamento ou outras análogas, que deberán ser debidamente acreditados. O órgano convocante decidirá a devandita alteración cando estea debidamente xustificada e deberá limitarse a realizar a mínima modificación na orde de prelación necesaria para posibilitar o acceso ao posto da persoa con discapacidade.

Artigo 6. Acreditación do coñecemento da lingua galega

1. Para lle dar cumprimento á normalización do idioma galego e garantir o dereito das/dos usuarias/os dos distintos servizos sanitarios do Servizo Galego de Saúde ao seu uso, así como a promoción do uso normal do galego por parte dos poderes públicos de Galicia, nas probas selectivas, que se convoquen mediante o sistema de concurso-oposición en desenvolvemento do artigo 2.1 da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, incluirase un exame de galego, agás para aquelas persoas aspirantes que acrediten o coñecemento da lingua galega conforme a normativa vixente.

As bases da convocatoria establecerán o carácter deste exame, así como a valoración desta proba e da equivalente acreditación do coñecemento da lingua galega.

2. Nos procesos selectivos que se desenvolvan polo sistema de concurso, en execución das disposicións adicionais quinta, sexta e oitava da citada lei e da disposición adicional do presente decreto, a valoración do coñecemento da lingua galega efectuarase nos termos que se establezan nas bases das respectivas convocatorias.

Artigo 7. Publicación das convocatorias

De conformidade co artigo 2 da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, a publicación no Diario Oficial de Galicia das convocatorias dos procesos selectivos para a cobertura das prazas incluídas nos anexos I, II e III desta oferta deberá producirse antes do 31 de decembro de 2022.

Artigo 8. Resolución dos procesos convocados

1. De conformidade co artigo 2 da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, a resolución dos procesos selectivos que se executen en desenvolvemento da presente oferta deberá producirse antes do 31 de decembro de 2024.

Da súa resolución non poderá derivar, en ningún caso, incremento do gasto nin de efectivos.

2. Se, logo de finalizado o proceso de selección, a persoa aspirante seleccionada non se incorpora ao destino adxudicado dentro do prazo establecido, sen causa xustificada sobrevida á solicitude de participación no proceso ou suposto de forza maior, o órgano convocante procederá ao chamamento de novos/as aspirantes, no número que corresponda e pola orde de prelación que resulte da lista definitiva, para os efectos de que, tras presentaren a documentación que acredite o cumprimento dos requisitos exixidos na convocatoria e manifestaren a súa opción polos destinos non ocupados, poidan ser nomeados/as persoal estatutario fixo da correspondente categoría.

Artigo 9. Criterios xerais de xestión e publicidade dos procesos selectivos

1. A xestión das actuacións para o desenvolvemento dos procesos selectivos realizarase conforme o que determinen as bases das respectivas convocatorias.

2. De conformidade co artigo 10 da Orde do 8 de maio de 2012, pola que se regula o contido, uso e acceso ao expediente persoal electrónico dos profesionais do Sistema Público de Saúde de Galicia, a inscrición das persoas participantes en tales procesos efectuarase por medio do sistema de información Fides/expedient-e, a través da web corporativa do Servizo Galego de Saúde www.sergas.es

Así mesmo, co fin de axilizar a tramitación dos procesos, de reducir os prazos de execución e as cargas administrativas, a xeración de listaxes e a acreditación para o acceso ás probas selectivas, así como a valoración dos méritos que presenten as persoas aspirantes, efectuarase de forma automatizada, a través deste mesmo sistema de información.

3. Sen prexuízo da preceptiva publicación no Diario Oficial de Galicia das resolucións que se determinen nas respectivas convocatorias, facilitarase a través da Oficina Virtual do Profesional (FIDES/expedient-e) e da páxina web do organismo (www.sergas.es) toda a información que afecte o desenvolvemento dos procesos selectivos e que resulte de interese para as persoas aspirantes.

Artigo 10. Igualdade en relación coas condicións de emprego da Administración pública

As convocatorias adaptaranse ás previsións do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, en relación coas condicións de emprego da Administración pública e da demais normativa de aplicación en materia de igualdade.

Disposición adicional primeira. Postos ocupados por persoal laboral indefinido en virtude de sentenza xudicial firme, persoal funcionario interino e outro persoal laboral temporal

1. Os postos de traballo que se relacionan no anexo III deste decreto, ocupados por persoal laboral indefinido por sentenza xudicial firme, persoal funcionario interino e persoal laboral temporal nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e na Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, que cumpren as condicións de estabilización previstas na Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, decláranse a extinguir e serán convocados, en execución deste decreto, como prazas de persoal estatutario da categoría de equivalencia que, para cada un destes postos, se concreta no indicado anexo.

A resolución do proceso, cos conseguintes nomeamentos de persoal estatutario fixo, suporá a extinción dos vínculos orixinarios, que se efectuará conforme a normativa de aplicación.

2. O sistema de selección destas prazas será o de concurso, previsto na disposición adicional sexta e oitava da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.

3. Os servizos prestados polos/as profesionais que ocupen estes postos valoraranse coa mesma puntuación ca a asignada á prestación de servizos na categoría estatutaria de equivalencia.

Disposición adicional segunda

De conformidade co artigo 48 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e co artigo 70 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, nas convocatorias destes procesos selectivos de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, poderán convocarse ata un dez por cento adicional máis das prazas comprometidas nesta oferta, co fin de acadar unha mellor eficiencia na xestión dos servizos públicos e sempre que as prazas cumpran o establecido na Lei 20/2021, do 28 de decembro.

Disposición derradeira primeira. Habilitación

Facúltase a persoa titular da Consellería de Sanidade para ditar, dentro das súas competencias, as normas precisas para o desenvolvemento deste decreto.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e cinco de maio de dous mil vinte e dous

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

Julio García Comesaña
Conselleiro de Sanidade

ANEXO I

Prazas ofertadas
(Artigo 2 da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público)

Persoal estatutario

Categoría profesional

Concurso oposición artigo 2.1

Licenciado sanitario

Facultativo/a especialista en alergoloxía

3

Facultativo/a especialista en anatomía patolóxica

4

Facultativo/a especialista en anestesioloxía e reanimación

7

Facultativo/a especialista en anxioloxía e cirurxía vascular

6

Facultativo/a especialista en aparello dixestivo

3

Facultativo/a especialista en cardioloxía

12

Facultativo/a especialista en cirurxía cardiovascular

1

Facultativo/a especialista en cirurxía oral e maxilofacial

3

Facultativo/a especialista en cirurxía pediátrica

1

Facultativo/a especialista en cirurxía plástica, estética e reparadora

1

Facultativo/a especialista en cirurxía torácica

1

Facultativo/a especialista en cirurxía xeral e aparello dixestivo

6

Facultativo/a especialista en dermatoloxía médico-cirúrxica e venereoloxía

4

Facultativo/a especialista en endocrinoloxía e nutrición

1

Facultativo/a especialista en hematoloxía e hemoterapia

3

Facultativo/a especialista en medicina física e rehabilitación

4

Facultativo/a especialista en medicina intensiva

5

Facultativo/a especialista en medicina interna

9

Facultativo/a especialista en medicina preventiva e saúde pública

3

Facultativo/a especialista en microbioloxía e parasitoloxía

1

Facultativo/a especialista en nefroloxía

3

Facultativo/a especialista en neurocirurxía

6

Facultativo/a especialista en neuroloxía

7

Facultativo/a especialista en oftalmoloxía

12

Facultativo/a especialista en oncoloxía médica

5

Facultativo/a especialista en otorrinolaringoloxía

3

Facultativo/a especialista en pediatría e as súas áreas específicas

8

Facultativo/a especialista en pneumoloxía

4

Facultativo/a especialista en psicoloxía clínica

2

Facultativo/a especialista en psiquiatría

5

Facultativo/a especialista en radiodiagnóstico

12

Facultativo/a especialista en reumatoloxía

4

Facultativo/a especialista en uroloxía

5

Facultativo/a especialista en xeriatría

1

Médico/a asistencial 061

1

Médico/a coordinador/a 061

1

Médico/a de admisión e documentación clínica

1

Médico/a de familia

7

Odontólogo/a de atención primaria

1

Total persoal licenciado sanitario

166

Diplomado sanitario

Enfermeiro/a

230

Enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía (matrón/a)

3

Enfermeiro/a especialista en saúde mental

4

Fisioterapeuta

9

Terapeuta ocupacional

1

Total diplomado sanitario

247

Sanitario de formación profesional

Técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría

178

Técnico/a superior en hixiene bucodental

2

Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico

12

Total sanitario de formación profesional

192

Xestión e servizos

Celador/a

86

Enxeñeiro/a técnico/a

1

Grupo auxiliar da función administrativa

64

Persoal de servizos xerais

2

Técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información

1

Técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información

1

Total xestión e servizos

155

Total

760

ANEXO II

Prazas ofertadas

(Disposición adicional 5ª, 6ª e 8ª da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público)

Persoal estatutario

Categoría profesional

Concurso de méritos disposición adicional 6ª e 8ª

Licenciado sanitario

Facultativo/a especialista en alergoloxía

3

Facultativo/a especialista en análises clínicas

20

Facultativo/a especialista en anatomía patolóxica

3

Facultativo/a especialista en anestesioloxía e reanimación

26

Facultativo/a especialista en anxioloxía e cirurxía vascular

2

Facultativo/a especialista en aparello dixestivo

10

Facultativo/a especialista en cardioloxía

8

Facultativo/a especialista en cirurxía cardiovascular

2

Facultativo/a especialista en cirurxía ortopédica e traumatoloxía

14

Facultativo/a especialista en cirurxía pediátrica

1

Facultativo/a especialista en cirurxía plástica, estética e reparadora

2

Facultativo/a especialista en cirurxía xeral e aparello dixestivo

13

Facultativo/a especialista en dermatoloxía médico-cirúrxica e venereoloxía

3

Facultativo/a especialista en endocrinoloxía e nutrición

7

Facultativo/a especialista en farmacia hospitalaria

16

Facultativo/a especialista en farmacoloxía clínica

1

Facultativo/a especialista en hematoloxía e hemoterapia

10

Facultativo/a especialista en inmunoloxía

2

Facultativo/a especialista en medicina do traballo

3

Facultativo/a especialista en medicina física e rehabilitación

6

Facultativo/a especialista en medicina intensiva

10

Facultativo/a especialista en medicina interna

27

Facultativo/a especialista en medicina nuclear

2

Facultativo/a especialista en medicina preventiva e saúde pública

4

Facultativo/a especialista en microbioloxía e parasitoloxía

7

Facultativo/a especialista en nefroloxía

5

Facultativo/a especialista en neurocirurxía

1

Facultativo/a especialista en neurofisioloxía clínica

3

 

Facultativo/a especialista en neuroloxía

11

Facultativo/a especialista en obstetricia e xinecoloxía

18

Facultativo/a especialista en oftalmoloxía

8

Facultativo/a especialista en oncoloxía médica

4

Facultativo/a especialista en oncoloxía radioterápica

1

Facultativo/a especialista en otorrinolaringoloxía

5

Facultativo/a especialista en pediatría e as súas áreas específicas

24

Facultativo/a especialista en pneumoloxía

10

Facultativo/a especialista en psicoloxía clínica

3

Facultativo/a especialista en psiquiatría

23

Facultativo/a especialista en radiodiagnóstico

13

Facultativo/a especialista en radiofísica hospitalaria

2

Facultativo/a especialista en reumatoloxía

4

Facultativo/a especialista en uroloxía

3

Facultativo/a especialista en xeriatría

3

Farmacéutico/a de atención primaria

4

Médico/a coordinador/a 061

8

Médico/a de admisión e documentación clínica

1

Médico/a de familia

42

Médico/a de hospitalización a domicilio

4

Médico/a de urxencias hospitalarias

32

Técnico/a de saúde de atención primaria

1

Total persoal licenciado sanitario

435

Diplomado sanitario

Enfermeiro/a

459

Enfermeiro/a especialista en enfermaría do traballo

1

Enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía (matrón/a)

6

Enfermeiro/a especialista en saúde mental

2

Fisioterapeuta

14

Logopeda

1

Terapeuta ocupacional

3

Total diplomado sanitario

486

Sanitario de formación profesional

Técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría

277

Técnico/a en farmacia

51

Técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía

10

Técnico/a superior en dietética

5

Técnico/a superior en hixiene bucodental

2

Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico

32

Técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico

37

Técnico/a superior en radioterapia

3

Total sanitario de formación profesional

417

Xestión e servizos

Albanel

6

Calefactor/a

3

Carpinteiro/a

5

Celador/a

118

Cociñeiro/a

1

Condutor/a

3

Electricista

5

Fontaneiro/a

5

Grupo administrativo da función administrativa

4

Grupo auxiliar da función administrativa

101

Grupo de xestión da función administrativa

2

Grupo técnico da función administrativa

5

Lavandeiro/a

4

Limpador/a

2

Mecánico/a

4

Pasador/a de ferro

5

Peón

1

Perruqueiro/a

1

Persoal de servizos xerais

17

Persoal técnico de grao medio en prevención de riscos laborais

1

Persoal técnico superior

8

Persoal técnico superior en prevención de riscos laborais

2

Pinche

98

Pintor/a

1

Técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información

4

Técnico/a de grao medio

2

Técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información

2

Técnico/a xestión de sistemas e tecnoloxías da información

2

Traballador/a social

7

Total xestión e servizos

419

Total

1.757

Persoal investigador

Categoría profesional

Concurso de méritos disposición adicional 5ª

Licenciado sanitario

Investigador-sanitario-subgrupo A1

29

Persoal sanitario

Investigador-sanitario-subgrupo C1

2

Persoal non sanitario

Investigador-non sanitario-subgrupo A1

3

Total

34

Total

1.791

ANEXO III

Prazas ofertadas

(Disposición adicional. Persoal laboral indefinido por sentenza xudicial firme, persoal funcionario interino e outro persoal laboral temporal con vínculo estable)

Categoría orzamentaria

Categoría estatutaria

Nº de prazas concurso de méritos

Funcionario interino

Posto base agrup. profesionais

Celador/a

1

Funcionario interino

Asesor/a técnico/a

Grupo técnico da función administrativa

1

Laboral

Administrativo/a

Grupo administrativo da función administrativa

1

Laboral

Auxiliar administrativo/a

Grupo auxiliar da función administrativa

1

Laboral

Tit. superior psicólogo/a

Grupo técnico da función administrativa

1

Laboral

Licenciado/a en farmacia

Persoal técnico superior

3

Laboral

Licenciado/a técnico superior

Persoal técnico superior

2

Laboral

Médico/a

Persoal técnico superior

1

Laboral

Tit. superior psicólogo/a

Persoal técnico superior

4

Laboral

Diplomado/a en biblioteca e documentación

Técnico/a de grao medio

1

Laboral

Asistente/a social

Traballador/a social

1

Total

17