DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Xoves, 25 de abril de 2024 Páx. 25830

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2024 pola que se lle dá publicidade ao Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas á transformación dixital das pemes para o ano 2024, susceptibles de seren cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG300C).

O Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (en diante, Igape), na súa xuntanza do día 10 de abril de 2024, acordou, por unanimidade dos membros asistentes, aprobar as bases reguladoras das axudas á transformación dixital das pemes para o ano 2024, susceptibles de seren cofinanciadas no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e facultou a directora xeral para a súa convocatoria, aprobación dos créditos e publicación no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Publicar as bases reguladoras das axudas á transformación dixital das pemes, susceptibles de seren cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 e convocalas para o ano 2024 en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG300C).

A presente convocatoria é susceptible de ser cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, que ten unha taxa de cofinanciamento do Feder do 60 %, computando como cofinanciamento nacional o investimento privado elixible das persoas beneficiarias polo 40 % restante. En particular:

Obxectivo político 1. Unha Europa máis competitiva e intelixente, promovendo unha transformación económica innovadora e intelixente e unha conectividade rexional ás tecnoloxías da información e das comunicacións.

Obxectivo específico 1.2. Aproveitar as vantaxes que ofrece a dixitalización aos cidadáns, ás empresas, ás organizacións de investigación e ás administracións públicas.

Liña de actuación 1.2.01. Axudas á dixitalización avanzada das empresas galegas, incluídas as entidades do terceiro sector.

Ámbito de intervención 013. Dixitalización de pemes (incluídos o negocio e o comercio electrónicos e os procesos empresariais na rede, os polos de innovación dixital, os laboratorios viventes, os ciberemprendedores, as empresas emerxentes baseadas en TIC, o comercio electrónico entre empresas).

Os indicadores correspondentes a estas axudas son os seguintes:

a) Indicadores de realización:

RCO01-Empresas apoiadas.

RCO02-Empresas apoiadas a través de subvencións.

b) Indicador de resultado:

RCR13-Empresas que acadan unha alta intensidade dixital.

Segundo. O prazo de presentación de solicitudes iniciarase o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e será dun mes contado desde as 8.00 horas do día de inicio do prazo e ata as 14.00 horas do día en que se cumpra o devandito prazo dun mes.

Terceiro. Créditos

Os créditos dispoñibles para concesións aboaranse con cargo á seguinte aplicación orzamentaria e polos seguintes importes e distribución plurianual:

Convocatoria

Partida orzamentaria

Ano 2024

Ano 2025

Total

Liña IG240 Axudas: proxectos tipo 1 (<50.000,00 €)

09.A1.741A.7700

50.000,00 €

1.450.000,00 €

1.500.000,00 €

Liña IG240 Axudas: proxectos tipo 2 (entre 50.000 € e 120.000,00 €)

09.A1.741A.7700

25.000,00 €

1.475.000,00 €

1.500.000,00 €

Liña IG240 Axudas: proxectos tipo 3 (>120.000,00 €)

09.A1.741A.7700

25.000,00 €

1.975.000,00 €

2.000.000,00 €

Total

100.000,00 €

4.900.000,00 €

5.000.000,00 €

A persoa titular da Dirección Xeral do Igape poderá ampliar os créditos, logo de declaración da súa dispoñibilidade, como consecuencia das circunstancias establecidas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Decreto 11/2009), mediante resolución publicada para o efecto.

No relativo aos créditos destinados ás axudas ás pemes, estes poderán redistribuírse na concesión en función das solicitudes recibidas co obxectivo de maximizar a execución do orzamento, feito que se fará constar de xeito expreso na resolución de concesión.

Unha vez establecidos os proxectos subvencionables de cada tipo despois de aplicar os criterios de baremación e a intensidade máxima de axuda, o crédito sobrante, de ser o caso, poderá destinarse a financiar solicitudes encadradas noutros tipos de maneira sucesiva, de xeito que, en primeiro lugar, o crédito sobrante nos proxectos de tipo 3, de ser o caso, poderá aplicarse para financiar proxectos de tipo 2 e, a continuación, o crédito sobrante nos proxectos de tipo 2 poderá aplicarse para financiar os proxectos de tipo 1. No caso de que, unha vez aplicado este criterio, seguise existindo crédito remanente debido ao esgotamento de proxectos subvencionables de tipo 1, poderase aplicar a redistribución do crédito sobrante en sentido inverso, de ser o caso.

Cuarto. Prazos

O prazo máximo para resolver e publicar a resolución será de tres meses desde a publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, transcorrido o cal se poderá entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión de axuda.

O prazo de execución dos proxectos de transformación dixital das pemes non poderá superar o 30 de xuño de 2025.

As persoas beneficiarias das axudas deberán presentar a solicitude de cobramento como máis tarde o 15 de decembro de 2024 para os proxectos cuxo prazo máximo de execución sexa o 15 de decembro de 2024 ou anterior, e como máis tarde o 30 de xuño de 2025 no resto dos proxectos.

Quinto. De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia. A cesión de datos de carácter persoal que debe efectuarse á Intervención Xeral da Administración do Estado para os efectos de publicar as subvencións concedidas na Base de datos nacional de subvencións non requirirá o consentimento da persoa beneficiaria.

Sexto. Os requisitos das letras c), e), f), h), i), k), l), m) e n) do artigo 20.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Lei 9/2007), indícanse nas bases anexas a esta resolución.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2024

Covadonga Toca Carús
Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Bases reguladoras das axudas á transformación dixital das pemes para o ano 2024, susceptibles de seren cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027

A RIS3 Galicia 2021-2027 establece tres prioridades de especialización definidas a partir dos tres grandes retos da RIS3 14-20; en particular, o Reto 2 «Modelo industrial baseado na competitividade e no coñecemento», ten como obxectivo aumentar a intensidade tecnolóxica da estrutura industrial de Galicia, a través da hibridación e as tecnoloxías facilitadoras esenciais, e a Prioridade 2 «Apoio á tecnificación e dixitalización (desenvolvemento e/ou incorporación de tecnoloxías) busca impulsar o modelo industrial galego e a xestión e prestación de servizos sanitarios e sociais de calidade, como panca para a transformación resiliente de Galicia». Así mesmo, a RIS3 Galicia 2021-2027 identifica cinco obxectivos estratéxicos, entre os que cómpre salientar o Obxectivo estratéxico 2 «Lograr un equilibrio no enfoque dual existente entre o nivel de excelencia exixido para a investigación e a aplicabilidade requirida pola innovación empresarial próxima ás necesidades do mercado». Co obxecto de alcanzar este obxectivo estratéxico articúlase o programa 2 Innova e emprende, que busca incrementar o número de empresas innovadoras e facilitar que as máis pequenas incorporen a innovación nas diferentes etapas do seu proceso produtivo partindo, tanto de proxectos individuais e/ou en colaboración, como de innovacións derivadas da investigación en TRL próximos a mercado. En particular, esta convocatoria encaixa na liña de actuación L2.1. «Itinerario da I+D e a innovación na empresa» do Plan galego de investigación e innovación 2022-2024.

Os hubs de innovación dixital son unha aposta da Xunta de Galicia para estender o impacto positivo da innovación baseada na transformación dixital a todas as empresas galegas, en especial ás pemes. Representan unha evolución da RIS3 na que a Xunta de Galicia asume o papel de facilitadora, promovendo, acompañando e apoiando a constitución e consolidación dos hubs galegos que operan nos ámbitos de especialización identificados como estratéxicos para Galicia. En consonancia con isto, estas bases reguladoras promoven o papel activo dos HID seleccionados pola Xunta mediante concorrencia competitiva coma catalizadores dos proxectos de maior impacto para as pemes.

O sistema loxístico galego é un vector da competitividade territorial e empresarial de Galicia, clave na adaptación do sistema produtivo ao proceso de globalización económica e á cuarta revolución industrial, liderando unha estratexia exterior compartida para Galicia. Esta visión incorpora o crecente valor da loxística na competitividade empresarial e territorial e a necesidade de que Galicia dispoña dunha función loxística de primeiro nivel.

A Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia regula a iniciativa galega de concellos emprendedores co obxecto de favorecer a implantación e o funcionamento das iniciativas empresariais en Galicia, con plenas garantías de sustentabilidade económica e con redución das barreiras normativas e administrativas.

O artigo 84.3 desta lei determina que a Xunta de Galicia establecerá unha discriminación positiva nas ordes de axudas, que se convocan en réxime de concorrencia competitiva a favor das empresas, autónomos ou entidades sen ánimo de lucro, nas axudas destinadas á implantación e ao funcionamento das iniciativas empresariais en Galicia, cuxos proxectos se desenvolvan nun concello emprendedor.

Coas axudas á transformación dixital das pemes preténdese apoiar a posta en marcha de sistemas cuxa finalidade sexa o soporte de procesos sectoriais multiempresa, como poden ser ordes de fabricación distribuída, sistemas de facturación, procesos entre un líder industrial cara ás empresas que conforman a súa cadea de valor, Business Process Management en xeral, etc. ou proxectos individuais cara á dixitalización ou conectividade da peme. Nesta convocatoria, por primeira vez, introdúcese unha liña específica que fai énfase na dixitalización dos procesos loxísticos.

Poderán ser proxectos individuais dunha peme para a súa interconexión dixital con outras da súa cadea de valor ou para a dixitalización dos seus procesos internos ou proxectos de carácter colaborativo, presentados por agrupacións de empresas para a interconectividade entre elas.

A estas bases reguladoras resúltalles de aplicación o principio de «non causar un prexuízo significativo ao ambiente» (DNSH, polas súas siglas en inglés); isto é, que ningunha das actuacións promovidas nestas bases incide negativamente en ningún dos seis obxectivos medio ambientais recollidos no artigo 17 do Regulamento (UE) nº 2020/852: mitigación ao cambio climático, adaptación ao cambio climático, uso sustentable e protección dos recursos hídricos e mariños, economía circular, prevención e control da contaminación e protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas.

Artigo 1. Obxecto e requisitos dos proxectos

1. Estas axudas van destinadas á posta en marcha de proxectos de dixitalización cuxa finalidade sexa a implantación de solucións para o soporte dixital de procesos dunha empresa ou para proxectos de interconexión dixital de procesos entre unha empresa galega e outras empresas ou entre dúas ou máis empresas galegas como poden ser ordes de fabricación distribuída, sistemas de facturación, procesos entre un líder industrial cara ás pemes que conforman a súa cadea de valor.

Para unha correcta interpretación desta convocatoria debe terse en conta que ao longo destas bases farase referencia aos seguintes conceptos:

• Modalidade de proxecto: para distinguir entre proxectos individuais e colectivos.

• Tipo de proxecto: para clasificar os proxectos en función do importe total subvencionable.

• Tipoloxía: para clasificar o alcance e obxectivo do proxecto que se quere levar a cabo.

Os proxectos poderán ser de dúas modalidades:

a) Proxectos individuais en que unha peme aborda unha das seguintes tipoloxías de proxecto:

1º. Desenvolvemento dunha interfaz dixital para as súas interaccións de negocio, ou adopción/implantación dunha solución de interacción xa existente cos seus clientes ou provedores.

2º. Sistemas de intelixencia artificial, aprendizaxe automática e toma de decisións autónomas, interconexión de elementos físicos e virtuais, tratamento de datos captados (intelixencia de negocio, bigdata e similares) e ciberseguridade.

3º. Implementación de sistemas encamiñados á dixitalización de procesos concretos ou de xestión integral (ERP, CRM e similares).

4º. Implementación dun sistema de mellora da función loxística da empresa, parcial ou integral nalgún dos seguintes ámbitos de actuación:

Dixitalización e automatización:

1. Automatización e/ou robotización de procesos loxísticos (carga e descarga, almacenaxe, transporte e distribución).

2. Xeolocalización ou sensorización para control de localizacións, con diferentes fins (rastrexabilidade, vixilancia, localización etc.) de cargas, contedores e medios de transporte.

3. Aplicación de vehículos autónomos e elementos auxiliares para automatizar operacións de transporte interno ou carga e descarga.

4. Implantación de compoñentes ou equipos en elementos de transporte exterior que optimicen capacidade de carga ou reduzan emisións de GEI dos vehículos.

Procesos e aplicacións:

5. Desenvolver e implantar procesos de loxística inversa e/ou recuperación ou reciclaxe de materiais de envasado, empaquetado, ou calquera outro utilizado na preparación das mercadorías para o transporte.

6. Desenvolver e adaptar contratos intelixentes e/ou xestión de información en cadeas de bloques (blockchain).

7. API colaborativas e de intercambio de datos:

Virtualización e analítica de datos

8. Aplicación de realidade virtual e/ou aumentada aos procesos loxísticos.

9. Algoritmia e análise de datos aplicados aos procesos loxísticos.

10. Simulación e virtualización de procesos loxísticos.

11. Monitorización e propostas de redución de pegada de carbono no transporte e distribución de mercadorías.

b) Proxectos colectivos, en que un grupo de empresas (opcionalmente coordinadas por un organismo intermedio colaborador) aborda unha das seguintes tipoloxías de proxecto:

1º. Propoñen utilizar e implantar un determinado sistema nas súas interaccións dixitais, incluídas aquelas orientadas á mellora da función loxística do conxunto de empresas.

2º. Propoñen a implantación dun sistema de dixitalización, dalgún proceso ou de xestión integral, especificamente deseñado ou desenvolvido para o seu ámbito de actividade, así como a implantación dun sistema de mellora da función loxística, parcial ou integral, de uso común, especificamente aplicable para o seu ámbito de actividade.

Ademais, os proxectos encadraranse en tres tipos distintos en función do importe total subvencionable:

• Tipo 1: proxectos cun importe subvencionable menos de 50.000 €.

• Tipo 2: proxectos cun importe subvencionable de entre 50.000 € e 120.000 €.

• Tipo 3: proxectos cun importe subvencionable de máis de 120.000 €.

O Igape poderá reclasificar os proxectos entre modalidades e tipos no caso de que a clasificación proposta pola empresa non sexa correcta.

2. Os proxectos deberán estar finalizados para poder optar ao cobramento da subvención. Enténdese que os proxectos están finalizados cando exista a capacidade de interconexión multiempresa de procesos no caso dos proxectos colectivos ou cando as interfaces poidan conectar a persoa solicitante con outra ou outras empresas, ou ben os sistemas de dixitalización estean implantados e operativos, no caso de proxectos individuais, o que se acreditará na memoria de xustificación. Non se aprobarán proxectos que non propoñan chegar a resultados, como estudos de viabilidade ou deseño de solucións illadamente do seu desenvolvemento e implantación na persoa solicitante.

3. Os proxectos ou actuacións que se presenten deberán ser técnica, económica e financeiramente viables para a persoa solicitante, e ademais das obrigas derivadas da tramitación administrativa das solicitudes, constitúen requisitos de admisión das solicitudes para proceder á súa valoración, os seguintes:

– Adecuación do proxecto aos obxectivos da convocatoria.

– Requisitos de personalidade física ou xurídica e actividade económica das persoas solicitantes para seren persoas beneficiarias.

– Contía total dos investimentos subvencionables igual ou superior aos importes mínimos fixados.

Só serán admitidos os proxectos que reúnan todos os requisitos anteriores, procedéndose á súa valoración competitiva conxunta.

4. O importe subvencionable mínimo dos proxectos deberá ser de 12.000 € para os proxectos individuais e de 10.000 € por participante para os proxectos colectivos.

5. En cumprimento do artigo 9.4 do Regulamento (UE) nº 2021/1060, do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021 (DOUE 30.6.2021 L 231), polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os ditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de Apoio Financeiro á Xestión de Fronteiras e a Política de Visados (en diante, RDC), todos os proxectos financiados ao abeiro destas bases reguladoras deben respectar o principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente (principio DNSH, polas súas siglas en inglés, Do no significant harm).

Artigo 2. Procedemento e réxime de aplicación

1. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.

A concorrencia aplicarase de maneira individual a cada un dos tres tipos de proxectos definidos no artigo 5 en función do importe subvencionable, de maneira que competirán entre si os proxectos que encaixen no mesmo tipo, polo crédito dispoñible indicado no punto terceiro desta resolución:

• Tipo 1: proxectos cun importe subvencionable menos de 50.000 €.

• Tipo 2: proxectos cun importe subvencionable de entre 50.000 € e 120.000 €.

• Tipo 3: proxectos cun importe subvencionable de máis de 120.000 €.

2. Non se poderán outorgar subvencións por contía superior á que se determine nesta convocatoria, salvo que se realice unha nova convocatoria ou se produza un incremento de créditos derivados dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, ou da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito, a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo, ao abeiro do disposto no artigo 31.2 da Lei 9/2007.

3. As axudas previstas nestas bases incardínanse nos artigos 14 e 18 do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior (DOUE L 187, do 26 de xuño).

4. A presente convocatoria é susceptible de ser cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, que ten unha taxa de cofinanciamento do Feder do 60 %, computando como cofinanciamento nacional o investimento privado elixible das persoas beneficiarias polo 40 % restante. En particular:

Obxectivo político 1. Unha Europa máis competitiva e intelixente, promovendo unha transformación económica innovadora e intelixente e unha conectividade rexional ás tecnoloxías da información e das comunicacións.

Obxectivo específico 1.2. Aproveitar as vantaxes que ofrece a dixitalización aos cidadáns, ás empresas ás organizacións de investigación e ás administracións públicas.

Liña de actuación 1.2.01. Axudas á dixitalización avanzada das empresas galegas, incluídas as entidades do terceiro sector.

Ámbito de intervención 013. Dixitalización de pemes (incluídos o negocio e o comercio electrónicos e os procesos empresariais na rede, os polos de innovación dixital, os laboratorios viventes, os ciberemprendedores, as empresas emerxentes baseadas en TIC, o comercio electrónico entre empresas).

5. Os indicadores do programa operativo Feder Galicia 2021-2027 correspondentes a estas axudas son os seguintes:

a) Indicadores de realización:

RCO01-Empresas apoiadas.

RCO02-Empresas apoiadas a través de subvencións.

b) Indicador de resultado:

RCR13-Empresas que acadan unha alta intensidade dixital.

Artigo 3. Concorrencia con outras axudas ou subvencións públicas

Estas axudas son incompatibles con outras axudas ou subvencións públicas para o mesmo proxecto.

A obtención doutras axudas ou subvencións concorrentes deberá comunicárselle ao Igape tan axiña como se coñeza e, en todo caso, no momento en que se presente a documentación xustificativa do proxecto realizado. Antes de conceder e pagar a axuda, solicitarase da empresa unha declaración sobre calquera axuda recibida para este mesmo proxecto. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar a un procedemento de reintegro.

Artigo 4. Persoas beneficiarias

1. Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas (pemes), segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (Regulamento xeral de exención por categorías), calquera que sexa a súa forma xurídica, incluíndo os empresarios autónomos, e que teñan un centro de traballo en Galicia en que se vaia realizar o proxecto.

