DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 17 de agosto de 2023 Páx. 48644

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2023, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 4 de agosto de 2023 de concesión de subvencións destinadas á realización de programas de estadías formativas en entidades e empresas vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia, destinados ás persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciados polo Fondo Social Europeo, Programa operativo de emprego xuvenil (programa Xuventude Mentoring na empresa, código de procedemento BS324D).

No Diario Oficial de Galicia número 117, do 21 de xuño de 2023, publícase a Orde do 8 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de estadías formativas en entidades e empresas vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia, destinados ás persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciados polo Fondo Social Europeo, Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (programa Xuventude Mentoring na empresa, código de procedemento BS324D).

Esta orde ten por obxecto establecer o procedemento de concesión de subvencións para a posta en marcha de programas de estadías formativas para persoas mozas en empresas ou entidades públicas ou privadas vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia (programa Xuventude Mentoring na empresa 2023).

O procedemento de concesión das subvencións será en réxime de concorrencia competitiva e conforme os principios de publicidade, transparencia, igualdade e non discriminación.

O 21 de xullo de 2023 publícase no Diario Oficial de Galicia número 139 a Orde do 18 de xullo de 2023 pola que se modifica a Orde do 8 de xuño de 2023. No artigo 5, relativo á duración e características das estadías formativas, amplíase a duración das estadías formativas ata o 15 de novembro de 2023.

A finalidade destes programas é reforzar a empregabilidade e as habilidades e competencias profesionais das persoas mozas rexistradas no Sistema nacional de garantía xuvenil, non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, contribuíndo á mellora da súa formación mediante a adquisición de experiencia profesional para a súa incorporación ao mercado de traballo.

De conformidade coa disposición adicional segunda, apróbase a delegación de atribucións da conselleira de Política Social e Xuventude na persoa titular da dirección xeral con competencias en materia de xuventude para resolver a concesión, denegación, modificación ou outras incidencias das axudas previstas nesta orde, así como para autorizar e dispor os gastos, o recoñecemento das obrigas e a proposta de pagamento, en relación co disposto no artigo 73.a) do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Así mesmo, o artigo 19 da orde indica que lle corresponde á persoa titular da dirección xeral competente en materia de xuventude, por delegación da conselleira de Política Social e Xuventude, logo de proposta do órgano instrutor e da fiscalización pola Intervención, a competencia para a adxudicación das axudas mediante a correspondente resolución. Esta resolución será notificada de conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, no prazo máximo de catro meses, contados desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. A publicación da resolución terá os efectos de notificación.

Así mesmo, a resolución definitiva coa relación de entidades beneficiarias, excluídas, desestimadas, listaxe de espera e renuncias será obxecto de publicidade, con carácter complementario, na páxina web da dirección xeral competente en materia de mocidade, http://xuventude.xunta.es

Unha vez instruído o procedemento e tras a proposta de resolución, o 4 de agosto de 2023 o órgano competente emite a resolución das subvencións convocadas.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 4 de agosto de 2023, de concesión de subvencións destinadas á realización de programas de estadías formativas en entidades e empresas vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia, destinados ás persoas mozas rexistradas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciados polo Fondo Social Europeo, Programa operativo de emprego xuvenil, e convocados para o ano 2023 (programa Xuventude Mentoring na empresa, código de procedemento BS324D).

Segundo. Comunicar que a Resolución do 4 de agosto de 2023 pon fin a este procedemento e esgota a vía administrativa. Contra ela poderá interporse o recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceira. A notificación da resolución comprenderá o acto de outorgamento da subvención, que será efectiva desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 22 da orde de convocatoria. Malia isto, a efectividade da resolución estará condicionada a que a entidade beneficiaria a acepte expresamente e concrete a/s entidade/s ou empresa/s de realización das estadías formativas, mediante a entrega da seguinte documentación, na forma sinalada no artigo 10, no prazo de 10 días hábiles contados desde a devandita publicación:

a) Anexo III cuberto en que se acepte ou se renuncie á subvención e no cal se incluirá:

1º. En caso de aceptar a subvención, o número de conta bancaria co código IBAN de que sexa titular a persoa beneficiaria.

2º. De ser o caso, a solicitude do anticipo previsto no artigo 25, marcando o recadro previsto para o efecto.

3º. O extracto da convocatoria do proceso selectivo das persoas mozas participantes, nos termos establecidos no artigo seguinte.

b) Sempre que non o presentasen xa con anterioridade, anexo/s IV ou compromiso da/das empresa/s ou entidade/s de estadías, asinado/s pola/s persoa/s responsable/s para a realización destas.

Para as entidades beneficiarias das subvencións que non presenten en prazo e forma os anexos III e IV, a persoa titular da dirección xeral competente en materia de xuventude, por delegación da persoa titular da consellería, declarará a perda do dereito á subvención, logo resolución ditada nos termos do artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2023

Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO

Resolución do 4 de agosto de 2023 de concesión de subvencións destinadas á realización de programas de estadías formativas en entidades e empresas vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia, destinadas ás persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciados polo Fondo Social Europeo, Programa operativo de emprego xuvenil, convocados para o ano 2023 (programa Xuventude Mentoring na empresa, código de procedemento BS324D)

Antecedentes:

A Orde do 8 de xuño de 2023 establece as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de estadías formativas en entidades e empresas vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia, destinados ás persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciados polo Fondo Social Europeo, Programa operativo de emprego xuvenil, convocadas para o ano 2023 (programa Xuventude Mentoring na empresa, código de procedemento BS324D).

Esta orde ten por obxecto establecer o procedemento de concesión de subvencións para a posta en marcha de programas de estadías formativas para persoas mozas en empresas ou entidades públicas ou privadas vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia (programa Xuventude Mentoring na empresa 2023).

Estas axudas estarán cofinanciadas nunha porcentaxe do 80 % polo Fondo Social Europeo, Programa operativo de emprego xuvenil 2014-2020, dentro do eixe 1B, Fomento do emprego sustentable e de calidade e da mobilidade laboral. Obxectivo temático 8: promover a sustentabilidade e a calidade no emprego e favorecer a mobilidade laboral. Prioridade de investimento 8.2: integración sustentable no mercado de traballo das persoas mozas, en particular daquelas sen traballo e non integradas nos sistemas de educación ou formación, así como a mocidade que corre o risco de sufrir exclusión social e os procedentes de comunidades marxinadas, tamén a través da aplicación de Garantía xuvenil. Obxectivo específico 8.2.2: reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais das persoas mozas non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación. Medida 8.2.2.6.: prácticas non laborais en empresas.

Para o financiamento destas subvencións existe crédito suficiente e adecuado na Lei 6/2022, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023, cunha contía total de 1.289.507,48 euros (código de proxecto 2022 00109).

A distribución inicial de créditos fíxase do seguinte xeito:

a) 250.000,00 euros con cargo á aplicación orzamentaria 13.06.313A.460.0 (código de proxecto 2022 00109) para o cofinanciamento de programas de estadías formativas en Galicia vinculadas a sectores estratéxicos presentadas por concellos, agrupacións de concellos ou mancomunidades de Comunidade Autónoma de Galicia validamente constituídas.

b) 1.039.507,48 euros con cargo á aplicación orzamentaria 13.06.313A.481.0 (código de proxecto 2022 00109) para o cofinanciamento de programas de estadías formativas en Galicia vinculadas a sectores estratéxicos presentadas por entidades privadas sen ánimo de lucro, con sede permanente ou domicilio social en Galicia.

En todo caso, o importe máximo da axuda que se poderá conceder para cada entidade beneficiaria establécese en 120.000 €.

Os gastos subvencionables recóllense no artigo 7 da Orde do 8 de xuño de 2023.

Feitos:

Primeiro. A Comisión de avaliación asinou o día 26 de xullo de 2023 a acta en que se recollen as avaliacións das solicitudes admitidas a trámite segundo os criterios do artigo 18.

Segundo. Como resultado da aplicación dos criterios de avaliación obtívose unha relación ordenada de todas as solicitudes que cumpren coas condicións establecidas nas bases para adquirir a condición de entidade beneficiaria, con indicación da puntuación outorgada en cada unha delas.

Segundo o artigo 19 da Orde do 8 de xuño de 2023, a concesión da axuda efectuarase consonte a orde de prelación establecida no informe da Comisión de Avaliación ata esgotar o crédito orzamentario correspondente. Asi mesmo, as entidades que non sexan propostas como adxudicatarias inicialmente por esgotarse o crédito orzamentario correspondente, pasarán a conformar unha listaxe de agarda, que formará igualmente parte da proposta de resolución, coa finalidade prevista no número 2 do artigo 21.

Terceiro. O órgano instrutor, con base no informe da comisión cualificadora, tendo en conta as bases da convocatoria, eleva a súa proposta de concesión de subvencións destinadas á realización de programas de estadías formativas en entidades e empresas vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia, programa Xuventude Mentoring.

Fundamentos xurídicos:

Vistos os antecedentes citados e tendo en conta o disposto nos artigos 16 e 18 da citada orde e os demais preceptos normativos de xeral e pertinente aplicación, esta dirección xeral, e de conformidade co disposto na Orde do 8 de xuño de 2023,

RESOLVE:

Primeiro. Conceder ás entidades locais que se relacionan no anexo I desta resolución as subvencións convocadas na dita orde de convocatoria con cargo á aplicación orzamentaria 13.06.313A.460.0.

Concederlles ás entidades sen ánimo de lucro que se relacionan no anexo II desta resolución as subvencións convocadas na dita orde de convocatoria con cargo á aplicación orzamentaria 13.06.313A.481.0.

A concesión desta subvención supón que a entidade beneficiaria acepta ser incluída na listaxe pública de operacións prevista no artigo 115 do Regulamento (UE) 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, polo que se establecen disposicións comúns relativas a FSE e outros fondos.

Para dar cumprimento aos requisitos de información e comunicación previstos no anexo I do Regulamento (UE) 1304/2013 (modificado polo Regulamento 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo), proporciónase a aplicación informática Participa 1420, que permite o rexistro dos indicadores comúns e específicos, tanto de produtividade como de resultado inmediato e a longo prazo, garante a integridade dos datos e a depuración automática da información.

As subvencións concedidas condicionaranse ao cumprimento de todas as obrigas establecidas no artigo 26 da Orde do 8 de xuño de 2023 (recollidas no anexo II desta resolución).

As entidades beneficiarias disporán dun prazo de 10 días hábiles, contados desde a publicación da resolución, para achegar o anexo III da orde de convocatoria cuberto en que se acepte ou renuncie á subvención e, no caso de solicitar o anticipo previsto no artigo 25 da orde, terá que indicalo no mesmo anexo marcando o recadro previsto para o efecto.

No mesmo prazo de 10 días hábiles deberá presentar o extracto da convocatoria do proceso selectivo das persoas mozas participantes.

Sempre que non o presentasen xa con anterioridade, anexo/s IV ou compromiso da/das empresa/s ou entidade/s de estadías, asinado/s pola/s persoa/s responsable/s para a realización destas.

A non presentación dos anexos III e IV en prazo e forma comporta a declaración da perda do dereito á subvención.

Segundo. A xustificación da subvención realizarase con data límite do 20 de novembro de 2023, para o cal se achegará a documentación recollida no artigo 24.4 da orde de convocatoria.

Unha vez recibida e comprobada a documentación xustificativa, poderase realizar o pagamento da subvención concedida. No caso de que o gasto xustificado sexa inferior ao orzamento da subvención e no caso de incumprimento de obrigas, a contía da subvención será minorada de maneira proporcional e seguindo os criterios sinalados no artigo 27.

Poderanse realizar pagamentos anticipados e á conta da subvención concedida, de acordo co establecido no artigo 31.6 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, nos artigos 62 e 63 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, e nesta convocatoria.

Poderase solicitar un anticipo de ata o 80 % do importe concedido. A entidade beneficiaria que queira solicitar o anticipo deberá facelo marcando no recadro do anexo III.

O pagamento do 20 % restante do importe concedido realizarase tras a presentación da xustificación final da subvención.

Contra esta resolución, que pon fin ao procedemento e esgota a vía administrativa, poderá interporse o recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2023

A conselleira de Política Social e Xuventude
P.D. (Orde do 8 de xuño de 2023; DOG núm. 117, do 21 de xullo)
Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO I

Relación de entidades locais beneficiarias

Orde

Nº de exp.

Nome da entidade

NIF

Puntuación total

Orzamento

1

2023/008

Concello de Camariñas

P1501600I

86

80.149,32 €

ANEXO II

Relación de entidades sen ánimo de lucro beneficiarias

Orde

Nº de exp.

Nome da entidade

NIF

Puntuación total

Orzamento

1

2023/010

Asociacion Iris Social

G16824088

90

116.764,00 €

2

2023/005

Esgaia Inserta

G16918641

85

113.449,99 €

3

2023/009

Asociación de Empresarios de Redondela

G36039238

85

120.000,00 €

4

2023/002

Federación Esc. Familiares Agrarias Galicia

G15299357

74

95.100,00 €

5

2023/001

Bioga-Cluster Tecnol. Empr. Ciencias da Vida

G70259312

68

81.600,00 €

6

2023/006

Fundación Impulsarse para el Desarrollo del Empleo y la Integración Social

G27866763

65

105.250,00 €

7

2023/003

Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Ourense

G32015828

59

57.600,00 €

8

2023/004

Valores Innovation

G70377585

48

83.020,00 €

9

2023/007

Lug Open Factory

G27514090

20

22.800,00 €

Obrigas da actividade subvencionada

As entidades beneficiarias, ademais de cumprir as restantes obrigas previstas nesta orde e as establecidas pola normativa aplicable con carácter xeral ás subvencións públicas, deberán:

a) Realizar as accións dos programas de estadías formativas para as cales se concede a subvención, de conformidade co establecido nesta orde e nas instrucións ou manuais que a desenvolvan.

b) Acreditar ante o órgano convocante a realización das actividades e o cumprimento dos requisitos exixidos para a concesión da subvención, achegando a documentación que lles sexa requirida co fin de comprobar o cumprimento das obrigas que derivan da dita concesión.

c) Someterse ás actuacións de control, comprobación e inspección efectuadas pola consellería competente en materia de política social e xuventude e ás da Inspección de Traballo e Seguridade Social, ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás previstas na lexislación do Consello de Contas, así como o Tribunal de Contas ou a outros órganos da Administración do Estado ou da Unión Europea, as relativas ás verificacións que poidan realizar os organismos implicados na xestión e seguimento do Fondo Social Europeo, que poderán comprender as oportunas visitas sobre o terreo, e as que poidan corresponder, no suposto de cofinanciamento, á Comisión e ao Tribunal de Contas das Comunidades Europeas, e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

d) Comunicarlle ao órgano convocante calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidos polas persoas beneficiarias e, de ser o caso, a obtención concorrente de subvencións, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, procedentes de calquera outra Administración ou ente público estatal ou internacional. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

e) Comunicarlle ao órgano convocante, no prazo de 3 días seguintes desde que se produza o feito:

1º. A interrupción ou abandono das estadías, mediante escrito motivado e asinado pola persoa participante.

