Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2023 Páx. 25132

III. Outras disposicións

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 2023 pola que se publica o plan de estudos do máster universitario en Estudos Avanzados sobre a Linguaxe, a Comunicación e as súas Patoloxías pola Universidade da Coruña, a Universidade de Salamanca e a Universidade de Zaragoza.

O máster universitario en Estudos Avanzados sobre a Linguaxe, a Comunicación e as súas Patoloxías obtivo a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, e a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia para a súa implantación. O carácter oficial do título e a súa inscrición no Rexistro de Universidades, Centros e Títulos (RUCT), estableceuse por Acordo do Consello de Ministros do 14 de marzo de 2023, publicado mediante Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 17 de marzo de 2023 no Boletín Oficial del Estado (BOE) do 4 de abril.

Polo exposto, de conformidade co disposto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril,

RESOLVO:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Estudos Avanzados sobre a Linguaxe, a Comunicación e as súas Patoloxías pola Universidade da Coruña, a Universidade de Salamanca e a Universidade de Zaragoza, que se estrutura segundo consta no anexo.

A Coruña, 13 de abril de 2023

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO

Plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario
en Estudos Avanzados sobre a Linguaxe, a Comunicación
e as súas Patoloxías pola Universidade da Coruña,
a Universidade de Salamanca e a Universidade de Zaragoza

Código RUCT: 4318168.

Plan de estudos que se inicia no curso 2022/23.

Estrutura das ensinanzas (Real decreto 822/2021, do 28 de setembro, anexo II, punto 4.1).

1. Ámbito de coñecemento ao cal se adscribe o título: Fisioterapia, podoloxía, nutrición e dietética, terapia ocupacional, óptica e optometría e logopedia.

2. Distribución do plan de estudos en créditos ECTS, por tipo de materia:

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias (OB)……..….……………...….....

Optativas (OP)…..……….………………….....

Prácticas externas (PE)...………………….....

Traballo de fin de máster (TFM)…….…….....

Total…………………………………………......

24

15

9

12

60

3. Contido do plan de estudos:

Módulo

Disciplina

Materia

Carácter

Créditos ECTS

Básico

Introdución ás patoloxías da linguaxe e a comunicación: as súas bases neuropsicolóxicas

Psicopatoloxía da linguaxe e trastornos no desenvolvemento da linguaxe e a comunicación

OB

6

Bases biolóxicas da linguaxe

OP

3

Neuroloxía da linguaxe

OP

3

Fundamentos da avaliación e o diagnóstico

A avaliación psicolóxica das alteracións da linguaxe e a comunicación

OP

6

A análise dos discursos narrativos nas relacións de apego

OP

3

Orientacións para a elaboración do traballo de fin de máster

OP

3

Metodoloxía de investigación e técnicas estatísticas básicas

Métodos e deseños na investigación da linguaxe

OB

3

O proceso de investigación cuantitativa aplicado ao traballo de fin de máster nos estudos sobre a linguaxe

OP

3

Análise cualitativa de datos multimedia

OP

3

Intensificación en avaliación e diagnóstico

Avances na avaliación e diagnóstico das alteracións da linguaxe oral e a comunicación

Avaliación do desenvolvemento da linguaxe e a comunicación

OB

6

Orientación familiar en contextos socioeducativos

OP

3

Avaliación dos problemas da comunicación e a linguaxe no TEA

OP

1,5

Avaliación dos trastornos da linguaxe e a audición desde a práctica clínica

OP

1,5

Avances na avaliación e diagnóstico da lectoescritura e as súas alteracións

Avaliación dos procesos cognitivo-lingüísticos implicados na aprendizaxe lectoescritora

OB

2

A Dislexia: causas, características e avaliación

OP

3

Avaliación da lectura en xordos. Cara a unha educación inclusiva

OP

6

Intensificación en intervención

Avances na intervención sobre as patoloxías da linguaxe oral e a comunicación

Intervención nas alteracións da linguaxe, fala, audición e voz: da teoría á práctica clínica

OB

5

A intervención en trastornos específicos e derivados doutros procesos e alteracións

OP

9

Intervención nos problemas de comunicación e linguaxe en TEA: propostas informáticas para a intervención

OP

3

Avances na intervención sobre as dificultades na aprendizaxe da lectoescritura

Prevención das dificultades lectoescritoras no ámbito educativo

OB

2

Aportacións das TIC na intervención das alteracións da adquisición da linguaxe e da lectoescritura

OP

9

O papel do contexto familiar no tratamento das alteracións da comunicación e a linguaxe

OP

3

Prácticas externas (practicum)

PE

9

Traballo de fin de máster

TFM

12

A unidade temporal de todas as materias é cuadrimestral.

4. Condicións de terminación.

Para obter o título de máster universitario en Estudos Avanzados sobre a Linguaxe, a Comunicación e as súas Patoloxías é necesario superar 60 créditos ECTS, distribuídos como se indica no punto 2, e, cursar os créditos optativos conforme á seguinte distribución:

– 6 créditos dos 24 ofertados no módulo básico.

– 9 créditos dos 39 ofertados nos módulos de Intensificación.