DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 6 de marzo de 2024 Páx. 17283

III. Outras disposicións

Consello Consultivo de Galicia

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2024 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 15 de febreiro de 2024, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo.

O Consello Consultivo de Galicia, creado pola Lei 9/1995, do 10 de novembro, e regulado na actualidade pola Lei 3/2014, do 24 de abril, é o supremo órgano consultivo da Xunta de Galicia e das administracións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, e actúa con independencia respecto de calquera órgano e, en garantía dela, goza de autonomía orgánica e funcional, non estando os seus membros ligados por ningún mandato imperativo.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo do Consello Consultivo de Galicia xustifícase polas necesidades funcionais e organizativas actuais, tras as modificacións operadas por leis posteriores que afectaron a Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia.

En consecuencia, por proposta do Consello Consultivo de Galicia, unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 15 de febreiro de 2024, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Aprobar a modificación da relación de postos de traballo do Consello Consultivo de Galicia que se xunta como anexo ao presente acordo.

Segundo. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 15 de febreiro de 2024, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo do Consello Consultivo de Galicia, coa finalidade de cumprir o dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2024

José Luis Costa Pillado
Presidente do Consello Consultivo de Galicia

ANEXO

Relación de postos de traballo do Consello Consultivo de Galicia

Persoal funcionario

Código posto

Denominación

Nivel

Complemento específico

Forma de

provisión

Subgrupo

Corpo/

escala

Adscr. admón. p.

Titulación académica

Formación específica

CG 002

Letrado/a

30

29.316,00 €

LD

A1

XSL

AXG

CCG 003

Letrado/a

30

29.316,00 €

LD

A1

(1)

(2)

2062

640

CCG 004

Letrado/a

30

29.316,00 €

LD

A1

XSL

AXG

CCG 005

Letrado/a

30

29.316,00 €

LD

A1

XSL

AXG

CCG 006

Letrado/a

30

29.316,00 €

LD

A1

XSL

AXG

CCG 007

Letrado/a

30

29.316,00 €

LD

A1

XSL

AXG

CCG 008

Letrado/a

30

29.316,00 €

LD

A1

XSL

AXG

CCG 031

Xefe/a do Servizo de Xestión Económica e de Persoal e Habilitación

28

18.564,56 €

LD

A1-A2

Xeral

A11

640

CCG 032

Xefe/a da Sección de Estudos e Comunicación

25

13.678,98 €

C

A1

Xeral

A11

2058-2062

640

CCG 033

Xefe/a de Negociado de Habilitación

20

8.244,46 €

C

A2-C1-C2

Xeral

A11

640

CCG 035

Secretario/a presidente/a

20

8.244,46 €

LD

C1-C2

Xeral

A11

640

CCG 036

Secretario/a de secretario/a xeral

18

7.489,72 €

LD

C1-C2

Xeral

A11

020-640

CCG 037

Secretario/a conselleiro/a

20

8.244,46 €

LD

C1-C2

Xeral

A11

020-640

CCG 038

Secretario/a conselleiro/a

20

8.244,46 €

LD

C1-C2

Xeral

A11

020-640

CCG 039

Secretario/a conselleiro/a

20

8.244,46 €

LD

C1-C2

Xeral

A11

020-640

CCG 040

Secretario/a conselleiro/a

20

8.244,46 €

LD

C1-C2

Xeral

A11

020-640

CCG 045

Auxiliar administrativo

12

6.615,70 €

C

C2

Xeral

A11

020-640

CCG 051

Subalterno/a

10

6.486,34 €

C

AP

Xeral

A11

640

Persoal laboral

Código posto

Denominación

Forma provisión

Grupo

Categoría

Titulación académica

Formación específica

020

Titulado/a de grao medio

C

II

7

3999

143

CÓDIGO CORPO/ESCALA:

XSL: XERAL (ESCALA LETRADOS).

(1): ARTIGO 30.2 DA LEI 3/2014, DO 24 DE ABRIL-FUNCIONARIOS DO CORPO SUPERIOR DA ADMINISTRACIÓN XERAL DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA, ESCALA DE LETRADOS; ESCALA DE FUNCIONARIOS DE ADMINISTRACIÓN LOCAL CON HABILITACIÓN DE CARÁCTER NACIONAL, SUBESCALA DE SECRETARÍA.

CÓDIGO ADSCRICIÓN ADMINISTRACIÓN:

AXG: ADSCRICIÓN A PERSOAL FUNCIONARIO DA XUNTA DE GALICIA.

A11: ADSCRICIÓN INDISTINTA A PERSOAL FUNCIONARIO DA XUNTA DE GALICIA, DOUTRAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS E DO ESTADO.

(2): ADSCRICIÓN INDISTINTA A FUNCIONARIOS DA XUNTA DE GALICIA (AXG) E ADMINISTRACIÓN LOCAL NO CASO DE FUNCIONARIOS DE ADMINISTRACIÓN LOCAL CON HABILITACIÓN DE CARÁCTER NACIONAL.

CÓDIGO TITULACIÓN ACADÉMICA:

2058-LICENCIADO/A OU GRAO EN CIENCIAS POLÍTICAS.

2062-LICENCIADO/A OU GRAO EN DEREITO.

3999-DIPLOMADO/A UNIVERSITARIO.

CÓDIGO FORMACIÓN ESPECÍFICA:

020: COÑECEMENTOS INFORMÁTICA NIVEL USUARIO (MÉRITO).

143: TÉCNICAS DE DOCUMENTACIÓN (REQUISITO IMPRESCINDIBLE).

640: PARA PERSOAL DOUTRA ADMINISTRACIÓN, CURSO DE PERFECCIONAMENTO DE GALEGO (R.I.).