Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 2 de marzo de 2023 Páx. 16090

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Caldas de Reis (expediente IN407A 2022/443-4).

Expediente: IN407A 2022/443-4.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMTS, CS avenida Dona Urraca, 94.

Concello: Caldas de Reis.

Feitos:

Primeiro. O 28 de outubro de 2022, UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación eléctrica LMTS, CS avenida Dona Urraca, 94.

Examinado o proxecto de execución, conclúese que consiste nas seguintes actuacións na avenida Dona Urraca, 94, no municipio de Caldas de Reis:

Instalación dun centro de seccionamento (CS) de manobra interior con cinco celas telecontroladas vía GPRS/3G en envolvente prefabricada de formigón. Conectarase a TIB802 no tramo TIB8029228, entre a subestación Tivo e o centro de transformación A Canle (36C043), e a TIB803 no tramo TIB8030169 cara á subestación de Tivo.

Déixase sen servizo un total de 248 metros de lonxitude nos tramos de liña de media tensión subterránea (LMTS) TIB8030169, TIB8030163 e TIB8030164, desde o empalme que se realizará na TIB8030169 e o CS existente Foresa (36CC96).

Desmontaxe das derivacións dos tramos de LMTS TIB8029220 e TIB8029097 de 14 metros de lonxitude cada unha.

Para alimentar o CS proxectado instálanse 36 metros dunha liña de media tensión subterránea.

Segundo. Esta xefatura territorial solicitoulles o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Caldas de Reis, a Deputación Provincial de Pontevedra e a Sección de Minas en Pontevedra.

Os organismos non emitiron os condicionados técnicos. En consecuencia, entenderase a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sen prexuízo da autorización que lles corresponda outorgar.

Consideracións legais e técnicas:

Primeiro. A Xefatura Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG nº 126, do 4 de xullo), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1 de febreiro).

Segundo. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

Terceiro. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1, de 12+12 metros de lonxitude, con orixe e final no empalme coa LMTS TIB8029228, na arqueta proxectada, facendo entrada e saída no centro de seccionamento proxectado.

LMTS a 20 kV, con condutor RHZ1, de 12 metros de lonxitude, con orixe no empalme coa LMTS TIB8030169, na arqueta proxectada, e final no centro de seccionamento proxectado.

Empalme, na arqueta proxectada, do tramo LMTS TIB8029220 co tramo LMTS TIB8029097.

Centro de seccionamiento, con catro celas de liña e unha de acoplamento de barras telecontroladas, situado na avenida Dona Urraca, nº 92, na parcela con referencia catastral 8966958NH2186N0001YJ.

A instalación está situada na avenida Dona Urraca, Caldas de Reis (Pontevedra).

Conforme con todo o indicado,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgarlle a UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada LMTS, CS avenida Dona Urraca, 94 (expediente IN407A 2022/443-4), cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Segundo. UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. Deberanse cumprir sempre as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Terceiro. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 7 de febreiro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra