Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 19 de setembro de 2022 Páx. 48932

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2022 pola que se dá publicidade das persoas beneficiarias das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 10 de maio de 2022 pola que se establece o réxime de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2022 (códigos de
procedemento MR506A e MR506B).

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e dando cumprimento ao artigo 45.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, por delegación do conselleiro,

RESOLVE:

Dar publicidade á resolución da concesión das axudas da Consellería do Medio Rural ao abeiro da Orde do 10 de maio de 2022 pola que se establece o réxime de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2022, que figura como anexo nesta resolución.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2022

O conselleiro do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015, artigo 2.3; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO

a) Norma reguladora da convocatoria: Orde do 10 de maio de 2022 pola que se establece o réxime de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2022 (códigos de procedemento MR506A e MR506B) e Orde do 29 de xullo de 2022 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 10 de maio de 2022.

b) Aplicación orzamentaria: 14.04.713E.770.2.

c) Crédito orzamentario: 1.382.277,80 €.

Esta axuda está cofinanciada polo Feaga da UE ata un 50 %, polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) ata un 25 % e a porcentaxe restante pola Xunta de Galicia en virtude do Regulamento (CE) núm. 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, e do Real decreto 930/2017, do 27 de outubro, polo que se regula o réxime de axudas á apicultura no marco dos programas nacionais anuais, e se modifica o Real decreto 209/2002, do 22 de febreiro, polo que se establecen normas de ordenación das explotacións apícolas.

d) Finalidade:

Poderán ser obxecto das axudas, de acordo coa normativa comunitaria, aquelas actividades ou investimentos que estean recollidos no programa nacional e encamiñadas a acadar os obxectivos das seguintes liñas de actuación:

Liña A. Asistencia técnica a persoas apicultoras e organizacións de persoas apicultoras.

Liña B. Loita contra as agresións e enfermidades da colmea.

Liña C. Racionalización da transhumancia.

Liña D. Medidas de apoio aos laboratorios de análise de produtos apícolas para axuda ás persoas apicultoras para comercializaren e valorizaren os seus produtos.

Liña E. Medidas de apoio á repoboación dos efectivos apícolas.

Liña G. Seguimento de mercado.

e) Destinatarios:

Aquelas persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas, incluídas aquelas de titularidade compartida recollidas na Lei 35/2011, do 4 de outubro, sobre titularidade compartida das explotacións agrarias, e as cooperativas apícolas, organizacións representativas, agrupacións de defensa sanitaria e asociacións de apicultores con personalidade xurídica propia, na medida en que os seus integrantes cumpran os requisitos para seren beneficiarios dalgunha ou dalgunhas das axudas recollidas no programa 2020-2022.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpor recurso potestativo de reposición ante o conselleiro do Medio Rural, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido no artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Tamén poderá interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación.

f) Beneficiarios e importe concedido:

Nº expediente

Beneficiario/a

NIF/CIF

Contía

API-2022-15-0029

Aimer Agronomía, S.L.U.

***9409**

1.085,40 €

API-2022-32-0003

Apiben, S.C.

***4296**

12.127,77 €

API-2022-32-0001

Aroamel

***7427**

2.454,94 €

API-2022-32-0002

Asociación Abellas Nais

***4674**

108.121,50 €

API-2022-32-0010

Asociación Agrogandeira Apícola e Forestal de Bande

***4901**

17.703,02 €

API-2022-32-0009

Asociación Agrupación Apícola de Galicia

***2524**

437.881,67 €

API-2022-15-0013

Asociación Casa do Mel

***2438**

59.129,70 €

API-2022-27-0006

Asociación Cooperativa Galega -Cauru

***2796**

14.522,42 €

API-2022-32-0012

Asociación Galega de Apicultores Profesionais

***4962**

48.978,24 €

API-2022-15-0008

Asociación Galega de Apicultura

***0772**

396.970,01 €

API-2022-27-0011

Asociación Provincial Lucense de Apicultura

***0222**

153.691,82 €

API-2022-32-0032

Asociación Proxectos Galegos de Apicultura, S.C.G.

***4960**

13.077,08 €

API-2022-32-0004

Benigno Basteiro Rodríguez

***2292**

6.757,82 €

API-2022-15-0020

David Iriso Bernárdez

***9792**

9.214,40 €

API-2022-15-0005

Elías Seoane Corral

***0638**

3.753,19 €

API-2022-32-0014

Felisindo Gago Anta

***0276**

200,00 €

API-2022-32-0007

Flora Fernández Fernández

***2851**

150,00 €

API-2022-27-0031

Gosto Productores, S.L.

***4318**

6.159,60 €

API-2022-32-0019

Manuel Murias Fernández

***0076**

314,55 €

API-2022-27-0028

Mieles Anta, S.L.

***3516**

51.316,00 €

API-2022-27-0027

Pazo de Lusío, S.L.

***9909**

38.236,02 €

API-2022-32-0026

Raquel Rodríguez Martínez

***7033**

252,65 €

API-2022-32-0016

Ricardo Porto González

***3026**

45,00 €

API-2022-32-0018

Susana Vega Domínguez

***7027**

135,00 €