Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 25 de maio de 2023 Páx. 31428

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

EXTRACTO da Orde do 16 de maio de 2023 pola que se modifica a dotación orzamentaria da Orde do 23 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a creación de superficies forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MR670B).

BDNS (Identif.): 661915.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Modificación da dotación orzamentaria

Modificación da alínea a) do artigo 25.1 que queda redactado do seguinte xeito:

«a) Código de proxecto 14.03.713B.770.0.2016 00207 por un importe de 2.950.000,00 € (295.000,00 € no ano 2023, e 2.655.000,00 € no ano 2024). Este crédito destinarase ás axudas solicitadas por todo tipo de beneficiarios previstos nesta orde, excepto entidades locais.

Resérvanse 260.000,00 € para solicitudes que se vaian forestar nos terreos cuxa superficie se atope ocupada na súa totalidade por eucalipto (Eucalyptus sp.) con diámetro normal medio inferior a 10 cm, por acacia negra (Acacia melanoxylon), mimosa (Acacia dealbata) e/ou falsa acacia (Robinia pseudoacacia), por masas mixtas de coníferas, frondosas e matogueira, con diámetro normal medio conxunto inferior aos 10 cm, nos cales a superficie ocupada pola especie dominante non supere o 60 % da superficie total ou superficies que, conforme ás líñas c), d), e), g), h), i) e j) do anexo II da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, poden plantarse con frondosas do anexo I da Lei 7/2012. No caso de que os ditos expedientes non cubran o dito importe, o remanente dedicarase ao resto de solicitudes».

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2023

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural