Expediente: IN407A 2023/452-4.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: LMTS, CS Nodosa e reforma parcial LMTA CII818.
Concello: Bueu.
Feitos:
1. O 18.9.2023, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da instalación eléctrica denominada LMTS, CS Nodosa e reforma parcial LMTA CII818.
A solicitude inclúe o proxecto de execución asinado pola enxeñeira técnica industrial Herminia López Caamaño, colexiada 4598 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo, e en que figura un orzamento total de 61.596,10 euros.
Examinado o proxecto de execución, conclúese que ten como finalidade as seguintes actuacións no lugar de Castiñeiras, no concello de Bueu (Pontevedra):
– Retirada do centro de transformación intemperie (CTI) Miranda Freire (36AL92) de 160 kVA, situado no apoio 9SR95OUD//12-6CT. A rede pertencente a este CTI pasará a ser alimentado polo CT existente Polígono III (36CKV6).
– Instalación dun novo centro de seccionamento compacto manobra exterior 3L+TT coas dúas celas de saída telecontroladas vía GPRS/3G en envolvente prefabricada de formigón e conectado ao tramo LMTS CII8181216.
– Retirada dun total de 329 metros dos tramos CII8181086, CII8181114 e CII8181115 e 197 metros do tramo CII8181117.
– Retirada de oito apoios de formigón (9ST39G7J//12-4, 9SSDBAHX//12-5, 9SR95OUD//12-6CT, 9SQRFER9//12-7, 9SPQ9LE4//12-9, 9SOWK8GK//12-10, 9SNQVQPB//12-11 e 9SML9B2S//12-12) e dun apoio de chapa metálica 9SLJC2N2//12-13.
– Substitución do apoio 9ST39G7J//12-4 por un apoio de chapa metálica CH-1600/13, no cal se instalarán novos SXS.
– Desmontaxe duns 7 metros do tramo CII8181216.
– Instalación dun tramo de liña de media tensión subterránea de 103 metros para alimentar o CS proxectado.
2. Este departamento territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Bueu, Augas de Galicia, a Deputación Provincial de Pontevedra e o Servizo do Patrimonio Cultural. A empresa promotora manifestou a súa conformidade co condicionado emitido polo Concello de Bueu.
Os demais organismos non emitiron os condicionados técnicos, entendéndose en consecuencia a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro; sen prexuízo da autorización que lles corresponda outorgar.
Consideracións legais e técnicas:
1. A Dirección Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).
2. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.
– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
– Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresarias en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).
3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:
– Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1 en tres actuacións. A primeira é de 19 metros, coa orixe no apoio proxectado CH-1600/13 na LMTS CII8181100 e final na LMTS CII8181113. A segunda é de 44 metros, coa orixe na LMTS CII8181216 e final no centro de seccionamento proxectado. A última é de 40 metros, coa orixe no centro de seccionamento proxectado e final no centro de transformación Polígono II (36CKV5).
– Centro de seccionamento con celas compactas e corte en SF6, (3L, 2 telecontroladas), situado na parcela con referencia catastral 71440H3NG1874S0001HK, no camiño Castiñeiras.
– Retensado do van contiguo ao apoio proxectado CH-1600/13 (69 metros de condutor LA-56).
– A instalación está situada en Castiñeiras, no concello de Bueu (Pontevedra).
Conforme o indicado,
RESOLVO:
1. Outorgar á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada LMTS, CS Nodosa e reforma parcial LMTA CII818, expediente IN407A 2023/452-4, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.
2. A empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento se deberán cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
3. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a execución. Unha vez constituídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante este departamento territorial acompañada da seguinte documentación:
– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.
– Un certificado de dirección final de obra en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.
– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
4. O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución poderá dar lugar á súa revogación, logo da audiencia á promotora, de conformidade co disposto no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro.
5. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.
Pontevedra, 10 de xullo de 2024
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra