Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 13 de outubro de 2022 Páx. 54690

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 19 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Navia de Suarna (expediente IN407A 2022/71 ATE).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométense a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción, e a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica.

Denominación: proxecto para adecuación LMTA BCR807 entre apoios nº 120-9 e 120-54 (Navia de Suarna).

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Características técnicas principais:

• Reforma do tramo da liña de media tensión aérea LMTA BCR807 comprendido entre os apoios nº 120-9 e 120-55-CT, substituíndo corenta e catro (44) apoios metálicos por celosías metálicas (unha por cada fase) e o condutor existente de tipo LA-30, instalando 12.176 m de condutor de tipo LA-110.

• No tramo da LMTA que se vai reformar existen nove (9) derivacións a centros de transformación; en seis (6) delas reténsanse os condutores existentes de tipo LA-30 e LA-56 sobre os apoios proxectados, logo de instalación de seccionadores XS. Nas outras derivacións realizaranse as seguintes actuacións:

– Na derivación ao CT 27AM38 proxéctase a substitución do condutor existente de tipo LA-30 e instálanse 60 m de condutor de tipo LA-56.

– Na derivación ao CT 27AA20 proxéctase a substitución do apoio nº 120-32-1 existente por un apoio de celosía metálica de tipo C 14/1000, así como a substitución do condutor existente LA-30, e instálanse 122 m de condutor de tipo LA-56.

– Na derivación ao CT 27AA22 proxéctase a substitución do apoio nº 120-40-1 existente por un apoio de celosía metálica de tipo C 14/2000, así como a substitución do condutor existente LA-30, e instálanse 251 m de condutor de tipo LA-56 e o intercalado dun novo apoio de celosía metálica de tipo C 16/1000 entre o apoio proxectado nº 120-40-1 e o nº 120-40-2 existente.

• Novo entroncamento da liña de media tensión tensión subterránea BCR807 realizando o paso de aéreo a subterráneo e a instalación de autoválvulas sobre o apoio nº 120-54 proxectado de tipo C 16/7000, con 11 m de condutor tipo RHZ1.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados, e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figura no anexo que se insire xunto con esta resolución.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, na rolda da Muralla, 70) referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que consideren oportunas, no prazo de trinta días hábiles contados desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.

Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións nesta xefatura territorial, de luns a venres, entre as nove da mañá e as dúas da tarde, e na seguinte ligazón web da Consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-xeracion/navia-de-suarna

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se encontren ao relacionar os bens e dereitos afectados, segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 27 de xuño).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese realizar, e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 19 de setembro de 2022

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Proxecto: proxecto para adecuación LMTA BCR807 entre apoios nº 1209 e 12054 (Navia de Suarna).

Concello: Navia de Suarna.

Expediente: 2022/71ATE.

Nº de predio

Propietario

Parcela

Afección

Nome e apelidos

Datos catastrais

Lugar

Cultivo

Apoio

Voo

Políg.

Parc.

Superficie (m²)

Lonxitude (m)

Superficie (m²)

2

José Fernández González

45

38

Barbeito

Monte baixo

6.0

9

CMVMC de Aigas

47

110

Monte das Campas

Monte alto

2.0

11

Descoñecido

37

480

Leira da Campa

Prado

2.0

12

CMVMC de Aigas

37

547

Riamonte

Monte baixo

10.0

13

CMVMC de Aigas

37

611

Río do Monte

Monte baixo

6.0

14

CMVMC de Aigas

37

531

Río do Monte

Monte baixo

8.0

28

Hros. de Jesús Amable Gómez

51

360

Valín

Monte alto

2.0

32

Raquel Núñez Rodríguez

70

158

Queizada

Monte alto

2.0