Poderán ter a condición de persoas beneficiarias as pequenas e medianas empresas de calquera sector da actividade económica incluído no ámbito de aplicación do Regulamento (UE) nº 651/2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (Regulamento xeral de exención por categorías), considerando o indicado no punto 4.a) deste artigo.

2. As pemes poderán solicitar axudas á tipoloxía de proxectos individuais descritos no artigo 1.a).

3. Para poder solicitar as axudas á tipoloxía de proxectos colectivos descritos no artigo 1.b), os interesados deberán, previamente, constituír unha agrupación das previstas no artigo 8.3 da Lei 9/2007. A dita agrupación terá que estar constituída polo menos por dúas pemes con centro de traballo en Galicia. Deberase facer constar expresamente nun documento os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, que terán, igualmente, a consideración de persoas beneficiarias. En calquera caso, nomearase un representante único da agrupación (en diante, o líder), único interlocutor coa Administración ata a resolución de concesión. Unha vez concedidas as axudas individuais a cada peme, cada unha delas será independente para a tramitación da xustificación e liquidación da súa axuda. No caso de que o proxecto das pemes estea coordinado por un organismo intermedio, este non formará parte da agrupación.

O documento contractual de regulación da agrupación deberá recoller, como mínimo, o seguinte:

a) Identificación de cada un dos seus integrantes por razón social, NIF, e nome e DNI do representante legal.

b) Acordo de representación da agrupación e elección do representante desta ante a Administración para os efectos de interlocutor con ela.

c) Recoñecemento dos compromisos asumidos por cada un dos integrantes da agrupación en canto ás características do proxecto que se presenta descrito no formulario electrónico de solicitude de axuda e á execución individual dos investimentos e gastos de cada peme participante.

d) Acordos de confidencialidade.

e) Xestión da agrupación e plan de continxencias ante posibles dificultades.

f) Autorización ao Igape para recadar os datos doutras administracións que sexan necesarios para a tramitación da solicitude, que se cubrirá no anexo III das bases reguladoras.

g) Declaración de vinculación entre empresas integrantes da asociación, cando esta exista.

h) Sinatura de todos os integrantes.

A agrupación de empresas non poderá disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto no artigo 35 da Lei 9/2007.

No caso de que exista vinculación entre algunhas empresas da agrupación, as empresas vinculadas contarán como unha única a efectos da avaliación do proxecto. Se todas elas estivesen vinculadas, avaliaríase o proxecto como varias solicitudes individuais.

4. Non poderán ter a condición de persoas beneficiarias:

a) Segundo os artigos 1.3 e 13 do Regulamento (UE) nº 651/2014: empresas pertencentes ao sector da pesca e a acuicultura; ao sector da produción agrícola primaria; aos sectores do aceiro, o lignito e o carbón; ao sector dos transportes, así como á infraestrutura conexa; á produción, almacenamento, transporte e distribución e ás infraestruturas de enerxía; e ao sector da banda larga.

b) As empresas que sexan prestadoras dos mesmos ou similares servizos ou subministradoras dos mesmos ou similares equipamentos para os que solicitan a axuda.

c) As agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade (agás empresarios autónomos), que careza de personalidade xurídica propia, aínda que realice actividade empresarial.

d) As empresas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007.

e) As que entren dentro da categoría de empresas en crise, ao abeiro da definición do artigo 2.18 do Regulamento xeral de exención (Regulamento CE 651/2014).

f) As empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarada unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

g) As empresas que incumpran os prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, para subvencións de importe superior a 30.000 euros, cando as persoas solicitantes sexan unicamente suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da citada Lei 3/2004.

Esta circunstancia acreditarana as sociedades que, de acordo coa normativa contable, poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, de conformidade co previsto no artigo 26 do Regulamento desta lei.

Para as sociedades que, de acordo coa normativa contable, non poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada establécese a necesidade de acreditar o cumprimento dos prazos legais de pagamento mediante certificación, emitida por auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que atenderá ao prazo efectivo dos pagamentos da empresa cliente con independencia de calquera financiamento para a cobranza anticipada da empresa provedora.

5. As persoas solicitantes da axuda cubrirán no formulario electrónico de solicitude unha declaración responsable de non atoparse en ningunha situación que as exclúa de ser persoas beneficiarias conforme este artigo. O Igape realizará as comprobacións documentais necesarias para garantir que as persoas beneficiarias non incorren en ningunha das circunstancias enumeradas no número 18 do artigo 2 do Regulamento 651/2014 para considerar unha empresa en crise.

Artigo 5. Conceptos subvencionables

1. En función dos criterios definidos neste artigo, establecerase o importe subvencionable de cada proxecto. Os proxectos clasificaranse de maneira automática, en función do importe subvencionable, dentro dun dos tres tipos de proxectos definidos no artigo 1.

2. Poderanse subvencionar os seguintes tipos de conceptos:

a) Investimentos materiais e/ou inmateriais novos adquiridos en propiedade (que para ser subvencionables deben contabilizarse nunha conta contable do grupo 2) que sexan necesarios para o desenvolvemento do proxecto, sempre que a tipoloxía do investimento resulte directamente relacionada cos correspondentes ámbitos de actuación. Exclúese a adquisición e acondicionamento de inmobles, gastos de mobiliario, medios de transporte exterior, equipamento de oficina e o equipamento TIC básico (tal como ordenadores de sobremesa, portátiles, teléfonos intelixentes, tabletas, impresoras). Non obstante, excepcionalmente poderase autorizar a adquisición de equipamento TIC que, pola súa especificidade, quede xustificado no ámbito de desenvolvemento do proxecto, cando a súa subministración sexa imprescindible para a implantación do proxecto, sen que poidan ser utilizados para outros fins distintos á devandita implantación.

b) Servizos de consultoría externa de carácter tecnolóxico ou organizativo (que para ser subvencionables debe contabilizarse nunha conta contable do grupo 6): asistencia técnica e consultoría directamente relacionada coa execución do proxecto. As colaboracións externas subvencionables deberán contribuír aos obxectivos específicos do proxecto e, polo tanto, non consistirán en actividades permanentes ou periódicas nin estarán relacionadas cos gastos de explotación normais da empresa como son os servizos rutineiros de asesoría fiscal, os servizos xurídicos periódicos ou os de publicidade, servizos de mantemento nin calquera outros non vinculados directamente co obxecto do proxecto.

Os conceptos subvencionables poderán reclasificarse de oficio atendendo á súa descrición.

Non se aprobarán proxectos que non propoñan chegar a resultados, como estudos de viabilidade ou deseño de solucións illadamente do seu desenvolvemento e implantación na empresa solicitante.

Así mesmo, non serán subvencionables aquelas colaboracións externas en que non se indique con claridade o resultado que se vai obter, os entregables previstos e como se integrará ese traballo no resultado final global do proxecto.

c) Nos proxectos da modalidade do artigo 1.b), se se opta por contar cun organismo intermedio, este poderá facturar ás pemes participantes en concepto de gastos de coordinación do proxecto, ata un máximo de 1.500 € (excluído IVE) por cada peme beneficiaria participante no proxecto, ata un importe total máximo de 6.000 € por proxecto (excluído IVE). Ese importe considerarase gasto subvencionable de consultoría externa e dividirase entre todas as pemes participantes.

d) Nos proxectos que sexan coordinados por un hub de innovación dixital, dos seleccionados ao abeiro da Estratexia galega de HID, cun importe subvencionable igual ou superior a 60.000 €, excluídos os gastos de coordinación do hub, será subvencionable, ata un máximo de 6.000 €, o servizo de consultoría desenvolto polo hub en concepto de coordinación, apoio á definición do proxecto, apoio na selección de tecnoloxías e provedores e seguimento da implementación do proxecto. Adicionalmente, deberase achegar declaración do hub de innovación dixital, conforme non se proporcionou á peme solicitante ningún outro tipo de servizo e/ou asesoramento financiado con outros programas de axuda e concorrente co que se presta ao abeiro desta axuda.

e) Para aqueles proxectos en que as colaboracións externas ou ben a adquisición de activos inmateriais superen os 30.000 € ou a suma de investimentos e colaboracións supere os 45.000 € (considerando exclusivamente os conceptos indicados nas alíneas a) e b) deste punto) será subvencionable o informe dun enxeñeiro colexiado cualificado, ata un importe máximo de 2.000 €, que deberán achegar de acordo co establecido no artigo 17.5.f). Ese importe considerarase gasto subvencionable de consultoría externa.

3. As pemes beneficiarias de subvención a investimentos deberán achegar una contribución financeira a estes, exenta de calquera tipo de apoio público, de polo menos un 25 % do importe subvencionable, xa sexa mediante os seus recursos propios ou mediante financiamento externo exento de calquera tipo de axuda pública, o que será obxecto de declaración responsable tanto na solicitude inicial como na solicitude de cobramento.

4. Os investimentos e gastos subvencionables non poderán ter comezado antes da presentación da solicitude de axuda no Igape. Ningún dos importes alegados sobre os que se solicita subvención poderán ser incorridos con carácter previo a esta presentación; de ser así, o proxecto desa peme sería non subvencionable. Para tal efecto, a persoa solicitante deberá achegar unha declaración expresa, incluída no formulario electrónico de solicitude de axuda a que se refire o artigo 7 destas bases. Considérase que o proxecto xa foi iniciado cando exista un primeiro compromiso en firme para a execución das obras ou para a adquisición dalgún dos elementos integrantes do proxecto, entendéndose por proxecto calquera dos investimentos comprendidos na solicitude da axuda. Neste sentido, considérase que existe compromiso en firme no caso da existencia dun contrato ou oferta asinado entre as partes, ou da existencia dun pedido, para calquera dos elementos subvencionables.

Para estes efectos, determinados traballos preparatorios, como a realización de estudos previos de viabilidade, non se consideran inicio dos traballos.

5. O período de execución dos gastos e investimentos subvencionados denomínase prazo de execución do proxecto e abarcará desde a data de presentación da solicitude ata o remate do prazo establecido na resolución de concesión, que non poderá superar a data para a execución dos proxectos establecida na resolución de convocatoria.

6. Os bens obxecto do investimento deberán ser adquiridos pola persoa beneficiaria en propiedade. No caso de adquisición dos bens mediante fórmulas de pagamento aprazado, estes tamén deberán pasar a ser de propiedade plena da empresa antes do remate do prazo de execución do proxecto, debendo constar neste momento o vencemento e pagamento de todas as cantidades aprazadas e efectuados todos os pagamentos por calquera concepto.

7. Cando o importe dos investimentos ou gastos subvencionables superen as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público para o contrato menor (importe igual ou superior a 15.000 € no momento de publicar estas bases), a persoa beneficiaria deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á súa contratación, agás que, polas súas especiais características, non exista no mercado suficiente número de entidades que os subministren.

As tres ofertas ou orzamentos de provedores deberán reunir, como mínimo, os seguintes requisitos:

a) Comparabilidade: deberán referirse á mesma tipoloxía de elemento obxecto de investimento, con prestacións similares e conter conceptos análogos e comparables e co detalle suficiente para a súa comparación.

b) Non vinculación: os provedores das tres ofertas non poderán ser vinculados entre si. Para estes efectos, considérase que existe vinculación se se dan as circunstancias recollidas no punto 10 deste artigo.

c) Identificación do ofertante e do destinatario.

Non serán admisibles as ofertas emitidas por provedores que non teñan a capacidade para a subministración do ben ou servizo ou que semellen de compracencia.

Con carácter xeral, para cada elemento será subvencionable o importe correspondente á oferta de menor prezo de entre as comparables. Excepcionalmente, cando a persoa solicitante non escolla a oferta de menor prezo, poderá considerarse subvencionable o importe da oferta elixida cando acredite que se trata da oferta economicamente máis vantaxosa tras a valoración de diferentes criterios técnicos adicionais ao prezo.

8. O investimento terá que incluírse no activo da empresa e manterse no centro de traballo en Galicia durante os 3 anos seguintes ao remate do prazo de execución do proxecto. O investimento subvencionado poderá ser substituído no caso de obsolescencia, sempre e cando a actividade económica da persoa beneficiaria se manteña en Galicia durante este período. Neste caso, deberá quedar constancia contable e no inventario da empresa da substitución efectuada.

9. No caso de investimento en activos intanxibles, para ser considerados subvencionables, deberán cumprir, ademais, todas estas condicións: 1) empregaranse exclusivamente no establecemento beneficiario da axuda; 2) consideraranse activos amortizables; 3) adquiriranse en condicións de mercado a terceiros non relacionados co comprador; 4) formar parte dos activos da empresa beneficiaria e permanecer vinculados co proxecto para o que se concede a axuda durante polo menos tres anos. Este aspecto acreditarase coa declaración expresa da persoa beneficiaria no formulario de solicitude de cobramento.

10. Con carácter xeral, os provedores non poderán estar asociados nin vinculados coa persoa solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, entendéndose que existe vinculación se se dan as circunstancias previstas no artigo 27.7 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e o artigo 43.2 do decreto que desenvolve a citada lei; así mesmo, tomarase en consideración a definición de empresas asociadas ou de empresas vinculadas establecida nos puntos 2 e 3, respectivamente, do artigo 3 do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014. Excepcionalmente, o Igape poderá autorizar a contratación con provedores vinculados cando a persoa solicitante xustifique a necesidade de contratar o provedor vinculado e acredite que a contratación atende a prezos de mercado.

11. Os bens e servizos subvencionados deberán ser adquiridos a terceiros e en ningún caso o importe de adquisición dos investimentos ou os gastos subvencionables poderán ser superiores ao valor de mercado.

12. Non se considerará o IVE como gasto subvencionable.

13. Cando a persoa beneficiaria da subvención sexa unha empresa, os gastos subvencionables nos que incorrera nas súas operacións comerciais deberán ter sido aboados nos prazos de pagamento previstos na normativa sectorial que lle sexa de aplicación ou, na súa falta, nos establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.

Artigo 6. Contía da axuda e criterios de avaliación e selección de proxectos

1. A subvención será do 35 % dos investimentos materiais e inmateriais subvencionables para as pequenas empresas, e do 25 % para as medianas.

A subvención será do 50 % dos gastos en servizos de consultoría subvencionables para ambas as categorías de empresa, pequenas e medianas. Os gastos do organismo intermedio previstos no artigo 5.2.c) e 5.2.d), de existiren, terán a consideración de colaboracións externas.

2. Os criterios de valoración que servirán de base para a determinación da preferencia na concesión da subvención e dentro de cada tipo de actuación subvencionable serán os seguintes:

1º. Calidade técnica do proxecto: ata 65 puntos, que se avaliarán con cada un dos seguintes parámetros:

i. Descrición do proxecto (ata 20 puntos):

a. Grao de análise previa da situación: descrición clara e concreta do problema ou a necesidade que se pretende abordar, así como as condicións de contorno (ata 10 puntos).

b. Claridade na definición e obxectivos (ata 6 puntos).

c. Grao de elaboración e concreción da proposta (ata 4 puntos).

ii. Adecuación do proxecto (ata 20 puntos):

a. Descrición de aspectos claves, actuacións, entregables e grao de axuste da solución proposta co modelo de negocio da persoa solicitante (ata 10 puntos).

b. Coherencia na organización e planificación do traballo (ata 5 puntos).

c. Viabilidade técnica e económica, custo da solución e tempo de implementación, adecuación do orzamento e dos medios humanos (ata 5 puntos).

iii. Tipo de solución e melloras esperadas (ata 20 puntos).

a. Estimación cualitativa e cuantitativa das melloras esperadas, que se avaliará en función da coherencia entre o proxecto e os resultados previstos (ata 5 puntos).

b. Xustificación do provedor escollido e o tipo de solución adoptado (ata 10 puntos).

c. Amplitude da solución proposta, grao de madurez e nivel tecnolóxico (ata 5 puntos): valoraranse os proxectos baseados en tecnoloxía máis avanzada, que afecten maior cantidade de ámbitos da empresa, a ámbitos máis relevantes, ou desenvolvan con intensidade salientable un ámbito concreto.

iv. Proxectos que sexan coordinados por un hub de innovación dixital dos seleccionados ao abeiro da Estratexia galega de HID e con importe subvencionable igual ou superior a 60.000 €, excluído o gasto de coordinación do hub (5 puntos).

2º. Adecuación dos investimentos e capacidade económica (ata 15 puntos):

i. Identificación de partidas, desagregación dos orzamentos (ata 3 puntos).

ii. Calidade de ofertas e provedores (ata 8 puntos):

• Alcance das ofertas.

• Solvencia do provedor.

• Documentación empregada para solicitar a oferta ou adxunta a esta.

iii. Viabilidade do proxecto fronte ao volume da empresa: ratio de investimento fronte a facturación declarada (ata 4 puntos).

3º. Alcance do proxecto: ata 10 puntos, que se avaliarán do seguinte xeito:

i. Número de empresas beneficiarias do proxecto: 1 punto por empresa ata un máximo de 5 puntos (para proxectos individuais: 1 punto).

ii. Nivel de interacción dos procesos entre empresas: ata 5 puntos, que se asignarán en función da cantidade e importancia de procesos interempresariais a que se apliquen os obxectivos previstos. Nos proxectos individuais outorgarase 1 punto.

4º. Grao de aliñación do proxecto cos retos e prioridades da RIS3 de Galicia: ata 5 puntos.

5º. Proxecto en concello emprendedor: 5 puntos que se outorgarán aos proxectos que se pretendan implantar en concellos que conten coa condición de concello emprendedor.

En caso de coincidir a puntuación de varias solicitudes, utilizarase como criterio de desempate o de maior puntuación sucesivamente nos criterios 1º, 2º, 3º, 4º e 5º por esa orde. Se aínda así seguise existindo empate, co fin de promover a incorporación do principio transversal de igualdade enunciado no artigo 9 do Regulamento (UE) nº 2021/1060, decidirase a favor do proxecto en que a maioría das empresas participantes teñan implantado un plan de igualdade, identificado no formulario electrónico de solicitude polo seu localizador no Rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo, de acordo co establecido no artigo 11 do Real decreto 901/2020, do 13 de outubro, polo que se regulan os plans de igualdade e o seu rexistro. No caso de que persista o empate, en último termo terá preferencia a solicitude que teña o número de expediente máis baixo.

Os proxectos deberán acadar as seguintes puntuacións mínimas para poder optar á concesión da axuda en réxime de concorrencia competitiva:

Modalidades do artigo 1.a): 40 puntos.

Modalidades do artigo 1.b): 60 puntos.

Artigo 7. Forma e lugar de presentación das solicitudes

1. Para presentar a solicitude, a persoa solicitante deberá cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias da persoa solicitante e do proxecto para o que solicita a subvención, a través da aplicación establecida no enderezo da internet https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual. Deberá cubrir, necesariamente, todos os campos establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico (IDE) que identificará univocamente a solicitude de axuda.

