Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 7 de febreiro de 2023 Páx. 12051

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2022 pola que se regula a xestión en Galicia do programa de axuda á construción de vivendas en alugueiro social en edificios enerxeticamente eficientes do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para promotores públicos e privados distintos do Instituto Galego da Vivenda e Solo, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento VI406J).

No Boletín Oficial del Estado núm. 239, do 6 de outubro de 2021, publicouse o Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, polo que se regulan os programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

O citado real decreto, segundo establece no seu artigo 1, ten por obxecto regular os programas de axuda nos ámbitos da rehabilitación de vivenda e da vivenda social, dentro do marco xeral do Plan de recuperación, transformación e resiliencia e, especificamente, en relación cos investimentos C02.I01 «Programa de rehabilitación para a recuperación económica e social en contornos residenciais» e C02.I02 «Programa de construción de vivendas en alugamento social en edificios enerxeticamente eficientes», incluídos ambos os dous dentro da compoñente 2 «Implementación da Axenda Urbana española: Plan de rehabilitación e rexeneración urbana». A finalidade deste real decreto é, polo tanto, contribuír ao cumprimento dos obxectivos do citado plan nos referidos ámbitos da rehabilitación de vivenda e da vivenda social, contribuíndo a alcanzar as metas establecidas ao longo do período de aplicación do plan.

O réxime xurídico, normativa específica aplicable, requisitos e obrigas das persoas e entidades beneficiarias e o procedemento de concesión será o establecido por este real decreto, de conformidade co disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, e no seu regulamento de desenvolvemento, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, así como o establecido na normativa autonómica que resulte de aplicación e nas convocatorias que aprobe cada comunidade autónoma ou cidade de Ceuta e Melilla, así como no Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación, transformación e resiliencia, «Regulamento do MRR», e demais disposicións que articule o MRR e o Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR). En defecto do previsto nesta normativa, aplicaranse as normas de dereito administrativo, así como as normas de dereito privado ou outras de ámbito nacional ou europeo que puideran resultar aplicables.

Así mesmo, ao regular o dito real decreto actuacións incluídas nos referidos investimentos C02.I01 e C02.I02 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, estará suxeito ás disposicións que resulten aplicables do Real decreto lei 36/2020, do 30 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes para a modernización da Administración pública e para a execución do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Cando as destinatarias últimas das axudas sexan persoas ou entidades que realicen algunha actividade económica, tamén será de aplicación o Regulamento (UE) n° 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis, e o Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado, conforme o establecido no real decreto, sen prexuízo do resto de disposicións, tanto do dereito nacional como da Unión Europea que puideran resultar de aplicación, particularmente as que se aproben no ámbito da execución e xestión tanto do Mecanismo de recuperación e resiliencia establecido polo Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, como do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, así como aquelas disposicións que se puideran establecer pola autoridade nacional responsable da aplicación dos fondos.

O 30 de setembro de 2021 publicáronse no Boletín Oficial del Estado, a Orde HFP 1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, e a Orde HFP 1031/2021, do 29 de setembro, pola que se establece o procedemento e formato da información que van proporcionar as entidades do sector público estatal, autonómico e local para o seguimento do cumprimento de fitos e obxectivos e de execución orzamentaria e contable das medidas das compoñentes do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

O sistema ten como finalidade primordial a busca da uniformidade e a definición das reformas e investimentos, fitos e obxectivos que integran o Plan de recuperación, transformación e resiliencia, regulando aspectos como a loita contra a fraude, a corrupción e a identificación das persoas beneficiarias últimas das axudas, así como dos contratistas e subcontratistas. Neste sentido, a Orde HFP 1030/2021, do 29 de setembro, establece no seu artigo 8 a obriga das entidades decisorias e executoras de incluír nas súas respectivas convocatorias de axudas unha serie de requisitos en relación coa identificación das persoas beneficiarias destas. O dito artigo dispón que: «Coa finalidade de dar adecuado cumprimento ao mandato establecido na letra d) do punto 2 do artigo 22 do Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, configúrase o seguinte procedemento de incorporación de información específica: (...).

d) Aceptación da cesión de datos entre as administracións públicas implicadas para dar cumprimento ao previsto na normativa europea que é de aplicación e de conformidade coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (modelo anexo IV.B).

e) Declaración responsable relativa ao compromiso do cumprimento dos principios transversais establecidos no PRTR e que puideran afectar o ámbito obxectivo de xestión (modelo IV.C) (...)».

Ademais, menciónase na orde a obriga de formalizar unha declaración de ausencia de conflito de intereses (DACI) polos beneficiarios que, dentro dos requisitos de concesión da axuda, leven a cabo actividades que presenten un conflito de intereses potencial que poida afectar os intereses financeiros da UE (anexo III.C.1.b).ii y d).i.B).

O punto 3.b) do artigo 9 da Orde 1030/2021, do 29 de setembro, sinala tamén que: «(…) Do mesmo modo, todas as convocatorias, licitacións, convenios e resto de instrumentos xurídicos, que se desenvolvan neste ámbito, deberán conter, tanto no seu encabezamento como no seu corpo de desenvolvemento, a seguinte referencia «Plan de recuperación, transformación e resiliencia-financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU».

Por outra parte, o artigo 10 da Orde 1031/2021, do 29 de setembro, establece para as entidades executoras do PRTR a obriga de achegar a información sobre a identificación do perceptor dos fondos, así como, entre outros datos, a data de nacemento, se é o caso.

A Comunidade Autónoma de Galicia, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo, que é o organismo encargado da xestión dos programas do citado real decreto, ao abeiro do artigo 4 do devandito real decreto, con data do 10 de marzo de 2022, notificou ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana a aceptación da transferencia de crédito no contexto do Programa 6 de axuda á construción de vivendas en alugueiro social en edificios enerxeticamente eficientes do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, correspondentes á anualidade 2022.

No artigo 2, o real decreto inclúe, entre os programas que regula, o Programa de axuda 6, referido á construción de vivendas en alugueiro social en edificios enerxeticamente eficientes. O obxecto deste programa é o fomento e incremento do parque público de vivendas enerxeticamente eficientes destinadas ao alugueiro social ou a prezo accesible, mediante a promoción de vivendas de nova construción ou rehabilitación de edificios non destinados actualmente a vivenda, sobre terreos de titularidade pública, tanto de administracións públicas, organismos públicos e demais entidades de dereito público, como de empresas públicas, público-privadas e sociedades mercantís participadas maioritariamente polas administracións públicas, para ser destinadas ao alugueiro ou cesión en uso de acordo coas condiciones previstas no Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, para este programa.

No cumprimento dos obxectivos establecidos no anexo á Decisión de execución do Consello (CID, na súas siglas en inglés), do 16 de xuño de 2021, relativa á aprobación da avaliación do Plan de recuperación e resiliencia de España, a concesión e execución das axudas deste programa apoiará especificamente o cumprimento do obxectivo nº 31 do CID: novas vivendas construídas para alugueiro social ou a prezos accesibles que cumpran os criterios de eficiencia enerxética (20.000 vivendas), no segundo trimestre de 2026.

Esta resolución regula a xestión do programa de axuda á construción de vivendas en alugueiro social en edificios enerxeticamente eficientes do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, sobre terreos de titularidade pública, para promotores públicos e privados, distintos do IGVS. Ao abeiro do artigo 66 do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, o prezo do alugueiro das vivendas estará limitado segundo os criterios establecidos no acordo da comisión bilateral de seguimento.

Este programa pertence á medida de investimento do Compoñente 2, C02.I02 «Programa de construción de vivendas en alugamento social en edificios enerxeticamente eficientes» do referido plan de recuperación, PRTR, e a súa etiquetaxe climática e ambiental asignada é 025 ter, cunha contribución do 40 % aos obxectivos climáticos e aos obxectivos ambientais, de acordo co anexo VI do Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia.

A tramitación anticipada dos expedientes de axudas e subvencións no exercicio inmediatamente anterior ao dos orzamentos, con cargo aos cales se vaian imputar os correspondentes gastos, realízase ao abeiro da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998. Con este fin, no proxecto de Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2023 habilítanse créditos para o financiamento da axuda á construción de vivendas en alugueiro social en edificios enerxeticamente eficientes.

En consecuencia, no exercicio das facultades que me confire o artigo 4 do Decreto 97/2014, do 24 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica do Instituto Galego da Vivenda e Solo,

RESOLVO:

Primeiro. Obxecto

1. Esta resolución ten por obxecto regular a xestión do programa de axuda á construción de vivendas en alugueiro social en edificios enerxeticamente eficientes previsto no Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, polo que se regulan os programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (Boletín Oficial del Estado núm. 239, do 6 de outubro), para promotores públicos e privados, distintos do IGVS, que se tramitará co código de procedemento VI406J.

2. Así mesmo, por medio desta resolución convócanse estas axudas para a anualidade 2023.

3. A concesión das subvenciones recollidas nesta resolución tramitarase polo procedemento de concorrencia non competitiva, ata esgotar o crédito dispoñible previsto na convocatoria, de acordo co sinalado no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Do citado esgotamento de crédito darase publicidade no Diario Oficial de Galicia (en diante, DOG) e na páxina web do Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS), mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.

Segundo. Bases reguladoras

1. As subvencións deste programa rexeranse polas bases reguladoras deste programa contidas no Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, coas especificacións recollidas nesta resolución.

2. En todo o non recollido nas bases reguladoras e nesta resolución, aplicarase o disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; no seu regulamento, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo; na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no seu regulamento, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro. En defecto do previsto nesta normativa, aplicaranse as normas de dereito administrativo, así como as normas de dereito privado ou outras de ámbito nacional ou europeo que puideran resultar aplicables.

Terceiro. Financiamento das subvencións

1. As subvencións previstas para o programa de axuda á construción de vivendas en alugueiro social en edificios enerxeticamente eficientes faranse efectivas con cargo ás aplicacións orzamentarias 08.81.451B.760.8 e 08.81.451B.770.8 polos seguintes importes:

Aplicación

Anualidade

Importe (en euros)

08.81.451B.760.8

2023

1.500.000,00

2024

1.050.000,00

2025

900.000,00

2026

750.000,00

08.81.451B.770.8

2023

1.500.000,00

2024

1.050.000,00

2025

900.000,00

2026

750.000,00

O programa de axuda á construción de vivendas en alugueiro social en edificios enerxeticamente eficientes é financiado con fondos do Mecanismo de recuperación e resiliencia, establecido polo Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, ao estar incluído no Plan de recuperación, transformación e resiliencia-financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

2. De conformidade co establecido no artigo 67.2 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica, o outorgamento destas subvencións queda supeditado á existencia de crédito adecuado e suficiente para financiar as obrigas derivadas da súa concesión.

3. As contías establecidas nesta convocatoria poderán ser obxecto de ampliación por resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS, tendo efecto despois da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido no artigo 30 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

Cuarto. Actuacións subvencionables

1. De conformidade co establecido no artigo 64 do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, son actuacións subvencionables as necesarias para levar a cabo a construción de novas vivendas ou a rehabilitación de edificios con uso distinto a vivenda que se destinen ao alugueiro social, sempre que supoñan un incremento do parque público de vivenda en alugueiro accesible e cumpran as condicións e requisitos establecidos nesta resolución e no Real decreto 853/2021, do 5 de outubro.

2. De conformidade co artigo 69 do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, as obras correspondentes a actuacións financiadas con cargo a este programa deberán estar finalizadas o 30 de xuño de 2026.

Quinto. Requisitos dos edificios obxecto das actuacións

1. Poderán obter financiamento con cargo ás axudas deste programa as promocións de vivendas de nova construción ou procedentes da rehabilitación de edificios non destinados actualmente a vivenda, que se destinen ao alugueiro social ou á cesión en uso durante un prazo mínimo, en os ambos casos, de 50 anos. Unicamente consideraranse obxecto deste programa as actuacións de rehabilitación que supoñan un incremento do parque público de vivenda en alugueiro accesible.

O destino por un prazo de polo menos de 50 años ao alugueiro social ou a prezo accesible deberá constar, en todo caso, en nota marxinal no Rexistro da Propiedade. Este prazo computarase desde a data da cualificación definitiva, disposición ou resolución que fixe as condicións de alugueiro con establecemento de rendas máximas expedida polo IGVS.

2. Os edificios que se constrúan ou rehabiliten deberán ter un consumo de enerxía primaria non renovable inferior aos valores límite incluídos na táboa seguinte, en función da zona climática en que se sitúe o edificio, segundo a clasificación climática do Código técnico de la edificación. Estes valores límite supoñen unha redución do 20 % con respecto aos establecidos na sección HE0 do documento básico DB HE de aforro de enerxía do CTE, para edificios novos destinados a uso residencial vivenda.

Valor límite Cep, nren, lim [kWh/m2·año]

C

D

E

≤ 25,6

≤ 30,4

≤ 34,4

3. Nos edificios obxecto deste programa deberán cumprirse, ademais, os seguintes requisitos:

a) O proxecto deberá incluír un estudo de xestión de residuos de construción e demolición que se desenvolverá posteriormente no correspondente plan de xestión de residuos de construción e demolición, conforme o establecido no Real decreto 105/2008, do 1 de febreiro, polo que se regula a produción e xestión dos residuos de construción e demolición, onde se cumprirán as seguintes condicións:

1º. Polo menos o 70 % (en peso) dos residuos de construción e demolición non perigosos (excluíndo o material natural mencionado na categoría 17 05 04 na Lista europea de residuos establecida pola Decisión 2000/532/EC) xerados no sitio de construción prepararase para a súa reutilización, reciclaxe e recuperación doutros materiais, incluídas as operacións de recheo utilizando residuos para substituír outros materiais, de acordo coa xerarquía de residuos e o Protocolo de xestión de residuos de construción e demolición da UE.

2º. Os operadores deberán limitar a xeración de residuos nos procesos relacionados coa construción e demolición, de conformidade co Protocolo de xestión de residuos de construción e demolición da UE e tendo en conta as mellores técnicas dispoñibles e utilizando a demolición selectiva para permitir a eliminación e manipulación segura de substancias perigosas e facilitar a reutilización e reciclaxe de alta calidade mediante a eliminación selectiva de materiais, utilizando os sistemas de clasificación dispoñibles para residuos de construción e demolición. Así mesmo, establecerase que a demolición se leve a cabo preferiblemente de forma selectiva e a clasificación se realizará de forma preferente no lugar de xeración dos residuos.

b) Os deseños dos edificios e as técnicas de construción deberán apoiar a circularidade e, en particular, deberán demostrar, con referencia á ISO 20887 ou outras normas para avaliar a capacidade de desmontaxe ou adaptabilidade dos edificios, como están deseñados para ser máis eficientes no uso de recursos, adaptables, flexibles e desmontables para permitir a reutilización e reciclaxe.

c) Deberán retirarse do edificio ou ámbito de actuación aqueles produtos de construción que conteñan amianto. A retirada deberá realizarse conforme o establecido no Real decreto 396/2006, do 31 de marzo, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde aplicables aos traballos con risco de exposición ao amianto, por unha empresa legalmente autorizada. A xestión dos residuos orixinados no proceso deberá realizarse conforme o establecido no Real decreto 105/2008, do 1 de febreiro, polo que se regula a produción e xestión dos residuos de construción e demolición.

Sexto. Requisitos dos alugueiros

1. O prezo do alugueiro das vivendas deberá figurar na resolución de concesión da axuda e non poderá superar, no momento da formalización do contrato, o prezo de renda por metro cadrado das vivendas protexidas de protección autonómica de réxime xeral que corresponda á zona xeográfica en que estea a vivenda. Para tal efecto, as vivendas situadas en municipios de prezo máximo superior terán os mesmos límites de renda que as situadas na zona 1.

O prezo de alugueiro establecido será de aplicación no momento da subscrición do contrato de arrendamento correspondente. No dito contrato concretarase a actualización do dito prezo de conformidade coa lexislación específica de aplicación.

2. A persoa arrendadora poderá percibir, ademais da renda inicial ou revisada que lle corresponda, o custo real dos servizos de que goce a persoa arrendataria e se satisfagan pola persoa arrendadora, así como as demais repercusións autorizadas pola lexislación aplicable.

3. As vivendas financiadas con cargo a este programa só poderán ser arrendadas a persoas que vaian ter o seu domicilio habitual e permanente na vivenda arrendada, inscritas no Rexistro de Demandantes de Vivenda de Galicia para o acceso ás vivendas protexidas de réxime xeral cuxos ingresos familiares non excedan de 4,5 veces o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) en 14 pagas.

No caso de que as vivendas resultantes se cualifiquen como vivendas protexidas de protección autonómica, os límites de ingresos ponderados serán os que correspondan ao réxime conforme o que se cualifiquen as vivendas:

1º) Vivendas protexidas de protección autonómica de réxime xeral: os ingresos familiares ponderados non poden exceder de 4,5 veces o IPREM (14 pagas).

2º) Vivendas protexidas de protección autonómica de réxime especial: os ingresos familiares ponderados non poden exceder de 2,5 veces o IPREM (14 pagas).

Aos ingresos familiares, que se referirán á unidade familiar, aplicaráselles, en función dos membros da unidade familiar, o seguinte coeficiente multiplicativo corrector:

Familias de un membro: 1,00.

Familias de dous membros: 0,90.

Familias de tres membros: 0,80.

Familias de catro membros: 0,75.

Familias de cinco ou máis membros: 0,70.

Se algún membro da unidade familiar é unha persoa con discapacidade, nas condicións establecidas na normativa do imposto sobre a renda das persoas físicas, o coeficiente corrector aplicable será o do tramo seguinte ao que lle correspondese polo número de membros.

No caso de mulleres xestantes, o/a fillo/a ou fillos/as concibidos e non nacidos contarán como membros da unidade familiar para os efectos da aplicación do coeficiente multiplicativo corrector, sempre que na aplicación desta fórmula se obteña un maior beneficio. Igual tratamento terá a acreditación de adopción en trámite. O embarazo acreditarase de acordo co disposto na Lei 5/2010, do 23 de xuño, pola que se establece e regula unha rede de apoio á muller embarazada, e na Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia.

No suposto de que a unidade de convivencia estea composta por máis dunha unidade familiar das recollidas na normativa do imposto sobre a renda das persoas físicas, os ingresos de cada unidade familiar convertidos en número de veces o IPREM e ponderados de acordo co previsto nos puntos anteriores sumaranse, e o resultado deberá ser inferior aos límites máximos previstos para as vivendas protexidas de protección autonómica de réxime xeral ou especial, segundo corresponda.

Sétimo. Contía da axuda

1. As entidades promotoras das actuacións poderán obter unha axuda, proporcional á superficie útil de cada vivenda, de ata un máximo de 700 euros por metro cadrado de superficie útil de vivenda. A contía máxima desta subvención non poderá superar os 50.000 euros por vivenda, sen que en ningún caso poida exceder o custo das actuacións subvencionables.

2. O investimento da actuación, para os efectos da determinación da axuda deste programa, estará constituída por todos os gastos inherentes á promoción de que se trate. Inclúese o custo da edificación, dos gastos xerais, dos informes preceptivos, o beneficio industrial e calquera outro necesario, sempre e cando todos eles consten debidamente acreditados. Non se consideran custos subvencionables os correspondentes a licenzas, taxas, impostos ou tributos. Non obstante, o IVE poderá ser considerado elixible sempre e cando non poida ser susceptible de recuperación ou compensación total ou parcial.

O custo destas actuacións correspóndese co campo de intervención 025ter «Construción de novos edificios enerxeticamente eficientes» do anexo VI do Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021.

Oitavo. Entidades beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias do programa de axuda á construción de vivendas en alugueiro social en edificios enerxeticamente eficientes os concellos e as empresas e entidades privadas que resulten adxudicatarias dun dereito de superficie, concesión administrativa ou negocio xurídico análogo sobre terreos de titularidade pública, no marco dun procedemento de concorrencia competitiva, para os efectos da promoción da construción das ditas vivendas.

No suposto de que a empresa ou entidade privada solicitante se presentase a un procedemento de concorrencia competitiva e non fose resolto, deberá acreditar a adxudicación con carácter previo á sinatura do acordo da comisión bilateral de seguimento a que fai referencia o ordinal décimo noveno.

2. No caso de que a beneficiaria da axuda sexa unha empresa ou entidade privada que exerza actividades económicas ou comerciais, aplicarase o seguinte réxime en materia de axudas de estado:

a) Cando a suma do importe das axudas concedidas nos últimos tres anos fiscais e da contía da axuda solicitada nesta convocatoria sexa inferior a 200.000 euros, aplicarase o disposto no Regulamento (UE) n° 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.

b) Cando a suma do importe das axudas concedidas nos últimos tres años fiscais e da contía da axuda solicitada nesta convocatoria sexa igual ou superior aos 200.000 euros, aplicarase o disposto no Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado, aplicando a exención correspondente ás axudas ao investimento destinadas a medidas de eficiencia enerxética regulada no artigo 38 do citado Regulamento (UE) nº 651/2014.

O sometemento a esta norma de exención comunitaria require o cumprimento das seguintes condicións:

1º. Que se exclúan como posibles beneficiarias as empresas en crise, de acordo coa definición do artigo 2.18 do dito Regulamento (UE) nº 651/2014, e as que teñan unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior.

2º. Que a solicitude da axuda sexa anterior ao inicio das actuacións subvencionables, para cumprir o requisito de que a axuda teña efecto incentivador.

3º. Que a intensidade da axuda non supere as porcentaxes sinaladas no artigo 38 do devandito Regulamento 651/2014, isto é, o 35 % dos custos subvencionables, que pode incrementarse nun 10 % para as medianas empresas e nun 20 % para as pequenas empresas. Para determinar o cumprimento da intensidade máxima de axuda debe terse en conta o importe total das axudas estatais concedidas para os mesmos custos subvencionables.

Noveno. Prazo de presentación de solicitudes

As axudas previstas nesta convocatoria poderanse solicitar desde o primeiro día hábil seguinte ao da publicación no DOG ata o 6 de outubro de 2023, agás que, con anterioridade a esta data, se tivese esgotado o crédito orzamentario, o que será obxecto de publicación no DOG e na páxina web do IGVS mediante resolución ditada pola persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.

Décimo. Solicitudes

1. Os concellos e as entidades privadas promotores que queiran acceder ás subvencións do programa de axuda á construción de vivendas en alugueiro social en edificios enerxeticamente eficientes deberán presentar a proposta de actuación que pretendan financiar con cargo ao programa mediante solicitude dirixida á Dirección Xeral do IGVS, segundo o modelo que figura como anexo I.

2. No modelo de solicitude deberán constar os seguintes campos: o tipo de entidade solicitante; os datos da promoción ou edificio que se vai rehabilitar; a referencia catastral; o número total de vivendas resultantes, con indicación da superficie útil de cada vivenda; a renda que vai percibir cada vivenda; o prazo durante o que se dedicarán a alugueiro social, que non poderá ser inferior a 50 anos; o investimento total; o custo subvencionable; o importe total da axuda solicitada, así como as anualidades de execución; a porcentaxe de orzamento que se vai executar e a axuda que se vai xustificar en cada unha delas.

3. No formulario de solicitude deberán realizarse as seguintes declaracións:

a) Declaración responsable de que non solicitou nin se lle concedeu ningunha outra axuda para a mesma finalidade. No caso de ter solicitado ou obtido algunha outra axuda, deberá indicar cales e a súa contía.

b) Declaración responsable de que non se lle concedeu ningunha axuda de minimis. No caso de ter solicitado ou obtido axuda de minimis, deberá indicar cales e a súa contía.

c) Compromiso de comunicar inmediatamente calquera outra subvención que solicite e/ou obteña en réxime de minimis doutras administracións públicas ou doutros entes públicos, nacionais ou internacionais, a partir da data desta declaración, con indicación da súa contía.

d) Declaración responsable de non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

e) Declaración responsable de estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, de conformidade co artigo 21 do Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo; co artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e co artigo 9 do seu regulamento, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

f) Declaración responsable de que a empresa á que se represente non está en crise, de acordo coa definición de «empresa en crise» que establece o punto 18 do artigo 2 do Regulamento (UE) núm. 651/2014, do 17 de xuño de 2014, de ser o caso.

g) No suposto de persoas xurídicas de natureza privada, declaración de que se encontran debidamente constituídas, conforme a normativa que lles resulte de aplicación.

h) Declaración responsable de que coñece e acepta os contidos e obrigas recollidos nas bases reguladoras e na convocatoria deste programa.

i) Declaración de que todos os datos da súa solicitude son certos.

Décimo primeiro. Forma de presentación das solicitudes de participación

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Décimo segundo. Documentación complementaria

1. As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Documentación acreditativa da representación da persoa ou entidade que actúe no nome da entidade solicitante, se é o caso. A representación deberá acreditarse a través do modelo normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou por calquera outro medio válido en dereito. O modelo normalizado pódese descargar na seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/modelos-xenericos

b) No suposto de que o solicitante sexa un concello, certificado do acordo municipal de solicitar a axuda deste programa.

c) No suposto de empresas ou entidades privadas, documento que acredite que son solicitantes ou adxudicatarias dun dereito de superficie, concesión administrativa ou negocio xurídico análogo sobre terreos de titularidade pública, no marco dun procedemento de concorrencia competitiva, para os efectos da construción da promoción da construción das vivendas en alugueiro social de conformidade co sinalado no ordinal oitavo.

d) Certificación do órgano competente de que os terreos ou o edificio, no suposto de rehabilitación, son de titularidade pública e destinaranse a incrementar o parque público de vivenda por un prazo non inferior a 50 anos ao alugueiro social ou a prezo accesible.

e) Memoria-programa que defina a actuación que se pretende financiar en todos os seus aspectos e xustifique a súa viabilidade técnica e económica. Esta memoria pronunciarase expresamente sobre a consecución dos obxectivos en termos de consumo de enerxía primaria non renovable.

f) Proxecto, anteproxecto ou proposta arquitectónica en que se indiquen os materiais e solucións construtivas de baixo impacto que se pretenden utilizar para minimizar o impacto ambiental.

g) Avaliación favorable de adecuación ou declaración responsable do cumprimento do principio de «non causar un prexuízo significativo ao ambiente» no sentido establecido no punto 6) do artigo 2 do Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia. No caso de optar pola declaración responsable axustarase ao contido do anexo II.

h) Anexo III, de declaración de compromiso de cumprimento dos principios transversais establecidos no PRTR e que puideran afectar o obxecto de xestión, e de ausencia de conflito de intereses en relación coa execución e actuacións do PRTR.

i) Anexo IV, de declaración de cesión e tratamento de datos en relación coa execución e actuacións do PRTR.

2. No suposto de que as entidades interesadas sexan empresas ou entidades privadas, que participen nun concurso de adxudicación de parcelas en dereito de superficie de titularidade do IGVS ou de Xestur Galicia, S.A., non terán que presentar a documentación indicada nas letras c) e d) do punto 1.

3. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán requiridos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puideran obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

Décimo terceiro. Forma de presentación da documentación complementaria

1. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

2. As entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se vai presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Décimo cuarto. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) Número de identificación fiscal (NIF) da entidade solicitante.

b) Documento nacional de identidade (DNI)/número de identidade de estranxeiro (NIE) da persoa representante, se é o caso.

c) NIF da entidade representante, de ser o caso.

d) Certificado acreditativo de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (en diante, AEAT), coa Seguridade Social e/ou coa Comunidade Autónoma de Galicia, da persoa solicitante para o pagamento da subvención.

e) Remisión ao Consello de Contas de Galicia das contas xerais de cada exercicio, no suposto de que o solicitante sexa un concello.

f) Consulta de subvencións e axudas.

g) Consulta de concesións de subvencións pola regra de minimis, no caso de empresas ou entidades privadas.

h) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

2. No caso de que as entidades interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Décimo quinto. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as entidades interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Décimo sexto. Órganos administrativos competentes para instruír e resolver o procedemento

1. A instrución do procedemento é competencia da Dirección Técnica de Solo, Edificación e Calidade do IGVS.

2. Correspóndelle á persoa titular da Dirección Xeral do IGVS resolver sobre a concesión das axudas solicitadas.

Décimo sétimo. Procedemento de concesión

1. Se as solicitudes non reúnen algún dos requisitos exixidos nesta resolución, requirirase a entidade solicitante para que, no prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, de conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Neste requirimento indicarase que, se así non o fixer, se lle terá por desistido na súa petición, logo da correspondente resolución, nos termos do artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

2. O órgano instrutor poderá requirir a persoa solicitante para que presente cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento e solicitará os informes pertinentes para comprobar que as solicitudes presentadas cumpren os requisitos exixidos polas bases reguladoras, por esta convocatoria e pola demais normativa de aplicación.

3. Unha vez completado o expediente e despois das comprobacións e inspeccións que se consideren oportunas, a persoa titular da Dirección Técnica de Solo, Edificación e Calidade do IGVS emitirá informe sobre o cumprimento dos requisitos e elevará a proposta de resolución á persoa titular da Dirección Xeral do IGVS, quen resolverá o que en dereito proceda. A concesión quedará en todo caso condicionada á subscrición do acordo de comisión bilateral previsto no ordinal décimo noveno, así como á acreditación da adxudicación dun dereito de superficie, concesión administrativa ou negocio xurídico análogo sobre terreos de titularidade pública, no marco dun procedemento de concorrencia competitiva, no caso de empresas ou entidades privadas.

4. Para os efectos da concesión das axudas, terase en conta a orde cronolóxica de entrada das solicitudes na sede electrónica da Xunta de Galicia ata que se esgote o orzamento da convocatoria. Considérase data de presentación aquela en que a solicitude quedase validamente presentada, por terse cuberto na forma correcta e vir acompañada da totalidade dos documentos exixidos nesta resolución.

5. No caso de terse esgotado o crédito nas anualidades para as que se solicita a axuda, o IGVS poderá concedela para outra/s anualidade/s na/nas que aínda exista crédito dispoñible.

Para estes efectos, considerarase esgotado o orzamento cando se efectúe o rexistro da última solicitude de axuda que totalice o importe total do crédito desta convocatoria.

6. De conformidade co establecido nos artigos 45 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, as resolucións de denegación das axudas solicitadas poderán publicarse na páxina web do IGVS https://igvs.xunta.gal, logo de publicación desta circunstancia no DOG.

Décimo oitavo. Resolución e recursos

1. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución deste procedemento será de tres meses, contados desde a data de presentación da solicitude que inclúa a documentación relacionada no ordinal décimo segundo. Finalizado o citado prazo sen que se dite e notifique a resolución, as entidades solicitantes poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

2. A resolución estimatoria indicará a entidade beneficiaria, as actuacións subvencionables; o custo elixible; a contía da subvención concedida; as condicións que se deberán cumprir para a execución da obra; o seu prazo de finalización e de xustificación e a procedencia do financiamento da axuda con cargo aos fondos europeos.

Para o caso de que a solicitude configurase a subvención con carácter plurianual, a resolución de concesión fixará os importes da subvención correspondentes a cada unha das anualidades, que deberán xustificar na forma sinalada no ordinal vixésimo terceiro desta resolución.

3. Contra a resolución ditada pola persoa titular da Dirección Xeral do IGVS poderase interpoñer recurso de alzada perante a persoa titular da Presidencia do IGVS.

O prazo de interposición deste recurso será dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación.

4. As persoas beneficiarias disporán dun prazo de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución de concesión, para a súa aceptación, transcorrido o cal, sen que se producise manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada.

Décimo noveno. Acordos da comisión bilateral de seguimento

1. Unha vez ditada a resolución de concesión, o IGVS remitirá a proposta de actuación ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, acompañada da memoria-programa presentada xunto coa solicitude, para os efectos da sinatura dos acordos específicos establecidos no artigo 62 do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, que se formalizarán entre o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, a Comunidade Autónoma de Galicia e o concello correspondente, cando o solo afectado sexa da súa titularidade.

2. O acordo da comisión bilateral de seguimento poderá incluír varios solos simultaneamente, incluso situados en diferentes termos municipais, cando así conveña para unha maior eficacia na promoción das vivendas.

Vixésimo. Obrigas das entidades beneficiarias

Ademais das recollidas nos artigos 14 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, as entidades beneficiarias terán as seguintes obrigas:

a) Executar as actuacións subvencionadas dentro dos prazos máximos que se establezan na respectiva resolución de concesión, cumprindo as condicións e prescricións que nela se establezan.

b) Xustificar a execución da actuación presentando os documentos sinalados nas bases reguladoras e nesta resolución.

c) Comunicar ao IGVS a alteración das condicións tidas en conta para a concesión das axudas deste programa.

d) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos durante un período de cinco anos a partir do pagamento do saldo ou, a falta deste pagamento, da operación, incluídos os documentos electrónicos mentres poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control. O citado período será de tres anos se o financiamento é dun importe inferior ou igual a 60.000 euros.

e) Estar ao día nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social no momento en que se aboen as subvencións.

f) Dar a adecuada publicidade e información de que as actuacións están subvencionadas no marco do Programa de axudas á construción de vivendas en alugueiro social en edificios enerxeticamente eficientes, de conformidade co establecido no artigo 34.2 do Regulamento (UE) nº 2021/241, e no artigo 9 da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia. En concreto, cumprir co establecido no citado artigo 34.2 do Regulamento (UE) nº 2021/241, que indica que «Os perceptores de fondos da Unión farán mención da orixe deste financiamento e velarán por darlle visibilidade, incluído cando proceda, mediante o emblema da Unión e unha declaración de financiamento adecuada que indique «financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU», en particular cando promovan as accións e os seu resultados, facilitando información coherente, efectiva e proporcionada dirixida a múltiples destinatarios, incluídos os medios de comunicación e o público».

g) Garantir o pleno cumprimento do principio de «non causar un prexuízo significativo ao ambiente» (principio do no significant harm-DNSH) e o etiquetado climático e dixital, de acordo co previsto no Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR), aprobado polo Consello de Ministros o 27 de abril de 2021 e polo Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia.

h) Cumprir as demais obrigas que se derivan desta resolución, do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro e da Orde HFP 1030/2021, do 29 de setembro.

Vixésimo primeiro. Modificación da resolución

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención ou, se é o caso, a obtención concorrente doutras subvencións e axudas, fóra dos casos permitidos por esta resolución, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión da subvención ou á súa revogación.

2. En todo caso, a modificación da resolución de concesión realizarase nos termos do artigo 35 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

Vixésimo segundo. Reaxuste de anualidades de execución

No caso de que o ritmo de execución fose diferente ao establecido na resolución de concesión, poderán reaxustarse as anualidades, logo da solicitude da entidade beneficiaria, mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS, sempre que exista dispoñibilidade orzamentaria para a súa realización e que en ningún caso o prazo de execución exceda o prazo que corresponda ao abeiro do punto 2 do ordinal cuarto, contado desde a data da notificación da resolución.

Vixésimo terceiro. Xustificación da subvención

1. As entidades beneficiarias deberán comunicar á Dirección Técnica de Solo, Edificación e Calidade a finalización das obras relativas a cada unha das anualidades previstas na resolución de concesión e presentar a documentación xustificativa das actuacións realizadas. Estas comunicacións, parciais ou finais, realizaranse mediante a presentación do anexo V desta resolución xunto coa documentación correspondente descrita nos puntos seguintes.

2. A comunicación de execución parcial das actuacións deberá realizarse nun prazo máximo de quince días, contado desde o seguinte ao da finalización das obras desa anualidade, e deberá ir acompañada da seguinte documentación, de forma individualizada, que non tivera presentado con anterioridade:

a) Licenza urbanística ou comunicación previa cunha declaración responsable de que non foi requirido polo concello para a súa emenda.

b) Memoria económica xustificativa do custo das actuacións realizadas, en que se faga constar o cumprimento das actuacións da anualidade que lle corresponda xustificar. Conterá a relación clasificada de gastos polas actuacións realizadas, coas correspondentes facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou coa eficacia administrativa, onde consten a identificación da persoa acredora, o seu importe e a súa data de emisión, así como os documentos que xustifiquen o seu pagamento. Para estes efectos, o seu pagamento deberá xustificarse mediante extractos ou certificacións bancarias debidamente identificados, selados e asinados pola persoa ou entidade solicitante.

c) Memoria explicativa das obras realizadas asinada pola persoa técnica competente.

d) Fotografías que mostren as obras realizadas preferentemente en cor.

e) De conformidade co sinalado no punto 4 do ordinal vixésimo cuarto, documento acreditativo da constitución das correspondentes garantías, cando estas sexan obrigatorias.

3. A comunicación da execución final das actuacións deberá realizarse nun prazo máximo de tres meses, contado desde a finalización do prazo máximo concedido para a súa execución na resolución de concesión e, en todo caso, o 30 de xuño de 2026, e a súa xustificación deberá vir acompañada da documentación sinalada a continuación que non tivera presentado con anterioridade:

a) Proxecto da obra realmente executada, no caso de que as actuacións requiran proxecto.

b) Licenza urbanística ou comunicación previa cunha declaración responsable de que non foi requirido polo concello para a súa emenda, no caso de non terse achegado con anterioridade.

c) Certificado final da obra subscrito pola dirección facultativa e a dirección da execución da obra, se é o caso.

d) Memoria da actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, conforme o exixido polas bases reguladoras e pola resolución de concesión da axuda, coa indicación das actividades realizadas, dos resultados obtidos e a data de conclusión das actuacións. Esta memoria será realizada e subscrita pola persoa técnica titulada competente autora do proxecto ou da dirección facultativa da execución da actuación. Nela farase constar o cumprimento da normativa de obrigado cumprimento que lle sexa de aplicación.

e) Certificado de eficiencia enerxética de edificio terminado subscrito por persoa técnica competente e inscrito no Rexistro de Certificados de Eficiencia Enerxética de Edificios de Galicia (RGEEE).

f) Certificado da consecución dun consumo de enerxía primaria non renovable inferior aos valores límite incluídos na táboa que figura no punto dous do ordinal quinto, en función da zona climática en que se sitúe o edificio, emitido por persoa técnica competente. Deberán incluírse as porcentaxes de contribución ao etiquetado verde e dixital a que daría cumprimento o proxecto.

g) Reportaxe fotográfica das obras executadas, preferentemente en cor, onde se mostre o cartel publicitario de carácter permanente, de tamaño suficiente para que sexa perfectamente visible e lexible, en que consten claramente o título do proxecto e a denominación e a imaxe do Programa e que mencione a axuda económica outorgada pola Unión Europea, incluíndo o emblema da Unión e unha declaración de financiamento adecuada que indique «financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU».

h) Declaración responsable que inclúa detalle doutros ingresos ou subvencións que financiasen a actividade subvencionada coa indicación do importe e a súa procedencia.

i) Relación certificada e copia dos pedidos e/ou contratos relativos ás actuacións realizadas.

j) Relación certificada e copia das facturas e dos seus correspondentes xustificantes bancarios de pagamento, relativos ao investimento realizado e que respondan ao orzamento e contratos presentados.

k) Para os proxectos cunha axuda concedida inferior a 100.000 euros poderá entregarse, de maneira opcional, conta xustificativa coa achega de xustificantes de gasto, segundo o previsto nos números 1 e 2. a), b), e) e f) do artigo 72 do Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo. Neste suposto non será obrigatorio achegar a documentación que se indica nas letras d) e i) anteriores.

Opcionalmente, poderá entregarse a conta xustificativa coa achega do informe de auditor, nas condicións previstas no artigo 74 do Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e no artigo 50 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

l) Anotación rexistral da nota marxinal do período de destino a alugueiro social ou a prezo accesible prevista no artigo 60 do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro.

4. A documentación presentarase de conformidade co establecido no ordinal décimo quinto.

5. Transcorridos os prazos indicados nos puntos 2 e 3, sen que as persoas ou entidades beneficiarias presenten a documentación xustificativa da anualidade correspondente, o órgano instrutor requiriralla para que a presente nun prazo improrrogable de dez días, con indicación de que, se así non o fixer, se lle terá por desistido da súa petición, logo da resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Vixésimo cuarto. Pagamento da subvención. Anticipos e pagamentos á conta

1. O pagamento, total ou parcial da subvención, requirirá que a entidade beneficiaria presente a documentación relacionada no ordinal anterior. A subvención aboarase mediante transferencia bancaria no número de conta sinalado para estes efectos no anexo I da solicitude.

2. Poderanse dotar de anticipos as entidades beneficiarias que así o soliciten, mediante o anexo VI, sempre e cando, ao abeiro do disposto nos artigos 67 do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, e o artigo 63 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, se cumpran as seguintes condicións:

a) Que non superen o 50 % do importe total da axuda concedida á entidade beneficiaria, nin a anualidade prevista en cada exercicio orzamentario.

b) Que se destinen exclusivamente para cubrir gastos da actuación obxecto da subvención e se xustifiquen adecuadamente.

c) Que os destinatarios últimos destes anticipos acrediten que se encontran ao día no pagamento das obrigas de reembolso de calquera outros anticipos concedidos anteriormente con cargo aos créditos especificamente consignados para a xestión de fondos europeos nos orzamentos xerais do Estado, de acordo co establecido no artigo 61.3 do Real decreto lei 36/2020, do 30 de decembro, e nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia, no marco do artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

As entidades beneficiarias deberán presentar co anexo VI de solicitude do anticipo un documento coa xustificación da necesidade do anticipo con indicación dos investimento que exixe pagamentos inmediatos.

3. De conformidade co artigo 62 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, poderán realizarse pagamentos á conta de ata o 80 % da porcentaxe subvencionada correspondente aos pagamentos a xustificar, os cales non poderán exceder a anualidade prevista en cada exercicio orzamentario.

4. De conformidade co artigo 65.i) do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, se o importe das subvencións concedidas excede os 18.000 euros, será necesario constituír garantías para os anticipos e pagamentos á conta.

Segundo o artigo 67 do citado regulamento, as garantías constituídas polas entidades beneficiarias obrigadas deberán cubrir o 110 % das cantidades que serán aboadas á conta. As ditas garantías serán constituídas na Caixa Xeral de Depósitos da Comunidade Autónoma de Galicia mediante seguro de caución prestado por entidade aseguradora ou mediante aval solidario da entidade de crédito, que deberá alcanzar ata os dous meses seguintes á finalización do prazo de xustificación previsto na convocatoria.

Vixésimo quinto. Compatibilidade das axudas

De conformidade co disposto no artigo 63 do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, as subvencións deste programa serán compatibles con calquera outras axudas públicas para o mesmo obxecto, sempre que non se supere o custo total das actuacións e sempre que a regulación das outras axudas xa sexan de ámbito nacional ou europeo o admitan, e será de aplicación o disposto no artigo 9 do Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, que establece que a axuda concedida no marco do Mecanismo se sumará á proporcionada con arranxo aos outros programas e instrumentos da Unión, precisando que as reformas e os proxectos de investimento poderán recibir axuda doutros programas e instrumentos da Unión sempre que a dita axuda non cubra o mesmo custo, evitando o dobre financiamento entre programas do Mecanismo de recuperación e resiliencia, así como con outros instrumentos da Unión.

En todo caso, na consecución dos fitos e obxectivos establecidos na Decisión de execución do Consello, do 16 de xuño de 2021, relativa á aprobación da avaliación do Plan de recuperación e resiliencia de España, vinculados co desenvolvemento deste programa consideraranse exclusivamente as actuacións financiadas a través do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España.

Vixésimo sexto. Perda e reintegro da subvención. Criterios de graduación de posibles incumprimentos

1. Serán causa de perda e reintegro da subvención, ademais das previstas no artigo 37 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, o incumprimento das obrigas recollidas no ordinal vixésimo desta resolución, así como a falta de acreditación de resultar a empresa ou entidade privada adxudicataria dun dereito de superficie, concesión administrativa ou negocio xurídico análogo sobre terreos de titularidade pública, no marco dun procedemento de concorrencia competitiva antes da sinatura do acordo da comisión bilateral de seguimento. Así mesmo, poderá ser causa de perda da subvención a non comunicación ao órgano instrutor de calquera modificación das circunstancias determinantes do recoñecemento da subvención.

2. A perda do dereito á percepción da axuda outorgada levará consigo, se é o caso, o reintegro das cantidades aboadas ata ese momento, incrementadas cos xuros de demora desde a data do seu pagamento.

3. O procedemento para declarar a procedencia da perda do dereito de cobro da subvención e, se é o caso, para facer efectiva a devolución, será o establecido no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

4. No caso de que a 30 de xuño de 2026 non se tiveran cumprido os requisitos establecidos para a execución das actuacións, a contía da subvención será a resultante da aplicación dos criterios do programa sobre as vivendas efectivamente finalizadas, e deberanse devolver os recursos que en concepto de pagamentos á conta se tiveran entregado que correspondan a actuacións non finalizadas no dito prazo. Para iso, deberá acreditarse o cumprimento dos seguintes requisitos das actuacións subvencionables:

a) Estar finalizadas, o que se acredita coa achega do certificado final de obra.

b) Ter o certificado de eficiencia enerxética de edificio terminado, asinado pola persoa técnica competente e debidamente rexistrado.

c) Terse producido e constar a anotación rexistral da nota marxinal referida no artigo 60 do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro.

Vixésimo sétimo. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas e ás entidades interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación efectuada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, as entidades interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para este procedemento administrativo tramitado polo IGVS. En todo caso, o IGVS poderá crear de oficio, o indicado enderezo, para os efectos de asegurar que as entidades interesadas cumpran a súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Vixésimo oitavo. Control e loita contra a fraude

1. As entidades beneficiarias destas subvencións someteranse ás actuacións de control que realice o IGVS para o seguimento dos proxectos aprobados e ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e á Intervención Xeral da Administración Xeral do Estado, así como ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, así como, de ser o caso, á autoridade de xestión e aos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo e as verificacións do artigo 22 do Regulamento (UE) núm. 241/2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, e o Regulamento (UE, Euratrom) nº 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo de 2018, sobre as normas financeiras aplicables ao orzamento xeral da Unión. En particular, deberán autorizar a Comisión Europea, a Oficina Europea de Loita contra a Fraude (OLAF), o Tribunal de Contas Europeo, e cando proceda, a Fiscalía Europea para exercer os dereitos que recoñece o artigo 129, punto 1, do referido Regulamento financeiro.

2. Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación cos proxectos financiados con cargo a fondos procedentes da Unión Europea, como é o caso, poderá poñer os ditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude (SNCA) da Intervención Xeral da Administración do Estado, nos termos establecidos na Comunicación 1/2017, do 6 de abril, do citado servizo, a través da canle habilitada na web https://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/planificacion-e-fondos/periodo-comunitario-2014-2020/medidas-antifraude/snca-olaf. Sen prexuízo disto, tamén poderá empregar a canle de denuncias sobre irregularidades ou condutas de fraude que terá a súa sede no Sistema integrado de atención á cidadanía (SIACI) (https://www.xunta.gal/sistema-integrado-de-atencion-a-cidadania?langId=gl_ES).

3. No control e loita contra a fraude o IGVS actuará de conformidade co establecido no seu plan específico de prevención de riscos de xestión e medidas antifraude.

Vixésimo noveno. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as entidades beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para que aquela cumpra as obrigas previstas no título I da citada lei.

Trixésimo. Base de datos nacional de subvencións

En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no punto oitavo do devandito artigo serán comunicados á Base de datos nacional de subvencións (BDNS). A BDNS dará traslado ao DOG do extracto da convocatoria para a súa publicación de acordo co establecido no Real decreto 130/2019, do 8 de marzo, polo que se regula a Base de datos nacional de subvencións e a publicidade das subvencións e demais axudas.

Trixésimo primeiro. Datos de carácter persoal

De acordo co establecido no artigo 14, letra ñ), da Lei 9/2007, do 13 de xuño, as entidades beneficiarias quedan informadas cos datos consignados no modelo normalizado de solicitude, dos aspectos básicos previstos no Regulamento (UE) nº 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos seus datos persoais e á libre circulación destes datos (RXPD), e na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

Trixésimo segundo. Habilitación para o desenvolvemento

Habilítase a persoa titular da Dirección Xeral do IGVS para ditar as resolucións que sexan necesarias para o desenvolvemento e aplicación desta resolución, así como para adoptar os acordos, instrucións e aclaracións que sexan precisos para a xestión deste programa de axudas.

Trixésimo terceiro. Recursos contra esta resolución

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan presentar calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición perante a persoa titular da Presidencia do IGVS no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

b) Recurso contencioso-administrativo perante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, de acordo co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso administrativa.

Trixésimo cuarto. Eficacia

Esta resolución terá eficacia a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2022

Ángeles Vázquez Mejuto
Presidenta do Instituto Galego da Vivenda e Solo

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file