2º. O cambio de empresa/entidade de estadías, mediante escrito motivado.

f) Difundir a convocatoria do seu programa de estadías formativas para a selección de mozos e mozas publicamente e coa adecuada antelación a través da internet (páxinas web e/ou redes sociais, así como na páxina web (http://xuventude.xunta.es), ou outros medios de difusión complementarios, de xeito que poidan ser coñecidas por todas as persoas potencialmente beneficiarias destas.

g) Buscar unha ou varias empresas e/ou entidades colaboradoras para a realización das estadías formativas en Galicia.

h) Dispor dos seguros médicos, de accidentes e de responsabilidade civil necesarios para dar cobertura ás persoas participantes nos programas de estadías formativas, desde o inicio ata a finalización destas.

i) Manter o contacto coa dirección xeral competente en materia de xuventude, durante todo o período de execución do programa subvencionado, en todas as súas fases, e ata un ano despois da súa finalización.

j) Asistir ás reunións informativas e xornadas formativas ás cales sexan convocadas durante o período de execución do programa subvencionado, e ata un ano despois da súa finalización.

k) Satisfacer, no momento do seu vencemento, as obrigas económicas que deriven do funcionamento do proxecto subvencionado, especialmente as de carácter salarial, se as houber con independencia de que se percibise con anterioridade a subvención concedida.

l) Ter a capacidade administrativa, financeira e operativa acreditada para cumprir as condicións da subvención.

2. Co fin de efectuar un seguimento adecuado da execución dos proxectos cofinanciados polo Fondo Social Europeo ao abeiro do Programa operativo de emprego xuvenil para o período 2014-2020, mediante as subvencións establecidas nesta orde a entidade beneficiaria deberá someterse, segundo a normativa europea que resulte de aplicación, ao cumprimento das seguintes obrigas:

a) Respectar as normas de subvencionabilidade do gasto financiado polo Fondo Social Europeo, reguladas mediante os artigos 69 e 125 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, de 17 decembro de 2013, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e se deroga o Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello, o artigo 13 do Regulamento (UE) nº 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo ao Fondo Social Europeo e polo que se deroga o Regulamento (CE) nº 1081/2006 do Consello (regulamentos modificados polo Regulamento 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo), así como as que se diten no seu desenvolvemento para o período 2014-2020, e a Orde ESS/1924/2016, do 13 de decembro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo durante o período de programación 2014-2020.

b) Cumprir coas medidas de información e comunicación establecidas no anexo XII do Regulamento (UE) 1303/2013 (modificado polo Regulamento 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo), en concreto:

1º. Para os efectos de difusión pública, deberán identificar convenientemente as actividades e servizos que desenvolva o programa subvencionado, especialmente a través do portal web do SNGX e de publicidade estática realizada por medio de carteis (tamaño mínimo A3) ou paneis que, colocados en lugar visible, informarán do programa de estadías formativas cofinanciado pola Unión Europea, a través do Fondo Social Europeo, Programa operativo de emprego xuvenil.

2º. Así mesmo, as persoas contratadas e as persoas mozas participantes serán informadas de que o programa está cofinanciado pola Xunta de Galicia (Consellería de Política Social e Xuventude) e polo Fondo Social Europeo, así como da finalidade da subvención, e figurarán todos os emblemas nas comunicacións. Tamén deberán facer unha breve descrición da operación na súa páxina web destacando o apoio financeiro da Unión Europea.

c) Manter un sistema de contabilidade diferenciado para todas as transaccións realizadas con cargo aos proxectos subvencionables polo Fondo Social Europeo, contando, polo menos, cun código contable axeitado que permita identificar claramente as transaccións e a súa rastrexabilidade.

d) Manter unha pista de auditoría suficiente, manter de forma separada na contabilidade o ingreso da axuda percibida e conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos durante un prazo de dous anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas anuais en que estean incluídos os gastos definitivos da operación concluída, de conformidade co disposto no artigo 140.1 do Regulamento (UE) 1303/2013, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control. O comezo dese prazo será oportunamente comunicado pola Dirección Xeral de Política de Cohesión e Fondos Europeos.

e) Realizar as actuacións precisas para recoller información suficiente relativa ao desenvolvemento das actuacións que permita dar cumprimento aos requisitos de información a través de indicadores de produtividade e resultados enumerados no artigo 5 do Regulamento (UE) 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo ao Fondo Social Europeo (modificado polo Regulamento 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo). Os indicadores de produtividade e os de resultados (anexo VIII) serán formalizados polas entidades beneficiarias da subvención nos 10 días hábiles seguintes á súa posta a disposición a través da aplicación Participa 1420.