Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 3 de marzo de 2023 Páx. 16307

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se someten a información pública o estudo de impacto ambiental, as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción e o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico), en concreto, das instalacións do parque eólico Torroña I, situado nos concellos de Baiona, Oia e Tomiño, provincia de Pontevedra (expediente IN408A 2020/24).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Solicitante: Desarrollos Renovables del Norte, S.L.U.

Denominación do proxecto: parque eólico Torroña I.

Concellos afectados: Baiona, Oia e Tomiño (Pontevedra).

Potencia para instalar: 22,8 MW.

Número de aeroxeradores que se van instalar: 4.

Produción neta anual estimada: 67.530 (MWh/ano).

Orzamento total (execución material): 20.361.537,22 €.

Coordenadas da poligonal de delimitación:

Vértices

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

1

510.025,35

4.654.030,40

2

512.496,06

4.655.155,19

3

513.140,19

4.655.155,19

4

513.140,19

4.656.322,37

5

514.705,63

4.656.331,53

6

514.705,63

4.655.961,29

7

516.815,65

4.655.961,29

8

517.274,95

4.654.583,45

9

514.363,64

4.654.583,45

10

513.077,58

4.652.492,87

11

510.332,87

4.652.492,87

Coordenadas dos aeroxeradores:

Aeroxerador

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

Modelo

A1.1 (13)

512.848,00

4.654.329,00

Nordex 163/5700

A1.2 (14)

512.745,00

4.653.733,00

Nordex 163/5700

A2.2 (15)

511.549,00

4.653.508,00

Nordex 163/5700

A2.1 (16)

511.523,00

4.652.931,00

Nordex 163/5700

Coordenadas de conexión dos circuítos do parque eólico Torroña I, nas celas de entrada da SET Barrantes:

Circuítos/Celas

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

L3

517.118,82

4.654.966,42

L4

517.119,51

4.654.966,49

Torres meteorolóxicas:

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

TO1_14P

512.554,00

4.653.411,00

TO1_14T

512.745,00

4.653.733,00

Características técnicas recollidas no proxecto:

– Catro (4) aeroxeradores de 5.700 kW de potencia unitaria, de 163 m de diámetro de rotor e unha altura de buxeiro de 148 m, correspondentes co modelo Nordex N163/5700.

– Catro (4) centros de transformación de potencia nominal 6.350 kVA e tensión 0,75/30 kV, situados no interior dos aeroxeradores.

– Rede de media tensión de 30 kV soterrada, formada por dous (2) circuítos con cables RHZ1 18/30 kV Al de 240 e 400 mm2 segundo o tramo, de interconexión entre os centros de transformación dos aeroxeradores e a subestación transformadora. Pola mesma gabia discorrerá cable de terra de 50 mm2 e condutor de fibra óptica.

– Instalación de celas de media tensión na subestación de transformación Barrantes 30/132 kV (obxecto doutro expediente), para a conexión dos circuítos provenientes do parque eólico e situadas na sala de celas do edificio, que contará coas seguintes instalacións: dúas (2) celas de posición de liña de 30 kV para a conexión dos aeroxeradores; unha (1) cela para equipamentos de compensación de reactiva de 30 kV para conectar cunha batería de condensadores; unha (1) cela de acometida do transformador de servizos auxiliares de 30 kV; unha (1) cela de medida e acometida do transformador de potencia de 30 kV.

– Dúas (2) torres meteorolóxicas, unha delas de curto prazo ou temporal, e outra de longo prazo ou permanente, de 148 m de altura.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

De acordo co disposto no artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e polas demais normas de aplicación relacionadas no inicio desta resolución, constitúen o obxecto da información pública os seguintes documentos: proxecto técnico, estudo de impacto ambiental e o proxecto de interese autonómico.

O que se fai público de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, para coñecemento xeral, e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan presentar as súas alegacións no prazo de trinta (30) días, contados a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A consulta da documentación realizarase preferentemente a través do seguinte enlace da web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica, na epígrafe de instalacións de xeración. A atención será telefónica no número 986 80 52 34.

Cando sexa indispensable a atención presencial, poderase acudir á Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación de Pontevedra (avenida Mª Victoria Moreno, 43, 5º, 36071 Pontevedra), mediante cita previa no número de teléfono indicado, así como ás dependencias dos concellos de Baiona (rúa Lorenzo de la Carrera, s/n, 36300 Baiona), Oia (rúa Vista Alegre, s/n, 36794 Oia) e Tomiño (praza do Seixo, s/n, 36740 Tomiño).

Pontevedra, 24 de xaneiro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra