Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Venres, 2 de decembro de 2022 Páx. 62123

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, relativa á ocupación temporal dos terreos necesarios para executar a rehabilitación da concesión de explotación San Amaro número 2520.2 (PO/C/02520.2).

Examinado o expediente existente nesta xefatura territorial, en relación co procedemento de ocupación temporal de diversos predios, dentro da concesión de explotación San Amaro núm. 2520.2, necesarias para executar a rehabilitación dos terreos afectados polos labores de explotación, e promovido polo Consorcio Zona Franca de Vigo como titular do dereito mineiro, cabe referir o seguinte:

Antecedentes:

Primeiro. O 21.5.1999 titulouse a favor de Granitos Aldán, S.A. a concesión de explotación derivada de permiso de investigación San Amaro co número 2520 (PO/C/02520), por un período de 30 anos prorrogables por períodos iguales ata un máximo de 90 anos, para o aproveitamento de recursos da sección C), granito ornamental, sobre as catro cuadrículas mineiras que conforman o dereito mineiro.

Segundo. O 16.7.2002 o Consorcio Zona Franca de Vigo (CZFV) compra uns predios ás sociedades Tiempo Libre y Ocio 2000, S.L. e Promalar, S.L., que forman parte da concesión de explotación San Amaro núm. 2520 (PO/C/02520), condicionando o contrato de compra á non alteración do uso do solo, a fin de executar un polígono industrial. Realízase tamén a transmisión, o 28.6.2002, por parte Granitos Aldán, S.A. ao CZFV, de 2 cuadrículas mineiras das 4 que conforman a dita concesión de explotación, pasando a denominarse estas 2 cuadrículas mineiras San Amaro fracción segunda núm. 2520.2.

Terceiro. O 15.1.2003, a delegada provincial de Pontevedra da Consellería de Industria e Comercio resolve dar conformidade ao contrato formalizado o 1.12.2002 entre o CZFV e a sociedade Explotaciones Mineras del Morrazo, S.L. para a execución dos labores mineiras na explotación, que se realizan ata a resolución do dito contrato o 15.9.2006 por instancia do CZFV.

Cuarto. Mediante escritura pública do 19.9.2006, o CZFV e Promalar, S.L. (sociedade que absorbeu a Tiempo Libre y Ocio 2000, S.L.) resolven o contrato de compravenda referido no antecedente segundo. O CZFV devolve as predios a Promalar, S.L., a excepción dunha superficie de 44.634 m2 que expropiou a Xunta de Galicia para a construción da vía rápida do Morrazo, pola que o CZFV compensa a Promalar, S.L. con 401.706 € (datos obtidos da documentación presentada polo CZFV, que constan no expediente).

Quinto. O 7.2.2007, o CZFV solicita a paralización temporal dos labores na concesión de explotación San Amaro núm. 2520.2, que é autorizada pola Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio o 8.3.2007, manténdose inactiva ata a data actual.

Sexto. O 25.9.2007 o CZFV acorda a resolución do contrato para a adquisición das dúas cuadrículas mineiras da concesión de explotación San Amaro fracción segunda núm. 2520.2. O recurso de alzada de Granitos Aldán, S.A. contra a dita resolución é desestimado polo Pleno do CZFV o 14.12.2007. Granitos Aldán, S.A. recorre ante a xurisdición contencioso-administrativa, e o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o 2.6.2011 estima parcialmente este recurso, establecendo una indemnización pola resolución do contrato. Recorrida en casación, o Tribunal supremo o 30.4.2013 dita sentenza pola que se casou a recorrida, deixándoa sen efecto, e estima o recurso de Granitos Aldán, S.A. contra a Resolución do 14 de decembro de 2007 polo que o CZFV volve ser titular da concesión mineira.

Sétimo.  O 19.12.2013 o CZFV propón convocar a venta do dereito mineiro, a delegada especial do Estado do CZFV o 6.2.2014 solicita á Sección de Minas de Pontevedra a paralización temporal dos traballos ata que se resolva a venda do dereito mineiro. O 9.4.2015 publícase a apertura do procedemento de venda mediante poxa, por parte do CZFV, o cal queda deserto debido a que non se presenta ningunha oferta.

Oitavo. O 11.8.2017, o CZFV presenta nesta xefatura territorial o proxecto de abandono definitivo dos labores na concesión de explotación San Amaro núm. 2520.2 para a súa autorización. O 24.5.2018 e o 28.5.2018 Attio Gestión de Servicios y Equipamientos, S.L., presenta alegacións ao dito proxecto de abandono definitivo como propietaria de parte dos terreos que hai que restaurar, adquire a súa titularidade segundo o Decreto de 22.12.2015 (Sección V Liquidación 409/2010, Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra, e esta xefatura territorial dá traslado delas en trámite de audiencia á titular do dereito mineiro, o CZFV. A entidade discrepa fundamentalmente na forma de realizar a restauración, considerando que non se recolle a totalidade do terreo afectado que hai que restaurar, nas medidas de revexetación, etc., e oponse tamén por carecer o CZFV de título habilitante para ocupar os terreos para realizar os ditos labores.

Á vista de tales alegacións, e tras a solicitude do CZFV, esta xefatura territorial declara desistida a solicitude de autorización do proxecto de abandono definitivo, e arquívase o expediente segundo Resolución do 27 de xullo de 2018 desta xefatura territorial.

Noveno. O 30.1.2019 o CZFV presenta un novo Plan de labores que inclúen as medidas que hai que adoptar para a restauración do espazo afectado de acordo co plan de restauración vixente para a explotación. O Plan de labores é aprobado por Resolución do 9 de agosto de 2019 desta xefatura territorial.

Para levar a cabo os labores, o CZFV solicita a Attio Gestión de Servicios y Equipamientos, S.L., como propietaria de parte dos terreos, autorización para a ocupación temporal dunha superficie aproximada de 115.948 m2 de terreo, por un prezo de 0,16 €/m2 ano. En resposta á dita solicitude, Rendolar, S.L., en representación de Attio Gestión de Servicios y Equipamientos, S.L., presenta escrito no rexistro do CZFV no que manifesta non opoñerse á restauración dos terreos que conforman o dereito mineiro, pero si ao pagamento do prezo proposto polo CZFV, ao consideralo afastado dun prezo xusto de mercado que estiman en 2,50 €/m2 ano, documentación que achega o CZFV nesta xefatura territorial, xunto coa solicitude de ocupación temporal, ante a imposibilidade de chegar a un acordo co propietario dos terreos, o 18.12.2019.

Décimo. O 11.1.2021, o CZFV reitera, nesta xefatura territorial, a solicitude de ocupación dos terreos, para efectuar canto antes os labores de restauración co fin de proceder á caducidade do dereito mineiro.

Décimo primeiro. O Anuncio do 21 de xullo de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a solicitude de ocupación temporal de terreos para a restauración dos predios afectados pola explotación da concesión mineira San Amaro núm. 2520.2, no termo municipal de Cangas, presentada polo Consorcio da Zona Franca de Vigo, notifícaselle aos interesados e publícase no DOG o 29.9.2021 (DOG núm. 188), no Faro de Vigo e no Atlántico Diario o 30.9.2021, e no taboleiro de anuncios do Concello de Cangas o 4.8.2021.

A relación das parcelas para ocupar, identificadas segundo o Catastro, é a seguinte:

Polígono

Parcela

Lugar

Concello

Titular (segundo Catastro)

Referencia catastral

Superficie (m2)

32

45

Teixugueira

Cangas

Menduíña Carballo, Manuel

36008A032000450000JZ

572

32

47

Teixugueira

Cangas

Fernández Campos, José (herdeiros de)

36008A032000470000JH

410

32

48

Teixugueira

Cangas

Piñeiro Rial, Carmen

36008A032000480000JW

925

32

49

Teixugueira

Cangas

Hermelo Menduíña, Manuel

36008A032000490000JA

498

32

50

Teixugueira

Cangas

Hermelo Menduíña, Manuel

36008A032000500000JH

436

32

51

Teixugueira

Cangas

Hermelo Menduíña, Benito

36008A032000510000JW

361

32

52

Teixugueira

Cangas

En investigación, artigo 47 da Lei 33/2003

36008A032000520000JA

405

32

53

Teixugueira

Cangas

Soliño Pérez, Abelardo

36008A032000530000JB

388

32

54

Teixugueira

Cangas

Menduíña Carballo, Josefa

36008A032000540000JY

497

32

55

Teixugueira

Cangas

Menduíña Carballo, Cándido

36008A032000550000JG

456

32

56

Teixugueira

Cangas

Menduíña Carballo, Josefa

36008A032000560000JQ

406

32

57

Teixugueira

Cangas

Menduíña Carballo, Serafín

36008A032000570000JP

819

32

58

Teixugueira

Cangas

Menduíña Carballo, Jesús (herdeiros de)

36008A032000580000JL

478

32

59

Teixugueira

Cangas

Canosa Hermelo, Alberto

36008A032000590000JT

375

32

60

Teixugueira

Cangas

Blanco González, Peregrina

36008A032000600000JP

889

32

61

Teixugueira

Cangas

Blanco González, Ángel

(herdeiros de)

36008A032000610000JL

957

32

62

Teixugueira

Cangas

Dios Martínez, María

36008A032000620000JT

466

32

63

Teixugueira

Cangas

Carballo Menduíña, Agustín

36008A032000630000JF

409

32

64

Teixugueira

Cangas

Menduíña Carballo, Cándido

36008A032000640000JM

408

32

65

Teixugueira

Cangas

Campos Hermelo, José

36008A032000650000JO

192

32

66

Teixugueira

Cangas

Docampo Novas, Manuel

36008A032000660000JK

599

32

67

Teixugueira

Cangas

Hermelo González, José (herdeiros de)

36008A032000670000JR

188

32

68

Teixugueira

Cangas

Carballo Menduíña, María

36008A032000680000JD

220

32

69

Teixugueira

Cangas

Carballo Menduíña, José

36008A032000690000JX

260

32

522

Monte das Bouzas

Cangas

Granitos Aldán, S.A.

36008A032005220000JE

20.191

32

555

Teixugueira

Cangas

En investigación, artigo 47 da Lei 33/2003

36008A032005550000JS

464

32

562

Teixugueira

Cangas

Hermelo Menduíña, Manuel (herdeiros de)

36008A032005620000JW

404

32

563

Teixugueira

Cangas

Menduíña Barreiro, Margarita

36008A032005630000JA

518

32

564

Teixugueira

Cangas

Villar Piñeiro, Josefa

36008A032005640000JB

433

32

567

Monte das Bouzas

Cangas

Promalar, S.L.

36008A032005670000JQ

3.791

32

568

Monte das Bouzas

Cangas

Promalar, S.L.

36008A032005680000JP

15.492

32

569

Monte Chan de

Barrallido D´Alba

Cangas

Promalar, S.L.

36008A032005690000JL

17.724

32

570

Monte Chan de

Barrallido D´Alba

Cangas

Promalar, S.L.

36008A032005700000JQ

2.191

32

571

Monte Chan de

Barrallido D´Alba

Cangas

Promalar, S.L.

36008A032005710000JP

2.495

32

572

Monte Chan de

Barrallido D´Alba

Cangas

Promalar, S.L.

36008A032005720000JL

4.149

32

573

Monte Chan de

Barrallido D´Alba

Cangas

Promalar, S.L.

36008A032005730000JT

11.052

32

574

Monte Chan de

Barrallido D´Alba

Cangas

Abanca Corporación, División Inmobiliaria, S.L.

36008A032005740000JF

4.359

32

575

Monte Chan de

Barrallido D´Alba

Cangas

Abanca Corporación, División Inmobiliaria, S.L.

36008A032005750000JM

14.599

32

616

Teixugueira

Cangas

Crespan Goicoechea, Nestor Francisco Javier

36008A032006160000JE

278

Décimo segundo. Tras as notificacións e publicacións do anuncio, recíbense nesta xefatura territorial escritos de alegacións presentados por Abanca Corporación, División Inmobiliaria, S.L., con NIF B70193321, o 12.8.2021, o 17.9.2021 e o 27.9.2021; por Alberto Canosa Hermelo e Benito Hermelo Menduíña o 27.8.2021 e 26.8.2021, respectivamente, e por Attio Gestión de Servicios y Equipamientos, S.L., con NIF B36554582, o 30.3.2022.

No seu escrito de alegacións Abanca Corporación, División Inmobiliaria, S.L. manifesta que ademais dos predios con referencia catastral 36008A032005740000JF (predio núm. 574) e 36008A032005750000JM (predio núm. 575), incluídos na anterior táboa, son tamén da súa titularidade os predios con referencia catastral: 36008A032005670000JQ (predio núm. 567), 36008A032005680000JP (predio núm. 568), 36008A032005690000JL (predio núm. 569), 36008A032005700000JQ (predio núm. 570), 36008A032005710000JP (predio núm. 571), 36008A032005720000JL (predio núm. 572), 36008A032005730000JT (predio núm. 573), incluídos na relación de bens e dereitos afectados, e que na data de publicación do anuncio figuraban no catastro a nome de Promalar, S.L. en liquidación, formando parte do predio rexistral 18203, predio que lle foi adxudicado a Abanca Corporación, División Inmobiliaria, S.L. en sede do procedemento concursal 143/2011. Xunta como documentación xustificativa o título de adxudicación segundo o Decreto do 11.4.2016 (Sección V Liquidación 143/2011, Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra). Alega tamén a dita sociedade, que o cambio da titularidade catastral dos referidas predios ao seu nome xa fora cursado na data de publicación do anuncio e está pendente de resolución polo catastro.

Alberto Canosa Hermelo alega que a súa parcela non foi afectada pola explotación polo que non ten que ser ocupada para restaurar.

Benito Hermelo Menduíña alega que é titular da parcela 52 do polígono 32, que na relación de predios afectados aparece sen identificar, e presenta título de propiedade como acreditación.

Pola súa parte, no seu escrito de alegacións, Attio Gestión de Servicios y Equipamientos, S.L. manifesta que todos os predios afectados pola expropiación son da súa propiedade, e xunta para xustificalo copias parciais de notas simples do Rexistro da Propiedade de Cangas sobre a titularidade dos predios 18187, 18190, 18192, 18194, 18200, 18202, 18210, 18204, 18206, 25855, 25856, 25857 e 25858, adquiridos por título de adxudicación, segundo o Decreto do 22.12.2015 (Sección V Liquidación 409/2010, Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra), sen facer constar as referencias catastrais que conforman os ditos predios.

Atopámonos, polo tanto, cun conflito sobre a titularidade dos predios que compoñen o espazo afectado pola explotación mineira San Amaro fracción segunda núm. 2520.2, entre as sociedades Attio Gestión de Servicios y Equipamientos, S.L., con NIF B36554582, e Abanca Corporación, División Inmobiliaria, S.L., con NIF B70193321.

Décimo terceiro. Logo de darlle traslado ao CZFV, como titular da concesión de explotación San Amaro fracción segunda núm. 2520.2, dos escritos de alegacións presentados perante esta xefatura territorial, sobre o procedemento de ocupación temporal dos predios afectados polos labores de explotación no dereito mineiro, para poder levar a cabo a súa rehabilitación, o 20.5.2022 solicita que se continúe coa tramitación do expediente.

Décimo cuarto. O 20.10.2022, persoal técnico do Servizo de Enerxía e Minas desta xefatura territorial, unha vez analizado todo o expediente, emite informe en que conclúe que non presenta obxeccións para que se poida continuar co trámite para a ocupación temporal dos terreos necesarios para realizar a restauración do referido dereito mineiro.

Consideracións legais e técnicas:

Primeiro. A Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación de Pontevedra é competente para resolver este expediente, de acordo co previsto no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, en relación coa Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas, e o Regulamento xeral para o réxime da minaría, aprobado polo Real decreto 2857/1978, do 25 de agosto, e demais normativa específica que lle resulte de aplicación.

Segundo. Na resolución deste expediente administrativo resulta necesario ter presente o disposto na seguinte lexislación:

– A Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas.

– O Real decreto 2857/1978, do 25 de agosto, polo que se aproba o Regulamento xeral para o réxime da minaría.

– A Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría en Galicia.

– A Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa.

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

En concreto o disposto nos artigos 105 da Lei de minas e 131 do regulamento que a desenvolve, que expresan que:

«1. O titular dunha concesión de explotación, así como o adxudicatario dunha zona de reserva definitiva, terá dereito á expropiación forzosa ou ocupación temporal dos terreos necesarios para a localización dos traballos, instalacións e servizos.

2. O outorgamento dunha concesión de explotación e a declaración dunha zona de reserva definitiva levará implícita a declaración de utilizade pública, así como a súa inclusión no suposto do punto 2 do artigo 108 da Lei de expropiación forzosa.

3. A aprobación do proxecto e dos plans inicial e anuais aos cales se refiren os artigos 68 e 70 da Lei de minas, e o 89 e 92 deste regulamento, respectivamente, levará implícita a declaración da necesidade de ocupación dos terreos, se se cumpren as condicións establecidas no número 2 do artigo 17 da Lei de expropiación forzosa. (...)».

Terceiro. O informe técnico do 20.10.2022, referido no antecedente décimo cuarto, sinala que:

«(...) Á vista dos antecedentes expostos, ante a falta de acordo para a ocupación dos terreos necesarios para executar a rehabilitación dos espazos afectados polos labores de explotación no dereito mineiro, entre a titular da referida concesión de explotación, Consorcio da Zona Franca de Vigo, e a sociedade Attio Gestión de Servicios y Equipamientos, S.L., como suposta titular dos terreos afectados, informo que non presento obxeccións para continuar co procedemento de ocupación temporal forzosa para poder levar a cabo os traballos de rehabilitación, e propoño consignar o importe que corresponda pola ocupación temporal dos terreos, na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda e Administración Pública da Xunta de Galicia, ata que o organismo competente dirima sobre a cuestión de propiedade dos predios afectados, de acordo coa Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas, o Real decreto 2857/1978, do 25 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o réxime da minaría, a Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, a Lei do 16 de decembro de 1954 de expropiación forzosa, e demais normas que lle sexan de aplicación».

Conforme con todo o indicado e no exercicio das competencias que a Xefatura Territorial de Pontevedra ten atribuídas,

RESOLVO:

Declarar a necesidade de ocupación temporal, a favor da entidade Consorcio Zona Franca de Vigo (CZFV), dos terreos necesarios para proceder á rehabilitación da concesión de explotación San Amaro núm. 2520 (PO/C/02520), e posterior caducidade e abandono definitivo.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes, contado do seguinte ao de notificación desta resolución, de acordo co establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno.

Pontevedra, 17 de novembro de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra