Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 20 de xaneiro de 2023 Páx. 7615

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

DECRETO 229/2022, do 29 de decembro, polo que se aproba o cambio de titularidade a prol da Xunta de Galicia de todo o dominio público da rúa do Miño, no concello de Salvaterra de Miño.

Segundo o artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas ou treitos delas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos delas que estean incluídos no inventario de travesías da súa Administración titular, deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

Por outra parte, a citada lei de estradas dispón no artigo 9.7 que os cambios de titularidade poderán abranguer estradas, treitos delas, elementos funcionais e/ou espazos da zona de dominio público adxacente.

A rúa do Miño, de titularidade do Concello de Salvaterra de Miño, comeza na rotonda da PO-403 (conexión cos ramais de enlace da PO-510) e finaliza no estribo norte da ponte de Salvaterra. A súa lonxitude é de 1.106 metros. Dispón de beirarrúas e aparcadoiros ao longo do seu percorrido.

O treito actual da estrada PO-403, que discorre paralelo a esta vía municipal, e que se prolongaba ata o río Miño mediante a transferida estrada PO-432 a prol do concello de Salvaterra de Miño no ano 2021, non conecta coa ponte internacional e dispón dunha sección menor que a rúa do Miño.

A rúa do Miño, exerce unha función de conexión da Rede de estradas da República Portuguesa coa Rede de estradas autonómicas de Galicia, a través da Ponte Internacional de Salvaterra de Miño-Monção, cuxa titularidade, na parte situada en territorio español xa é autonómica, o que xustifica a súa necesaria incorporación á Rede autonómica de estradas de Galicia coa categoría funcional de rede complementaria.

A Axencia Galega de Infraestruturas, vistos os informes emitidos polos servizos competentes, formulou a proposta favorable á transferencia de titularidade a prol da Xunta de Galicia da rúa do Miño, definida no artigo 1 e obtida como resultado das obras de ampliación da calzada actual. Os aparcadoiros e beirarrúas resultantes destas obras seguirán a ser de titularidade municipal.

De conformidade co anteriormente exposto, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e nove de decembro de dous mil vinte e dous

DISPOÑO:

Artigo 1

Aprobar o cambio de titularidade a prol da Xunta de Galicia de todo o dominio público da rúa do Miño:

Para transferir

p.q.i

Coordenadas UTM (ETRS89 fuso 29)

p.q.f

Coordenadas UTM

(ETRS89 fuso 29)

Rúa do Miño

0+000

X= 541.108

Y= 4.659.646

1+110

X= 541.478

Y= 4.658.722

Artigo 2

Modificar, en aplicación do artigo 10.6.a) da LEG, o Catálogo da rede autonómica de estradas de Galicia aprobado polo Decreto 100/2021, do 24 de xuño, no sentido de incorporar esta vía, co engadido na súa parte final dos 108 metros de lonxitude da ponte internacional de Salvaterra de Miño-Monção, que xa son de titularidade autonómica, coa seguinte nomenclatura:

Clave

Denominación

Treito

p.q.i

p.q.f

Lonx. treito (km)

Lonx. total (km)

Categoría

funcional

Clase de estrada

Provincia

PO-414

Salvaterra de Miño norte (PO-510)-fronteira de Portugal (ponte de Salvaterra)

Salvaterra de Miño norte (PO-510)-fronteira de Portugal (ponte de Salvaterra)

0+000

1+210

1,21

1,21

Complementaria

Estrada

convencional

Pontevedra

O documento do Catálogo e as súas modificacións posteriores poderán consultarse na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade (https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/estradas/rede-autonomica/raega).

Artigo 3

De acordo co establecido no artigo 9.6 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o cambio de titularidade será efectivo o día seguinte ao da publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia. A entrega dos bens formalizarase no prazo dos dous meses seguintes a esta publicación mediante a sinatura da correspondente acta de entrega.

A acta de entrega e os seus planos poderán consultarse na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade:

https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/estradas/rede-autonomica/raega

Artigo 4

Correspóndenlle á Xunta de Galicia, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova Administración titular.

Disposición derradeira

Este decreto producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e nove de decembro de dous mil vinte e dous

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade