Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 2 de marzo de 2023 Páx. 16094

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Baiona (expediente IN407A 2022/385-4).

Expediente: IN407A 2022/385-4.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: retirada LMT GON815 na estrada a Cabo Silleiro.

Concello: Baiona.

Feitos:

Primeiro. O 3 de outubro de 2022, UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación eléctrica retirada LMT GON815 na estrada ao Cabo Silleiro.

Examinado o proxecto de execución, conclúese que consiste nas seguintes actuacións na estrada ao Cabo Silleiro, no concello de Baiona:

– Retirada, por soterramento, dun total de 413 metros de lonxitude de condutor LA-56 e dos apoios 9NJNPF77//53-3, 9NIF379U//53-4, 9NH9EPHV//53-5, 9NFVQPC7//53-6, 9NEOLDH7//53-7 e 9NDAP23T//53-8 no circuíto aéreo da liña de media tensión GON815, no tramo GON8150770.

– Instalación de dous apoios: C-2000/14 (retensado augas arriba) e C-2000/12.

– Substitución do apoio 9NCHR46J//53-9 por un C-1000/12 e retensado do van augas abaixo.

– Instalación dunha liña de media tensión aérea de 70 metros entre os apoios proxectados C-2000/12 e C-1000/12.

Segundo. Os días 12 e 13 de outubro de 2022, UFD Distribución Electricidad, S.A. comunicou que acadou un acordo cos propietarios mencionados na relación de bens e dereitos afectados, e achegou documentación acreditativa dos acordos asinados. Polo tanto, xa non é necesaria a declaración de utilidade pública.

Terceira. Esta xefatura territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Baiona, o Instituto de Estudos Territoriais, o Servizo de Montes e o Servizo do Patrimonio Cultural. A empresa manifestou a súa conformidade cos condicionados técnicos emitidos por todos os organismos afectados.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. A Xefatura Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

Segunda. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

Terceira. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

– Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1, de 436 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-2000/14 no tramo GON8150770 e final no apoio proxectado C-2000/12 no tramo GON8150770.

– Liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV, con condutor LA-56, de 70 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-2000/12 e final no apoio proxectado C-1000/12.

– Retensado dos vans aéreos contiguos aos apoios proxectados C-2000/14 (59 metros) e C-1000/12 (55 metros).

A instalación está situada na estrada ao cabo Silleiro, Baredo, no concello de Baiona (Pontevedra).

Conforme con todo o indicado,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgar a UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada retirada LMT GON815 na estrada ao cabo Silleiro (expediente IN407A 2022/385-4), cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Segundo. UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e logo da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. Deberanse cumprir sempre as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Terceiro. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que xulguen pertinente.

Pontevedra, 7 de febreiro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra