DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 26 de xaneiro de 2024 Páx. 7694

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 26 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para a rexeneración e/ou mellora en masas consolidadas de frondosas autóctonas e para a xestión forestal sustentable para usos silvopastorais en masas consolidadas de frondosas autóctonas, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento MR620C e MR620D).

missing image file

A superficie forestal galega está ao redor dos 2.000.000 de ha. A mediados do século XX tan só unhas 540.000 ha estaban arboradas, pero esta superficie foi crecendo ata acadar 1.457.331, segundo datos do Inventario forestal continuo de Galicia. Este notorio cambio foi acompañado dunha expansión das masas de frondosas autóctonas, cuxa extensión actual é ampla, con preto de 619.561 hectáreas que ocupan o 42,5 % da superficie forestal galega, dominadas principalmente polo carballo, cerquiño, castiñeiro e bidueiro, xa sexa en forma de masas monoespecíficas ou pluriespecíficas, pero o seu grao de xestión forestal é baixo.

No contexto exposto, a Consellería do Medio Rural desenvolve un sistema de axudas co obxectivo de facilitar a rexeneración e/ou mellora en masas consolidadas de frondosas autóctonas e para a xestión forestal sustentable para usos silvopastorais en masas consolidadas de frondosas autóctonas, contribuíndo á restauración de ecosistemas en territorios e ecosistemas degradados a través de dúas liñas de axudas:

Liña I: axudas para a rexeneración e/ou mellora de masas consolidadas de frondosas autóctonas relacionadas no anexo I da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia e que cumpran os criterios dos artigos 2 e 3 do Decreto 167/2019, do 5 de decembro, polo que se crea e se regula o Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas, salvo o requisito relativo á superficie.

Liña II: axudas para a xestión forestal sustentable para usos silvopastorais en masas consolidadas de frondosas autóctonas relacionadas no anexo I da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Esta iniciativa está aliñada coa 1ª revisión do Plan forestal de Galicia 2021-2040, Cara á neutralidade carbónica (en diante, PFG), aprobado polo Decreto 140/2021, do 30 de setembro.

O PFG é o instrumento básico de planificación forestal estratéxica para o deseño da política forestal galega, guía e orienta as liñas de actuación coa finalidade de acadar unha serie de obxectivos cuantitativos no horizonte temporal 2021-2040, entre outros, nas seguintes intervencións:

• Programa de fomento de xestión activa de frondosas autóctonas.

• Desenvolvemento regulamentario do Rexistro Administrativo de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas.

• Medidas de fomento da multifuncionalidade e doutros valores do monte.

• Programa de aproveitamento de pastos e forraxes en monte e de establecemento de sistemas silvopastorais.

As axudas recollidas nesta orde contribuirán a acadar os obxectivos cuantitativos establecidos nas devanditas intervencións. Así, as axudas previstas nesta orde contribúen a acadar o obxectivo:

Do eixe I, Contribución do monte galego á conservación da natureza e á prestación doutros servizos ambientais da primeira revisión do Plan forestal de Galicia 2021-2040, que inclúe o Programa de fomento de xestión activa de frondosas autóctonas (medida I.1.1.), cuxo obxecto é incentivar actuacións de axuda á rexeneración natural de frondosas caducifolias, así como a aplicación dunha silvicultura activa que favoreza a recuperación das masas existentes, considerando as plantacións de enriquecemento como medida de valorización.

Da medida IV.1.1, programa de aproveitamento de pasto e forraxes en monte e de establecemento de sistemas silvopastorais, encadrada no eixe IV, recursos forestais e cadea monte-industria, da primeira revisión do Plan forestal de Galicia 2021-2040. Esta medida ten como obxecto garantir a integración das actividades vinculadas coa produción de pasto e forraxe na xestión sustentable do monte de Galicia, fomentar a súa importancia en determinadas áreas do medio rural e fomentar o establecemento de sistemas silvopastorais en montes ou terreos forestais.

As masas consolidadas de frondosas autóctonas regúlanse no artigo 93 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, como masa de frondosas do anexo I da citada norma cunha superficie de polo menos 15 hectáreas e unha idade media de polo menos vinte anos, quedando excluídas as plantacións forestais.

O Decreto 167/2019, do 5 de decembro, polo que se crea e se regula o Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas, fixo efectivo o desenvolvemento regulamentario do disposto no artigo 126.1 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, polo que se crea o Sistema rexistral forestal de Galicia, entre eles, na súa alínea m), o Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas.

Isto permitiu, na data de publicación desta orde, a través do procedemento MR620A, Inscrición, modificación e baixa no rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas, implementado pola Consellería do Medio Rural, inscribir máis de 4.000 ha correspondentes a 52 montes ou terreos forestais.

Este instrumento xurídico será financiado integramente a través dos fondos asignados á Xunta de Galicia con cargo ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, mediante o instrumento do Mecanismo de recuperación e resiliencia, aprobado polo Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, dentro do compoñente 4 (C4), Conservación e restauración de ecosistemas mariños e terrestres e a súa biodiversidade, investimento 4 (I4), Xestión forestal sustentable, e investimento 3 (I3), Restauración de ecosistemas e infraestrutura verde.

Dentro dos obxectivos que recolle o PRTR no seu compoñente 4 (C4), Conservación e restauración de ecosistemas mariños e terrestres e a súa biodiversidade, está alcanzar un bo estado de conservación dos ecosistemas mediante a súa restauración ecolóxica cando sexa necesaria e reverter a perda de biodiversidade, garantindo un uso sustentable dos recursos naturais e a preservación e mellora dos seus servizos ecosistémicos. Este compoñente inclúe, entre outros, os seguintes investimentos:

– Investimento 3 (I3), Restauración de ecosistemas e infraestrutura verde. Comprende un conxunto de actuacións en apoio á implementación da reforma 2 (Estratexia estatal de infraestrutura verde, conectividade e restauración ecolóxica) e da reforma 4 (Estratexia nacional de loita contra a desertificación). Entre estas actuacións hai que salientar as destinadas á restauración de ecosistemas naturais, recuperación de zonas alteradas por actividades mineiras, fomento da conectividade e iniciativas en contornas urbanas destinadas ao seu reverdecemento e achegamento da natureza.

– Investimento 4 (I4), Xestión forestal sustentable, que se compón de investimentos para a xestión forestal, en que se formulan:

i. Plans de soporte técnico aos propietarios e administracións forestais para a consolidación da propiedade pública e a redacción de proxectos de ordenación ou plans de xestión e as súas revisións, así como a súa aplicación.

ii. Unha liña de actuación sobre o reto demográfico, para loitar contra o despoboamento e garantir a cohesión territorial e social

iii. Un especial esforzo en materia de defensa dos ecosistemas mediante a loita contra incendios, por ser un elemento especialmente importante no noso país.

As actuacións recollidas nesta orde de axuda, que se enmarcan no compoñente 4 (C4) do PRTR, segundo o anexo VI do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, contribúen á transición ecolóxica do seguinte xeito:

– As actuacións recollidas no investimento 3 (I3), incluídas na liña I desta orde, teñen asignado un campo de intervención cuxo código é o 050 cun coeficiente de contribución aos obxectivos climáticos do 40 % e do 100 % para os medioambientais.

– As actuacións recollidas no investimento 4 (I4), incluídas na liña II da presente orde, teñen asignado un campo de intervención cuxo código é o 050 cun coeficiente de contribución aos obxectivos climáticos do 40 % e do 100 % para os ambientais.

Para financiar esta convocatoria de axudas, a Consellería do Medio Rural dispón nos seus orzamentos dun total de 683.110 euros, incluídos nos investimentos 3 (I3) (259.978 euros) e 4 (I4) (423.132 euros) do compoñente 4 do PRTR, segundo o acordado nas conferencias sectoriais de ambiente do 9 de xullo de 2021, do 15 de decembro de 2021 e de 20 de xuño de 2022. As devanditas actuacións son financiables co Mecanismo de recuperación e resiliencia (MRR), establecido polo Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, a través do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

A experiencia na xestión das axudas acadada pola Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal xustifica que se inclúa como obrigatoria a tramitación electrónica do procedemento por parte das persoas físicas solicitantes que non están obrigadas polas disposicións lexislativas ao emprego de medios electrónicos, xa que se considerou acreditado que teñen acceso e dispoñibilidade dos medios electrónicos necesarios. Así mesmo, de acordo coa experiencia de convocatorias de axudas anteriores e tamén por razón da súa capacidade económica, na maioría dos casos as persoas físicas son asesoradas por gabinetes técnicos que son os que, frecuentemente, formalizan a solicitude de axuda.

Ademais, a tramitación electrónica do procedemento redunda nunha maior comodidade na presentación e recepción de documentos, así como nunha maior rapidez, seguridade e axilidade na tramitación, cuestións moi valoradas polas persoas físicas.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das facultades que confiren os artigos 7 e 14 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e de acordo co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e demais normativa concorrente,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas para a rexeneración e/ou mellora de masas consolidadas de frondosas autóctonas e para a xestión forestal sustentable para usos silvopastorais en masas consolidadas de frondosas autóctonas, en réxime de concorrencia competitiva, e convocalas para o ano 2024 a través de dúas liñas de axudas.

Para a liña I: o obxecto da orde é establecer as bases que regulan as axudas para a rexeneración e/ou mellora de masas consolidadas de frondosas autóctonas relacionadas no anexo I da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e que cumpran os criterios dos artigos 2 e 3 do Decreto 167/2019, do 5 de decembro, polo que se crea e se regula o Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas, salvo o requisito relativo a superficie. En todo caso, teñen prioridade as masas que figuren inscritas no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas regulado no citado decreto (procedemento MR620C).

Para a liña II: tamén é obxecto desta orde establecer as bases das axudas para a xestión forestal sustentable para usos silvopastorais en masas consolidadas de frondosas autóctonas relacionadas no anexo I da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (procedemento MR620D).

2. As axudas da liña I ampáranse nas actuacións incluídas no investimento 3 (I3), Restauración de ecosistemas e infraestrutura verde e as axudas da liña II no investimento 4 (I4), Xestión forestal sustentable, do compoñente 4 (C4), Conservación e restauración de ecosistemas mariños e terrestres e a súa biodiversidade, do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España, e contribuirán ao cumprimento dos obxectivos asociados a esta, de acordo coa normativa reguladora do Mecanismo de recuperación e resiliencia e do Plan de recuperación a nivel europeo e nacional.

4. As actuacións subvencionadas atenderán ao principio de «non causar dano significativo» a ningún dos obxectivos ambientais establecidos no Regulamento (UE) 2020/852 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xuño de 2020, relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sustentables, e polo que se modifica o Regulamento (UE) 2019/2088.

Artigo 2. Ámbito de aplicación

1. Esta orde será de aplicación aos montes ou terreos forestais, segundo a definición do artigo 2 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (en diante, terreo), do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, con exclusión de:

a) Terreos que sexan propiedade da Administración central ou autonómica.

b) Terreos propiedade da Coroa.

c) Terreos que pertenzan a empresas públicas.

d) Terreos propiedade de persoas xurídicas, cando polo menos o 50 % do seu capital pertenza a algunha das institucións anteriormente citadas.

e) Os terreos cun proceso iniciado de expropiación forzosa.

f) Os terreos que dentro da Rede Natura 2000 teñan hábitats prioritarios establecidos na Directiva 92/43/CEE, do 21 de maio de 1992, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres.

g) Os terreos onde o plan xeral de ordenación municipal ou, na súa falta, no Plan básico autonómico de Galicia (Decreto 83/2018, do 26 de xullo; DOG núm. 162, do 27 de agosto) estableza unha clasificación do solo en que se vaia actuar que non permita as actuacións polas cales se solicita axuda.

2. No caso de montes ou terreos forestais propiedade do Estado e da Comunidade Autónoma de Galicia, a axuda poderá ser concedida se o órgano que xestiona esas terras é un organismo privado.

Artigo 3. Persoas beneficiarias

1. Serán persoas beneficiarias as entidades locais e as persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares dos terreos obxecto de axuda, entendendo por titulares tanto propietarias como arrendatarias ou xestoras, excepto para a liña II, en que se exclúen como persoa beneficiaria as entidades locais.

2. As persoas beneficiarias deben cumprir coas obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e non estar incursas en ningunha clase de inhabilitación de axudas previstas no seu artigo 10. Ademais, non deben estar incursas en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

3. As CMVMC para poder acceder a estas subvencións deberán estar legalmente constituídas e regulamentariamente inscritas no Rexistro Provincial de CMVMC, de acordo co disposto no artigo 57 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e cumprir co disposto no artigo 125 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e no Decreto 23/2016, do 25 de febreiro, polo que se regula o reinvestimento dos ingresos obtidos polas CMVMC en actuacións de mellora e protección forestal, como moi tarde o día en que remate o prazo de solicitude da axuda.

4. Non poderán ser beneficiarias aquelas empresas que entren dentro da categoría de empresas en crise, de acordo coa definición do Regulamento (UE) 2022/2472 da Comisión, do 14 de decembro de 2022, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e en zonas rurais compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea.

Para verificar o cumprimento deste requisito, as persoas solicitantes deberán declarar na solicitude que non se encontran en situación de crise conforme a normativa comunitaria.

5. Non poderán ser beneficiarias aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión Europea que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

Artigo 4. Actuacións obxecto de axuda

1. Na liña I, rexeneración e/ou mellora de masas consolidadas de frondosas autóctonas relacionadas no anexo I da Lei 7/2012, de 28 de xuño, de montes de Galicia, e que cumpran os criterios dos artigos 2 e 3 do Decreto 167/2019, do 5 de decembro, polo que se crea e se regula o Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas, salvo o requisito relativo a superficie, son subvencionables as actuacións silvícolas necesarias para a xestión e o aproveitamento dos terreos de masas de frondosas autóctonas.

Os terreos obxecto de subvención deberán contar cun instrumento de ordenación ou xestión forestal inscrito no Rexistro de Montes Ordenados. Na súa falta, poden estar adheridos a algún dos modelos silvícolas QR1, QR2, QP1, QP2, QS1, BC1, PA1, PFMV, PF2, SEF, SPN, XFAS e RBA establecidos na Orde do 19 de maio de 2014 pola que se establecen os modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos e referentes de boas prácticas forestais para os distritos forestais de Galicia, modificada pola Orde do 9 de febreiro de 2021.

Ao ser esta liña de axudas unha medida con obxectivos ambientais e non produtivos, as actuacións elixibles, que se detallan a continuación, non conducirán a un aumento significativo no valor ou rendibilidade da explotación forestal.

1.1. Son actuacións elixibles:

1º. A roza, a formación de guías en que se manifeste nitidamente a dominancia apical e/ou poda ata 1/3 da altura como mínimo, a selección de abrochos e/ou as desmestas.

2º. A plantación puntual con especies arbóreas frondosas incluídas no anexo I da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e que se recollen no anexo VIII desta orde, co obxectivo de acadar a densidade axeitada na masa obxecto da actuación.

3º. O panel informativo, en consonancia coa obrigatoriedade da persoa beneficiaria de facer mención á orixe do financiamento das actuacións que se realicen ao abeiro desta orde, que se deberá localizar dentro ou estremeiro coa área obxecto da actuación nun lugar visible desde o acceso. Subvencionarase un panel por solicitude.

4º. Os honorarios de redacción do proxecto técnico, logo de solicitude e só nos casos en que sexa obrigatorio a súa presentación, segundo o máximo por hectárea indicado no anexo IX. Deberá ser elaborado por unha persoa titulada en enxeñaría de Montes ou enxeñería técnica Forestal, ou titulada universitaria de grao ou posgrao en materia forestal.

1.2. A densidade final mínima despois do tratamento será de 500 pés/ha.

1.3. Poderán solicitarse e acumularse diferentes actuacións do punto 1º e 2º sobre unha mesma superficie sempre que o importe por hectárea non supere os 2.900 € sen incluír os custos de redacción de proxecto e o panel informativo.

2. Na liña II, xestión forestal sustentable para usos silvopastorais en masas consolidadas de frondosas autóctonas relacionadas no anexo I da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, son subvencionables as actuacións silvícolas necesarias para a xestión e o aproveitamento dos terreos de masas de frondosas autóctonas.

As devanditas masas deberán contar cun instrumento de ordenación ou xestión forestal inscrito no Rexistro de Montes Ordenados. Na súa falta, poden estar adheridos ao modelo silvícola SS1 establecido na Orde do 19 de maio de 2014 pola que se establecen os modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos e referentes de boas prácticas forestais para os distritos forestais de Galicia, modificada pola Orde do 9 de febreiro de 2021.

Os terreos obxecto de axuda deberán rexistrarse no Rexistro Público de Terreos Forestais de Pastoreo no prazo máximo dun ano a partir da aprobación das axudas.

Ao ser esta liña de axudas unha medida con obxectivos ambientais e non produtivos, as actuacións elixibles que se detallan a continuación non conducirán a un aumento significativo no valor ou rendibilidade da explotación forestal.

2.1. Son actuacións elexibles:

1º. A roza, a formación de guías en que se manifeste nitidamente a dominancia apical e/ou poda ata 1/3 da altura como mínimo, a selección de abrochos e as desmestas.

2º. A emenda calcaria, a fertilización, a gradadura semipesada, a sementeira con especies pratenses e o pase de rolo.

3º. Os peches, cando se xustifique a súa necesidade (manexo de gando, principalmente) independentemente do tipo de persoa beneficiaria). Estarán suxeitos aos seguintes condicionantes:

a) Deberanse localizar dentro ou estremeiros coa área obxecto da actuación.

b) O importe máximo do investimento en euros calcularase aplicando os módulos recollidos no anexo IX, será de 9.760 euros por quilómetro de peche perimetral.

c) A repercusión máxima total por hectárea de actuación no peche perimetral será de 2.500 euros.

En todos os casos o peche deberá garantir o manexo dunha área concreta ou de toda a superficie de actuación. No caso de non alcanzarse a lonxitude necesaria para iso pola limitación establecida nesta línea, o treito máximo subvencionable poderá engadirse a outro/s non subvencionado/s sempre que con iso se chegue a delimitar totalmente unha área concreta ou toda a superficie de actuación, e se garanta a súa protección. De non ser así, non será subvencionable.

4º. O panel informativo, en consonancia coa obrigatoriedade da persoa beneficiaria de facer mención á orixe do financiamento das actuacións que se realicen ao abeiro desta orde, que se deberá localizar dentro ou estremeiro coa área obxecto da actuación nun lugar visible desde o acceso. Subvencionarase un panel por solicitude.

5º. Os honorarios de redacción do proxecto técnico, logo de solicitude e só nos casos en que sexa obrigatoria a súa presentación, segundo o máximo por hectárea indicado no anexo IX. Deberá ser elaborado por unha persoa titulada en enxeñaría de Montes ou enxeñería técnica Forestal, ou titulada universitaria de grao ou posgrao en materia forestal.

2.2. A densidade final mínima despois do tratamento será de 333 pés/ha.

2.3. Poderán solicitarse e acumularse diferentes actuacións do punto 1º e 2º sobre unha mesma superficie sempre que o importe por hectárea non supere os 2.900 € sen incluír os custos de redacción de proxecto e o panel informativo.

3. Unha mesma superficie non poderá obter axudas por accións enmarcada nas liñas I e II; non obstante, unha mesma persoa beneficiaria pode obter axudas nas liñas I e II sobre distintas superficies.

Artigo 5. Intensidade e compatibilidade da axuda

1. A intensidade da axuda poderá ser de ata o 100 % do investimento total subvencionable e o importe máximo subvencionable por persoa beneficiaria é de 30.000 € (IVE excluído).

2. A concesión da axuda será incompatible coa percepción doutras subvencións para a mesma finalidade e obxecto, sempre que sexa para o mesmo terreo forestal nos últimos cinco anos contados desde a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

3. Tanto na solicitude da axuda como na solicitude de pagamento, a persoa beneficiaria deberá indicar o detalle doutros ingresos ou subvencións que financien a actividade subvencionada, con indicación do importe e da súa procedencia.

4. O IVE non é subvencionable.

Artigo 6. Condicións técnicas xerais

1. As condicións técnicas mínimas e limitacións de uso que deben observarse figuran no anexo X. As actuacións deberán estar xustificadas no proxecto técnico cando sexa obrigatoria a súa presentación (artigo 12).

2. Nos terreos obxecto de solicitude de axuda deberase cumprir, en todo caso, co disposto na Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, nos artigos 12, número 1.e); 15 números 2 ao 8, e 17 do Decreto 105/2006, do 22 de xuño, que regula as medidas relativas á prevención de incendios forestais, á protección dos asentamentos no medio rural e á regulación de aproveitamentos e repoboacións forestais, na Orde do 31 de xullo de 2007 pola que se establecen os criterios para a xestión da biomasa vexetal, e na Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia.

3. En todo caso, será de aplicación o establecido na Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e a normativa de desenvolvemento, así como na Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia.

4. No caso de existiren valores singulares de tipo xeolóxico, edáfico, botánico, faunístico, histórico e paisaxístico delimitarase a súa localización e zona de influencia e excluiranse da superficie de actuación.

5. As partidas de planta utilizada nas plantacións puntuais deberán cumprir cos requisitos recollidos no anexo XIII.

6. No caso de que o investimento requira unha avaliación de impacto ambiental, esta realizarase conforme o establecido na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental. A persoa solicitante deberá acreditar a súa dispoñibilidade en sentido favorable e autorizar a Consellería do Medio Rural para recibir copia do informe para os efectos de tramitación da solicitude, especialmente no caso de terreos na Rede Natura 2000. No caso de que a dita autorización/informe xa conste en poder da Administración deberá indicalo no impreso de solicitude da axuda.

No caso de que, unha vez resolta a concesión da axuda, algunha das autorizacións/informes sexa desfavorable ou sexa entregada fóra do prazo de tres meses, contados desde a resolución de aprobación, procederase á tramitación do correspondente expediente de perda do dereito ao cobramento da axuda.

Ademais, a persoa solicitante deberá cumprir a normativa en materia de avaliación de impacto ambiental, en aplicación da Directiva 2011/92/UE do Parlamento Europeo e do Consello, do 13 de decembro de 2011, relativa á avaliación das repercusións de determinados proxectos públicos e privados sobre o ambiente, e conforme o disposto na normativa do Estado, en concreto, na Lei 21/2013, se for de aplicación.

7. No anexo XI figuran, para as persoas solicitantes que segundo o establecido no artigo 12 están obrigadas a presentar un proxecto, as instrucións de remisión da información do proxecto en soporte dixital e vectorial, así como as condicións técnicas para a redacción do proxecto das actuacións.

Artigo 7. Superficies mínimas e máximas para solicitar as axudas e superficies excluídas

1. Superficie mínima.

a) No caso das actuacións incluídas na liña I, a superficie mínima de actuación por solicitude será de 1 hectárea, superficie que se pode acadar cun máximo de 3 coutos redondos.

b) No caso das actuacións incluídas na liña II, a superficie mínima de actuación por solicitude será de 1 hectárea. Esta superficie mínima pode acadarse cun máximo de 3 coutos redondos, sempre que estes coutos redondos linden con superficies cubertas por especies frondosas autóctonas ou por superficie destinada ao uso gandeiro.

2. Superficie máxima:

Para todas as persoas solicitantes de axudas de actuacións recollidas nesta orde, a superficie máxima de actuación por solicitude será de 25 hectáreas nun ou varios coutos redondos. En todos os casos a continuidade superficial do couto redondo non se verá interrompida pola existencia de barreiras naturais ou artificiais.

3. Superficies excluídas da superficie de actuación:

a) Os enclavados de extensión igual ou superior a 500 m2, pistas, estradas, etc.

b) As superficies de concentración parcelaria en execución, salvo que o acordo de concentración parcelaria sexa firme antes do remate do prazo de solicitude destas axudas. Non obstante, poderanse aprobar as axudas nos casos en que, non sendo firme o acordo, o servizo da xefatura territorial da Consellería do Medio Rural responsable das infraestruturas agrarias emita un certificado en que indique o nome do propietario e a manifestación de que a titularidade do predio non vai cambiar.

c) As superficies incluídas nun proceso iniciado de expropiación forzosa.

d) No caso de existiren valores singulares de tipo xeolóxico, edáfolóxico, botánico, fáunico, histórico, literario e paisaxístico, delimitarase a súa localización e zona de influencia e excluiranse da superficie de actuación.

Artigo 8. Compromisos e indicadores asociados

1. As persoas beneficiarias das axudas comprométense expresamente ao cumprimento das condicións previstas nesta orde.

2. No caso de asociacións e agrupacións de propietarios legalmente constituídas, agrupacións forestais de xestión conxunta, comunidades de bens, os pro indivisos, os pro indivisos legalmente constituídos, os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, todos os seus membros se comprometen a cumprir todos os compromisos e obrigas establecidos nesta orde, así como na demais normativa concorrente. A responsabilidade do bo fin da actuación será exixible a cada propietario segundo a lexislación aplicable en cada caso.

3. De ser o caso e para a liña II, os terreos obxecto de axuda deberán rexistrarse no Rexistro Público de Terreos Forestais de Pastoreo no prazo máximo dun ano a partir da resolución de aprobación da axuda.

4. Se as superficies obxecto de actuación se transmitisen en todo ou en parte durante o período de compromiso, o novo titular deberá cumprir as condicións exixibles para a percepción das axudas que se lle outorgaron.

5. Se, unha vez efectuada a solicitude e antes da actuación, o terreo fose obxecto dun incendio forestal ou queima do mato, a persoa beneficiaria deberallo comunicar inmediatamente, por escrito, ao Servizo de Montes da xefatura territorial da Consellería do Medio Rural que corresponda por razón de territorio, co obxecto de adecuar a memoria descritiva das actuacións á nova realidade física do terreo antes do inicio dos traballos.

6. A persoa beneficiaria comprométese en todo momento a facilitarlle as tarefas de inspección ao persoal adscrito á consellería competente no medio rural nas materias relacionadas con esta orde.

7. Nas superficies de actuación todas as persoas beneficiarias se comprometen a cumprir co establecido no manual de boas prácticas na xestión forestal sustentable. Este aspecto verificarase na comprobación final e o seu incumprimento pode dar lugar á revogación da axuda concedida segundo se resolva o correspondente procedemento de perda de dereito ao cobramento. Así mesmo, nos montes conveniados que formen parte do Sistema de xestión forestal sustentable da Xunta de Galicia, as persoas beneficiarias das axudas comprométense a cumprir co establecido no manual de boas prácticas na xestión forestal sustentable.

8. En todos os casos, e para calquera tipo de titular, o persoal que executou os traballos deberá estar dado de alta no réxime xeral da Seguridade Social e poderáselle solicitar en calquera momento que verifique que cumpre o devandito requisito. Ademais, as empresas executoras deberán estar inscritas no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor).

9. No caso de cesións de pagamento, o titular da conta bancaria debe coincidir co cesionario e comprométese a manter a conta aberta ata o final do proceso de xestión da axuda.

10. Conforme o artigo 7 da Lei 31/2022, do 23 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2023, o artigo 37 do Real decreto lei 36/2020, do 30 de decembro, e o anexo I do Acordo da Conferencia Sectorial de Medio Ambiente, do 9 de xullo de 2021, polo que se aproban os criterios de repartición e a distribución territorial de créditos relativos ao compoñente 4 (C4), Conservación e restauración de ecosistemas mariños e terrestres e a súa biodiversidade, do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, para o exercicio orzamentario 2021, o financiamento dos proxectos estará vencellado ao cumprimento dos fitos e obxectivos previstos no PRTR e, para iso, a persoa beneficiaria terá que achegar a medición dos indicadores que se concretan neste artigo.

En particular, a presente convocatoria contribúe a acadar o cumprimento do fito 71 para o investimento 3 (I3) e o fito 425 para o investimento 4 (I4). As persoas beneficiarias deberán achegar a medición detallada da superficie asociada aos traballos realizados que contribúen a acadar os devanditos obxectivos.

Artigo 9. Criterios de baremación

1. As solicitudes que cumpran os criterios e requisitos da orde priorizaranse, en orde decrecente, segundo os seguintes criterios de baremación:

a) Actuacións en terreos inscritos no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas (RMCFA): 50 puntos.

b) Superficie (ha) da masa de frondosas autóctonas inscrita segundo os datos que figuren no RMCFA ata un máximo de 20 puntos: outorgándolle a maior puntuación á persoa solicitante con maior número de superficie no RMCFA e ao resto a que lles corresponda en proporción.

c) Se a persoa solicitante é unha CMVMC ou unha agrupación forestal de xestión conxunta: 10 puntos.

d) Actuacións en zonas clasificadas como Rede Natura 2000: 10 puntos.

e) Actuacións en superficies incluídas no Rexistro Público de Terreos Forestais de Pastoreo: 10 puntos.

A puntuación final será a suma das puntuacións obtidas nas letras anteriores.

2. As solicitudes presentadas que cumpran coas condicións administrativas e técnicas establecidas na orde ordenaranse de acordo cos criterios de prioridade indicados, e aprobaranse as solicitudes de maior a menor puntuación ata esgotar o orzamento asignado a cada liña de axudas.

3. En caso de empate, desempatarase polos seguintes criterios e na orde que se establece:

1. Actuacións en superficies de zonas clasificada como Rede Natura 2000.

2. Actuacións realizadas en montes inscritos no Rexistro de Montes Ordenados.

3. Maior superficie de actuación.

4. Maior importe de subvención.

Artigo 10. Solicitude

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible (anexo I para a liña I e anexo I-bis para a liña II) na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. A persoa solicitante fará constar na solicitude de axuda (anexo I ou anexo I-bis, segundo o caso) se a superficie de actuación comprende zonas incluídas na Rede Natura 2000, zonas de protección lateral do Camiño de Santiago ou se está afectada pola normativa de patrimonio cultural de Galicia, conforme o Decreto 232/2008, do 2 de outubro, sobre o Inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia, así como calquera outra afección segundo a lexislación sectorial vixente en materias distintas da forestal. As ditas afeccións están reflectidas no visor que figura no enderezo electrónico http://mapas.xunta.gal/visores/aproveitamentos/

3. A persoa interesada deberá presentar unha solicitude, dirixida á xefatura territorial da Consellería do Medio Rural da provincia onde radique o terreo obxecto de actuación, axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo I para a liña I e como anexo I-bis para a liña II (solicitude), que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 12 desta orde xunto cos anexos que sexan necesarios.

4. No formulario de solicitude (anexo I ou anexo I-bis, segundo o caso) inclúense as seguintes declaracións responsables:

a) De todas as axudas solicitadas e concedidas para a mesma finalidade ou os mesmos custos, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.

b) De que todos os datos contidos nesta solicitude e nos documentos que se achegan son certos.

c) De que cumpre coas obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e non está incursa en ningunha clase de inhabilitación de axudas previstas no seu artigo 10. Ademais, de que non está incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

d) De que a persoa solicitante cumpre as disposicións contidas nesta orde.

e) Que a persoa solicitante non está inmersa nun proceso de concurso de acredores nin se encontra en situación de crise conforme a normativa comunitaria.

f) Compromiso de cumprimento dos principios transversais establecidos no PRTR, en concreto as seguintes:

i. Declaración responsable do cumprimento do compromiso de etiquetaxe verde e dixital prevista no PRTR, con base no Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia. As actuacións recollidas nestas liñas de axudas teñen asignado un campo de intervención cuxo código é o 050, cunha contribución do 40 % aos obxectivos climáticos e do 100 % aos obxectivos ambientais.

ii. Declaración responsable do cumprimento do compromiso do principio horizontal de «non causar prexuízo significativo» (Do no significant harm, DNSH) que define o artigo 2.6 do Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, respecto dos seis obxectivos ambientais recollidos no artigo 5 da Orde HFP/1030/2021 e definidos no Regulamento (UE) nº 2020/852 (Regulamento de taxonomía da UE):

a) Mitigación do cambio climático.

b) Adaptación ao cambio climático.

c) Uso sustentable e protección dos recursos hídricos e mariños.

d)Transición cara a unha economía circular.

e) Prevención e control da contaminación.

f) Protección e recuperación da biodiversidade e os ecosistemas.

Atendendo ao concreto tipo de actuación, poderá resultar exixible o condicionado específico que recolle o número 8 do compoñente 4 do PRTR para o investimento I3 e I4 (C04.I04 e I03).

g) Declaración de cesión e tratamento de datos en relación coa execución de actuacións do Plan de recuperación, transformación e resiliencia para o compoñente 4 (C04) para dar cumprimento ao establecido no artigo 22.2.d) do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, e ao artigo 8.1 da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, e segundo o modelo b) do anexo IV da citada orde.

h) Declaración de compromiso de cumprimento dos principios transversais en relación coa execución de actuacións do Plan de recuperación, transformación e resiliencia para o compoñente 4 (C04) para dar cumprimento ao establecido no artigo 22.2.d) do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, e ao artigo 8.1 da Orde HFP/1030/2021, de 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, e segundo o modelo c) do anexo IV da citada orde.

5. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación das bases reguladoras destas axudas, pero non implica ningún dereito para a peticionaria mentres non exista resolución favorable á petición.

6. Para cada liña de axuda soamente se poderá presentar unha solicitude por titular, ano e para os terreos que se encontren nun mesmo concello, agás no caso de que un titular teña terreos en dúas ou máis agrupacións forestais, nas cales o 50 % dos seus membros deberá ser distinto. No caso contrario, procederase de oficio a arquivar sen máis trámite as solicitudes presentadas con posterioridade á primeira. Deberase presentar unha solicitude para cada petición realizada sobre diferentes concellos.

7. Toda a información para a presentación de solicitudes está dispoñible na Guía de procedementos e servizos no enderezo https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos. Tamén se poderá acceder á información a través da oficina agraria virtual (OAV) dispoñible no enderezo https://mediorural.xunta.gal/gl/oficina-virtual-do-medio-rural

6. A presentación da solicitude non implica ningún dereito para o peticionario mentres non exista resolución favorable á petición.

Artigo 11. Prazos de presentación de solicitudes e emenda da solicitude

1. O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

2. Os traballos solicitados na solicitude de axuda non poderán iniciarse antes da inspección previa, a que se refire o artigo 16 desta orde, e estarán condicionados á aprobación da axuda.

3. Se a solicitude non estivese debidamente cuberta, non se achegase a documentación exixida ou non se reunisen os requisitos sinalados na normativa da convocatoria ou os que, con carácter xeral, se indican na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a persoa solicitante será requirida para que, no prazo de 10 días hábiles contados desde o día seguinte ao da notificación do requirimento, emende o defecto advertido, a falta detectada ou presente os documentos preceptivos, e indicarase ademais que, de non o facer, se considerará que desiste da súa petición, logo de resolución que declarará esta circunstancia e que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da citada lei.

Artigo 12. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I ou anexo I-bis, segundo o caso) a seguinte documentación:

a) Documentación xeral:

a.1) Documentación que acredite, por calquera medio válido en dereito, a representación con que actúa a persoa que asina a solicitude.

a.2) Acreditación da propiedade coa seguinte documentación, segundo o caso:

No caso de CMVMC, mediante declaración responsable e de acordo cos datos que figuren no Rexistro Xeral de Montes Veciñais en Man Común.

No caso de montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo, mediante declaración responsable e de acordo cos datos que figuren no Rexistro de Montes de Varas, Abertais, de Voces, de Vocerío ou de Fabeo.

No caso de Sofor, mediante declaración responsable e de acordo cos datos que figuren no Rexistro de Sofor (Rsofor).

No caso de propietarios particulares de xeito individual, mediante calquera documentación, xustificativa da propiedade admisible en dereito ou, na súa falta, mediante declaración xurada.

No caso de pro indivisos, pro indivisos legalmente constituídos, fundacións, asociacións e agrupación de propietarios legalmente constituída, excepto SAT e cooperativas, mediante unha copia do documento que acredite a propiedade dos terreos (só para os efectos desta orde) ou na súa falta, mediante declaración responsable.

No caso de SAT ou cooperativas, mediante certificado do responsable do Rexistro de SAT e do responsable do Rexistro das Cooperativas de Galicia.

No caso de titulares non propietarios do terreo, copia do contrato de arrendamento ou de xestión.

No caso de entidades locais, documento que acredite a propiedade do terreo.

As organizacións inscritas no Rexistro de Agrupacións Forestais de Xestión Conxunta non precisarán aportar documentación que acredite a propiedade ou a cesión dos dereitos de uso e aproveitamento das parcelas inscritas neste rexistro a favor da agrupación forestal de xestión conxunta.

a.3) As entidades locais, as persoas xurídicas e os propietarios particulares de xeito individual que soliciten axuda para unha superficie de actuación igual ou superior a 10 hectáreas, deberán presentar un proxecto (en formato PDF ou similar, e coa cartografía en soporte dixital e formato vectorial), de acordo co establecido no anexo XI, asinado con certificado dixital por unha persoa titulada en enxeñaría de Montes ou enxeñaría técnica Forestal, ou titulada universitaria de grao ou posgrao en materia forestal, e co nomeamento do director de obra.

a.4) Para todas as persoas solicitantes, os orzamentos ou facturas pro forma do importe do gasto subvencionable asinadas electronicamente e cos seguintes requisitos:

– Non poderán proceder de persoas físicas ou xurídicas vinculadas entre elas nin co solicitante.

– Deberán incluír, como mínimo, o NIF ou CIF, o nome e enderezo da empresa ou persoa oferente, o nome ou razón social do solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados e o seu importe unitario (desagregación de todas as actuacións polas que se solicita axuda por custos unitarios de unidades de obra).

No caso de que o importe do gasto subvencionable sexa igual ou superior aos importes de contrato menor segundo o establecido no artigo 118 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, IVE excluído, a persoa solicitante deberá presentar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, nas cales figurarán detalladas as actuacións que se van realizar (desagregación de todas as actuacións polas que se solicita axuda por custos unitarios de unidades de obra).

A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía, e cando a elección non recaia na proposta económica máis favorable deberá xustificarse expresamente nunha memoria. Ademais, non se admitirán as ofertas que procedan de empresas vinculadas entre elas nin coa persoa solicitante da axuda.

Estas ofertas deberán estar asinadas e incluír, como mínimo, o CIF ou NIF, o nome e enderezo da empresa ou persoa ofertante, o nome ou razón social da solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados e o seu importe unitario.

Por outra banda, non poderá haber vinculación entre a persoa solicitante da axuda e calquera das ofertantes e, en referencia ao artigo 27.7.d) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en ningún caso poderá concertar a persoa beneficiaria a execución das actividades subvencionadas con persoas ou entidades vinculadas coa dita beneficiaria. Para estes efectos, consideraranse persoas ou entidades vinculadas aquelas que estean nalgúns dos casos establecidos no artigo 18 da Lei 27/2014, do 27 de novembro, do imposto sobre sociedades.

En todo caso, as empresas e persoas individuais que sexan responsables das ofertas ou orzamentos deberán estar inscritas no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor).

a.5) Número de expediente dixital da adhesión a modelos silvícolas ou de xestión forestal, excepto no caso de instrumentos de ordenación ou xestión forestal inscritos no Rexistro de Montes Ordenados.

a.6) Declaración responsable da clasificación urbanística das parcelas para as cales se solicita a axuda e localización nos planos do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) de ditas parcelas ou nas normas subsidiarias ou no Plan básico autonómico da Xunta de Galicia (PBA). No caso dunha afección distinta da forestal (Camiño de Santiago, patrimonio, dominio público hidráulico, etc.) farase constar tamén nesta declaración responsable.

b) Documentación específica:

b.1) As asociacións formalmente constituídas inscritas no Rexistro Xeral de Asociacións da Xunta de Galicia presentarán o anexo II ou acordo de cesión asinado polas persoas asociadas titulares da superficie incluída na solicitude de subvención.

b.2) Os pro indivisos, os pro indivisos legalmente constituídos, montes de varas, fabeo, de vocerío, de voces, abertais e comunidades de bens, presentarán asinado o anexo III (Acordo de compromisos e obrigas) por todos e cada un dos seus compoñentes, e deberán presentar a acreditación da persoa física que as representa.

b.3) No caso de propietarios particulares de xeito individual que soliciten axuda para unha superficie de actuación inferior a 10 hectáreas, documento descritivo das actuacións (anexo IV no caso de liña I e anexo IV-bis para a liña II).

b.4) No caso de actuacións incluídas na liña I para masas non inscritas no RMCFA e para a liña II, a cartografía indicada no anexo XI-A (condicións técnicas para a redacción do proxecto das actuacións), número 1.f), acompañarase dun plano que permita identificar as parcelas que integran a masa consolidada de frondosas autóctonas, en que se inclúa a superficie de actuación. O devandito plano acompañarase da relación de polígonos e parcelas catastrais, coa indicación da superficie e da idade media da masa de cada unha das parcelas incluídas na devandita masa.

c) Certificados, autorizacións e informes:

c.1) No caso de CMVMC: certificado do acordo tomado en asemblea xeral, asinado polo/a secretario/a, co visto e prace do/da presidente/a, conforme autorizan que o presidente da CMVMC solicite axudas á Consellería do Medio Rural para a execución das accións obxecto da solicitude.

c.2) No caso de cooperativas agrarias: certificado do responsable do rexistro conforme está inscrita e anexo V debidamente cuberto.

c.3) No caso doutras entidades xurídicas (asociacións, agrupacións, Sofor, etc.): certificado do responsable do rexistro conforme está inscrita e anexo V debidamente cuberto.

c.4) Solicitude ou autorizacións/informes dos órganos competentes indicados no artigo 10, número 2 (incluída a solicitude de avaliación de impacto ambiental, se é o caso):

c.4.1) Solicitude ou autorización/informe do órgano competente indicando que os traballos obxecto de solicitude de axuda teñen actuacións en zona clasificada como Rede Natura 2000 ou, na súa falta, a solicitude das correspondentes autorizacións/informes perante o devandito órgano competente.

c.4.2) Solicitude ou autorización/informe do órgano competente indicando que a superficie obxecto de solicitude de axuda comprende zona de protección lateral do Camiño de Santiago ou, na súa falta, a solicitude das correspondentes autorizacións/informes perante o devandito órgano competente.

c.4.3) Solicitude ou autorización/informe do órgano competente indicando que a superficie obxecto de solicitude de axuda afectada pola normativa de patrimonio cultural de Galicia conforme o Decreto 232/2008, do 2 de outubro, e calquera outra afección segundo a lexislación sectorial vixente en materias distintas da forestal ou, na súa falta, a solicitude das correspondentes autorizacións/informes perante o devandito órgano competente.

c.4.4) Solicitude ou autorización/informe do órgano competente indicando que os traballos obxecto de solicitude de axuda precisan avaliación de impacto ambiental ou, na súa falta, a solicitude das correspondentes autorizacións/informes perante o devandito órgano competente.

c.5) No caso das entidades locais: certificado do/da secretario/a municipal conforme se informou a xunta de goberno local da solicitude de axuda.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada. De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que sexa realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 13. Trámites posteriores á presentación da solicitude

Todos os trámites administrativos que a persoa interesada deba realizar tras a presentación da solicitude de axuda deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal).

Artigo 14. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) NIF da entidade solicitante.

c) DNI/NIE da persoa representante da persoa ou entidade solicitante (se for o caso).

d) DNI/NIE da persoa cesionaria (se for o caso).

e) NIF da entidade cesionaria (se for o caso).

f) DNI/NIE da persoa representante da persoa cesionaria (se for o caso).

g) Estar ao día no pagamento das obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social a persoa solicitante e, se for o caso, a persoa cesionaria.

h) Estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria a persoa solicitante e, se for o caso, a persoa cesionaria.

i) Estar ao día no pagamento das obrigas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia a persoa solicitante e, se for o caso, a persoa cesionaria

j) Estar inhabilitada a persoa solicitante para obter subvencións públicas.

k) Ter recibido o solicitante axudas pola regra de minimis.

l) Concesións de subvencións e axudas.

m) Inscrición no Rexistro de Montes Ordenados.

n) Inscrición no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas.

o) Inscrición no Rexistro Público de Terreos Forestais de Pastoreo.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no anexo I, anexo I-bis e VI, e VII (se for o caso), e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 15. Instrución, resolución e recursos

1. Os órganos competentes para tramitar esta orde de axudas son a Subdirección Xeral de Recursos Forestais da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal da Consellería do Medio Rural e os servizos de montes das xefaturas territoriais da Consellería do Medio Rural (en diante, servizos provinciais de montes).

2. Os servizos provinciais de montes examinarán as solicitudes presentadas e requiriran as persoas solicitantes para que, no prazo máximo de dez días hábiles, acheguen a documentación non presentada e, no caso de que as solicitudes conteñan defectos ou omisións, as emenden, conforme se establece no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Neste requirimento indicarase ademais que, se non o fixera, se terá por desistido da súa petición, logo de notificación nos termos que se recollen no artigo 21 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. Unha vez tramitadas as solicitudes, a persoa titular de cada xefatura territorial proporá a relación de solicitudes que cumpren os requisitos da convocatoria e as que non os cumpren ou non se axustan, indicará a súa causa de incumprimento e remitiraas á subdirección xeral responsable dos recursos forestais.

4. Posteriormente, a persoa titular da Subdirección Xeral de Recursos Forestais emitirá un informe onde se reflictan os criterios de priorización, as solicitudes que, de acordo coa clasificación realizada atendendo a estes criterios, cubrisen a dispoñibilidade orzamentaria, e formulará a proposta de resolución que, de acordo co artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, resolverá a persoa titular da dirección xeral responsable da planificación e ordenación forestal por delegación da persoa titular da Consellería do Medio Rural.

5. A aprobación das axudas solicitadas en réxime de concorrencia competitiva axustarase aos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación.

6. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución a persoa interesada será de cinco meses, contados a partir do día seguinte ao da finalización do prazo para a presentación de solicitudes. Este prazo poderase ampliar segundo o indicado no artigo 23 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Na resolución de concesión farase constar o importe da axuda, expresado en equivalente bruto de subvención, indicando que para as persoas físicas e xurídicas que realizan actividades económicas ten natureza de minimis, segundo o Regulamento (UE) 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro de 2023, relativo á aplicación dos artígos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.

No caso de non se ditar resolución expresa no prazo indicado, a persoa interesada poderá entender desestimada a súa solicitude sen prexuízo da obriga legal de resolver expresamente conforme o disposto nos artigos 21 e 25 da Lei 39/2015.

7. As resolucións ditadas ao abeiro desta orde de convocatoria porán fin á vía administrativa e contra elas poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante o conselleiro do Medio Rural, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución.

b) Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución.

Artigo 16. Inspeccións previas

1. Persoal da Consellería do Medio Rural realizará unha inspección no campo para verificar as superficies polas que se solicita axuda, comprobar os datos da solicitude, a viabilidade dos traballos e súa compatibilidade co Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga). Esta inspección realizarase antes da resolución de aprobación.

Artigo 17. Notificación

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónicasde Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 18. Publicación de actos

1. As notificacións das resolucións de aprobación e denegación destas axudas realizaranse mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia. Nesta publicación especificarase a data da convocatoria, a persoa beneficiaria, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada, así como a indicación das causas da desestimación e expresaranse, ademais, os recursos que contra a resolución procedan, órgano administrativo ou xudicial ante o cal deben presentarse e o prazo para interpolos. Tamén figurará a puntuación de todas as solicitudes que entran no procedemento de concorrencia competitiva. Por outra banda, tamén figurará unha lista de todos os expedientes aprobados que non teñan a autorización ou informe sectorial de afeccións distinta da forestal nos cales se dará un prazo de 3 meses, contados desde a resolución de aprobación, para a súa presentación, no caso de que a autorización ou informe sexa desfavorable ou sexa entregado fóra do prazo dado, procederase á tramitación do correspondente expediente de perda do dereito ao cobramento da axuda.

2. Na notificación de concesión da axuda informaranse as persoas beneficiarias de que a operación se financia a través do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Artigo 19. Execución dos traballos

1. O prazo para executar e xustificar as axudas concedidas nesta orde remata o 30 de xuño de 2025.

2. O custo de execución dos traballos subvencionados non pode ser superior ao valor de mercado.

3. A axuda definitiva será a resultante da comprobación final realizada por dúas persoas da Consellería do Medio Rural, unha delas distinta das que realizaron a inspección previa. Coa comprobación final poderase modificar á baixa a cantidade aprobada inicialmente no caso de que se realizase un menor número de unidades de obra das aprobadas. Tamén nesa comprobación final se verificará que as actuacións realizadas son compatibles co Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga).

4. Atendendo ao artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, poderase conceder a ampliación do prazo de execución establecido, que non exceda a metade del, se as circunstancias o aconsellan e con isto non se prexudican dereitos dun terceiro. Esta ampliación deberá solicitarse, como mínimo, dous meses antes de que acabe o prazo de execución. Os acordos sobre ampliación dos prazos ou sobre a súa denegación non serán susceptibles de recurso. Os servizos de montes das xefaturas territoriais da Consellería do Medio Rural proporán as anteditas ampliacións á persoa titular da subdirección xeral responsable dos recursos forestais, que elevará a proposta á persoa titular da dirección xeral responsable da planificación e ordenación forestal para a súa aprobación con base nas funcións delegadas polo conselleiro responsable do medio rural para resolver.

5. Transcorrido o prazo establecido de execución sen ter presentado a xustificación dos traballos subvencionados a que se fai referencia no artigo 20.1, requirirase a persoa beneficiaria para que a presente no prazo improrrogable de dez días hábiles. A falta de presentación da solicitude no prazo establecido neste parágrafo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro das cantidades percibidas e poderá supor a apertura dun expediente sancionador segundo se establece na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

6. Así mesmo, no caso de ter presentado a xustificación dos traballos subvencionados, se a persoa beneficiaria fose requirida para presentar documentación adicional, e non achegase esa documentación no prazo establecido no requirimento perderá o dereito ao cobramento total ou parcial da subvención.

7. Ata dous meses antes da data de remate dos traballos, poderase solicitar unha modificación da resolución de aprobación para reducir a superficie e/ou traballos obxecto de axuda pola aparición de circunstancias técnicas non detectadas na redacción do proxecto. A dita modificación, que poderá aprobarse logo de informe favorable do servizo de montes provincial, non poderá superar en ningún caso a superficie de actuación inicialmente aprobada. Para tramitar a solicitude de modificación da resolución de aprobación deberá estar asinada pola persoa beneficiaria da axuda, explicar os motivos da dita solicitude e deberá entregar un ficheiro shapefile coa nova superficie proposta, que poderá incluír parcelas Sixpac novas. No caso de non contestación á solicitude de modificación entenderase desestimada.

Artigo 20. Xustificación das actuacións subvencionables

1. A data límite de xustificación dos traballos é a establecida no artigo 19.1, e só serán subvencionables os investimentos que se realicen e se xustifique o seu gasto (factura) e pagamento (xustificante de pagamento) con posterioridade á data da inspección previa, a que se refire o artigo 16, e como límite na data de comunicación do remate dos traballos. Polo tanto, as facturas e os xustificantes de pagamento deberán ter datas entre o día seguinte ao da inspección previa e como límite o da data de notificación de remate dos traballos, sempre que se presentasen en prazo.

2. As persoas beneficiarias deberán presentar, xunto coa solicitude de pagamento (anexo VI), a documentación xustificativa acreditativa do cumprimento da finalidade para a cal se concedeu a subvención, que constará dos seguintes documentos:

a) Facturas ou documentos probatorios de valor equivalente, que cumpran os seguintes requisitos:

1. A expedición das facturas e o seu contido axustarase ao disposto no Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación.

2. Deben desagregarse os conceptos obxecto de subvención e indicar a actuación ou actuacións a que se imputan.

3. Nos xustificantes de gasto deberá figurar o número do Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor).

b) Xustificante bancario do pagamento pola persoa beneficiaria, en que conste a data de pagamento, o número da factura obxecto de pagamento, a identificación da persoa que realiza o pagamento, que deberá coincidir coa persoa beneficiaria da axuda, e a identificación do destinatario do pagamento, que deberá coincidir coa persoa, empresa ou entidade que emitiu a factura.

c) Unha memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos coas unidades desagregadas por parcelas e traballos coma na resolución de aprobación.

d) Unha memoria económica xustificativa que conterá, como mínimo, os seguintes aspectos:

i) Acreditación sobre o número de unidades físicas executadas por código de parcela, de acordo coa desagregación dos traballos aprobados na resolución de concesión vixente. No caso dos propietarios particulares de xeito individual cuxa superficie de actuación sexa igual ou superior a 10 hectáreas, das CMVMC, das sociedades e agrupacións de propietarios particulares formalmente constituídas, das cooperativas agrícolas, dos pro indivisos, dos pro indivisos legalmente constituídos, dos de montes de varas, abertais, de voces, de vocerío, de fabeo, das comunidades de bens e doutras persoas xurídicas, a acreditación deberá estar asinada por unha persoa titulada en enxeñaría de Montes ou enxeñaría técnica Forestal, ou titulada universitaria de grao ou posgrao en materia forestal.

ii) Contía da subvención calculada sobre a base das actividades cuantificadas na memoria de actuación e os valores máximos das unidades de obra previstos no anexo IX.

iii) Un detalle doutros ingresos ou axudas que financiasen a actividade subvencionada, con indicación do importe e a súa procedencia e co balance final do proxecto (ingresos e gastos), en que deberá figurar a sinatura da persoa solicitante ou representante da axuda.

e) Arquivo gráfico (medición con GPS) en formato dixital SHP ou similar coa superficie afectada polos traballos subvencionados, coas mesmas características que o ficheiro que figura no anexo XI.

f) Respecto do material vexetal de reprodución empregado: pasaporte fitosanitario.

g) Certificado final de obra emitido polo director de obra, excepto no caso de propietarios particulares de xeito individual con superficie de actuación inferior a 10 hectáreas, en que figure unha relación valorada dos traballos executados.

h) Só no caso de CMVMC, xustificación do cumprimento da obriga de comunicación establecida no artigo 125.7 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, tendo en conta que as cotas mínimas de reinvestimento das CMVMC serán do 40 % de todos os ingresos xerados.

i) No caso de cesión do dereito de cobramento da axuda cun terceiro:

i) Comunicación do dereito de cobramento, conforme o modelo que figura no anexo VII desta orde. No caso de que o cesionario do dereito de cobramento sexa unha CMVMC, o devandito anexo asinarao o presidente da CMVMC en nome da comunidade, pero deberá constar o certificado do/da secretario/a da comunidade en que indique que a asemblea xeral autorizou, expresamente, o presidente a asinar a dita cesión de cobramento.

ii) Copia do documento público ou privado no cal se formalizou a cesión. No caso de documento privado, este deberá estar asinado electronicamente. No caso de documento público xustificación da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais de actos xurídicos documentados (ITPAXD).

Artigo 21. Pagamento

1. Recibida a solicitude de pagamento e a documentación complementaria, o órgano instrutor analizará a documentación xustificativa acreditativa do cumprimento e realización das actividades obxecto de subvención e emitirá unha proposta de pagamento que elevará á Subdirección Xeral de Recursos Forestais.

2. O pagamento efectuarase de forma nominativa a favor das persoas beneficiarias e despois da acreditación dos gastos e pagamentos realizados, ata o tope máximo da contía concedida como subvención.

3. Malia o anterior, no caso de que a persoa beneficiaria concerte con terceiros a execución total das actividades obxecto de subvención e se acolla á cesión do dereito de cobramento, establecido no número 3 do artigo 42 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considerarase efectivamente pagado o gasto coa cesión do dereito de cobramento da subvención a favor das persoas cesionarias, presentada de acordo co artigo 20.2.i).

4. Se da documentación presentada pola persoa beneficiaria queda xustificada unha contía inferior á da subvención inicialmente concedida, o pagamento realizarase pola parte proporcional da contía da subvención efectivamente xustificada na devandita actividade, sen perxuízo do disposto no artigo 23.2.

5. A Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal poderá solicitar as aclaracións ou informes relativos á xustificación do investimento que considere axeitados.

6. En ningún caso poderá realizarse o pagamento da subvención mentres as persoas beneficiarias non figuren ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e teñan pendentes de pagamento débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma ou sexan debedoras por resolución de procedencia de reintegro.

Artigo 22. Contratación

1. A persoa beneficiaria poderá concertar con terceiros a execución total ou parcial das actividades que constitúe o obxecto da subvención, salvo que o impida a súa natureza. En ningún caso poderán subcontratarse actividades que, aumentando o custo da actividade subvencionada, non acheguen valor engadido ao seu contido.

Os contratistas quedarán obrigados soamente ante a persoa beneficiaria, que asumirá a total responsabilidade da execución da actividade subvencionada fronte á Administración concedente.

2. A tramitación da contratación de servizos será realizada polas persoas ou entidades beneficiarias conforme a normativa vixente en materia de contratación do sector público, de ser o caso, e serán as contratantes as responsables directas das consecuencias que poidan derivar dos incumprimentos.

En todo caso, deberá observarse o establecido no artigo 27 da Lei de subvencións de Galicia.

En ningún caso poderá concertar a persoa beneficiaria a execución das actividades subvencionadas con persoas ou entidades vinculadas coa dita persoa beneficiaria, segundo o establecido no artigo 27.7.d) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Para estes efectos, consideraranse persoas ou entidades vinculadas aquelas que estean nalgúns dos casos establecidos no artigo 18 da Lei 27/2014, do 27 de novembro, do imposto sobre sociedades.

3. Nos supostos en que proceda a aplicación do previsto no artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a persoa beneficiaria deberá acreditar as ofertas recibidas xunto coa documentación complementaria da solicitude da subvención e xustificar a elección entre as ofertas presentadas.

A elección deberá realizarse consonte criterios de eficiencia e economía e, con carácter xeral, recaerá na proposta económica máis vantaxosa. De non recaer nesta, deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección do/da adxudicatario/a.

4. No caso de subcontratar parte ou toda a actividade obxecto desta subvención, a persoa beneficiaria da axuda deberá prever mecanismos para asegurar que os subcontratistas cumpran co principio de «non causar un prexuízo significativo ao ambiente». Ademais, a persoa subcontratada deberá cumprir cos principios transversais de xestión establecidos no Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Artigo 23. Reintegros e perda do dereito ao cobramento da axuda

1. Procederá o reintegro total ou parcial das axudas concedidas o abeiro desta orde e dos xuros de demora correspondentes no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión, dos requisitos establecidos no articulado desta orde e, en xeral, nos casos establecidos na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Para estes efectos, os xuros de demora calcularanse en función do tempo transcorrido entre a finalización do prazo de pagamento para a persoa beneficiaria indicado na orde de recuperación, que non se poderá fixar en máis de 60 días, e a data de reembolso ou dedución, sen prexuízo das responsabilidades que procedesen.

Sen menoscabo do establecido no primeiro parágrafo, ás persoas beneficiarias das axudas reguladas nesta orde seralles de aplicación o réxime de reintegro e/ou infraccións e sancións previsto nos títulos II e IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. No caso referente á contía ou conceptos subvencionados, o alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente aos conceptos subvencionables deixados de practicar ou aplicados a outros distintos dos considerados subvencionables. Con carácter xeral, se o incumprimento supera o 40 % (execución inferior ao 60 %) da base subvencionable da axuda aprobada, entenderase que o devandito incumprimento é total e non terá dereito ao cobramento, salvo que se aprobaran todas as solicitudes da liña correspondente que cumpren cos requisitos da orde.

3. Se se descobre que unha persoa beneficiaria efectuou deliberadamente unha declaración falsa, o expediente de axuda de que se trate quedará excluído da axuda do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e recuperaranse todos os importes que fosen aboados polo dito expediente. Ademais, a persoa beneficiaria quedará excluída destas axudas durante o ano natural en que se detectou a irregularidade e durante o ano natural seguinte.

Artigo 24. Controis e loita contra a fraude

1. As persoa beneficiarias desta subvención e a persoa beneficiaria do dereito ao cobramento, se é o caso, someteranse ás actuacións de control que realice a Consellería do Medio Rural para o seguimento dos proxectos aprobados e ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, así como ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, así como, de ser o caso, á autoridade de control e aos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo e ás verificacións do artigo 22 do Regulamento (CE) núm. 241/2021 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece Mecanismo de recuperación e resiliencia (DOUE do 18 de febreiro).

2. Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación cos proxectos financiados con cargo a fondos procedentes da Unión Europea, como é o caso, poderá pór os ditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude (SNCA) da Intervención Xeral da Administración do Estado, nos termos establecidos na Comunicación 1/2017, do 6 de abril, do citado servizo, a través da canle habilitada na web https://transparencia.xunta.gal/c/document_library/get_file?folderId=1792070&name=DLFE-47375.pdf. Sen prexuízo disto, tamén poderá empregar a canle de denuncias sobre irregularidades ou condutas de fraude que terá a súa sede no Sistema integrado de atención á cidadanía (SIACI) (https://www.xunta.gal/sistema-integrado-de-atencion-a-cidadania?langId=gl_ES).

3. No control e loita contra o fraude a Consellería do Medio Rural actuará de conformidade co establecido no seu Plan específico de prevención de riscos de xestión e medidas antifraude (https://transparencia.xunta.gal/c/document_library/get_filefolderId=1792070&name=DLFE-47375.pdf), que é de aplicación a esta orde e, polo tanto, ás persoas beneficiarias da subvención.

Artigo 25. Financiamento e distribución do crédito

1. As accións previstas na liña I desta orde financiaranse, nos exercicios 2024 e 2025, con cargo aos seguintes códigos de proxecto:

a) 14.03.713B.770.0 2022 00221, excepto para entidades locais, por un importe de 246.931,08 euros distribuídos do seguinte xeito:

– 24.693,11 euros para o ano 2024.

– 222.237,97 euros para o ano 2025.

b) 14.03.713B.760.0 2022 00221, só para entidades locais, por un importe de 13.046,92 euros distribuídos do seguinte xeito:

– 1.304,69 euros para o ano 2024.

– 11.742,23 euros para o ano 2025.

2. As accións previstas na liña II desta orde financiaranse, nos exercicios 2024 e 2025, con cargo ao código de proxecto 14.03.713B.770.0 2022 00227, por un importe de 423.132 euros distribuídos do seguinte xeito:

– 42.313,20 euros para o ano 2024.

– 380.818,80 euros para o ano 2025.

3. Sen prexuízo das contías indicadas anteriormente, existe a posibilidade de ampliación de crédito nos supostos previstos no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Neste caso, o órgano concedente publicará esta ampliación nos mesmos medios que a convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver.

4. Esta orde tramítase mediante tramitación anticipada de gasto, conforme o establecido no artigo 25 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o establecido na Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 11 de febreiro de 1998, modificada polas ordes do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001, polo que queda condicionada a súa eficacia a que exista crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024.

5. As actuacións subvencionables serán financiadas integramente a través dos fondos asignados á Xunta de Galicia con cargo ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, mediante o instrumento do Mecanismo de recuperación e resiliencia, aprobado polo Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, dentro do compoñente 4 (C4), Conservación e restauración de ecosistemas mariños e terrestres e a súa biodiversidade, investimento 3 (I3), Restauración de ecosistemas e infraestrutura verde, e investimento 4 (I4), Xestión forestal sustentable.

Artigo 26. Infraccións e sancións

En materia de infraccións e sancións será de aplicación o disposto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 27. Alteración de condicións

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, para a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Artigo 28. Obrigas das persoas beneficiarias

1. As persoas beneficiarias da axuda e as persoas solicitantes están obrigadas a someterse ás actuacións de comprobación e control que deba efectuar o órgano concedente, ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa subvención concedida, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, ás da autoridade de control, así como ás comprobacións da Comisión Europea, a Oficina Europea de Loita contra a Fraude (OLAF), o Tribunal de Contas da Unión Europea, se é o caso, á Fiscalía Europea, e aos controis derivados do Plan nacional de recuperación, transformación e resiliencia, que se realicen a través de autoridades nacionais ou europeas, facilitando canta información e documentación lles sexa requirida.

2. A persoa beneficiaria está obrigada a someterse a calquera actuación que a Administración concedente poida realizar para comprobar a aplicación das axudas á finalidade que determinou a súa concesión, o cumprimento dos requisitos exixidos para a concesión e o pagamento da axuda e o mantemento das condicións establecidas nas bases reguladoras, a convocatoria e a resolución de concesión.

3. No caso de achado casual de obxectos e restos materiais que posúan valores que son propios do patrimonio cultural galego, o descubridor deberá comunicarllo inmediatamente á consellería competente en materia de cultura de conformidade coa Lei 5/2016, do 4 de maio, pola que se regula o patrimonio cultural de Galicia.

4. As actuacións na zona lateral de protección do Camiño de Santiago serán comunicadas pola persoa solicitante á consellería competente en materia de cultura, co obxecto de contar coa súa autorización previa de conformidade coa Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.

5. De conformidade co artigo 22.2.f) do Regulamento (UE) 2021/241, é preceptiva a conservación da documentación xustificativa da aplicación dos fondos recibidos durante un período de 5 anos a partir do pagamento do saldo ou, na falta deste pagamento, da operación. Este período será de 3 anos se o financiamento é dun importe inferior ou igual a 60.000 euros.

6. As persoas beneficiarias desta orde comprométense a cumprir co principio horizontal de «non causar prexuízo significativo» (Do no significant harm, DNSH), definido no artigo 2.6) do Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, respecto dos seis obxectivos ambientais recollidos no artigo 5 da Orde HFP/1030/2021 e definidos no Regulamento (UE) nº 2020/852 (Regulamento de taxonomía da UE):

a) Mitigación do cambio climático.

b) Adaptación ao cambio climático.

c) Uso sustentable e protección dos recursos hídricos e mariños.

d) Transición cara a unha economía circular.

e) Prevención e control da contaminación.

f) Protección e recuperación da biodiversidade e os ecosistemas.

Atendendo ao concreto tipo de actuación, poderá resultar exixible o condicionado específico que recolle o número 8 do compoñente 4 do PRTR para a intervención 3 (I3) e 4 (I4).

7. Así mesmo, son obrigas das persoas beneficiarias da axuda as sinaladas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

8. O incumprimento das condicións establecidas nesta orde e as indicadas na resolución de concesión de axuda, así como atoparse nas circunstancias previstas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ocasionará a perda do dereito á axuda.

Artigo 29. Medidas informativas e publicitarias

1. Nos instrumentos de información e difusión que utilice a Consellería do Medio Rural aplicaranse as obrigas de comunicación, logos e emblema exixidas no artigo 9 da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do PRTR.

2. Do mesmo xeito, as persoas beneficiarias deben cumprir coas obrigas en materia de información, comunicación e publicidade recollidas no artigo 34.2 do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, que recolle expresamente que os perceptores de fondos da Unión farán mención da orixe deste financiamento e velarán por darlle visibilidade, incluído, cando proceda, mediante o emblema da Unión e unha declaración de financiamento adecuado que indique «financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU», en particular cando promovan as accións e os seus resultados, facilitando información coherente, efectiva e proporcionada dirixida a múltiples destinatarios, incluídos os medios de comunicación e o público.

3. En particular, nas memorias, proxecto ou outro tipo de documento xustificativo da realización das actuacións subvencionadas deberán incluírse os seguintes logotipos:

a) O emblema da Unión. Teranse en conta as normas gráficas do emblema da Unión e as cores normalizadas que se poden consultar na seguinte páxina web: http://publications.europa.eu/code/es/es-5000100.htm e descargar diferentes exemplos do emblema en:

https://europa.eu/european-union/about-eu/symbols/flag_es#download

b) Xunto co emblema da Unión, incluirase o texto «Financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU».

c) Tamén se usará o logotipo do Plan de recuperación transformación e resiliencia dispoñible na ligazón https://planderecuperacion.gob.es/identidad-visual

d) Tamén se empregará o logotipo oficial da Xunta de Galicia e o logotipo da Conselleria do Medio Rural.

4. A persoa beneficiaria informará o público da axuda obtida do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, durante un período mínimo igual ao da obriga de conservación da documentación xustificativa da aplicación dos fondos que se recolle no artigo 28.5 da orde, exhibindo un panel de tamaño A3 (297×420 mm), nun lugar ben visible da súa sede, que faga referencia clara e inequívoca á axuda concedida, con expresión dos datos identificativos desta orde, acompañados polo logotipo oficial da Xunta de Galicia, o logotipo da Consellería do Medio Rural e o emblema da UE, cunha declaración de financiamento que diga «Financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU», xunto ao logo do PRTR, dispoñible na ligazón https://planderecuperacion.gob.es/identidad-visual

5. Cando a beneficiaria dispoña dun sitio web para uso profesional, deberá incluír neste unha breve descrición da operación cando poida establecerse un vínculo entre o obxecto do sitio web e a axuda prestada á operación, cos seus obxectivos e resultados, e destacando a axuda financeira da Unión.

Artigo 30. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 31. Réxime xurídico

1. As axudas reguladas nesta orde ampáranse nas actuacións incluídas no investimento 3 (I3) e no investimento 4 (I4), Xestión forestal sustentable, do compoñente 4 (C4) do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España, segundo o acordado na Conferencia Sectorial de Medio Ambiente do 9 de xullo de 2021, do 15 de decembro de 2021 e do 20 de xuño de 2022, e polo tanto, o marco normativo básico é o seguinte:

– Regulamento (UE) núm. 2020/2094 do Consello, do 14 de decembro, polo que se establece un instrumento de recuperación da UE para apoiar a recuperación tras a crise da COVID-19.

– Regulamento (UE) núm. 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia.

– Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo de 2018, sobre as normas financeiras aplicables ao orzamento xeral da Unión, polo que se modifican os regulamentos (UE) nº 1296/2013, (UE) nº 1301/2013, (UE) nº 1303/2013, (UE) nº 1304/2013, (UE) nº 1309/2013, (UE) nº 1316/2013, (UE) nº 223/2014 e (UE) nº 283/2014 e a Decisión nº 541/2014/UE e polo que se derroga o Regulamento (UE, Euratom) nº 966/2012.

– Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR) de España aprobado o 16 de xuño de 2021 mediante decisión de execución do Consello de Europa.

– Real decreto lei 36/2020, do 30 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes para a modernización da Administración pública e para a execución do PRTR.

– Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do PRTR.

– Orde HFP/1031/2021, do 29 de setembro, pola que se establece o procedemento e formato da información que deben proporcionar as entidades do sector público estatal, autonómico e local para o seguimento do cumprimento dos fitos e obxectivos, e de execución orzamentaria e contable das medidas dos compoñentes do PRTR.

– Orde HFP/55/2023, do 24 de xaneiro, relativa á análise sistemática do risco de conflito de intereses nos procedementos que executan o Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

– Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

– Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

– Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

– Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

– Lei 4/2019, do 17 de xuño, de administración dixital de Galicia.

– Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

– Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia.

– Decreto 167/2019, do 5 de decembro, polo que se crea e se regula o Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas.

– Orde do 19 de maio de 2014 pola que se establecen os modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos e referentes de boas prácticas forestais para os distritos forestais de Galicia, modificada pola Orde do 9 de febreiro de 2021 pola que se modifica o anexo I da Orde do 19 de maio de 2024.

Sen prexuízo das normas específicas de aplicación para os fondos do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, que se poidan establecer, na falta do previsto nesta normativa, aplicaranse as normas de dereito administrativo, incluídas as sectoriais, así como as normas de dereito privado ou outras de ámbito nacional ou europeo que puidesen resultar aplicables.

Disposición adicional primeira. Réxime de axudas de minimis

1. As axudas a persoas xurídicas que realicen actividades económicas que se poidan conceder ao abeiro da presente orde sométense ao réxime de minimis, Regulamento (UE) 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro de 2023, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE 15.12.2023 serie L), polo que cada persoa beneficiaria non poderá recibir máis de 300.000 euros de axudas sometidas ao antedito réxime durante o período dos tres anos previos.

2. Para tal efecto, as posibles persoas beneficiarias desta orde que realicen actividades económicas deberán xuntar, coa súa solicitude, declaración sobre calquera outra axuda sometida ao devandito réxime de minimis recibida nos tres anos previos.

3. Na resolución de concesión farase constar o importe da axuda, expresado en equivalente bruto de subvención, así como a súa natureza de minimis, segundo o Regulamento (UE) 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro de 2023.

Disposición adicional segunda. Normativa subsidiaria

No non previsto nesta orde observarase o disposto no Regulamento (UE) 2020/2094 do Consello, do 14 de decembro de 2020, polo que se establece un Instrumento de recuperación da UE para apoiar a recuperación tras a crise da COVID-19; no Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia; no Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo de 2018, sobre as normas financeiras aplicables ao orzamento xeral da Unión, polo que se modifican os regulamentos (UE) nº 1296/2013, (UE) nº 1301/2013, (UE) nº 1303/2013, (UE) nº 1304/2013, (UE) nº 1309/2013, (UE) nº 1316/2013, (UE) nº 223/2014 e (UE) nº 283/2014 e a Decisión nº 541/2014/UE e polo que se derroga o Regulamento (UE, Euratom) nº 966/2012; na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, no Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; no Real decreto lei 36/2020, do 30 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes para a modernización da Administración pública e para a execución do PRTR; na Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do PRTR; na Orde HFP/1031/2021, do 29 de setembro, pola que se establece o procedemento e formato da información que proporcionarán as entidades do sector público estatal, autonómico e local para o seguimento do cumprimento de fitos e obxectivos e de execución orzamentaria e contable das medidas dos compoñentes do PRTR; na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

Disposición adicional terceira. Base de datos nacional de subvencións

De conformidade co establecido nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no Real decreto 130/2019, do 8 de marzo, polo que se regula a Base de datos nacional de subvencións e a publicidade das subvencións e demais axudas, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Disposición adicional cuarta. Protección de datos das persoas físicas

De acordo co establecido no artigo 14, letra ñ), da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas beneficiarias quedan informadas cos datos consignados no modelo normalizado de solicitude, dos aspectos básicos previstos no Regulamento (UE) nº 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos seus datos persoais e á libre circulación destes datos (RXPD), e na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

Disposición adicional quinta. Conflito de intereses

1. O presente procedemento de subvención está suxeito á análise sistemática e automatizada do risco de conflito de intereses prevista na disposición adicional centésimo décimo segunda da Lei 31/2022, do 23 de decembro, e na Orde HFP/55/2023, do 24 de xaneiro, relativa á análise sistemática do risco de conflito de intereses nos procedementos que executan o Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

2. De acordo co establecido no artigo 7 da Orde HFP/55/2023, do 24 de xaneiro, o órgano de concesión de subvención poderá solicitar aos solicitantes de axudas a información da súa titularidade real cando a AEAT non dispoña desa información e así o indicase mediante a correspondente bandeira negra, tendo en conta a análise realizada a través de Minerva. Este suposto non implicará a suspensión automática do procedemento en curso, pero a dita información deberá achegarse ao órgano de concesión de subvención no prazo de 5 días hábiles desde que se formule a solicitude de información. A falta desta información no prazo sinalado será motivo de exclusión do procedemento.

3. Os datos, unha vez recibidos, serán adecuadamente custodiados de acordo co Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016 (Regulamento xeral de protección de datos), e coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais. A través de Minerva, o responsable de operación levará a cabo un novo control ex ante do risco de conflito de intereses, indicando, en lugar do solicitante da axuda, os titulares reais recuperados polo órgano de concesión de subvención.

Disposición derradeira primeira. Habilitación competencial

Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal para que dite, no ámbito das súas competencias, as instrucións necesarias para a aplicación ou o cumprimento do establecido nesta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2023

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO VIII

Especies arbóreas frondosas incluídas no anexo I
da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia

B1 Ameneiro: Alnus glutinosa (L.) Gaertn.

B21 Pradairo: Acer pseudoplatanus L.

B2 Bidueiro: Betula sp.

B6 Freixo: Fraxinus excelsior L. e freixa: Fraxinus angustifolia Vahl.

B7 Castiñeiro: Castanea sativa Mill.

B8 Castiñeiro híbrido: Castanea x híbrida (resistente tinta)

B9 Cerdeira: Prunus aviun L.

B10 Carballo: Quercus robur L.

B22 Cerquiño: Quercus pyrenaica Will., carballo albar: Quercus petraea (Matts) Liebl.

B24 Sobreira: Quercus suber L.

B23 Aciñeira: Quercus ilex L. ssp. ballota (Desf.) Samp.

B30 Quercus rotundifolia Lam.

B31 Abeleira: Corylus avellana L.

B12 Faia: Fagus sylvatica L.

B16 Umeiro: Ulmus glabra Huds., Ulmus minor Miller, loureiro: Laurus nobilis L.

B32 Sorbreira do monte: Sorbus aria L.

B26 Capudre: Sorbus aucuparia L.

C2 Nogueira: Juglans regia L.

B27 Érbedo: Arbutus unedo L.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file