DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 2024 Páx. 15725

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2023, do tribunal cualificador do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría industrial, convocado pola Resolución de 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro), polo que se dá publicidade a diversos acordos.

O tribunal nomeado pola Resolución do 13 de novembro de 2023 (DOG núm. 222, do 22 de novembro) para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría industrial, convocado pola Resolución de 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro),

ACORDOU:

Primeiro. En sesión que tivo lugar o día 19 de febreiro de 2024, ao abeiro do previsto na base da convocatoria II.1.2.7, logo de revisar as reclamacións presentadas contra o primeiro exercicio deste proceso selectivo, realizado o 20 de xaneiro de 2024, e atendendo á correlación entre preguntas anuladas e preguntas de reserva prevista na base III.1.1.1:

– Anular as preguntas núm. 31, 52, 63 e R162, ademais das preguntas 13 e R67, que foron anuladas no momento da realización do exercicio.

– Substituír as anteriores preguntas anuladas, 13, 31, 52 e 63, polas preguntas de reserva núm. R161, R163, R164 e R165, respectivamente.

– Cambiar a resposta dada inicialmente por correcta á pregunta 117 pola resposta a).

– Cambiar a resposta dada inicialmente por correcta á pregunta 146 pola resposta b).

– Rexeitar as demais alegacións.

Segundo. De conformidade co disposto na base III.1.1.1 da convocatoria:

– Superarán o exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata completar o número máximo de persoas aspirantes determinado polo resultado de multiplicar por catro (4) o número de prazas convocadas nesta quenda, sempre que acaden, en cada unha das partes, o mínimo do 50 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

– Subsidiariamente, de se dar o caso de que o número de aspirantes que superasen este exercicio non sexa o previsto no parágrafo anterior, superarán o exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata completar o número máximo de persoas aspirantes determinado polo resultado de multiplicar por catro (4) o número de prazas convocadas non cubertas conforme o previsto no parágrafo anterior, sempre que acaden, en cada unha das partes, o mínimo do 40 %, das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

– O exercicio cualificarase de 0 a 30 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de quince (15) puntos.

– Cada resposta incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta. As preguntas non contestadas non penalizan nin reciben puntuación.

Terceiro. Unha vez feita a corrección dos exames na sesión do 22 de febreiro de 2024, de acordo cos criterios anteriores, acadaron a puntuación mínima de 15 puntos un total de 8 aspirantes; fixouse en 93,75 o número de respostas correctas para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións segundo o establecido na base III.1.1 da convocatoria.

Cuarto. Acórdase publicar os resultados da corrección no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

Quinto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Sexto. De acordo co disposto na base V.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2024

José Manuel González González
Presidente do tribunal