Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Xoves, 18 de agosto de 2022 Páx. 44325

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 2022, da Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, pola que se publica a Resolución do 5 de agosto de 2022 de corrección de erros da Resolución do 7 de xullo de 2022 de concesión das axudas para a posta en marcha de casas do maior, convocadas pola Orde do 26 de xaneiro de 2022 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas do maior e para a continuidade de casas do maior en funcionamento, para os anos 2022 e 2023, e se procede á súa convocatoria (códigos de procedemento BS212A e BS212B).

No Diario Oficial de Galicia número 140, do 22 de xullo de 2022, publícase a Resolución do 7 de xullo de 2022 de concesión das axudas para a posta en marcha de casas do maior (BS212A), convocadas pola Orde do 26 de xaneiro de 2022 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas do maior e para a continuidade de casas do maior en funcionamento, para os anos 2022 e 2023, e se procede á súa convocatoria (códigos de procedemento BS212A e BS212B).

Despois de apreciar un erro na antedita resolución, a Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, de conformidade co artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procede a rectificalo. Ao abeiro do exposto, dítase a Resolución do 5 de agosto de 2022, de corrección de erros da dita Resolución do 7 de xullo de 2022 de concesión das axudas para a posta en marcha de casas do maior (BS212A).

O artigo 17 da Orde do 26 de xaneiro de 2022 establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos de requirimento de emenda de documentación, así como as correspondentes resolucións. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Serán igualmente obxecto de publicidade a través do portal do Benestar da consellería con competencias en materia de política social e, de forma complementaria, poderá efectuarse a notificación electrónica mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 5 de agosto de 2022, da Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, pola que se corrixe a Resolución do 7 de xullo de 2022 de concesión das axudas para a posta en marcha de casas do maior (BS212A), convocadas pola Orde do 26 de xaneiro de 2022 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas do maior e para a continuidade de casas do maior en funcionamento, para os anos 2022 e 2023, que se xunta coa presente resolución no anexo.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 5 de agosto de 2022 esgota a vía administrativa e contra ela poderá interporse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso- Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2022

Antonio Acevedo Prado
Director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria

ANEXO

Resolución do 5 de agosto de 2022 pola que se corrixe a Resolución do 7 de xullo de 2022 das axudas para a posta en marcha de casas do maior (código do procedemento BS212A), previstas na Orde do 26 de xaneiro de 2022 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas do maior e a continuidade de casas do maior en funcionamento, para os anos 2022 e 2023, e se procede á súa convocatoria (códigos de procedemento BS212A e BS212B)

Primeiro. No Diario Oficial de Galicia número 140, do 22 de xullo de 2022, publícase a Resolución do 8 de xullo de 2022, da Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, pola que se notifica a Resolución do 7 de xullo de 2022 de concesión das axudas para a posta en marcha de casas do maior (BS212A), convocadas mediante a Orde do 26 de xaneiro de 2022 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas do maior e para a continuidade de casas do maior en funcionamento, para os anos 2022 e 2023, e se procede á súa convocatoria (códigos de procedemento BS212A e BS212B).

Segundo. Publicada a resolución, á vista da documentación do procedemento, advírtese un erro nos importes que figuran no anexo I de axudas concedidas da dita resolución, en relación coas contías concedidas para gastos de investimento na anualidade 2022 e o importe total de axudas 2022 e 2023, nos expedientes BS212A/2022/7 e BS212B/2022/8, dado que figuran as referidas contías intercambiadas entre os dous expedientes.

Terceiro. De acordo co establecido no número segundo do artigo 109 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as administracións públicas, poderán, así mesmo, rectificar en calquera momento, de oficio ou por instancia das persoas interesadas, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos. O erro apreciado na Resolución do 7 de xullo de 2022 considérase como erro material, polo que se procede á súa rectificación en virtude do antedito artigo 109.2.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Corrixir o erro existente no anexo I en relación coas contías concedidas para gastos de investimento na anualidade 2022 e o importe total de axudas 2022 e 2023, nos expedientes BS212A/2022/7 e BS212A/2022/8, como a seguir se indica:

Onde figura:

Expediente

Solicitante

NIF

Concello

Puntuación

Servizo desprazamento

Axudas investimento 2022

Prima

desenvolvemento e servizo de desprazamento

2022

Prima

desenvolvemento e servizo de desprazamento

2023

Total orde de convocatoria de axudas

2022 e 2023

Condicionada a entrega da seguinte documentación e acreditación requisitos/obrigas

BS212A/2022/7

Débora Lais de Almeida Caetano

**94291**

Forcarei

72

Si

6.229 €

12.925 €

25.650 €

44.804 €

Achegar documentación acreditativa da dispoñibilidade do inmoble durante o período subvencionado (escritura de propiedade, contrato de arrendamento ou documento de cesión)

Achegar certificado de manipulador de alimentos

Achegar Informe dos servizos técnicos municipais de que o inmoble proposto conta coas condicións de habitabilidade necesarias para o seu uso como vivenda, ou informe elaborado por profesional con titulación habilitante que, co alcance e definición requiridos polo Código técnico da edificación (CTE), acredite o cumprimento da normativa que sexa de aplicación

Achegar fotografías das adaptacións realizadas

Identificación da persoa que se encargará de substituír a persoa responsable do desenvolvemento do proxecto nos supostos de ausencia, enfermidade ou emerxencia, así como copia da documentación recollida no artigo 4.1.a)

Alta no Censo de obrigados tributarios do Ministerio de Facenda e Función Pública, de ser o caso

Achegar o Plan de actuación en caso de emerxencia

Achegar xustificante de ter contratada unha póliza de seguro nos termos previstos no artigo 10.1.q)

Alta na Seguridade Social no réxime especial de autónomos (deberase achegar documentación acreditativa)

BS212A/2022/8

Elena Cristina Visan

**63873**

Becerreá

72

Non

15.000 €

9.800 €

19.600 €

44.400 €

Achegar informe dos servizos técnicos municipais de que o inmoble proposto conta coas condicións de habitabilidade necesarias para o seu uso como vivenda, ou informe elaborado por profesional con titulación habilitante que, co alcance e definición requiridos polo Código técnico da edificación (CTE), acredite o cumprimento da normativa que sexa de aplicación

Debe figurar:

Expediente

Solicitante

NIF

Concello

Puntuación

Servizo de desprazamento

Axudas investimento 2022

Prima de

desenvolvemento e servizo de desprazamento

2022

Prima de

desenvolvemento e servizo de desprazamento

2023

Total da orde de convocatoria de axudas

2022 e 2023

Condicionada á entrega da seguinte documentación e acreditación de requisitos/obrigas

BS212A/2022/7

Débora Lais de Almeida Caetano

**94291**

Forcarei

72

Si

15.000 €

12.925 €

25.650 €

53.575 €

Achegar documentación acreditativa da dispoñibilidade do inmoble durante o período subvencionado (escritura de propiedade, contrato de arrendamento ou documento de cesión)

Achegar certificado de manipulador de alimentos

Achegar Informe dos servizos técnicos municipais de que o inmoble proposto conta coas condicións de habitabilidade necesarias para o seu uso como vivenda, ou informe elaborado por profesional con titulación habilitante que, co alcance e definición requiridos polo Código técnico da edificación (CTE), acredite o cumprimento da normativa que sexa de aplicación

Achegar fotografías das adaptacións realizadas

Identificación da persoa que se encargará de substituír a persoa responsable do desenvolvemento do proxecto nos supostos de ausencia, enfermidade ou emerxencia, así como copia da documentación recollida no artigo 4.1.a)

Alta no Censo de obrigados tributarios do Ministerio de Facenda e Función Pública, de ser o caso

Achegar Plan de actuación en caso de emerxencia

Achegar xustificante de ter contratada unha póliza de seguro nos termos previstos no artigo 10.1.q)

Alta na Seguridade Social no réxime especial de autónomos (deberase achegar documentación acreditativa)

BS212A/2022/8

Elena Cristina Visan

**63873**

Becerreá

72

Non

6.229 €

9.800 €

19.600 €

35.629 €

Achegar documentación acreditativa da dispoñibilidade do inmoble durante o período subvencionado (escritura de propiedade, contrato de arrendamento ou documento de cesión)

Achegar certificado de manipulador de alimentos

Achegar informe dos servizos técnicos municipais de que o inmoble proposto conta coas condicións de habitabilidade necesarias para o seu uso como vivenda, ou informe elaborado por profesional con titulación habilitante que, co alcance e definición requiridos polo Código técnico da edificación (CTE), acredite o cumprimento da normativa que sexa de aplicación

Achegar fotografías das adaptacións realizadas

Identificación da persoa que se encargará de substituír a persoa responsable do desenvolvemento do proxecto nos supostos de ausencia, enfermidade ou emerxencia, así como copia da documentación recollida no artigo 4.1.a)

Alta no Censo de obrigados tributarios do Ministerio de Facenda e Función Pública, de ser o caso

Achegar Plan de actuación en caso de emerxencia

Achegar xustificante de ter contratada unha póliza de seguro nos termos previstos no artigo 10.1.q)

Alta na Seguridade Social no réxime especial de autónomos (deberase achegar documentación acreditativa)

Segundo. Esta resolución, que finaliza o procedemento, esgota a vía administrativa e contra ela poderá interporse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2022

A conselleira de Política Social e Xuventude
P.D. (Artigo 16 da Orde do 26.1.2022, DOG núm. 29, do 11 de febreiro)
Antonio Acevedo Prado
Director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria