Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 6 de xullo de 2022 Páx. 38530

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

EXTRACTO da Orde do 21 de xuño de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a creación e o lanzamento de plataformas de marketplace para produtos agroalimentarios no medio rural, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento CO300H).

BDNS (Identif.): 637108.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Entidades beneficiarias

Poderán ser entidades beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases e sempre que non concorra ningunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:

a) Os concellos da Comunidade Autónoma de Galicia situados en zonas rurais e cunha poboación inferior a 10.000 habitantes.

Os concellos deben cumprir co deber de remisión ao Consello de Contas das contas xerais de cada exercicio, nos termos previstos no artigo 4 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro , polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.

b) Grupos de desenvolvemento rural (GDR) recoñecidos polo Acordo do Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), do 16 de novembro de 2016, polo que se resolve a convocatoria sobre a selección de estratexias de desenvolvemento local e de grupos de desenvolvemento rural como entidades colaboradoras na xestión da medida Leader de Galicia.

Segundo. Obxecto

O obxecto é a creación e o lanzamento de plataformas de marketplace para produtos agroalimentarios no medio rural (código de procedemento CO300H).

Terceiro. Bases reguladoras

As bases reguladoras publícanse conxuntamente na convocatoria.

Cuarto. Importe

Para a concesión destas subvencións destínase un crédito total de 350.000,00 €, que será imputado ás seguintes aplicacións orzamentarias dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022:

Aplicación orzamentaria

Importe (€)

Beneficiarios

06.03.751A.761.3

200.000,00

Artigo 3.a) do anexo I

06.03.751A.781.1

150.000,00

Artigo 3.b) do anexo I

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao da publicación, entenderase que o prazo remata o último día do mes.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2022

Francisco José Conde López
Vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación