Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Xoves, 6 de outubro de 2022 Páx. 53490

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

EXTRACTO da Orde do 23 de setembro de 2022 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de impulso de escolarización no primeiro ciclo de educación infantil con novas prazas de titularidade pública, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento BS420E).

BDNS (Identif.): 651580.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (https://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Entidades beneficiarias da subvención

1. Poderán ser entidades beneficiarias da subvención a Administración xeral do Estado, as entidades locais e os organismos dependentes das entidades locais, debidamente recoñecidas e inscritas no RUEPSS, para o impulso da escolarización no primeiro ciclo de educación infantil con novas prazas de titularidade pública, prioritariamente para nenos e nenas de 1 e 2 anos.

2. Non poderán obter a condición de beneficiarias das subvencións reguladas nesta orde as entidades que estean incursas nalgunha das circunstancias establecidas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Segundo. Obxecto e finalidade

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e as condicións polas que se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a convocatoria pública do Programa de impulso de escolarización no primeiro ciclo de educación infantil con novas prazas de titularidade pública, mediante a creación dun total de 3.417 prazas do primeiro ciclo de educación infantil 0-3 por parte da Administración estatal, das entidades locais e de organismos dependentes das entidades locais do 1 de xaneiro de 2021 ao 15 de setembro de 2024 (código de procedemento BS420E).

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 23 de setembro de 2022 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de impulso de escolarización no primeiro ciclo de educación infantil con novas prazas de titularidade pública, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento BS420E).

Cuarto. Financiamento

1. A concesión das subvencións previstas nesta convocatoria, con cargo aos orzamentos da Consellería de Política Social e Xuventude e coa repartición plurianual recollida na seguinte táboa, financiaranse con fondos europeos procedentes do Mecanismo de recuperación e resiliencia no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, aprobado polo Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, dentro do compoñente 21 de modernización e dixitalización do sistema educativo, incluída a educación temperá de 0 a 3 anos.

O importe total asignado a esta convocatoria ascende a trinta e catro millóns oitocentos corenta e cinco mil corenta e dous euros (34.845.042,00 €) coa seguinte distribución orzamentaria por anualidades:

Aplicación

Anualidade 2022

Anualidade 2023

Anualidade 2024

Total

13.02.312B.400.0

345.389,22

1.025.880,60

0

1.371.269,82

13.02.312B.460.0

2.760.091,56

8.207.044,80

0

10.967.136,36

13.02.312B.461.0

345.389,22

1.025.880,60

0

1.371.269,82

13.02.312B.700.0

705.129,90

705.129,90

705.129,90

2.115.389,70

13.02.312B.760.0

5.634.862,20

5.634.862,20

5.634.862,20

16.904.586,60

13.02.312B.761.0

705.129,90

705.129,90

705.129,90

2.115.389,70

10.495.992,00

17.303.928

7.045.122,00

34.845.042,00

2. Unha vez consolidada a escolarización producida por este programa durante a súa duración, as entidades beneficiarias destas axudas asumirán cos seus orzamentos ordinarios, desde a anualidade 2024, o mantemento das prazas creadas.

Quinto. Contía da axuda

1. A contía máxima da axuda por praza queda establecida de acordo coa seguinte táboa:

2022 (1.1.2021-31.12.2022)

2023 (1.1.2023-31.12.2023)

2024 (1.1.2024-15.9.2024)

Creación

Mantemento

Creación

Mantemento

Creación

Mantemento

6.185,35

3.029,73

6.185,35

4.503,42

6.185,35

0

2. A contía de mantemento aboarase proporcionalmente desde a data en que a escola infantil 0-3 obteña o permiso de inicio de actividades ou desde a súa correspondente modificación.

Sexta. Prazo de presentación de solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, (https://sede.xunta.gal).

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario/a e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes e comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. De acordo co previsto no artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2022

A conselleira de Política Social e Xuventude
P.S. (Decreto 153/2022, do 13 de setembro; DOG núm. 175, do 14 de setembro)
Francisco José Conde López
Vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación