DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 9 de febreiro de 2024 Páx. 11939

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva, para proxectos de enerxías renovables de uso térmico no sector residencial, en ámbitos non urbanos, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para o ano 2024, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia (códigos de procedemento IN421H e IN421P).

O Regulamento (UE) nº 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, polo que se establecen normas en relación coa axuda aos plans estratéxicos que deben elaborar os Estados membros no marco da política agrícola común (plans estratéxicos da PAC) financiada con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) e ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e polo que se derrogan os regulamentos (UE) nº 1305/2013 e (UE) nº 1307/2013, establece as normas que regulan os obxectivos xerais e específicos que deben perseguirse coa axuda da Unión financiada no marco da política agrícola común, os tipos de intervencións e requisitos comúns para que os Estados membros persigan os ditos obxectivos, así como os plans estratéxicos da PAC que deben elaborar os Estados membros, e que establecen as metas, as condicións das intervencións e a asignación dos recursos financeiros, de conformidade cos obxectivos específicos e as necesidades recoñecidas.

Neste contexto, e mediante a Decisión de execución da Comisión, do 31 de agosto de 2022, aprobouse o Plan estratéxico da PAC de España (PEPAC) modificado mediante Decisión de Execución da Comisión C (2023) 5746 final, do 30 de agosto de 2023, e polo que se instaura unha estratexia única que abrangue todas as intervencións da PAC, durante o período 2023-2027, para todo o territorio nacional.

No dito plan recóllese a intervención 6872.- Investimentos en servizos básicos en zonas rurais, contribuíndo á adaptación ao cambio climático e á súa mitigación, mediante a redución das emisións de gases de efecto invernadoiro e mellorando a captura de carbono, así como a promover a enerxía sustentable.

Na Comunidade Autónoma de Galicia, o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) constitúese en Axencia por Decreto 142/2016, do 22 de setembro, mantendo a súa adscrición á consellería competente en materia de enerxía, conforme o establecido na Lei 3/1999, do 11 de marzo, e entre as súas funcións destacan o impulso das iniciativas e programas de aplicación das tecnoloxías enerxéticas, incluídas as renovables, a mellora do aforro e a eficiencia enerxética, o fomento do uso racional da enerxía e, en xeral, a óptima xestión dos recursos enerxéticos nos distintos sectores económicos de Galicia. Igualmente, recolle a participación na xestión e prestación de servizos noutros campos sinérxicos ao enerxético, de acordo coas directrices do Goberno no ámbito das súas competencias.

Para o desenvolvemento dos obxectivos anteriores, e na procura de incentivar a transformación da actividade en Galicia cara a unha economía baixa en carbono que aumente a súa competitividade nun mercado global, o Inega establece este sistema de subvencións. As actuacións que se van desenvolver enmárcanse dentro da Estratexia galega de cambio climático e enerxía 2050, e é coherente coa RIS3 Galicia e a Axenda Enerxética de Galicia 2030.

A presente convocatoria financiarase con cargo aos orzamentos do Inega para a anualidade 2024, ascendendo o importe total asignado a esta convocatoria a 2.000.000 euros.

Estas axudas xestionaranse coa intervención de entidades colaboradoras. A dita colaboración formalizarase mediante o correspondente convenio.

Neste contexto danse as condicións para que o Inega xestione e tramite a presente liña de subvencións, co obxecto de fomentar o aforro enerxético a través da utilización de fontes de enerxía renovables como a biomasa, xeotermia, aerotermia e solar térmica.

Por todo o anterior, en virtude do disposto no artigo 14 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 16 dos estatutos da Axencia Instituto Enerxético de Galicia,

RESOLVO:

Artigo 1. Obxecto

1. Aprobar as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para proxectos de enerxías renovables de uso térmico, en ámbitos non urbanos (código de procedemento IN421P), así como para a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión (código de procedemento IN421H), recollidas como anexo I desta resolución, e proceder á convocatoria para a anualidade 2024.

2. Seleccionar, en réxime de concorrencia competitiva, as entidades colaboradoras que participarán na súa xestión (anexo II).

3. Aprobar os formularios para a xestión da convocatoria do ano 2024 que se xuntan a esta resolución como anexos IV a IX.

4. Publicar o convenio de colaboración para as axudas para proxectos de enerxías renovables de uso térmico, en ámbitos non urbanos, ao cal deben adherirse as entidades colaboradoras (anexo III).

5. Convocar para o ano 2024, en réxime de concorrencia competitiva, as subvencións destinadas a proxectos de enerxías renovables de uso térmico en ámbitos non urbanos. Este procedemento axustarase ao disposto nas propias bases sen prexuízo do establecido na seguinte normativa de alcance xeral: Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE nº 276, do 18 de novembro); Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121, do 25 de xuño); Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 20, do 29 de xaneiro); Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Artigo 2. Financiamento

1. As subvencións que se concedan financiaranse con cargo aos orzamentos do Inega para o exercicio 2024. A dotación máxima para financiar estas subvencións ascende a 2.000.000 € e redistribuirase tendo en conta as solicitudes rexistradas conforme o establecido no artigo 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, entre as seguintes partidas: 09.A3.733A.780.1, 09.A3.733A.780.2, 09.A3.733A.780.3, 09.A3.733A.781.1 e 09.A3.733A.781.6

A distribución dos fondos será a que a continuación se indica:

Tipoloxía de proxectos

Importe (€)

Biomasa

1.000.000

Aerotermia

450.000

Xeotermia e hidrotermia

500.000

Solar térmica

50.000

Total

2.000.000

Este crédito está confinanciado nun 60 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco da intervención 6872 do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (Subintervención 68720_4-Renovables. Eficiencia Enerxética), nun 28 % por fondos propios da Comunidade Autónoma, en un 12 % por fondos finalistas do Estado.

2. Non se poderán outorgar subvencións por contía superior a que se determine na presente convocatoria.

O importe dos fondos previstos entenderase máximo, ben que cabería a posibilidade de ampliar o crédito como consecuencia da existencia dunha maior dispoñibilidade orzamentaria derivada dalgunha das circunstancias no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e, se for o caso, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda. Isto podería dar lugar á concesión de máis subvencións de acordo coa orde de prelación de solicitantes que resulte da aplicación dos criterios fixados nestas bases.

3. De producirse a ampliación de crédito publicarase no DOG e na páxina web do Inega (www.inega.gal), sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo para resolver.

Artigo 3. Vixencia da convocatoria

A convocatoria inicia a súa vixencia a partir do día seguinte hábil a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30 de setembro de 2024.

Artigo 4. Forma e prazo de presentación das solicitudes

1. As solicitudes de adhesión presentaranas a entidade colaboradora interesada segundo o formulario normalizado anexo II desta resolución, xunto coa documentación que se indica nas bases reguladoras.

2. As solicitudes de axudas presentaranas as entidades colaboradoras segundo o modelo formulario normalizado anexo IV desta resolución, xunto coa documentación que se indica nas bases reguladoras.

3. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos para os dous procedementos, a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), ou ben desde a páxina web do Inega (http://www.inega.gal) de acordo co establecido no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP).

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das entidades interesadas presenta a solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

4. O prazo de presentación de solicitudes de adhesión das entidades colaboradoras comezará a partir do primeiro día hábil seguinte ao da publicación no DOG da presente resolución e rematará o 29 de febreiro de 2024, e para solicitar a súa adhesión, a entidade colaboradora terá que cubrir e confirmar o formulario de adhesión (anexo II).

5. O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o 16 de febreiro de 2024 ás 9.00 horas (Inicio do período subvencionable) e rematará o 21 de marzo de 2024. A entidade colaboradora terá que cubrir e confirmar o formulario de solicitude de axuda (anexo IV).

Disposición adicional primeira. Réxime de recursos

Contra esta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpor recurso de alzada, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, perante a presidenta da Axencia Instituto Enerxético de Galicia, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Disposición adicional segunda. Actos de resolución

O director do Inega poderá ditar os actos necesarios para asegurar a correcta execución desta convocatoria.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta resolución será aplicable desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2024

Pablo Fernández Vila
Director do Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO I

Bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para proxectos de enerxías renovables de uso térmico (en ámbitos non urbanos), así como para a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para a anualidade 2024 (códigos de procedemento IN421H e IN421P)

Artigo 1. Obxecto

1. O obxecto destas bases é apoiar proxectos promovidos polos particulares e as súas agrupacións e asociacións con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de enerxía térmica mediante equipamentos que utilicen biomasa como combustible, e outras instalación de enerxías renovables que utilicen como fonte de enerxía a xeotermia, hidrotermia, aerotermia ou enerxía solar térmica.

Artigo 2. Condicións dos proxectos

1. Non serán subvencionables os proxectos iniciados antes da data de presentación da solicitude.

Enténdese por inicio dos traballos, conforme a definición recollida no artigo 2 do Regulamento (UE) núm. 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, ou ben o inicio dos traballos de construción ou ben o primeiro compromiso en firme para o pedido de equipamentos ou outro compromiso que faga o investimento irreversible, se esta data é anterior; a compra de terreos e os traballos preparatorios como a obtención de permisos e a realización de estudos previos de viabilidade non se consideran inicio dos traballos.

2. As actuacións deberán ser realizadas no ámbito rural de Galicia, entendendo como tal o ámbito de aplicación do Plan estratéxico da PAC 2023-2027.

A delimitación destas zonas onde se debe realizar a actuación está definida a nivel de parroquia en función da densidade da poboación. Só serán elixibles as parroquias definidas como rurais ou intermedias para os efectos da aplicación do Feader na páxina web do Inega.

3. Que sexan finalistas, é dicir, que no momento da certificación final cumpran os obxectivos e funcións para os que foron aprobados.

4. As actuacións axustaranse ás especificacións indicadas nas presentes bases e á normativa sectorial (comunitaria, estatal e autonómica) en materia de enerxía.

5. Que o solicitante non fose sancionado pola Consellería de Economía, Industria e Innovación pola comisión de infraccións en materia de subvencións no prazo dun ano, se a infracción foi cualificada como leve; de dous anos, se a infracción foi cualificada como grave; ou tres anos, se a infracción foi cualificada como moi grave. Os prazos computaranse desde a data de remate do prazo de presentación das solicitudes.

Artigo 3. Persoas beneficiarias

1. Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, as persoas físicas titulares de calquera dereito sobre un inmoble de carácter residencial ou as comunidades e mancomunidades de veciños, sempre que as actuacións subvencionables descritas no artigo 4 se realicen en vivendas ou edificios do sector residencial sitas na Comunidade Autónoma de Galicia. Así mesmo, as agrupacións de persoas físicas, privadas sen personalidade, non poderán disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Non poderán ter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Os requisitos para obter a condición de beneficiaria deberanse cumprir, como máis tarde, na data límite de remate do prazo de presentación de solicitudes.

Artigo 4. Proxectos que se subvencionan

O obxecto destas subvencións é apoiar proxectos promovidos polos particulares e as súas agrupacións e asociacións con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de enerxía térmica mediante caldeiras de biomasa, bombas de calor ou solar térmica en aplicacións residenciais.

Co obxectivo de garantir ao máximo o aproveitamento enerxético do combustible e minimizar as emisións de substancias contaminantes á atmosfera, os equipamentos de xeración de calor deberán ser instalacións con avanzadas prestacións operativas, con elevados niveis de eficiencia enerxética e cun bo comportamento con respecto ao ambiente.

Para tal efecto, as instalacións financiadas deben cumprir, cando sexa de aplicación, cos requisitos establecidos no Real decreto 1027/2007, do 20 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de instalacións térmicas de edificios (RITE), coas condicións establecidas no documento recoñecido do RITE, así como calquera outra normativa enerxética nacional, rexional ou local que lles sexa de aplicación.

Artigo 5. Requisitos técnicos dos proxectos que se subvencionan

Establécense as seguintes consideracións técnicas para cada tipoloxía subvencionable:

5.1. Caldeiras de biomasa

As caldeiras de biomasa deberán de cumprir o establecido no Regulamento, en vigor, de Ecodeseño (UE) 2015/1189 da Comisión Europea, e ter unha calificación enerxética en modo calefacción igual ou superior a C.

Subvencionaranse as seguintes tipoloxías de caldeiras de biomasa:

Tipoloxía B1: caldeiras que utilicen leña.

Tipoloxía B2: caldeiras de alimentación autómatica de pellets ou estelas con volume de acumulación de combustible inferior a 3.000 litros.

Tipoloxía B3: caldeiras de alimentación autómatica de pellets ou estelas con volume de acumulación de combustible maior ou igual a 3.000 litros.

No caso dos combustibles de biomasa, deberanse cumprir os criterios de sustentabilidade e de redución de emisións dos gases de efecto invernadoiro da Directiva (UE) 2018/2001, relativa ao fomento do uso de enerxía procedente de fontes renovables.

Non son subvencionables os aparellos de calefacción local recollidos no Regulamento delegado (UE) 2015/1186.

Non se admitirán nunha mesma solicitude varias caldeiras de distintas tipoloxías.

5.2. Bombas de calor (aerotermia, xeotermia e hidrotermia).

As bombas de calor deberán ter unha etiqueta de clase de eficiencia enerxética en modo calefacción a baixa temperatura de A ou superior, de acordo co establecido no Regulamento delegado nº 811/2013 e as súas actualizacións.

Ademais, para poder condiderar o sistema como renovable, a bomba de calor deberá ter un SPF superior a 2,5. Esta circunstancia xustificarase de acordo coas especificacións técnicas do fabricante do equipamento que acredite o SCOPnet a baixa temperatura segundo norma UNE-EN 14825, ou tamén co documento «Prestacións medias estacionais das bombas de calor para a produción de calor en edificios», emitido polo Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía.

Non serán subvencionables as bombas de calor aire-aire.

Non serán subvencionables os equipamentos tipo monobloc de bomba de calor para auga quente sanitaria.

Nas aplicacións de aerotermia só serán subvencionables os proxectos de bomba de calor que traballen no circuíto secundario a baixa temperatura. Para o cumprimento deste requisito, admitiranse sistemas de solo radiante, radiadores de baixa temperatura con ventilación forzada ou fancoils.

5.3. Solar térmica.

Serán subvencionables as instalacións que aproveitan a radiación solar para o quentamento dun fluído mediante paneis solares térmicos planos ou de tubos de baleiro.

O coeficiente de perdas do panel solar deberá ser inferior ou igual a 6 W/(m2ºC).

Non serán subvencionables aquelas instalacións destinadas ao quentamento da auga de piscinas descubertas.

Artigo 6. Investimentos subvencionables

1. Serán subvencionables:

a) O equipamento principal de xeración enerxética (paneis solares térmicos, bomba de calor, caldeira de biomasa).

No caso da biomasa, o custo do equipamento térmico e os seus accesorios principais (sistema de regulación e control, sistemas de limpeza, depuración de fumes, extracción cinzas), o custo do sistema de almacenamento do combustible e o custo do sistema de alimentación do combustible.

b) Resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento de sistema.

c) O custo de montaxe e conexionado.

d) No caso da enerxía xeotérmica e hidrotermia, o sistema de captación do recurso, sondaxes, intercambiadores, acumuladores, tubos, etc.

2. Non son subvencionables:

a) Os gastos de funcionamento da actividade subvencionada e material funxible en xeral.

b) Os gastos anteriores á presentación da solicitude.

c) As obras de mantemento.

d) A obra civil non asociada á instalación dos equipos.

e) As conducións de distribución interior da calor e os equipamentos emisores, salvo cando estes sexan parte activa do circuíto de xeración térmica.

f) Os gastos que se realicen en pagamento de licenzas, gastos sometidos a aranceis, adquisición de bens de segunda man e os recollidos con tal carácter no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Con carácter xeral, e de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, consideraranse gastos subvencionables aqueles que, de maneira indubidable, respondan á natureza da actividade subvencionable.

Artigo 7. Contía da axuda

1. Para o cálculo de axuda, establécense os seguintes custos elixibles por tecnoloxía:

a) Biomasa.

O investimento elixible máximo por potencia unitaria (sen IVE) estará limitado polas características do sistema segundo a seguinte táboa:

Biomasa

Tipoloxía

Tipo de equipamento xerador

de biomasa

Rango de potencias

Custo elixible máximo por potencia sen IVE (€/kW)

B1

Caldeiras de leña

P ≤ 20 kW

300 – 5 P

20 < P≤40 kW

250 – 2,5 P

P> 40 kW

150

B2

Caldeiras con sistema de alimentación automática e volume de acumulación de combustible V < 3.000 litros

P ≤ 15 kW

570 – 10 P

15 < P≤ 25 kW

600 – 12 P

P>25 kW

300

B3

Caldeiras con sistema de alimentación automática e volume de acumulación de combustible con V ≥ 3.000 litros

P ≤ 15 kW

670 – 10 P

15 < P≤ 30kW

700 – 12 P

P>30 kW

340

P: potencia nominal total do sistema de caldeira/s (kW).

V: capacidade do sistema externo de acumulación de combustible (litros).

No caso de que a caldeira incorpore un sistema de limpeza automática de intercambiador, o custo elixible máximo por potencia unitaria (sen IVE) poderá incrementarse en 50 €/kW adicionais.

b) Bomba de calor xeotérmica.

O investimento elixible máximo por potencia unitaria (sen IVE) reflíctese na seguinte táboa:

Xeotermia

Tipoloxía

Tipo de equipo xerador

de biomasa

Rango de potencias

Custo elixible máximo por potencia sen IVE (€/kW)

A1

Instalacións con bombas de calor xeotérmicas con intercambio enterrado horizontal

P ≤ 10 kW

1.430

10 < P≤30 kW

1430 – 11 (P-10)

30 < P≤ 100 kW

1210 – 22 (P-30)

P >100 kW

1056

A2

Instalacións con bombas de calor xeotérmicas con intercambio enterrado vertical

P ≤ 10 kW

2.090

10 < P≤30 kW

2090 – 27,5 (P-10)

30 < P≤ 100 kW

1540 – 3,8 (P-30)

P >100 kW

1309

P: potencia térmica nominal da bomba de calor (kW).

Para o cálculo da axuda por potencia, considérase a potencia calorífica nominal en modo calefacción nas condicións nominais de temperatura da norma UNE-EN 14511. Para iso, achegarase a ficha técnica do catálogo do fabricante do equipamanto onde veña recollida esa potencia ou capacidade calorífica en condicións nominais de ensaio segundo a dita normativa. De acordo coa norma UNE-EN 14511, tomarase como temperatura de referencia para o cálculo da potencia 0/35 ºC (B0/W35) para bombas de calor xeotérmicas.

c) Bomba de calor hidrotermia.

O investimento elixible máximo sen IVE será de 1.200 €/kW para as bombas de calor auga/auga.

Para o cálculo da axuda por potencia, considérase a potencia calorífica nominal en modo calefacción nas condicións nominais de temperatura da norma UNE-EN 14511. Para iso, achegarase a ficha técnica do catálogo do fabricante do equipamanto onde veña recollida esa potencia ou capacidade calorífica en condicións nominais de ensaio segundo a dita normativa (UNE-EN 14511 ou equivalente).

De acordo coa norma UNE-EN 14511, tomarase como temperatura de referencia para o cálculo da potencia 10/35 ºC (W10/W35) para bombas de calor auga/auga.

d) Bomba de calor aerotermia.

O investimento elixible máximo sen IVE será de 900 €/kW para as bombas de calor aire/auga.

Para o cálculo da axuda por potencia, considérase a potencia calorífica nominal en modo calefacción nas condicións nominais de temperatura da norma UNE-EN 14511. Para iso, achegarase a ficha técnica do catálogo do fabricante do equipamanto onde veña recollida esa potencia ou capacidade calorífica en condicións nominais de ensaio segundo a dita normativa (UNE-EN 14511 ou equivalente).

De acordo coa norma UNE-EN 14511, tomarase como temperaturas de referencia para o cálculo da potencia 7/35 ºC (A7/W35) para bombas de calor aire/auga.

e) Solar térmica.

Segundo a tecnoloxía utilizada, o investimento elixible máximo sen IVE será o seguinte:

Paneis planos: 800 euros/m2 de superficie de apertura.

Tubos de baleiro: 1.200 euros/m2 de superficie de apertura.

2. Contía da axuda.

A contía da axuda será do 50 % do investimento elixible da instalación.

Adicionalmente, dependendo da tipoloxía, establécese unha axuda máxima por vivenda:

Tipoloxía

Axuda máxima por vivenda (€)

Biomasa

8.000

Xeotermia

10.000

Aerotermia/Hidrotermia

2.500

Solar térmica

2.000

En proxectos multivivenda a axuda máxima por proxecto será de 40.000 €.

En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor do mercado.

Artigo 8. Compatibilidade das subvencións

As subvencións concedidas ao abeiro destas bases reguladoras serán incompatibles con outras axudas, subvencións ou recursos destinados á mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

Artigo 9. Información aos interesados

Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional a través dos seguintes medios:

1. Na páxina web do Inega (www.inega.gal) e no correo electrónico inega.info@xunta.gal

2. No teléfono 981 54 15 00.

Artigo 10. Procedemento de adhesión de entidades colaboradoras (procedemento IN421H)

1. Requisitos, condicións e solvencia.

a) Poderán ser entidades colaboradoras as entidades privadas con personalidade xurídica, validamente constituídas, así como os empresarios individuais sempre que, en ambos os dous casos, teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia, e que acrediten as condicións de eficacia e solvencia técnica e económica que se establecen neste artigo.

b) Será necesario que as entidades colaboradoras estean dadas de alta na Consellería de Economía, Industria e innovación para a xestión de subvencións para proxectos de enerxías renovables para uso térmico como empresas de instalacións térmicas en edificios (procedemento IN609E).

c) As entidades colaboradoras actuarán en nome e por conta do órgano concedente para todos os efectos relacionados coa subvención, colaborando na xestión desta.

d) Na súa relación co Inega, as entidades colaboradoras realizarán as seguintes funcións:

1º. Comprobación inicial dos requisitos dos solicitantes da axuda, e do conxunto da actuación.

2º. Realización ante o Inega dos trámites para solicitar a axuda.

3º. Desenvolvemento das accións vinculadas á convocatoria.

4º. Xustificación da axuda ante o Inega.

e) Para lograr a solvencia técnica e económica, as entidades colaboradoras deberán dispor dos medios tecnolóxicos precisos que garantan o acceso á aplicación informática habilitada para a xestión de selección de entidades colaboradoras e para a tramitación das solicitudes de axuda, así como, a utilización de medios electrónicos nas comunicacións entre as entidades colaboradoras e o Inega. As características técnicas exixibles poderán consultarse na paxina web do Inega (www.inega.gal).

f) Poderán adquirir a condición de entidade colaboradora aquelas entidades que reúnan os requisitos establecidos neste artigo e que o soliciten no prazo establecido no artigo 4 da resolución de convocatoria.

g) De conformidade coa Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as entidades colaboradoras deberán formalizar o convenio de colaboración entre elas e o Inega, en que se regularán as condicións e obrigas asumidas por aquelas, cuxo modelo figura no anexo III destas bases. O dito convenio posuirá o contido mínimo previsto no artigo 13 da Lei de subvencións.

h) Non poderán obter a condición de entidade colaboradora aquelas en que concorra algunha das circunstancias previstas nos artigos 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento.

2. Formularios.

Apróbanse e incorpóranse o seguinte formulario e modelo de convenio de colaboración como anexos ás presentes bases reguladoras:

– Anexo II Solicitude de adhesión de entidades colaboradoras.

– Anexo III Convenio de colaboración a subscribir coas entidades colaboradoras.

3. Obrigas e compromisos das entidades colaboradoras.

a) Son obrigas das entidades colaboradoras, sen prexuízo do disposto no artigo 12 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:

1º. Encontrarse ao día no pagamento das obrigas coa Facenda pública do Estado, da Administración autonómica así como coa Seguridade Social.

2º. Someterse ás actuacións de comprobación e control financeiro dos órganos competentes da Aadministración autonómica, estatal e comunitaria no exercicio das súas funcións.

3º. Cumprir cos criterios establecidos no convenio subscrito co Inega.

4º. Actuar en nome e por conta do Inega para todos os efectos relacionados coa subvención, colaborando na xestión das subvencións.

5º. Conservar os xustificantes orixinais e o resto da documentación relacionada coa axuda durante un período de dous anos desde a súa concesión.

6º. Remitir copia dixitalizada da dita documentación ao Inega.

7º. Deixar clara constancia nos seus rexistros contables e, así, facilitar a axeitada xustificación da subvención e a comprobación do cumprimento das condicións establecidas, de acordo co disposto no artigo 13.2.j) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

b) As entidades colaboradoras adheridas asumirán os seguintes compromisos:

1º. Comprobación inicial dos requisitos dos solicitantes da axuda, e do conxunto da actuación.

2º. Cubrir convenientemente os formularios de solicitude de axuda (anexo IV) e solicitude de pagamento (anexo VI) a través da aplicación informática que se habilite para o efecto.

3º. Vender no marco da iniciativa só os equipamentos que cumpran coas condicións establecidas nas bases reguladoras das axudas.

4º. Cumprir coa normativa establecida para o desenvolvemento do convocatoria, en concreto, a autorización ou inscrición da instalación no rexistro correspondente da consellería competente en materia de industria.

5º. Exhibir nos seus centros de traballo ou punto de venda durante a vixencia da convocatoria de axudas para proxectos de enerxías renovables de uso térmico no sector residencial un cartel de promoción deste en que se informe de que se trata dunha entidade colaboradora adherida conforme o modelo que se porá á disposición na páxina web do Inega.

4. Adhesión de entidades colaboradoras.

a) Adhesión simplificada.

1º. Esta forma de adhesión esta unicamente dirixida as entidades colaboradoras adheridas ao convenio de xestión das axudas para a xestión de subvencións para proxectos de enerxías renovables para uso térmico, destinados a particulares, reguladas na Resolución do 21 de febreiro de 2019 (DOG núm. 45, do 5 de marzo) e que desexen adherirse aos procedementos de xestión das axudas para proxectos de enerxías renovables para uso térmico, destinados a particulares, para a anualidade 2024.

2º. A entidade colaboradora deberá acceder á aplicación informática dispoñible na páxina web do Inega (http://www.inega.gal) ou accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal) para cubrir a solicitude de adhesión (anexo II) e o convenio de colaboración (anexo III); xerarase un documento en formato pdf con estes dous anexos –o segundo por duplicado–.

Por defecto, a aplicación informática cubrirá os anexos cos datos dispoñibles da convocatoria de adhesión de entidades colaboradoras que participasen no procedemento de xestión das axudas para proxectos de enerxías renovables para uso térmico, destinados a particulares, da anualidade 2019.

Para acceder á aplicación informática e solicitar a adhesión simplificada, utilizara o usuario e o contrasinal outorgados polo Inega na convocatoria 2019.

Unha vez xerada a solicitude normalizada (anexo II) e o convenio de colaboración (anexo III), deberá presentalos por vía electrónica, de conformidade ao establecido no artigo 4 da resolución.

3º. Se hai cambio na representación da entidade colaboradora, deberá volverse a achegar a documentación solicitada con carácter xeral. Para todas as solicitudes simplificadas, o Inega poderá proceder á comprobación de datos recollida na adhesión común que se regula a continuación. Se como consecuencia destas comprobacións procede solicitar a emenda de documentación, realizarase nos termos recollidos no citado procedemento de adhesión común.

b) Adhesión común (alta novas entidades colaboradoras).

1º. A primeira vez que a entidade colaboradora acceda á aplicación asignarase un usuario e un contrasinal. Este usuario e contrasinal serán os válidos para consultar o estado da solicitude de adhesión, para cubrir as solicitudes de axuda e para ver o seu estado.

2º. A entidade colaboradora deberá acceder á aplicación informática dispoñible na páxina web do Inega (http://www.inega.gal) ou accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal) para cubrir a solicitude de adhesión (anexo II) e o convenio de colaboración (anexo III), xerarase un documento en formato pdf con estes dous anexos –o segundo por duplicado–.

Unha vez xerada a solicitude normalizada (anexo II), deberá presentala por vía electrónica de conformidade co establecido. As copias dos documentos dixitalizados gozarán da mesma validez e eficacia que os orixinais, sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

A publicación dos formularios de solicitude no DOG farase unicamente para os efectos informativos.

3º. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

i. Recibo do imposto de actividades económicas (IAE) ou, de ser o caso, declaración responsable de exención de pagamento do imposto.

ii. Convenio de colaboración (anexo III) debidamente asinado pola entidade colaboradora.

Unha vez asinado polo Inega, a entidade colaboradora poderá acceder ao citado convenio no taboleiro.

iii. Documento acreditativo de poder suficiente do representante legal da entidade.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recabados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

4º. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se a entidade interesada presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola entidade interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

Sempre que se realice a presentación de documentación separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude, e o número de expediente, se dispón del.

5º. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola aplicación do Inega, permctirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na aplicación do Inega.

c) Comprobación de datos.

1º. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

i. NIF da entidade solicitante.

ii. DNI/NIE da persoa solicitante.

iii. DNI/NIE da persoa representante.

iv. Certificado de estar ao día no pagamento coa AEAT,

v. Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

vi. Certificado de estar ao día no pagamento coa Facenda autonómica.

vii. Certificado de alta no imposto de actividades económicas.

viii. Consulta de inhabilitación para obter subvencións e axudas.

2º. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3º. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

d) Todos os trámites administrativos que as entidades colaboradoras deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser realizados electronicamente a través da aplicación informática habilitada para estas axudas, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal) ou da páxina web do Inega (www.inega.gal).

5. Órganos competentes.

A Xerencia do Inega será o órgano competente para a instrución do procedemento administrativo de adhesión de entidades colaboradoras, correspondéndolle á persoa titular da Dirección do Inega ditar as diferentes resolucións que deriven do dito procedemento.

6. Instrución do procedemento de adhesión.

1º. Unha vez presentada a solicitude de adhesión xunto coa documentación complementaria, o órgano instrutor comprobará que reúne todos os requisitos e que se achegan todos os documentos exixidos polas bases reguladoras. De conformidade coa normativa reguladora do procedemento administrativo común, se a solicitude non reúne os requisitos exixidos, requirirase a entidade colaboradora para que, nun prazo de 10 días hábiles, emende a falta ou presente os documentos preceptivos, coa advertencia expresa de que, se así non o fixer, se terá por desistido da súa petición e arquivarase o expediente.

Igual requirimento se efectuará por parte do Inega no suposto de resultado negativo da consulta efectuada á Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT); Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS); consellería competente en materia de economía, consellería competente en materia de facenda.

2º. De conformidade co establecido no artigo 10.1.e) destas bases reguladoras, en canto á solvencia técnica das entidades colaboradoras, utilizaranse medios electrónicos para as notificacións.

7. Resolución.

O prazo máximo para que a dirección do Inega resolva sobre as adhesións das entidades colaboradoras é de 15 días hábiles desde a presentación da solicitude. Pasado o devandito prazo, as entidades colaboradoras poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo. A resolución ditarase individualmente para cada unha das solicitudes, e notificarase seguindo estritamente a súa orde de presentación, salvo que se deba emendar, momento en que se terá en conta a data de presentación da emenda.

Aqueles expedientes que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria serán adheridos a este programa.

8. Notificación das resolucións.

a) As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

b) De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do sistema de notificacións electrónicas de Galicia, Notifica.gal. Este sistema remitirá ás entidades colaboradoras avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude de adhesión. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

c) De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán de oficio, crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

d) As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

e) Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo.

f) As entidades colaboradoras poderán consultar na aplicación informática e na Carpeta cidadá-a miña sede, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal) o estado das súas solicitudes a medida que avanza a tramitación administrativa do expediente e a documentación presentada.

9. Publicación da listaxe de entidades colaboradoras adheridas.

O Inega publicará na súa páxina web a listaxe de entidades colaboradoras adheridas a medida que resolva o proceso de adhesión. A listaxe actualizarase periodicamente coas novas entidades colaboradoras solicitantes que, logo de o requirimento de emenda, completen a documentación necesaria para formalizar a adhesión.

As entidades colaboradoras non serán publicitadas na páxina web do Inega nin poderán tramitar solicitudes de axuda ata que completen o proceso de adhesión aínda que eventualmente xa comezase o prazo establecido no artigo 4.4 da resolución da convocatoria.

Artigo 11. Obrigas das persoas beneficiarias

Son obrigas das persoas beneficiarias, sen prexuízo das demais obrigas que figuran no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:

a) Proporcionarlle á entidade colaboradora todos os documentos necesarios para poder tramitar as axudas establecidas nestas bases, así como acreditar os requisitos ou condicións que determinen a concesión da axuda, no prazo sinalado na convocatoria ou, excepcionalmente, o que se sinale na resolución, cando esta sexa consecuencia da estimación dun recurso.

b) Facilitarlle á entidade colaboradora seleccionada as outras dúas ofertas que necesariamente, teñen que acompañar a solicitude de axuda cando a actuación concreta que se subvenciona supoña un gasto sen IVE para a persoa beneficiaria igual ou superior a 15.000 €.

As ofertas presentadas teñen que ser sempre con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo ou a entrega do ben. As ofertas presentadas para cada gasto non poderán proceder de empresas vinculadas entre elas, nin co solicitante, nos termos establecidos na lexislación de contratos do sector público.

c) Acreditar ante a entidade colaboradora, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión, así como antes das correspondentes propostas de pagamento, que está ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social.

d) Realizar o pagamento das facturas emitidas pola entidade colaboradora antes da data en que deban presentarse ante o Inega. Este pagamento debe estar debidamente documentado mediante xustificante bancario, tal e como se establece no artigo 30 destas bases.

e) Cando non poida executar o proxecto deberá renunciar á subvención. A renuncia tramitarase a través da entidade colaboradora.

f) Manter o investimento de que se trate para a finalidade e co carácter solicitado por un período mínimo de 5 anos contados desde o último día de pagamento ao beneficiario (art. 65 RDC).

g) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, que poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

h) Comunicarlle ao Inega, a través da entidade colaboradora, a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza, e en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos.

i) Someterse ás actuacións de comprobación e/ou de control financeiro que poidan realizar os distintos órganos de control a nivel autonómico, estatal ou comunitario, en particular as verificacións previstas no artigo 74 do RDC, ás auditorías do organismo de auditoría do programa operativo ou das distintas instancias comunitarias de control sobre os fondos europeos, achegando canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores. Para tal fin, garantirase que todos os documentos xustificativos da operación se conserven durante un prazo de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano en que se efectúe o último pagamento ao beneficiario (artigo 82 RDC).

Os controis administrativos e sobre o terreo que se leven a cabo axustaranse ao disposto no Real decreto 1047/2022, do 27 de decembro, polo que se regula o sistema de xestión e control das intervencións do Plan estratéxico e outras axudas da política agrícola común.

j) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

k) Comprometerse a evitar os impactos negativos significativos no ambiente na execución das actuacións, respectando o principio de «non causar no prexuízo significativo» (principio Do no significant harm-DNSH), no sentido establecido no artigo 9.4 do RDC. Para tal efecto, a persoa beneficiaria asinará unha declaración responsable de acordo co modelo incorporado ás bases.

l) En cumprimento do artigo 15.3 da Lei de 9/2007, de subvencións de Galicia, e conforme o disposto no Regulamento de execución (UE) 2022/129 da Comisión, do 21 de decembro de 2021, anexos II e III, e na Instrución ARX PEPAC 01/2023 Información, publicidade e visibilidade, a persoa beneficiaria das axudas deberá cumprir coa normativa sobre información e publicidade das axudas do Feder. Así, no caso de promoción ou difusión pública que as persoas beneficiarias realicen da actuación subvencionada por calquera soporte, deberá constar o apoio do Feader mostrando:

1º. O emblema da Unión.

2º. Una referencia ás axudas do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.

3º. O logotipo do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

4º. O símbolo e logotipo da Xunta de Galicia e do Inega.

m) A aceptación da axuda cofinanciada con fondos Feader implica a aceptación da inclusión das persoas beneficiarias na lista de operacións que se publicará no portal da Dirección Xeral de Fondos Comunitarios do Ministerio de Facenda e Función Pública co contido previsto no punto 3 do artigo 49 do Regulamento (UE) nº 2021/1060.

n) En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016 a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 12. Forma e prazo de presentación de solicitudes (código de procedemento IN421P)

1. As entidades colaboradoras adheridas son as encargadas de tramitar o procedemento (presentar a solicitude e a documentación complementaria). O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o 16 de febreiro e rematará o 21 de marzo de 2024.

Na páxina web do Inega (www.inega.gal) estará dispoñible unha listaxe de entidades colaboradoras adheridas a esta convocatoria de axudas.

2. A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e na páxina web do Inega, www.inega.gal, de conformidade co establecido no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Para o acceso á aplicación de presentación das solicitudes será necesario o número do NIF e o contrasinal determinado polas persoas interesadas.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

A aplicación solicitará a inclusión da documentación necesaria, e xerará a solicitude da persoa beneficiaria.

3. A entidade colaboradora presentará electronicamente, desde a aplicación, a solicitude de axuda unha vez asinada polo representante, mediante o formulario normalizado accesible desde a citada aplicación informática e que se xunta como anexo IV.

Previamente a presentar a solicitude, a aplicación permitirá imprimir o documento de representación conforme o anexo V, que deberá ser asinado polo solicitante e pola persoa autorizada para a representación, dixitalizado, e xuntarse á solicitude de axuda.

4. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras.

Artigo 13. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo IV) a seguinte documentación obrigatoria:

a) Documentación administrativa:

i. Autorización para a representación segundo o anexo V.

ii. Para acreditar a titularidade ou dispoñibilidade dos terreos admitiranse os seguintes documentos: titulo de propiedade ou contrato de arrendamento ou cesión de uso, acompañado de documento que acredite a titularidade do arrendador ou cedente.

Tamén se admitirá certificado catastral ou recibo de pagamento do IBI acompañado, en ambos os dous casos, de declaración responsable (asinada solicitante da axuda) de que os datos contidos no certificado ou no recibo non sufriron variación.

iii. No suposto de que o solicitante sexa unha agrupación de persoas físicas, privadas sen personalidade, o representante deberá asinar a solicitude e a entidade colaboradora achegará a seguinte documentación:

1º. Documentación que acredite a súa constitución.

2º. Documentación que acredite a representación con que se actúa.

3º. Documento en que consten os compromisos de execución asumidos por cada un dos integrantes, así como o importe de subvención que vai aplicar cada un deles, que terán, igualmente, a condición de persoas beneficiarias mediante a presentación do anexo VI, que se xunta a título informativo. Este anexo deberá formalizarse a través da aplicación informática accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ou ben desde a páxina web do Inega (http://www.inega.gal).

iv. No caso de que unha comunidade de veciños sexa a solicitante, de conformidade co artigo 13.3 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, sobre propiedade horizontal, o presidente terá a representación da comunidade neste procedemento e será a persoa asinante da documentación, e deberá presentarse:

1º. Acta de constitución da comunidade de propietarios coa relación dos propietarios e a determinación da cota de participación respectiva.

2º. Certificación do acordo adoptado pola maioría legalmente establecida pola correspondente comunidade de propietarios en que acepte as bases da convocatoria e se comprometen á execución das respectivas obras, facultando o presidente ou administrador de predios para formular a solicitude de subvención.

3º. Acta onde conste o nomeamento do presidente ou certificado expedido polo secretario da comunidade referente a este aspecto, ou certificación do administrador de predios que xestione a comunidade.

4º. Documento en que consten os compromisos de execución asumidos por cada un dos integrantes, así como o importe de subvención que vai aplicar cada un deles, que terán, igualmente, a condición de persoas beneficiarias mediante a presentación do anexo VI, que se xunta a título informativo. Este anexo deberá formalizarse a través da aplicación informática accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ou ben desde a páxina web do Inega (http://www.inega.gal).

v. Presentación da oferta da instalación que se pretende levar a cabo. Cando o investimento sen IVE da actuación concreta que se subvenciona supoña un gasto para a persoa beneficiaria igual ou superior a 15.000 € a entidade adherida, á cal corresponde a oferta seleccionada, presentará, xunto co resto da documentación complementaria, as tres ofertas da instalación que se pretende levar a cabo.

Deberá achegar unha oferta que avale o orzamento, cando o investimento sen IVE da actuación non sexa superior ou igual a 15.000 €.

A elección dunha das ofertas fundamentarase sempre en criterios de aforro. Ademais, será necesario achegar como xustificación unha memoria cando a elección non recaia na proposta económica máis vantaxosa, que terá que incluír unha comparación das especificacións técnicas dos elementos ofertados e o motivo da elección.

As ofertas presentadas para cada gasto deberán cumprir cos seguintes requisitos:

1º. Deberán proceder de empresas que teñan como obxecto social a fabricación ou subministración dos bens ou servizos incluídos na oferta, salvo na compra de terreos e edificacións.

Non poderán proceder de empresas vinculadas entre elas, nin co solicitante. Para estes efectos, considerase que existe vinculación entre empresas se responden á definición de «empresas asociadas» ou de «empresas vinculadas» establecida nos puntos 2 e 3, respectivamente, do artigo 3 do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.

2º. Deberán incluír, como mínimo, o NIF, nome e enderezo da empresa oferente, o nome ou razón social da empresa solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados. Para que a descrición dos conceptos se considere detallada deberá incluír, no caso de obra civil e instalacións, a relación pormenorizada e cuantificada das unidades de obra que inclúe; no caso de subministración de maquinaria e equipamentos, a súa marca, modelo, así como características técnicas, e, no caso de prestación de servizos, a descrición detallada destes.

Non serán admisibles as ofertas emitidas por provedores que non teñan capacidade para a subministración do ben ou servizo ou que parezan de compracencia (contido e formato idénticos ou extremadamente similares entre ofertas, erros idénticos ou aparencia non habitual, entre outros).

3º. Excepcionalmente, no caso de conceptos subvencionables que, polas súas especiais características, non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren, a moderación de custos poderá xustificarse alternativamente mediante un informe dun taxador, perito ou dun organismo público autorizado en que se determine, xustificadamente, o seu valor de mercado.

b) Memoria técnica da actuación, asinada por un técnico competente, que incluirá, como mínimo:

i. Descrición da instalación proxectada segundo o modelo dispoñible na web do Inega (www.inega.gal): unha memoria técnica en que se describirán, de forma detallada, os sistemas do equipamento xerador e do resto dos compoñentes principais da instalación. Tamén incluirá unha xustificación do calor útil demandado e emisións evitadas de gases de efecto invernadoiro. No caso das combustibles de biomasa, deberanse cumprir os criterios de sustentabilidade e de redución de emisións dos gases de efecto invernadoiro, de acordo coa Directiva (UE) 2018/2001, relativa ao fomento do uso de enerxía procedente de fontes renovables.

ii. Planos de situación onde se indique a localización dos equipamentos. Fotografía de vista aérea en que se indique, de forma apreciable, a edificación onde se executará a instalación (Sixpac, Catastro ou similar). Esbozos ou planos en que se localicen os equipamentos na edificación.

iii. Folla de características ou ficha técnica dos equipamentos xeradores.

iv. Etiqueta enerxética dos equipamentos xeradores (non se aplica á solar térmica)

No caso da biomasa, incluirase a documentación relativa ao índice de eficiencia enerxética incluída na etiqueta en modo calefacción . Tamén se achegará acreditación por parte do fabricante do equipamento do cumprimento dos requisitos de eficiencia enerxética estacional e emisións para o combustible que utilice que non poderán ser menos exixentes cos definidos no regulamento, en vigor, de Ecodeseño (UE) 2015/1189 da Comisión.

No caso das bombas de calor, achegarase a etiqueta enerxética en modo calefacción en baixa temperatura, de acordo co Regulamento regulado 811/2013 e as súas actualizacións.

v. Xustificación de potencias nominais en bombas de calor e solar térmica

– Bombas de calor.

Para o cálculo da axuda por potencia, considerarase a potencia calorífica nominal en modo calefacción. Para iso, achegarase a ficha técnica do catálogo do fabricante do equipamento onde veña recollida esa potencia ou capacidade calorífica en condicións nominais de ensaio, segundo normativa (UNE-EN 14511 ou equivalente). De acordo coa norma UNE-EN 14511, tomarase como temperaturas de referencia para o cálculo da potencia 0/35 ºC (B0/W35) para bombas de calor xeotérmicas, 7/35 ºC (A7/W35) para bombas de calor aire/auga e 10/35 ºC (W10/W35) para bombas de calor auga/auga.

Se na ficha técnica non se recolle de xeito íntegro e claro a dita información da bomba de calor, achegarase tamén certificación emitida por un laboratorio de ensaio externo ou por organismo acreditado (Keymart, Eurovent, etc.) cos resultados obtidos no dito ensaio segundo a norma UNE-EN 14511.

– Solar térmica.

A potencia instalada en solar térmica calcularase multiplicando a superficie de apertura polo rendemento (kW/m2) obtido a partir da curva de ensaio do panel, con temperatura (Tm-Ta) = 30 ºC, e 1.000 W/m2 de radiación.

Para iso, achegarase a ficha técnica do catálogo do fabricante do panel onde veñan recollidos os coeficientes de rendemento.

Se na ficha técnica non se recolle de xeito íntegro a dita información, entregarase, a maiores, resolución de certificación do panel solar en vigor, emitida pola Administración competente ou copia do ensaio realizado por unha entidade debidamente acreditada (segundo a Orde ITC/71/2007, do 22 de xaneiro, do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio ou, se for o caso, a norma que a substitúa.

c) Calquera outra documentación adicional que o interesado considere conveniente achegar para a correcta avaliación do proxecto.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recabados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentación separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola aplicación do Inega, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na aplicación do Inega.

5. Os interesados poderán consultar na aplicación informática e na Carpeta cidadá – A miña sede, accesibles desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) o estado das súas solicitudes a medida que avanza a tramitación administrativa do expediente e a documentación presentada.

Artigo 14. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) Certificacións de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.

b) Certificado de estar ao día no pagamento ca Seguridade Social.

c) Certificado de estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda e Administración Pública da Xunta de Galicia.

d) DNI/NIE da persoa solicitante.

e) Inhabilitación para obter subvencións e axudas.

f) Concesión de subvencións e axudas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 15. Tramites administrativos posteriores á presentación de solicitude

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar, tras a presentación da solicitude, deberán ser realizados electronicamente a través da aplicación informática habilitada para estas axudas, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal) ou da páxina web do Inega (www.inega.gal).

Artigo 16. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 17. Publicidade

1. O Inega publicará as subvencións concedidas ao abeiro destas bases na súa páxina web oficial (www.inega.gal) e no Diario Oficial de Galicia, expresando a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puidesen impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude levará implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade. A publicidade no Diario Oficial de Galicia realizarase no prazo máximo de tres meses contados desde a data de resolución das concesións, non obstante, cando os importes das subvencións concedidas, individualmente consideradas, sexan de contía inferior a 3.000 euros, non será necesaria a publicación no Diario Oficial de Galicia, que será substituída pola publicación das subvencións concedidas na páxina web do Inega.

2. En cumprimento do artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do devandito artigo será comunicado á Base de datos nacional de subvencións (BDNS). A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do extracto da convocatoria para a súa publicación de acordo co establecido no Real decreto 130/2019, do 8 de marzo, polo que se regula a Base de datos nacional de subvencións e a publicidade das subvencións e demais axudas.

3. Son obrigas dos beneficiarios en materia de información e publicidade as recollidas no anexo II e III do Regulamento de execución (UE) 2022/129 da Comisión, do 21 de decembro de 2021, polo que se establecen normas para os tipos de intervención relativos ás sementes oleaxinosas, o algodón e os subprodutos da vinificación en virtude do Regulamento (UE) 2021/2015 do Parlamento Europeo e do Consello, así como para os requisitos en materia de información, publicidade e visibilidade relacionados coa axuda da Unión e os plans estratéxicos da PAC, e na Instrución ARX PEPAC 01/2023 de información, publicidade e visibilidade.

Artigo 18. Órganos competentes

A Xerencia do Inega será o órgano competente para a instrución do procedemento administrativo de concesión das subvencións, e corresponde ao director do Inega ditar as diferentes resolucións que deriven do dito procedemento.

Artigo 19. Instrución do procedemento de concesión das axudas

1. A solicitude de axuda será avaliada polos servizos do órgano instrutor do Inega en función dos datos relativos ao solicitante e ao proxecto declarados na solicitude de axuda e na documentación complementaria presentada.

Se a solicitude non reúne algunha da documentación ou información previstas nas bases, requirirase a entidade colaboradora para que, nun prazo de dez (10) días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos; coa advertencia expresa de que, se así non o fixer, se terá por desistido na súa petición e arquivarase o expediente.

Igual requirimento se efectuará no suposto de resultado negativo da consulta efectuada á Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT); Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS); consellería competente en materia de facenda.

2. Sen prexuízo do establecido no punto anterior, poderá requirirse a entidade colaboradora para que achegue aqueles datos, documentos complementarios ou aclaracións que resulten necesarios na tramitación e resolución do procedemento.

Artigo 20. Comisión de Valoración

1. A Comisión de Valoración será o órgano colexiado encargado de avaliar as solicitudes de acordo cos criterios obxectivos fixados no artigo seguinte, así como de propoñer a concesión ou, se é o caso, a denegación das subvencións aos interesados. A composición da Comisión de Valoración será a seguinte:

a) A persoa que desempeñe a xefatura do Departamento de Enerxía do Inega.

b) A persoa que desempeñe a xefatura da Área de Enerxías Renovables do Inega.

c) Un técnico do Inega.

2. No documento co resultado da avaliación que elabore a comisión figurarán, de xeito individualizado, os solicitantes propostos para obter a subvención, especificándose a puntuación que lles corresponde, así como o importe da subvención para cada un deles, ata esgotar o crédito dispoñible.

Non serán subvencionables os proxectos que acaden unha puntuación inferior a 30 puntos por considerarse que non cumpren suficientemente a finalidade da convocatoria.

3. De ser o caso, este documento contará cunha relación dos proxectos admitidos que non acadaron a subvención polo esgotamento do orzamento dispoñible, que conformarán a lista de espera. O órgano xestor poderá acordar activar a lista de espera no suposto de que algunha persoa beneficiaria renuncie á subvención concedida ou recaia no dereito á súa percepción; neste caso, os créditos liberados poderán asignarse por orde decrecente de puntuación aos proxectos admitidos que non obtivesen subvención por esgotamento do crédito previsto.

Artigo 21. Criterios de valoración

As solicitudes recibidas valoraranse cos seguintes criterios. En caso de empate, ordenaranse as solicitudes conforme a súa data e hora de presentación, tendo prioridade as primeiras en presentarse:

1. Características técnicas dos principais equipamentos: (ata 50 puntos).

a) Biomasa.

i. Eficiencia do equipamento xerador (ata 25 puntos).

Utilizaranse os seguintes valores de puntuacións, utilizando o valor da etiqueta enerxética do equipamento de biomasa:

Valor da clase de eficiencia enerxética incluída na etiqueta en modo calefacción

25 puntos

A+++

20 puntos

A++

16 puntos

A+

12 puntos

A

7 puntos

B

0 puntos

C

ii. Tipoloxía dos sistemas e do combustible empregado.

1º. Sistema de alimentación do combustible (ata 10 puntos).

Caldeira con sistema alimentación automática e volume de combustible >= 3.000 litros: 10 puntos.

Caldeira con sistema alimentación automática e volume de combustible inferior a 3.000 litros: 5 puntos.

Caldeira con alilmentación manual: 0 puntos.

2º. Calidade enerxética do combustible empregado polo equipamento (ata 10 puntos).

Valorarase este punto tendo en conta o combustible utilizado:

Pellet: 10 puntos.

Estelas: 6 puntos.

Leña e outros: 3 puntos.

3º. Se dispón de sistema de limpeza automática do intercambiador (5 puntos).

b) Xeotermia e hidrotermia.

i. Eficiencia do equipamento xerador (ata 30 puntos).

A puntuación en función da etiqueta enerxética en modo calefacción en baixa temperatura será:

30 puntos

A+++

20 puntos

A++

10 puntos

A+

0 puntos

A

ii. Tipoloxía do sistema (ata 10 puntos).

Intercambio en circuíto aberto: 10 puntos.

Intercambio en circuíto cerrado en sondaxe vertical: 5 puntos.

Intercambio en circuíto cerrado en sondaxe horizontal: 0 puntos.

Tipo de emisor no circuíto secundario (ata 10 puntos).

Solo radiante: 10 puntos.

Radiador de baixa temperatura dinámico, fancoils: 5 puntos.

Resto de emisores: 0 puntos.

c) Aerotermia.

i. Eficiencia do equipamento xerador (ata 30 puntos).

A puntuación en función da etiqueta enerxética en modo calefacción en baixa temperatura será:

30 puntos

A+++

20 puntos

A++

10 puntos

A+

0 puntos

A

ii. Tipoloxía do sistema (ata 10 puntos).

Con tecnoloxía inverter: 10 puntos.

Sen tecnoloxía inverter: 5 puntos.

iii. Tipo de emisor no circuito secundario (ata 10 puntos).

Solo radiante: 10 puntos.

Radiador de baixa temperatura dinámico, fancoils: 5 puntos.

Resto de emisores: 0 puntos.

c) Solar térmica.

i. Eficiencia do equipamento xerador (ata 30 puntos).

Valórase o rendemento de paneis solares en termos de kW/m2:

No caso dos paneis solares, outorgarase unha puntuación de 0 puntos para os paneis solares con rateo igual ou inferior a 0,4 kW/m2 e a máxima puntuación 30 puntos para os iguais ou superiores a 0,60 kW/m2. O resto de paneis solares puntuaranse proporcionalmente.

Este rendemento do panel en kW/m2 calcularase a partir da superficie de apertura e da curva de ensaio do panel, con temperatura (Tm-Ta) = 30 ºC, e 1.000 W/m2 de radiación.

ii. Tipoloxía do sistema (ata 20 puntos).

a) Tipo de colector:

Colector de baleiro: 10 puntos.

Colector plano: 5 puntos.

b) Tipo de circulación:

Forzada: 10 puntos.

Termosifón: 5 puntos.

2. Grao de utilización da instalación: (ata 25 puntos).

a) Biomasa.

i. Grao de utilización da instalación segundo o uso (ata 6 puntos).

Uso de calefacción e auga quente sanitaria (AQS): 6 puntos.

Uso de calefacción: 3 puntos.

Resto de usos: 1 punto.

ii. Zona climática do concello segundo o código técnico da edificación (CTE/HE1) (ata 10 puntos).

Os proxectos situados en concellos definidos, tendo en conta a súa altitude, como zona E, terán 10 puntos; os da zona D, 5 puntos; os da zona C, 1 punto.

iii. Ratio investimento/potencia da instalación (ata 9 puntos).

Avaliarase con relación ás ratios de investimento máximo elixible por potencia do proxecto segundo bases. Outórgase 0 puntos aos proxectos cuxa ratio investimento/potencia supere un 120 % do custo máximo elixible que lle corresponde polas súas características e a puntuación máxima para aqueles cuxa ratio sexa inferior ao 80 % do custo máximo elixible. O resto dos proxectos puntuaranse proporcionalmente.

b) Bombas de calor (aerotermia, xeotermia e hidrotermia) e solar térmica.

i. Grao de utilización da instalación segundo o uso (ata 6 puntos).

Uso de calefacción e auga quente sanitaria (AQS): 6 puntos.

Uso de calefacción: 3 puntos.

Resto de usos: 1 punto.

ii. Zona climática do concello segundo o código técnico da edificación (CTE/HE1) (ata 10 puntos).

Os proxectos situados en concellos, tendo en conta a súa altitude, definidos como zona E, terán 10 puntos; os da zona D, 5 puntos; os da zona C, 1 punto.

iii. Ratio investimento/potencia da instalación (ata 9 puntos).

Avaliarase con relación ás ratios de investimento máximo elixible por potencia do proxecto segundo bases. Outórgase 0 puntos aos proxectos cuxa ratio investimento/potencia supere un 120 % do custo máximo elixible que lle corresponde polas súas características e a puntuación máxima para aqueles cuxa ratio sexa inferior ao 80 % do custo máximo elixible. O resto dos proxectos puntuaranse proporcionalmente.

3. Localización xeográfica do proxecto: (ata 25 puntos).

a) Renda por habitante (ata 10 puntos).

Valoraranse os proxectos que se desenvolvan en zonas económicamente menos favorecidas utilizando os datos máis recentes dispoñibles polo IGE da renda dispoñible bruta por habitante dos municipios galegos. En concreto, utilizaranse os datos correspondentes ao última ano publicado, que se poden descargar da web do Instituto Galego de Estatística no enderezo www.ige.eu na sección Economía/Sistema Contas/Renda dos fogares municipais en formato excel.

Outórganse 0 puntos aos proxectos situados no concello que teña a máxima renda dispoñible bruta por habitante de Galicia, e a puntuación máxima ao de menor. O resto dos proxectos puntuaranse proporcionalmente. Otorgaranse 0 puntos a proxectos situados no concello que teña a máxima renta bruta por habitante e 10 puntos aos proxectos situados no concello de menor renta. O resto dos proxectos puntuaranse proporcionalmente.

b) Concello cumpre criterios de reto demográfico (ata 15 puntos).

Para os efectos desta convocatoria, defínense os concellos de reto demográfico como aqueles concellos de ata 5.000 habitantes e os concellos non urbanos de ata 20.000 habitantes en que todas as súas entidades singulares de poboación sexan de ata 5.000 habitantes.

As fontes oficiais para a determinación das cifras de habitantes e do carácter «non urbano» dos concellos de reto demográfico serán as publicacións do INE e do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible.

O Inega publicará na súa web a listaxe de concellos que cumpran os criterios de reto demográfico.

A puntuación por este criterio será a seguinte:

– Concello cumpre criterios de reto demográfico: 15 puntos.

– Concello non cumpre criterios de reto demográfico: 0 puntos.

Tendo en conta os criterios de puntuación anteriores, a puntuación máxima do proxecto será de 100 puntos.

Os empates que, de ser o caso, se produzan dirimiranse aplicando os criterios na orde que a continuación se expón:

1. Maior puntuación obtida na epígrafe «Características técnicas».

2. Maior puntuación obtida na epígrafe «Grao de utilización».

3. Maior puntuación obtida na epígrafe «Localización xeográfica».

Artigo 22. Resolución

1. Elaborada a proposta de resolución prevista no artigo 20.2 destas bases, esta será elevada ao director do Inega. O procedemento de concesión resolverase no prazo de 15 días desde a data de elevación da proposta de resolución e axustarase ao disposto no artigo 34 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. A resolución de concesión da subvención comprenderá a identificación da persoa ou persoas beneficiaria/s, o custo elixible e a contía da subvención.

Na resolución denegatoria da axuda farase constar o motivo da denegación.

3. No suposto de ampliación do crédito e ata o límite do crédito dispoñible, concederase, sen necesidade dunha nova convocatoria, a subvención ao solicitante ou solicitantes seguintes na orde de prelación.

4. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución do procedemento será de catro (4) meses, contados desde a data de presentación da solicitude ou, de ser o caso, da súa emenda.

Se transcorre o prazo sen que recaia resolución expresa, os interesados poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo, de conformidade co artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 23. Notificación

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificacións electrónicas de Galicia, Notifica.gal. Este sistema remitirá ás entidades colaboradoras avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as entidades colaboradoras deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán, de oficio, crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

6. Os interesados poderán consultar na aplicación informática accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) e na Carpeta cidadá – A miña sede o estado das súas solicitudes a medida que avanza a tramitación administrativa do expediente e a documentación presentada.

Artigo 24. Réxime de recursos

Contra as resolucións ditadas ao abeiro destas bases poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

1. Recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo coa súa normativa específica, se produzan os efectos do silencio administrativo, perante a presidenta da Axencia Instituto Enerxético de Galicia, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. Contra as resolucións de reintegro, recurso de reposición no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución se esta for expresa, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo coa súa normativa específica, se produzan os efectos do silencio administrativo, perante o director da Axencia Instituto Enerxético de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Artigo 25. Modificación da resolución

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

2. Cando, por circunstancias técnicas, sexa imprescindible variar o contido específico dos investimentos recollidos no proxecto inicial, a entidade colaboradora debe notificarllo ao órgano competente para a concesión da subvención, e deberíanse cumprir os requisitos previstos na epígrafe seguinte.

3. O órgano competente para a concesión da subvención poderá autorizar a modificación da resolución por instancia da persoa beneficiaria respectando os seguintes requisitos:

a) Que a modificación do proxecto estea comprendida dentro da finalidade das normas ou bases reguladoras.

b) Que se acredite a inexistencia de prexuízos a terceiros.

c) Que os novos elementos e circunstancias que motiven a modificación, de teren concorrido na concesión inicial, non suporían a denegación da axuda.

4. As modificacións de proxectos que non se comuniquen con anterioridade á xustificación do investimento, ou aquelas que, de xeito previo, non acheguen a documentación necesaria para a súa valoración, tramitaranse conxuntamente coa documentación xustificativa do investimento, utilizando o requirimento de emenda de xustificación para completar o expediente. Poderán formalizarse a aceptación da modificación do proxecto e a xustificación deste mediante a resolución de pagamento, sempre e cando a modificación do proxecto respecte os requisitos establecidos no punto 3 deste artigo e se achegue toda a documentación da solicitude modificada.

5. O acto polo que se acorde ou se denegue a modificación do proxecto, que poderá ou non afectar os termos da resolución de concesión, será ditado pola Dirección do Inega logo da instrución do correspondente expediente no cal se lle dará audiencia aos interesados.

Artigo 26. Aceptación e renuncia

No caso de que a persoa beneficiaria dunha subvención desexe renunciar á axuda concedida para a súa solicitude, deberá comunicarllo ao Inega, a través da entidade colaboradora (anexo VII).

No caso de que se comunicase a renuncia, ditarase a correspondente resolución que se notificará, de conformidade co procedemento establecido no artigo 23 destas bases reguladoras.

Artigo 27. Subcontratación

Permitirase que a persoa beneficiaria subcontrate con terceiros a execución de ata o 100 % da actuación que se subvenciona nos termos recollidos no artigo 27 e concordantes da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 28. Prazo para a execución da instalación

A data límite para executar o proxecto e presentar a documentación xustificativa dos investimentos será o 30 de setembro de 2024

Artigo 29. Xustificación da subvención

1. A documentación correspondente á xustificación do investimento realizado presentaraa a entidade colaboradora de forma electrónica a través da aplicación informática accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal) ou da páxina web do Inega (www.inega.gal), de conformidade co disposto no artigo 15.

2. Tal e como dispón o artigo 46 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, cando o órgano administrativo competente para a comprobación da subvención aprecie a existencia de defectos emendables nas xustificacións presentadas polas persoas beneficiarias, porao no seu coñecemento e concederalle un prazo de dez (10) días para a súa corrección. Os requirimentos de emenda serán notificados tal e como se establece no artigo 23 destas bases reguladoras.

Igual requirimento se efectuará por parte do Inega no suposto de resultado negativo da consulta cos seguintes organismos: Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT), Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Consellería de Facenda e Administración Pública, así como a verificación do DNI do solicitante (persoa física).

3. No suposto de que transcorrese o prazo establecido para a xustificación sen terse presentado ningunha documentación, requirirase igualmente a entidade colaboradora para que no prazo improrrogable de dez (10) días hábiles a presente.

A presentación da xustificación no prazo adicional de dez (10) días non eximirá das sancións que, conforme a lei, correspondan.

Artigo 30. Documentación xustificativa da subvención

1. Para o cobramento pola persoa beneficiaria da subvención concedida a entidade colaboradorá deberá xustificar previamente o investimento que lle supuxo executar o proxecto ou actuación subvencionada. Todos os investimentos deberán estar plenamente realizados na data límite de xustificación do proxecto.

2. A entidade colaboradora deberá presentar toda a documentación que se sinala neste artigo e solicitará o pagamento mediante a presentación do anexo VIII, que se xunta a título informativo. Este anexo deberá estar accesible través da aplicación informática accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ou ben desde a páxina web do Inega (http://www.inega.gal).

3. Documentación xustificativa que se ten que presentar xunto coa solicitude de pagamento:

a) Para xustificar cada un dos gastos realizados achegaranse as facturas, en que figurará o importe total para pagar, e os documentos xustificativos que aseguren a efectividade do pagamento da totalidade do equipamento polo solicitante.

1º. A factura deberá reflectir, con claridade, os seguintes datos:

– Data de emisión.

– Nome e NIF/NIE da persoa beneficiaria.

– Enderezo onde se realiza a obra.

– Descrición detallada da totalidade do equipamento instalado de acordo coa solicitude.

– Base impoñible, IVE, total da base impoñible mais IVE.

Non se admiten as facturas que non cumpran co indicado ou que se manipulen.

A expedición das facturas e o seu contido axustarase ao disposto no Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se regulan as obrigas de facturación.

2º. Considéranse documentos xustificativos do pagamento das facturas os seguintes:

i. Xustificante bancario (transferencia bancaria, certificación bancaria, xustificante bancario de ingreso efectivo polo portelo), en que conste: o titular da conta desde a que se realiza a operación ou persoa que realiza o ingreso efectivo, que debe coincidir en todo caso coa persoa beneficiaria da subvención, receptor do pagamento (empresa ou autónomo) e número da factura obxecto de pagamento.

ii. Efectos mercantís que permitan o pagamento aprazado (cheque, nota promisoria de pagamento, letra de cambio): achegarase copia do efecto mercantil acompañada da documentación bancaria (extracto da conta da persoa beneficiaria, documento bancario acreditativo do pagamento do efecto, etc.) en que conste claramente que o efecto foi efectivamente cargado na conta da persoa beneficiaria dentro do prazo de xustificación.

No caso de que non quede acreditado o concepto do gasto, deberá achegar, ademais, xustificante de recepción asinado e selado polo provedor en que se especifique o número de factura pagada, número e data do cheque e NIF e nome da persoa receptora do cobramento.

Tanto no caso do cheque nominativo como de obriga de pagamento, para os efectos de data de pagamento, estimarase a data de cargo na conta do extracto bancario. En ningún caso se estimará como data de pagamento efectivo a entrega do cheque ao provedor.

3º. Non se admitirán os supostos de autofacturación (factura emitida pola propia persoa beneficiaria da subvención).

4º. A data dos xustificantes de gasto e do pagamento debe ser posterior á data de solicitude de axuda e terá como límite para a súa validez e admisión o último día do prazo de xustificación previsto no artigo 28.

5º. En ningún caso poderá concertar a persoa beneficiaria a execución total ou parcial das actividades subvencionadas nos supostos recollidos nas letras a), b) e c) do artigo 27.7 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

6º. Non se admitirán como xustificantes os documentos acreditativos de pagamento en metálico nin os obtidos a través da internet se non están validados pola entidade bancaria ou non dispoñen de códigos para a súa verificación por terceiros na sede electrónica da dita entidade bancaria.

7º. No caso dunha factura cuxo pagamento se xustifique mediante varios documentos de pagamento, cada un destes deberá facer referencia á factura á cal se imputa o pagamento.

8º. No caso de que as persoas beneficiarias da axuda se acollan a cesión do dereito de cobramento, establecido no punto 1 do artigo 83 do Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, considérase efectivamente pagado o gasto coa cesión do dereito de cobramento da subvención a favor dos cesionarios.

b) Informe técnico da actuación realizada, segundo o modelo dispoñible na páxina web do Inega (www.inega.gal). De existir modificacións no proxecto, deberase indicar no informe técnico da actuación realizada e achegará a documentación técnica presentada coa solicitude que se vexa afectada polas modificacións.

c) Fotografías dos principais equipamentos instalados.

d) Declaración complementaria do conxunto de axudas solicitadas para as mesmas actuacións subvencionadas, tanto as aprobadas e concedidas como as pendentes de resolución, das distintas administracións públicas ou calquera dos seus organismos, entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais (anexo IX).

e) Certificado asinado polo técnico instalador, en que se indique a data de finalización da instalación que se subvenciona. Lémbrase que a data de finalización da obra debe estar comprendida dentro do período de xustificación.

Naqueles proxectos de xeración térmica con potencia superior a 70 kW deberá achegarse proxecto e certificado de dirección de obra asinado polo técnico.

Naquelas instalacións que requiran a súa inscrición no rexistro da consellería competente en materia de industria, a persoa beneficiaria deberá achegar o xustificante de solicitude de inscrición da instalación nese rexistro. Nese xustificante deberán figurar as características técnicas e o correspondente código de acceso ao referido rexistro, para ter a posibilidade de verificación, no caso de que fose necesario.

f) Nos proxectos de enerxía xeotérmica a persoa beneficiaria deberá achegar certificado de obra do sistema de captación asinado por un técnico conforme o modelo dispoñible na web do Inega. Sempre que sexa obrigatoria unha autorización para a execución do proxecto a persoa beneficiaria deberá xustificar a obtención desta ou, no caso de que aínda non se recibise a autorización, deberase acreditar documentalmente a súa solicitude.

g) Memoria de xustificación da publicidade de fondos Feader, segundo o modelo dispoñible na páxina web do Inega (www.inega.gal).

Artigo 31. Pagamento das axudas

1. Os órganos competentes do Inega poderán solicitar as aclaracións ou informes relativos á xustificación do investimento que consideren convenientes. Transcorrido o prazo concedido para o efecto sen que a persoa beneficiaria os presentase, poderase entender que renuncia á subvención.

2. No caso de que o investimento realizado teña un custo inferior ao inicialmente previsto e sempre que isto non supoña unha realización deficiente do proxecto, a contía da subvención poderá reducirse proporcionalmente se debido á redución do investimento se superan as porcentaxes máximas de subvención.

3. Previamente á proposta de pagamento, e sempre que se trate de subvencións de capital cun importe superior a 60.000 euros, os servizos técnicos do Inega realizarán unha inspección de comprobación material en que certifiquen que se realizou o investimento que foi obxecto da axuda e que tal investimento coincide co previsto na resolución de concesión.

Artigo 32. Perda do dereito á subvención e reintegro das axudas

1. O Sistema de xestión da política agrícola común e outras materias conexas veñen regulados na Lei 30/2022, do 23 de decembro e as normas para a aplicación de penalizacións nas intervencións recollidas no Plan estratéxico da política agrícola común e pola que se modifican varios reais decretos polos que se regulan distintos aspectos relacionados coa aplicación en España da política agrícola común para o período 2023-2027 veñen recollidas no Real decreto 147/2023, do 28 de febreiro.

2. Producirase a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención no suposto de falta de xustificación do cumprimento do proxecto, das condicións impostas na resolución de concesión, das obrigas contidas nestas bases reguladoras, das obrigas contidas no artigo 33 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, ou na demais normativa aplicable, o que dará lugar a devolver total ou parcialmente a subvención percibida, así como os xuros de demora correspondentes.

3. O procedemento para declarar a procedencia da perda do dereito de cobramento da subvención e para facer efectiva a devolución a que se refire o punto anterior será o establecido no titulo II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. Incumprimento dos proxectos:

a) Incumprimento total. Se se xustifican conceptos, partidas e/ou elementos subvencionables aprobados que representen menos do 60 % do importe total do investimento subvencionable, entenderase que non acadou os obxectivos propostos na solicitude e, polo tanto, determinará a perda do dereito ao cobramento da subvención concedida.

b) Incumprimento parcial. Sempre que se cumpran os requisitos ou condicións esenciais tomadas en conta na concesión das axudas, poderá apreciarse un incumprimento parcial, debendo resolver sobre o seu alcance, aplicando a mesma ponderación que tivese a condición incumprida na resolución de concesión, é, se é o caso, establecendo a obriga de reintegro cos seguintes criterios:

i. No caso de condicións referentes á contía ou conceptos da base subvencionable, o alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente aos conceptos subvencionables deixados de efectuar ou aplicados a outros distintos dos considerados subvencionables, e deberase, se é o caso, reintegrar as cantidades percibidas na dita proporción. En particular, unha execución por baixo do 60 % da base subvencionable aprobada considerarase un incumprimento total.

ii. Non manter a publicidade ao financiamento do proxecto, de acordo co establecido no artigo 26.8 destas bases, suporá o reintegro dun máximo do 3 % da subvención concedida.

iii. No período de mantemento dos investimentos, procederá a incoación dun procedemento de reintegro no suposto de non manter os investimentos obxecto da subvención durante o período establecido, o que suporá o reintegro da subvención correspondente ao activo non mantido, de forma proporcional ao período en que se incumprise este requisito.

5. Procederá a perda total do dereito ao cobramento da axuda concedida, sen prexuízo da incoación do oportuno expediente sancionador, nos seguintes casos:

a) Obter a subvención sen reunir as condicións requiridas.

b) Non xustificar ante o Inega o cumprimento dos requisitos e condicións da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o goce da subvención.

c) Non permitir someterse ás actuacións de comprobación e/ou control financeiro que poidan realizar os distintos órganos de control a nivel autonómico, estatal ou comunitario, en particular ás verificacións previstas no artigo 74 do RDC, ás auditorías do organismo de auditoría do programa operativo ou das distintas instancias comunitarias de control sobre os fondos europeos, achegando canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores. Para tal fin, garantirase que todos os documentos xustificativos da operación se conserven durante un prazo de 5 anos a partir do 31 de decembro do ano en que se efectúe o último pagamento á persoa beneficiaria (artigo 82 RDC).

d) Non acreditar estar ao día nas obrigas fiscais, coa Seguridade Social e coa Comunidade Autónoma.

e) Non comunicarlle ao Inega a obtención doutras subvencións e axudas que financien as actividades subvencionadas.

f) Non comunicar ao Inega a modificación das circunstancias que fundamentaron a concesión da subvención.

g) Non manter un sistema de contabilidade separado ou código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais de contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados co fondo Feader.

h) Non dar publicidade ao financiamento do proxecto nos termos exixidos no artigo 26.8 destas bases reguladoras.

6. No caso de condicións que constitúan obrigas que a persoa beneficiaria debe acreditar a través da entidade de colaboración en fase de xustificación (obrigas de publicidade, comunicación doutras axudas, etc.), estas deberán xustificarse en todo caso para poder proceder ao pagamento da subvención, polo que a gradación fixada nesta epígrafe só resultará aplicable para supostos de reintegro, no caso en que se detecten en controis posteriores ao pagamento algún incumprimento relativo a esas obrigas.

Artigo 33. Réxime de sancións

Ás persoas beneficiarias das subvencións reguladas nestas bases aplicaráselles o réxime de infraccións e sancións previsto na Lei 30/2022, do 23 de decembro, pola que se regula o sistema de xestión da política agrícola común e outras materias conexas.

Artigo 34. Fiscalización e control

1. As persoas beneficiarias destas subvencións someteranse ás actuacións de comprobación e/ou control financeiro que poidan realizar os distintos órganos de control a nivel autonómico, estatal ou comunitario, en particular ás verificacións previstas no artigo 74 do RDC, ás auditorías do organismo de auditoría do programa operativo ou das distintas instancias comunitarias de control sobre os fondos europeos, achegando canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores. Para tal fin, garantirase que todos os documentos xustificativos da operación se conserven durante un prazo de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano en que se efectúe o último pagamento ao beneficiario (artigo 82 RDC).

2. Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco da presente convocatoria poderá poñer os ditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través da canle habilitada para o efecto neste enderezo:

https://www.igae.pap.hacienda.gob.es/sitios/igae/es-ES/Paginas/denan.aspx

Artigo 35. Comprobación de subvencións

1. O órgano competente para conceder a subvención comprobará a axeitada xustificación da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o gozo da subvención. O prazo para a comprobación material de facturas e xustificantes de gastos será de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano en que o Inega efectúe o último pagamento ao beneficiario, de acordo co disposto no artigo 82.2 do Regulamento (UE) nº 2021/1060.

2. Para todo o non previsto no punto anterior, será aplicable o disposto no artigo 30 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e nos artigos 57 e seguintes do seu regulamento.

Artigo 36. Remisión normativa

1. As subvencións concedidas ao abeiro destas bases reguladoras rexeranse, entre outras, polas seguintes normas:

a) Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, Fondo Social Europeo Plus, Fondo de Cohexión, Fondo de Transición Xusta e Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os ditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de Apoio Financeiro á Xestión de Fronteiras e a Política de Visados (DOUE L231, do 30 de xuño de 2021).

b) Regulamento (UE) nº 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, polo que se establecen normas en relación coa axuda aos plans estratéxicos que deben elaborar os Estados membros no marco da política agrícola común (plans estratéxicos da PAC). Financiada con cargo ao Fondo Europeo de Garantía (Feaga) e ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e polo que se derrogan os regulamentos (UE) nº 1305/2013 e (UE) nº 1307/2013.

c) Regulamento (UE) nº 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, sobre o financiamento, a xestión e o seguimento da política agrícola común e polo que se derroga o Regulamento (UE) nº 1306/2013.

d) Regulamento (UE) nº 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos).

e) Regulamento delegado (UE) 2022/127 da Comisión, do 7 de decembro de 2021, que completa o Regulamento (UE) 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello con normas relativas aos organismos pagadores e outros órganos, a xestión financeira, a liquidación de contas, as garantías e o uso do euro.

f) Regulamento de execución (UE) 2022/128 da Comisión, do 21 de decembro de 2021, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello sobre os organismos pagadores e outros órganos, a xestión financeira, a liquidación de contas, os controis, as garantías e a transparencia.

g) Regulamento de execución (UE) 2022/129 da Comisión do 21 de decembro de 2021 polo que se establecen normas para os tipos de intervención relativos ás sementes oleaxinosas, o algodón e os subprodutos da vinificación en virtude do Regulamento (UE) 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, así como para os requisitos en materia de información, publicidade e visibilidade relacionados coa axuda da Unión e os plans estratéxicos da PAC.

h) Real decreto 1047/2022, do 27 de decembro, polo que se regula o sistema de xestión e control das intervencións do Plan estratéxico e outras axudas da política agrícola común.

i) Lei 30/2022, do 23 de decembro, pola que se regula o sistema de xestión da política agrícola común e outras materias conexas.

j) Real decreto 147/2023, do 28 de febreiro, polo que se establecen as normas para a aplicación de penalizacións nas intervencións recollidas no Plan estratéxico da política agrícola común, e se modifícan varios reais decretos polos que se regulan distintos aspectos relacionados coa aplicación en España da política agrícola común para o período 2023-2027.

k) Circular de coordinación 37/2023 relativa ao Plan nacional de controis das intervencións de desenvolvemento rural non establecidas no ámbito do sistema integrado do período 2023/2027 incluídas no Plan estratéxico da política agrícola común.

l) Instrución ARX PEPAC 01/2023 Información, publicidade e visibilidade.

2. Así mesmo, rexeranse pola normativa aplicable ás axudas e subvencións na Comunidade Autónoma, en particular a seguinte:

a) Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

b) Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

c) Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

d) Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

e) Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

f) Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2024

Pablo Fernández Vila
Director do Instituto Enerxético de Galicia

missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO III

Convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a entidade colaboradora _________________________ para a xestión das subvencións de enerxías renovables térmicas no sector residencial, en ámbitos non urbanos, destinadas a particulares para a anualidade 2024

Santiago de Compostela, ____ de _________ de ______

Dunha parte, o director do Inega, en virtude das facultades do seu cargo e das que lle foron conferidas en virtude das atribucións que lle confire o artigo 16 do Decreto 142/2016, do 22 de setembro, polo que se modifican as normas reguladoras do Instituto Enerxético de Galicia e se aproban os estatutos da Axencia Instituto Enerxético de Galicia (DOG núm. 212, do 8 de novembro) e polo Acordo do Consello da Xunta, do 27 de marzo de 1991, sobre convenios de cooperación con outros entes públicos e de colaboración con particulares, publicado mediante Resolución do 8 de abril de 1991, da Consellería de Economía e Facenda.

Da outra parte_____________________________________________________, con NIF______________________________, actuando en nome e representación da entidade ____________________________________________________________________, con NIF/CIF _______________, debidamente facultado para subscribir este convenio,

EXPOÑEN:

I. Que o Inega acordou realizar unha selección de entidades colaboradoras para a tramitación do programa de axudas para proxectos de enerxías renovables térmicas no sector residencial, en ámbitos non urbanos, estas entidades colaboradoras actuarán de ligazón entre o Inega e os beneficiarios das axudas que se convoquen para proxectos con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables térmicas.

II. Que ambas as partes consideran que, por razóns de eficacia na xestión e co fin de conseguir unha mellor prestación de servizos aos beneficiarios das axudas e, de conformidade cos artigos 9 e 13 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, acordan subscribir o presente convenio de colaboración, de conformidade coas seguintes estipulacións:

Primeira. Obxecto da colaboración

O obxecto deste convenio consiste en establecer un marco de colaboración entre o Inega e a entidade __________________________________________ de acordo coa Resolución do 29 de xaneiro de 2024, pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de enerxías renovables de uso térmico no sector residencial, en ámbitos non urbanos, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para o ano 2024 (Diario Oficial de Galicia núm. 29, do 9 de febreiro).

Segunda. Entidade colaboradora

A entidade ______________________________________________________ é unha entidade colaboradora que cumpre co establecido no artigo 10.1 e 10.3 da resolución pola que se establecen as bases reguladoras do procedemento de concesión de axudas para proxectos de enerxías renovables térmicas e se procede a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, para a anualidade 2024 (código do procedemento IN421H e IN421P) (en diante, bases reguladoras das axudas), que acredita o cumprimento dos requisitos e as condicións de solvencia económica e técnica previstas na mencionada resolución.

Terceira. Prazo de duración

Este convenio terá vixencia hasta o 15 de decembro de 2024.

Cuarta. Obrigacións da entidade colaboradora

A entidade colaboradora obrígase, ademais do establecido no artigo 10.3.a) da convocatoria das axudas, sen prexuízo do disposto no artigo 12 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia ao seguinte:

– Asumir a tramitación e xestión ante o Inega das axudas dos beneficiarios.

– Comprobar e certificar o cumprimento das condicións ou requisitos establecidos na convocatoria das axudas para que os solicitantes obteñan a condición de beneficiario, así como a idoneidade da documentación que se lles exixe para a percepción da subvención.

– Presentar as solicitudes das axudas dos beneficiarios e a documentación xustificativa do desenvolvemento das actuacións, tal e como se recolle na convocatoria das axudas.

– Vender ao solicitante da axuda no marco da iniciativa só os equipamentos que cumpran coas condicións establecidas na convocatoria de axudas.

– Comunicarlle ao Inega calquera variación que se produza nos datos inicialmente indicados para adherirse a este convenio, garantindo a confidencialidade dos datos fornecidos.

– Cumprir coas normas sobre a protección de datos, concretamente o que establece na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

– Atoparse sometida ás actuacións de comprobación e control previstas na letra d) do artigo 12 da mencionada Lei 9/2007.

– Atoparse ao día no pagamento das obrigacións coa Facenda Pública do Estado, da Administración autonómica, así como coa Seguridade Social.

– Someterse ás actuacións de comprobación e control financeiro dos órganos competentes da Administración autonómica, estatal e comunitaria no exercicio das súas funcións.

– Conservar os xustificantes orixinais e o resto da documentación relacionada coa axuda durante un período de dous anos desde a súa concesión.

Quinta. Compromisos da entidade colaboradora

Ademais dos compromisos establecidos no artigo 10.3.b) da convocatoria das axudas, a entidade colaboradora comprométese a:

– Coñecer o contido das bases reguladoras destas axudas e deste convenio e cumprir cos requisitos establecidos neles.

– Que ten o domicilio social ou centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.

– Que posúe a solvencia técnica e económica segundo o establecido no artigo 10.1.e) da resolución.

– Que consinte expresamente a utilización de medios electrónicos na comunicación entre as entidades colaboradoras e o Inega, segundo o establecido no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas.

– Que non se atopa incurso en ningunha das prohibicións para obter a condición de entidade colaboradora recollidas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

– Que comunicará ao Inega calquera variación que poida ocorrer nos datos recollidos nos documentos presentados.

– Que autoriza o órgano xestor para que solicite a información necesaria en relación co NIF da entidade colaboradora. De non dar a autorización para a comprobación mencionada, deberá presentar copia do NIF da entidade colaboradora (non do representante legal).

– Que autoriza o órgano xestor para que solicite a información necesaria para coñecer se o solicitante da adhesión está ao día nas súas obrigacións coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, coa Tesourería da Seguridade Social e coa Facenda da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia. De non dar a autorización para a comprobación mencionada anteriormente, deberá presentar certificación xustificativa de estar ao día coas súas obrigacións cos organismos sinalados anteriormente.

Sexta. Obrigacións do Inega

– Facilitarlle á entidade colaboradora toda a información e documentación normalizada que precise durante a tramitación da convocatoria de axudas.

– Dispoñer na páxina web do Inega (www.inega.gal) unha listaxe de entidades colaboradoras adheridas ao programa.

– Manter informada en todo momento e comunicarlle á entidade colaboradora o estado de tramitación das axudas.

Sétima. Xustificación dos requisitos dos beneficiarios

A xustificación polos beneficiarios das condicións establecidas para o outorgamento das subvencións correspondentes realizarase no momento da solicitude.

A entidade colaboradora atópase obrigada a requirir aos beneficiarios a documentación establecida na convocatoria das axudas, así como a comprobar esta a gardar a mencionada documentación durante un período de dous anos desde a concesión da axuda.

Oitava. Rexistro especial de operacións

A entidade colaboradora, para facilitar a xustificación da subvención e a comprobación do cumprimento das condicións establecidas na convocatoria das axudas, levará un rexistro especial das operacións que se realicen dentro de cada convocatoria de axudas, que estará á disposición do Inega e demais órganos fiscalizadores da Comunidade Autónoma de Galicia e do Estado.

Neste rexistro gardarase unha copia da documentación xustificativa das operacións rexistradas, así como da documentación que lle entreguen os beneficiarios.

Novena. Requisitos da entidade e dos beneficiarios

Os requisitos que debe cumprir e facer cumprir a entidade colaboradora nas diferentes fases do procedemento de xestión das subvencións son os que se especifican nos artigos 10.1 e 10.3, das bases reguladoras das axudas.

Décima. Xustificación das subvencións

Os beneficiarios xustificarán as subvencións, a través da entidade colaboradora, nos prazos e na forma prevista no artigo 28 e 29 das bases reguladoras das axudas.

Décimo primeira. Causas de resolución

Son causas de resolución deste convenio entre o Inega e a entidade colaboradora o incumprimento total ou parcial dalgunha das estipulacións contidas nas súas cláusulas, no articulado das bases reguladoras das axudas, sen prexuízo da tramitación dos compromisos adquiridos con anterioridade sobre expedientes en curso, así como a falsidade ou inexactitude nos datos e documentos presentados polas entidades colaboradoras.

Décimo segunda. Incumprimento

Se no curso das verificacións que realizará o Inega se detecta que a entidade colaboradora incumpre algunha das condicións establecidas na normativa de aplicación, resolverase a adhesión, o que implicará a perda dos beneficios.

Décimo terceira. Natureza administrativa

Este convenio ten natureza administrativa, quedando fóra do ámbito de aplicación da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público; sen prexuízo da aplicación dos principios e criterios da devandita lei para resolver as dúbidas ou lagoas que puidesen presentar. Rexerase polas súas propias cláusulas e, supletoriamente, polas normas xerais do dereito administrativo. As dúbidas que poidan xurdir en relación coa interpretación e cumprimento do convenio resolveranse de común acordo, sen prexuízo da competencia da orde xurisdicional contencioso-administrativa.

Décimo cuarta. Normativa reguladora especial

Para todo o non previsto neste convenio, observarase o previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Acordo do Consello da Xunta de Galicia de 27 de marzo de 1991, sobre convenios de cooperación con outros entes públicos e de colaboración con particulares; na Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega; na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público. Así coma no resto das normas xerais do procedemento administrativo.

(Sinatura)

O director do Inega

Pablo Fernández Vila

(Sinatura)

Pola entidad colaboradora,

Representante legal de ________

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file