2. As pemes poderán presentar unha única solicitude para cada un dos catro tipos de proxecto dos definidos no artigo 1.1.a); no caso de que un proxecto conteña unha mestura de tipoloxías, as persoas solicitantes deberán clasificalo dentro dalgunha das tipoloxías definidas en función da que considere principal ou máis salientable. Cada agrupación só poderá presentar un proxecto dos definidos no artigo 1.1.b); non obstante, as pemes poderán presentar ata catro proxectos individuais (un por cada tipo dos definidos no artigo 1.1.a) e participar nunha ou máis agrupacións, sempre que os investimentos e gastos de cada unha das solicitudes sexan distintos.

3. Nas solicitudes de axuda a persoa solicitante realizará as seguintes declaracións, que estarán incluídas no devandito formulario electrónico no caso dos proxectos individuais, ou no anexo III no caso dos colectivos:

a) Que asumirá a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como a obriga de comunicar ao órgano xestor os casos de sospeita de fraude.

b) Que cumprirá a normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación, en particular, a normativa en materia de subvencións, así como a normativa vixente sobre accesibilidade de persoas con discapacidade.

c) Que non pode ser considerada unha empresa en crise conforme o disposto no artigo 2.18 do Regulamento (UE) nº 651/2014, do 17 de xuño, da Comisión Europea.

d) Que ten capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o que se solicita a axuda.

e) Que cumpre cos criterios de definición de peme, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño), polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado.

A inexactitude, falsidade ou omisión, de carácter esencial, de calquera dato ou información que se incorpore a esta declaración de peme, ou na documentación que fose requirida para acreditala, dará lugar á perda do dereito á cobranza e, de ser o caso, ao reintegro da subvención percibida, constituíndo unha infracción moi grave tal e como establece o artigo 56.a) da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, podéndose impoñer as seguintes sancións:

1. Multa pecuniaria proporcional do dobre ao triplo da cantidade indebidamente obtida.

2. Cando o importe do prexuízo económico correspondente á infracción exceda os 30.000 euros, concorrendo algunha das circunstancias previstas nas letras b) e c) do punto 1 do artigo 58 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, os infractores poderán ser sancionados, ademais, con:

i) A perda durante un prazo de ata cinco anos da posibilidade de obter subvencións, axudas públicas e avais da Administración ou outros entes públicos.

ii) A prohibición durante un prazo de ata cinco anos para celebrar contratos coa Administración ou outros entes públicos.

iii) A perda durante un prazo de ata cinco anos da posibilidade de actuar como entidade colaboradora.

O Igape realizará as comprobacións documentais necesarias para garantir que as empresas para as que se propón a concesión da axuda teñen a condición de peme.

f) Que non iniciou os investimentos e que non existe acordo irrevogable para realizar o proxecto.

g) Que manterá un sistema de contabilidade separada ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder.

h) Que conservará os libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á persoa beneficiaria en cada caso, así como a documentación xustificativa da realización e aboamento dos gastos e investimentos subvencionables durante un prazo de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano en que o Igape efectúe o último pagamento á persoa beneficiaria.

i) Que terá unha permanencia mínima ininterrompida na actividade e manterá as infraestruturas e equipamentos subvencionados destinadas ao fin concreto para o cal se concedeu a subvención durante o período de 3 anos, segundo o establecido no artigo 5.8 destas bases reguladoras.

j) Que ten implantado un plan de igualdade, identificando o código do localizador no rexistro de convenios e acordos colectivos, de ser o caso.

k) Que achegou unha contribución financeira aos investimentos, exenta de calquera tipo de apoio público, de polo menos un 25 % dos custos, ben sexa mediante os seus recursos propios ou mediante financiamento externo.

l) Que os provedores non están asociados nin vinculados coa persoa solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, entendéndose que existe vinculación se se dan as circunstancias previstas no artigo 27.7 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e o artigo 43.2 do decreto que desenvolve a citada lei; así mesmo, tomarase en consideración a definición de empresas asociadas ou de empresas vinculadas establecida nos puntos 2 e 3, respectivamente, do artigo 3 do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.

m) Que o proxecto financiado non inclúe actividades que ocasionen un prexuízo significativo aos obxectivos ambientais previstos no artigo 17 do Regulamento (UE) nº 2020/852 relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sustentables mediante a implantación dun sistema de clasificación (ou «taxonomía») das actividades económicas ambientais sustentables.

n) Declaración das axudas concorrentes para a mesma actuación, solicitadas ou concedidas.

4. A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Será obrigatoria a inclusión dos 40 caracteres alfanuméricos do IDE obtido no paso anterior. As solicitudes que carezan do IDE ou nas cales este sexa erróneo (sexa porque ten un formato erróneo ou porque non foi xerado pola aplicación informática) non serán tramitadas, e concederáselles ás persoas solicitantes un prazo de 10 días hábiles para a súa emenda, transcorrido o cal se terán por desistidos da súa petición, logo de resolución de arquivamento.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

5. Para poder presentar a solicitude por medios electrónicos, as persoas solicitantes deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Será necesario que a persoa asinante da solicitude teña a representación legal da persoa solicitante. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de xeito que coa súa sinatura abonde para acreditar a vontade da persoa solicitante.

b) A oficina virtual do Igape acepta todos os certificados validados pola plataforma @firma da Administración xeral do Estado, que son os que figuran nesta relación: http://administracionelectronica.gob.es/PAe/aFirma-Anexo-PSC.

c) A presentación ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia admite a sinatura da solicitude por parte dunha única persoa solicitante. No caso de que deba ser asinada por máis dunha persoa solicitante (por exemplo, solicitudes con dous asinantes, representación mancomunada etc.), deberá, necesariamente, anexar un documento en que se deixe constancia de que todas as persoas asinantes autorizan unha delas para presentar a solicitude. Este documento realizarase en papel con sinaturas manuscritas e deberá ser escaneado a formato PDF para ser anexado.

Unha vez asinado o formulario de solicitude co IDE, mediante certificación dixital da persoa presentadora, e transferido este ao Igape, procederase á anotación dunha entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia.

No momento da presentación o rexistro expedirá, empregando as características da aplicación telemática, un recibo en que quedará constancia do feito da presentación.

As persoas solicitantes poderán obter en todo momento un xustificante da recepción por parte do Igape dos termos da súa solicitude contidos no formulario. Deberano solicitar no enderezo de correo electrónico informa@igape.es, indicando os 40 caracteres do IDE e o enderezo de correo electrónico no que desexan recibir o xustificante.

Artigo 8. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar, coa solicitude, a seguinte documentación:

a) Memoria descritiva do proxecto, que deberá conter mención explícita aos criterios de avaliación e selección de proxectos aplicables (artigo 6).

b) As tres ofertas que, se é o caso, en aplicación do artigo 29.3 da Lei de subvencións de Galicia, deban ter solicitado, de acordo co establecido no artigo 5.7 destas bases reguladoras.

c) Escritura de constitución e dos estatutos debidamente inscritos no rexistro competente, e modificacións posteriores destes, no caso de non estar inscritas no Rexistro Mercantil.

d) Poder da persoa representante que presenta a solicitude, no caso de non estar inscritas no Rexistro Mercantil.

e) Se é o caso, o documento de constitución da agrupación segundo o establecido no artigo 4.3.

f) Para subvencións de importe superior a 30.000 €, segundo o establecido no artigo 4.4.g) das bases reguladoras, as persoas beneficiarias deben cumprir coa normativa en materia de prazos a provedores, o que se acreditará do seguinte xeito, de acordo co anexo V destas bases:

i. Para aquelas sociedades que, de acordo coa normativa contable, poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante certificación subscrita polo órgano de administración ou equivalente, con poder de representación suficiente.

ii. Para aquelas sociedades que, de acordo coa normativa contable, non poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante certificación, emitida por auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas.

g) Declaración responsable do cumprimento do principio de non causar prexuízo significativo ao ambiente (principio «Do no significant harm»-DNSH), segundo o anexo VI a estas bases.

h) De ser o caso, declaración do hub de innovación dixital, de acordo co establecido no artigo 5.2.d).

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recabados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

Artigo 9. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa solicitante ou, se é o caso, da persoa partícipe da agrupación.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) NIF da entidade solicitante ou, se é o caso, da entidade partícipe da agrupación.

d) NIF da entidade representante.

e) Imposto de actividades económicas (IAE) da persoa ou entidade solicitante ou, se é o caso, da persoa ou entidade partícipe da agrupación. 

f) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa AEAT da persoa ou entidade solicitante ou, se é o caso, da persoa ou entidade partícipe da agrupación. 

g) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social da persoa ou entidade solicitante ou, se é o caso, da persoa ou entidade partícipe da agrupación. 

h) Certificado de estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda e Administración Pública da persoa ou entidade solicitante ou, se é o caso, da persoa ou entidade partícipe da agrupación. 

i) Consulta de concesións doutras subvencións e axudas da persoa ou entidade solicitante ou, se é o caso, da persoa ou entidade partícipe da agrupación. 

j) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas da persoa ou entidade solicitante ou, se é o caso, da persoa ou entidade partícipe da agrupación. 

k) Documentación depositada no Rexistro Mercantil, segundo as letras c) e d) do artigo 8.1 das bases da persoa ou entidade solicitante ou, se é o caso, da persoa ou entidade partícipe da agrupación. 

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no anexo I de solicitude ou no anexo III de declaracións e comprobación de datos das pemes partícipes da agrupación, e presentar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 10. Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser realizados electronicamente accedendo ao enderezo da internet https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual

Artigo 11. Órganos competentes

O órgano competente para a instrución do procedemento de concesión da subvención será a Área de Competitividade do Igape e a competencia para ditar a resolución, que poña fin ao procedemento na vía administrativa, correspóndelle á persoa titular da Dirección Xeral do Igape, por delegación do Consello de Dirección do Igape.

Os proxectos serán avaliados por un órgano avaliador composto por tres membros de entre o persoal da Área de Competitividade: o/a subdirector/a de Competitividade Empresarial, que actuará como presidente, un/unha técnico/a responsable de programas, que actuará como secretario/a con voz e voto, e un/unha técnico/a de servizos xerais. Axustará o seu funcionamento ás disposicións sobre órganos colexiados contidas na Lei 16/2010, de 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Artigo 12. Instrución dos procedementos

1. Unha vez recibidas as solicitudes, de conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, se a solicitude ou o formulario non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras, requirirase o interesado para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Neste requirimento, farase indicación expresa de que, se así non o fixese, se terá por desistido da súa petición, logo da correspondente resolución. Dado o réxime de concesión en concorrencia competitiva, a ausencia de memoria técnica ou a presentación dunha memoria técnica ilexible non será emendable, e o expediente avaliarase utilizando unicamente a información achegada no formulario de solicitude.

2. Por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, os requirimentos citados de emenda realizaranse mediante publicación na páxina web do Igape no enderezo https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual e producirán os mesmos efectos que a notificación individualizada.

3. As solicitudes serán avaliadas polo órgano avaliador, quen elaborará unha relación ordenada de todas as solicitudes, con indicación da puntuación outorgada a cada unha delas, en aplicación dos criterios de avaliación, desempate e puntuación mínima establecidos no artigo 6 destas bases.

Artigo 13. Resolución, publicación e notificacións

1. A Área de Competitividade do Igape ditará a proposta de resolución con base neste procedemento a partir da relación de solicitudes puntuadas. A continuación, elevaraa á persoa titular da Dirección Xeral do Igape, quen emitirá a resolución de concesión das subvencións, por delegación do Consello de Dirección do Igape.

2. A resolución de concesión da subvención comprenderá a identificación da persoa beneficiaria, a contía da subvención indicando as obrigas que corresponden á persoa beneficiaria, os requisitos específicos relativos aos produtos ou servizos que deban obterse con ela, o plan financeiro e o calendario de execución, con indicación do método que se aplica para determinar os custos da operación, así como os demais requisitos previstos na normativa comunitaria para a selección da operación que debe conter o documento polo que se establecen as condicións de axuda (DECA).

Tamén incluirá a comunicación de que a aceptación da axuda implica a aceptación da inclusión das persoas beneficiarias na lista de operacións, que se publicará no portal da Dirección Xeral de Fondos Comunitarios do Ministerio de Facenda, co contido previsto no punto 3 do artigo 49 do Regulamento (UE) nº 2021/1060.

3. Na resolución denegatoria de axuda farase constar o motivo da denegación.

4. No caso de que a persoa beneficiaria sexa unha agrupación de pemes, ditarase unha resolución individual para cada peme participante onde constarán as mencións do punto anterior referidas ao seu proxecto concreto segundo se definiu no propio documento da agrupación e no seu formulario específico.

5. A resolución conxunta será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape no enderezo https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual, ao cal se remitirá desde o texto publicado no Diario Oficial de Galicia, de acordo co artigo 45 da Lei 39/2015.

6. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución será o establecido na resolución de convocatoria, transcorrido o cal se poderá entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión da axuda.

7. As notificacións das resolucións e actos administrativos do procedemento que non sexan obxecto de publicación practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. As persoas solicitantes deberán acceder á páxina web do Igape na ligazón de tramitación electrónica para recibir as notificacións. O sistema solicitará da persoa interesada o seu certificado dixital en vigor, e a sinatura electrónica dun xustificante de recepción das notificacións (xustificante de recepción electrónico).

As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, o Igape practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 14. Réxime de recursos

As resolucións ditadas ao abeiro destas bases porán fin á vía administrativa e contra elas poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso contencioso-administrativo, ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, ou no prazo de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

b) Potestativamente, recurso previo de reposición, que resolverá a persoa titular da Dirección Xeral do Igape, por delegación do Consello de Dirección do Igape, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da súa publicación, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo co establecido nestas bases reguladoras, se produza o acto presunto.

Artigo 15. Modificación da resolución

1. Unha vez ditada a resolución de concesión, observarase o establecido no artigo 35 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións, admitíndose modificacións dentro dos límites xerais establecidos nestas bases, sempre e cando estes cambios non alteren o baremo ou desvirtúen o proxecto. Nomeadamente, non se admitirán modificacións que amplíen o prazo de execución do proxecto máis aló das datas límite establecidas na resolución de convocatoria nin aquelas que supoñan unha maior subvención para o proxecto.

2. A persoa beneficiaria deberá solicitar a modificación tramitando o formulario sinalado no artigo 7 e presentando a súa instancia dirixida á Dirección Xeral do Instituto Galego de Promoción Económica. A solicitude de modificación deberá presentala cunha antelación mínima dun mes á finalización do prazo de execución do proxecto establecido na resolución de concesión. O acto polo que se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado, por delegación do Consello de Dirección do Igape, pola persoa titular da Dirección Xeral do Igape, logo da instrución do correspondente expediente, no cal se dará audiencia, de ser preciso, aos interesados.

Artigo 16. Obrigas das persoas beneficiarias

Son obrigas das persoas beneficiarias:

a) Executar o proxecto que fundamenta a concesión das subvencións no prazo establecido na resolución de concesión e manter, de ser o caso, o investimento no centro de traballo en Galicia durante os 3 anos seguintes ao remate do prazo de execución do proxecto.

b) Xustificar ante o Igape o cumprimento dos requisitos e condicións da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou desfrute da subvención.

c) Someterse ás actuacións de comprobación e/ou de control financeiro que poidan realizar os distintos órganos de control a nivel autonómico, estatal ou comunitario, en particular ás verificacións previstas no artigo 74 do RDC, ás auditorías do organismo de auditoría do programa operativo ou das distintas instancias comunitarias de control sobre os fondos europeos, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores. Para tal fin, garantirase que todos os documentos xustificativos da operación se conserven durante un prazo de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano en que se efectúe o último pagamento á persoa beneficiaria (artigo 82 do RDC).

d) Comunicar ao Igape a solicitude e/ou obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos concorrentes que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentaran a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, coa solicitude de cobramento da subvención. En ningún caso o importe da subvención poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas doutras administracións públicas, supere as porcentaxes máximas establecidas no artigo 6 destas bases respecto do custo elixible do proxecto que vai desenvolver a persoa beneficiaria ou as que resulten da normativa aplicable ás axudas concorrentes.

e) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os conceptos financiados con fondos Feder.

f) Cumprir os requisitos de comunicación do financiamento público do proxecto polo Igape, a Xunta de Galicia e a Unión Europea segundo o establecido no anexo IV a estas bases, durante o período de mantemento do investimento.

g) Comprometerse a evitar os impactos negativos significativos no ambiente na execución das actuacións, respectando o principio de «non causar prexuízo significativo» (principio «Do no significant harm»-DNSH), no sentido establecido no artigo 9.4 do RDC.

h) Facilitar cantos datos resulten necesarios para a valoración da convocatoria no marco da avaliación da RIS3 Galicia ou doutros mecanismos de seguimento.

i) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

j) No caso de non ser quen de realizar o proxecto para o que se concedeu a axuda, comunicar a renuncia ao expediente solicitado no momento en que se produza a certeza da non execución.

k) Todo isto sen prexuízo das demais obrigas que resulten do artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Artigo 17. Xustificación da subvención

1. Para o cobramento da subvención concedida, a persoa beneficiaria (no caso dos proxectos colectivos descritos no artigo 1.b) todos e cada un dos membros da agrupación), dentro do prazo establecido na resolución de convocatoria, deberá cubrir, previamente, o formulario electrónico de liquidación a través da aplicación establecida no enderezo da internet https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual. Deberán cubrirse necesariamente todos os campos establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico de liquidación (IDEL) que identificará univocamente a solicitude de cobramento. O dito formulario conterá os requisitos establecidos no artigo 48 do Decreto 11/2009 para a presentación da conta xustificativa, incluíndo unha relación detallada dos outros ingresos ou subvencións que financiasen a actividade subvencionada.

2. A persoa beneficiaria deberá presentar a solicitude de cobramento mediante o formulario normalizado (anexo II) que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Será obrigatoria a inclusión dos 40 caracteres alfanuméricos do IDEL obtido no paso anterior. As solicitudes de cobramento que carezan do IDEL ou nas que este sexa erróneo (sexa porque ten un formato erróneo ou porque non foi xerado pola aplicación informática) poderán dar lugar ao inicio do expediente de incumprimento no caso de non seren corrixidas, logo de requirimento formulado para tal fin.

3. Unha vez xerada a solicitude de cobramento na aplicación informática, a persoa beneficiaria deberá presentala obrigatoriamente por vía electrónica.

4. No caso de que a solicitude de cobramento non se presentase en prazo ou a xustificación fose incorrecta, requirirase a persoa beneficiaria para que corrixa os erros ou defectos observados no prazo de 10 días hábiles. A falta de presentación da xustificación no prazo improrrogable establecido comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007, segundo o disposto no artigo 45.2 do seu regulamento. A presentación da xustificación neste prazo adicional non eximirá a persoa beneficiaria das sancións que, conforme a lei, correspondan. A xustificación cumprirá, en todo caso, os requisitos establecidos nos artigos 28 e 30 da devandita Lei 9/2007.

5. Xunto coa solicitude de cobramento, a persoa beneficiaria da axuda presentará a seguinte documentación:

a) Documentación xustificativa do gasto: documentos acreditativos dos gastos consistentes en facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa, segundo o establecido no artigo 28.3 da Lei 9/2007 e no artigo 48 do Decreto 11/2009. As facturas deberán conter suficiente información que permita relacionala co gasto xustificado.

b) Documentación xustificativa do pagamento, conforme o pagamento ten sido realizado efectivamente dentro do prazo de execución, por algún dos seguintes medios:

1º. Xustificante de transferencia bancaria, certificación bancaria ou extracto bancario, ou xustificante electrónico de transferencia bancaria en que conste o código de verificación na sede electrónica da entidade bancaria ou outro mecanismo que garanta a veracidade do xustificante. Nestes documentos deberán quedar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento e o importe da factura. En ningún caso se admitirán os pagamentos xustificados mediante recibo do provedor, nin os pagamentos por caixa ou en efectivo.

2º. Informe de auditor de contas inscrito como exercente no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que deberá manifestarse sobre o período de realización (facturación) e pagamento dos gastos alegados, así como sobre a existencia ou non de aboamentos ou devolucións posteriores que poidan supoñer unha redución no valor patrimonial dos bens alegados como subvencionables no expediente.

No suposto de que o xustificante de pagamento inclúa varias facturas, deberase xuntar unha relación delas, asinada polo representante legal.

No suposto de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas ás accións subvencionadas, a xustificación do pagamento débese realizar sempre mediante algún dos medios sinalados nos puntos anteriores para as facturas alegadas nas accións e, ademais, algún dos seguintes documentos: relación emitida polo banco dos pagamentos realizados, orde de pagamentos da empresa selada polo banco ou recibo asinado polo provedor, para os efectos de identificar as facturas non referidas ás accións subvencionadas.

As facturas en moeda estranxeira deben presentarse con copia dos documentos bancarios de cargo en que conste o cambio empregado.

c) Memoria técnica de execución do proxecto en que se poña de manifesto a finalización do proxecto subvencionado segundo o establecido no artigo 1.2. No caso de agrupacións de empresas, esta memoria achegaraa a empresa líder. Esta memoria deberá ter, polo menos, os seguintes contidos:

• Cronograma de desenvolvemento do proxecto.

• Descrición do proxecto realizado, resultados obtidos e unha proxección anual dos resultados esperados durante os cinco anos posteriores á finalización do proxecto.

• Modificacións e desviacións sobre o proxecto orixinal (incluíndo eventuais cambios de provedor).

• Documentación gráfica dos investimentos realizados (fotografías de equipos, capturas de pantalla de aplicacións...).

• Licenzas adquiridas ou contratos de licenzas, de ser o caso.

d) Copia das tres ofertas que deba ter solicitado a persoa beneficiaria, de acordo co establecido no artigo 5.7 das bases reguladoras, no caso de non achegalas coa solicitude de axuda.

e) A copia, que permita a súa lectura, de material onde se aprecie que se cumpriu a obrigatoriedade de publicidade do financiamento público citada no artigo 16.f) destas bases, en particular:

• Captura de pantalla da publicación nas redes sociais da empresa onde se vexa a publicación enteira e a data de publicación, ou ben declaración de que a empresa non ten perfís en redes sociais, de ser o caso.

• Captura de pantalla da publicidade na páxina web da empresa onde se vexa a URL completa onde está accesible a publicidade, ou ben declaración de que a empresa non dispón de páxina web, de ser o caso.

• Fotografía do cartel ou placa permanente onde se acredite que o cartel ou placa está exposto e visible nas instalacións da empresa.

• De ser o caso, copia dos documentos e materiais de difusión, ou ben declaración de que non se elaboraron materiais de difusión no ámbito do proxecto.

f) Aqueles proxectos en que as colaboracións externas ou a adquisición de activos inmateriais superen os 30.000 €, ou ben o importe total de investimento supere os 45.000 € (correspondente á suma dos conceptos indicados nas alíneas a) e b) do artigo 5.2), deberán entregar informe dun enxeñeiro colexiado, cualificado no ámbito en que se desenvolva o proxecto e con ausencia de conflito de interese, que se pronuncie sobre a adecuación ao mercado dos prezos aboados pola persoa beneficiaria e o efectivo desenvolvemento do proxecto de acordo coa memoria técnica xustificativa e dentro do período de execución.

6. A persoa beneficiaria deberá cubrir na ficha resumen de facturas do formulario de liquidación os datos de número de conta contable, relativo á contabilidade en que se reflictan os custos subvencionados para acreditar a obriga establecida no artigo 16.e), xunto cunha declaración responsable da persoa beneficiaria de que estes datos reflicten a realidade contable da operación subvencionada.

7. A persoa beneficiaria deberá presentar a documentación xustificativa obrigatoriamente por vía electrónica. A persoa beneficiaria responsabilizarase da veracidade dos documentos que presente. A achega das copias dixitalizadas implica a autorización para que a Administración acceda e trate a información persoal contida en tales documentos. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

8. En todos os casos, as persoas beneficiarias deberán estar ao día das súas obrigas coa Facenda Pública, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social. No caso de que a persoa beneficiaria se opoña á consulta ou non preste o consentimento expreso, deberá achegar as certificacións xunto co resto da documentación xustificativa.

9. Advírtese que calquera discrepancia entre a documentación xustificativa e as declaracións da solicitude de axuda poderá ser motivo de inicio de expediente de incumprimento que, se é o caso, poderá supor a modificación ou revogación da concesión e o reintegro, de ser o caso, das cantidades previamente aboadas.

10. O Igape poderá aceptar variacións nos diversos conceptos de gasto aprobados, coa dobre condición de que a oscilación, en máis ou menos, non supere o 20 % de cada concepto e que, no seu conxunto, non varíe o importe total de gasto aprobado nin da axuda concedida, nin desvirtúe as características do proxecto e condicións que fosen tidas en conta para resolver a concesión.

11. No caso de proxectos colectivos cada peme xustificará os seus gastos conforme ao disposto neste artigo, pero o pagamento da axuda queda condicionada á xustificación da realización do proxecto entre as empresas integrantes, o que se fará mediante unha memoria técnica que deberá achegar a empresa líder da agrupación.

Artigo 18. Aboamento das axudas

O aboamento da axuda realizarase unha vez que o Igape considere xustificada a realización e o pagamento do proxecto e o cumprimento das condicións dentro do prazo establecido na resolución de concesión.

Os órganos competentes do Igape poderán solicitar as aclaracións ou informes relativos á xustificación do proxecto que consideren convenientes. Transcorrido o prazo concedido para o efecto sen que a persoa beneficiaria os presentase, o Igape iniciará o correspondente procedemento de incumprimento.

O réxime de pagamento deberá cumprir o establecido no artigo 31 da Lei 9/2007 e no título IV do seu regulamento.

Artigo 19. Perda do dereito á subvención e reintegro

1. Producirase a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención no suposto de falta de xustificación do cumprimento do proxecto, das condicións impostas na resolución de concesión, das obrigas contidas nestas bases reguladoras, das obrigas contidas no artigo 33 da Lei 9/2007, ou na restante normativa aplicable, o que dará lugar, se é o caso, á obriga de reintegrar total ou parcialmente a subvención percibida, así como os xuros de demora correspondentes.

2. O procedemento para declarar a procedencia da perda do dereito de cobramento da subvención e para facer efectivo o reintegro a que se refire o punto anterior será o establecido no título II da Lei 9/2007.

3. Procederá a perda total do dereito ao cobramento da axuda concedida, sen prexuízo da incoación do oportuno expediente sancionador, nos seguintes casos:

a) Obter a subvención sen reunir as condicións requiridas.

b) Non xustificar ante o Igape o cumprimento dos requisitos e condicións da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou desfrute da subvención.

c) O incumprimento da normativa en materia de prazos a provedores.

d) Non permitir someterse ás actuacións de comprobación e/ou de control financeiro, que poidan realizar os distintos órganos de control a nivel autonómico, estatal ou comunitario, en particular ás verificacións previstas no artigo 74 do RDC, as auditorías do organismo de auditoría do programa operativo ou das distintas instancias comunitarias de control sobre os fondos europeos, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores. Para tal fin, garantirase que todos os documentos xustificativos da operación se conserven durante un prazo de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano en que se efectúe o último pagamento á persoa beneficiaria (artigo 82 do RDC).

e) Non acreditar estar ao día nas obrigas fiscais, coa Seguridade Social e coa Comunidade Autónoma.

f) Cando, como consecuencia de incumprimento parcial, o investimento subvencionable sexa inferior ao 50 % do concedido.

g) Non comunicar ao Igape a obtención doutras subvencións e axudas que financien as actividades subvencionadas.

h) Non comunicar ao Igape a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención.

i) Non dar publicidade ao financiamento do proxecto, de acordo co establecido no artigo 16.f) destas bases.

j) Non manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais de contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados co Feder.

k) En proxectos colectivos, que o líder da agrupación non achegue a memoria técnica a que se refire o artigo 17.11 destas bases. Esta causa de reintegro afectará o proxecto no seu conxunto e a todas as pemes beneficiarias.

l) En proxectos colectivos, que non cheguen a participar o 50 % das empresas iniciais da agrupación e o mínimo de dúas. Enténdese por participación unha xustificación de execución que non dea lugar a un incumprimento total. Esta causa de reintegro afectará o proxecto no seu conxunto e a todas as pemes beneficiarias.

4. Incumprimento parcial: sempre que se cumpran os requisitos ou condicións esenciais tomadas en conta na concesión da axuda, o Igape poderá apreciar un incumprimento parcial, debendo resolver sobre o seu alcance, aplicando a mesma ponderación que tivese a condición incumprida na resolución de concesión e, se é o caso, establecendo a obriga de reintegro co seguinte criterio:

a) No caso de condicións referentes á contía ou conceptos da base subvencionable, o alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente aos conceptos subvencionables deixados de practicar ou aplicados a outros distintos dos considerados subvencionables, debendo, se é o caso, reintegrarse as cantidades percibidas na dita proporción. En particular, unha execución por baixo do 50 % da base subvencionable aprobada considerarase un incumprimento total.

5. No período de mantemento dos investimentos, nos casos en que se aplique o artigo 5.8 destas bases reguladoras, procederá a incoación dun procedemento de reintegro no suposto de non manter os investimentos ou os arrendamentos obxecto da subvención durante o período establecido, o que suporá o reintegro da subvención correspondente ao activo non mantido, de forma proporcional ao período en que se incumprise este requisito.

Adicionalmente, non manter a publicidade ao financiamento do proxecto, de acordo co establecido no artigo 16.f) destas bases, ou o plan de igualdade, suporá o reintegro dun máximo do 3 % da subvención concedida.

6. Cada peme participante no proxecto é a responsable da execución e xustificación da subvención individual concedida. O incumprimento total ou parcial da parte dunha peme non afectará nin será causa de incumprimento para as restantes pemes participantes, excepto nos supostos previstos nas letras k) e l) do punto 3 anterior.

Artigo 20. Réxime sancionador

Ás persoas beneficiarias das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007.

Artigo 21. Fiscalización e control

As persoas beneficiarias destas subvencións someteranse ás actuacións de comprobación e/ou de control financeiro, que poidan realizar os distintos órganos de control a nivel autonómico, estatal ou comunitario, en particular ás verificacións previstas no artigo 74 do RDC, as auditorías do organismo de auditoría do programa operativo ou das distintas instancias comunitarias de control sobre os fondos europeos, achegando canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores. Para tal fin, garantirase que todos os documentos xustificativos da operación se conserven durante un prazo de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano en que se efectúe o último pagamento á persoa beneficiaria (artigo 82 do RDC).

Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que puidesen ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco desta convocatoria poderá poñer os ditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través do canal habilitado para o efecto https://www.igae.pap.hacienda.gob.es/sitios/igae/es-ES/Paginas/denan.aspx

Artigo 22. Comprobación de subvencións

1. O Igape comprobará a axeitada xustificación da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o desfrute da subvención.

O prazo para a comprobación material de facturas e xustificantes de investimento será de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano en que o Igape efectúe o último pagamento á persoa beneficiaria, de acordo co disposto no artigo 82.1 do Regulamento (UE) nº 2021/1060.

2. Nas subvencións de capital superiores a 60.000 euros, no seu cómputo individual, destinadas a investimentos en activos tanxibles, será de aplicación o establecido no artigo 60.2 do Decreto 11/2009.

3. Para todo o non previsto nos puntos anteriores será aplicable o disposto no artigo 30 da Lei 9/2007 e nos artigos 57 e seguintes do seu regulamento.

Artigo 23. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 24. Remisión normativa

Para todo o non previsto nestas bases aplicarase o previsto en:

a) Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (DOUE L 187, do 26 de xuño).

b) Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fonde de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os ditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de Apoio Financeiro á Xestión de Fronteiras e a Política de Visados (DOUE L 231, do 30 de xuño de 2021).

c) Regulamento (UE) nº 2021/1058 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, relativo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e ao Fondo de Cohesión (DOUE L 231, do 30 de xuño de 2021).

d) Na normativa comunitaria de desenvolvemento dos citados regulamentos.

e) Orde HFP/1414/2023, do 27 de decembro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas financiados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Fondo de Transición Xusta para o período 2021-2027.

f) Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

g) Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

h) Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

i) Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

j) Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

k) Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

l) Regulamento (UE) nº 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos).

m) O resto da normativa que resulte de aplicación.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO IV

REQUISITOS DE COMUNICACIÓN DO FINANCIAMENTO PÚBLICO

AXUDAS Á TRANSFORMACIÓN DIXITAL DAS PEMES SUSCEPTIBLES DE SEREN COFINANCIADAS POLA UNIÓN EUROPEA NO MARCO DO PROGRAMA GALICIA FEDER 2021-2027

Responsabilidade da persoa beneficiaria.

Ao tratarse de subvencións cofinanciadas con fondos da Unión Europea, en relación coa publicidade do financiamento, de conformidade co previsto no artigo 50 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño, a persoa beneficiaria, durante o período de mantemento do investimento, recoñecerá a axuda dos fondos europeos, a través do Feder, e para iso:

a) No seu sitio web oficial, cando o dito sitio web exista, e nas súas contas nas redes sociais fará unha breve descrición da operación, de xeito proporcionado en relación co nivel de axuda, cos seus obxectivos e resultados, destacando a axuda financeira da Unión Europea.

Para cumprir con este requisito pode utilizarse a seguinte imaxe:

https://www.igape.gal/images/01-pemes-autonomos/01-02-consolidacion/Cartel_publicidade_web_transformacion_dixital.pdf

missing image file

b) Nos documentos e materiais de comunicación destinados ao público e relacionados coa execución da actuación, proporcionará unha declaración que destaque a axuda da Unión Europea de xeito visible.

O formato que se deberá utilizar é o seguinte:

PROXECTO COFINANCIADO POLA UNIÓN EUROPEA

missing image file

c) Para as actuacións que impliquen investimentos físicos e cuxo custo total sexa superior a 500.000 euros, tan pronto como comecen e durante toda a súa execución, colocará un cartel temporal ou valla publicitaria resistente nun lugar ben visible para o público.

d) Para as actuacións cuxo custo total sexa superior a 500.000 euros e que impliquen investimentos físicos ou nas cales se instalen os equipamentos adquiridos, no prazo de tres meses desde a finalización da execución física, colocará un cartel ou placa permanente nun lugar ben visible para o público.

e) Para as actuacións que non se inclúan na letra d) anterior, exhibirá nun lugar ben visible para o público polo menos un cartel de tamaño mínimo A3 ou unha pantalla electrónica equivalente con información sobre a actuación onde se destaque a axuda dos fondos europeos; nos casos en que a persoa beneficiaria sexa unha persoa física, asegurará, na medida do posible, a dispoñibilidade de información axeitada onde se destaque a axuda dos fondos europeos, nun lugar visible para o público ou mediante unha pantalla electrónica.

O formato que se deberá utilizar é o seguinte:

https://www.igape.gal/images/01-pemes-autonomos/01-02-consolidacion/Cartel_fisico_transformacion_dixital.pdf

missing image file

Cando varias actuacións teñan lugar na mesma localización, só é preciso colocar unha placa ou cartel.

Durante o período de obrigatoriedade de conservación da documentación, a persoa beneficiaria deberá conservar, preferentemente en formato dixital, unha copia de todos os materiais de comunicación e publicidade que elabore no marco da actuación. Este material deberá ser posto á disposición do organismo intermedio ou das institucións da Unión Europea, se así llo solicitan.

A persoa beneficiaria deberá respectar, en todo momento, as orientacións recollidas no documento de uso do emblema europeo (https://commission.europa.eu/system/files/2021-05/eu-emblem-rules_es.pdf) e as características técnicas descritas no anexo IX do Regulamento (UE) nº 2021/1060.

ANEXO V

ACREDITACIÓN DO CUMPRIMENTO DOS PRAZOS ESTABLECIDOS NA LEI 3/2004

AXUDAS Á TRANSFORMACIÓN DIXITAL DAS PEMES SUSCEPTIBLES DE SEREN COFINANCIADAS POLA UNIÓN EUROPEA NO MARCO DO PROGRAMA GALICIA FEDER 2021-2027

• No caso das persoas solicitantes que, de acordo coa normativa contable, poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante certificación subscrita pola persoa física ou, no caso de persoas xurídicas, polo órgano de administración ou equivalente, con poder de representación suficiente, en que afirmen acadar o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004.

• Para as persoas solicitantes que, de acordo coa normativa contable, non poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante certificación emitida por auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas que conteña unha transcrición desagregada da información en materia de pagamentos descrita na memoria das últimas contas anuais auditadas, cando delas se desprenda que se acada o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento establecidos na Lei 3/2004. Esta certificación será válida ata que resulten auditadas as contas anuais do exercicio seguinte.

• No caso de que non sexa posible emitir o certificado anteriormente mencionado «Informe de procedementos acordados», elaborado por un auditor inscrito no Rexistro Oficial de Auditores de Contas que, con base na revisión dunha mostraxe representativa das facturas pendentes de pagamento a provedores da sociedade a unha data de referencia, conclúa sen a detección de excepcións ao cumprimento dos prazos de pagamento da Lei 3/2004, ou no caso de que se detectase, estas non impidan acadar o nivel de cumprimento requirido no último parágrafo deste punto.

Entenderase cumprido o requisito exixido neste punto cando o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento previsto na Lei 3/2004, do 29 de decembro, sexa igual ou superior á porcentaxe prevista na disposición derradeira sexta, letra d), punto segundo da Lei 18/2022, do 28 de setembro, de creación e crecemento de empresas.

missing image file
missing image file