Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 29 de xuño de 2023 Páx. 40469

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, pola que se publica o requirimento de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 11 de abril de 2023 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas do maior, para os anos 2023 e 2024, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS212A).

A Consellería de Política Social e Xuventude convocou no ano 2023 axudas para a posta en marcha de casas do maior, a través da Orde do 11 de abril de 2023 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas do maior, para os anos 2023 e 2024, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS212A).

O prazo e a forma de presentación de solicitudes está regulado no artigo 9 da mencionada Orde do 11 de abril de 2023, e no artigo 10 determínase a documentación complementaria que se deberá xuntar coa solicitude.

Unha vez revisadas as solicitudes para a posta en marcha de casas do maior (código de procedemento BS212A) presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución do procedemento, identificáronse aquelas que non contan coa documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros, ou ben por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.

Segundo establece o referido artigo 9.4 e de conformidade co previsto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nas bases reguladoras, o órgano responsable da tramitación requirirá as persoas interesadas para que, nun prazo de dez (10) días hábiles a partir do día seguinte á notificación do requirimento, emenden a falta ou presenten os documentos preceptivos. Se así non o fixeren, teranse por desistidas da súa petición, logo da correspondente resolución, nos termos previstos polo artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Así mesmo, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva e consonte o indicado no artigo 45 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro, e tal como sinala o artigo 17 da citada orde pola que se convocan as axudas, os requirimentos de emenda publicaranse no Diario Oficial de Galicia. A dita publicación producirá os efectos da notificación.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do acto de requirimento ditado polo órgano responsable da tramitación o 20 de xuño de 2023 de emenda das solicitudes presentadas no procedemento BS212A subvencións para a posta en marcha de casas do maior, que non están debidamente cubertas e/ou que non achegan a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras para a súa emenda, acto coa relación que figura como anexo desta resolución.

Segundo. Facer indicación expresa a todas as persoas solicitantes recollidas no anexo de que son requiridas para que, no prazo máximo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos. De non o facer, teranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Terceiro. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda de documentación das solicitudes, poderán dirixirse á Subdirección Xeral de Recursos Residenciais e de Atención Diúrna de Maiores a través da conta de correo subxmaiores.politicasocial@xunta.gal

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2023

Antonio Acevedo Prado
Director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria

ANEXO

Requirimento de solicitude procedemento

Procedemento: BS212A: subvencións para a posta en marcha de casas do maior.

Acto administrativo: requirimento de emenda de solicitude do 20 de xuño de 2023.

Órgano competente: órgano instrutor.

Efectos: as persoas solicitantes terán un prazo máximo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do acto no Diario Oficial de Galicia, para emendar a falta ou achegar os documentos preceptivos. De non o facer, teranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Relación de expedientes:

Expediente

Solicitante

NIF

Emenda/s documentación requirida

BS212A/2023-01

Andrea Domínguez Dosil

***1312**

Modificar e achegar memoria descritiva do inmoble, cos planos a escala e acoutados do estado actual do inmoble, acompañados de fotografías de todas as estancias, coa proposta das adaptacións e/ou obras de reforma que se realizarán, de ser o caso, en cada unha delas. De realizar obras, planos a escala representativos do estado reformado nos termos previstos no artigo 10, letra g) da orde.

Dado que a casa está no mesmo inmoble doutra casa do maior xa existente, deberá delimitarse os espazos de cada unha, de acordo co artigo 4.2 da orde.

BS212A/2023-02

AVADA Sociedade Cooperativa Galega

F05269196

Achegar anexo III asinado.

BS212A/2023-06

Diana Rosa Armada Luaces

***0395**

Achegar proposta metodolóxica básica, asinada pola/s persoa/s que desenvolverá/n o proxecto.

Modificar e achegar memoria descritiva do inmoble, cos planos a escala e acoutados do estado actual do inmoble, acompañados de fotografías de todas as estancias, coa proposta das adaptacións e/ou obras de reforma que se realizarán, de ser o caso, en cada unha delas. De realizar obras, planos a escala representativos do estado reformado nos termos previstos no artigo 10, letra g) da orde.

Dado que a casa está no mesmo inmoble doutra casa do maior xa existente, deberá delimitarse os espazos de cada unha, de acordo co artigo 4.2 da orde.

BS212A/2023-15

María José Corbella Fernández

***0583**

Modificar e achegar memoria descritiva do inmoble, cos planos a escala e acoutados do estado actual do inmoble, acompañados de fotografías de todas as estancias, coa proposta das adaptacións e/ou obras de reforma que se realizarán, de ser o caso, en cada unha delas. De realizar obras, planos a escala representativos do estado reformado nos termos previstos no artigo 10 letra g) da Orde. Dado que a casa está no mesmo inmoble doutra casa do maior xa existente, deberá delimitarse os espazos de cada unha, de acordo co artigo 4.2 da orde.

BS212A/2023-16

María Teresa González Vázquez

***1427**

Completar e achegar memoria descritiva do inmoble, cos planos a escala e acoutados do estado actual do inmoble, acompañados de fotografías de todas as estancias, coa proposta das adaptacións e/ou obras de reforma que se realizarán, de ser o caso, en cada unha delas. De realizar obras, planos a escala representativos do estado reformado nos termos previstos no artigo 10, letra g) da orde.

BS212A/2023-17

Sonia Nevado Denche

***1954**

Achegar proposta metodolóxica básica, asinada pola/s persoa/s que desenvolverá/n o proxecto, nun só documento, nos termos previstos no artigo 10.1, letra e) da orde.

Modificar e achegar memoria descritiva do inmoble, cos planos a escala e acoutados do estado actual do inmoble, acompañados de fotografías de todas as estancias, coa proposta das adaptacións e/ou obras de reforma que se realizarán, de ser o caso, en cada unha delas. De realizar obras, planos a escala representativos do estado reformado nos termos previstos no artigo 10, letra g) da orde. Dado que a casa está no mesmo inmoble doutra casa do maior xa existente, deberá delimitarse os espazos de cada unha, de acordo co artigo 4.2 da orde.

BS212A/2023-18

Tamara Vázquez Portabales

***5929**

Achegar proposta metodolóxica básica, asinada pola persoa que desenvolverá o proxecto.

BS212A/2023-19

Vanesa dos Anjos López

***5942**

Achegar memoria descritiva en que se recolla a localización xeográfica do proxecto e o número potencial de persoas maiores usuarias e se xustifique a súa necesidade e oportunidade, apoiada na análise do contorno e nos datos oficiais de poboación publicados polo Instituto Galego de Estatística dos últimos tres anos nos termos previstos no artigo 10.1, letra d) da orde.

Achegar proposta metodolóxica básica, asinada pola/s persoa/s que desenvolverá/n o proxecto, nun só documento, nos termos previstos no artigo 10.1, letra e) da orde.

Achegar descrición do equipamento e dos materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto, que comprenderá as características e a composición de todos os elementos nos termos previstos no artigo 4.1, letra c), e no artigo 10, letra f) da Orde.

Achegar memoria descritiva do inmoble, cos planos a escala e acoutados do estado actual do inmoble, acompañados de fotografías de todas as estancias, coa proposta das adaptacións e/ou obras de reforma que se realizarán, de ser o caso, en cada unha delas. De realizar obras, planos a escala representativos do estado reformado nos termos previstos no artigo 10, letra g) da orde. Dado que a casa está no mesmo inmoble doutra casa do maior xa existente, deberá delimitarse os espazos de cada unha, de acordo co artigo 4.2 da orde.